Page 1

Malos de nota (musical)

MALOS MÍTICOS Abonda a maldade na mitoloxía, e tamén nas óperas desta temática. Licomedes, que raptou a Alceste (Lully), Céfiro o ciumento na ópera Apolo e Xacinto (Mozart), o pérfido sátiro que perseguía a Eurídice en Orfeo (Monteverdi e outros) ou as Furias do Hades na mesma ópera son exemplos da maldade máis clásica. 1


Malos de nota (musical)

O DOUTOR MORTE A ciencia tamĂŠn pode ser perigosa, sobre todo en mans dunha psique alterada... O pobre Wozzek (na Ăłpera do mesmo nome do compositor A.Berg), un humilde soldado, acaba mal da cabeza por mor dos experimentos do seu doutor... Calquera se fĂ­a!!! 2


Malos de nota (musical)

ATRACCIÓN FATAL Sedutores impenitentes como Don Giovanni (Mozart), Sharpless (Madame Butterfly de Puccini) ou o Duque de Mantua (Rigoletto de Verdi) e algunha muller fatal como Carmen (Bizet) ou Lulú (Berg) poden facer que as cuestións amorosas sexan altamente perigosas... 3


Malos de nota (musical)

ATRACCIÓN FATAL II Coidado cos amantes despeitados: Tonio de Pagliacci (Leoncavallo) é un personaxe mesquiño que denuncia a súa amante perante o esposo cornudo; e temos tamén a Salomé (Strauss) que por despeito consegue que a cabeza de Xoan o Bautista remate... en bandexa! Que perigoso é o amor!!! 4


Malos de nota (musical)

A FRAUTA MÁXICA Esta ópera de Mozart merece un apartado especial! A Raíña da Noite, a raíña da escuridade da mente, chea de argucias e maxia, chega a ameazar de morte á súa propia filla nunha das arias de ópera máis coñecidas polo gran público. 5


Malos de nota (musical)

OS MALOS TAMÉN BAILAN Por todas partes xorden magos e bruxas que lle amargan a vida aos protagonistas no ballet. Sen Rothbart, o mago que converte en cisne a Odette (O lago dos cisnes, Tchaikovsky), non hai ballet, e sen a bruxa, a Bela Adormecida é só unha princesa sosa. 6


Malos de nota (musical)

O DEMO O Demo debe vivir na ópera e no ballet Á vista está que é moi musical. Gounod fai que Mefistófeles tenta a Fausto ofrecéndolle o amor de Margarida, e Stravinsky xoga e aposta con el na súa Historia dun soldado. 7


Malos de nota (musical)

VELLOS COÑECIDOS Na ópera recíclase moito e tamén hai moito que despois se usa na literatura e no cine. Offenbach recrea os malos fantásticos dos Contos de Hoffman e Wagner fai desfilar polo seu Holandés Errante ao máis florido da maldade corsaria; Jack Sparrow e os Piratas do Caribe xa nos soaban. 8

Malos de nota (musical)  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you