O Anllóns 40

Page 1

O ANLLÓNS boletín informativo do Bloque Nacionalista Galego de Carballo · nº 40 · decembro 2018

#máiscarballocobng

CARBALLO


#carballomáiscidade O proceso de transformación urbana iniciado hai 15 anos acadou no bienio 2017-18 o seu momento álxido, co nivel de investimentos máis alto da historia do noso concello, tanto na zona rural coma na urbana. Carballo é hoxe máis cidade grazas ás actuacións integrais de mellora dos servizos públicos e da accesibilidade coas que estamos a humanizar todos os barrios.


EXECUTA S A DA R B S O Rúa Xúpiter

Investimento: 75.519,24 euros Plan de Acción Social (PAS)

Rúa Ponte Investimento: 189.365 euros Plan de Aforro e Investimento (PAI)

Rúa Martín Herrera Investimento: 296.692 euros

Rúa Desiderio Varela Investimento: 176.055 euros Plan de Aforro e Investimento (PAI)

Rúa Montevideo Investimento: 123.904 euros Plan Único POS+

Contorna do CEIP San Luís Romero Rúas Xesús San Luís Romero, Fotógrafo Xosé Vidal, Cemiterio Vello e Saturnino Cuíñas Investimento: 515.738,3 euros Plan Único POS+

Avenida das Flores (1ª fase) Investimento: 418.420 euros Deputación Provincial da Coruña

Senda peonil Carballo-Bértoa Investimento: 1.140.000 euros Xunta de Galicia e fondos propios do Concello de Carballo

Rúa Sol Investimento: 291.973 euros Fondos propios do Concello de Carballo

EN

EXECUCIÓN

Contorna do CEIP A Cristina rúas Eduardo Blanco Amor, Camilo José Cela e Celso Emilio Ferreiro Investimento: 343.781,85 euros Fondos propios do Concello de Carballo

Rúa Río Investimento: 156.582,18 euros Plan Único POS+

Pedra Furada Rúa Cándido González Tiradas e dúas máis Investimento: 377.918,58 Plan Único POS+

Rúa Laracha

EXEC MA UC I X

N IÓ

PR Ó

Investimento: 92.807 euros Plan de Acción Social (PAS)

2ª fase Avenida das Flores

(desde R/Mapoula ata R/Nacente)

Rúa Barcelona Contorna do Fórum Carballo Servizos urbanísticos para a futura senda peonil Carballo-Coristanco Rúa Concepción Arenal Rúa Bos Aires


#máisservizosparaorural O compromiso do goberno municipal do BNG coas parroquias susténtase en tres piares: a mellora das comunicacións viarias, a ampliación dos servizos de abastecemento de auga e saneamento e o incremento da oferta social. A extensión do noso concello e a dispersión da poboación na zona rural implican un

importante esforzo económico que se reflicte ano tras ano nos orzamentos. Neste 2018, por exemplo, fronte aos 3.951.288,98 euros que estaban consignados no anexo de investimentos para proxectos de infraestruturas na zona rural figuraban 1.060.871,55 para o casco urbano.

Catro tipos de actuación para a rede viaria Asfaltados No ano 2016 puxemos en marcha un plan integral de asfaltados que está a piques de rematar. Berdillo e Ardaña completarán as actuacións realizadas nas vías municipais das 18 parroquias, que incluíron tamén o saneamento das cunetas, cun investimento próximo aos dous millóns de euros. Aglomerados O plan de aglomerados en vías estruturantes ou moi transitadas segue avanzando. Despois das obras realizadas en Aldemunde, Lema, Noicela e Rebordelos, en breve actuaremos nos treitos Mirón-estrada de Razo, Bolón-A Gándara, Ponte de Bértoa-O Moucho e Igrexario de Lema-A Vixía. En total, preto de 800.000 euros. Pavimentacións con cemento O modelo utilizado no núcleo tradicional de Cances Grande, no que seguimos as directrices de Patrimonio e optamos por unha pavimentación do rueiro con cemento, tivo unha excelente acollida no lugar e serviu de exemplo para outras parroquias. Despois da actuación que vimos de realizar no Rodo (Oza), a seguinte destas características será no Castrillón (Lema). Entre as dúas supoñen case medio millón de euros. Camiños de uso agrícola Nos camiños de terra con máis tráfico de vehículos agrícolas tamén estamos a actuar para garantir a seguridade da circulación. Este ano actuamos en 3,5 Km das vías A Braña-Alborín (Rus), O Freixal (Sofán), Cabanas-Os Petóns (Goiáns e Oza), Monte das Cadiñas (Oza), As Telleiras (Goiáns) e Cances-A Granxa, nos que investimos máis de 65.000 euros.

