Page 1


OS VERMES DE SEDA

Coa chegada da primavera as mestras de Infantil decidimos coller os ovos dos vermes de seda que tiñamos gardados dentro dunha caixiña para poñer en marcha o Proxecto de Investigación a cerca deses animaliños. Explicámoslles aos cativos que eses ovos deixárannolos as bolboretas que se formaron a partir dos vermes de seda que tiñamos o curso pasado. Algúns nenos/as trouxeron das súas casas libros de consulta con moitas imaxes explicando os procesos polos que pasan os vermes. Outros buscaron información nos ordenadores coa axuda da familia. Tamen nos prestaron para as aulas, lupas para velos mellor. Cada semana imos apuntando na Folla de Campo, todo o que sucede; estado no que se atopan (ovo, verme pequeniño e negro, verme branco, verme con raíñas grises, casulo e bolboreta),tamaño, cantidade e alimentación.

Obxectivos  Aprender a obsevar.  Aprender a experimentar (medimos, contamos…)  Asimilar conceptos como “Metamorfose”, “Muda”.  Implicar ás familias buscando información (enciclopedias, ordenador) e traendo comida para alimentar aos vermes (follas de morera).  Aprender a clasificalos dentro dos grupos dos seres vivos (insectos) tendo en conta as súas características.  Adquirir responsabilidades (alimentación, hixene).

mediante

o

seu

coidado


 Ser capaces de comunicar aos demáis compañeiros do Colexio todo o que sabemos sobre os vermes de seda.

Actividades  Elaborar as Follas de Campo nas que anotamos todo o que imos observando.  Memorizar unha poesía de Gloria Fuertes titulada “O gusano sano”  Colorear un pequeno libriño titulado “Os vermes da seda).  Expoñer o traballo realizado aos compañeiros/as do noso Cole.  Facer unha montaxe de fotos que recolla as diferentes fases da súa vida; nacemento,alimentación, medranza, elaboración do casulo, bolboreta, apareamento e fecundación.

Bibliografia: Quinteiro Mora, Albino : Os vermes da seda Ed. Xunta de Galicia Fuertes, Gloria: El gran libro de los animales Ed. Susaeta. https://www.youtube.com/watch?v=xEZKSxsvNJ4 https://www.youtube.com/watch?v=dRLBvkU70iQ http://www.gusanosdeseda.com/lavida.htm http://gusanoseda.blogspot.com.es/


El gusano sano Era un gusano muy sano -nunca tosía-. Era un gusano muy sano -sólo tejía-. Sano y enano el gusanito era -sólo comía hojas de morera-. El gusanito no quería ser lo que era lloraba y lloraba lágrimas de seda.

Se escondió en su capullo para que nadie lo viera -llorar-. El gusanito no quería ser gusano, quería ser otra cosa.


Su deseo fue realizado, se convirtió en mariposa.

-¡Seré mariposa blanca, porque al revolotear quiero ser y parecer palomita de la paz!

(Cuando se desea mucho una cosa, se consigue la cosa hermosa.)

Gloria Fuertes


EXPOSICIÓN DO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN

OS VERMES DE SEDA Saen os ovos. Un neno/a de cada curso de infantil ten un cartel. Colocaranse ao lado de Julia; mestra que nos lerá a poesía. A medida que vaia lendo , o neno/a que lle corresponda, virarase e mestraranos o seu catel.

1º PRESENTACIÓN ( Candela Miranda)

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL OBSERVAMOS AOS VERMES DE SEDA.

INVESTIGAMOS

E

FIXEMOS O PROXECTO NAS AULAS. NUNHA FOLLA DE CAMPO ANOTAMOS O QUE MEDÍAN, AS FOLLAS QUE COMÍAN E COMO SE TRANSFORMABAN, DENDE QUE NACERON NA PRIMAVERA. ADICÁRONSE A COMER E COMER MENTRAS SUCEDÍA ALGO MÁXICO: A METAMORFOSE.

2º PRESENTACIÓN ( Noa Estévez)


COA AXUDA DUN POEMA DE GLORIA FUERTES, IMOS CONTAR O QUE LLE PASA AO “GUSANO SANO”;COME, MEDRA, FAI O CASULO… NO CASULO ENTRA SENDO UN VERME E SAE SENDO BOLBORETA. COS SEUS FÍOS DE SEDA FANSE VESTIDOS, PANOS, GARABATAS, CAMISAS, BRUSAS E MOITAS MÁIS PRENDAS DE ROUPA.


Os vermes de seda  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you