Page 1

Informe da Secretaria municipal sobre o estado das contas municipais de Oia. Dito informe esta incluído na ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE OIA CELEBRADA O DÍA 23 DE AGOSTO DE 2011. Á vista do estado de liquidación do orzamento de gastos vixente, según información facilitada pola aplicación informática de contabilidade municipal, os importes dispoñibles nas distintas bolsas de vinculación existentes son os que siguen: Bolsa 1 ( 0-3): 3.03,32 €. Bolsa 2 ( 0-9): 15.323,20 €. Bolsa 3 ( 1-1): 161.479,41 €. Bolsa 4 ( 1-2): 106.266,81 €. Bolsa 5 ( 2-1): 163.121,32 €. Bolsa 6 ( 2-2): 52.217,45 €. Bolsa 7 ( 2-4): 32.400,00 €. Bolsa 8 ( 2-7): 12.267,19 €. Bolsa 9 ( 3-2): 11.322,19 €. Bolsa 10 ( 3-4): 6.500,00 € Bolsa 11 ( 4-1): 4.050,00 €. Bolsa 12 ( 4-2): 18.064,18 €. Bolsa 13 ( 9-1): 105.977,05 € . Bolsa 14 ( 9-2): 94.378,03 €. Bolsa 15 ( 9-4): 41.124,40 €. Bolsa 16 ( 1-4): 0,00 €. Bolsa 17 ( 3-6): 0,00€. Bolsa 18 ( 1-6): 27.899,41 €. Comezarei expoñendo a situación das dúas ultimas bolsas referidas, que inclúen partidas clasificadas no capítulo 6 de investimento, para decir en primeiro lugar que o preuposto municipal de Oia para 2011, a data de hoxe é o 2010 prorrogado polos seus créditos iniciais, polo que non existen en principio previsións para gastos de investimento, por disposición legal que non admite a prorroga de créditos en principio destinados a actuacións de investimento concretos de 2010, que non pode supoñerse se repetirán en 2011, polo que as contías que aparecen como créditos definitivos nas bolsas 3-6 e 1-6, respectivamente, 12.246,53 € e 27.899,41 €, non son créditos iniciais senón créditos para gastos resultantes de modificación presupostaria, concretamente da incorporación de remanentes tramitada no mes de febreiro de 2011, incorporando ó exercicio 2011, os remanentes de créditos de gastos de investimentos do exercicio anterior, que deben continuar, financiada con compromisos firmes de aportación no caso da bolsa 1-6 e con compromisos firmes e remanente de tesourería para gastos con financiación afectada procedente do exercicio anterior, no caso da bolsa 3-6. Polo que respecta á bolsa 3-6, por 12.246,53 €, corresponden á actuación denominada “ pista multiusos e acondicionamento parque infantil”, e a contabilidade reflexa o compromiso do gasto en 2011 por 12.246,53 € e o recoñecemento da obriga e o pago por 11.673,01 €, polo que entendo que o proxecto foi rematado. Polo que respecta á bolsa 1-6, por 27.899,41 €, corresponde á actuación denominada “ Saneamento e pavimentación camiño das Escubelas”, incluida no PPC 2010, pero o importe incorporado,


