cinco
catro
tres dous
un
cero
Imos no foguete! Traballo por tarefas
2º ESO – Curso 2015/2016 Departamento Física e Química – IES Pino Manso
Tarefa: Traballo de investigación sobre o desenvolvemento da carreira espacial na década dos anos sesenta do século pasado.
Etapa: E.S.O.
Nivel: 2º curso
Área: Ciencias da Natureza (Bloque de Física)
Profesoras: Juana Mª Rial Zueco e Mª José E. López Novo
O alumnado terá que levar a cabo un conxunto de actividades para dar a coñecer o desenvolvemento da carreira espacial durante os anos sesenta do século pasado. Van elixir a forma de organizar e facer chegar dita información ao resto dos compañeiros e a outros membros da comunidade educativa. Deben planificar as accións a desenvolver, distribuír e realizar os traballos e acoutalos no tempo. Como produtos finais poden elixir entre:
Elaborar un cartel ou unha infografía (en soporte dixital). Deseñar unha presentación (Power Point, Prezi, …). Facer un vídeo ou gravar un programa de radio. Facer un cómic. Elaborar unha liña de tempo. Escribir un relato breve (e leer ou gravar a narración). Escribir e representar un sketch de teatro (de cinco a dez minutos). Compoñer, gravar e difundir unha canción ou unha coreografía sobre o tema.
A tarefa vaise desenvolver no contexto educativo, para todos os grupos de alumnado de 2º da ESO.
Forma parte das contribucións de área e materia ao proxecto de centro “Cóntame os 60”. O devandito proxecto de centro vai dirixido a todo o alumnado con motivo da preparación dos actos culturais asociados á celebración do 50 aniversario do noso centro. Está integrada no currículo da materia da área para ese nivel e foi elixida por ser o feito tecnolóxico - científico máis salientable desa década. Os produtos realizados formarán parte da exposición que se montará sobre o proxecto do centro no remate das sesións lectivas do curso.
De programarse nas conmemoracións algunha xornada de portas abertas, a información chegaría tamén aos pais e nais do alumnado, e transcendería á contorna do colexio.
En dúas das aulas do nivel (grupos 2º ESO A e 2º ESO B) o alumnado vai a traballar organizado en equipos de traballo cooperativos. No grupo 2º ESO A, cunha ratio de 20 alumnos/as, están constituídos 5 equipos permanentes de AC, integrados por catro membros cada un. No grupo 2º ESO B, cun total de 14 alumnos/as descontado o alumnado que sae da aula ordinaria cara ao agrupamento, están conformados catro equipos de AC, dous dos cales aglutinan a 4 membros, e o resto con tres. Na aula de 2º ESO C o alumnado (14 alumnos e alumnas en total, descontados tamén aqueles/as que saen a agrupamento) vai traballar de xeito colaborativo en gran grupo. Esta diferente organización nunha das tres aulas vainos permitir recoller e analizar información sobre a influenza que as distintas estruturas organizativas teñen na cantidade e calidade dos contidos traballados e no tipo de aprendizaxes desenvolvidos. Na aula de agrupamento, dadas as dificultades do seu alumnado para enfrontarse a unha tarefa deste tipo, o avanzado do curso na época na que se vai desenvolver e atendendo ás valoracións sobre a pertinencia de levalo a cabo da docente responsable da materia nese grupo, o departamento decidiu non incorporalos á realización da tarefa.
