Page 1

A nosa biblioteca, un lugar

fantástico! Estas páxinas decoran as mesas da nosa biblio: biblio: nelas atoparás os distintos tipos de temática fantástica que temos á túa disposición. disposición.

¡Que Que aproveite!




FÁBULAS E ANIMAIS QUE FALAN

Son relatos moi breves nos que os animais falan, que rematan cunha reflexión de carácter didáctico ou moralizante. Próximo do xénero está o apólogo, unha narración con animais na que tamén pode haber presenza de personaxes humanos.

1


Tan vello coma a literatura

A fábula é un xénero cultivado desde a Antigüidade, pois atopáronse relatos de animais nas táboas de arxila mesopotámicas e foron precisamente gregos e romanos os que forneceron o material para as diversas compilacións e versións que se realizaron ao longo da historia da literatura.

2


Os primeiros autores

Hesíodo inclúe en “Os “Os traballos e os días” días” a fábula do reiseñor, pero é Esopo o fabulista da Antigüidade por excelencia; Horacio, Fedro e Aviano en Roma asimilaron e aumentaron o acervo grego. 3


Fabulistas medievais

Nivard de Gand, Gand, María de Francia, Francia, e o Roman de Renart, Renart, atribuído á autoría da clerecía anónima, encheron o período, no que se asiste ademais a un enriquecemento mercé ás achegas dunha tradición de orixe india (Hitopadesa (Hitopadesa Pancatantra) Pancatantra) vehiculada a través de transmisores xudaicos ou árabes pola vía hispánica. 4


Do Renacemento ao XVIII

O propio Leonardo da Vinci escribiu un libro de fábulas, ao igual que moitos outros humanistas, e o xénero inspirou outro de enorme éxito no XVI e no XVII, o dos “emblemas”, aínda que o que goza de maior nota no período será o francés La Fontaine. Fontaine.

5


Fábulas dezaoitescas

Tomás de Iriarte, Iriarte, John Gay ou Felix María de Samaniego cultivan o xénero en Europa que, nesta altura, cobra un novo vigor ao socaire da revisitación do mundo antigo que representa o Neoclásico. 6


O XIX e o XX

O mundo contemporáneo entrou na fábula, que a utiliza para a sátira política (emprego do que xa había algúns antecedentes) ou permite a incursión no xénero a máquinas e obxectos que veñen roubarlle parte do protagonismo aos animais. Beatrix Potter, Basterra e Anouilh continúan e revolucionan o xénero. 7


A asemblea dos animais Esopo

Había un león que non era nin noxento, nin cru, nin bravo, mais de trato amábel e moi xusto. Chegou a rei. Baixo o seu reinado celebrouse unha asemblea para os animais desculpárense e ofrecer satisfacción uns aos outros : o lobo deulle a paz ao año, o tigre ao cervo e a raposa á lebre. Daquela, a lebre dixo: -Levo esperando este día toda a miña vida, para ver como os febles somos respectados con xustiza polos fortes. E botouse a correr... e correu e correu todo o que puido. Cando nun estado se practica a xustiza, os febles poden vivir tranquilos, pero non deben confiarse.

8


Asinus ad lyram Fedro

Quomodo ingenia saepe calamitate intercidant. Asinus iacentem vidit in prato lyram. Accessit et temptavit chordas ungula. Sonuere tactae. "Bella res est mehercules; male cessit, ego" ait "artis quia sum nescius. Si reperisset aliquis hanc prudentior, divinis aures oblectasset cantibus." Sic saepe ingenia calamitate intercidunt. O ASNO E A LIRA De qué modo os enxeños a miúdo se perden por unha desgraza. Un burro viu unha lira tirada nun prado. Achegouse e cos cascos tocou nas cordas unha e outra vez: estas soaron. "Bela cousa é; pero, por Hércules, saíume mal", dixo, "porque son ignorante da arte. Se alguén máis hábil a tivese encontrado, deleitaríanos os ouvidos coa súa arte. É así como, a miúdo, os enxeños pérdense pola desgraza.

9


Le Corbeau et le Renard La Fontaine

Maître corbeau, sur un arbre perché, Tenait en son bec un fromage. Maître renard par l'odeur alléché, Lui tint à peu près ce langage: «Et bonjour Monsieur du Corbeau. Que vous êtes joli! que vous me semblez beau! Sans mentir, si votre ramage Se rapporte à votre plumage, Vous êtes le phénix des hôtes de ces bois» A ces mots le corbeau ne se sent pas de joie; Et pour montrer sa belle voix, Il ouvre un large bec laisse tomber sa proie. Le renard s'en saisit et dit: "Mon bon Monsieur, Apprenez que tout flatteur Vit aux dépens de celui qui l'écoute: Cette leçon vaut bien un fromage sans doute." Le corbeau honteux et confus Jura mais un peu tard , qu'on ne l‘Y prendrait plus.

Mestre Corvo, nunha árbore pousado, No bico aseguraba un belo queixo. Mestra Raposa, atraída pelo cheiro, Así lle dixo en ton entusiasmado: -Ola! Bo dia teña o señor Corvo, Tan lindo é: unha beleza alada! Fóra de brincadeiras, se o seu canto Tiver das súas plumas o encanto, Será con lei o Rei da Bicharada. Ouvindo tales verbas, que feliz O Corvo fica; e a voz quer mostrar: Abre o bico e alá vai o queixo pelo ar! Apáñao a Raposa e di: -Señor, Aprenda que o vaidoso se rebaixa Fronte a quen o quere entrampar. Esta lección vale un queixo, non acha? O Corvo, avergoñado, vendo o queixo fuxir, Xurou que tarde noutra se deixaría ir.

10


La zorra y las uvas Félix María de Samaniego

Es voz común que a más del mediodía, En ayunas la Zorra iba cazando; Halla una parra, quédase mirando De la alta vid el fruto que pendía. Cansábala mil ansias y congojas No alcanzar a las uvas con la garra, Al mostrar a sus dientes la alta parra Negros racimos entre verdes hojas. Miró, saltó y anduvo en probaduras, Pero vio el imposible ya de Fijo. Entonces fue cuando la Zorra dijo: «No las quiero comer. No están maduras.» No por eso te muestres impaciente, Si te se frustra, Fabio, algún intento: Aplica bien el cuento, Y di: No están maduras, frescamente.

11


O RELATO POPULAR

Transmítese oralmente e vai medrando co paso do tempo, manténdose na súa estrutura, pero admitindo variacións. De autoría colectiva, nunca se pode dar por absolutamente fixado. É frecuente que se rexistre por escrito moito despois de nacer e mesmo que existan varias tradicións distintas do mesmo relato. Ás veces estes contos poden ter derivacións que se mesturan e interactúan entre si dando lugar a “materias” literarias como a “materia artúrica” podendo tamén entrar na literatura de autor a través das revisións que delas se fan ao longo da historia. As lendas e os mitos teñen estas mesmas características aínda que se constituísen en xéneros independentes. A diferenza do relato ou conto popular, estes ofrécense como relatos verídicos e o relato popular, en troca, preséntase como ficción e non ten maiores pretensións.

