Page 1


A NOSA DIRE Un ano máis xa está nas nosas mans un novo exemplar da revista escolar "A Carballeira". Hai nada comezaba o curso e… xa está a piques de rematar! Pero aínda que os días, as semanas e os meses pasaron rápidos, este foi un ano de moito traballo que se traduciu en boas novas para a comunidade educativa do colexio. Grazas aos esforzos da directiva da ANPA do CEIP A Carballeira, este curso, as familias que o necesitaron, xa puideron utilizar o servizo do Plan Madruga e traer aos seus fillos e fillas ao colexio antes do horario escolar e mesmo almorzar na escola. Pero aí non queda a cousa, senón que para o vindeiro curso funcionará un comedor escolar. Asemade este verán, durantes os meses de xuño e agosto, desenvolverase no colexio unha ludoteca, organizada pola FANPA e o Concello. Ademais, a nosa ANPA, preocupada polas nais e pais que traballan e teñen dificultades para organizar o tempo libre dos seus fillos, tratará de cubrir con outra ludoteca os días de xuño e setembro nos que os rapaces e rapazas non teñen clase. Pero aínda hai máis! Os esforzos que se estiveron a facer para mellorar o xeito de acceder ao colexio con máis seguridade deron un pequeno froito: o concello vai realizar melloras no camiño que serve de atallo para chegar ao centro.

Pois desde aquí os nosos parabéns para os responsables de que estas melloras chegaran ao noso colexio, que sen dúbida axudarán á conciliación da vida familiar e escolar. E agora, dispoñervos a disfrutar lendo as páxinas da nosa revista. Deste xeito poderedes coñecer algo máis das actividades e o traballo que se desenvolveu este curso no colexio. O noso agradecemento a todas as persoas que colaboraron na elaboración da nosa revista.

Bo verán e felices vacacións!! Tere

1


A NOSA ANPA Queridas familias, remata outro curso escolar e na ANPA facemos un reconto do traballo feito e preguntámonos se foi o axeitado. A Directiva da ANPA comezou o curso cun obxectivo principal que podemos celebrar: as familias dispoñeremos dos servizos de comedor e madruga no vindeiro curso. Esta non é unha cuestión menor xa que este feito permite que novos nenos e nenas poidan matricularse no Centro. Sentímonos moi felices e queremos darlles a benvida. Estamos seguros de que estarán satisfeitos da decisión que tomaron cando, na escolla de centro, optaron por esta pequena escola, pequena, moi pequena, pero cun ENSINO DE ALTA CALIDADE, e fixádevos que está en maiúsculas. Isto é o realmente importante, esta é a nosa FORZA. Este ano entre todos nós fixemos posible que a nosa contorna coñeza o CEIP A CARBALLEIRA. Falan de nós e xa comentan que hai un cole en Lourizán, pequeno pero que “din que funciona ben”. Non obstante, non está feito todo o traballo, non é suficiente, precisamos que a matrícula siga medrando para darlle máis riqueza ao cole, para ser máis grandes. Por este motivo hai que seguir avanzando no camiño, cómpre ser ambiciosos e poñer novas metas. Aquí tedes a do vindeiro curso: queremos ter actividades extraescolares todas as tardes de luns a venres, deste xeito poderemos ter pechado o capítulo da conciliación familiar. Mais non basta, outros quedan por escribir coma, por exemplo, un moi necesario: ampliar a ruta do transporte escolar. Para nós foi un traballo intenso e por momentos esgotador. Por iso queremos agradecervos a todas as familias que participastes activamente na organización das actividades, facendo unha mención especial a Patricia, nai de Ricardo, polo seu esforzo cos disfraces do Entroido. Sen a súa axuda e creatividade non teriamos conseguido preparar unha “macedonia” tan saborosa. Grazas aos profes, á conserxe e á Dirección do cole por ter á porta aberta cando petamos; sempre atopamos unha man cómplice para seguir adiante coas novas ideas e proxectos. Este ano seguro que cometemos erros, esperamos que nos desculpedes se non acertamos nalgunhas decisións. Agradecemos todas as vosas suxestións, especialmente aquelas que nos axudan a mellorar e animámosvos a participar activamente na ANPA. Todas as mans fan falla e son ben recibidas. Non queda máis que desexarvos que pasedes un bo verán e desfrutedes dunhas merecidas vacacións. Mar López Fariña 2


O BLOG DO CHECHO

~ Xa estamos de volta! Xa estamos aquí un curso máis, con moitos ánimos e novas ideas que esperamos poder levar a cabo coa vosa colaboración. Así que preparade as vosas mochilas e… a gozar!

Benvid@s a tod@s á Biblio do Checho!!!

3


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ 24 de outubro : Día da Biblioteca O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997, e que mellor que reunirnos hoxe todos na nosa biblioteca para celebralo. Alí presentáronse as bibliotecas de aula…

… o novo proxecto documental integrado que desenvolveremos este curso "Alimentación saudable"…

… e as mochilas viaxeiras que con tanta ilusión todos estabades a esperar! Agardamos os vosos traballos e que disfrutedes delas con toda a familia. 4


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Froitas de outono Este ano o noso Proxecto Documental Integrado está dedicado á Alimentación Saudable polo que realizaremos moitas actividades ao longo do curso relaccionadas con este tema. Xa sabedes que, igual que o

curso pasado,

as merendas dos

mércores deben ser a base de froita e desde este mércores estamos a degustar

feixoas

e

guaiabos

fresa

proporcionados

pola

Estación

Fitopatolóxica do Areeiro que temos aquí en Lourizán, no Rozo.

Nos próximos días tamén poderemos tomar noces e castañas. Agardamos, con estas iniciativas, axudar a mellorar a alimentación dos nosos nenos.

5


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Preparando o Samaín! Morcegos, arañas, cabazas, pantasmas,… estamos preparando todo para o Samaín… nos corredores e nas aulas e tamén na biblioteca.

Esta semana ímolo pasar de medo E nada mellor que comezar cun concurso.

Animádevos e participade!

6


O MURMURIO DAS PALABRAS ~ Moito maxín hai no Samaín… ...é hora de contar historias de medo e botar a rir. Hoxe foi un día especial... por fin chegou o Samaín. O concurso de Contos de Medo tivo moito éxito e algúns deses relatos foron elexidos para o obradoiro de Contacontos. Os autores fixérono realmente ben e todos o pasamos de medo coas súas historias.

