Page 1

OS NOSOS LEONARDOS

Alexandre Finisterre e o futbolín “Ano 37 Guerra Civil Alexandre de Fisterra Inventa o futbolín?”

O Dispoñible en: http://www.ecured.cu/index.php/León_Felipe

POEMARIO Cantos quintos. París, 1946 Cantos esclavos. París, 1948 Cantos rodados. Roma, 1950 18 de julio. México, 1956 Cumbres borrascosas. México, 1956 Café, coña y puro. México, 1956 Rial. México, 1964 ENSAIO Con, sin, sobre, tras la Poesía. México, 1959 TEATRO Del amor y de la muerte (estrea no 1961 en Montecarlo, París e Londres)

s Diplomáticos cántano sen interrogante, pero habería bastante que matizar nesta historia da invención galega do futbolín, que ten o seu aquel,como a existencia enteira deste inventor, editor, poeta, bailarín e moitas outras cousas nado en Fisterra. Porque se algo hai incuestionable é que a súa biografía non ten perda aínda que algúns dos seus episodios parezan moverse no terreo da lenda, do imaxinario ou do guión cinematográfico se se prefire. Segundo os documentos e as súas propias verbas, estes son os datos: nado en 1919, Alejandro Campos Ramírez, trasládase con 15 anos a Madrid. Alí comezan as súas vicisitudes xa que, debido á creba do negocio familiar, ten que pagar os estudos corrixindo os traballos dos escolares máis novos. Sobrevive logo como peón de albanel, aprendiz de imprenta e bailarín de claqué na compañía de Celia Gámez. En 1936, coñece ao poeta León Felipe e xuntos editan o quincenal Paso a la juventud, que co estoupido da Guerra Civil, non supera os tres números. É precisamente no medio da contenda onde se xesta o invento taberneiro. No ano 37, Finisterre patenta o trebello, á vez que outra idea súa: un pasafollas accionado co pé, pensado para unha pianista da que namorara. Lamentablemente, a fin do conflito obrígao a exiliarse cara a Francia, traxecto no que a chuvia e o infortunio deixan inservible o documento que acreditaba a paternidade do xogo. Mellor sorte correu a outra patente, que lle permitirá máis tarde financiar a viaxe a Quito, onde funda a revista Ecuador 0º, 0´, 0´´. En 1952, trasládase a Guatemala, onde empeza a fabricar futbolíns con notable éxito comercial, e onde –din- probou o invento co mesmísimo Che Guevara. Desa etapa son outros inventos coma o baloncesto de mesa, no que emprega una pelota con aplicacións metálicas que permiten a atracción por magnetismo. Coincide a súa estadía nese país cun golpe de estado que desencadea novos acontecementos insólitos na súa vida. Logo de ser secuestrado polos golpistas, estes tentan deportalo a España pero consegue fuxir secuestrando o avión cunha bomba ficticia e obrigando os pilotos a desvialo a Panamá. Marcha despois a México, onde se rodea doutros exiliados e se dedica a escribir e editar. Durante a transición retorna a España, convértese en membro da Real Academia Galega e testamenteiro de León Felipe. En 2007 remata a súa apaixonante historia, da que a invención do futbolín, na que tivo máis ou menos que ver segundo as fontes, é só un pequeno anaco.

ESTUDOS Seis danzas catalanas. Barcelona, 1947 Historia de la danza española. París, 1948 LABOR EDITORIAL Poesía de Ecuador. Quito, 1952 Poesía de Guatemala. Londres, 1953 Poesía en México. México, 1957 y 1959 Poesía de Galicia contemporánea. México, 1961 Edición facsímile de Galeuzca (revista publicada na Arxentina por exiliados galegos, vascos e cataláns, 1977) Compostela, Revista de Galicia ...

Dispoñible en: http://www.juegosdesalon.es/blog/historia-del-futbolin/

A POLÉMICA DO FUTBOLÍN O popular futbolín viu a luz en España durante a Guerra Civil, segundo conta Finisterre, quen logo de resultar ferido, é ingresado nun hospital de Monserrat. Alí os nenos mutilados que ollan para os que xogan ó fútbol con envexa inspíranlle a idea de combinar dúas das súas afeccións: o balompé e o tenis de mesa. Para materializar o proxecto, contacta cun amigo carpinteiro, o vasco Francisco Javier Altuna. Este constrúe a mesa e tornea os bonecos, feitos en madeira de buxo; mentres que para o balón, emprega cortiza aglomerada, a combinación de materiais ideal para xogar, segundo o creador. No entanto, algunhas fontes advirten da existencia de xogos semellantes dende finais do século XIX. A súa orixe parece situarse en Francia ou Alemaña. En 1923, Harold Searler Thorton obtén en Gran Bretaña a primeira patente. A diferenza máis destacable co galego é que neles as figuriñas teñen as pernas xuntas. Esta modalidade foi curiosamente a que se introduciu en Madrid, mentres que no resto do país e en América Latina, triunfou o de Finisterre, que ten as pernas separadas. Hoxe celébranse torneos arredor de todo o mundo. En 2002, creouse en Francia a Federación Internacional de Futbolín, coa misión de promover o xogo e regular as competicións internacionais. En Portugal, celébrase dende 2007 un torneo na honra de Alexandre Finisterre.

III DIA DA CIENCIA EN GALEGO


Alejandro Finisterre  

Centro de interese III Día da ciencia en Galego

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you