1


A carencia

O conto comeza cunha “carencia”. Se todo funciona ben, non hai conto. A carencia é calquera acontecemento que rompe o equilibrio preexistente á historia: unha herdanza, un abandono, un exilio, unha ameaza, unha traizón ou unha prohibición, que desencadenará a toma de decisións por parte do heroe. 2


O antagonista e o engano

O antagonista é aquel personaxe que no conto só procura o dano do heroe. Engánao e consegue facer del unha vítima; o heroe, inicialmente, debe ceder ante o agresor, cumprir un desafío ou un castigo, marchar ou enfrontarse a un cruel destino. 3


A proba, o regalo, a viaxe, a loita...

Trala primeira derrota, o heroe debe superar unha proba, realizar unha viaxe -case sempre en procura de algoalgo- ou enfrontarse a un inimigo moi poderoso e superior en forzas a el... Malia todo, o heroe conta cunha axuda, un consello ou un obxecto marabilloso que lle axudarĂĄn na sĂşa empresa, o regalo. 4


A persecución, a vitoria, o regreso, a voda... a reparación da ofensa.

Trala solución correcta da proba, a vitoria no enfrontamento, o éxito na procura... o heroe obtén o seu premio: acada riquezas, casa co seu amor ou simplemente volve á casa. En calquera caso, as augas volven ao seu, o dano é reparado e os antagonistas reciben o seu castigo. É dicir, remata a historia.

5


Os relatos tradicionais repítense e viaxan

Unha característica do conto tradicional é que viaxa moito. Historias semellantes cóntanse ao longo do tempo en diversos lugares do mundo, pero cada comunidade tíngueos coa súa particular maneira de interpretar a vida. Forman parte do patrimonio inmaterial de cada pobo. Gardan a súa memoria e a súa alma e por todas partes tamén están en perigo de extinción. 6


Un conto chino

MOLA Hai moito, moito tempo, o pobo da nacionalidade “iugu” atravesou o deserto de Gobi, a canda os seus camelos, vacas e ovellas, pasando por pantanos moi brañentos. Atravesando a estepa e camiñando, camiñando, chegou desde o distante Xinjiang ata o pé das montañas Qilian, en Gansu...

7


Un conto de Ecuador

LA HISTORIA DE CANTUÑA Pero un día, cuando regresaba a su casa, salió de entre las piedras un hombrecillo vestido de rojo con patillas y barba muy puntiaguda que le dijo: -Soy Satanás, quiero ayudarte. Yo puedo acabar el campanario de la iglesia en tu lugar, antes de que caiga el sol. En pago, me darás tu alma. ¿Aceptas?

8


Un conto de África

POR QUE A XIRAFA NON DI NADA? Deus, despois da Creación, preguntou aos animais se algún desexaba algo en especial e a xirafa dixo: -A min habíame gustar ser sabia. Daquela Deus ordenoulle que non falase máis, porque os que moito falan son uns trapalleiros e os sabios falan pouco e sempre escoitan. Desde ese momento a xirafa olla para abaixo, olla e escoita, pero non dá fala. 9


Un conto galego

Chegou un día un ao ceo e cando topou con San Pedro, o santo díxolle: - Non, ti non podes pasar que non fixeches ningunha boa obra. - Como que non! Deille tres perras chicas unha vez a un pobre. E San Pedro foi falar con Noso Señor a ver se o deixaba pasar. - E que fixo bo? - Deulle tres perras chicas a un pobre. - Máis nada? Pois logo devólvelle as tres perras chicas e que marche pra o inferno con elas. 10


A materia de Bretaña

Aquel dia que vos eu digo, direitamente quando queriam poer as mesas –esto era ora de noa– aveeo que üa donzela chegou i, mui fremosa e mui bem vestida. E entrou no paaço a pee, como mandadeira. Ela começou a catar de üa parte e da outra, pelo paaço; e perguntavam-na que demandava. – Eu demando –disse ela– por Dom Lançarot do Lago. É aqui? – Si, donzela –isse üu cavaleiro. Veede-lo: stá aaquela freesta, falando com Dom Gualvam. Ela foi logo pera el e salvô-o. Ele, tanto que a vio, recebeo-a mui bem e abraçou-a, ca aquela era üa das donzelas que moravam na Insoa da Lediça, que a filha Amida del-rei Peles amava mais que donzela da sua companha. –Ai, donzela! – isse Lançalot– que ventura vos adusse aqui, que bem sei que sem razom nom veestes vós? –Senhor, verdade é; mais rogo-vos, se vos aprouguer, que vaades comigo aaquela foresta de Camaalot; e sabede que manhãa, ora de comer, seeredes aqui.

11


QUE SON OS MITOS?

Mytos -oposto a logoslogos- refírese a un relato que explica, con medios que exclúen a razón, aqueles acontecementos da experiencia humana que non atopan outra vía para seren interpretados.

1


A temática dos mitos

Refírense en todas as culturas a: As orixes do universo, a súa creación, cosmogonías e teogonías; Os amores, apareamentos, nacementos, fazañas de deuses e de humanos; As causas dos diversos fenómenos naturais ou dos cultos existentes e das condutas humanas, con exemplos extraídos dos deuses. As cousas que pasaron en tempos remotísimos, remotísimos, xa que os deuses sitúanse lonxe no espazo e no tempo, aínda que os comportamentos de deuses e humanos sexa moi semellante nas narracións mítica. 2


Mitos para dar e tomar

Gregos e romanos mantiveron un panteón que se entretiña en continuas rifas e que a cotío tamén interviña nas vidas dos homes. Os mitos gregos e a súa posterior asimilación romana informan toda a cultura occidental posterior: na pintura, na escultura, na música, na literatura, na astronomía… astronomía 3


O mito de Ícaro

Dédalo era un soberbio inventor, que traballaba vulgarmente co seu sobriño Talo, do cal estaba encargado da educación. Talo, un dia, após pasear pola praia, viu o esqueleto dun peixe, forma na cal se viría a inspirar para criar a primeira serra. Con algunha envexa, Dédalo tentou matar este seu sobriño, ceibándoo dun sitio alto. Malia iso, antes que alcanzase o chan, os deuses intervirían, e o mozo foi transformado nunha perdiz, que voou para evitar a desgraza inminente. Culpado de homicidio, Dédalo foi obrigado a abandonar a cidade natal, indo refuxiarse en Creta, a illa do famoso rei Minos. Alí, foi incumbido de construír un labirinto, onde o famoso Minotauro viría a ser aprisionado. Seria, mais tarde, impedido de deixar esta illa, cando concibiu a súa máis famosa invención, unhas ás que lle permitirían voar. Pretendía, xuntamente co fillo, Ïcaro, usalas para escapar da illa. Ignorando os consellos de Dédalo, Ïcaro voou demasiado alto, o que fixo que a cera que prendía as ás derretese, precipitándoo no mar.

