Page 1

O ANLLÓNS boletín informativo do Bloque Nacionalista Galego de Carballo · nº 38 · decembro 2015

#carballomolaNÓS


“Os gobernos do BNG en Carballo son os que máis investiron e os que máis teñen contribuído á transformación do rural”

Evencio Ferrero Rodríguez Alcalde de Carballo

Hai seis meses que o BNG acadou a súa primeira maioría absoluta en Carballo. O novo goberno municipal está integrado por once homes e mulleres comprometidos co seu concello, coas persoas e coas cousas que verdadeiramente importan. Evencio Ferrero Rodríguez, o político carballés mellor valorado pola cidadanía, continúa á fronte dun equipo que concibe a acción política local cun único obxectivo: seguir facendo de Carballo un bo lugar para vivir


A corporación municipal de Carballo pecha o 2015 con dous importantes documentos aprobados: o PXOM e os orzamentos. Cales son as prioridades para o ano que vén e para o resto do mandato? As prioridades estaban recollidas nos nosos compromisos electorais. Temos que seguir facendo un esforzo no medio rural e tamén nos barrios. E, precisamente, estamos a traballar en distintos plans para poñer en valor o conxunto do territorio carballés, avanzar en que Carballo sexa un bo lugar para vivir, que é un obxectivo permanente da acción de goberno do BNG, e ese bo lugar para vivir ten que cubrir a totalidade do territorio. Din dende a oposición que o BNG non inviste no rural, pero cal é a realidade? Unha mentira repetida mil veces non é verdade, segue sendo mentira, e por moito que se diga que non se inviste no rural, para nada se corresponde coa realidade. Sen dúbida ningunha, os gobernos do BNG son os gobernos que máis investiron no rural e que máis teñen contribuído á transformación do rural. A rede de centros sociais ou a extensión das redes de saneamento e abastecemento de auga, nas que fixemos investimentos superiores aos 20 millóns de euros, corroboran o que estamos a afirmar. Ademais, neste mandato imos continuar con ese impulso ao ciclo integral da auga, é dicir, seguiremos ampliando de maneira importante a rede de saneamento e, por suposto, o abastecemento ao litoral carballés, a Razo e á zona de Baldaio.

“Todos os galegos sabemos que se o BNG está, Galiza está. E neste caso se NÓS estamos, Galiza estará”

Poderíase dicir que o obxectivo é equiparar servizos? É que un concello non se pode interpretar coma unha dicotomía rural-urbano. O concello é único. Por exemplo, o parque empresarial de Bértoa está nunha parroquia, pero non é un investimento para unha parroquia, senón supramunicipal, para o conxunto do territorio da Costa da Morte, e, por certo, está tendo uns investimentos importantes por parte das empresas privadas. Hai outros equipamentos como as instalacións deportivas, que, en aras á sostibilidade dos servizos públicos, teñen que estar nos núcleos urbanos, pero son incluso servizos supramunicipais novamente; ou os equipamentos educativos, os institutos están no casco urbano pero iso non quere dicir que a xente do rural estea desatendida escolarmente. Polo tanto, temos que ter unha visión do territorio no seu conxunto. E no que se refire a investimentos específicos en determinados ámbitos, sen dúbida ningunha o Concello de Carballo está facendo un esforzo inversor altísimo, superior ao 50%, no medio rural, cando a poboación do medio rural non chega a esa porcentaxe. A única discriminación que podería existir sería unha discriminación positiva en favor do rural. Carballo está a prestar servizos supramunicipais ou que mesmo son competencia doutras Administracións. Ten capacidade o Concello para asumilos? Afortunadamente, Carballo está nunha situación económica moi boa, e a facenda local ten capacidade para asumir eses

