Servizos2016 17

Page 27

COMO CLASIFICAMOS OS LIBROS A NOSA CDU As siglas CDU significan “Clasificación Decimal Universal”, que é o método que todas as bibliotecas utilizan para organizar os seus fondos. Dividimos os libros en dez grandes materias, que á súa vez se dividen en dez apartados; estes, noutros dez, y así sucesivamente. Cando vexas a signatura dun libro saberás que o primeiro número indica a materia: 0. XENERALIDADES. Aquí están, entre outros, os dicionarios enciclopédicos, as enciclopedias e as obras de consulta; é dicir, libros que falan de todos os temas. 1. FILOSOFÍA, con todas as súas ramas: psicoloxía, ética.... 2. RELIXIÓNS (cristianismo, xudaísmo, islam...) e MITOLOXÍAS 3. CIENCIAS SOCIAIS: aquí están os materiais sobre política (32), economía (33), dereito (34), etnografía (39)... 4. PRODUCIÓN PROPIA: neste apartado clasificamos os materiais elaborados e publicados polo Instituto e pola propia biblioteca. 5. CIENCIAS. O segundo número indica cal é: matemáticas (51), astronomía (52), física (53)... 6. CIENCIAS APLICADAS: medicina, agricultura, enxeñería,... 7. ARTES VISUAIS (do 71 ao 77: debuxo, pintura, escultura), MÚSICA (78) e DEPORTES, XOGOS E ESPECTÁCULOS (79) (especialmente cine, coa sinatura 791) Aquí están tamén os videoxogos, as series de televisión e o teatro filmado.

Temos unha sección de MÚSICA, con etiquetas de cores para que atopes mellor os teus autores favoritos:

MUSICA POPULAR URBANA CANTAUTORES JAZZ MÚSICAS DO MUNDO

Algúns materiais están identificados con etiquetas coma estas. Búscaos e pásao ben co que temos seleccionado para ti.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.