4


O mito de Orfeo

Nas marxes dun río Orfeo laiábase desconsolado pola perda da súa amada Eurídice que acababa de morrer. Alí tocou cancións tan tristes que todas as ninfas e os deuses conmovéronse e choraron e despois aconselláronlle que baixase ao Hades na procura da súa esposa morta. No camiño, Orfeo debeu arrostrar moitos perigos; empregando a súa música fixo que se detivesen os tormentos do inferno por primeira e única vez e, cando chegou o momento, Hades e Perséfone, amolecidos pola súa pena e pola súa música, permitiron a Eurídice volver ao mundo dos vivos con Orfeo, a condición de que el fose diante dela e de que non ollase para atrás até chegaren ao mundo superior e os raios de sol acariciasen á muller. Malia ao seu desexo, Orfeo cumpriu a promesa todo o traxecto, pero despois de superar os perigos da volta e cando xa estaban na superficie Orfeo non puido máis e volveuse cara ela con impaciencia cando aínda o sol non bañara completamente o corpo de Eurídice, e perdeuna outra vez e desta para sempre. 5


O mito de Narciso

Narciso era un rapaz belísimo, fillo do deus do río e mais dunha ninfa. Cando naceu os pais consultaron un oráculo por saberlle o destino e este respondeu que había ter unha vida longa sempre que non vise a súa propia face. Moitas mozas se namoraron del cando chegou á idade adulta, pero el non estaba interesado en ningunha. A ninfa Eco, unha das máis apaixonadas, non se conformou con tal indiferenza e afastouse a un lugar deserto para alí ir consumíndose até que dela non quedaron máis que os seus laios. As mozas desprezadas acudiron aos deuses para seren vingadas. Némesis apiadouse delas e, despois dun día de caza, un día caloroso, incitou a Narciso a que se achegase ao río para beber auga e apagar a sede. Ao abeirarse do río ficou inmóbil na contemplación da súa face reflectida, tan bela lle pareceu. Así morreu e até no Hades intentaba ollar nas augas da Estixia as feituras polas que se apaixonara. 6


Mitos e relixións

Hoxe o termo “mito” resérvase para as historias e crenzas de relixións antiquísimas e sen culto na actualidade, en canto que as relixións darían satisfacción a ese mesmo afán de interpretación do que é inasequíbel para a razón, nas diferentes culturas do mundo moderno.

7


Mitos, relixións e culturas

Mitos e relixións canalizan a visión do mundo das comunidades que os xeran e manteñen, por iso cada cultura ten os seus propios. Responden ás necesidades que a colectividade tiña no momento en que xorden e despois se modifican ou manteñen en función das necesidades sociais e dos avatares históricos.

8


As relixións no mundo

Na actualidade hai innúmeros cultos relixiosos, algúns de enorme expansión e outros, seitas cun limitado número de seguidores. Teístas, dualistas, panteístas e mesmo non teístas, reveladas e non reveladas, antiquísimas e moi recentes... En todo caso, os crentes deben “imaxinar” pois as ideas relixiosas están referidas a mundos, seres e conceptos non verificables. 9


O relato bíblico da

Creación

No principio creou Deus os ceos e maila terra. E a terra estaba desordenada e baleira e as tebras pairaban sobre a face do abismo e o Espírito de Deus axitábase sobre a face das augas. E dixo Deus -Sexa a luz E a luz foi. E Deus viu que a luz era boa e separou a luz das tebras e á luz chamoulle Día e ás tebras 10 Noite


O relato da creación no Rig Veda

No comezo a escuridade escondía a escuridade. Todo era auga indiferenciada. Envolto no baleiro, devindo ese “un” surxiu polo poder da calor. O desexo desceu sobre iso no principio E foi a primeira semente do pensamento.

11


O Popol Vuh, relato maia da creación

“Fágase así! Que o baleiro se encha! Que esta auga se retire e desocupe o espazo e surxa a terra e que se afirme! Así dixeron. Que aclare, que amañeza no ceo e na terra! Non haberá gloria nin grandeza na nosa creación até que exista a criatura humana. Así dixeron”

12


A Creación no Enuma Elish babilónico

“Cando no alto non se nomeaba o ceo, e en baixo a terra non tiña nome, do océano primordial, Apsu, seu pai; e da tumultuosa Tiamal, a nai de todos, as súas augas nunha se fundían, e ningún campo estaba formado, nin se vían pantanos; cando ningún dos deuses tiña sido chamado a existencia... 13


A CIENCIACIENCIA-FICCIÓN

Naceu ao socaire dos avances científicos e tecnolóxicos do XIX e do XX, que favoreceron un ambiente de confianza social na intelixencia humana. Concibiuse a esperanza de que calquera fronteira podía ser conquistada. A imaxinación dos artistas lanzouse a esa tarefa e mesmo se albiscou un horizonte no que limitacións como o tempo, o espazo, espazo, ou a nosa condición material podían ser abolidas. 1


Os primeiros visionarios

Aínda que xa desde antigo a literatura ofreceu imaxes visionarias do futuro e a mesma confianza na inventiva humana que subxace na xénese do xénero (o mito grego de Ícaro ou o xudeu do Golem, Golem, as viaxes á lúa de Luciano de Samosata, Samosata, de Cyrano de Bergerac ou do Baron de Münchaussen, Münchaussen, a Utopía de Moro ou o Somnium de Kepler…) Kepler ) a ciencia ficción nace no XIX. 2


Os pioneiros do XIX

Mary Shelley (Frankenstein ou o moderno Prometeo), Edgar Allan Poe (Von Kempelen e a súa

descoberta,, A verdade sobre o caso do señor descoberta Valdemar), Valdemar), H. G. Wells (A máquina do tempo, A guerra dos mundos), Verne (Da terra á lúa), Dickens (Bleak House) Enrique Gaspar (Anacronópete), Mark Twain (Un ianqui na corte do rei Artur), e Jack London (xa nos comezos do XX, The Red One) van introducindo moitas das claves do xénero (viaxes a través do tempo ou viaxes ao espazo exterior, a combustión espontánea, os extraterrestres…) extraterrestres ) ás veces en confusa convivencia con outros xéneros, como o do terror.

3


Os comezos dos século XX: a consolidación

Edgar Rice Burroughs (Baixo as lúas de Marte), John Carter, Carter, co ciclo de Marte, Marte, e Carson Napier co seu homólogo de Venus, Venus, son representativos do período en Norteamérica, onde publican en revistas “pulp “pulp”, pulp”, bastante denostadas pola crítica até que autores dos considerados “serios” como Lovecraf, Lovecraf, Robert Bloch, Bloch, Robert E. Howard, Howard, etc. colaboraron nas súas páxinas atraendo a lectores cultos e prestixiando o xénero. xénero. En España autores como Unamuno, Azorín, Blasco Ibáñez, de Maeztu ou Jardiel Poncela tamén recalan no xénero en relatos, novelas e pezas teatrais. teatrais. En Galiza, Galiza, desde os anos vinte hai algún achegamento ao tema como a novela de Otero Espasandín “A campaña de Caprecórneca”. Caprecórneca”. 4


O segundo cuarto do século XX

A partir da década dos 30 xorden os autores que máis lustre lle han dar ao xénero: xénero: Asimov, Asimov, C. Clarke, R. A. Heinlein e outros non “especializados” que definitivamente lle quitarán a etiqueta de “infraliteratura “infraliteratura” infraliteratura” que aínda soportaba. Son Karel Capek, Capek, Aldous Huxley, castelán, Bioy Huxley, C.S. Lewis e, en castelán, Casares ou o propio Borges. Borges. E moitas destas historias saltaron ás pantallas dos cines… cines 5