7


O MURMURIO DAS PALABRAS

Pero non só iso, tamén tivemos obradoiros de Maquillaxe e de Debuxo.

Para este último eliximos unha dinámica de traballo cooperativo, o folio rotatorio.

E non nos podíamos esquecer da exposición de cabazas. Superámonos cada ano en participación e orixinalidade. Moitas grazas ás familias pola súa colaboración!!!

8


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Manualidades de outono Xa temos aquí as vosas primeiras manualidades. Piñas… follas… andras... todo vale para facer auténticas obras de arte.

Animádevos… aínda estades a tempo de sorprendernos cos vosos traballos!

9


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ É tempo de Magosto Onte, no cole, celebramos o Magosto… O pasado 14 de novembro celebramos no colexio “O Magosto”. Era un venres soleado e caloroso. Cando saímos ao recreo, Bea, a nosa conserxe, e Pancho, o noso profesor de ximnasia, estaban asando moitísimas castañas e chourizos. Estivemos media hora comendo castañas ata que, por fin, puidemos xogar. Eran xogos moi coñecidos… os zancos, os aros, un xogo no que tiñamos que encaixar unha cana de pescar no colo dunha botella, aos bolos, etc... Encantoume ese día porque foi moi divertido. (Nahuel – 6º)

10


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Coidado coa Internet! Ei! Atención! Hai uns días veu a Policía Nacional ao noso centro e... sabedes do que nos falaron? Do "bullying". Dicía o policía que o "bullying" é cando un neno ou nena insúltache ou maltrata física ou psicolóxicamente ao longo dun tempo. Do "ciberbullying" comentou que se trata de que che maltratan psicolóxicamente a traves das redes sociais. Tamén nos falaron dos riscos da Internet , é dicir, que hai que ter coidado co que colgas nas redes.Amigos! Moito coidado co que facedes! (India – 5º)

11


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ PDI "Alimentación saudable" : Visita a Bueu Hai uns días realizamos unha estupenda visita á localidade de Bueu. Coñecemos de primeira man os pescados, mariscos, carnes e froitas que se poden adquirir no seu mercado. Algún peixe-sapo abríu ben a boca ao vernos!

Logo descubrimos os tesouros agochados no

museo Massó e

quedamos abraiados coas dimensións das baleas. E xa para poñer a guinda a esta fabulosa xornada, coñecemos, moi de cerca: os cultivos, as especies de planta e tamén os lombricomposteiros do Horto Ecolóxico Agrelo. Un día ben aproveitado!

12


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ II Rastro solidario Con motivo das Festas de Nadal e sendo conscientes das necesidades que algunhas familias están a pasar nestes tempos, o curso pasado levamos a cabo o I Rastro Solidario con gran éxito. Este curso queremos repetir a experiencia por iso o venres día 18 de decembro, antes do comezo do Festival de Nadal, as familias da comunidade educativa que o desexen poderán traer un alimento non perecedoiro e cambialo por un libro.

Todo o recadado será doado a un Banco de Alimentos próximo ao centro. Contamos coa vosa colaboración!!

13


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ III Certame Fotográfico : Os alimentos O III Certame fotográfico, que está relacionado coma sempre co noso PDI "Alimentación saudable", terá por tema os alimentos. Este curso adiantamos a súa convocatoria para que os que desexedes participar podiades facer as vosas fotografías cos distintos tipos de alimentos que se poden atopar nas diferentes épocas do ano.

Podedes presentar as vosas composicións fotográficas a partir de agora ata o mes de maio. Agardamos a vosa participación!

14


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Festival de Nadal 2015 Chegou o día! As

panxoliñas,

representacións teatrais, coreografías, acrosport,

cancións... que con tanta ilusión reparáronse estes días foron postas en escena ante un público entregado.

Tamén queremos agradecer a tod@s @s que colaboraron no II Rastro Solidario. Todos os alimentos recollidos xa foron entregados a un Banco de Alimentos. Grazas!!!

15


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ "Froitas frescas na escola" Dentro Saudable",

do este

noso

Proxecto

trimestre

Documental

fomos

Integrado

seleccionados

para

"Alimentación participar

no

programa "Aliméntate ben" das Consellerías de Medio Rural e do Mar. "Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.

Por este motivo foinos concedida unha axuda do Fondo Galego de Garantía Agraria para consumir "Froitas Frescas na Escola" e a semana que ven (do 18 ao 22 de xaneiro), todo o alumnado do colexio disfrutará dunha peza de froita diferente cada día da semana, para tomar no recreo.

Esto repetitase tres semanas máis nas datas seguintes: do 1 ao 5 e do 22 ao 26 de febreiro, e do 7 ao 11 de marzo.

16


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Almorzos saudables Seguindo coas actividades do noso PDI "Alimentación saudable" e en colaboración coa Consellería de Sanidade, esta semana participaremos na campaña "Almorzos saudables". A actividade consiste nunhas charlas formativas, a elaboración e desgustación dun almorzo e a importancia da hixiene bucodental.

O almorzo será de tipo mixto: iogur, pan, friame, queixo e froita. O martes 26 será para E. Infantil e 1º de Primaria, o mércores 27 para 2º e 3º curso de Primaria e o xoves 28 para 4º, 5º e 6º de Primaria. Bo proveito!!!

17


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ 30 de xaneiro : Día escolar da Non-violencia e a Paz O pasado venres conmemoramos no colexio o Día Escolar da Nonviolencia e a Paz. O obxectivo desta celebración é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a nonviolencia e a paz. Este

ano

quixémonos

achegar

ao

drama

dos

refuxiados

tan

tristemente de actualidade visionando un video de Save The Children. Despois lemos as nosas reflexións sobre a Paz e cantamos a canción de Pablo López e Juanes "Tu enemigo". E para rematar o acto, pegamos as nosas pombiñas na árbore da Paz.

18


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Dobraxe na escola O pasado día 4 de febreiro os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria fixemos unha actividade divertidísima no cole chamada "Dobraxe na escola", patrocinada polo Concello de Pontevedra. Ensináronnos cal é o proceso que se segue para dobrar unha película, unha serie, debuxos.... e nós mesmos convertémonos en actores ao dobrar un anaco de Bob Esponxa. Pasámolo en grande cando vimos a gravación da película pero coas nosas voces. Quen sabe... quizais grazas a esta actividade saia de aquí un actor ou actriz de dobraxe...