Nos grupos 2º ESO A e 2º ESO B (organizados en equipos cooperativos) van a desenvolver a tarefa empregando estruturas de traballo cooperativo simples e complexas. Nesas dúas aulas, os contidos da tarefa vanse dividir en subtemas, empregando a técnica cooperativa complexa dos Grupos de Investigación para distribuír os mesmos entre os diferentes equipos , que terán que traballalos para despois ensinalos ao resto dos seus compañeiros. No desenvolvemento das actividades que conforman as tarefas os equipos van a facer uso de estruturas cooperativas simples variadas (1-2-4, lapis ao medio, lectura compartida, resumo a catro bandas, folio xiratorio, grupo nominal, etc.), adaptadas á concreción da tarefa a desenvolver en cada caso. Na aula de 2º ESO C, o alumnado vai colaborar na tarefa desenvolvendo aquelas accións das actividades para as que amosa un maior nivel de competencia en función das súas fortalezas persoais, participando activamente e dando axuda aos compañeiros que precisen das súas achegas. En relación coa avaliación, vaise avaliar a planificación, o produto e tamén o proceso. Dentro do proceso, a observación do traballo cooperativo ou a colaboración no grupo terá un peso importante (30%, similar ao establecido na valoración de actividades de grupo na programacións da materia). Ademais da avaliación das profesoras, o alumnado vai participar de xeito activo na avaliación, autoavaliando o seu traballo e coavaliando o dos seus compañeiros. Os instrumentos de avaliación serán variados: lista de cotexo para avaliar a planificación, cadros de observación e dianas para avaliar o traballo en equipo ou a colaboración no grupo, e rúbricas para avaliar os produtos e a participación no proxecto.
Afondar na cultura científica do alumnado incorporando os avances relevantes da Ciencia e da Tecnoloxía na década na que foi creado o noso instituto. Capacitar ao alumnado para explicar de xeito científico fenómenos físicos e naturais. Mellorar as destrezas tecnolóxicas e comunicativas nos alumnos e nas alumnas. Potenciar a aprendizaxe autónoma e desenvolver o sentido da iniciativa e espírito emprendedor. Atender á diversidade do alumnado ofertando diferentes produtos relacionados coas distintas intelixencias e preferencias do noso alumnado. Promover actitudes e valores éticos fronte a problemas relacionados co impacto das ciencias e da tecnoloxía no contorno e nas sociedades.
Bloques de contidos Bloque 1. A actividade científica
Contidos B1.3. Aplicacións da ciencia á vida cotiá e á sociedade.
B1.2. Valorar a investigación científica e o seu impacto na industria e no desenvolvemento da sociedade.
B1.4. Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades.
B1.3. Aplicar os procedementos científicos para determinar magnitudes.
B1.6. Procura e tratamento de información. B1.2. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.
B1.5. Extraer de forma guiada a información sobre temas científicos de carácter divulgativo que aparece en publicacións e medios de comunicación.
B1.6. Proxecto de investigación. Bloque 4. O movemento e as forzas
Criterios de avaliación
B4.1. Forzas: efectos.
B4.3. Velocidade media.
B4.7. O rozamento e os seus efectos. B4.8. Forza gravitatoria.
B1.6. Desenvolver pequenos traballos de investigación nos que se poña en práctica a aplicación do método científico e a utilización das TIC. B4.1. Recoñecer o papel das forzas como causa dos cambios no estado de movemento e das deformacións.
B4.2. Establecer a velocidade dun corpo como a relación entre o espazo percorrido e o tempo investido en percorrelo. B4.5. Comprender o papel que xoga o rozamento na vida cotiá. B4.6. Considerar a forza gravitatoria como a responsable do peso dos corpos, dos movementos orbitais e dos niveis de agrupación no Universo, e analizar os factores dos que depende. B4.8. Recoñecer os fenómenos da natureza asociados á forza gravitatoria.
Actividade 1: Busca de información sobre os acontecementos máis importantes na historia da carreira espacial.
Actividade 2: Selección de información para que sexa relevante e axeitada ao público ó que vai dirixida. Estruturación da información.
Actividade 3: Unha vez elixido o soporte no que se vai a presentar a información, organizar o traballo de elaboración de dito soporte, indicando os pasos a seguir ata chegar ao o produto final. Actividade 4: Desenvolver cálculos físicos e químicos sobre actividades relacionadas coa exploración espacial (velocidade das naves, tempo das viaxes, mesturas combustibles empregadas, forzas de propulsión, aceleracións, etc.)
Actividade 1
2
3
Estándares avaliables
Competencias clave
FQB1.1.2. Rexistra observacións e datos de maneira organizada e rigorosa, e comunícaos oralmente e por escrito utilizando esquemas, gráficos e táboas.