Dous dos tres millóns do canon da auga invístense na zona rural Entre os anos 2017 e 2018 xestionamos os 3 millóns de euros correspondentes ao canon pola adxudicación do ciclo integral da auga. O 66,66%, é dicir, 2 millóns de euros, destináronse a proxectos de abastecemento e saneamento na zona rural. SANEAMENTOS • Vilar de Cidre (Razo) • Cadabuxo, A Ermida e A Rachola (Sofán) • Barral, Feira de Berdillo e Quintela (Artes) • Casal de Perros e Outeiro de Abaixo (Rus) e Pedra da Galiña e Monte do Rei (Sofán) • A Redonda, A Igrexa, O Piñeiro e Outeiriños (Entrecruces), en execución. • O Cotote (Sofán), con cargo ao Plan de Medio Ambiente

ABASTECEMENTO DE AUGA. A gran obra hidráulica que figura no orzamento deste ano é o abastecemento de auga a Oza e Razo, en fase de contratación, por 1,7 millóns de euros, financiados con fondos propios do Concello de Carballo sen axuda de ningunha outra Administración.


#máisservizosparaorural

ALLO CARB

Unha ampla rede de locais para dinamizar a vida social das parroquias A reforma integral do centro social da parroquia de Lema, cun investimento de 182.659 euros, e a construción do centro social de Bértoa, cun orzamento de 390.000 euros, permitiranos seguir ampliando a cada vez máis ampla rede de instalacións destinadas a dinamizar a vida social das parroquias. Nos dous últimos anos levamos investidos preto de 800.000 euros para dotar as parroquias de Ardaña, Rus, Entrecruces e Artes de locais acordes ás necesidades do movemento asociativo. E para contribuír a esa dinámica vida de todas as nosas parroquias tamén con actividades, ademais do programa de exercicio físico, xa consolidado, tamén vimos de poñer en marcha iniciativas de tanto éxito como os bailes itinerantes para maiores ou o ciclo Teatro en Ruta, que manteremos e ampliaremos con novas propostas o vindeiro ano.

138 novos puntos de luz para a zona rural O ano 2019 comezará coas nosas parroquias mellor iluminadas, porque estamos instalando 138 novos puntos de luz, na súa maior parte solicitados pola veciñanza a través dos consellos parroquiais. O Concello de Carballo aboará por este servizo un total de 14.661,12 euros ao ano, que inclúen o subministro e a instalación das luminarias led, os gastos de consumo e o mantemento.

Xa están en contratación os proxectos singulares de acondicionamento do campo da festa de Aldemunde e do conxunto etnográfico do lavadoiro de Entrecruces


#máisemprego A primeira escola municipal de hostalaría de Galicia está en Carballo A finais de setembro empezou o curso para a primeira promoción da Escola Municipal de Hostalaría de Carballo, a primeira destas características que se pon en funcionamento en Galicia. Dirixida polo prestixioso cociñeiro Fernando Agrasar, estamos convencidos/as de que tres primeiros anos de formación previstos no procedemento de contratación servirán para consolidar o noso proxecto. Dende o goberno municipal do BNG pretendemos que a formación en hostalaría dea un salto cualitativo, e con esa intención apostamos por unha escola pioneira en Galicia, cun programa formativo propio e específico, adaptado ás necesidades laborais do sector e financiada exclusivamente con fondos propios con case 100.000 euros ao ano, tendo en conta que as actividades relacionadas co turismo, a hostalaría, o lecer e restauración figuran entre as que teñen mellores perspectivas laborais, segundo a Estratexia Española de Activación para o Emprego.

Evencio Ferrero e Xosé Regueira, nunha visita á Escola Municipal de Hostalaría

A ampliación do polígono industrial, un obxectivo polo que seguiremos loitando Malia quedar menos do 20% da superficie dispoñible e de continuar liderando as adxudicacións de solo industrial en Galicia por parte de Xestur, seguimos agardando que a Xunta de Galicia se comprometa dunha vez por todas a impulsar a necesaria ampliación do polígono de Bértoa. Dende o Concello de Carballo estamos a poñer todo da nosa parte, incentivando a creación de empresas con bonificacións de ata o 95% no ICIO, IBI e IAE; subvencionando a contratación de persoal formado no Fórum, ou traballando pola creación dun potente eixo industrial arredor do Porto Exterior. Dende a Administración autonómica non pode demorarse máis a ampliación. “Todos temos claro que non debería darse o caso de que unha empresa que queira instalarse en Carballo non poida facelo por falta de solo industrial. Xa ocorreu no pasado e non queremos que se repita”, sinala Evencio Ferrero.