19


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Chegou o Entroido E este ano foi de froitas, polo tema do noso Proxecto Documental dedicado á alimentación saudable. Todos os nenos e nenas, as profes e algunhas nais disfrazáronse. Había mazás, fresas, piñas, plátanos, peras, sandías, laranxas… e ata recolectoras de froitas. Pasámolo moi ben e outro ano máis puidemos degustar os doces destas datas feitos polas familias e a chocolatada realizada no colexio. Divertímonos moito, nais incluídas, que tamén desfilaron e disfrutaron xogando ás sillas musicais.

20


O MURMURIO DAS PALABRAS

E salientar o inestimable traballo feito polas nais da ANPA que horas e horas, durante moitos días estiveron deseñando, cortando e mesmo vindo ás clases a axudarlles aos nenos e ás nenas a montar e rematar os traxes. Elas encargáronse dos disfraces de TODO o alumnado do centro, preocupándose porque ningún neno quedase sen traxe.

E non soamente levaron a alegría e a cor ao colexio senón que o pasearon no desfile do Entroido de Marín, no que acadaron un meritorio 4º premio na categoría de grupos. PARABENS!!!

Grazas polo voso ESFORZO e COMPROMISO desinteresado con este colexio… que é o voso colexio! 21


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Alimentación saudable Dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso "Alimentación saudable", acabamos de levar a cabo dúas actividades. Almorzos saudables : Con esta iniciativa trátase de contribuír ao desenvolvemento persoal e integral do alumnado nun momento importante na promoción da saúde. O alumnado

puido coñecer diferentes tipos de almorzos e a

importancia de alimentarse ben de xeito variado cunha dieta equilibrada e variada. Despois dunha pequeña charla ao respecto,

os nenos e nenas

disfrutaron dun almorzo de tipo mixto e remataron con outra charla informativa sobre a importancia da hixiene persoal, a saúde buco-dental e a técnica do cepillado, a cargo dunha técnica da Consellería de Sanidade.

Desde aquí o noso agradecemento a "Supermercados Froíz" pola súa colaboración na adquisición dos productos necesarios para a realización destes “almorzos saudables”. 22


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Día de Rosalía Con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro o pasado 24 de febreiro os nenos e nenas do cole realizaron diferentes actividades. Elaboraron unha postal conmemorativa...

Compuxeron pequenos poemas en follas que encheron a árbore do corredor de entrada...

Realizaron diferentes murais... e os alumnos de 3º curso cantaron o fermoso poema "Adios ríos, adios fontes" 23


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ O Cartafol do Lérez O pasado venres nós, os alumnos de 5º e 6º, realizamos o obradoiro "O cartafol do Lérez". Esta actividade consistiu en escoitar unha historia e comentar as particularidades dela. Este ano léronnos "A historia do touro Ferdinando" que describe un animal cunhas características estrañas. Case ao final,

asignaron a cada neno un animal especial e nós

tivemos que facer a nosa historia. A min tocoume un moucho madrugador.Pódelo crer?O obradoiro non rematou e queda mínimo unha sesión para finalizalo. Que divertido! (Víctor - 6º)

24


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Nova visita á Panadería Acuña Os alumnos de 2º e 3º curso fixeron unha visita á panadería ACUÑA de Pontevedra, con motivo do PDI que se está a levar a cabo no centro sobre A ALIMENTACIÓN. A visita foi moi instructiva, interesante e proveitosa, xa que ollaron todos os pasos que preceden á fabricación do pan, empanadas e biscoitos. Toda a visita estivo guiada por unha empregada que lles ía explicando nas distintas salas por onde se ía pasando.

Visitaron

distintos

compartimentos:

o

almacén

das

fariñas

e

fermentos, o de elaboración das tartas e biscoitos, o da elaboración de napolitanas, o da elaboración do pan, amasado e enfornado do mesmo... 25


O MURMURIO DAS PALABRAS

Todo isto completado coas distintas máquinas : amasadoras, batedoras, alisadoras…

Como remate preparáronlles un obradoiro de amasar, onde os alumnos foron os protagonistas. A masa levárona para casa, onde fixeron xunto coas familias pan, pizzas…

Como agasallo pola visita, a panadería obsequiounos cunha napolitana e unha barra de pan a cada un. 26


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Degustacións de pans Os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria prepararon unha degustación de pans variados: pan de millo, pan de trigo e pan de centeo.

Montaron un obradoiro coa axuda das súas profesoras: primeiro cortaron o pan en rebanadas, logo quentárono e, por último, botáronlle aceite de oliva.

Que rico estaba, non quedou nada! 27


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ "Canta Bichería!" Xa están no Pazo da Cultura de Pontevedra os "Bichiños da Carballeira", o traballo co que o noso cole participa no XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

"Canta

bichería":

reais

ou

fantásticos,

os

animais

serán

os

protagonistas deste Salón do Libro que este ano ven con novidades que estamos desexando coñecer. Non volo perdades!!

28


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Salón do Libro Oíde rapaces: O Salón do Libro de Pontevedra está infestado de bichos! Grandes, pequenos, feros, dóciles, con ás, sen elas... Canta bichería! O luns tivemos ocasión de visitalo e disfrutamos activamente del. Os cursos de 4º, 5º e 6º de primaria comenzamos a visita coa participación nun obradoiro desenvolvido polo CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) no que dúas especialistas nos explicaron as diferencias entre os lepidopteros e os coleópteros, todos eles insectos, as súas características e... o máis divertido! puidemos velos a través de lupas electrónicas e diferenciar as súas partes. Sabiades que todos os insectos do planeta pesarían máis ca todos os humanos xuntos? E parecen insignificantes!

Logo, co monitor, recorremos distintas estancias onde poidemos coñecer un pouco máis as peripecias de Estravaganzza Pérez e a súa peculiar forma de vivir. Gracias a Ledicia Costas por agasallarnos con este singular personaxe. 29


O MURMURIO DAS PALABRAS

Os cursos de 2º e 3º de primaria tamén participaron un obradoiro de debuxo e, ao rematar, realizaron unha visita guiada polos diferentes espazos do Salón do Libro.

