Issuu on Google+

Rúa Santiago, 4 · 15300 - Betanzos · Tel: 981 771816

agosto 2013

Antón Coucheiro é actor cómico e guionista. Traballou con compañías galegas como Chévere, Matarile, Factoría ou Pista Catro (da que foi fundador), así como no Centro Dramático Galego e compañías estranxeiras coma a checa Popovici ou a da brasileira Déborah Colker. Coa súa cía. Arrepentimentos de Padrón gañou o Festiclown 2002, e cos seus shows en solitario de rúa e de café-teatro actuou en países coma Mozambique, Brasil, India, República Checa, Cuba, Alemaña, Irlanda e USA. Co seu personaxe clown CIGANÎ colaborou habitualmente en Luar, ademais de participar noutros programas da TVG como Mundo Verbena ou Vai Pola Sombra, e tamén en series como Matalobos, Padre Casares, Pepe o Inglés ou La que se Avecina. Tamén é director de varias curtas emitidas en TVG (Katiuska, Carreiras Secretas, esta premiada no Festival de Cans 2007). Traballou como guionista en prácticas nas series Aída e El Barco e nos programas El Club de La Comedia e El Intermedio, todos eles de Globomedia. Paralelamente desenvolve o seu traballo como pedagogo dando cursos de clown e de impro, e funda a compañía The Momento Impro e a casa de microteatro A Regadeira de Adela.

20.00 h Miradas ao mundo. Conferencia Juan Vicente Boo: «Francisco: Unha revolución na Igrexa?» Juan Vicente Boo (A Pobra do Caramiñal, 1954). Responsable na actualidade da información de ABC desde o Vaticano, é un veterano correspondente que xa estivo en Bruxelas, Nova York e Roma ao longo de logo trinta anos, tendo sido testemuña da entrada de España na Unión Europea en 1985, da primeira guerra do Golfo e da presidencia Clinton en EE UU. Tamén viviu os últimos sete anos de Juan Pablo II, os oito de Benedicto XVI e a elección do Papa Francisco, pontífices que desde 1998 acompañou como periodista a bordo dos seus avións nas viaxes internacionais. Enviado especial en 45 países (Australia, Brasil, China, Dinamarca, Exipto, Francia, Grecia, Haití, India, Xordania, Kazajistán, Líbano, México, Noruega…), alternou a información económica, militar e diplomática co xornalismo cultural e, desde o verán de 1998, afrontou o desafío de informar sobre os papas e o Vaticano. É conselleiro editorial da axencia televisiva Rome Reports. Premio ¡Bravo! de Prensa 2010, outorgado pola Conferencia Episcopal Española.

Ma20

1989 Hai moito humor, moita retranca e ata un chisco de mala uva en 1989, a novela de Xabier López López (Bergondo, A Coruña, 1974) que publica Biblos no momento en que este autor afincado en Betanzos vén de gañar o premio Xerais de novela con Cadeas. Pero aínda sendo amable e evocadora, propia dunha xeración e dunha comarca concreta, a das Mariñas coruñesas, 1989 reflicte tamén a situación de profunda crise que vivimos naqueles anos finais dos oitenta e, nese senso, ten unha doada translación ao presente. Narrada a través de cinco voces diferentes, esta divertida, nostálxica (e feroz) nouvelle ten o seu punto de partida cando un misterioso estranxeiro chegado de ben lonxe, pon literalmente patas arriba a vida e a rutina do Vilar, o aquelado prototipo de calquera concello do país durante aqueles anos nos que remataba un mundo e nacía outro. Xabier López, escritor recoñecido con media ducia de novelas publicadas e diversos premios, é licenciado en Dereito, activista cultural, así como articulista en diferentes medios.

20.00 h Presentación de 1989 de Xabier López López. Con Francisco X. Fernández Naval

1989 ISBN: 978-84-15086-38-3

Ve16

Xo15

Toda a xornada Café con Biblos e Globos

11.30 - 13.00 h Nenos e nenas, primeiro. Os ilustradores Xosé Tomás, Xoti de Luís, Suso Cubeiro, Xoán G. e Manel Cráneo asinarán as súas obras. Haberá globos para todos os nenos. Cinco grandes ilustradores galegos dedicarán os seus libros infantís e de adultos na libraría e na praza de Lanzós.

