Issuu on Google+

Familias Coleccións Saber vivir e Que me dis de...? Ed. Nova Galicia

Conmemoración dos 50 anos do libro máis lido e traducido da literatura galega. “MEMORIAS DUN NENO LABREGO”. XOSÉ NEIRA VILAS. GALAXIA. Recolle o suposto caderno de Balbino, un rapaz de aldea que vive na década dos anos 40.

BIBLIOTECAS ESCOLARES E MUNICIPAIS DE REDONDELA

Tratan de forma sinxela e gráfica problemas actuais das familias: redes sociais, alimentación, sexualidade, globalización, comprensión entre pais e fillos... Te daré la tierra, Chufo Loréns. Ed. Grijalbo A Barcelona do século XI acolle nos seus muros dúas historias marcadas polo drama, o amor e ambición. Para os afeccionados á novela histórica: pactos, intrigas, comencio, convivencia entre relixións.

Paraíso inhabitado, Ana Mª Matute. Ed. Destino. A protagonista, Adriana, pasa dun universo de amigos imaxinarios e unha familia que nunca puido ter ao mundo dos adultos, un ámbito que lle resulta alleo cando non hostil.

A praia dos afogados, Domingo Villar. Ed. Galaxia Leo Caldas, enfróntase a un novo caso, Ambientado esta vez na Praia da Madorra, nos arredores de Panxón, e nas rúas de Vigo. É unha novela intrigante, das que non se poden deixar ata coñecer o final.

Webs e blogs : http://bibliotecasredondela.blogspot.com http://caracolatola.blogspot.com http://bibliotecaportocabeiro.blogspot.com www.edu.xunta.es/centros/ceipcedeira http://biblioxaquin.blogspot.com http://onovolardeigrexiño.blogspot.com http://centros.edu.xunta.es/ceipdelaredo http://outeirodematilda.blogspot.com http://biblioblogreboreda.blogspot.com http://centros.edu.xunta.es/cepsantamarina www.edu.xunta.es/centros/iesmendiño http://bibliofloriani.blogspot.com

www.biblioteca.redondela.es

BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE REDONDELA — 2011


1º Ciclo ESO La historia de Iqbal. Francesco D'adamo. Ed. SM, Colección "Barco de vapor" Unha moza paquistaní padece unha infancia sen esperanza, o seu amigo Iqbal non acepta a situación. Feitos reais que non fan crer que un futuro xusto é posible.

2º Ciclo ESO O curioso incidente do can a medianoite. Mark Haddon (Trad. Moisés Rodríguez). Ed. Rinoceronte Christopher sabe moitas matemáticas, ciencias, xeografía... pero que ten moitas dificultades para relacionarse con outras persoas. Cando atopa morto a Wellington, o can da veciña, decide investigar.

As outras historias. Paula Carballeira. Ed. Galaxia Un libro que fala desas historias que non se ven, das que están agochadas e nin sequera se sabe que existen. Historias de había unha vez e de princesas e de pantasmas e de… Parecen as de sempre. Pero non. Verás que non.

Verano en vaqueros. Ann Brashares. Ed. S.M. Catro amigas que sempre pasaran o verán xuntas sepáranse por primeira vez, pero antes de facelo deciden fundar o Clan dos Pantalóns Vaqueiros.

Que desfeita! Paul Jennings. Ed. Galaxia Do autor de Vaiche boa! Contén historias moi curtas e divertidas que servirán para que aprendas a ver cousas moi cotiás doutra maneira. Malos disparatados, humor,

irreverencia... El secreto del caserón abandonado. Pilar L. Bernúes. Ed. Bruño. A historia de Ana, unha adolescente que vai pasar as vacacións nunha adea do pre-Pireneo. Contacta cun grupo de rapaces cos que se sente fenomenal e vive misteriosas aventuras. Amizade, amor, acción e misterio...

As lágrimas de Shiva. César Mallorquí. Ed. Rodeira. Unha historia fantástica que, aínda que por veces, nos faga pasar medo, non é unha novela de terror. O misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante séculos.

Bacharelato e Ciclos FP

Futuro imperfecto. Xulia Alonso Díaz. Ed. Galaxia. A autora fala sobre a súa propia vivencia coa súa parella finada. Unha xeración enfróntase a novos medos: drogas, VIH.

O pintor do sombreiro de malvas. Marcos Calveiro. Ed. Xerais Un adolescente vai de París a Auvers a pasar unha tempada. Naqueles días de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo.

Todo é silencio. Manuel Rivas. Ed.Xerais. Narra o ascenso social de Mariscal, capo contrabandista de Noitía, onde as redes de contrabando e narcotráfico estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións.

Las chicas de alambre. Jordi Sierra i Fabra. Ed. Alfaguara Jon Boix ten 25 anos e é xornalista. A

Arte. Yasmina Reza. Ed. Alfaguara


Suxestións lectoras para estudantes de secundaria