servizos, incluso sen ser de competencia propia do Concello. Carballo asume nos orzamentos unha porcentaxe do gasto da Unidade Asistencial de Drogodependencias ou un Conservatorio Profesional de Música que presta servizo a estudantes de moitísimos concellos, incluso algúns fóra da Costa da Morte. Pero aínda así Carballo ten capacidade para seguir prestando e aumentando servizos: a biblioteca, os servizos deportivos e culturais... que conseguen que Carballo sexa un referente en moitos aspectos. Agora o alcalde tamén é vicepresidente 2º da Fegamp, un foro no que ata agora Carballo non tiña esa presenza. De que maneira pode iso beneficiar ao concello? Ser vicepresidente 2º da Fegamp permite unha interlocución directa das catro persoas que formamos a xunta de voceiros, que somos catro alcaldes de toda Galiza, coa Xunta e cos distintos gobernos. Somos os representantes dos 313 concellos. Esa alta responsabilidade, que agradezo a todas as alcaldías que depositaron en min esa confianza, leva aparellado que Carballo teña máis visibilidade, que teñamos máis capacidade de interlocución e que ao mesmo tempo traslademos a outras administracións, nomeadamente a Xunta, cales son as necesidades dos concellos, e que despois tamén a Xunta terá que trasladar ao Goberno do Estado. Sen dúbida ningunha, un problema que ten a Administración local é que financeiramente non están cubertas as necesidades segundo os servizos que prestamos. A porcentaxe de financiamento que recibimos é a mesma ca no 1979, pero a realidade municipal daquel momento non ten nada que ver coa actual. Todos os concellos medramos en capacidade, en prestación de servizos e en calidade dos servizos que prestamos, e iso non se corresponde precisamente coa financiación que recibimos do Estado e da Xunta de Galiza. Se estar en foros coma a Fegamp é importante, ter presenza no Parlamento do Estado é importantísimo Por suposto, e ademais en Carballo podemos recorrer a exemplos prácticos. A presenza do BNG no Congreso dos Deputados a través de Francisco Jorquera, portavoz no seu momento, fixo posible que dos presupostos do Estado se destinasen 1.800.000 euros para a reforma do mercado e 1.500.000 euros para a nova biblioteca. Se non se estivese alí, dende logo este diñeiro non tería vido para Carballo, e quen di Carballo di outras moitísimas localidades galegas ou outras moitísimas infraestruturas para Galiza que se conseguiron grazas ao bo facer dos deputados e deputadas que nos representaron. Todos os galegos sabemos que se o BNG está, Galiza está. E neste caso se NÓS estamos, Galiza estará. As do 20D son, nese sentido, unhas eleccións cruciais, xa que ante a previsible ausencia dunha maioría o voto de Nós pode ser máis importante se cabe É que, precisamente, eses investimentos para Carballo conseguíronse nun momento no que o Goberno non tiña maioría absoluta. Necesítanse apoios parlamentares para a aprobación de documentos tan fundamentais para a vida pública como son os orzamentos, e hai que intentar negociar e chegar a acordos coa totalidade do arco parlamentar. Neste momento, e nesta conxuntura política, onde se fragmenta o universo das forzas que van estar representadas no Parlamento do Estado, é máis importante que nunca a nosa presenza alí. Polo tanto, facer ese chamamento aos galegos e galegas, e aos carballeses e carballesas, para que a nosa voz siga presente como estivo nos últimos vinte anos, porque é unha voz útil e sempre na defensa dos intereses de Galiza.


#ORDENANDOOFUTURO Un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal para un novo Carballo O Carballo que temos hoxe non é o mesmo que o de fai vinte anos, nin dez, nin o mesmo que teremos dentro doutros tantos. No BNG intentamos aprender do pasado para construír un futuro mellor. E se algo temos claro as carballesas e carballeses é a necesidade de contar con instrumentos urbanísticos que nos permitan ordenar o territorio planificando as medidas que nos permitirán medrar, impulsar a nosa vida económica, social e cultural e acadar o desenvolvemento ao que todas e todos aspiramos, pero respectando a nosa historia, a paisaxe e os recursos naturais e patrimoniais que son de todos.

Coa aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o 18 de novembro demos un paso adiante cara a consecución dun documento necesario e complexo, que é froito dun amplo proceso de participación pública, administrativa e política, que recoñece o existente e prevé o futuro, e que sempre será revisable e adaptable ás novas realidades que vaian xurdindo polo camiño. Agora só falta a aprobación definitiva por parte da Xunta de Galicia, a única con competencias para facelo, para que este novo PXOM nos permita avanzar na construción deste novo Carballo.

As claves dun modelo territorial 1) Completar a estrutura urbana. O uso residencial no PXOM correspóndese en grande medida co solo urbano consolidado, que ocupa case 4 millóns de metros cadrados. Para completar a trama urbana proxéctanse 22 ámbitos de solo urbano non consolidado, e para completala nas zonas perimetrais créanse 11 sectores de solo urbanizable. Na zona urbana concéntranse 20.286 vivendas (o 68% do total), 2.000 máis que na aprobación inicial.

3) Recoñecemento e delimitación dos núcleos rurais. O PXOM recoñece e delimita case 300 núcleos rurais, con capacidade para 9.654 vivendas. Froito das 1.400 alegacións presentadas sobre os núcleos rurais, moitos foron ampliados e delimitáronse 20 novos.

ata Arnados, outra do límite co concello da Laracha ata a estrada de ArnadosPedra do Sal á altura do Cadaval, outro da AC-414 á altura de Cances Grande ata a estrada de Caión e o último, dende Arnados ata Casadelas. 6) Crear tres grandes parques urbanos. Ao longo do Anllóns e o Rego da Balsa crearanse grandes corredores verdes: un de 486.000 m2 que enlazará o San Martiño co Fondal, outro de 175.900 m2 para darlle continuidade ao Parque do Anllóns ata A Revolta, e outro de 50.200 m2 dende o Híper Gadis ata o Muíño da Pintura, cunha senda peonil ata o polígono de Bértoa. 7) Completar os equipamentos. As actuacións máis importantes en canto a equipamentos son a implantación dun novo centro educativo na zona do IES Monte Neme (15.000 m2), a ampliación do cemiterio municipal (4.245 m2).

2) Catro ámbitos de solo industrial. Concéntrase en catro ámbitos: polígono de Bértoa, O Sisto e Leboreo, sen esquecer a planificación para o desenvolvemento de Conservas Calvo.

