Page 1

1


Son… NECESARIOS

Están na literatura para facer brillar aos heroes, pois o seu antagonismo estimula as virtudes destes. En realidade, os bos non poderían ser bos sen os perversos. Fausto: "Pero vamos a ver: ¿quen es ti?" Mefistófeles: "Pois unha parte desa forza que sempre quere o mal e sempre fai o ben.” (J. W. Goethe)

2


Son… SEDUTORES

Malia teren as costuras moi negras e mesmo repugnantes, representan o engado do risco, da audacia, do desprezo ás convencións que non conseguen dobregalos. Son desafiantes e libres, así que suscitan admiración. Platón dixo que os bos son os que se conforman con soñar o que os malos fan realidade. (S. Freud) 3


Son… BRUTAIS

Forzas salvaxes, primitivas e atávicas aniñan no malvado e apavoran porque se agochan tamén no máis oculto da nosa psique. A crenza nalgún tipo de maldade sobrenatural non é necesaria. O ser humano é xa malvado abondo. (J. Conrad) 4


Son… PRÓXIMOS os malos

Como un espello aumentado e deformante da nosa propia condición, unha caricatura grotesca, pero recoñecible. O mal é vulgar é sempre humano: come á nosa mesa e dorme na nosa cama. (W. H. Auden)

5


Son… FEOS

A fealdade delata a súa iniquidade moral (feos por dentro e mais por fóra) cunha aparencia que nos advirte do perigo que representan, aínda que, nalgúns, é a propia fealdade física a que os corrompe e non ao revés…

6


Son‌ CALADOS

Os malos son amigos do silencio: fan moito e falan pouco.

7


Son… LISTOS

E o seu intelecto, posto ao servizo do Mal, debe ser contrarrestado por outro homólogo que se poña ao servizo do Ben. 8


Son… SOLITARIOS

O Mal non busca parceiros e a soidade é unha grande indutora do crime. Satán tivo compañeros, diaños coma él, que o admiraban e alentaban. Pero eu estou só. (Mary Shelley)

9


Son… EGÓLATRAS

Non se conforman coa súa propia maldade; precisan admiración e acólitos. O Mal, para ser máis efectivo, debe estenderse.

10


Son窶ヲ MESQUIテ前S

Cテコmulos de vilezas, son capaces de calquera baixeza, de calquera miseria. Lo queremos, lo necesitamos, debemos conseguir el tesoro, ellos nos lo han robado, sucios rastreros hobbits, malos, traidores, falsos窶ヲ (J.R.R. Tolkien)

11


Son… PODEROSOS

Dominan as forzas da natureza, violentan as mentes, gobernan exércitos…

12


Son‌ RANCOROSOS

A inocencia, a xenerosidade, a nobreza dos heroes esperta neles todo tipo de envexas e rancores.

13


Son… ESCUROS E SECRETOS

Ocultan a súa maldade baixo aparencias falsas e inofensivas, viven en lugares inaccesíbeis, cunha discreción que os fai intocábeis.

14

¡Que veñen os malos!... Como son?  

As caras do mal II

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you