E os cursos de 1º de primaria e Educación Infantil disfrutaron dunha sesión de contacontos a cargo de Raquel Queizás e logo tamén tiveron tempo de recorrer todos os recunchos, de xogar e de saudar a Orbil antes de marchar.

30


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ VI Certame Literario : "Alimentaciรณn saudable"

31


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Dalle a Lingua Un ano máis os alumnos e alumnas de Primaria

do colexio

participamos na actividade “Dálle á lingua”. Este é un proxecto de promoción da lingua galega a través da radio que emite Onda Cero de luns a venres pola mañá, arredor das 11:50 horas,

co

patrocinio

de

Normalización

Lingüística

do

Concello

de

Pontevedra.

O venres pasado fixemos as gravacións que se emitirán na última semana de abril (do día 25 ao 29) e na primeira semana de maio (do día 2 ao 6). Xa sabedes, se queredes escoitar

as cousas interesantes que os

nenos e nenas do colexio queren compartir con todos vós, só tedes que conectar coa emisora de radio ONDA CERO, na frecuencia 103.6 da FM, ás 11:50 h. da mañá deses días. Posteriormente poderanse escoitar en diferido na WEB do programa: www.ondacero.es 32


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Cóntame un conto Esta semana os contacontos do cole tiveron moito traballo. Como todos os anos, os nenos e nenas de 5º e 6º viñeron á aula de infantil a ler contos escollidos da nosa biblio.

E os alumnos de primaria foron contar historias inventadas por eles mesmos aos outros compañeiros de outras aulas.

Que ben o pasamos escoitando esos relatos tan entretidos. Todos o fixeron de marabilla. Sairá de aquí algún famoso escritor ou escritora? 33


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Celebramos o "Día do Libro" Este venres pasado celebramos unha nova edición do "Día do Libro". Comenzamos o acto cos alumnos de 5º e 6º de primaria. Sara leu un manifestó acompañada por Aarón á guitarra mentres Nahuel presentaba uns cartéis alusivos a esta celebración.

Logo, os alumnos de Infantil representaron un conto inventado por eles mesmos.

34


O MURMURIO DAS PALABRAS

A continuación Fernando, de 3º de primaria, leunos un conto con pictogramas, moi divertido.

Gabriel, Nerea e Yaiza, tamén de 3º, animáronse a realizar un kamishibai con “O chacal e o ourizo”, un conto tradicional do Sahara. Os gañadores do Certame Literario “Alimentación saudable” leron as súas producións e recibiron un bonito agasallo e un diploma pola súa participación.

35


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ "Cultivamos na ría". Ecosistema intermareal : areais de Praceres O pasado venres, grazas ao Concello de Pontevedra e á Asociación de Mariscadoras de Lourizán, descubrimos os tesouros que agocha a zona intermareal de Praceres.

Algúns de nós, xa sabiamos de que nos falaban pois, desde hai moito tempo, as nosas familias adícanse aos traballos do mar; pero disfrutamos coñecendo por que se formou este esteiro, cales son as condicións que a fan tan productiva, que animais viven nas distintas zonas...

E aínda queda o mellor: visitar a zona e comprobar de primeira man que fan e como é a vida das mariscadoras. Con experiencias como esta, canto se aprende! 36


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Xornada completa! O pasado venres disfrutamos dunha boa xornada. Desplazámonos ata o circuito de Educación Vial de Mollabao no autobus urbano. Alí puxemos en práctica todo o que aprendimosnos obradoiros previos celebrados no centro. Coñecimos, de primeira man, as sensacións que sinte un conductor (en kart), un ciclista e un peón cando se desplazan pola cidade.

Logo fomos andando ata a Praza de España para visitar a exposición "H2Oh!" onde un guía chamado Álex nos explicou distintos aspectosda auga:

composición

química,

escaseza

no

planeta,

métodos

para

transportala, desigualdade na distribución, abuso, etc. Ademais participamos dalgúns xogos interactivos. Dende logo, foi un día ben aproveitado e recomendámosvos que non deixedes de visitar esta exposición temporal. 37


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ "Da ovella a madexa" Os alumnos de 3º e 4º de primaria tiveron este luns unha saída á aldea do Salgueiral, na parroquia de Bora. Participaron nunha experiencia moi interesante dentro do programa "Ecola: da ovella á madeixa", que promove ANIAS, Aula do Almofrei e o Concello de Pontevedra.

Os alumnos fixeron un traballo de campo no que se lles ensinaba de onde viña a la e os distintos procesos que había que seguir ata chegar á madeixa, para poder facer as prendas de vestir, alfombras...

38


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Día das Letras Galegas : Manuel María Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Era fillo de Antonio e Pastora, dous labregos. Estudou bacharelato en Lugo e nesta cidade comezou a súa carreira literaria. Comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago aínda que os abandonou ao pouco tempo. O seu primeiro libro de poemas publicouno cando tiña vinte e un anos e levaba por título «Muiñeiro de brétemas». Traballou durante moitos anos na vila lucense de Monforte de Lemos como Procurador ao tempo que daba clases nunha academia, escribía libros, colaboraba nunha emisora de radio, participaba en política e mantiña aberta, xunto coa súa muller Saleta, a libraría Xistral. Manuel María foi un gran defensor da cultura galega é un dos autores que ten máis libros publicados noso idioma. Foi membro da Real Academia Galega Galega e polo seu labor a prol da nosa lingua e cultura se lle adica o Día das Letras do 2016.

"Os soños na gaiola" é un clásico da literatura infantil galega. 39


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Unha historia diferente Os nenos e nenas de primeiro, dentro da actividade de lecturas intercursos celebradas no cole co gallo do Día do Libro, recibimos a visita do noso compañeiro de 3º de primaria, Fernando.

Fernando leunos un conto distinto, con moitas imaxes as que lle chamou pictogramas, co cal participou no VI Certame Literario. A verdade é que nos resultou moi divertido.

Trataba dunha pantasma que comía mooooita pizza. Pero non imos contar máis… 40


O MURMURIO DAS PALABRAS Mellor lédeo vós mesmos…

41


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Día das letras Galegas O pasado venres celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano visualizamos varios vídeos. O primeiro falaba sobre a vida do autor homenaxeado este ano, Manuel María, e que foi realizado polos alumnos da aula de PT.

Os nenos e nenas de 1º de primaria tamén fixeron outro sobre os seus poemas.