financiado co compromiso firme de aportación da Deputación provincial, non cubre a totalidade do gasto, porque o PPC supón un porcentaxe de aportación municipal, que non puido ser incorporado, ó resultar a liquidación 2010 con remanente para gastos xerais negativo, e non ter recursos que financien a incorporación. Esperábase solucionar o problema coa aprobación do presuposto do exercicio corrente, que no proxecto de anexo de investimentos contía a aportación municipal para sufragar a parte que resta; a esta data non foi tramitado e non existe posibilidade de financiar a aportación municipal, ( logo veremos o estado minoradísimo das restantes bolsas de vinculación), polo que o concello corre o risco de non poder xustificar a actuación, requisito imprescindible para o ingreso dos fondos das outras administracións ( parte dos fondos son provinciais e parte do MAP), ademáis de enfrentarse a posible reclamación de intereses por demora na tramitación da factura xa presentada a principio de ano, en aplicación da lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. A bolsa 15 ( 9-4), está constituida unicamente por tres partidas: 9 46300 aportación municipal á mancomunidade do baixo Miño 9 46601 cuotas a asociacións de municipios ( FEMP e FEGAMP) 9 48901 asignación a grupos políticos municipais. Unha vez abonadas as cotas a FEMP e FEGAMP, a totalidade da bolsa ten un saldo actual de 41.124,40 €, dos cales 36.000,00 € terán que abonarse á Mancomunidade do Baixo Miño, e restando o abono das asignacións a grupos políticos municipais do segundo semestre do ano ( desde o pasado 11.06.2011, data da constitución da nova corporación), que ascende a 638,89 €, que debería reterse por ser obrigatorio o seu abono ós grupos cando o soliciten a final de ano, aínda restaría un saldo de cerca de 5.000,00 € para poder dispoñer. A bolsa 14 ( 9-2), presenta un saldo, a esta data de 94.378,03 €, de crédito dispoñible, pero se trata dunha bolsa que inclúe, entre outras, as seguintes partidas: 9 227.10: destinada a sufragar o servicio de asesoramento laboral, con facturación mensual arredor de 500,00 €, sen contrato adminsitrativo polo que o crédito non figura comprometido, a pesar de que o servicio está prestándose. 9 227.08: destinada a sufragar as taxas que cobra o Organismo Autónomo Local de recadación de tributos locais ( ORAL) polo servicio de recadación, que anualmente supón, ademáis de cerca de 6.000,00 € polos anticipos mensuais dos meses de xaneiro a setembro, os importes correspondentes ás liquidacións que realiza no ultimo trimestre polas recadacións reais dos distintos impostos, e que no exercicio 2010 sumaron case 40.000,00 € en total. A esta data a partida ten un remanente de crédito non comprometido de 22.891,14 € que entende deberían reterse polo menos, co fin de evitar que a final de ano poida resultar insuficiente o saldo, como xa ocorreu no exercicio anterior. 9 233.00: asistencias a Plenos. A esta data abonáronse as asistencias a sesións de organos colexiados dos concelleiros da corporación saínte ( cesada o pasado 10.06.2011), pero están pendentes de abono as asistencias que resulten no resto do ano, dos membros da corporación entrante, que poden calcularse, mentres non se aprobe novo orzamento con novas previsións económicas neste sentido, nun total de 4.099,20 € alomenos polo plenos celebrados desde o pasado 11.06.2011 e os ordinarios que restan por celebrar ata final de ano, que sen dúbida serán máis, con algun extraordinario que poida convocarse, máis outros case 5.000,00 € polas vinte e pico sesións ordinarias da Xunta de Goberno local que terán lugar ata final de ano, por dous concelleiros que asisten con dereito a retribución.


