Page 1

1


Conta a lenda que fai moitísimos anos, desmbarcou na costa de Tenerife un mercader en busca da savia do drago, unha árbore que só hai nas Canarias. A este líquido, atribuíanselle propiedades máxicas e era coñecido como “o sangue do drago”.

2


Nada mais desembarcar na praia viu un grupo de rapazas guanches fermosísimas baùådose e xogando na area.

3


Inmediatamente quixo raptar algunha e levala consigo. Fixouse en MarĂ­a, porque lle parecĂ­a especialmente guapa, e foi a por ela.

4


Aparentemente MarĂ­a aceptou sen opor resistencia. O mercader estaba moi contento do fĂĄcil que lle fora e, cando a rapaza lle ofreceu fermosas froitas propias da illa como mostra de amizade, sentouse a comelas todo confiado.

5


Mentres o mercader comía, María fuxiu e foise refuxiar nun bosque próximo en medio das árbores.

6


Ao rematar as froitas, o mercader deuse conta do engano e correu tras da rapaza polo medio do bosque.

7


Non a vía por ningures. De repente sorriu porque lle parecía que dera co escondite ao ver unha árbore enorme que destacaba entre as outras. 8


A medida que se aproximaba, a árbore ía collendo un aspecto máis aterrador. As súas pólas semellaban espadas ameazantes que trataban de acadalo e o seu tronco balanceábase dun lado a outro emitindo un ruxido aterrador. Entón o mercader lanzoulle un coitelo que se cravou no tronco da árbore. 9


A árbore botaba un líquido de cor vermella pola ferida e o mercader sentiu tanto medo que pegou media volta e fuxiu do bosque, chegou á praia e subindo ao barco internouse no mar como “ánima que leva o diaño” O drago salvara a rapaza e dende enton aínda foi máis venerado e se converteu nun símbolo para os guanches, que como sabemos foron os primeiros habitantes das illas Canarias. 10

O drago milenario  

Lenda sobre esta árbore milenaria canaria.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you