42


O MURMURIO DAS PALABRAS

Os alumnos de educación infantil e 4º de primaria cantaron dúas cancións da súa obra "Os soños na gaiola".

E dous alumnos de 3º, Yaiza e Sergio, fixeron unha lectura da súa obra.

43


O MURMURIO DAS PALABRAS

Para finalizar, entregáronse os premios do III Certame Fotográfico. Este ano foi verdaderamente difícil, dada a calidade e orixinalidade das fotografías presentadas, elexir entre todas elas. Os gañadores foron Nerea González, Sergio Veiga e Sabela Vidal e todos os participantes recibiron un diploma.

Parabéns a todos eles e as súas familias pola súa colaboración. A exposición podédela ver na entrada do cole. 44


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Plantamos leitugas Os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria levaron a cabo o luns unha plantación de leitugas comestibles de diversas variedades como colofón do proxecto documental sobre a alimentación saudable que estamos a realizar no centro este curso.

A

actividade

despertou

moito

interese

e

entusiasmo

entre

o

alumnado, cada un preparou no seu testo candansúa leituga co posterior regadío da mesma.

45


O MURMURIO DAS PALABRAS

Todos quixeron ter a súa planta para cando medre poder saboreala nunha gustosa ensalada no verán. Desexamos que toda a familia participe desta degustación cunha ensalada variada e saudable.

Por este curso xa damos por rematado o tema da alimentación, que continuará para o curso vindeiro, onde se instaurará un horto escolar para potenciar os cultivos ecolóxicos, como motivación dunha alimentación sa. Quen sabe se de aquí sairán futuros agricultores!!! Oxalá!!!

46


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Presentamos o PDI : "Alimentación saudable" Chegamos ao remate do noso PDI: "Alimentación saudable". A semana pasada chegou o momento de amosar o resultado da investigación de cada un dos ciclos.

O xoves os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º foron quen de expoñer todo o que fixeron durante o curso. Aquí tedes o traballo que realizaron en 1º sobre as froitas.

47


O MURMURIO DAS PALABRAS

En 2ยบ e 3ยบ o seu traballo xirou en torno as verduras, as hortalizas, as froitas...

En 4ยบ investigaron sobre o etiquetado dos productos.

48


O MURMURIO DAS PALABRAS

O venres chegou o turno de Infantil e 5ยบ e 6ยบ de primaria. En Infantil centraron o seu traballo sobre os cereais.

Os maiores investigaron sobre os macronutrientes: en 5ยบ os hidratos de carbono.

49


O MURMURIO DAS PALABRAS

En 6º as graxas.

E os de 5º tamén nos falaron sobre os beneficios das froitas e verduras no verán.

50


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Saída a Zona Intermareal de Placeres O luns, nós os alumn@s de 5º e 6º de primaria fixemos unha saída á zona intermareal de Praceres.

Primeiro o instructor, David, e o seu compañeiro nos deron uns cadernos de campo para recoller anotacións. Saímos do cole e fomos andando ata a praia de Placeres e alí, nas rochas, observamos algunhas mostras da súa fauna.

51


O MURMURIO DAS PALABRAS

David ía explicándonos qué familias de animais mariños hai, entre os que destacan os crustáceos e os moluscos. Vimos cangrexos, miñocas, crías de camarón... e algunhas especies disecadas.

Logo fixemos un pequeno descanso para merendar no parque. Despois voltamos á praia onde nos esperaba Mª Carmen, unha mariscadora, que nos explicou cómo se faena e cómo se clasifican as capturas. Tivemos tamén ocasión de vestirnos coa roupa de faena e probar algúns dos seus aparellos.

Ao voltar ao cole, aínda tivemos un cachiño de tempo para repasar o aprendido. Que foi moito! 52


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Animación á lectura : "Engulecontos" A Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, co obxectivo de fomentar a afección á lectura entre os nenos/as máis pequenos, propúxonos o obradoiro "Engulecontos" para os nosos alumnos/as de Educación Infantil e 1º de Primaria. Marta, a contacontos, comezou presentando a "Engulecontos", quen é e que lle gusta facer, para pasar a ler o principio dun relato que o ten como personaxe e que os nenos deberon continuar engadindo un novo fragmento.

Cada aula que participe nesta actividade engadirá un cachiño máis para así facer unha gran historia entre todos os centros. 53


O MURMURIO DAS PALABRAS

Esta historia estará dispoñible unha vez acabada a actividade na web do concello no servizo de educación : www.educacion.pontevedra.eu

E por último fixeron o debuxo do pequeno Engulecontos tal como eles o imaxinan. Mirade que guapo quedou!

54


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Visitamos a Panadería Acuña "Os nenos de infantil e de primeiro fomos á panadería Acuña. Ensináronnos a fariña e o fermento, a masa e os fornos. Fixemos pan e déronnos napolitana de chocolate." (Naira García e María Vilas – 1º)

Queremos agradecer a Raquel, a nosa anfitrioa, e aos demais traballadores e traballadoras da panadería e o forno de Acuña a súa simpatía e amabilidade c@s nos@s alumn@s. 55


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ 24 de febreiro : Día de Rosalía O mércores 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, a escritora máis importante das nosas letras galegas, e na aula de Educación Infantil quixemos facerlle un video de homenaxe.

56


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Animación á lectura con Raquel Queizás O xoves 17 de marzo tivemos unha estupenda sorpresa, Raquel Queizás volvía ao cole para deleitarnos con novas historias, esta vez da man da Editorial SM.

Presentounos "Un jarrón de la China", "Aventuras de una gota de agua" e "El oso gruñón", da autora Begoña Ibarrola

("Cuentos para

sentir", ed. SM) e fixonos pasar momentos inolvidables, achegándonos co seu bo facer a esos máxicos mundos cheos de fantasía e ilusión.

57


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Degustación de pans en E. Infantil Hoxe na aula de Educación Infantil tivemos unha actividade moi interesante e divertida. Despois de tantos días investigando sobre o pan e as súas variedades, chegou a hora da degustación.

Estaban todos boísimos… non quedaron nin as migas!!

58


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ Excursión pola zona vella de Pontevedra Hoxe venres, os alumnos de educación infantil e 1º curso de primaria foron de "Excursión pola zona vella de Pontevedra".