5 proxectos estratéxicos para Carballo Despois de anos de espera, Evencio Ferrero mantivo en febreiro deste ano a súa primeira entrevista co presidente da Xunta. Podía ir a Compostela cargado de peticións, pero o alcalde preferiu levar só cinco cuestións que dende o BNG consideramos estratéxicas para o desenvolvemento do noso concello a curto e medio prazo, e que a Administración autonómica ten a obriga de acometer: -Variante de Carballo -Ampliación do polígono industrial -Urbanización da travesía de Bértoa, 2ª fase -Abastecemento de auga á zona de Baldaio -Plan de xestión do risco de inundacións

Evencio Ferrero trasladoulle á portavoz nacional do BNG a necesidade de ampliar o solo industrial

Malia a ausencia case total de investimentos da Xunta en Carballo e que a circunvalación e o abastecemento a Baldaio chegaron a contar con partidas asignadas nos orzamentos da Xunta, a día de hoxe seguimos esperando unha resposta de Feijoo.


#máisreferente O orzamento do 2019 prima a calidade dos servizos á cidadanía A corporación municipal vén de aprobar o orzamento do Concello de Carballo para o ano 2019, e o feito de que sigamos sen tocar os impostos ou de que destinemos case 7,8 millóns de euros ás áreas máis sociais demostra o noso compromiso social. Un 46% dos 24.505.476,70 euros que xestionaremos ao longo do ano vai destinado aos servizos públicos básicos, “e iso permítenos seguir mantendo e mellorando a calidade dos servizos”, como apunta a concelleira de Facenda, Belén Lendoiro. Un proxecto de investimentos que superará os 5 millóns de euros Malia a diminución dos ingresos por impostos, xa que a revisión catastral rematou neste 2018, e a desaparición do canon da auga que figurou nos orzamentos dos últimos dous anos, o Concello de Carballo mantén a súa capacidade investidora grazas á excelente situación económica das arcas municipais. Entre os investimentos previstos no orzamento, o POS+ Complementario e o superávit volveremos a superar con creces os cinco millóns de euros en obras.

O ano que vén completaremos a urbanización da contorna do Fórum Carballo

Estes son os principais proxectos que xa temos elaborados para o ano 2019: • Reurbanización da rúa Bos Aires: 280.775,27€ • Reurbanización da rúa Campo da Feira: 276.417,03€ • Rede de saneamento A Piña-Evas (Sofán): 224.058,27 € • Ampliación das redes de saneamento e abastecemento no lugar de Vella Morta: 125.400,09€ • Rede de saneamento en Taboada e A Granxa (Entrecruces): 259.959,13€ • Rede de saneamento en Xoane da Estrada: 33.778,05€ • Rede de saneamento en Vivente: 34.904,75€ • Rede de saneamento en Betrís e A Ribeira (Rus): 96.610,56€ • Mellora da seguridade viaria nos pasos de peóns: 201.404,94€ • Acondicionamento de vías municipais na zona rural: 200.000€ • Acondicionamento de vías urbanas: 90.000€ • Acondicionamento de vías forestais: 91.817,78€ • Urbanización exterior, nova grada e renovación de instalacións no campo de fútbol das Eiroas: 532.741,40€ • Rede de abastecemento de auga ao núcleo de Lema: 431.876,23€

• Reurbanización das rúas Vila de Laxe, Vila de Corcubión e Vila de Noia: 250.770,83€ • Reurbanización da rúa Tarragona e da rúa Perú: 253.466,12€ • Aglomerado da vía de Xoane a Piñeiro (Goiáns): 100.473,33€ • Aglomerado da vía de As Torres (Oza) a Cances Grande (Cances): 340.954,41€ • Mellora da accesibilidade peonil no barrio da Milagrosa e na rúa Vázquez de Parga: 182.336,84€ • Conexión aérea de puntos de luz “de tanto alzado” a cadros de nova instalación: 95.122,40€

Carballo, no TOP 10 dos concellos que máis obra licitan

O concello de máis de 30.000 habitantes con menor esforzo fiscal

Carballo destacou nos últimos dous anos entre os concellos galegos que máis obra pública licitaron, segundo os datos da patronal da construción. No 2016 fomos sextos, por detrás da Coruña, Vigo, Santiago, Oleiros e Pontevedra; pero no 2017 escalamos tres postos, e fomos o terceiro concello de Galicia que máis obra licitou, só superado polas cidades da Coruña e Vigo.

