Page 1

O ANLLÓNS boletín informativo do Bloque Nacionalista Galego de Carballo

nº 41

maio 2019

#omellorequipoparagobernarcarballo

Agora

Coas Ideas Claras

Carballo


entrevista Evencio Ferrero Rodríguez

ALCALDE DE CARBALLO E CANDIDATO DO BNG Despois de 16 anos como alcalde e de toda unha vida ao servizo de Carballo, temos mostras máis ca sobradas do compromiso, a dedicación e o apego de Evencio Ferrero ao noso concello. No ano 2003 cambiamos o paso do goberno municipal, fomos quen de modificar o rumbo que quería trazarnos a dereita da desfeita e empezamos a construír un bo lugar para vivir. Ese novo Carballo é un proxecto colectivo no que pouco a pouco fomos gañando apoios ata acadar, neste mandato que agora remata, o noso primeiro goberno con maioría absoluta. E foi precisamente nestes catro anos cando o proceso de transformación iniciado no 2003 acadou a súa máxima expresión. Pero o mellor está por vir, porque conseguimos sentar as bases do Carballo do futuro, un concello vivo, dinámico, puxante e modélico. E con Evencio Ferrero á fronte do mellor equipo para gobernar Carballo ímolo conseguir. -Por que di o BNG nesta campaña que o mellor está por vir? Se un avalía a evolución dos gobernos do BNG dende o ano 2003, vemos que dende que se conseguiu estabilidade, e sobre todo coa maioría absoluta no presente mandato, acelerouse máis todo o proceso de transformación do noso concello. Nós defendemos que ese proceso sexa imparable, que afondemos nel e que os próximos anos contribúan a ese Carballo un bo lugar para vivir independentemente de que se opte por residir no urbano ou no rural. E o mellor está por vir pola capacidade inversora que ten este concello, porque é un concello pensado para as persoas, porque é un concello que ten unha vocación comarcalizadora e ademais porque temos un posicionamento estratéxico dende o punto de vista da localización do traballo, do comercio e dos servizos que nos fai ser altamente optimistas de cara ao futuro. -Nunca se investiu tanto en Carballo, e en tantas cousas, coma nestes últimos catro anos, pero sempre quedan cousas por facer. É que sempre temos que aspirar a máis. Non podemos ser nunca conformistas, pero tamén temos que avaliar dende o realismo. Cando un ve os datos que aporta a Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña, tan reveladores como que Carballo inviste

máis que concellos coma Santiago, Ourense, Lugo, Ferrol ou calquera outro concello da nosa dimensión, eu creo que é un indicador de que algo se está facendo moi ben. Pero sen caer nunca no conformismo. Temos que aspirar a seguir transformando este Carballo para recuperar aquel Carballo que no seu momento era un exemplo de urbanismo e modernización entre as vilas galegas, e que, por circunstancias históricas, se perdera. Agora temos que seguir recuperando esa histórica mensaxe, de que Carballo era un lugar exemplar e pode volver a selo, e creo que pouco a pouco se está a conseguir grazas á importante transformación que está a experimentar o noso concello, sobre todo nos últimos anos. -Cales son as liñas estratéxicas do Carballo do futuro? Por onde ten que avanzar o noso concello para recuperar ese esplendor que nunca debeu perder? Carballo ten que asumir a súa capacidade de liderado de toda a comarca de Bergantiños, ser pórtico da Costa da Morte, e a partir de aí potenciar o polígono industrial, conseguir a circunvalación, e que o conxunto do territorio carballés sexa un referente en canto aos servizos. Completar servizos no rural non será incompatible con seguir avanzando na transformación urbana. Carballo ten que ser exemplo de convivencia entre os barrios e o centro, e tamén temos que facer deste