Fixeron un percorrido guiado polo centro histórico co obxecto de ligar o uso do idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra. Tedes máis información no blog dos Pequerrech@s da Carballeira. 59


O MURMURIO DAS PALABRAS

~ @s de Infantil tamén cultivamos leitugas Igual que os maiores do cole, este martes @s de Infantil fixeron a súa plantación de leitugas. Como verdadeiros expertos, cada un plantou no seu testo a súa leituguiña.

Tedes toda a información no blog dos Pequerrech@s da Carballeira.

60


BIBLIOTECA / DEVORADORES

61


BIBLIOTECA / MOCHILAS

62


BIBLIOTECA / CONCURSOS

63


BIBLIOTECA / CERTAME LITERARIO

64


DANIELA / 1ยบ

65


MARรA / 1ยบ

66


NAIRA / 1ยบ

67


DIEGO / 1ยบ

68


MARรA / 1ยบ

69


RICARDO / 1ยบ

70


NEREA / 1ยบ

71


PANADEIROS / 1ยบ

72


PANADEIROS / 1ยบ

73


PANADEIROS / 1ยบ

74


PANADEIROS / 1ยบ

75


CALIGRAMAS / 2ยบ

76


CALIGRAMAS / 2ยบ

77


CALIGRAMAS / 2ยบ

78


ACRร“STICOS / 2ยบ

79


ACRร“STICOS / 2ยบ

80


CLUB DE HISTORIAS / 3º

Os alumnos de 3º curso de primaria desexamos dar a coñecer aquí, neste xornal escolar, o que estamos a facer, pois acabamos de crear O CLUB DE HISTORIAS. Neste club poden entrar todos os rapaces e rapazas que queiran facer os seus relatos, as súas lendas ou os seus libros de contos. Previamente montamos uns carteis divulgativos, anunciando a súa posta en marcha, e logo preparamos uns castings para seleccionar aos participantes. O gusto por escribir empezou cando faciamos 1º de primaria, durante todo o curso estivemos traballando un libro xenial chamado OJO DE NUBE, do escritor Ricardo Gómez, que máis tarde veunos a visitar. Os aspectos que traballamos motiváronnos moito o gusto pola lectura e pola escritura. Dende entón estamos a facer os nosos propios libros de contos, e con ilustracións incluidas. E agora, este curso, neste trimestre, botamos a andar O CLUB DE HISTORIAS, para animar aos demais compañeiros/as do colexio a que participen desta aventura intrépida, de escribir e ilustrar os seus propios contos. Para iso contamos co apoio e dirección da nosa titora e da dirección. Cremos que de seguir por este camiño, poderemos chegar a ser creadores de historias fantásticas, que fagan soñar a pequenos e grandes e quen sabe se ata uns auténticos escritores.

ÁNIMO A TOD@S, AGARDÁMOSVOS PARA O CURSO VINDEIRO!

81


HORTO ESCOLAR / 3º

Os alumnos do CEIP "A Carballeira", estivemos traballando todo o curso nun proxecto sobre Alimentación Saudable. Os nosos obxectivos son: 1- medrar sans e fortes, e 2- adquirir hábitos alimenticios saudables A verdade é que unha correcta alimentación é fundamental para ter unha boa saúde e para poder evitar enfermedades como: a obesidade, o colesterol, a diabetes, aparte de enfermedades relacionadas co corazón… Para iso é necesario saber o que debemos comer, e coñecer que alimentos son sans e cales son perxudiciais. Dentro do proxecto “Alimentación Saudable”, estudamos as froitas e as verduras, os cereais, os hidratos de carbono e as graxas. Aprendemos moitas cousas sobre estes alimentos, e o necesario que é o seu consumo para o noso organismo e para a nosa saúde. Agora desexamos aprender a cultivar verduras e hortalizas, e á vez poder elaborar os nosos propios alimentos, coa axuda da nosa familia. Para isto pretendemos poñer en práctica o curso vindeiro un horto escolar, onde poderá participar toda a comunidade educativa, na posta en marcha do mesmo. Estamos impacientes por velo xa montado e poder cultivar as nosas propias plantas. É unha idea estupenda coa que aprenderemos moito. Quen sabe se de aquí saen uns bos agricultores !! Gracias profes, por ensinarnos a comer mellor !!

82


MOUSSE DE PLÁTANO / 2º ~ 3º

~

Ingredientes

~

1 bote pequeno de tona (nata) líquida de montar 4 plátanos ben maduros 2 iogures naturais 2 culleradas de mel líquida 1 cullerada de zume de limón 1 puñado de noces

~

Preparación

~

Monta a tona (nata) coa batedora, engadir os plátanos cortadiños e triturados e o resto dos ingredientes. Bater todo xunto ata que quede unha crema espumosa. Se non está ben doce pode engadirse azucre a gusto. *

Pode servirse en copas ou en vasiños e decorar con noces ben cortadas. ( Admite outros froitos secos )

83


MOUSSE DE LIMÓN / 2º ~ 3º

~

Ingredientes

~

4 iogures naturais 1 bote de leite condensado pequeño 2 limóns Azucre a gusto Raspadura de limóns

~

Preparación

~

Poñer nun bol o leite condensado, os iogures, a raspadura dos limóns, o zume dos limóns e un pouco de azucre. Batemos todo coa batedora e poñémolo na nevera unhas horas, cantas máis mellor, xa que se poñerá moi cremoso.

84


BATIDO DE FRESA / 2º ~ 3º

~

Ingredientes

~

400 gramos de fresas 1 litro de leite 100 gramos de azucre

~

Preparación

~

Lavamos as fresas, sacamos os rabos e cortámolas en anaquiños. Botamos azucre enriba e deixamos macerar durante 20 minutos na neveira. logo botámolas nun bol, engadimos o leite e triturámolas para conseguir un batido cremoso Podes poñelo na neveira para que se enfríe, isto é a gusto de cada un. *

Vale de postre ou de merenda. ( Pódese facer con iogur en lugar de leite, tamén se pode facer con zume de laranxa e pódense utilizar froitas variadas )

85


BATIDO DE PLÁTANO / 2º ~ 3º

~

Ingredientes

~

4 iogures naturais 2 ou 3 plátanos, según tamaño 2 culleradas de mel Azucre a gusto

~

Preparación

~

Poñer nun bol os iogures, os plátanos picadiños, o mel e o azucre. Bater coa batedora e listo para tomar. *

Vale para postre ou merenda. ( Pódense usar outras froitas de tempada.

