Page 1

BASEADA NA NOVELA

CINE CLUB CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

de MARKUS ZUSAK

Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTESBLOG: http://laretas.blogspot.com.es/

FICHA TÉCNICA DE ”La ladrona de libros” (2013) Título: La ladrona de libros Título orixinal: The Book Thief Direción: Brian Percival País: Estados Unidos Ano: 2013 Data de estreno: 10/01/2014 Duración: 131 min Xénero: Drama, Bélico Calificación: Non recomendada para menores de 7 anos Reparto: Geoffrey Rush, Emily Watson, Nico Liersch, Joachim Paul Assböck, Sandra Nedeleff, Kirsten Block, Matthias Matschke, Roger Allam, Sophie Nélisse, Oliver Stokowski Web: www.laladronadelibros.es

ENLACES consultados para a elaboración desta guía: http://www.laladronadelibros.es/about.html http://educarentiemposinciertos.blogspot.com.es http://www.panmacmillan.com.au/resources/MZ-BookThiefFilmDiscussionGuide.pdf

“LA LADRONA DE LIBROS” (película) 26 MAIO 2014


SINOPSE DA PELÍCULA

CONTEXTO HISTÓRICO

Baseada no “bestseller” do mesmo título, “La ladrona de Libros” conta a historia de Liesel, unha rapaza que é enviada a vivir cunha familia de acollida en Alemaña durante a II Guerra Mundial. Ela aprenderá a ler coa súa nova familia e con Max, un refuxiado xudeu que esconden baixo as escaleiras da casa. Para Liesel e Max, o poder das palabras e a imaxinación serán a única forma de escape dos horribles acontecementos que se desenvolven ao seu arredor. “La ladrona de libros” é unha historia optimista de supervivencia e resistencia do espírito humano.

 A película amosa unha realidade pouco divulgada no

PARA PENSAR...

cine: a vida na retagarda, neste caso nun pobo alemán onde a vida está condicionada polo nazismo e, xa durante a guerra, pola lóxica bélica, unha lóxica terrible de recrutamentos, delacións, procura de fuxitivos, fame e, desde 1942, bombardeos nocturnos.  Na película ofrécese un retrato do nazismo moi ben

captado na escena da queima de libros, unha noite de 1938. A pequena Liesel, que acaba de aprender a ler, non pode entender que se queimen os libros, que tanto a fascinan. A escena ten unha gran forza narrativa e permite observar unha constante nos réximes autoritarios: o control da opinión, a destrución física do pensamento non afín.

Que cres que leva á pequena Liesel a ter tanto afán por ler ?

Como lle anima o seu novo pai a facelo?

A súa nai adoptiva inicialmente é moi dura coa pequena. Pensas que esta muller evoluciona ó longo da película?

De que maneira cambia a Liesel a relación que mantén co seu veciño Rudy?

Por que pensas que se escolleu como narrador da historia á figura da Morte?

A Morte di non implicarse nas vidas das persoas que finalmente arrebata pero si sinte un interese especial por Liesel. Por que é a nena un caso especial?

Liesel dáse de conta de que as palabras poden usarse para facer o ben e tamén para facer o mal. A que se refire?

O amor de Liesel polos libros transforma a súa vida e a dos que a rodean. Podes pensar nalgún libro/s que te inspirara ou te influíra dalgunha maneira?

Moitos alemáns arriscaron a súa vida durante a II Guerra mundial por axudar ós xudeus. Por que pensas que Hans e Rosa axudan a Max?

 A persecución dos xudeus tamén aparece con toda a

súa crudeza. Fronte ao silencio, mirar a outra parte ou a indiferenza, que tanta poboación alemá practicou, suscítase un dilema baseado na gratitude. A situación que se produce alterará a vida de Liesel e a súa nova familia, mostrando o mellor de cada membro. En especial, o pai, que non quixo ingresar no partido nazi, e que ha de soportar o desemprego, as miradas recriminatorias e, cando manifesta o seu apoio a un veciño "sospeitoso" de ser xudeu, a brutalidade da policía política do réxime.  Os personaxes secundarios permiten ver as posturas

que convivían na sociedade alemá. Atopamos ao simpatizante nazi que se aproveita da súa posición, abusando e ameazando. Está tamén o mozo nobre que non se significa ata que a guerra lle toca de cerca. E tanta xente que pensaba que a guerra sería un episodio curto que devolvería a Alemaña ao seu esplendor continental.

La ladrona de libros (película)  

Guía da película "La Ladrona de LIbros" do Club de Lectura LARETAS (IES Poeta Añón)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you