Carballo o punto de encontro de todas as persoas que visitan estas terras. -Fronte ao proxecto integral e a visión global que ten o BNG do noso concello, hai unha oposición que queda só coa anécdota e non ofrece ningunha alternativa. Precisamente é a gran eiva que teñen o resto dos grupos, fronte a un BNG con gran capacidade de xestión, cun goberno moi consolidado, con moita capacidade de dar resposta ás demandas dos cidadáns, con proxectos tremendamente novidosos que nos colocaron mesmo no mapa internacional, como Derrubando Muros con Pintura ou o Festival Carballo Interplay, ou a estratexia de mobilidade, pola que merecemos o recoñecemento da Rede de Cidades que Camiñan, cun polígono industrial que é o que ten máis demanda de solo de toda Galicia... Vese que si que hai esa estratexia, e unha estratexia que non nos doe compartir, para reforzar o papel carballés, con concellos como Arteixo ou A Laracha, para que a xente perciba que o eixo industrial entre nós e Arteixo vai ser un eixo de futuro, con grande implantación. Esa visión global de ter todo o concello na cabeza creo que os grupos da oposición non o teñen e, efectivamente, caen na anécdota. E creo que tamén se bota moito en falta que os grupos da oposición fagan propostas para o Carballo do futuro en vez de xogar exclusivamente á contra, o que moitas veces é un sensentido. -Tamén se di por parte do PP, semella que intentando rabuñar algún voto, que Evencio Ferrero ten data de caducidade. Afirmacións como que vou deixar a Alcaldía despois das eleccións son unha mostra máis da debilidade da oposición, que xa está recoñecendo que imos gañar as eleccións. Se teñen que recorrer a argumentos dese tipo mal van. Eu levo 16 anos como alcalde, e lembro que no 2003 xa me poñían tamén data de caducidade. Dicían que cando eles quixeran xa nos ían botar, agora xa non cando eles queiran nin tampouco cando queiran os veciños senón que é unha decisión persoal. Pois, en primeiro lugar, a xente de Carballo ten que saber que en todas as cuestións persoais o meu compromiso sempre foi con Carballo. Formo parte dunha xeración que quixemos facer de Carballo un lugar onde nos sintamos orgullosos de vivir, e así o seguirei facendo no futuro. Moléstame que se fagan afirmacións que para nada se corresponden coas decisións internas que se poidan tomar. O que é verdade é que nós, á hora de configurar unha candidatura, intentamos facer a mellor candidatura posible, e creo que se conseguiu. -Ten o BNG o mellor equipo para gobernar Carballo? Eu creo que si. Creo que o BNG ten unha candidatura excelente, un equipo de traballo extraordinario, onde hai unha relación, xa non só política, inmellorable, senón tamén unha relación persoal que nos fai que compartamos, ademais de proxecto político, moitas horas entre nós. E creo que con ese clima de traballo é imposible non estar comprometido.

Carballo é un bo lugar para vivir grazas á ilusión, á dedicación e ao traballo colectivo de todas e cada unha das persoas que formaron parte das nosas candidaturas nos últimos 16 anos. Pero queremos que sexa aínda mellor, e por iso contamos co mellor equipo para afrontar os retos que nos presenta o futuro. Un equipo sólido que reforzamos con novas incorporacións, con máis proxectos, máis gañas, máis experiencia e máis zume novo. Un equipo de carballesas e carballeses orgullosas do noso pobo.

1.

Evencio Ferrero Rodríguez

2.

Belén Lendoiro Esmorís

3.

Xosé Regueira Varela

4.

Milagros Lantes Seara

5.

Juan Seoane Collazo

6.

Maruxa Suárez Cotelo

7.

Luis Lamas Álvarez

8.

Maica Ures García

9.

Marcos Trigo Facal

10. Mar Eirís Villar 11. Miguel Vales Mallo 12. Iván Andrade Tasende 13. Ángeles Pacoret Rodríguez 14. Daniel Pérez López 15. Raquel Rodríguez Pose 16. Ángel De la Fuente Subiela 17. Raquel Garza Porteiro 18. Carlos López Domínguez 19. Sandra Santos Suárez 20. César Souto García 21. Carmen Regueira Baldomir Suplentes 1.

Ramón Varela Rodríguez

2.

Pilar Trigo Suárez

3.

Miguel Anxo Calvo Pose

4.

Irene García Areosa

5.

Santiago Ramiro Domínguez

6.

Begoña Moscoso Varela

7.

Horacio Castro Fabeiro

8.

Diana Suárez Ferreiro

9.