O período que poscede á guerra

Despois da II Guerra Mundial os contos comezan a medrar e convertirse en novelas complexas. A parábola social de George Orwell (1984) 1984) non deixa de ser unha novela futurista e moitos dos autores emblemáticos do xénero que seguirían producindo ata a fin do século son moito máis que autores de “ciencia ficción”. Asimov, Asimov, Clifford D. Simak, Simak, Arthur C. Clarke, Poul Anderson, Philip K. Dick, Dick, Ray Bradbury, Bradbury, Frank Hebert, outros. Os Hebert, Stanislav Lem e moitos outros. títulos de varios destes autores sono tamén de senllas películas: películas: 2001, unha odisea no espazo, espazo, Farenheit 451, Dune… Dune 6


Dos setenta até hoxe

Nos setenta, a ciencia ficción deixa de lado os robots e substitúeos pola exploración da consciencia. Samuel Ray Delany ou Philip K. Dick representan esta vía. Nas dúas décadas seguintes chegan os xéneros máis contemporáneos, o cyberpunk, cyberpunk, o steampunk o biopunk que reflicten as transformacións e reaccións que as redes informáticas globais e os avances da biotecnoloxía xeran ou ficcionalmente poderían xerar na sociedade. sociedade. Desencantados e anarquistas, os textos ofrecen unha visión nihilista do mundo. Nesta altura, á familiaridade do xénero co cómic e co cine vén sumarse unha outra forma de cultura tan extracultural como inicialmente o foran aquelas: aquelas: o videoxogo. videoxogo. 7


Os tópicos

Descobertas tecnolóxicas ou inventos futuros Avances na biotecnoloxía, biotecnoloxía, nanotecnoloxía, nanotecnoloxía, biónica Enxeñería xenética, xenética, especialmente a clonación. Manipulación da psique, dos recordos ou da conduta como experimento científico. O futuro utópico, distópico e case sempre apocalítico As viaxes no tempo, a vida extraterreste, extraterreste, as viaxes intergalácticas e a colonización do espazo exterior. A intelixencia artificial, os robots, os ordenadores e as redes informáticas. O desastre nuclear e o dia despois. despois. Os heroes desencantados e individualistas. 8


Unha derivación da fantasía futurista: os superheroes

Un superheroe é a adaptación moderna do protagonista dos mitos e dos relatos épicos. Un superheroe ten superpoderes, superpoderes, como nos mitos clásicos e defende aos desvalidos e combate a maldade como os heroes cabaleirescos. cabaleirescos. É tan prototípico coma eles, aínda que o seu ámbito non sexa a narración oral ou a saga lendaria, lendaria, senón a banda deseñada. deseñada. 9


Un superheroe sempre ten

Unha orixe na que se converte en superheroe, superheroe, ben por ser extraterrestre ou vítima dun experimento científico que operou nel a transformación, ou un trauma que o leva a dotarse dunha aparataxe que o fai invencíbel e co que pode desenvolver os seus plans de vinganza. vinganza. 10


E para ser superheroe hai que… que

Ter superpoderes como o de lanzar raios, ser maleable, ter forza sobrehumana, invulnerabilidade, telepatía, telequinese, telequinese, poderes místicos ou habilidades para dobregar a seres sobrenaturais que traballen para un; tampouco veñen mal os coñecementos en artes marciais ou os saberes científicos. E, normalmente, convén ser un atleta excepcional e un exemplar anatomicamente modélico. 11


E tamén… tamén

Pero estes atributos son inútiles se non se posúe unha identidade secreta que se abandona cando se viste o uniforme de superheroe (favorecedor e provisto de máscara) e un viláns inimigos de confianza aos que se enfrontar e vencer día tras día. E se ademais nos empadroamos nunha cidade como Gotham ou Metrópole, onde todo xira arredor de un, xa será o máis de máis. 12


Pero, nesta exposici贸n, a ciencia ficci贸n e os superheroes case non est谩n: hai tanto que o deixamos para 谩 seguinte actividade 13


O RELATO DO SOBRENATURAL

Desde sempre, sempre, fóra das fronteiras do coñecido, coñecido, hai un territorio inquedante que povoca medo cando nos abeiramos a el. Quedou reflectido no folclore e as grandes civilizacións deixáronnos historias -escritas ou nonnon- que desenvolvían un completo imaxinario colectivo relacionado con escuras forzas (que aniñan no interior do espírito humano ou da natureza) natureza) ou co mundo ultraterrenal. ultraterrenal. A loucura e o soño permitían vislumbrar mundos paralelos ao real moito antes de que se formulase o surrealismo e naceron as lendas do sobrenatural. 1


A evolución do xénero

O primeiro espertar do sobrenatural tería que ver coas prácticas máxicas. máxicas. Evocaríanse espíritos, espíritos, demos ou espectros. Así debeu ser no antigo Exipto e na Grecia clásica, e a Idade Media das Danzas da Morte foi o momento da maxia e da proliferación de textos cabalísticos, en canto na tradición oral eran frecuentes os relatos de bruxas e aquelarres, lobishomes e vampiros… vampiros Eses entes sobrenaturais, sobrenaturais, imaxinados pola creatividade medieval, aínda nos contemplan hoxe desde os capiteis e tímpanos das igrexas. igrexas.

2


O Renacemento

É o tempo dos Magos, de Nostradamus, Nostradamus, de Trithemius. Trithemius. As súas profecías e relatos beben e desembocan tamén nas fontes orais que se poboan de aparecidos con afán vingativo, vingativo, espíritos da morte que vagan á procura, bruxos inmortais… inmortais e vanse configurando dúas ponlas diversas na fantasía popular do medo: a nórdica e a mediterránea, a primeira máis dada ao terror cósmico; a segunda, máis racionalista. Os Eddas e as Sagas están cheos dese “sobrenatural nórdico”, do que procederá o relato de terror. 3


Os séculos XVI e XVII

O sobrenatural chega á literatura culta e aséntase na obra dos clásicos: os dramas isabelinos de Marlowe ou Shakespeare, Shakespeare, coas bruxas macbethianas e o fantasma que atormenta ao pai de Hamlet, Hamlet, son bos exemplos. exemplos. Nesta altura, os vendedores ambulantes levarían por toda Inglaterra folletíns de tema macabro que se poñerían de moda e cuxa temática non desdeñarían autores como Daniel Defoe (“A (“A aparición do Sr. Veal”). Veal”). 4


O XVIII e o XIX: Racionalismo e Romantismo

Trouxeron o avance da ciencia e do laicismo, pero paradoxicamente tamén o nacemento do xénero gótico que se vai ir consolidando e definindo. definindo. O Romantismo, Romantismo, amigo do lendario e do exótico, permitirá o triunfo da nova moda, tinxida de orientalismo, medievalizante e con argumentos extraídos da literatura oral.

5


Os fíos cos que se tecen as historias de medo

A inquedanza ante o descoñecido. Certa aprensión ante o avance do espanto que ten ir medrando gradualmte ao longo da obra. A insinuación de forzas ignoradas ou sobrenaturais. A atmósfera de ansiedade e temor. 6


Tamén axuda… axuda

...que haxa castelos góticos, corredores húmidos, tétricas catacumbas, galerías de espectros, cemiterios nocturnos, un bo vilán e unha heroína boba, heroes de nome italiano, luces estrañas, portas que renxen, cortinaxes que se axitan, badaladas sinistras, igrexas abandonadas, tumbas, damas mortas, momias, espectros e todo tipo de mortos en todos os seus estados posibles. E, sobretodo, sobretodo, o Mal, canto máis inconcreto e inasíbel, inasíbel, mellor.

