Page 1

El asesino hipocondríaco de Juan J. Muñoz Rengel. Editorial Plaza&Janés

fantasía, de maxia, de aventuras... Desde tempos inmemoriais, os clans das bruxas Omar viviron agochándose das sanguinarias bruxas Odish e agardando a chegada da elixida pola profecía. Agora os astros confirman que o tempo está próximo. Anaíd, que viviu durante os seus catorce anos de vida apartada nunha vila do Pireneo, ignora os segredos que teñen que ver coas mulleres da súa familia... Ata que a misteriosa desaparición da súa nai, Selene a roxa, a enfronta cunha verdade tan arrepiante coma incrible e obrígaa a percorrer un longo camiño cheo de perigos e de descubrimentos... (Reseña da editorial)

Pepe Abuín, alumno de 3º de ESO e membro do Club de lectura Viós-bardos, recoméndanos esta novela con vivo interese. Isto é o que pensa dela: Esta delirante novela é unha lectura moi recomendable. Dun modo máis que orixinal, mestura o asasinato co humor encarnados por un personaxe totalmente desquiciado polo infortunio. Durante a novela dánsenos explicacións mitolóxicas sobre enfermidades tremendamente curiosas e tamén, breves historias de grandes filósofos e poetas relacionados de forma estraña. Un libro rápido, xenialmente escrito e incansable.

O Clan da loba de Maite Carranza Editorial Edebé Para lectores amantes das novelas de

ARDALÉN de Miguel Anxo Prado Editorial: El Patito Editorial Sabela, unha muller que xa cumpriu os corenta, que se acaba de divorciar e de quedar sen traballo, intenta reconstruir unha parte da súa historia na procura de si mesma e da súa identidade. Nesta novela gráfica, fermosísima en imaxes, os personaxes van tecendo unha rede con fíos que se enguedellan; unha rede chea de paixóns, rancores, odio, amor... ata levarnos , a través do suspense, a un final sorprendente. Ardalén foi elixida no XXXI Salón Internacional do Cómic de Barcelona como mellor obra publicada no 2012.


persoas en apariencia moi distintas: un vello profesor de matemáticas que perdeu a memoria – agora só lle dura 80 minutos- a súa nova asistenta e o fillo desta. Unha historia entrañable, delicada, narrada cun estilo sinxelo, sen artificio, pero cargado de sensibilidade. Unha historia que, ademais, fainos admirar a beleza das matemáticas, os misterios dos números naturais, a maxia que encerran as cifras...

continuidade da familia e, por outra parte, o amor e a ternura da parella na ancianidade. Pero hai máis: na novela están magnificamente retratadas as diferenzas entre a rudeza da vida no rural e a modernidade da vida na cidade. Cada lector atopará, sen dúbida, unha chea de motivos polos que amar esta novela.

¡Medre o mar! de Bernardino Graña Edicións Morgante Ambientada na guerra do 36, ¡Medre o mar! retrata a vida na vila de Cangas daquela época a través dos ollos dun neno orfo, tutelado estritamente pola súa tía e mais o seu avó. Apoucado, aplicado nos estudos e encargado de asistir nos oficios relixiosos, o rapaz descubrirá o cine da man do seu pícaro irmán menor, Milucho, quen goza da compañía de Serafín Graña, o poeta ladrón, e mesmo se lanzará a unha peculiar aventura que o levará a Vigo co Roñón, o fillo do xastre. (Reseña da editorial) Recomendamos esta novela con especial cariño polo seu autor, a quen sentimos tan próximo.

La fórmula preferida del profesor de Yoko Ogawa Editorial Funambulista Unha historia de amizade e amor entre tres

Amor de serea de Santiago Jaureguizar Editorial Xerais

La sonrisa etrusca de José Luís Sampedro Editorial Alfaguara Esta recomendación é o noso particular homenaxe a José Luis Sampedro, un dos autores imprescindibles dentro do panorama literario español. Un escritor e un pensador dotado dunha sensibilidade e unha lucidez tan extraordinarias como necesarias nos tempos que vivimos. A recomendación é de Pilar Suárez: Son moitos os motivos polos que me gustou ler esta novela pero, o principal, é a ternura coa que se desenvolve. Esencialmente, o que trata A sonrisa etrusca é como un ancián afronta os últimos meses da súa vida. Pero non pensedes que vos vai contar o duro que resulta enfrontarse á enfermidade ou as situacións morbosas que conleva; simplemente, o autor esfórzase en describirnos como se ama intensamente cando se dispón de pouco tempo. É o amor o que domina na novela: o amor por un neto, que representa a vida, o futuro, a

Barrio lejano de Jiro Taniguichi Editorial Ponent Mon Quen non pensou nunca en revivir o pasado para corrixir erros ou cambiar algunhas decisións cruciais? Isto cambiaría a mellor a túa vida ou as daqueles que te rodean? Ou as consecuencias dos teus novos actos resultarían ser incluso peores? Agora un home ten a oportunidade de descubrilo... É imposible non emocionarse co regreso á infancia do protagonista deste comic, e non sentirse identificado nesa evocación, que é universal, que todos facemos de cando en vez. Unha viaxe tenra, intimista e conmovedora pintada a través de debuxos de liñas sinxelas, puras, sen alardes e que quedan na memoria unha vez pechas o libro.

Unha nova entrega das aventuras que protagoniza Tintimán, o reporteiro máis valente e espelido de Galicia. Esta vez terá que empregarse a fondo para descubrir o misterio da desaparición dos galeóns de Rande. Tintimán , como nas aventuras anteriores, estará acompañado pola súa compañeira Mónica e o seu gato Sr. Grozni, que lle botarán unha man na súa loita contra o mal. Gustarache se che gustou Corazón de chocolate.

Recomendacións Bibliolteca 2013  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you