Juan Antonio Pichel Suárez

10. José Manuel Buño Suárez


4 anos de transformación urbana no centro

Skate praza

Desiderio Varela

Rúa Colón

Martín Herrera

Rúa Sol

Rúa Ponte

Rúa Río


4 anos de transformación urbana nas contornas escolares

Barrio do Chorís. Contorna do CEIP Fogar, o IES Alfredo Brañas e o complexo deportivo Vila de Noia

Barrio da Milagrosa. Contorna do CEIP Xesús San Luís Romero

Cuberta da zona de xogos infantís do Parque do Anllóns

Barrio da Cristina. Contorna do CEIP A Cristina

Rutas sen barreiras. Mellora da accesibilidade nos camiños escolares dos colexios Fogar e Bergantiños


4 anos de transformación urbana nos barrios

Avenida das Flores - 1ª fase da travesía de Sísamo

Rúas na zona de Pedra Furada (en execución)

Carballo acadou nestes últimos catro anos, coincidindo coa primeira maioría absoluta do BNG, o nivel de investimentos máis alto da súa historia. Dende o ano 2015 estamos entre os oito concellos galegos que máis obra pública licitan. O proceso de transformación urbana que iniciamos no 2003 xa é imparable, e Carballo é cada vez máis cidade grazas a unha aposta decidida polos servizos públicos de calidade, as actuacións integrais de reurbanización e mellora da accesibilidade, os proxectos de arte urbana e a conquista do espazo urbano para poñelo a disposición das persoas que decidimos e queremos habitalo e desfrutalo.

Incluídas nos orzamentos do 2019 Rúa Xúpiter

Rúa Montevideo

• Adquisición de terreos: 340.000 euros (inclúe terreos para ampliación do cemiterio, para anchear a rúa Emilio González López e unha parcela xunto á igrexa de Sísamo) • Vías públicas: 939.010,08 euros (inclúe a reurbanización das rúas Bos Aires e Campo da Feira e cadanseu contrato para o mantemento de vías urbanas e pistas rurais) • Reurbanización das rúas Vila de Laxe, Vila de Corcubión e Vila de Noia: 250.770,83 € • Reurbanización da rúa Tarragona e da rúa Perú: 253.466,12 €

Senda peonil Carballo-Bértoa

Rúa Laracha

• Mellora da accesibilidade peonil no barrio da Milagrosa e na rúa Vázquez de Parga: 182.336,84 €

Os 4 anos de transformación urbana que agora rematan teñen garantida a continuidade, porque xa temos en marcha novos proxectos, e moitas máis ideas, para seguir construíndo o Carballo do futuro. Estes son os máis inmediatos: Reurbanización da contorna do Fórum Carballo Adxudicada por 379.371,30 € Reurbanización das rúas Barcelona e Luis Calvo Adxudicada. Orzamento: 349.510,28 € Rúa Concepción Arenal En licitación. Orzamento: 158.820,49 € Dotación de servizos para o futuro itinerario peonil e ciclista Carballo-Coristanco En licitación. Orzamento: 411.231,43 €

Parque infantil e zonas de xogos da praza de San Cristovo


4 anos de impulso do rural

con infraestruturas para o presente e o futuro Abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo

Orzamento: 1,7 millóns de euros (en execución)

Un investimento récord na rede viaria Ano 2015 (data de contratación) • Sobreanchos e reparación da capa de roda dura en vías de varias parroquias • Aglomerado de vías locais nas parroquias de Oza, Razo e Lema • Mellora da capa de rodadura no lugar de Cances Grande • Reparación das vías secundarias nas parroquias de Razo, Lema, Noicela, Vilela, Rebordelos • Ensanchamento e rebacheo da estrada do Tarambollo a Calvelo de Arriba

Obras da rede de abastecemento ás parroquias de Oza e Razo

• Reparación de vías secundarias na parroquia de Entrecruces

Redes de saneamento

• Sobreanchos e reparación de vías nas parroquias de Ardaña, Artes, Sofán e Rus

en 20 núcleos rurais

Pavimentación con cemento do núcleo de Cances Grande

Obras de saneamento na parroquia de Sofán

O Añón (Bértoa), Portolago (Bértoa), Cances da Vila (Cances), O Outeiro (Rus), O Rodo (Oza), O Cotote (Sofán), O Barral, Feira de Berdillo e Quintela (Artes), Cadabuxo, A Ermida e A Rachola (Sofán), A Redonda, A Igrexa, O Piñeiro e Outeiriños (Entrecruces), Casal de Perros e Outeiro de Abaixo (Rus), Pedra da Galiña e Monte do Rei (Sofán) Investimento realizado: 961.367 euros