CCL CMCCT
FQB1.2.1: Relaciona a investigación científica con algunha aplicación tecnolóxica sinxela na vida cotiá.
CCEC CMCCT
FQB1.3.1. Establece relacións entre magnitudes e unidades utilizando, preferentemente, o Sistema Internacional de Unidades para expresar os resultados. FQB1.5.1: Selecciona e comprende de forma guiada información relevante nun texto divulgación científica, e transmite as conclusións obtidas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade.
CMCCT
FQB1.5.2: Identifica as principais características ligadas á fiabilidade e á obxectividade do fluxo de información existente en internet ou outros medios dixitais.
CAA CD CSD
FQB4.1.1. En situacións da vida cotiá, identifica as forzas que interveñen e relaciónaas cos seus correspondentes efectos na deformación ou na alteración do estado de movemento dun corpo.
CMCCT
FQB4.2.2. Realiza cálculos para resolver problemas cotiáns utilizando o concepto de velocidade media.
CMCCT
FQB4.5.1. Analiza os efectos das forzas de rozamento e a súa influencia no movemento dos seres vivos e os vehículos.
CMCCT
FQB4.6.1. Relaciona cualitativamente a forza de gravidade que existe entre dous corpos coas súas masas e a distancia que os separa.
CMCCT
FQB4.6.2. Distingue entre masa e peso calculando o valor da aceleración da gravidade a partir da relación entre esas dúas magnitudes.
CMCCT
FQB4.6.3. Recoñece que a forza de gravidade mantén os planetas xirando arredor do Sol, e á Lúa arredor do noso planeta, e xustifica o motivo polo que esta atracción non leva á colisión dos dous corpos. FQB1.6.1: Realiza pequenos traballos de investigación sobre algún tema obxecto de estudo, aplicando o método científico e utilizando as TIC para a procura e a selección da información e presentación de conclusións.
CMCCT
FQB1.6.2: Participa, valora, xestiona e respecta o traballo individual e en equipo.
CAA CSC CSIEE
CAA CCL CMCCT
CD CMCCT CSIEE
Presentación da Tarefa
Selección
Planificación
Desenvolvemento
• Orixe. • Finalidades.
• Tema. • Produto.
• Actividades. • Recursos. • Responsabilidades • Tempos. • Busca da información. • Selección e valoración. • Organización. • Tratamento.
Confección do Produto
Difusión
Avaliación
Reflexión Final
• Capacitación no manexo das ferramentas. • Elaboración dos soportes necesarios. • Conformación do produto.
• Aos outros equipos. • Cara ao resto da comunidade educativa. • Na contorna.
• Autoavaliación • Coavaliación • Avaliación da Profesora • Avaliación do traballo de equipo • Valoración final da tarefa. • Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe. • Debilidades e fortalezas. • Propostas de mellora.
Presentación da tarefa ao alumnado polas docentes na primeira das sesións lectivas. Análise da orixe da tarefa no contexto das conmemoracións polo aniversario. Idoneidade do tema elixido polas conexións coa disciplina e cos obxectivos do proxecto común.
Finalidades perseguidas na tarefa.
Introducción do concepto de Carreira Espacial.
Debate sobre o que coñecen/descoñecen do tema.
Entrega aos equipos dun documento base sobre a carreira espacial. Lectura na casa das partes do documento que lles correspondan segundo o reparto. Resumo oral a catro/tres bandas ao comezo da seguinte sesión.
Estrutura cooperativa simple: 1-4 ou 1-3. Temas a desenvolver polos equipos*:
Que é a Carreira Espacial? Feitos históricos do momento. Sondas non tripuladas. Outros planetas do Sistema Solar. Mulleres na Carreira Espacial. Liña de tempo: datas clave na Carreira Espacial. A viaxe á Lúa. Primeira aluaxe. O proxecto Apollo. Unha saga ao servizo da Carreira Espacial. O factor humano: protagonistas da Carreira Espacial. Diferenzas na Carreira Espacial entre EE.UU. e a URRSS. Retos presentes na conquista do espazo: Marte/Base Lunar. Turismo espacial: viaxe connosco ao Sistema Solar!
