Issuu on Google+

Un novo ano, un novo mes de abril e un novo Día do Libro que acabamos de celebrar. Así que xa aproveitamos e dende a biblioteca propoñemos o plan de actividades para estes dous últimos meses que quedan ata rematar o curso:

Hora ler no patio. Para poder levar a cabo esta actividade

precisamos que apareza de novo o sol e deixe de chover. Pero cando isto pase, estaremos preparados e sairemos a gozar do noso patio e das nosas lecturas. Avisaremos o día anterior, e na pizarra branca estará exposto un listado para que cada aula escolla un espazo exterior e así o día sinalado tódolos rapaces

e

mestres

saibamos

onde

temos

que

dirixirnos.

Padriños e madriñas lectoras. A idea é que os nen@s de

4º,5º e 6º apadriñen a un ou dous

nen@s de cursos inferiores.

Faremos o listado coas parellas que se entregarán en cada titoría. Queremos que os maiores preparen un conto da biblioteca para poder gozar logo co seu pequen@ dese momento. O día proposto é o 16 de maio, un venres, e comezaría

xusto

despois

do

recreo.

Aproveitarán calquera espazo do exterior do centro (zona patio alto para 6º, zona árbores da esquerda para 5º e zona baixa dereita e zona infantil para 4º). O día anterior os titores destes cursos sairán co seu alumnado para que cada rapaz escolla a zona onde terá que dirixirse ao día seguinte.

 Matisse. Na entrada do centro xa comezamos a montar unha pequena exposición con imaxes e información sobre a vida e obra deste artista. Queremos encher os corredores do cole cos traballos que xa estamos facendo cos nen@s nas aulas e queremos que sexa unha gran exposición á que convidaremos ás familias. A data límite para ter todo colocado será o 28 de

maio, antes da ponte da Ascensión, para que á volta poidamos convidar ás familias a visitala durante as tardes desa semana.


Caixas lectura patio. Temos preparadas dúas caixas para a

súa saída ao patio de columnas (esperaremos un pouco o bo tempo). Estarán colocadas enriba dunhas mesas brancas e dentro teremos diversos exemplares da nosa biblioteca. Queremos que os libros saian fora, que non queden pechados nas catro paredes da biblio, así que os rapaces e rapazas poderán collelos e gozar deles en calquera espazo do patio. O requisito é que teñen que volver sempre ás caixas cando remate o recreo polo que pedimos a colaboración dos profesores de garda para facer un pequeno control e que ningún libro quede perdido ou fagan un mal uso del. Un neno colaborador da biblioteca tamén fará a rolda polo patio para completar a axuda.

Mercado do troco. Será unha actividade para facer entre

niveis, de cara á última semana de curso. Enviaremos unha nota ás familias explicándoa e solicitando que cada nen@ traia un libro da súa casa para trocar por outro (pasaremos a nota fotocopiada polas aulas). Cando cheguen os libros, as titoras dos diferentes niveis poñeranse de acordo para facer o intercambio de libros entre os nen@s das dúas aulas. Serán eles os que decidan de que xeito fan o troco (sorteo, libremente expoñendo todos os libros nunha mesa…)

E ISTO É TODO POR ESTE CURSO DENDE O RECUNCHO DE ABADIÑO!!

SAUDIÑOS LECTORES


Explicación mes libro abril maio xuño