Issuu on Google+


Ó mesmo tempo que se amosan os primeiros esbozos dos soños,a túa mirada luxa os meus

pensamentos.Abraza os meus pesadelos para

transformalos en fantasías.A miña alma queda núa e indefensa ante as garras dos teus ollos,esas poutas que

desexan arrincarme o sentido da vida e da morte,do real e do imaxinario.Por fin, deixo que a túa mirada me seduza.

Yolanda Manteiga Lavandeira 2º BACH A


CARTA DUN AMOR DE INVERNO Fico leda ao pé da ladeira, pensando en como esquecín quen era, en como me deixei levar por algo tan fantástico como o amor. Ás veces esquézome do día no que era unha simple bolboreta, e penso no día en que esa bolboreta atopou a súa flor. Raro, verdade?, pois a culpa tívoa o seu suave latexo, tan firme, pero tan fráxil ao fin e ao cabo. Duradeiro?, non o sei, inesquecible?...sen dúbida. Pero, é sincero?, sigo sen sabelo, quizais aínda non se abriron os pétalos, quizais, pero a bolboreta está disposta a entrar, a descubrir a maxia, a sentila...todo por culpa do amor, pero eu non quixen seguir ese camiño, só quería aproximarme...sen saber as consecuencias que eso traería. Estou confusa...non sei se bater as ás ou ficar, non sei...A culpa é túa, por máis que o penso, a resposta está aí, unha manchea de latexos, cada un diferente, pero todos iguais...meu deus, por que é tan difícil? Por que estou pensando no que son, e non no que era? Se por min fose non existirías, pero existes...e por min. Nin sequera sei se estás a ler esta carta...algo tan simple, tan fermoso...e tan duradeiro. Unha tristura, unha alegría, ambas acedas a min, sen poder separarse...será por iso polo que non sei quen era?, non sei...o tempo dirao, a bolboreta atopará a entrada á flor, a esa mar de sensacións contraditorias, cada unha cun obxectivo, pero...e ti?, aceptarás a bolboreta?, mostraraslle os teus latexos?...de momento non o sei, pero, quizais, o amor se trate diso, de non sermos capaces de atrapalo, pero si de sentilo, e de disfrutalo tanto como sexa posíbel, pero o que é duradeiro non é amor, pois o amor esquécese, como a flor esquece a bolboreta, pero...ti...xamais me esquezas...xamais. ALBA CAMEÁN GARCÍA 3º ESO B


Baixo as sabas brancas unha ollada intrépida dá  renda solta ás paixóns. As paixóns da última vez, do  último desexo, do último alento... Sempre ancorada  nese mar de ledicia que desencadea a luxuria do  amor; pero a fin de contas, que é o amor entre nó­los  dous? Esquéceo, as verbas quedan atrás, só non me  fagas esperar máis baixo este manto. Noemí Echegaray Suárez 2º BACH A


“Esperareite ”

A cada instante non podo deixar de pensar en ti, cada vez que recordo o día de onte penso que nunca haberá un maña para poder verte . Sempre estás en min, nunca me esquezo do que ti me das e outros non. Esperareite pase o que pase nun te deixarei marchar porque ti estás aí

e nunca te abandonarei. Cada día que pasa o meu corazón mira a hora para poder verte. A dor cada vez faise máis forte e eterna. Oxalá puidera terte aquí e que o reloxo se pare para poder disfrutar de ti toda a eternidade. Esperareite e pase o que pase non te esquecerei

Es a estrela que me guía para poder esperarte.

Cada vez que me dis quérote, máis gañas me dan a min de verte, e dicirche ó oído todo o que sinto por ti e todo o que ti me fas sentir. Cada vez que me miras o meu corazón vai máis rápido. Esperareite o tempo que faga falta porque só ti es a luz que

me guía na escuridade Er ika Lorenzo 1 º BACH C


CARTA A UN NAMORADO Querido namorado: Non hai palabras para expresar os meus sentimentos á túa persoa. Cada  pensamento, cada palabra, cada recordo, ti formas parte del. Estar ao teu carón  faime sentir no ceo e só contigo chego á plena felicidade. Recordo o día no que chegaches á miña vida e a iluminaches. Non dou ao  esquecemento cando te vin baixar polas escaleiras do noso colexio. Os teus ollos  azuis recordáronme o mar, as ondas que impactan coas rochas e fan un ruído  fermoso. Cando me bicahes por primeira vez naquel carballo e deixamos alí as  probas do noso amor grabadas cunha chave. Todo despois de alí foi marabilloso,  comidas na praia, camiñatas polos espesos e fermosos bosques, ceas á luza das  candeas, e o mellor é que foron contigo. A primeira noite que estivemos xuntos, na que me sentín completa por  primeira vez na miña vida e o que saíu desa noite, esa marabillosa noite, o nos  Xavier. A nosa voda na praia de Baldaio, que feliz foi ese día, ti tan bonitiño de  negro coa túa gravata azul ao mesmo son cos teus ollos. As nosas familias que  felices estaban e ti e máis eu viviamos un soño. Hoxe   escríboche   esta   carta   porque   non   sei   se   te   acordarás   de   que  cumprimos 50 anos, anos de paixón, de risas, de agarimos, de cálidas apertas,  de momentos xuntos, miles de sentimentos compartidos que nos fixeron felices.  E teño que dicirche que cada día que pasa estou máis namorada de ti, de todo  no que te convertiches e es agora mesmo. Con amor, A túa namorada

Cristina Porteiro Cagiao 3º ESO B


Relatos e SMS de amor