4) Un tratamento especial para a costa. A ordenación urbanística da costa conxuga a protección medioambiental e patrimonial co necesario desenvolvemento turístico e residencial. Ademais de delimitar un número importante de núcleos rurais, ábrese a porta á regularización do asentamento do Monte Peados, incluindo a urbanización e as correspondentes cesións e cargas urbanísticas, e proxéctanse tres actuacións urbanizadoras en Arnados para cubrir a oferta residencial con 128 vivendas unifamiliares. En Pedra do Sal e Arnados delimítanse dous plans especiais de protección e dotacións. 5) Dúas grandes actuacións viarias. No casco urbano proxéctanse dous eixos viarios que permitirán desconxestionar o centro: a continuación da Vila de Negreira ata Bértoa e a prolongación do eixo Luis Calvo—Perú cara o polígono de Bértoa, por un lado, e ata A Revolta, polo outro. Na zona costeira están previstas catro vías: unha do casco urbano de Carballo

8) Ampliar as infraestruturas. O PXOM prevé a construción dunha EDAR industrial para o polígono de Bértoa, así coma o reforzo das infraestruturas eléctricas para poder absorber os novos desenvolvementos urbanísticos. As actuacións en materia de infraestruturas no PXOM comprenden as previsións dos plans directores de abastecemento e saneamento redactados dende co concello, entre elas levar auga á costa, pechar o anel do solo urbano e completar a rede na zona rural.


Planificar o Carballo que vén Cada pobo ten a súa propia identidade e é distinto ao pobo do lado, pola demografía, as actividades económicas, as súas perspectivas de desenvolvemento, a súa topografía... Por iso o documento que aprobamos o 18 de novembro é dinámico, vivo e revisable, porque só así será posible adáptalo ás novas circunstancias económicas, sociais e culturais, ás novas normas, novas estratexias e novas planificacións puntuais que xurdan das próximas corporacións municipais e das futuras necesidades dos veciños -ben sexa nos espazos públicos, ben sexa na mellora da mobilidade- ou tamén necesidades nas vistas públicas, cuxo deseño e conservación é obriga dos cidadáns. Corresponde logo a cidadáns e administración, conxuntamente, facer do territorio que habitamos un escenario cuns sinais de identidade que o fagan único. O PXOM é, pois, unha ferramenta de xestión que permite evitar a improvisación ordenando a expansión urbana, porque aínda que non podemos saber como será o noso pobo dentro duns anos, é a nosa obriga prever como queremos que sexa no futuro, promovendo unha eficiente planificación de servizos básicos (saneamento, abastecemento, luz, equipamentos, sistema viario...) e tendo en conta que eses servizos deben ser sostibles economicamente e tidos en conta á hora de elaborar os orzamentos municipais. Este non é o PXOM do BNG, nin o do PP, nin de TeGa, nin do PSOE. É o PXOM de Carballo, feito coas achegas, e tamén as cesións, de todas e todos, pero sempre coa responsabilidade que esixe a meta que debemos acadar: planificar o Carballo que vén.

Milagros Lantes Seara, concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana


#equilibrandooterritorio Dous millóns de euros para mellorar a rede viaria de todas as parroquias Na primeira fase das obras, que se executará o ano que vén nas parroquias de Razo, Oza, Vilela, Noicela, Bértoa, Lema e Rebordelos o investimento será de 850.000 O compromiso do BNG coas parroquias vai dar un paso de xigante neste mandato, xa que dende o Concello de Carballo acometeremos un plan plurianual que permitirá deixar a rede viaria secundaria das 18 parroquias en condicións óptimas para moito tempo. Cal é a situación da rede viaria do concello? En Carballo hai 613 quilómetros de pistas asfaltadas de titularidade municipal. Despois dun minucioso percorrido por todas e cada unha delas, un informe técnico conclúe que hai 85 quilómetros repartidos entre as 18 parroquias- en mal estado. Canto custará o arranxo de todas as pistas? Segundo o informe encargado polo goberno municipal de Carballo, para arranxar toda a rede viaria secundaria serán precisos dous millóns de euros, “pero como estamos a falar dunha cifra inasumible nun só ano, faremos unha actuación plurianual”, explicou o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas. Canto se investirá no ano 2016? O goberno municipal do BNG tomou a decisión de destinar ás pistas o importe íntegro do Plan de Obras e Servizos, que para o ano que vén é de 700.000 € máis os 150.000 € do plan complementario. Pero tamén se investirá na rede viaria o POS dos anos seguintes, ata cubrir todo o territorio. Que criterio se utilizará para decidir as obras?

O tratamento que o goberno do BNG de Carballo quere dar a eses 85 quilómetros da rede viaria municipal é o mesmo que se vén aplicando este ano nas pistas Calvelo-Cornaces, Calvelo-Arganosa, Cornaces-San Sadurniño e o acceso a Caxín, todas elas na parroquia de Rus, así coma nas de Calvelo-Albeiro e Pedreira-Vilar, na de Sofán. A mellora da rede viaria, un compromiso electoral do BNG coas parroquias, recibirá un importante impulso neste mandato, tanto no que se refire á mellora da capa de rodadura coma á ampliación das vías estruturantes.

