Page 1

• Mantivemos actualizado o blog “Ponte Vella” como expresión das nosas inquedanzas: http://rabade- biblioteca.blogspot.com, que foi finalista nos premios Edublogs,para blogs educativos.

Boletín nº9

• Organizouse unha exposición sobre a literatura de viaxes, concretamente sobre a vida e obra de Xulio Verne, e un concurso para gañar un mp3. • Colaboramos en celebracións como 25 de novembro, namorados, e celebramos o Día do Libro con lecturas públicas na biblioteca.

Os nosos próximos proxectos: • Mellorar a dotación de fondos, mobiliario e equipamento. • Continuar coas actividades de fomento da lectura, formación de usuarios e formación documental. • Continuar mantendo o blog como medio de difusión das nosas actividades, como centro de recursos e como medio de expresión das nosas inquedanzas. • Colaborar na posta en marcha do Proxecto Lector. • Elaborar guías de recursos e boletíns informativos.

Bo verán !!!


Despois dun curso con innovacións, resumimos as actuacións que o equipo da biblioteca levou a cabo nos seguintes aspectos: Xestión e organización: • Empregamos a dotación económica do Plan de Mellora (10.400 €) na adquisición de equipamento informático, mobiliario, fondos, material e gastos de funcionamento. • Rematamos a catalogaación dos fondos da sala e dos de nova adquisición (uns 5.800 en total) •Organizamos o préstamo de cine en fin de semana. • Ampliámos as subscricións do recanto de lectura informal con dous xornais de tirada nacional, un xornal deportivo, unha revista de divulgación científica e unha de literatura infantil e xuvenil.

Dinamización da biblioteca: • Formación de usuarios: - Mostrámoslles ós alumnos de 1º da ESO as partes e o funcionamento da biblioteca. - Demos a coñecer a CDU a 2º, 3º e 4º da ESO e Bacharelato. Repartimos un marcapáxinas con este contido.

• Formación documental: - Tratamos con todos os grupos da ESO e Bacharelato ”Como realizar un traballo escrito” e as “Partes dun traballo escrito”. Entrega – mos unha guía a alumnos e profesores. • Proxecto Lector: - Redactamos o Proxecto Lector de Centro coas aportacións dos Departamentos, os estudos do Dep. de Orientación, a supervisión da Comisión para o propio plan e a CCP. - Ubicamos bibliotecas de aula nos grupos da ESO e puxemos en marcha a Hora de ler, coa colaboración do grupo de traballo e de todo o equipo docente. - Constituímos un grupo de traballo sobre o “Desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística”. - Continuamos as actividades do clube de lectura.

Outras actividades: • Editamos e entregamos guías de lectura para pais e alumnos, dúas guías de recursos para o alumnado e un boletín informativo para o profesorado.

Boletín profes 2008-09  

boletin informativo profesorado

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you