Esta moi rico con melocotón en lata )

86


GABRIELENDIA / 3º

Eu, Gabriel Quintela Piñeiro, declaro a miña vida a gobernar o meu país. -Ola amigos! A que non sabedes o que estou.......? Ía acabar a frase, pero o malvado Ogro Gordo discutía co meu fillo, o principe Poldro, e todo por un calcetín!! Había moito rebumbio, entón baixei ao establo, collín o meu cabalo e subinme ao outeiro máis alto. Pero quen berraba? Os berros do señor Dragón entraron nos meus oídos, parecía mesmo un trono. Estaba presumindo para ser o mellor berrando e poder saír na revista escolar. Eu non daba crédito. -Calade, xa!! Esta vez fun eu quen berrou. (Gabriel – 3º)

87


DE MERCADILLO CO MEU AVÓ / 3º

O outro día pola mañá, ao meu avó ocurriuselle levarme con el ao mercadillo. Eu fun encantada, pois poucas veces podía ir porque tiña que ir á escola. A min non me gustaba nada todo aquel lío e barullo que había. O meu avó mercoume uns imperdibles para o pelo bonítisimos. Para disfrutar máis da mañá levoume ao porto, onde tomamos un zume de melocotón. Estaba boísimo!! De volta para a casa deu en chover a baldes, e o meu avó sen paraugas...! Tivemos que abrigarnos nun portal dunha casa ata que rematou de chover. Aínda así pasámolo xenial! (Yaiza – 3º)

88


AS VISIÓNS DE DON ANSELMO / 3º

Fai moitísimos anos, cando existían os cromañóns, naceu Don Anselmo. Don Anselmo era un cromañón moi valente, pero tamén moi arriscado. Unha vez díxolle á súa nai que tiña visións. En vez de ver unha lámpada el vía unha cortina, e en vez de ver un rapaz, vía unha árbore, e así era con todo. Era terrrible, todos os cromañóns se confundían por culpa de Don Anselmo. E despois todos tiñan as cousas mal. Non podían mandalo á lúa, senón mandábano de boa gana, poi xa non sabían que facer con el. Pero sen embargo decidiron mandalo ao Picapedrini Hospitalini, onde pasou unha boa tempada para curar os seus males. Cando voltou ao pobo xa estaba recuperado de todo e xa non vía visións. (Nerea – 3º)

89


CARAMELOS CRIMINAIS / 3º

Mafalda era unha nena á que lle gustaban moito os caramelos. Os pais dábanlle froitas e verduras, pero ela retirábaos da mesa. Un día os pais levárona ao dentista porque tiña moitas caries. O dentista pasou moito traballo reconstruindo e empastando os dentes e ela sufriu tamén moito cando lle metía na boca aquela especie de taladro que parecía que lle chegaba aos miolos. De volta á casa cos dentes arranxados ela di: - Aprendín a lección, so tomarei un caramelo ao mes! Pero ao mes seguinte, unhas froitas e unhas verduras, cobraron vida: o plátano, a fresa, o melón, as espinacas e o brócoli, pero tamén o fixeron as lambetadas, como o chocolate, os chicles, as piruletas e o caramelo, que era o xefe. As froitas convenceron a Mafalda para aplastar ás lambetadas. Cando chegaron as lambetadas, Mafalda aplastounas todas e tirounas ao caldeiro do lixo, para non ter máis tentación de tomalas. Os dentes valen máis que todas as lambetadas do mundo xuntas. (Ariadna – 3º)

90


A COMUNIÓN / 3º

Fai pouco que fixen a comunión, a verdade é que o pasei moi ben. Durou das once da mañá ata as nove da noite. Primeiro fomos ao restaurante e alí había canas indias e un campo de mini golf. Había unha cabaña pequena con moitas ferramentas dentro: pas, cisternas, dous inodoros, angazos, basoiras… Entramos no restaurante para cortar a tarta e comela. Cando rematamos de comer a tarta, os meus amigos dixéronme que mirara para atrás e... unha nena pequena tróuxome unha bolsa de lambetas xigante!! Menuda!! Logo viñeron os agasallos… todos me deron moitos detalles que eu agradecín. E por último, fomos á praia a xogar ao fútbol e a construír castelos de area. Non nos puidemos bañar porque facía moito frío. Ao marchar deilles un bico a todos. Foi xenial, amigos!! Grazas!! (Eloy – 3º)

91


A PAZ / 3º

A paz gañaba á guerra e con ela síntome alegre. Aínda que a guerra sexa máis forte, sempre gañará a paz. Todo o mundo confiaba na paz, aínda que hai xente que fai a guerra. A guerra era demasiado forte contra a paz, e a paz era demasiado débil contra a guerra. Así que a paz en vez de loitar, intentou entrar na guerra. Pero os falcóns loitaban contra as pombas, a pomba líder dun grupo, cruzou esquivando aos falcóns. Ao final, a guerra rematou grazas a un grupo de pombas que cruzaron levando unha poliña de olivo cada unha. E cruzaron todas as demais pombas, e as pombas sempre, sempre gañarán ás guerras. (Sergio – 3º)

92


TRASNADAS / 4º

Érase unha vez un neno que no Samaín asustaba a xente. Polas noites disfrazábase de fantasma e ía co seu amigo David. Ían de casa en casa pedindo caramelos. Un día houbo unha tormenta moi forte. Entón quedáronse ás escuras e aproveitaron a ocasión para asustar á xente. Metíanse nas casas e facían todo tipo de trasnadas: movían as cousas, despertaban á xente que estaba na cama dun susto… Co tempo, a xente descubriu quen era. Entón, ao ano seguinte, devolvéronlle a broma facéndolle todo tipo de trasnadas… (Antonio – 4º)

93


BICHOS / 4º

O colexio "A Carballeira" de Lourizán visitou o Salón do Libro que trataba sobre os bichos. Saímos as dez e media. Ao chegar, recibiunos o noso monitor, Poldo. Comezamos pola sala de experimentos, onde unhas científicas mostráronnos cunhas lupas uns bichos. Dábanme moito noxo! Ao rematar o taller, seguimos a visita do Salón do Libro vendo unhas salas moi interesantes e divertidas: nunha, tiñamos que pechar os ollos para pasar tocando uns materiais coas mans; noutra, de cor azul, fixemos xogos de "pilla-pilla"; e na última, dábannos unhas pezas e tiñamos que completar uns bichos. Tamén vimos traballos doutros coles. Un era un formigueiro, e foi o meu favorito. O noso tamén estaba exposto. Ao rematar, iamos saudar a Orbil, pero non o puidemos facer porque marchaba. Foi moi divertida e interesante… Quero volver ir! Menos mal que non houbo ningún accidente e portámonos todos moi ben. (Inés – 4º)