Mellora de vías de uso agrícola na parroquia de Rus

Ano 2016

Obras de saneamento na parroquia de Entrecruces

• Reparación das vías secundarias nas parroquias de Razo e Oza

• Reparación das vías secundarias nas parroquias de Cances, Goiáns e Carballo

• Rebacheo de camiños na parroquia de Rus

• Reparación das vías secundarias nas parroquias de Vilela e Noicela

• Reparación das vías secundarias na parroquia de Bértoa

• Reparación das vías secundarias nas parroquias de Sísamo e Artes


4 anos de impulso do rural

con infraestruturas para o presente e o futuro Ano 2018

Ano 2017 • Reparación das vías secundarias na parroquia de Sofán • Reposición da capa de rodadura no polígono industrial de Bértoa • Reparación das vías secundarias nas parroquias de Entrecruces e Aldemunde • Reparación de vías secundarias na parroquia de Rus • Reparación de vías secundarias nas parroquias de Lema e Rebordelos • Reparación e conservación de vías nos núcleos de Liñeiro e A Cabana (Cances) • Reparación de vías con zahorra en Cances • Ampliación de camiño en San Paio (Entrecruces) • Asfaltado do núcleo de Calvelo de Arriba

Mellora integral da rede viaria secundaria na parroquia de Noicela

• Mellora de camiños municipais 2017-2018 • Reparación das vías secundarias nas parroquias de Berdillo e Ardaña • Mellora da seguridade viaria en Razo e Imende • Conservación e mellora de rúas no núcleo rural do Rodo (Oza) • Mellora da da capa de rodadura das vías municipais de Mirón (Bértoa) á DP 1902 (Carballo-Razo), de A Ponte de Bértoa ao Moucho de Berdillo e de Bolón á Gándara (Sofán) • Mellora da capa de rodadura nas vías estruturantes das parroquias de Lema, Noicela, Rebordelos e Aldemunde • Reparación e mantemento de vías na con torna dos lugares de Carrís, Freixal, Ribeiriña e Reixía (Sofán) Investimento total no período 2015-2018 (datas de contratación): 3,5 millóns €

Aglomerado da rúa Abetos, dende Mirón (Bértoa) ata a estrada Carballo-Razo

Cos servizos que demanda a veciñanza A rede de centros sociais dou un salto de calidade

• Construción do centro social de Ardaña • Reforma dos centros sociais de Outón, Rus, Entrecruces, Artes, Sísamo, Oza e Vilela Investimento realizado: 800.000 €

Creamos espazos

públicos

en colaboración coa veciñanza • Adquisición dunha parcela nas inmediacións da capela e o cemiterio de Alborín (Rus) • Pavimentación e soterramento de servizos no espazo exterior do centro social de Ardaña • Pintura e substitución de ventás no edificio das escolas de Cances

Centro social da Ardaña


4 anos de impulso do rural cos servizos que demanda a veciñanza Dinamizamos as parroquias con máis actividades • Xunto ao programa de exercicio físico para maiores, xa consolidado, neste mandato puxemos en marcha novas actividades: baile, representacións teatrais, cursos de teléfono móbil...

Apostamos pola práctica do deporte e apoiamos ás entidades que o promoven

• Reforma do campo de fútbol do Carral e ampliación de vestiarios: 442.539,35 euros • Construción de aseos e almacén no CEIP Gándara-Sofán e mellora do pavimento do pavillón polideportivo: 41.999 euros

Este ano puxemos en marcha tanto no casco urbano coma nas parroquias talleres de uso do teléfono móbil