Dado que os fondos do POS permitirán afrontar a mellora de toda a rede viaria nun prazo máximo de tres anos, dende o goberno municipal optouse, a proposta do concelleiro Luis Lamas, por dividir o territorio en tres grandes zonas e intervir cada ano nunha delas. Deste xeito, nas parroquias nas que se actúe a rede viaria quedará en estado óptimo na súa totalidade e para moitos anos. Que tipo de intervención se fará nas vías? As vías están clasificadas segundo o seu estado entre as que non precisan intervención de ningún tipo porque están en boas condicións, as que requiren dun bacheo e, en terceiro lugar, eses 85 quilómetros nos que se realizará unha limpeza de cunetas e a pavimentación con dobre rego, co cal quedarán listas para varios anos Que plans ten o goberno para as parroquias que non figuran na primeira anualidade?

Un proxecto singular para Cances Grande

O feito de que as obras do POS se concentren nun ámbito xeográfico determinado non significa que a Concellería de Obras e Servizos non vaia actuar no resto do territorio, como de feito xa se está a facer.

O lugar de Cances Grande parece outro despois das obras de pavimentación con cemento que vén de acometer o Concello de Carballo. Ao tratarse dun núcleo con numerosos bens patrimoniais optouse por unha solución singular que recibiu os parabéns da veciñanza. En total foron pavimentados con cemento un total de 12.000 metros cadrados.


Os investimentos do novo Plan de Acción Social reforzan o compromiso do BNG de Carballo cos barrios O 2016 tamén será o ano dos barrios. Ademais das obras de reurbanización do Chorís, que están en marcha nestes intres, o novo Plan de Acción Social (PAS) promovido pola Deputación da Coruña, e que no municipio de Carballo supera os 900.000 euros, permitiranos seguir avanzando na humanización do casco urbano, dende O Chorís ata o San Cristovo e dende A Cristina ata A Braña.

Eliminación de barreiras arquitectónicas na Braña

Deste xeito, o BNG segue a cumprir cos seus compromisos electorais. Na campaña das municipais Evencio Ferrero anunciaba que ese sería un dos obxectivos estratéxicos para este mandato mandato, “sempre adaptándonos ás circunstancias e ás necesidades de cada un deles: mellorando a accesibilidade, creando plataformas únicas, ampliando as beirarrúas, creando espazos axardinados ou novas áreas de aparcamento”. Mellora da accesibilidade no barrio das Flores

Evencio Ferrero, acompañado polos concelleiros Luis Lamas e Belén Lendoiro, realizaron un completo percorrido polo barrio da Braña que rematou na rúa Laracha

O alcalde, EvencioFerrero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, reuníronse con usuarios das pistas deportivas do San Cristovo para coñecer as súas demandas

Dentro do Plan de Acción Social (PAS) que se executará o vindeiro ano outorgamos unha especial importancia ao barrio das Flores cun amplo proxecto de mellora da accesibilidade que implicará a adecuación de distintas rúas, beirarrúas e espazos públicos na contorna da igrexa de San Cristovo.

Repartimos os investimentos dos plans provinciais a medias entre a zona rural e a urbana

Na rúa Xúpiter, unha das máis singulares de Carballo polo tipo de edificación que conserva, o vindeiro ano procederemos á eliminación de barreiras arquitectónicas, xa que as beirarrúas actuais demasiado estreitas e os servizos, anticuados. Na medida das posibilidades tamén actuaremos na rúa Laracha, entre outros espazos públicos do barrio da Braña. Mellora da accesibilidade no Pazo da Cultura O goberno do BNG de Carballo quixo ter moi en conta o carácter social do novo plan da Deputación da Coruña, e por iso tamén interviremos no Pazo da Cultura coobxectivo de solucionar o importante problema de accesibilidade que ten o edificio, polo que pasan a diario milleiros de usuari@s das oficinas de Educación e Cultura, Conservatorio Profesional de Música, Escola Oficial de Idiomas, salas sociais para os maiores, aulas de ensaio, salas de exposicións... Novo céspede para o campo de fútbol das Eiroas Entre os proxectos de carácter social que acometeremos cos fondos do PAS figura tamén a substitución do céspede do campo principal das Eiroas, un compromiso que permitirá mellorar unha instalación pola que pasan cada semana máis dun milleiro de deportistas de todas as idades.


ASÍ PENSAMOS NÓS

iNéS RODRíGUEz MUíñO - Concelleira de Normalización Lingüística e Participación Cidadá. “Tendo en conta a segura ausencia de maiorías na vindeira lexislatura, NÓS-Candidatura Galega terá ocasión de facer valer os votos de galegas e galegos para mudar a realidade que hoxe padecemos. En favor das maiorías, en favor da xustiza social, a prol de Galiza como pobo”.

BELéN LENDOiRO ESMORíS - Concelleira delegada de Facenda, Patrimonio, Persoal e Réxime Interior. “Nós-Candidatura Galega é a esperanza e garantía de que os problemas dos carballeses e carballesas, os problemas da Galiza como pobo, van estar presentes nas Cortes do Estado”.