Outro dos indicadores da boa saúde económica do noso concello é que, segundo os datos do Ministerio de Facenda, Carballo é o concello galego de máis de 30.000 habitantes con menor esforzo fiscal. Mesmo en comparación cos municipios da nosa contorna, a veciñanza de Carballo paga menos impostos que a de Coristanco, Santa Comba ou Malpica.

O aglomerado da vía de Xoane a Piñeiro é un dos proxectos incluídos no POS+ Complementario


#unhacidademáisaccesible A Rede de Cidades que Camiñan premia o noso modelo urbano Milagros Lantes, concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, recolleu o pasado 11 de outubro en Villanueva de la Serena (Badaxoz) o Premio Cidades que Camiñan, un recoñecemento, segundo as súas propias palabras, “ao traballo e esforzo que se está facendo para converter Carballo nun mellor lugar para vivir e para camiñar”. Carballo obtivo neste 2018 o máximo recoñecemento da Rede de Cidades que Camiñan, na categoría de concellos de 20.000 a 100.000 habitantes, polo traballo que estivemos a facer nestes dous últimos anos a prol da mobilidade peonil, e ademais dun gran orgullo para o noso concello e un recoñecemento ao traballo transversal que se está desenvolvendo nas distintas áreas municipais, o galardón tamén implica, como comentou Evencio Ferrero, “un compromiso de seguir actuando”. Que aspectos nos fan merecedores do premio? 1. Carballo é un concello pioneiro na elaboración dunha estratexia de mellora e xestión do espazo público. Despois de varios meses de traballo, o proceso de elaboración entra na súa recta final coa definición das propostas de actuación, que pronto estará en exposición pública para volver a darlle voz á veciñanza, coma nas fases anteriores. O documento inicial recolle en 142 páxinas aspectos coma a mellora dos modos de transporte non motorizados, a accesibilidade do espazo público, o calmado do tráfico, a ordenación dos accesos aos centros educativos, o fomento do transporte público, a regulación do estacionamento, o aforro enerxético e a mellora da calidade ambiental, a seguridade viaria ou as conexións co litoral, entre moitos outros. É, en definitiva, un documento amplo e moi detallado, que mesmo inclúe a valoración económica das diferentes propostas que o integran, e que servirá coma guía de boas prácticas para seguir construíndo o Carballo do futuro.

2. Despois da aprobación inicial por parte do pleno, o vindeiro ano entrará en vigor a ordenanza de tráfico, outradasactuacións en marcha que contribuíu a facernos merecedores do premio. Carballo súmase á tendencia cada vez máis xeneralizada de regular a circulación urbana primando a seguridade peonil sobre calquera outro aspecto. A limitación da velocidade a 30Km/hora no casco urbano, a promoción dos modos de transporte non motorizados e a regulación de novos medios coma os vehículos de mobilidade persoal (VMP). 3. O terceiro gran bloque de actuación valorado polo xurado foi o plan de actuacións estruturais realizadas entre os anos 2017 e 2018, aos que se cinguía o premio. Ademais das case 20 rúas nas que se levaron a cabo proxectos integrais de mellora dos servizos e da accesibilidade, dende o goberno municipal tamén puxemos en valor outro tipo de actuacións coma a skate-praza, a piques de finalizar; a campaña “Apárcate en Carballo”, que segue sumando espazos de estacionamento gratuíto e acada xa as 2.160 prazas; a participación na Semana Europea da Mobilidade; a promoción dos camiños escolares, aos que se sumou o ano pasado o CEIP A Cristina, creando rutas accesibles ou o proxecto artístico de rexeneración urbana “Derrubando Muros con Pintura”, que suma xa 66 murais e vén de estrear páxina web, sinalización interactiva, unidades didácticas para escolares e rueiro de man.

