Issuu on Google+

ChapUZÓNS literarios¡!!

TíRáTe do TramPOLíM !!¡

Un verán para LER: lecturas para viaxar sen ter que coller o coche nin o avión.

Circe ou o pracer azul B. Caamaño. Galaxia 2009

O mar é noso Alicia Borrás. Galaxia 2010

Relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe. O libro vaise tecendo entre as cartas que ambas protagonistas se escriben a modo de secuencias cinematográficas.

Velaquí un lote de contos acabados de pescar, con arrecendo a mar, que respiran a luz, a cor e a vida mesturada con pingas ben dosificadas de fantasía.

Miguel Hernández Editorial KALANDRAKA 25 artistas plásticos traducen os seus versos á linguaxe das artes.

Música no centenario do nacemento de MIGUEL HERNÁNDEZ.

O pintor do sombreiro de malvas Marcos Calveiro. Xerais 2009 Relato da amizade entre un mozo e un pintor que loita contra os convencionalismos son algunhas das pinceladas que nos aportará a súa lectura.

Obra Completa: Poesía, Teatro, Prosas e Correspondencia de Miguel Hernández. Colección Espasa Clásicos


Un verán para escribir!

Escribimos para darnos conta do que pensamos e sentimos. para que se abran os camiños, para tender unha ponte entre o pasado e o futuro, para deixar a nosa pegada como o home primitivo a deixou nas profundidades da súa cova, para crear, é dicir, para facer que algo belo que non existía, exista. José Antonio Marina. La magia de escribir.

Gramática da fantasía. Introdución á arte de inventar historias. Editorial Kalandraka

Aprende a redactar con Miguel Delibes. Jorge Urdiales Ediciones Cinca

Ejercicios de estilo. Raymond Queneau Ed. Cátedra.

Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para que uns e outros sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo.

O libro vai dirixido de xeito especial a estudantes, escritores noveis e cantas persoas sentan o desexo e a curiosidade de aprender a mellorar a súa redacción e a súa forma de expresión escrita.

O autor reúne noventa e nove microrrelatos nos que, partindo dunha anécdota trivial, reinventa a narración en diferentes estilos. Segundo confesións do autor, a idea xurdiu tras escoitar as variacións musicais de Bach.

Gianni Rodari

OBRADOIROS DE ESCRITURA CREATIVA: • Pedro A. Ramos: http://www.4cuentos.com/ • Francisco Castro: http://www.centrosocialcaixanova.com/blogs/literatura/ • Raúl Vacas e Castaño: http://talleresdevacasycastano.blogspot.com/


Un verán de cine e teatro na rúa …

Dirección: Gerardo Olivares.

Direción: Marc Forster

Dirección: A. Grasshoff.

14 quilómetros é a distancia que separa o continente africano de Europa polo Estreito de Xibraltar. A pobreza e a fame non entende de fronteiras …

Adaptación ao cine da novela de Khaled Hosseini.

Baseada na experiencia real sobre un xogo mental realizado por un profesor de historia. Como o pobo alemán non fixo nada mentres millóns de seres inocentes estaban a ser sacrificados?

A Esmorga de Blanco Amor Dirección: Ánxeles Cuña Sarabela Teatro.

As Cuñadas de M. Tremblay Dirección: Roberto Salgueiro Teatro Universitario USC

Máster Class de Terrence McNally Dirección: Xosé M. Rabón Compañía Bengala

Unha comedia áceda ambientada a finais dos anos 70 que esconde o drama de oito mulleres apreixadas nun mundo de homes.

Mabel Rivera, no papel de María Callas revivirá os últimos pasos da carreira artística da soprano.

A traxedia de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de vintecatro horas deambulan polos arrabaldes de Auria, Ourense.

Historia dunha amizade e traizón. Trata o tema da covardía e a culpabilidade dun xeito auténtico e veraz.

BIBLIOTECA 2010


Verán de libros, cine e teatro!!