Issuu on Google+

Malos á galega

A Mal asome na nosa cultura popular e literaria faces que identificamos como moi próximas: a emigración, a miseria, o fascismo, a inxustiza, o caciquismo… 1


Malos á galega

O TRASNO É un espírito maligno verdadeiramente útil, pois sobre el recae a responsabilidade polas pequenas desgrazas cotiás: tazas que escachan, valados que caen, chaves que se perden… aínda que ás veces tamén a toman cun individuo concreto ao que seguen en forma de can, cabalo, etc. 2


Malos á galega

O MAL OLLO A envexa é moito máis ca un pecado, é unha forza que se agocha tralos ollos do envexoso que teñen o poder de causar dano á persoa ou o animal envexado. Para se protexer do mal de ollo sae a conta poñer cornos de animais nas paredes, nos tellados, linteis ou alicerces das casas. O mal de ollo explica os nenos ou animais que enferman ou as colleitas que se perden. 3


Malos ĂĄ galega

O LOBISHOME O home do unto ou lobo da xente, que aparece nas lendas e ao que se lle seguiu proceso criminal en Allariz acusando a un xastre de Esgos de moitas mortes nas que supostamente empregarĂ­an como armas mans e dentes 4


Malos á galega

O DEMO Como no resto de Europa, ten mil e un nomes (cachano, demontre, demoño, demoro deño, diabo, pecado, perello, rabudo, sucio…) e é apostador, amigo dos disfraces e dos aparellos de nova invención; pouco disimulado, déixa ver o rabo, o que permite identificalo con facilidade. Encántalle bailar en roda coas bruxas e que lle biquen o cu. Pode encubrirse baixo calquera aparencia, pero a que máis lle presta é a do castrón. 5


Malos รก galega

AS MEIGAS Non sempre son malvadas pero hai especies moi perigosas .Chuchonas, asumcordas, marimantas, lavandeiras, feiticeiras, vedoiras ou cartuxeiras, viven no imaxinario popular e saen del para encarnarse en mulleres rurais de certa idade. 6


Malos á galega

O SEÑOR A literatura decimonónica fai del un personaxe terríbel. Son soberbios e asoballadores. Explotan e humillan ao pobo que traballa. Están na orixe da miseria e da emigración. Son venais e violentos e viven en pazos e torres ou nas páxinas de Rosalía, Curros… 7


Malos á galega

O CACIQUE Presente na literatura e na historia, os caciques son administradores hábiles que rouban ao señor e mais ao pobo e van medrando socialmente e facéndose con postos de responsabilidade política, trampeando nas eleccións e consolidando o seu poder mercé a unha rede clientelar que perdura e se afianza de xeración en xeración. 8


Malos á galega