13.00 h Presentación Café con Biblos e a obra En Betanzos de Alfredo Erias

En Betanzos Alfredo Erias

A libraría Biblos presenta En Betanzos, guía singular escrita e ilustrada por Alfredo Erias para botar unha ollada á cidade e os seus barrios. Un fermoso libro que formará parte do programa Café con Biblos co que a libraría quere agasallar todos cantos se acheguen a ela: un libro + café (ou consumición equivalente: caña, refresco, auga…) na cafetería Lanzós por só 5 €.

Sá17 12.30 h Contacontos: María Inés Cuadrado. Café con Biblos e Globos María Inés Cuadrado López, recoñecida actriz, narradora e docente de amplísima experiencia escénica, é Licenciada en Artes Escénicas titulada pola Escuela Nacional de Arte Dramático da Universidad de Buenos Aires (1987). Durante máis de dez anos complementou a súa formación con cursos e seminarios sobre a palabra escénica, técnica de Fedora Aberastury, técnica corporal, danza, jazz, máscara neutra, clown, técnicas vogais para radio, produción de radio e entrevista periodística, entre outros.

9 788415 086383

XABIER LÓPEZ LÓPEZ

XABIER LÓPEZ LÓPEZ

Tapa dura é unha reflexión cómica sobre a literatura. Os lugares máis insospeitados onde atopar poesía, das letras das cancións do verán ao prospecto dun predictor ou ás instrucións para montar un moble de Ikea. Antón Coucheiro propón un anti-recital de 15 minutos onde nos cruzaremos co humor en cada verso.

Lu19

�rancarsa Novembro 十一月 L

1989

18.00 - 20.00 e 20.30 h Tapa dura de Antón Coucheiro. Tres funcións de microteatro: entrada, 3€

M

M

X

V

S

D

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

obradoiro de xoiaría

O Vilar

Decembro 十二月 L

M

M

X

V

S

D

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31

Hai moito humor, moita retranca e ata un chisco de mala uva en 1989, a novela de Xabier López López (Bergondo, A Coruña, 1974) que publica Biblos no momento en que este autor afincado en Betanzos vén de gañar o premio Xerais de novela con Cadeas. Pero aínda sendo amable e evocadora, propia dunha xeración e dunha comarca concreta, a das Mariñas coruñesas, 1989 reflicte tamén a situación de profunda crise que vivimos a finais dos oitenta e, nese senso, ten unha doada translación ao presente. Xabier López, escritor recoñecido con media ducia de novelas publicadas, é licenciado en Dereito, activista cultural e ata político que foi concelleiro en Betanzos, así como articulista en diferentes medios.

Me21 20.00 h Presentación de La biblioteca de Auschwitz de Antonio G. Iturbe. Con Carmela G. Boo Antonio G. Iturbe (Zaragoza, 1967) leva vinte anos dedicado ao periodismo cultural. Foi coordinador do suplemento de televisión de El Periódico, redactor


de la revista de cine Fantastic Magazine e traballa desde hai dezaseis anos na revista Qué Leer, da que actualmente é director. Colaborou, entre outros medios, nas seccións de libros de «Protagonistas», Ona Catalana, ICat FM e a Cope, e en suplementos de cultura de diarios como La Vanguardia ou Avui. É autor das novelas Rectos torcidos e Días de sal, e da serie de libros infantís «Los casos del Inspector Cito», traducida a sete linguas. Está a preparar uns textos para un libro coral sobre El Greco con motivo do 400 aniversario da súa morte.

Xo22 20.00 h Presentación do libro de poesía erótica No balouçar do vento de Antón Laia. Con Xurxo Souto e Mabel Carro ao violonchelo Antom Laia, mestre en Arzúa, comezou a súa andaina de profesor no colexio Vales Villamarín de Betanzos. No balouçar do vento é o seu primeiro libro editado.

Ve23 20.00 h Presentación de Ardalén de Miguelanxo Prado Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958), o máis internacional dos autores de cómic galegos, iniciouse nesta arte nos anos oitenta e publicou en revistas senlleiras como Creepy, Comix Internacional, Zona 84, El Jueves, Cimoc e Cairo. Daquela época son os seus primeiros recompilatorios Fragmentos de la enciclopedia délfica, Stratos e Quotidiania Delirante. Nos noventa experimenta con traballos para televisión, como o deseño de personaxes para a serie estadounidense de animación Men in Black producida por Steven Spielberg ou o famoso Xabarín da Televisión de Galicia. Sen abandonar nunca a produción de cómics, con títulos como Trazo de tiza, Pedro y el lobo, Tanxencias, A mansión dos Pampín e Papeles dispersos, dirixe desde 1989 o Salón do Cómic da Coruña. Xa deste milenio é a colaboración co guionista británico Neil Gaiman no seu libro de relatos curtos do universo Sandman, Noches eternas. En 2007 creou a longametraxe de animación De Profundis, e este Ardalén é a culminación dese proxecto.