ALLO CARB

O Pedibús do CEIP A Cristina empezou a funcionar o curso pasado

Derrubando Muros con Pintura vén de estrear sinalización interactiva


#máisemelloresservizos ENQUISA CITIX Carballo, o concello coa xestión municipal mellor valorada de Galicia Carballo é o concello galego coa xestión municipal mellor valorada pola veciñanza, segundo os resultados da enquisa estatal CITIX 2018, un barómetro que leva a sinatura pola prestixiosa consultora STIGA.

Inauguración da exposición do legado de Xoán López Eirís na Biblioteca Rego da Balsa

Un dos motivos desa alta puntuación son os servizos que prestamos, especialmente no ámbito da cultura, un dato que vén avalar a decidida aposta que estamos a realizar dende o goberno municipal pola promoción cultural, e que tamén tivo a súa recompensa este ano co Premio da Cultura Galega, na modalidade de artes escénicas, para o FIOT ou co Premio María Moliner para a Biblioteca Rego da Balsa. Para o goberno municipal do BNG, a cultura é un dos piares do benestar social xunto co deporte, a educación e os servizos sociais, nos que incluso durante os anos máis duros da crise, lonxe de recortar, mantivemos o altísimo nivel de investimento que caracteriza ao noso concello.

A skate-praza, o agasallo de Reis para un amplo sector da mocidade

Máis de 1,6 millóns de euros para a atención á dependencia no 2019 A atención á dependencia é unha das prioridades do goberno municipal. Ademais de multiplicar por sete o equipo de auxiliares de axuda no fogar dende que goberna o BNG, neste 2018 reforzamos aínda máis o servizo coa contratación dunha empresa para garantir a atención ás persoas que o precisan tamén durante fins de semana, festivos e vacacións do persoal municipal. Nos orzamentos do 2019 figuran 1.616.296 euros para o servizo de axuda no fogar, dos que asumimos máis da metade con recursos propios dado que entre a subvención da Xunta de Galicia e o co-pago das persoas usuarias só se cubre o 42% do custe.

O programa Concilia, con máis de 1.000 usuarios/as nos seus 12 anos de existencia, segue facilitando a conciliación da vida laboral e familiar

A rede de instalacións deportivas medra en cantidade e calidade Dende o goberno municipal estamos a traballar en diversas frontes para mellorar as instalacións deportivas e optimizar o seu uso, dando resposta deste xeito á crecente demanda do asociacionismo deportivo. Neste sentido, a oferta de instalacións deportivas no noso concello deu nos últimos dous anos un importante salto de calidade e de cantidade. Grazas á colaboración dos centros educativos e aos investimentos realizados nos últimos anos, nestes momentos temos a disposición dos/as deportistas carballeses un total de sete pavillóns. Ademais, a reforma integral do campo de fútbol do Carral, en Sofán, no que investimos 442.539,94 euros, permítenos desfrutar dende o pasado mes de maio dunha instalación con céspede artificial de última xeración, novo equipamento e máis espazo. Nos orzamentos do 2019 figuran dúas novas actuacións que nos permitirán seguir mellorando a práctica do deporte: a renovación do pavimento do pavillón do IES Parga Pondal e a mellora do campo de fútbol das Eiroas.

Visita de Evencio Ferrero e Luis Lamas ao campo de fútbol do Carral cun directivo da SD Sofán


#carballomáisverde A experiencia da compostaxe esténdese a todo o concello Porque cremos que é posible unha xestión máis eficiente dos residuos, desde o goberno municipal do BNG estamos a traballar por un concello comprometido e pioneiro na xestión dos residuos sólidos urbanos. Carballo é unha referencia en compostaxe, e conseguímolo grazas á implicación da veciñanza. En só catro anos conseguimos chegar á práctica totalidade do territorio. E nesa liña queremos seguir. Neste momento son 174 as familias e colectividades de todo o concello que están a participar no programa de compostaxe doméstica, colaborando deste xeito na eliminación da fracción húmida dos residuos sólidos, que é a máis pesada e a que supón maior custe de tratamento. Grazas á colaboración veciñal conseguimos eliminar máis de 100 toneladas ao ano dos colectores verdes. Pero serán moitas máis, porque dende as concellarías de Medio Ambiente e Obras e Servizos estamos traballando de cara ao 2019 para que a recollida selectiva da denominada quinta fracción se realice en todo o casco urbano, e para iso queremos contar cun equipo de voluntariado medioambiental do que poderán formar parte 2.000 familias.