@bng_carballo facebook.com/BNGdeCarballo www.bngcarballo.gal

XOSé REGUEiRA VARELA - Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego. “Nós-Candidatura Galega aspira a acadar a plena soberanía para o noso país. Do mesmo xeito que en Carballo estamos ao servizo dos intereses dos nosos veciños e veciñas, precisamos unha voz en Madrid ao servizo dos intereses dos galegos e das galegas, do pobo galego”.

MiLAGROS LANTES SEARA - Concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Contratación e Seguridade Cidadá. “Galiza non conta nos plans do Estado; por iso temos que poñela no mapa. Nós-Candidatura Galega aposta por desenvolver un modelo económico ao servizo das maiorías sociais, da creación de emprego digno e benestar social”.

LUiS LAMAS ÁLVAREz - Concelleiro de Obras e Servizos. “Un traballador galego cobra 500 euros menos que un madrileño. NÓS-Candidatura Galega aposta pola xeración de emprego digno e estable, xestionando desde a Galiza as políticas de fomento do emprego e da formación continua”.


CARMEN REGUEiRA BALDOMiR - Concelleira de Sanidade e Terceira Idade. “Producimos enerxía eléctrica para todo o Estado pero non temos unha tarifa propia que teña en conta o forte impacto ambiental que sufrimos. Para que poidamos pagar pola nosa factura da luz o que nos corresponde precisamos ter voz en Madrid”.

MAiCA URES GARCíA - Concelleira de Igualdade e Benestar. “Os recortes limitan o desenvolvemento de políticas sociais igualitarias e inciden negativamente na aplicación de medidas que eliminen as discriminacións de xénero. Nós-Candidatura Galega aspira a xerar un marco de libre decisión en materia de dereitos para as mulleres”.

MAR EiRíS ViLLAR - Concelleira de Educación e Festas. “NÓSCandidatura Galega pula por un modelo educativo fundamentado no dereito universal á educación de cero a 18 anos e obrigatoria de 3 a 18 anos, un ensino público, galego, laico, coeducativo, gratuíto e democrático”.

MiGUEL VALES MALLO - Concelleiro de Medio Ambiente e Praias. “O 20D temos que poñer Galiza a producir. Somos un país excedentario en enerxía cun enorme potencial pesqueiro, agro-forestal e industrial. Necesitamos unha economía competitiva apoiada desde as institucións e desde o mundo financeiro, xestionada directamente desde Galiza”.

MARCOS TRiGO FACAL - Concelleiro de Cultura e Deporte. “Precisamos ter voz nas Cortes do Estado para que a política cultural non ignore a diversidade cultural e o carácter plurinacional do Estado español. NÓS-Candidatura Galega avoga pola supresión do Ministerio de Educación e Cultura e a transferencia das competencias ás nacionalidades históricas. Non o IVE cultural do 21%”.


#movéndonosporcarballo Os proxectos de humanización esténdense polo casco urbano Despois da transformación das rúas Valle-Inclán e Colón, a humanización do centro urbano continuará na Martín Herrera. A Deputación da Coruña aprobou en marzo o traspaso da titularidade da estrada DP-1905, que enlaza a Praza de Galicia coa rotonda da Milagrosa, ao Concello de Carballo. A cesión era unha vella demanda, pero para a execución das obras resultaba imprescindible, o mesmo que o acordo co Arzobispado de Santiago para incluír no proxecto 1.000 metros cadrados do adro da igrexa de San Xoán Bautista. Con este trámite solucionado tamén nas últimas semanas, a Concellería de Contratación prepara xa o prego para a licitación. A boa saúde económica das arcas municipais permitirá acometer o proxecto, que ten un orzamento de 341.000 euros, con fondos propios do Concello de Carballo. Pero os proxectos de humanización do goberno do BNG non se levarán a cabo só no centro da vila, senón que neste mandato chegarán tamén aos barrios. O primeiro, de feito, xa está en marcha.

Situación actual e recreación do aspecto futuro da rúa Martín Herrera

Nestes momentos está en execución a reurbanización do Chorís, unha actuación integral para a mazá formada polo IES Alfredo Brañas, o complexo deportivo Vila de Noia, o Parque do Chorís e o CEIP Fogar, un amplo espazo utilizado a diario por milleiros de persoas entre residentes, usuarios das instalacións deportivas e estudantes. O Concello de Carballo realiza un investimento de 466.000 euros, que permitirá acondicionar as beirarrúas, renovar as redes de saneamento e abastecemento de auga, gas e rede eléctrica, regular os aparcadoiros, crear novas zonas de estacionamento gratuíto, ordenar o tráfico cunha rotonda, humanizar o espazo con árbores e crear unha pista perimetral de 1,5 metros de ancho que rodeará toda a mazá e que facilitará o paseo e mesmo a práctica deportiva. A intervención do Concello de Carballo no Chorís non vai quedar aí. Dentro do PAI complementario, o vindeiro ano 2016 investiranse outros 122.184,90 euros na rúa Vila de Noia, completando así a reforma integral do barrio.