7


Os autores A nómina é longa e vai desde os pioneiros do gótico ao renacemento do xénero nos nosos días, seducindo a grandes plumas da literatura universal: Walpole e Radcliffe, Radcliffe, “Monk” Monk” Lewis, Lewis, Mary Shelley, Shelley, Walter Scott, Scott, Washintong Irving, Irving, Conan Doyle, Doyle, H.G. Wells, Wells, Robert Louis Stevenson, Stevenson, Emily Brontë, Brontë, Hoffman, Hoffman, Víctor Hugo, Hugo, Gustavo Adolfo Bécquer, Bécquer, Huyssmans, Huyssmans, Merimée, Merimée, Maupassant, Maupassant, L’Isle L’Isle Adams, Adams, Edgar Allan Poe, Poe, Robert Chambers, Chambers, Henry James, James, Edwar Lucas Withe, Withe, Rafael Dieste, Dieste, Rudyard Kipling, Stoker, Oscar Kipling, Bram Stoker, Wilde, Wilde, H. G. Wells, Wells, Robert Browning, Browning, Arthur Machen, Machen, Joseph Conrad, Conrad, Lovecraft, Lovecraft, Ánxel Fole... Fole...

8


Stevenson e

O demo da botella

So Keawe took the bottle up and dashed it on thee floor till he was weary; but it jumped on the floor like a child's ball, and was not injured. "This is a strange thing," said Keawe. "For by th touch of it, as well as by the look, the bottle should be of glass." "Of glass it is," replied the man, sighing more heavily than ever; "but the glass of it was tempered in the flames of hell. An imp lives in it, and that is the shadow we behold there moving; or so I suppose. If any man buy this bottle the imp is at his command; all that he desires-- love, fame, money, houses like this house, ay, or a city like this city--all are his at the word uttered. Napoleon had this bottle, and by it he grew to be the king of the world; but he sold it a the last, and fell. Captain Cook had this bottle, and by it he found his way to so many islands; but he, too sold it, and was slain upon Hawaii. For, once it is sold, the power goes and the protection; and unless a man remain content with what he has, ill will befall him." "And yet you talk of selling it yourself?" Keawe said. "I have all I wish, and I am growing elderly," replied the man. "There is one thing the imp cannot do--he cannot prolong life; and, it would not be fair to conceal from you, there is a drawback to the bottle; for if a man die before he sells it, he must burn in hell for ever."

9


Frankenstein

de Mary Shelley

Unha desapracíbel noite de novembro contemplei o final dos meus esforzos. Cunha ansiedade que raiaba na agonía, dispuxen ao meu redor os instrumentos que me permitirían infundir un folgo de vida na cousa inerte que xacía aos meus pés. Era xa a unha da madrugada; a choiva batía as fiestras soturna e a vela estaba a piques de consumirse cando, so a amortecida luz da candea, vin como a criatura abría os seus ollos amarelos e apagados. Respirou moi fondo e un movemento compulsivo sacudiulle o corpo todo.

10


L’Horla de

Guy de Maupassant

“Baixo ata a beira do río e, de súpeto, tras un breve paseo, regreso desolado, coma se algunha desgraza me agardase na casa. Por que? É un arrepío que me roza a pele, que me creba os nervios e me asombra a alma? É a forma das nubes, a cor do día, a cor das cousas, tan variábel, que ao pasar polos meus ollos, perturba os meus pensamentos? Quen sabe! Todo o que nos rodea, todo o que vemos sen miralo, todo o que nos roza sen coñecelo, todo o que tocamos sen apalpalo, todo o que atopamos sen distinguilo, terá sobre nós, sobre os nosos órgaos e por medio deles sobre as nosas ideas, sobre o noso propio corazón, efectos rápidos, sorprendentes e inexplicábeis?

11


El monte de las ánimas de Bécquer

Dicen que después de acaecido este suceso, un cazador extraviado que pasó la noche de difuntos sin poder salir del Monte de las Ánimas, y que al otro día, antes de morir, pudo contar lo que viera, refirió cosas horribles. Entre otras, asegura que vio a los esqueletos de los antiguos templarios y de los nobles de Soria enterrados en el atrio de la capilla levantarse al punto de la oración con un estrépito horrible, y, caballeros sobre osamentas de corceles, perseguir como a una fiera a una mujer hermosa, pálida y desmelenada, que con los pies desnudos y sangrientos, y arrojando gritos de horror, daba vueltas alrededor de la tumba de Alonso.

12


Allan Poe e

Arthur Gordom Pym

Of my own thoughts it is folly to speak. Swooning, I staggered to the opposite wall. For one instant the party upon the stairs remained motionless, through extremity of terror and of awe. In the next, a dozen stout arms were tolling at the wall. It fell bodily. The corpse, already greatly decayed and clotted with gore, stood erect before the eyes of the spectators. Upon its head, with red extended mouth and solitary eye of fire, sat the hideous beast whose craft had seduced me into murder, and whose informing voice had consigned me to the hangman. I had walled the monster up within the tomb! 13


Sobre a morte do Bieito de Rafael Dieste

E alá pola alta noite -non o puiden evitar- funme camiño do camposanto, coa solapa subida, ao arrimo dos muros. Cheguei. O cerco por unha banda era baixiño: unhas pedras mal postas, apreixadas por edras e silveiras. Paseino e fun dereito ao sitio…Deiteime no chan, apliquei a orella e axiña o que oín xioume o sangue. No seo da terra unhas unllas desesperadas rabuñaban nas táboas. Rabuñaban? Non sei, non sei. Alí preto había un sacho… 14


O CONTO INFANTIL

É un territorio completamente conquistado pola Fantasía. O lector infantil é o mellor disposto a entrar no xogo da ficción non realista, pero as obras que hoxe consideramos para nenos non sempre tiveron inicialmente este tipo de lector como destinatario. As fronteiras entre a literatura para adultos e para neno son difusas.

1


Desde cando hai libros para nenos?

É no século XIX cando a infancia comeza a concibirse como unha etapa diferenciada na vida humana, que merece unha especial atención. A literatura que consomen os nenos con anterioridade ao XVII non está especificamente dirixida a eles. Son silabarios, bestiarios, ou fábulas.

2


Os autores do XVII e o XVIII reciclan as vellas lendas.