Carballo, pioneiro tamén na loita contra a velutina Dende a irrupción da avespa asiática, o Servizo Municipal de Control de Pragas, que puxemos en marcha no ano 2004, tamén se encarga da loita contra esa especie invasora. Deste xeito, ademais de controlar a poboación de roedores con campañas trimestrais de desratización en todas as rúas do casco urbano e de atender os avisos puntuais que poidan producirse, nun prazo de 24 horas actuamos tamén para responder ás alertas por niños de velutina. Carballo foi o primeiro concello galego en poñer en marcha un servizo propio de loita contra a avespa asiática, que ademais, en colaboración cos apicultores locais, contribúe a dar a coñecer esta especie invasora á poboación con accións formativas e informativas nos centros educativos ou iniciativas coma a exposición itinerante dun niño de grandes dimensións.

Tres bandeiras azuis e os dous certificados máis esixentes da Unión Europea (EMAS e ISO 14:001) confirman a excelencia das nosas praias

Carballo intégrase na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, Terras do Mandeo e Bergantiños para seguir poñendo en valor o noso patrimonio natural


#carballomáisparticipativo Liña directa coa veciñanza a través dos consellos parroquiais Máis de 300 persoas están participando, a través dos consellos parroquiais, na xestión municipal. O Concello de Carballo foi pioneiro nas políticas de participación veciñal, e hoxe, despois de dous anos de funcionamento, os consellos parroquiais están consolidados coma a principal canle de comunicación entre a veciñanza e a administración local. Dende o BNG facemos unha valoración moi positiva da posta en marcha deste novidoso sistema de participación cidadá, que permitiu detectar as principais necesidades e demandas da poboación das 17 parroquias rurais e articular as medidas precisas para darlles solución. O terceiro ano de actividade, no que estamos a piques de entrar, arrancará con numerosos proxectos en marcha. Despois da fusión de Noicela e Rebordelos temos 16 consellos parroquiais en funcionamento, dando voz á cidadanía de forma directa e tomando decisións sobre o investimento dos fondos públicos. De feito, xa estamos a realizar os primeiros ensaios de cara á elaboración de orzamentos participativos, que sería o fin último desta canle de comunicación aberta fai case tres anos, e que será posible na medida en que o proceso de participación veciñal vaia madurando.

A ordenación do espazo urbano é cousa de tod@s No BNG queremos que a cidadanía opine directamente sobre as cuestións que nos afectan a todas e a todos, e por iso a participación veciñal está a ser un factor clave no proceso de elaboración da Estratexia de xestión e mellora do espazo urbano, un documento no que trazaremos, entre tod@s, as próximas actuacións do importante proceso de transformación que está experimentando a nosa cidade nos últimos anos. Mellorar a calidade de vida da cidadanía e solucionar os problemas de mobilidade, accesibilidade e seguridade existentes son os principais obxectivos deste ambicioso proxecto, que está a piques de entrar na fase IV para incorporar as achegas da cidadanía ás propostas de actuación de mellora do espazo público, o medio ambiente, a mobilidade e a accesibilidade que vimos de presentar aos voceiros municipais. De novo a cidadanía ten a palabra! Unha reflexión colectiva sobre o futuro do litoral Aínda que na ordenación do litoral temos unha marxe de manobra mínima porque a maior parte das competencias recaen na Xunta de Galicia e no Goberno central, no BNG avogamos por unha reflexión colectiva sobre o futuro do ámbito medioambientalmente máis sensible, pero tamén máis turístico, do noso concello. A participación veciñal xoga, de novo, un papel fundamental na elaboración dos plans especiais de Arnados e Pedra do Sal, que teñen como obxectivo, precisamente, garantir o desenvolvemento sostible da nosa costa.

LLO CARBA


#coaspersoas No BNG estamos coas persoas. As mulleres vítimas de violencia de xénero, os veciños e as veciñas que rexeitan a espoliación dos nosos montes para beneficio exclusivo das empresas eléctricas, as persoas que sofren discriminación pola súa identidade sexual, o empresariado que traballa polo desenvolvemento económico do noso concello e toda a veciñanza que se implica para que o noso concello sexa cada día un mellor lugar para vivir sempre poden contar con nós. Entre todas e todos facemos máis BNG, máis Carballo.

O grupo municipal do BNG, en bloque contra a violencia de xénero

Xuntanza de Ana Pontón co empresariado do Polígono Industrial de Carballo

CARBALLO

A bandeira multicolor da diversidade sexual tamén é a nosa bandeira

@bng_carballo facebook.com/BNGdeCarballo www.bngcarballo.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.