Visto que a esta data non hai compromiso algún de gasto en tal sentido, e ante a posibilidde de que o saldo dispoñible siga baixando coa aprobación de facturas pendentes, recomendo se proceda á retención dun importe de 9.000,00 €, para garantizar os pagos. 9 22200: comunicacións telefónicas. O gasto habitual en teléfono ronda os 600,00 € por mes, estando abonadas a esta data as facturas ata o mes de xullo de 2011, polo que sería conveniente reter o crédito ata final de ano, á vista desa previsión de gastos, evitando indesexables cortes de servicio por impago, en caso de consumirse a bolsa de vinculación, aínda que o consumo en móviles coa recente portabilidade a vodafone é incerto. 9 22201: comunicacións postais. O gasto en comunicacións postais, ronda os 300,00 € mensuais que tamén deberían reterse, para evitar impagos nun servicio esencial para o funcionamento do concello. 9 21600: mantemento equipos informáticos. Esta partida se destina a abonar as facturas da entidade que realiza o mantemento do sistema informático da casa consistorial, e algún que outro gasto de material necesario para o mantemento do sistema. A bolsa 10 ( 3-4), non reflicte gasto ningún a esta data, é decir, ten dispoñible a totalidade dos créditos iniciais presupostados en 2010, que corresponden a tres subvencións nominativas, axudas ó transporte escolar, clube ciclista Ria de Vigo e Clube Montañeiros A Roelo, que aínda non se tramitaron e que, visto que no proxecto de novo orzamento non aparecen entendo que non hai intención de concedelas, polo que deberá indicarse a esta intervención o destino dos fondos presupostados. A bolsa 9 ( 3-2) ten un saldo dispoñible de algo máis de 11.000,00 € sobre un total de 117.000,00 € de créditos iniciais, reflectindo un gasto enorme en limpeza de edificios municipais ( 33.971,72 € de gastos comprometidos sobre un crédito inicial de 18.524,15 €, na partida 3 22700, en ausencia de contrato administrativo ademáis) i en suministro de material de obras ( 9.729,02 € de gasto realizado sobre 7.000,00 € de previsión), con chegada continua de novas facturas que constitúen xa gastos sen consignación presupostaria que hipotecan o orzamento de 2012, que terá que facer frente primeiro ós gastos pendentes de 2011 cando aún estamos en agosto. A situación nesta bolsa de vinculación é preocupante porque as partidas 3 22606, 22607 e 22609 reciben subvencións da Deputación Provincial en concepto de Programa de Acción Municipal, para actividades culturais, como é Chourizada, Festa da 3ª Idade, Reis, etc que este ano xa se realizaron recibíndose facturas que superan o importe confirmado en concepto de subvención, de xeito que se non poden ser aprobadas para xustificar a subvención, por falta de crédito para a aportación municipal non será posible cobrar a subvención. Ademáis, ante esta posibilidade, recomendo comprometer o crédito polo importe da subvención porque se trata de gastos con financiación afectada que non poden ser empregados noutra cousa. A bolsa 7 ( 2-4), mantén o seu crédito inicial en partida unica, 2 45400, por 32.400,00 €, destinados a sufragar a aportación municipal ó convenio co Consorcio de servicios sociais, pola gardería infantil, non obstante resulta necesario destacar que a esta data, consta xa a liquidación dos gastos de 2009 e ascenden a máis do doble. A bolsa 6 ( 2-2) ten dúas partidas, a destinada a financiar o servicio de axuda a domicilio, con 51.574,74 € e créditos iniciais, e a partida creada a través de xeración de crédito para financiar o Curso AFD de asistencia a dirección que está impartíndose actualmente en Pedornes, e que conta con crédito comprometido para o abono do contrato de servicio da empresa que imparte o curso e


con 17.000,00 € máis para sufragar axudas ós alumnos, que deberá reterse para evitar que o gasto da axuda a domicilio, próximo a superar o crédito previsto, poida tirar da bolsa de vinculación. A bolsa 4 ( 1-2), ten un saldo de 106.266,81 € sobre 363.541,84 €, contía que pode parecer boa pero resulta que no que vai de exercizo 2011 non se aprobaron, nin foron abonadas ningunha das facturas emitidas por Gas Natural Fenosa polo suministro de alumeado, figurando un importe total en pagos na partida 1 22100, de 90.765,01 € que corresponde ás facturas de luz de 2010, aprobadas a través de recoñecemento extraxudicial de créditos 1 e 2/2011. A esta data a entidade subministradora emitiu facturas correspondentes ós meses de xaneiro a abril; ningunha delas está aprobada, constando xa reclamación formal de pago da entidade ( R.E. 1812 de 11.08.11), dos suministros facturados en xaneiro, febreiro e marzo de 2011, que suman un total de 51.467,55 €, advertindo de corte do suministro en caso de persistir a falta de pago cando chegue o mes de decembro, e reservándose a facultade de reclamar intereses por demora dacordo coa lei 15/2010. Polo anterior, a funcionaria que suscribe considera que debería reterse o crédito dispoñible na bolsa de vinculación referida para facer frente ó pago das facturas de consumo eléctrico, advertindo ó goberno municipal que hai servicios e suministros fixos, anuais, que o concello ten que sufragar, independentemente da situación ou das circunstancias de cada exercizo, para os que non pode faltar o crédito presupostario. A partida referida tiña uns créditos iniciais de 115.838,60 €, suficiente para cubrir o gasto do ano, pero por aplicación do disposto no artigo 187 do TR. 2/2004 da Lei de Facendas Locais, teñen preferencia os gastos realizados en exercizos anteriores, o que fixo necesario aprobar primeiro as facturas de 2010. Esta practica, de xeneralizarse, fará imposible abonar e prazo as facturas dun servizo que se recibe sempre necesariamente, o que resulta enormemente irregular. Para evitar esta situación o goberno municipal deberá realizar os compromisos de gastos que proceda, tendo en conta os contratos de servicios, suministros etc, vixente, a comenzo de cada ano, polo menos a través da oportuno retención de crédito, ou aprobar bolsas de vinculación máis limitadas, que fagan posible asegurar que os créditos dispoñible para servicios fixos non sexan consumidos polos gastos variables en suministros de material de obra, por exemplo, que son os gastos máis grandes que detecto no orzamento. Aproveito para recordar ó goberno municipal que en caso de impago, e á marxe do corte do servicio, de esixirse intereses de demora ó abeiro da lei 15/2010, o concello terá enormes dificultades para facer frente ós pagos. Ademáis da situación da partida destinada ó abono do consumo eléctrico, na mesma bolsa de vinculación temos partidas tan importantes como a 1 22709 para gastos derivados do envío do lixo a Sogama e de recollida de cartón ( este ultimo sen contrato pero con facturación mensual). A factura mensual de Sogama ronda os 6.000,00 €, estando aprobadas as facturas ata maio, polo que deberíase dispor do crédito para cubrir os meses do ano que faltan ( +- 40.000,00 € ) o que xa non vai poder ser porque contra os créditos iniciais están cargadas varias facturas do ano anterior, pola mesma razón do referido con Fenosa. Inclúese asimesmo a partida 1 21300 de reparacións de maquinaria e instalacións, que ten un gasto realizado a esta data moi superior ó crédito inicial previsto, ó estar comprometido un total de 21.948,00 €, polo mantemento das depuradoras, servicio contratado con Demaín en marzo deste exercizo por un ano prorrogable.


