Issuu on Google+

Biblioteca Pública Central de Vigo

COMO ACCEDER A MIÑA BIBLIOTECA” “

EN INTERNET


A Rede de Bibliotecas de Galicia conformada polas seguintes bibliotecas:

está

Biblioteca Pública Central de Vigo Biblioteca Pública da Coruña Biblioteca Pública de Lugo Biblioteca Pública de Ourense Biblioteca Pública de Pontevedra Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Biblioteca Municipal de Ferrol Bibliotecas de Arquivos e Museos Biblioteca do Consello da Cultura Galega Unhas das novidades máis salientables desta rede é a posibilidade de consultar o catálogo de cada unha delas dende internet. Para acceder ao catálogo de calquera destas bibliotecas non ten máis que acceder a través do portal da nosa rede: www.rbgalicia.org Se vostede é usuario da Biblioteca Central de Vigo e o que desexa e entrar na “súa Biblioteca”, diríxase á seguinte páxina: www.rbgalicia.org/vigo Desde este enderezo podemos ter acceso ao catálogo automatizado (OPAC) e entrar nos nosos préstamos para os visualizar e renovar por medio do seu número de carné e contrasinal.


COMO ACCEDER A NOSA BIBLIOTECA PASO A PASO 1º PASO: Introduza na barra de busca do seu explorador/navegador a seguinte dirección

www.rbgalicia.org/vigo

2º PASO: Aparecerá na súa pantalla a páxina de Inicio da Biblioteca Pública central de Vigo. Nesta páxina como observará aparecen todos os datos pormenorizados da Biblioteca Pública Central de Vigo. A dita páxina consta de tres columnas; na columna central aparecerá o titulo

“Pesquisas”, baixo este, o subtítulo

“Catálogo” e baixo este un acceso directo

“Biblioteca Central de Vigo”. Pinche sobre este acceso e abrirá una unha nova páxina:


na que na súa marxe dereita atopará un recadro sombreado como o seguinte:

Se quere acceder a súa biblioteca identifíquese

No recadro branco que se atopa baixo as verbas “Carné/Correo electrónico” deberá escribir o seu número de socio, é dicir, o número que lle aparece no seu carné da biblioteca. No seguinte recadro que se atopa debaixo de “contrasinal” deberá introducir o seu contrasinal, que se non se modificou xamais será un número de catro díxitos que se corresponderán co seu MES E DÍA DE NACEMENTO MMDD


Unha vez recheos os recadros tan só ten que premer no botón de Conectar e se todo é correcto aparecerán na marxe superior dereita a súa inicial e apelidos. Xa se atopa vostede na súa páxina persoal da Biblioteca. Nesta páxina inicial aparecen unha serie de botóns que imos describir:

A miña biblioteca Premendo neste botón aparecerá unha nova páxina coa súa información particular: Datos do lector e número de préstamos, Cambio de contrasinal, Detalles dos préstamos que posúe, data de devolución e a posibilidade da súa renovación, Suxestións de compras, Consultas almacenadas, Suxestións e comentarios e Os meus enlaces.

Suxestións e comentarios Aquí pode facernos chegar as súas suxestións e comentarios en relación ao funcionamento da Web e das propias bibliotecas.


Axuda Premendo este botón abrirá unha nova páxina que lle dará pormenorizada información sobre as buscas, o acceso ao catálogo e bibliografías e os datos do lector. Desconectar Para maior seguridade cando remate de traballar coa páxina da Rede de bibliotecas de Galicia prema este botón. Castellano / English As páxinas da Rede de Bibliotecas de Galicia atópanse en Galego, se desexa que apareza en calquera destas linguas prema o botón correspondente. Buscar: Neste recadro pode poñer a/s palabra/s que conformen o título/autor/materia… para que se realice a súa busca. Buscar en: Nesta opción abrirase un despregable que lle proporcionará a posibilidade de buscar o material desexado en todas e cada unha das bibliotecas pertencentes a rede. Lingua: Despregable que lle permite facer a súa busca de material en 10 linguas diferentes. Tipo de material: Dálle a opción de buscar detalladamente diferentes tipos de material, desde Monografías e Series ata Partituras. Busca avanzada: Permítelle facer buscas máis detalladas cunha gran variedade de criterios. Guía de uso do Opac Web:

A través de 18 diapositivas amosámoslles o funcionamento detallado da nosa Web.


Como Acceder "A Miña Biblioteca" en Internet