*: O alumnado pode propoñer outros temas relacionados que sexan do seu interese. Os temas consignados en laranxa foron incorporados á selección do grupo 2º ESO A.
Estrutura cooperativa simple: 1-4 ou 1-3. Equipo ANONYMUS
Estrutura cooperativa simple: 1-4 ou 1-3. Equipo LOS LACASITOS
Estrutura cooperativa simple: 1-4 ou 1-3. Equipo XXM
Estrutura cooperativa simple: 1-4 ou 1-3. Equipo XXM
EQUIPO
Coordinador/a
Secretario/a
TEMA
Anonymus
Sara
Miguel
Chegada á Lúa
Los Lacasitos
Sofía
Mariana
XXM
Xoel
Maia
Vehículos espaciais
Los Papayeros
Ángel
Marta
ProxectoApollo
Mulleres na Carreira Espacial
Estrutura cooperativa simple: 1-4 ou 1-3. Equipo GUĂ?AS ESPACIALES
Estrutura cooperativa simple: 1-4 ou 1-3. Equipo LUPA
Estrutura cooperativa simple: 1-4 ou 1-3. Equipo LEMONADE MIND
Non respectan a estrutura de traballo. Penalizar coa perda dun punto.
Estrutura cooperativa simple: 1-4 ou 1-3. Equipo LUPA
Estrutura cooperativa simple: 1-4 ou 1-3. Equipo LOURO BLUES
Selecciรณn definitiva
EQUIPO
Coordinador/a
Secretario/a
TEMA (Produto)
Turistas espaciais
Miguel
LucíaP
Axencia de Viaxes ao espazo
Apul
PabloB
Adrián
Misión Marte
Tatiana
Retos presentes -Viaxe a Marte: muller e cabalo.
Lemonade Mind
C.O.B.S. Escuadrón 111
SaraC
(Cartel promoción+Cuña publicitaria)
(Power Point)
(Sketch: telexornal+entrevista)
Claudia Brais
Óscar Ainoa
Turismo espacial
(Entrevista: turista millonaria+encargado da nave+tradutores Francés/Inglés)
Que é a Carreira Espacial? Feitos históricos.
(Open Document: texto con imaxes)
Para realizar este proyecto nos vamos a centrar en el primer alunizaje
Vamos a realizar una obra de teatro
Estrutura cooperativa simple: Folio xiratorio. Equipo ANONYMUS
Estrutura cooperativa simple: Folio xiratorio. Equipo LOS LACASITOS
Estrutura cooperativa simple: Folio xiratorio. Equipo XXM
Produto Equipo LOS PAPAYEROS
Equipo LOURO BLUES
El trabajo lo repartimos en 4 campos:
Vestuario: En este campo las personas que están a cargo de él, deben explicar el vestuario de aquel tiempo ( en el power point ), y encontrar un vestuario facil de hacer, económico y lo más antiguo posible. Guión: se encargan de elaborar el guión repartir personajes y organizar las escenas. Decorado: se encargan de elaborar con telas, espacios, etc. en relación con la escena de la época. Power Point: se encargan de elaborar la presentación en la que se explica la historia y de elaborar fondos interactivos
Guión: Sofía, Luiza, Lucía y Noemi Vestuario: Brenda y Laura
Decoración: Miguel, Sergio M., Lucía y Noemi Power Point: Jorge M., Iago, Víctor, Sofía y Luiza Director de la obra: Gabriel (Los puestos de trabajo de cada persona aun no estan bien repartidos por problemas.)
Documento Base
Material Bibliogrรกfico de Consulta
Material Documental na Rede
Fai tres sesións que o alumnado dos grupos A, B e C de 2º da ESO comezou a traballar nesta tarefa. Os equipos elixiron tema e producto acorde cos seus gustos e intereses. Están rematando a fase de planificación e van comezar co desenvolvemento das actividades.
Teñen de prazo ata o 22 de xuño para comformar os productos previstos na tarefa.