Finalmente, inclúense partidas como a 1 22707 de mantemento do alumeado público que presta de facto Juan Pérez Diego, con factura mensual do servicio e facturación adicional do material necesario para as reparacións, a pesar de que non hai expediente de contratación formalmente tramitado. Pola contra temos un crédito inicial de 46.568,20 € na partida 1 22711 para financiar a redacción do PXOM neste exercicio 2011, que , ou ben se compromete para posterior incorporación ó exercicio 2012 ( porque parece que este ano non van a factura nada novo, a consecuencia da reasignación de anuliades tramitada ante a Xunta para cambio das previsións de ingresos de subvención procedente da Dirección Xeral, ante o retraso de tramitación do documento), ou ben pode dispoñerse da parte que é aportación municipal para outros gastos. Finalmente, quedan as bolsas de partidas do capítulo 1 de gastos de personal ás que non farei unha referencia tan detallada, porque, como xa saben todos, os créditos de personal están calculados, por tratarse de créditos iniciais de 2010, antes da reducción salarial de empregados públicos, introducida por RDLei 8/2010, polo que, o gasto real anual, aplicada a reducción do 5% sobre as nóminas desde o mes de xuño do ano pasado, será inferior á totalidade da previsión presupostaria, non existindo problema de suficiencia de crédito. Proximamente deberá tramtiarse a baixa por anulación de créditos de personal, materializada sobre o sobrante real de crédito con destino a partidas de gasto corrente, porque dacordo co RDLei 8/2010, tendo remanente negativo de tesourería resulta obrigado destinar o sobrante a minorar éste. IV.- CONCLUSIÓNS: Á vista de todo o anterior, e tendo en conta argumentos xa expostos pola titular anterior do posto de secretaría intervención, por exemplo en informe á liquidación do orzamento 2010, así como con ocasión do recoñecemento extraxudicial de creditos 2/2011 pola funcionaria que suscribe, resulta evidente que o concello de Oia está realizando un gasto moi superior o que debería, tendo en conta a súa situación presupostaria, exceso de gasto que a leva a hipotecar sistemáticamente os presupostos, con gastos ós que non se pode facer frente no exerccio corrente e que deben ser aprobados a través de recoñecemento extraxudicial de crédito no exercizo seguinte. Esta situación ten ademáis a súa trascendencia legal, porque como xa deixei constar no informe relativo ó recoñecemento extraxudicial, éste é unha técnica de configuración xurisprudencial destinada a evitar que a administración se enriqueza inxustamente mediante o impago de servicios, obras ou suministros encargados e prestados a satisfacción, polo feito de que teña vulnerado a esixencia de crédito presupostario ou a normativa de contratos, pero non debería convertirse nunha practica habitual tida en conta durante todo o ano para realizar gastos sen consignación presupostaria, e, por outra banda, non pode olvidarse que, unha vez abonados os gastos de personal, a norma da prioridade á obrigas contraídas en exercicios anteriores, o que significa, que teñen preferencia no pago, por diante de tódolos gastos do exercicio corrente ( 187 do T.R. 2/2004 da Lei de facendas Locais). Ó mesmo tempo hai unha serie de servicios e suministros contratados ós que o concello debe facer frente puntualmente, que son coñecidos desde o comezo do ano, como é o caso do suministro de enerxía eléctrica, teléfono fixo e móvil, taxas a cobrar polo ORAL polo servicio de recadación,


