Issuu on Google+

Malas, malas, máis que malas!

BÍBLICAS Jezabel, Salomé, Dalila, Judith, as fillas de Lot… Abonda dicir que por unha muller e un devezo irracional polas mazás fomos expulsados do Paraíso. 1


Malas, malas, mĂĄis que malas!

CLà SICAS Pandora, as Parcas, as Furias, as Moiras, as Gorgonas; nos mitos e nas epopeas as mulleres e deidades femininas son a semente da discordia, como Helena de Troia, a fonte mesma de todos os males, como Pandora, ou‌ unhas pezas de coidado! 2


Malas, malas, máis que malas!

PODEROSAS Cleopatra, Isabel I de Inglaterra, Catalina a Grande… extraordinarias polo enorme poder de que gozaron. A Historia xulgounas con moita máis dureza que aos seus contemporáneos masculinos, pois a ambición nunca foi un adorno que lles acaese ás damas. Dirixiron imperios, declararon guerras e influíron na política internacional dos seus tempos. 3


Malas, malas, máis que malas!

PRECOCES Desde a perversidade da Lolita de Nabokov, á maldade natural da filla dos Addams ou a arrepiante vulnerabilidade das meniñas loiras de filmes como Os outros de Amenábar ou o Exorcista, non son intrínsecamente malas, pero desencadean o mal ou son posuídas por el. 4


Malas, malas, máis que malas!

SUPERMALAS Malas, non: “supervillanas”de cómic Normalmente, belezas moi perversas e sofisticadas como Catwoman, Muller Marabilla ou Poison Ivy. 5


Malas, malas, máis que malas!

SUPERESTRELAS Bette Davis, Marlene Dietrich, Barbara Stanwick, Sharon Stone, Lana Turner, Ava Gardner, Rita Hayworth, Jessica Lange, Joan Collins, Michelle Pfeiffer, Glenn Close… actrices que nos levaron á perdición. 6


Malas, malas, mรกis que malas!

MALAS SECUNDARIAS Amas de chaves na novela inglesa -desde Cumbres Borrascosas a Rebeca pasando pola inquedante aia de Conrad-, institutrices como a Srta. Rottemmeier ou moitas das implacables vitorianas que padece David Copperfield trala morte da nai.

7


Malas, malas, máis que malas!

MALAS POR DELEGACIÓN Unha forma de exercer o mal tradicional na muller é a instigación: Lady Macbeth ou as bruxas da mesma obra; Celestina, facilitadora e consentidora do fornicio dos outrora castísimos Calixto e Melibea… 8


Malas, malas, máis que malas!