Sá24 12.30 h Contacontos: Paxaro de mar e vento Tucho Calvo achega aos nenos a maxia dunha viaxe á praia cos ollos moi abertos para descubrir cunchas, crebas, niños, paxaros fantásticos… e percorrer a historia do álbum Paxaro de mar e vento, ilustrado por Xosé Cobas.

Lu26 20.00 h Miradas ao mundo: Unha viaxe por Irán. Cesáreo Sánchez Escritor, presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín-Irixo, 1951) é autor dunha ampla obra principiada en 1978 con Silencios e conversas de inverno, e un gran viaxeiro que vén de chegar dun extenso percorrido polo Irán. Estudou Arquitectura Técnica e Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid, e foi un sobranceiro activista cultural ao longo de toda a súa vida. Na colección Mandaio de Biblos publicou o poemario O paraíso das sombras.

Ma27 20.00 h Presentación Bícame, Frank de Miguel Anxo Fernández. Con Raúl Veiga Miguel Anxo Fernández (O Carballiño). Profesor, ensaísta, crítico de cine en La Voz de Galicia e escritor. Na escrita de ficción ten publicado os libros de relatos O sabre do francés e Capitol, última sesión, ademais das novelas da saga do sabuxo Frank Soutelo: Un nicho para Marilyn, Luar no inferno, Tres disparos e dous friames, Lume de cobiza e Bícame, Frank.

Me28 20.00 h Presentación El lejano reino de la Vía Láctea de Ramón Loureiro. Con Xulio Valcárcel Ramón Loureiro (Fene, 1965), escritor e xornalista ligado a La Voz de Galicia, é autor dunha importante obra narrativa que xira arredor dun universo literario propio, as Terras de Escandoi da Terceira Bretaña, que comeza a amosarse en Morgado (1997) e que continúa con O corazón portugués (2000, finalista do Premio “Eixo Atlántico”) e As Galeras de Normandía (2006) para concluír con esta nova novela. É académico de número da Real e Pontificia Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo.

Naufraxio, 2008 e Os Soños do Mar, 2009. Narra a historia de Xan Lestedo, un prestixioso fotógrafo dunha revista parisina que volve a Laxe a encontrarse coas súas raíces. Xan Lestedo está protagonizado por Xoán Diéguez, e foi un neno criado nun orfanato ao que sempre lle fixeron crer que seu pai finara nun naufraxio nas costas de Laxe. Xa maior, Xan decide deixar todo para investigar se ese suceso ocorreu. Documentar todo e recompilalo fará que aos poucos vaia mimetizándose coas xentes e a forma de vida de Laxe e creando un auténtico caderno de bitácora, para logo volver a París e publicalo na revista para a que traballa. Comparten reparto actores da talla de Carlos Blanco, José Luis Bernal Farruco e Estíbaliz Veiga. A música compúxoa Sergio Pena e chegou a ser nomeada en Hollywood nos premios Hollywood Music In Media Awards.

Ve30 20.00 h Presentación de Todos os días de Alberto Ramos. Con David Lombao e Anxels Gracián Alberto Ramos (Santiago, 1986), deuse a coñecer como gañador do 2.º Premio Biblos-Pazos de Galicia con Dor pantasma. Posteriormente publicou, tamén en Biblos, Con acuse de recibo, obra coa que merecera o 9.º Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia e que ilustrou Juan Carlos Abraldes. Profesional do xornalismo, o seu último traballo, Todos os días, co que obtivo o Premio Risco 2012, recolle o desencanto dunha profesión que en pouco tempo viviu a desaparición de moitos medios e a destrución de infinidade de postos de traballo.

Sá31 12.30 h Contacontos

Xo29 20.00 h Presentación do documental Caderno de bitácora de Mandeo Records. Con Dani López e Sergio Pena Caderno de bitácora é un documental ficcionado do proxecto Mardelaxe de Mandeo Records, que cerra unha triloxía de documentais que forma con

Coa colaboración de


Agosto2013, Biblos