ademáis dos contratos administrativos de mantemento asinados expresamente polo concello ou ben como servicios que recibe de facto ( mantemento de depuradoras, servicio de xestoría, limpeza de dependencias municipais, servicio de axuda a domicilio, alugueres de edificios, etc) polo que debe garantizarse a existencia de crédito ata final de ano; polo anterior, a funcionaria que suscribe recomenda se reteñan os créditos previstos para a financiación anual dos servicios e suministros contratados, nos primeiros días do ano, para evitar que o volume de gasto corrente e imprevisto, habitual, minore a capacidade de gasto que é obrigada. Polo que respecta ó gasto corrente, teño que decir tamén que non respeta o sistema previsto de previa proposta para fiscalización previa pola intervención e posterior autorización do gasto polo organo competente, senón que sigue a técnica de encargo verbal e chegada da factura sen garantía ningunha de que poida ser aprobada e abonada, engrosando a lista de facturas que non teñen cabida no orzamento anual e deben ser obxecto de recoñecemento extraxudicial de créditos no exercicio seguinte. A forma de funcionar en materia de gasto debe cambiar. Obsérvase un volume enorme de gasto en suministro de materiais de construcción ( algunhas das partidas previstas para suministros de material de obras superaron xa a esta data con moito o importe dos créditos iniciais), restando facturas impagadas que non van a poder ser atendidas en 2011. O material de construcción, á marxe de que non hai proposta previa de gastos e non consta a utilización prevista de antemán, imaxino que responderá a obras varias que realiza o concello a través do seu personal durante o ano , cuestión ésta que sería correcta de tratarse dalgunha cousas imprevista ou urxente, non obstante o goteo constante de facturas pode superar os importes previstos para o contrato menor, e neste caso, se trataría de suministros que deberon contratarse coa preceptiva licitación pública; en este caso estaría vulnerándose a normativa de contratos. Ademáis, se o concello precisa partidas grandes de material de obra, o concelleiro responsable debería facer unha estimación anual do material que vai necesitar para tramitar un contrato de suministro, con entrega do material a disposición do concello, e posterior utilización a medida que faga falta. Calquera partida grande de material a través de licitación pública facilitará a oferta máis conveniente, abaratando moito os precios. O mesmo sistema propoño para abaratar en gastos habituais como é o material de oficina, toner de impresoras, papel etc, sustituindo o pedido puntual por un contrato anual unico tramitado sobre a previsión de material necesario para un ano. Finalmente, considero necesario insistir en que a demora nos pagos dos proveedores, derivada das practicas de gasto descritas máis arriba, pode levar ó concello a enfrentarse con demandas de intereses de demora previstos na Lei 15/2010 de medidas de loita contra morosidade, con porcentaxes moi altos, ós que dificilmente podería facer frente. Este é o meu informe, sen perxuicio doutro mellor fundado en dereito, non obstante o organo competente acordará o que estime conveniente. En Oia a 22 de agosto de 2011. A Secretaria-Interventora Asdo. Maria Cabodevila Ros

22/08/11 Estado de Contas  

Informe da Secretaria municipal sobre o estado das contas municipais de Oia. Dito informe esta incluído na ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA...

Advertisement