Page 1

CON S U LTA R INTERNET NA BIBLIOTECA

Biblioteca Pública Central de Vigo


Quen o pode usar? O uso de Internet nesta biblioteca é exclusivo para @s soci@s desta. Cada día, antes de conectarse, deberá inscribirse en recepción, deixando o seu carné de socio durante a súa sesión.

Como se fai por primeira vez? A primeira vez que se utiliza hai que rexistrarse cubrindo un pequeno formulario que aparece na pantalla para darse de alta. Ollo! quédate co nome de usuario e o contrasinal que poñas, valos ter que usar cada vez que veñas. Se non a lembraras ou a perderas pregunta no mostrador de recepción para poñela de novo. Cada lector só poderá darse de alta unha vez e ter un único nome de usuario rexistrado.

Se me di que xa estou metido na base de datos? A base de datos de usuarios é común a todas as bibliotecas municipais da Rede de Galicia, de modo que se xa te inscribiches neste programa nalgunha biblioteca non tés que volvelo facer.


Canto dura cada sesión? Só hai unha sesión diaria e dura 45 minutos . Se a interrumpes antes non se garda o tempo sobrante para máis tarde. Se caduca a sesión non se pode volver a utilizar o servizo ata o día seguinte.

Onde están os postos? Para adultos hainos na planta baixa (Préstamo de Adultos), no 1º andar (Hemeroteca), atoparás un indicador vermello que pon: “Consulta de internet”. Non uses, para este fin, outro que non teña esta indicación. Os menores de 14 anos deben utilizar os ordenadores situados na Sala Infantil e deben ter a autorización do pai/nai ou titor, que debe rexistrarse antes. Os ordenadores da Sala Infantil son de uso exclusivo dos menores ou deles cos adultos acompañantes. A biblioteca non se responsabiliza dos contidos que poden consultar os menores autorizados que non veñan acompañados dos adultos.

Creación de documentos Para crealos dispós do programa OppenOffice, está en Inicio: Programas.


Podo gravar información? Atención: pódese gravar o que se precise nunha memoria externa (Pendrive) pero só podes gravala unha vez, a 2ª terá que ser noutra sesión, outro día.

Podo imprimir? Si, podes facelo gravando a información nunha memoria externa e levándoa ate o ordenador que ten conectada a impresora (Recepción). Para este fin podemos deixarche unha memoria externa (Pendrive). A impresión é gratuíta, pero o papel corre pola túa conta (0,06€/páx). Pregámosche que non abuses do servizo.

Queres auriculares para usar cos ordenadores? Para usar os auriculares tes que solicitalos no mostrador de recepción.

CDs, DVDs Estes ordenadores tamén os podes utilizar para consultar cds, dvds particulares ou da Biblioteca.


Límites O servizo está pensado para a procura de información con fins culturais, de investigación e de consulta en xeral. Por motivos de seguridade non se pode escribir nada no escritorio, nin crear arquivos e non se pode instalar ningún programa nin modificar a configuración do ordenador . Non se permite facer uso do servizo para acceder a páxinas con contido pornográfico, xenófobo ou violento. Se usas o Servizo tamén te comprometes a respectar a lexislación vixente en materia de Propiedade intelectual e as leis en xeral. A tarxeta de seguridade de cada ordenador borra toda a información gravada polo usuario cando se acaba ou pecha a súa sesión

Bloqueo e interrupción Se non segues as indicacións deste folleto, así como a normativa da Biblioteca, podes quedar bloqueado sen poder usar o servizo. O dito bloqueo poder ser temporal ou definitivo en función da infracción cometida, podendo chegar incluso a retirada do carné de socio. Usar o Servizo supón a aceptación das normas que o regulan. O usuario é o único responsable da visualización en pantalla dos documentos seleccionados.


O persoal tamén se reserva o dereito de interromper a sesión do usuario que non siga as normas.

Sobre a información de Internet Debes saber que non toda a información atopada en Internet é adecuada, completa, obxectiva e actualizada e tamén pode ser ofensiva. Fíxate na autoridade das páxinas, dá certa fiabilidade. A biblioteca non se fai responsable da calidade e/ou veracidade da información consultada, nin aceptará responsabilidades por danos ocasionados directa ou indirectamente pola conexión. Por favor non apagues o ordenador cando acabes a túa sesión, se queres saír da sesión vaite a Inicio : Pechar sesión

Horarios para Internet

Salvo reserva da sala para usos determinados polo centro, o horario e o mesmo que o da biblioteca tendo en conta que o Servizo de internet pechará 30 minutos antes do peche da biblioteca.

Biblioteca Central de Vigo

Joaquín Yáñéz, 6. 36202 Vigo Tlf. 986 229 074 Fax 986 227 342 bibli.central.vigo@xunta.es

www.rbgalicia.org/vigo

Consultar Internet na Biblioteca  

Breve manual onde se explica todo o concernente a consulta de Internet na Biblioteca: acceso, normas, ...

Advertisement