Un antes e un despois para O Chorís


A Deputación da Coruña acomete o proxecto da travesía de Sísamo Houbo que agardar a que o BNG volvese ao Goberno da Deputación Provincial da Coruña para desbloquear o proxecto de reforma integral da travesía de Sísamo. A obra sae a licitación por 418.420 euros, o mesmo orzamento polo que fora adxudicada hai cinco anos. O primeiro treito abrangue dende o km 0 da estrada de Sísamo, situado xunto ao mural do mergullador, ata o cruce entre a avenida das Flores coa rúa Papoulas. O proxecto consistirá na renovación de todas as

canalizacións e o acondicionamento xeral da vía, que contará con dous carrís de circulación de 3,5 metros de ancho, zona de aparcamento en liña de 2,5 metros nunha das marxes e beirarrúas de 2 metros de ancho a cada lado. Tamén serán substituídas as 48 luminarias existentes. Estes traballos constitúen a primeira das tres fases previstas para completar os 2,6 quilómetros da estrada, dende o casco urbano ata o lugar do Outeiro, na parroquia de Sísamo.

A primeira fase abrangue dende o mural do Mergullador ata o cruce coa rúa Papoulas.

Xestionamos travesías máis seguras O arranxo da estrada de Sísamo, que pasará a ser de titularidade municipal despois da reforma, é unha insistente demanda do goberno do BNG de Carballo porque permitirá mellorar substancialmente a seguridade nunha vía con gran tránsito tanto rodado coma peonil. Con ese mesmo obxectivo priorizamos no seu momento a urbanización da travesía de Malpica cun convenio a dúas bandas entre o Concello de Carballo e o Goberno Bipartito da Xunta. Pero seguimos reclamando do actual Goberno galego o investimento preciso para actuar tamén nas travesías de

Bértoa e A Casilla. Así llo trasladaron o alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes, á conselleira Ethel Vázquez na reunión de traballo que mantiveron recentemente en Santiago. Dada a boa situación económica do Concello de Carballo, o alcalde ofreceu á conselleira a posibilidade de financiar o 30% do custo das obras con cargo aos fondos municipais e asumir a titularidade da vía unha vez rematadas as obras, xa que se trata de treitos urbanos.


#movéndonosporcarballo Carballo xa é unha cidade que camiña é o segundo concello galego, despois de Pontevedra, integrado na rede internacional que aposta pola mobilidade peonil Carballo é o segundo concello galego, despois de Pontevedra, que se integra na Rede de Cidades que Camiñan, unha asociación que ten como principal finalidade o fomento da mobilidade peonil mediante accións vinculadas á participación social, o medio ambiente, a accesibilidade universal e a seguridade viaria. Os camiños escolares ou iniciativas coma o Metrominuto, que xa están en marcha en Carballo, forman parte desa estratexia compartida. A concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes, representa ao noso concello na xunta directiva da rede, que, entre outras actividades, organiza un congreso anual, visitas técnicas nos municipios asociados, elabora unha guía de deseño de boas prácticas en mobilidade sostible, imparte cursos online, convoca o premio anual Cidade que Camiña (o do 2015 recaeu en Mahón e Pontevedra), realiza campañas de fomento do camiñar e ofrece apoio técnico aos municipios. Ademais, a Rede de Cidades que Camiñan traballa en colaboración estreita coa Dirección Xeral de Tráfico na implantación de áreas urbanas con velocidade máxima de 30km/h para que a mobilidade sexa máis segura e sostible.

A concelleira Milagros Lantes, no Congreso Cidades que Camiñan celebrado en Pontevedra

En marcha as obras de acondicionamento das grandes bolsas de aparcamento gratuíto no centro urbano A partir de agora será moito máis doado aparcar en Carballo, porque estamos a acondicionar as grandes bolsas de estacionamentos que temos repartidas por todo o casco urbano grazas á colaboración dos propietarios do solo. O 30 de novembro comezaron as obras na contorna do Rego da Balsa, pero tamén melloraremos os espazos situados na zona da Biblioteca Rego da Balsa, na Horta do Casino e no Pazo da Cultura. Ademais da pavimentación das parcelas, procederase ao pintado das prazas e á sinalización viaria vertical e horizontal. Con estas obras, que teñen un custo de 142.488 euros e un prazo de execución de dous meses, daremos resposta ao compromiso adquirido co comercio local sen renunciar ao noso principio de que aparcar en Carballo sempre sexa de balde.

As obras de mellora dos aparcamentos comezaron o 30 de novembro na contorna do Rego da Balsa