Nesta etapa comezan a aparecer autores que recollen da tradición oral aquelas historias nas que prima o elemento fantástico, pois estas eran as que a sabidoría popular fora decantando como máis apropiadas para o público infantil. Destacan Perrault, Perrault, Madame Leprince de Beaumont, Beaumont, Félix María de Samaniego e Tomás de Iriarte. Iriarte. E neste período aparecen, ademais, dúas obras mestras do xénero: As viaxes de Gulliver de Jonathan Swift e Robinson Crusoe de Daniel Dafoe. Dafoe. 3


O século XIX

Os nenos empezan a ser merecedores da atención de plumas prestixiosas como a dos Irmáns Grimm, Grimm, Andersen, Andersen, Óscar Wilde e en España o Saturnino Calleja da expresión “tienes “tienes más cuento que Calleja”. Calleja”. Ademais do conto, a novela para lector infantil dá títulos como Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll, Carroll, A illa do tesouro de R. L. Stevenson, O libro da selva de Rudyard Kipling ou As aventuras de Tom Sawyer de Mark Twain. Twain. 4


O século XX e o XXI

Á par da aparición de novos títulos emblemáticos Peter Pan, O vento nos salgueiros, Pippi Calzaslongas, e da extraordinaria explosión creativa da segunda metade do XX con autores como Roald Dahl, Dahl, Gianni Rodari, Rodari, Michael Ende, René Gosciny, Gosciny, Chistine Nöstlinger...asistimos Nöstlinger...asistimos á revisión dos contos clásicos e dos seus heroes e heroínas: lobos bos, princesas intrépidas, piratas covardes... E a creatividade non se reduce aos textos: os ilustradores e as súas obras cobran novo protagonismo ao tempo que surxen formatos pouco convencionais para as historias (gravacións da lectura, esmeradas ilustracións, troquelado, troquelado, música...) e prodúcense saltos ao cine, á banda deseñada, aos videoxogos ou á música clásica e o ballet 5


Robinson Crusoe Daniel Defoe

Os meus pensamentos estaban agora consagrados a atopar os medios para asegurarme contra os salvaxes e as bestas que puider haber na illa... Boteille conta ao que podía necesitar de xeito indispensábel: antes da máis nada, auga doce e aire saudábel; despois, abrigo e seguranza; e, finalmente, se Deus me enviaba algún barco que pasar preto, non perdese eu esa oportunidade de me salvar. 6


Peter Pan James Mathew Barrie

E daquela, unha noite, produciuse a traxedia. Era primavera e xa se acabara o conto por esa noite e Jane estaba xa durmida na súa cama. Wendi estaba sentada no chan, moi preto do lume, para poder ver mentres zurcía, pois non había luz ningunha no cuarto e, mentres cosía escoitou un grallar. Entón a fiestra abriuse dun sopro coma noutros tempos e Peter pousouse no chan. Estaba exactamente igual ca sempre e Wendy viu ao momento que aínda conservaba todos os seus dentes de leite. El era un meniño e ela era unha persoa grande. Aniñouse á carón do lume sen atreverse a buligar, impotente e culpáble, unha muller adulta. 7


As bruxas Roald Dahl

—Esta noite- díxome- heiche contar como coñecer unha burxa de verdade cando a vexas. —E pode un estar certo de sabela recoñecer?- preguntei. —Non —dixo- non podes. Aí está o problema. Pero podes atinar o máis das veces. Deixaba caer a cinza do charuto por riba da saia e eu confiei en que non comezase a arder antes de me contar como recoñecer a unha bruxa. —O primeiriño de todo -dixo- é que unha BRUXA DE VERDADE sempre ha levar luvas cando a vexas. —Sempre, sempre non ha ser- dixen- No verán non has levar, ou? -Leva, leva. Mesmo no verán. Non lle queda outra. Queres que che diga o porqué? —Por que? —Porque no ten unllas. En vez de unllas, ten unhas poutas finas e curvadas coma as dos gatos e leva as luvas para que ninguén llo saiba. O que pasa é que tamén moitas señoras respectabeis levan luvas, e máis no inverno; daquela iso non serve moito para 8 identificalas.


A illa do tesouro Robert L. Stevenson

..hospedouse na nosa casa un vello lobo de mar que tiña a face curtida pola intemperie e sucada de arriba abaixo por unha sinistra marca que lle deixara un terríbel golpe de sabre. Persiste no meu maxín, tan claro coma a luz do día -coma se aínda fose onte- a lembranza da entrada que fixo o home aquel, que se presentou na nosa hospedaría arrastrando os pés e cun carriño atrás no que levaba un pesado cofre de mariñeiro. Era alto, ancho de costas, garrido e mouro de pel. A guedella de pelo, que levaba recollida e embreada, caíalle nas costas rozándolle a casaca vella, suxa e tirando a verde, que levaba chea de manchas. As mans tíñaas agretadas, sucadas de marcas imborrábeis, as unllas partidas e porcas. Pero o que primeiro me chamou a atención nel, era a pegada que lle cruzaba a meixela dereita, desde a mandíbula até o sen. Asubiando entre os dentes andou un cacho a espreitar a enseada próxima até que, de súpeto, virándose de costas ao mar, mentres regresaba á hospedaxe, entoou aquela estraña e antiquísima canción que tantas veces ouvín despois cantar , nas súas interminábeis horas de soidade e ocio:

“Quince homes sobre o cofre do morto, ha, ha, ha! E unha botella de ron!

9


La fea durmiente Yanitzia Canetti

En un precioso castillo De una primorosa villa Perdida en un bosquecillo Naciรณ una fea chiquilla Sus padres, sin embargo, No la vieron horrorosa Es mรกs, pensaban que era La princesa mรกs hermosa 10


Ceniciento Yanitzia Canetti

Ya no hay mรกs cenicientas, queridos, lo lamento, porque esta vez le toca el turno a Ceniciento

11


Harry Potter (o videoxogo) J.K. Rowling/Electronic Arts

O obxectivo do xogo é explorar Hogwarts e seguir a historia do libro e a pelícua. Hogwarts é totalmente explorábel a meirande parte do tempo e hai “puntos por descoberta” que fornecen de recompensas aos xogadores e que poden ser activadas completando misións. Ademais hai batallas entre grupos de estudantes.

12


As crónicas de Narnia (a película) C. S. Lewis/Andrew Adamson

”Que habería dentro do armario? A nena mirou cara o interior. Había moitos abrigos e o máis deles de pel. Introduciuse no enorme roupeiro e camiñou entre os abrigos, en cato esfregaba a súa face contra eles. Deixara a porta aberta, pois comprendía que había ser unha tolemia encerrarse dentro. Estaba escuro abondo e mantivo os brazos estirados para non topar co fondo. Deu un paso, dous, despois tres…Non daba chegado ao fondo (…) Inclinouse para tocar o chan e o que tocou foi algo lene, unha poeira fría. E despois notou que o que lle daba na cara xa non eran as teas do armario, senón algo duro, ríspeto que mesmo se lle espetaba na pel. -Como? Se non parecen pólas de árbores! 13


Pedro e o lobo (conto popular ruso) Prokofiev

Achegouse e comezou a berrar: -Socorro, o lobo, que vén o lobo! A xente do pobo colleu o que tiña a man e foi axudar ao pobre pastor que pedía auxilio, pero cando chegaron alí, descubriron que todo fora unha chanza do pastor, que estordegaba coa risa, e andaba aos rebolos polo chan, agarrándose á barriga. Os aldeáns decidiron volver ás súas casas, pero ían anoxados porque non lles fixera graza a broma de Pedro. Cando marcharon, o pastor pensou que podía repetila e así non estaría tan aburrido todo o día só a coidar nas ovellas. 14


A FANTASÍA ÉPICA OU HEROICA

É un mundo de epopea, cheo de guerreiros, perigos, batallas, criaturas fantásticas, viaxes, heroes, aventuras e maxia. Nace da fusión das novelas de aventuras, a mitoloxía, os contos de maxia e a novela gótica. Os seus antecedentes témolos nas epopeas antigas: Xilgamesh, Xilgamesh, Odisea, a materia de Bretaña, as novelas de cabalarías. cabalarías. 1


Un medievo inventado

Polo xeral, a ambientación medieval é a preferida, aínda que tamén achamos cronoloxías anteriores recreacións do mundo gregogregoe proxeccións cara adiante que presentan mundos tecnoloxizados nos que perviven as prácticas máxicas 2


