salón do libro

Page 11

O Salón do Libro volveu ser en 2006 un referente para a cultura urbana de Pontevedra e unha vez máis demostrou o cariño desta cidade polos libros, a literatura, a sensibilidade, e en definitiva, por conseguir un futuro mellor. Desta volta foi a natureza a protagonista dos agradábeis espazos polos que pasaron tantas nenas e nenos, escoitando da man de ledos personaxes centos de contos case asubiados co cariño e a consideración que merecen os máis novos de entre nós. Foi tamén unha boa ocasión de lembrar a constancia, a amizade e o valor que para Pontevedra tivo o paso pola vida dun ser tan marabilloso como María Victoria Moreno, unha vocación como poucas dedicada á incesante tarefa de construir un mundo no que cada vez mereza máis a pena vivir. Quero agradecer un ano máis, e nunca me cansarei de facelo, a todas cantas persoas dedican un espazo do seu tempo e o seu maxín a este Salón, contribucións sen as que sería imposíbel chegar tan alto. O salón de 2007 está xa tocándonos á porta, co seu espléndido desfile de historias e persoeiros. Ben vidos sexades de novo, amigas e amigos. Miguel Anxo Fernández Lores Alcalde de Pontevedra

Saúda do alcalde


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.