Reforma do campo de fútbol do Carral

No BNG estamos convencidos de que as nosas parroquias teñen un gran potencial, e por iso seguimos planificando e convertendo en realidades iniciativas que fagan posible o seu desenvolvemento a curto, medio e longo prazo. • Neste ano 2019 iniciaremos a ampliación da rede de auga cara as parroquias de Lema, Noicela, Rebordelos e Vilela, cun investimento de 1,5 millóns, para estendela cara as zonas sur (Ardaña, Rus e Entrecruces) e leste (Berdillo, Artes e Sofán) do concello. E ademais seguiremos estendendo o servizo de saneamento, que chega xa ao 91% da poboación, co obxectivo de acadar o 100% no horizonte do ano 2030. • Avanzaremos na mellora de vías estruturantes e das vías interiores dos grandes núcleos, e xa temos orzamento para poñer en marcha un programa de mantemento viario continuo en todo o concello. • A rede de centros sociais e espazos públicos seguirá medrando neste mandato con novos proxectos que xa están en marcha: - Reforma do centro social de Lema, acondicionamento da zona exterior do local de Aldemunde ou a reforma e adecuación do espazo do lavadoiro do Piñeiro de Entrecruces. - Construción de novos centros sociais en Bértoa, Goiáns e Sísamo • Carballo foi un concello pioneiro en fomentar a participación real da cidadanía na xestión municipal. Impulsaremos o papel dos CONSELLOS PARROQUIAIS como canalizadores das demandas da veciñanza, converténdoos nunha alternativa real de orzamentos participativos para que sexa a veciñanza de cada parroquia a que estableza as actuacións prioritarias a desenvolver.


4 anos de compromiso coas persoas Coa formación e o emprego

Coa cultura

Nunca se realizara un investimento tan importante en promoción económica no noso concello coma nos últimos catro anos. Carballo é hoxe un referente, e para que reforce aínda máis a súa posición seguiremos apoiando e incentivando o comercio, a hostalaría e o sector turístico, liderando iniciativas coma a candidatura a Reserva Mundial de Surf, ao tempo que continuaremos demandando a necesaria ampliación do noso polígono industrial para que siga sendo un elemento dinamizador da economía local. O outro gran pilar do emprego é a formación, e por iso continuaremos incrementando e diversificando a formación propia no Fórum Carballo, como fixemos coa posta en marcha da Escola de Cociña.

Carballo é cultura. A intensa e variada actividade da premiada Biblioteca Municipal Rego da Balsa, o impulso de importantes festivais musicais, audiovisuais e das artes escénicas e a consolidación de Carballo como un referente da arte urbana confirman esta premisa. Eventos coma o FIOT, o Carballo Interplay ou o Rexenera Fest sitúannos á vangarda da cultura galega. Nos vindeiros anos manteremos esa ruta cultural, tan ben trazada, reforzando os programas que contribúan ao achegamento das distintas facetas da cultura a todos os sectores da sociedade.

O Rexenera Fest enche Carballo de arte

Coa mellora da mobilidade Escola de Cociña do Fórum Carballo

Co deporte Carballo é un dos concellos que máis inviste en deporte (90€ por habitante no 2019). O apoio ao deporte de base e feminino, o aumento das prazas para as actividades municipais, o incremento das subvencións a entidades nun 100%, o modelo de xestión participativo e a mellora continuada das instalacións sitúannos coma referente. No vindeiro mandato teremos que continuar polo camiño e iniciado e afrontar os retos derivados do incremento da práctica deportiva: proxecto dun novo complexo deportivo, instalacións para a práctica do atletismo, construción de graderío no Estadio Municipal das Eiroas e mellora das instalacións do campo de fútbol das Pedreiras, espazos alternativos seguindo o modelo da skate-praza.

Recreación do novo graderío do estadio As Eiroas

Que o noso modelo urbano fose merecedor no ano 2018 do Premio Cidades que Camiñan é un motivo de orgullo. O compromiso coas persoas debe levar aparellado, necesariamente, un compromiso coa mellora da mobilidade. Nun núcleo urbano cada vez máis poboado, con máis servizos, máis movemento e máis vehículos é preciso establecer medidas que melloren a seguridade das persoas maiores, dos nenos e nenas, de todos os peóns. Nós témolo claro: a seguridade é o primeiro. Por iso vimos de elaborar a nosa propia Estratexia de Xestión do Espazo Público, e seguiremos a mellorar a mobilidade e a accesibilidade con medidas coma a instalación de semáforos acústicos para invidentes, a eliminación de barreiras arquitectónicas en contornas escolares e outros ámbitos con gran presenza peonil ou novas actuacións urbanísticas integrais en ámbitos urbanos e rurais.