Os personaxes

Seres dotados de calidades extraordinarias: fortes, valentes, afoutos, xenerosos e presos dun destino que os arrastra dun lugar a outro, dunha aventura a outra. Fronte aos heroes da épica clásica que eran estereotipos, estes heroes da fantasía épica viven experiencias transformadoras que os modifican. 3


Viaxes e viaxeiros

Se non hai viaxe, non pode haber aventura. A maior parte dos autores condenan aos seus personaxes a realizar travesías iniciáticas que comezan coa primeira páxina e rematan co final do libro. Seguir un itinerario en pos dun obxectivo final, perderse ou sufrir vicisitudes e atrancos no camiño, constitúen elementos fundamentais para a trama. 4


As guerras

A epopea clásica recreábase na descrición das batallas e esta mesma fascinación pola violencia está presente no ciclo artúrico e na novela de cabalarías. A fantasía épica, fiel aos seus antecedentes literarios, non despreza a ocasión de ofrecernos os fazañosos e sanguiñentos combates dos seus heroes. 5


Os animais fantásticos

Criaturas asimilábeis a mitoloxías tradicionais como a xermánica, a escandinava ou a eslava (fadas, trasnos, elfos, arpías. arpías. que poden non aparecer, o que é raro, ou poden ser o cerne mesmo da historia. Se imos xulgar pola frecuencia con que se citan nestas historias, un ser case imprescindíbel no xénero é o dragón. 6


A maxia

É un ingrediente fundamental. Pode aparecer nas historias como próxima á súa extinción, proscrita ou reinventada mesmo na terminoloxía coa que se alude a ela, pero estará presente de mil maneiras: libros, espadas, palabras e conxuros, profecías, dons e atributos... Hai magos, ordes máxicas, rituais, mesmo escolas de feiticeiros e feiticeiras. Sen a maxia, a fantasía épica non se sustenta.

7


Verosimilitude: territorios, personaxes, eras...

Unha característica da fantasía heroica é a de crear mundos de ficción pechados, nos que non se desenvolve unha soa historia, senón unha urdime delas, a imitación da épica tradicional. A miúdo, o autor non se limita á creación de personaxes e argumentos, senón que debe crear sintaxes narrativas, con xeografías moi complexas e cronoloxías fantásticas cos seus propios cómputos. E vese na necesidade de inventar unha documentación adicional que explique os antecedentes do seu mundo ficcional e que os enriqueza. 8


Verosimilitude: unhas regras para a ficción

A fantasía é fantasía porque transgride a “normalidade”, pero, dentro da convención, ten que haber unhas regras, unha orde lóxica que dotará de coherencia ao relato, que lle permitirá ser irreal, pero perfectamente verosímil. Esta característica é a que facilita a adaptación de moitas de estas historias ao formato videoxogo ou ao dos “xogos de rol”.

9


Xénese e evolución (antes de 1935)

De tradición fundamentalmente anglosaxona, autores de todas as nacionalidades fixeron as súas achegas. Nos fins do século XIX e comezos do XX aparecen autores significativos entre os pioneiros: H. Rider Haggard (Eric, Eric, ollos dourados), William Morris (O bosque do fin do mundo) ou Lord Dunsany (A espada de Wellerand) Wellerand) 10


Os primeiros bestbest-sellers

Salvando o parón que supuxo a II Guerra Mundial, entre 1930 e 1980 desenvólvese unha primeira idade de ouro, na que a sona dos autores dá a pauta da extraordinaria difusión das historias, bestbest-sellers internacionais: Robert E. Howard e o seu coñecidísimo heroe Conan o bárbaro. bárbaro. J.R.R. Tolkien e as súas sagas, C.S. Lewis e a heptaloxía de Narnia, Narnia, Úrsula D. LeGuin e os seus relatos de Terramar. Terramar. Ana María Matute con su Trilogía Medieval ou o seu más tardío Olvidado Rei Gudú, Gudú, Michael Ende e a Fantasía da Historia Interminábel. 11


A idade de ouro

Desde os anos oitenta ata a fin do século XX, a maior parte destas historias, (algunhas xa foran éxitos de taquilla) taquilla) pasan ao cine, ao cómic, aos xogos de rol... Isto deulle ao xénero unha popularidade que desembocou na creación de numerosas novelas. Con desigual calidade, difúndense no formato de sagas. As primeiras entregas son normalmente clásicos do subxénero, aínda que tamén hai aproximacións desde o humor que parodian os mundos heroicos e máxicos. 12


As sagas

Os autores máis sonados son David Eddings coa pentaloxía das Crónicas de Belgarath, Margareth Weiss e Tracy Hickman coa triloxía das Crónicas de Dragolance, Robert Jordan con A roda do tempo, tempo, R. A. Salvatore coa triloxía O elfo escuro e os seguintes da saga dos Reinos Olvidados. Olvidados.

13


Os últimos tempos

Co cambio de milenio, as historias deixan de ser moralistas, maniqueas e andróxinas e o fracaso do heroe é por primeira vez unha posibilidade narrativa. Entre os autores e obras máis importantes estarían George R. R. Martin coa serie Canción de hielo y fuego ou Laura Gallego coa saga das Memorias de Idhún. 14


Os lectores

O xénero está dirixido tanto a nenos como a adultos, pois dentro do subxénero hai unha certa especialización na recepción das obras. A Historia interminable, As crónicas de Narnia ou os libros de Harry Potter, Potter, poden ser lidos por un adulto, pero o feito de que os protagonistas sexan nenos e de que as historias sexan sinxelas, inclinan máis cara un lector de pouca idade. O Hobbit, Hobbit, O señor dos Aneis, Olvidado rei Gudú, Gudú, serían obras para todos os públicos, con diversos niveis de interpretación. Finalmente, as obras do último tramo na evolución do xénero que non se ruborizan en tratar con crueza cuestións como a sexualidade ou tabús como o incesto parecen menos adecuadas para o público infantil. 15


OS CLÁSICOS E A FANTASÍA

Baixo esta etiqueta non glosamos unha literatura de xénero. Calquera autor, de calquera época, pode ter botado man da fantasía nas súas novelas con fins diversos, sen que estas sexan susceptíbeis de seren clasificadas como literatura fantástica. Por iso non se trata dunha literatura con características específicas, sen sequera son claramente identificábeis ás veces. 1


Algunhas derivacións

Sen chegaren a crear un subxénero, hai algúns camiños, de lindeiros difusos, que os autores veñen transitando e nos que, nalgún momento, topan co elemento fantástico: fantástico: • A fantasía como parábola para explicación dunha tese filosófica. • A fantasía como espello alucinante e crítico dunha realidade invertida. • A fantasía como metáfora de mundos interiores, abafantes e anguriados. anguriados.

2


As utopías

Tomás Moro, Campanella, Campanella, Voltaire, Voltaire, Orwell ou Aldous Huxley son autores moi diferentes que coinciden no aproveitamento da fantasía. As peripecias, sociedades e personaxes que inventan son levados ao extremo até rozaren o fantástico se non son declaradamente irreais, Era o seu xeito de dicir non á intolerancia, ao egoísmo, ao control do individuo por parte dos estados, aos riscos da deshumanización que comportaría a tecnoloxía... Invencións e fantasías para evidenciar problemas ben obxectivables. obxectivables. 3


Novelas suprarrealistas? suprarrealistas?

