Issuu on Google+

ยกPor un futuro alimentario sostible!

ALIMENTAR AO MUNDO, CUIDAR O PLANETA www.familyfarmingcampaign.net


Que é a Agricultura Familiar? A Agricultura Familiar é unha forma de organizala producción agrícola e silvícola, así como a pesca, o pastoreo e a acuicultura, que é xestionada e dirixida por unha familia e que na súa maior parte depende da man de obra familiar non asalariada, tanto de mulleres como de homes. A familia e a explotación están vinculadas, co-evolucionan e combinan funcións económicas, ambientais, reproductivas, sociais e culturais. CONCEPTO INTEGRADOR. Ao falar de Agricultura Familiar, tamén nos referimos aos pescadores artesanais, pastores, recolectores, xornaleiros sen terra e comunidades indíxenas.

PASTOREO A producción ganadeira extensiva ocupa ó redor do 25% da superficie terrestre do planeta e produce ó redor do 10% da carne para o consumo humano, da que dependen uns 20 millóns de fogares de pastores.

PESCA ARTESANAL Os medios de vida duns 357 millóns de persoas dependen directamente da pesca en pequena escala, que da empleo a máis do 90% dos pescadores de captura do mundo. GARANTIZA LA ALIMENTACIÓN


1 O 70% DOS ALIMENTOS NO MUNDO É PRODUCIDO POLOS AGRICULTORES FAMILIARES É clave para loitar contra a Fame e a Malnutrición. As pequenas explotacións agrarias son polo miudo máis productivas e sotibles por unidade de terra e enerxía consumida. GENERA BIENESTAR 2 O 40% DOS FOGARES DO MUNDO DEPENDEN DA AGRICULTURA FAMILIAR COMO FORMA DE VIDA Dos 3.000 millóns de habitantes rurais nos países en desarrollo, 2.500 millóns pertencen a familias adedicadas á agricultura. Contribuen ademáis a estabilizar a poboación en zoas rurais, a preservar os valores culturais históricos e a xenerar renta e consumo. COMBATE LA POBREZA 3 POLO MENOS O DOBRE DE EFICAZ QUE OTROS SECTORES PRODUCTIVOS NA PREVENCIÓN DA POBREZA O crecimento do PIB orixinado nas agricultura é polo menos o dobre de eficaz en reducir a pobreza que o crecimento do PIB xerado noutros sectores. O crecimento agrario e rural tamén beneficia aos pobres das zonas urbanas, pola abundancia e cercanía dos alimentos. PROTEGE LA BIODIVERSIDAD

4 ALBERGA UN GRAN POTENCIAL DE CONSERVACIÓN DE VARIEDADES LOCAIS Ao longo da historia, utilizamos unhas 7.000 plantas para suplir as necesidades básicas. Hoxe en día non máis de 150 especies son cultivadas comercialmente, das cales 30 constituen o 90% do aporte calórico á dieta humana e só catro (arroz, trigo, maíz, patata) representan máis da mitade desa contribución calórica. A Agricultura Familiar, ademáis de ser fonte de agro-diversidad, pode garantir a súa preservación mediante o empleo de variedades de sementes e razas gandeiras autóctonas ben adaptadas aos diversos entornos. CUENTA CON LA MUJER PRODUCTORA 5 AS MULLERES SUPOÑEN CERCA DA MITADE DA MAN DE OBRA AGRÍCOLA NOS PAÍSES EN DESARROLLO Na maioría dos casos, a muller cociña e pon a comida na mesa, comercializa os productos da granxa e se ocupa da saúde da familia. É ela a primeira educadora dos seus fillos, aos que da a luz. As mulleres aportan unha proporción considerable da man de obra agrícola nos países en desarroio. A FAO estima esta cifra no 43%, mentras que UNIFEM calcula entre o 60-80%.


TABOA DOS CICLOS DE CULTIVO NA HORTA GALEGA ESPECIE SEMENTEIRO

SEMENTEIRA

COLLEITA

Acelga

15-30 de maio

Unha vez desenvolvida a planta, Cos nervios centrais brancos e anchos

Amorodo

15 xaneiro, febreiro

Uns 15 días antes da súa total madurez

Cabaciña

15 de maio ao 15 de xuño

70 ou 80 días despois da sementeira

Cebola

Cenoria

15 de marzo ao 15 de abril

TRANSPLANTE

15 de maio ao 15 de xuño

15 de agosto e setembro

15 de maio e todo o mes de xuño

60 ou 70 días despois da sementeira


15 de xuño ao 15 de agosto

15 de aoutubro ao 30 de novembro

Maio-xuño Escarola dependendo da variedade

15 de xuño-15 de xullo dependendo da variedade

15 de agosto-15 de setembro, outras variedades 15 de xullo

Leituga

Cando a planta teña 5 ou 6 follas

70-80 días despois do transplante

Coliflor

15 de maio ao 15 de xuño

Abril

Pataca

1-30 de abril

Pemento 1 de marzo-15 abril

Setembro

Cando a planta ten 8 follas desemvolvidas

90 a 100 días despois do transplante

Porro

Segunda quincena de marzo

15-30 de maio

15 de agosto ao 15 de setembro

Tomate

1 de marzo-15 abril

Cando a planta ten 8 follas desemvolvidas

90 a 100 días despois do transplante


REFRÁNS DE ÁRBORES E AGRICULTURA • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Arrímate á folla mentres non molla. Xente nova e leña verde, todo é fume. No setembro arden os montes e secan as fontes. O que a boa árbore se arrima, boa sombra ó acubilla. Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo ano de froitas e troitas. O que non sabe mañas, non come castañas. A castaña no agosto quere beber e no setembro comer. Polo Pilar navos á terra e viño a embasar. Polo Santo André, o mosto viño é. Si tes catarro dalle co xarro. Co pan e viño ándase o camiño. Chuvia de agosto, mel e mosto. O pan con ollos, o queixo cego e o viño vello. O viño das cepas vellas, quenta as orellas. Onde non hai fariña, todo é riña. Polo Martiño, nin fabas nin viño. De onde non hai pan, vaise o can. Leite mazado, peido no rabo. Viño que salte, queixo que chore e pan que cante. Uvas com queixo, saben a beixo. Ao que tem fillos non lle apodrece o pan. Por unha cunca de leite con castañas aguanto sogra, nora e cuñadas. O que en marzo non poda, perde a vendima toda. Abona forte, poda e ara fondo, xá verás como tes viño e pan abondo. A vaca é ouro e o porco, tesouro.


ADIVIÑAS DE ÁRBORES E AGRICULTURA • • • • •

Catro pernas, catro fontes, un dalle-dalle e dous reviramontes. (acav a) Primeiro fun branca, logo verde me vin e agora que estou dourada, hai pobre de min! (axnaral a) Cen e cen fillos ten e a todos con leite mantén. (arieugif a) No aire se cria, no aire se ten, bota unha risada e perde canto ten. (oziruo o) Unha casa de madeira toda de alcobas chea, en cada alcoba unha dama a que abrán as portas espera. (snóñip e añip) • Dous irmáns son, un vai a misa e o outro non. (erganiv e oñiv) • Estou encarnado e ben maduriño, antes de outono de min farán viño. (oica o) • Unha cousa de moita barriga e pare fillos cada poucos dias. (onrof o)



Ano internacional da agricultura familiar .