Melloramos os 42 parques infantís do municipio • As nenas e os nenos poderán xogar a cuberto no Parque do Anllóns • Prevista a instalación dos primeiros xogos adaptados en Carballo Para o goberno do BNG é prioritaria a seguridade dos nosos pequenos e pequenas, e por iso encargou a unha empresa certificada en inspección e calidade de áreas de xogo un informe sobre os 42 parques infantís existentes no municipio, incluídos os das escolas unitarias. O documento é tan detallado que inclúe unha ficha de cada xogo, co seu estado e as medidas propostas, que van dende a instalación dun simple cartel informativo ou a substitución dun parafuso ata o reemprazamento ou a retirada de xogos. Sexan máis ou menos importantes, o goberno municipal asumiu todas e cada unha das indicacións dos técnicos e está a investir un total de 95.095 euros de fondos propios do Concello de Carballo para levalas a cabo. Ademais, aproveitando as obras procederase á instalación dos primeiros xogos adaptados a nenos e nenas con diversidade funcional, respondendo deste xeito a unha demanda crecente. Posteriormente encargarase outro informe de verificación de que todos os xogos e parques están en óptimas condicións. 14 áreas de xogos do municipio de Carballo foron construídas durante os gobernos do BNG, cinco delas no casco urbano e nove nas parroquias. Dende o 2003 tamén se puxeron en marcha os tres primeiros parques biosaudables da praza das Camelias, o paseo do Anllóns e o Rego da Balsa. E agora daremos un paso máis coa creación do primeiro parque cuberto. O investimento, con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) Complementario, levarase a cabo no Parque do Anllóns, que a partir do ano que vén poderá ser utilizado tamén os días de choiva.

Pasos de peóns que falan

En Carballo estamos a transformar o espazo público nun espazo aberto á creatividade e á liberdade de expresión. Seguimos Derrubando Muros con Pintura, convertendo as vellas paredes en enormes lenzos artísticos e os pasos de peóns en versos. Este verán volvemos a aliarnos cos creadores locais para poñer en marcha Ruar e Rir, unha iniciativa que trata de provocar algún tipo de conversa entre o peón e a rúa, porque o espazo público é de todos e hai que querelo.


#xestionandorecursos Un orzamento comprometido coas cousas que de verdade importan ORzAMENTOS 2016 / iNGRESOS CAPíTULO

iMPORTE 2016

iMPORTE 2015

VARiACiÓN

Impostos directos

7.068.662,26

7.105.662,26

-0,52 %

Impostos indirectos

150.000

40.000

275 %

Taxas, prezos públicos e outros ingresos

5.043.892,50

4.949.696,50

1,90 %

Transferencias correntes

8.570.897,95

9.031.902,46

-5,10 %

Ingresos patrimoniais

1.813.243,88

62.266,88

2.812,05 %

Enaxenación de inversións reais

0

5

-100 %

Transferencias de capital

1.580.767,29

1.519.705,35

4,02 %

Activos financeiros

60.000

60.000

0%

Pasivos financeiros

122.184,90

0

TOTAL

24.409.648,78

22.769.238,45

7,20%

CAPíTULO

iMPORTE 2016

iMPORTE 2015

VARiACiÓN

Gastos de persoal

6.464.396,29

6.146.667

5,17 %

Gastos correntes en bens e servizos

10.691.681,67

10.481.411

2,01 %

Gastos financeiros

37.674,37

72.979,19

-48,38 %

Transferencias correntes

1.597.497

1.321.849,14

20,85 %

Inversións reais

5.382.716,25

3.703.275,24

45,35 %

Activos financeiros

60.000

60.000

0%

Pasivos financeiros

175.683,20

556.537,93

-68,43 %

TOTAL

24.409.648,78

22.342.719,50

9,25%

ORzAMENTOS 2016 / GASTOS

A boa xestión económica permítenos aumentar os recursos municipais e destinar 5,3 millóns de euros a investimentos reais A rigorosidade, a responsabilidade e a boa xestión económica que caracteriza os gobernos do BNG en Carballo permítenos afrontar o 2016 nunhas excelentes condicións para incrementar os recursos municipais sen necesidade de subir os impostos e para comprometernos máis que nunca coas cousas que de verdade importan. O ano que vén disporemos dun orzamento de 24.409.648,78 euros, dous millóns máis que no 2015, e a práctica totalidade dese incremento destinarémolo a investimentos en obras, equipamentos e servizos que contribuirán a seguir facendo de Carballo un bo lugar para vivir.

O canon da auga permitiranos acometer de inmediato o abastecemento á costa O 31 de decembro do 2014 remataron os 20 anos da concesión do servizo municipal de auga á empresa Aquagest. Pero as condicións actuais non son as mesmas que dúas décadas atrás. Hoxe o saneamento chega ao 90 % da poboación, e vimos de poñer en marcha a ETAP do Bardoso, un dos proxectos de máis envergadura acometidos nos últimos anos en toda a Costa da Morte e que nos permite garantir o subministro a boa parte do concello para moitos anos en condicións óptimas de cantidade e calidade. Nós propoñemos que a empresa adxudicataria pague en dous anos (2016 e 2017) o canon correspondente a toda a concesión porque entendemos que é o máis beneficioso para os veciños e veciñas, xa que a adxudicataria terá que desembolsar o ano que vén 2.000.000 euros que nos permitirán acometer de xeito inmediato obras tan importantes e necesarias como o abastecemento de auga ás zonas de Razo e Baldaio. A oposición quere que esa cantidade se reparta en

dez anos, o cal beneficiaría á empresa que leve o servizo pero non á cidadanía. O Concello de Carballo dispón de plans directores de abastecemento e saneamento nos que figuran as instalacións existentes, as que hai que poñer en marcha e canto van custar. Esa é a nosa folla de ruta. Na campaña electoral comprometémonos a acometer neste mandato os proxectos de abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo, cun investimento de 1.268.500 euros, e ás de Lema, Noicela, Rebordelos e Vilela, por 1.065.000. Co canon do ciclo integral da auga esas obras estratéxicas para a zona con maior potencial turístico do noso concello serán unha realidade a curto prazo. Así mesmo, continuaremos estendendo a rede de saneamento na zona rural ata acadar o obxectivo de achegar este servizo a todos os núcleos de poboación.