Por que non decidirse por vivir nas árbores e pasear de copa en copa cada noite? Nas alegorías e simbolismos da triloxía I nostri antenati, Italo Calvino bota man da fantasía para explicar o desengano fronte ao absurdo que se lle volve o mundo real.

4


O realismo máxico

De Carpentier e García Márquez a Laura Esquivel e Isabel Allende, Allende, toda unha nómina de autores latinoamericanos que mesturan nas súas obras, en fermoso equilibrio, o marabilloso e o real.

5


Alucinados e inadaptados en pugna co racional

Algúns como o personaxe de El túnel de Sábato, Sábato, levan tan ao extremo a esixencia racional que mesmo destrozan a lóxica e a razón. Outros seres marxinais como o protagonista de O perfume de Süskind, Süskind, incapaz de amar e deitar cheiro pero extraordinariamente dotado para percibilos. E, entre os tolos xeniais, o tolo máis literario de todos, o que toleou por vivir nun mundo de fantasía, o Alonso Quijano de Cervantes.

6


O universo Kafka

Vidas grises, incongruentes como pesadelos que esmagan ao individuo co peso da súa realidade ineludíbel. Individuos que se metamorfosean en insectos, ocupando dese xeito o lugar que propiamente lles corresponde na escala zoolóxica, procesos xudiciais e burocracias alienantes que parecen imposíbeis percibidos como abafo e ameaza. Non senso, delirio, angustia. 7


El Aleph Jorge L. Borges

El inmortal Pensé en un mundo sin memoria, sin tiempo; consideré la posibilidad de un lenguaje que ignorara los sustantivos, un lenguaje de verbos impersonales y de indeclinables epítetos. Así fueron muriendo los días y con los días los años, pero algo parecido a la felicidad ocurrió una mañana. Llovió, con lentitud poderosa.

8


O vizconde demediado Italo Calvino

A besta del vizconde disparaba desde había tempo só ás andoriñas, pero non para matalas, senón para ferilas e deixalas tolleitas. Pero agora empezaban a verse no ceo andoriñas coas patiñas vendadas e enxesadas ou coas ás pegadas con esparadrapo; había toda bandada de andoriñas recompostas que voaban con prudencia todas xuntas como convalecentes dun hospital paxareiro e, inverosimilmente, dicíase que o propio Medardo era o doutor. 9


Escola de menciñeiros Álvaro Cunqueiro

Pardo era un grande xogador de lotería; pro xogaba sen xogar, que non mercaba billete nin parte. Apuntaba os números. A súa teses –e téñolla ouvido máis de dúas veces- consistía no que segue: todos temos, unha vez na vida, unha lúa de sorte, esa que os negros de campo en Cuba chamaban ¨la pomposa¨; pódese saber cando vén esa lúa. 10


Como agua para chocolate Laura Esquivel

Mi abuela tenía una teoría muy interesante, decía que si bien todos nacemos con una caja de cerillas en nuestro interior, no las podemos encender solos, necesitamos oxígeno y la ayuda de una vela. Sólo que en este caso el oxígeno tiene que provenir, por ejemplo, del aliento de la persona amada; la vela puede ser cualquier tipo de alimento, música, caricia, palabra o sonido que haga disparar el detonador y así encender una de las cerillas. Por un momento, nos sentiremos deslumbrados por una intensa emoción.

11


Misericordia Benito Pérez Galdós

Yo hago caso de los sueños, porque bien podría suceder, una comparanza, que los que andan por allá vinieran por aquí y nos trajeran el remedio de nuestros males. Debajo de la tierra hay otro mundo, y el toque está en saber cómo y cuándo podemos hablar con los vivientes soterrados. Ellos han de saber lo mal que estamos por acá y nosotros vemos lo bien que por allá lo pasan. (…) No se si me explico, digo que no hay justicia, y para que la “haiga” soñaremos todo lo que nos de la gana, y soñando, un suponer, traeremos acá la justicia” 12


A metamorfose Franz Kafka

Cando Gregorio Samsa espertou aquela mañá a seguir dun soño axitado, atopouse convertido nun insecto monstruoso. Estaba deitado sobre a cuncha quitinosa das súas costas e ao erguer un pouco a cabeza viu a figura convexa do seu ventre escuro, sucado por curvadas durezas, cunha prominencia que apenas se podía soportar a colcha que estaba a piques de esvarar cara o chan. Innumerábeis patas lamentablemente... 13


Cien años de soledad Gabriel García Márquez

El mundo era tan reciente, que muchas cosas carecían de nombre, y para mencionarlas había que señalarlas con el dedo. Todos los años, por el mes de marzo, una familia de gitanos desarrapados plantaba su carpa cerca de la aldea y con un grande alboroto de pitos y timbales daban a conocer los nuevos inventos. Primero llevaron el imán. Un gitano corpulento, de barba montaraz y manos de gorrión, que se presentó con el nombre de Melquíades, hizo una truculenta demostración pública de lo que él mismo llamaba la octava maravilla de los sabios alquimistas de Macedonia. Fue de casa en casa arrastrando dos lingotes metálicos, y todo el mundo se espantó al ver que los calderos, las pailas, las tenazas y los anafes se caían de su sitio, y las maderas crujían por la desesperación de los clavos y tornillos tratando de desenclavarse, y aun los objetos perdidos desde hacía mucho tiempo aparecían por donde más se les había buscado y se arrastraban en desbandada turbulenta detrás de los fierros mágicos de Melquíades.

14


Falsa novela china Ramón Gómez de la Serna

-El mar está lleno de pañuelos de despedida– ha dicho ella cuando el mar está un poco picado. -El mar es hoy bodega de botellas con misivas dentro– dijo el día oscuro en que la tormenta lo había sembrado de leños astillados. El marinero de gorra japonesa sobre los ojos miraba con los catalejos interminables de los que sacan cien escalones para las distancias, pero no veía a su novia sentada como clueca sobre los pies chiquitillos. El marinero de la gorra japonesa alargaba siempre más y más su catalejo, ensanchándole las articulaciones, yendo a tropezar con el horizonte frente a su último desarrollo. 15


El perfume Patrick Süskind

Na época da que falamos reinaba nas cidades un cheiro fedento apenas imaxinábel para o home moderno. As rúas alcatreaban a ouriños, os ocos das escaleiras apestaba a madeira podre e excrementos de rata; as cociñas a col podre e graxa de carneiro; as estancias sen ventilación apestaban a poeira balorenta; as alcobas a sabas graxumentos, a edredóns húmidos ademais do penetrante olor adocicado das ouriñais. As chemineas fedían a xofre; as fábricas de curtidos, a lixivias cáusticas, os matadoiros a sangue callado. Homes e mulleres cheiraban a suor e a roupa suxa; nas súas bocas apestaban os seus dentes infectados, os alentos cheiraban a cebola, e os corpo se xa non eran novos a queixo acedo, leite agre e tumores malignos. Apestaban os ríos, apestaban as prazas, apestaban as igrexas e o cheirume respirábase por igual baixa das pontes ca nos palacios.

16

Un lugar fantástico  

Estas páxinas decoran as mesas da nosa biblioteca, amosando os diferentes subxéneros fantásticos que poñemos á túa disposición.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you