Page 1

Música para Rosalía de Castro Ao longo de todo este ano 2013 conmemoráronse os 150 anos da publicación do primeiro libro da literatura galega, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e foron moitas as homenaxes que se lle renderon. Hoxe recomendámosvos esta selección de libros-CD nos que se fan versións musicadas de moitos dos seus poemas.

Música para toda a familia CoraSons: libro-CD-DVD onde se reúne o traballo de todo un grupo de músicos e actores da lusofonía (Galiza, Portugal, Brasil, Angola...). O proxecto nace a partir das fotos que unha fotógrafa portuguesa, Isabel Leal, vai colgando nun perfil de facebook “Quem ve coraçoes” e de aí vaise estendendo ata converterse nun disco de músicas do corazón.

Os ollos que falan: Tempo Catro Sexteto disco promovido pola AS-PG.

NADAL 2013 Na lingua que eu falo de Najla Shami, a cantante galego-palestina que lle dá uns aires novos aos poemas rosalianos.

Nas tarde escuras: Narf (Fran Pérez) Este disco nace do diálogo entre dúas artes e dous artistas: un músico cunha marcada identidade e cun estilo persoal ben consolidado, e a muller que converteu a súa obra em paradigma da cultura galega.

O músico vasco Kepa Junkera faille unha homenaxe à música galega neste fermoso libro-CD titulado Galiza. Nel aparecen moitas pezas tradicionais interpretadas por músicos galegos, portugueses, vascos. Unha delicia para os sentidos!

O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Lamas de Castelo deséxanvos unhas felices vacacións.

Profile for Mariluz Barreiro

Nadal2013  

Recomendacións

Nadal2013  

Recomendacións

Advertisement