En que se gastan os cartos dos carballeses? O orzamento de gastos do Concello de Carballo reflicte as prioridades do BNG á hora de xestionar os recursos municipais, porque nun bo lugar para vivir o máis importante deben ser as persoas.

Acción social directa: 1.392.938 € No Orzamento do 2016 aumenta considerablemente o gasto social para garantir as prestacións das familias, os maiores e os colectivos que máis o precisan. Incrementamos máis dun 100% os fondos para o servizo externo de axuda no fogar, destinamos 20.000 euros máis a subvencións a entidades e duplicamos as axudas directas ás familias. Dinamización social: 1.907.845 € O goberno do BNG de Carballo aposta por un movemento asociativo forte e dinámico, e por iso no 2016 destinaremos máis recursos ás entidades culturais, deportivas, sociais e empresariais, porque todo o que invistamos nestas áreas reverterá na economía local. E seguiremos promovendo directamente accións de fomento do emprego, de promoción turística e de desenvolvemento empresarial. Promoción do deporte: 2.572.648 € A renovación do céspede do campo de fútbol das Eiroas e a substitución da cuberta do pavillón Vila de Noia son dúas grandes obras que acometeremos no 2016, pero a promoción do deporte en Carballo implica non só o mantemento das instalacións, senón tamén a organización de actividades ou o apoio ás entidades, e para todo iso tamén aumentamos os recursos. Difusión da cultura: 1.596.216 € A cultura é outro dos pilares da política do BNG. No 2016 reforzaremos a nosa oferta de actividades, a promoción do libro e a lectura e a difusión cultural entre a mocidade. Ademais estenderemos a rede de centros sociais a Ardaña, onde investiremos 389.214 euros na construción dun moderno edificio que contribuirá á dinamización da vida social e cultural na parroquia, e melloraremos a accesibilidade ao Pazo da Cultura. Mellora da mobilidade: 1.941.470 €

Plano do centro social de Ardaña

Ardaña terá un novo centro social no 2016

O ano que vén realizaremos un forte investimento na mellora da mobilidade urbana e rural. A mellora da accesibilidade no barrio das Flores, a eliminación de barreiras na rúa Xúpiter, a reurbanización das rúas da contorna do Chorís e o acondicionamento integral da rede viaria das parroquias de Razo, Oza, Vilela, Noicela, Lema, Rebordelos e Bértoa son só algunhas das accións orzamentadas. Servizos públicos: 6.707.146 €

O BNG seguirá apoiando iniciativas veciñais coma as desenvolvidas en Sofán para a adquisición do terreo no que se construíu a praza, ou en Berdillo para a ampliación do aparcadoiro que dá servizo ao cemiterio, ou en Artes e Ardaña para os campos da festa. O modelo de colaboración entre o Concello de Carballo e as entidades veciñais previsto no Regulamento de Participación Cidadá non só continuará, senón que se intensificará neste mandato.

Carballo é unha referencia polos servizos que presta á cidadanía. A xestión do ciclo integral da auga, o mantemento das praias e do medio ambiente, o tratamento dos residuos ou o alumeado público son só algúns dos servizos dos que queremos que se beneficie á poboación no seu conxunto, á marxe do lugar onde viva. Por iso investiremos 1.750.000 euros na primeira fase do abastecemento de auga á costa e na extensión do saneamento no medio rural.

No Orzamento do 2016 incluímos 389.214 euros para a construción dun moderno centro social na parroquia de Ardaña.

Educación e sanidade: 833.792 €

Así mesmo, a cooperación entre Concello e veciños permitirá que a parroquia de Oza conte tamén con novo campo da festa. O BNG fixo nos últimos anos un importante esforzo para crear unha rede de centros sociais e espazos públicos que están a dinamizar a vida social do rural. Porque Carballo somos 18 parroquias.

Aínda que non son competencias municipais, a educación e a sanidade tamén figuran entre os eixos da nosa acción política. O Concello de Carballo sostén servizos públicos supramunicipais coma a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) ou o Conservatorio Municipal Profesional de Música. No 2016 aumentaremos os investimentos en colexios, como proba do noso compromiso co ensino público.


actos públicos en Ponteceso

CARLOS PENEDO LUCÍA VECIÑO FRANCISCO JORQUERA

en Carballo

EVENCIO FERRERO BELÉN LENDOIRO LUCÍA VECIÑO XAVIER VENCE CARLOS CALLÓN

na Laracha

XOÁN M. SANDE LUCÍA VECIÑO ISABEL RISCO

SÁBADO 12 DE DECEMBRO ÁS 20:00 H. NA BIBLIOTECA

LUNS 14 DE DECEMBRO ÁS 21:00 H. NO PAZO DA CULTURA

XOVES 17 DE DECEMBRO ÁS 21:00 H. NA CASA DA CULTURA


Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.