Entrega do premio Cidades que Camiñan


Día da Árbore no Horto Infantil Ecolóxico Municipal

achega a comunidade educativa, con accións que van dende o acondicionamento da sede do CRA Ponte da Pedra ata o arranxo dos vestiarios do CEIP Bergantiños ou a construción dun almacén e aseos no CEIP Gándara-Sofán.

Con todas e todos Presentación da Estratexia Carballo 2030

Co medio ambiente Co lema O futuro faise agora presentouse neste mandato a primeira acción da Estratexia Carballo 2030, símbolo dun modelo urbano máis sustentable e que servirá como locomotora de crecemento e desenvolvemento para o conxunto do territorio. Carballo foi un concello pioneiro na implantación de tecnoloxía led no alumeado público, na posta en funcionamento dun servizo de control de pragas único en Galicia na loita contra a avespa velutina ou na implantación nas praias dos certificados europeos máis esixentes en canto a xestión sostible. No próximo mandato tamén lideraremos a implantación da recollida e xestión da denominada 5ª fracción dos residuos sólidos urbanos, un proceso que xa estamos iniciando, o a posta en servizo de puntos de recarga de vehículos eléctricos.

Porque a nosa prioridade son as persoas, dende o BNG estamos a impulsar en Carballo unha política social que atende e garante a cobertura das necesidades básicas da veciñanza, pero que ademais aposta por accións que permitan avanzar na igualdade real entre mulleres e homes. Neste mandato estendemos o programa Concilia ao CEIP Gándara-Sofán, reforzamos o servizo de axuda no fogar cun contrato de 650.000 euros anuais que garante a atención aos usuarios/as os 365 días, impulsamos a transformación da antiga Unidade Asistencial de Drogodependencias na actual Unidade de Condutas Adictivas para dar resposta ás necesidades da sociedade actual e sentamos as bases para a creación do Consello Sectorial da Muller. Ese é un dos obxectivos que acometeremos nos vindeiros catro anos, ademais de reforzar o traballo contra a violencia de xénero, a loita contra o abandono escolar, a integración das persoas con discapacidades ou o apoio ao movemento asociativo, ademais de acometer o proxecto de construción dun espazo solidario nas antigas vivendas dos mestres.

Coa educación Para o BNG, a educación é unha das áreas transversais da acción municipal. Por iso impulsamos iniciativas coma o Camiño Escolar, que promociona a mobilidade sostible e hábitos de vida máis saudables, ou o Horto Infantil Ecolóxico Municipal, que pon en contacto aos escolares coa terra, pon en valor a agricultura tradicional e fomenta o emprendemento dende a infancia. Pero o noso labor en materia educativa vai máis alá. A Escola de Idiomas e o Conservatorio Profesional de Música, dous centros en continuo crecemento, son exemplos do compromiso do Concello de Carballo coa educación mesmo máis alá das competencias propias. Do mesmo xeito, neste mandato realizamos un importante esforzo inversor para dar resposta ás necesidades que nos

Antigas vivendas dos mestres


Pensar e soñar o Carballo do futuro. Iso queremos, contigo. Impulsar o noso proxecto de concello vivo, dinámico, consciente do seu potencial e orgulloso da súa identidade. Un Carballo que siga transformándose para recuperar o esplendor que nunca debeu perder, que siga rompendo barreiras con proxectos urbanísticos transformadores e humanizadores e derrubando muros con pintura, que reforce o seu liderado no ámbito teatral, no audiovisual, no medioambiental ou no deportivo. Un Carballo que aposte sempre polas persoas, por mellorar a calidade de vida no urbano e no rural con máis servizos para as familias, máis formación para xerar máis oportunidades laborais, máis participación veciñal para acadar niveis máis altos de democracia e máis coberturas sociais para quen máis o precisa. Un Carballo que lidere o despegue industrial e sexa motor de creación de emprego na Costa da Morte. Un Carballo verde, integrador, máis xusto e igualitario. Un bo lugar para camiñar, para desfrutar e para traballar. Un bo lugar para vivir.

@bng_carballo facebook.com/BNGdeCarballo www.bngcarballo.gal

Profile for BNG Carballo

O Anllóns 41  

Advertisement