94


BICHIร‘OS / 4ยบ

95


BICHIร‘OS / 4ยบ

96


BICHIร‘OS / 4ยบ

97


BICHIร‘OS / 4ยบ

98


BICHIร‘OS / 4ยบ

99


BICHIร‘OS / 4ยบ

100


ZOOS

O venres levanteime as sete da mañá, e o meu pai levounos á miña avoa, á miña nai e a min ao aeroporto de Vigo. Facturamos a maleta e subimos ao avión. Cando o avión empezou a rodar pola pista de despegue, fíxome moita ilusión, porque era a primeira vez que montara nel. Ao chegar a Madrid, recolleunos un autobús e levounos ao hotel. Despois, fomos en metro ata o centro e visitamos a Porta do Sol, o Retiro, a Porta de Alcalá, e o que máis me gustou foi o Museo de Cera. O mellor foi que vin a Cristiano Ronaldo, Fernando Torres, os Simpson e moitos máis. Pola noite regresamos ao hotel, situado cerca do aeroporto. Ao día seguinte fomos no metro ata o Zoo. Nel vimos xirafas, osos panda, golfiños, gorilas, chimpancés, leóns mariños… Foi unha fin de semana inesquecible! (Manuel – 4º)

101


CELÍACOS ? / 5º ~ 6º

Cada vez aumenta máis o número de nenos e nenas que sofren algún tipo de alerxia ou intolerancia. Na nosa clase, sin ir máis lonxe, atopamos varios exemplos, polo que nos parece interesante comentar brevemente algún deles. Nesta ocasión, ímosvos falar da enfermidade celíaca. Hoxe sabemos que o 1% da poboación é celíaca, pero a maioría desconóceno ou están sin diagnosticar. Antigamente, se identificaba como unha enfermidade infantil, pero agora sabemos que se pode manifestar a calquera idade. Trátase dunha característica da persoa que a padece, que a fai permanentemente intolerante ao gluten. Pero... que é o gluten? O gluten é un tipo de proteína presente en moitos alimentos. A súa función consiste en actuar de cemento para unir os diversos ingredientes dun producto. O ser humano posúe, no intestino delgado, uns pequenos peliños, chamados vellosidades intestinais, que teñen a misión de absorber os nutrientes dos alimentos para logo levalos ao sangue; pero algunhas proteínas, como o gluten e a lactosa, son moi pesadas e precisan dunhas enzimas especiais para disolvelas. Os celíacos non fabrican esas enzimas polo que o gluten, ao non disolverse, destrúe as vellosidades intestinais e o organismo deixa de nutrirse axeitadamente. Para solucionar este problema, as personas celíacas deben eliminar completamente o gluten da súa alimentación. 

102


CELÍACOS ? / 5º ~ 6º

Ao principio, o diagnóstico pode poñer patas arriba a toda a familia, pero unha vez que nos acostumamos ás novas rutinas, contrólase ben, aínda que supón un gasto adicional para a economía familiar, pois os productos sen gluten son máis caros.

E agora, surxe a pregunta:

Podo invitar a un compañeiro ou compañeira celíaca á miña casa? E a resposta é:

Pois claro! No mercado existe variedade de productos e lambetadas sin gluten, o único que debo facer é informarme e conseguir que o meu amigo ou amiga se sinta como o que é “un máis”. (Lara e Víctor – 6º)

103


A HISTORIA DE MÓNICA / 5º ~ 6º

Mónica era unha rapaza que sempre tivo un só desexo, pero sabía que non se podería cumprir. A ela gustaríalle comer coma o resto de nenos e nenas: donuts, bolaría, gominolas, empanadas... Desexa con toda a súa alma ir a unha panadaría e poder coller calquera lambetada, pero non pode. É celíaca, ou sexa, ten intolerancia a diversos cereais, entón, todo o que come non poder conter gluten. Cando a convidaban aos aniversarios, ela observaba a tarta sen poder probala e, no colexio, miraba a merenda dos demais sentindo certa envexa. Un día dixo: “Ser celiaca é o peor do mundo”. Nese momento, apareceu unha fada que lle explicou que eso era mentira. Contoulle que ela estaba mellor alimentada ca os demais porque se nutría mellor. Tamén lle explicou que lle tocou a ela ser celíaca igual que a outro lle tocou ser diabético. De súpeto, a fada desapareceu. Ao día seguinte, Mónica percatouse de que todo fora un soño. Aínda así, non se esqueceu o que lle dixera a fada, que ser celíaco non é o peor do mundo, como ela pensaba, que é como ser miope, diabético ou ter alerxias... trastornos que non son nin tan malos, nin mortais. (Lara – 6º)

104


MUNA / 5º ~ 6º

Este curso, na aula, limos un libro titulado Muna que espertou o noso interés polo tema que desenvolve. Muna é unha nena saharaui acollida durante un verán por unha familia española o que proporciona novas experiencias a todos. A protagonista levounos a plantexarnos diversas preguntas: que é o Sahara?

como viven alí?

cales son os seus costumes? que son os programas de acollida?

... polo que comezamos as nosas pescudas … Descubrimos que o Sahara é o deserto máis cálido do mundo que ocupa a maior parte do norte de África e que en 1970, o exército marroquí, invadiu a colonia española no Sáhara Occidental, obrigando aos saharauis a marchar dos seus territorios e ter que asentarse en campamentos formados por haimas ás que van engadindo construccións de adobe que lles serven de cociña e baño. Estes campamentos están bastante alonxados uns de outros e ofrecen unhas pésimas condicións de vida, pois os seus recursos son moi insuficientes. No medio dun deserto estéril, con temperaturas extremas, sobreviven grazas ás axudas externas. Entre estas figuran os Programas de Acollida que consisten en que, durante o verán, familias de diferentes países europeos, acollen a nenos e nenas saharauis para ofrecerlles a ocasión de coñecer outros países e costumes e tamén proporcionarlle revisións médicas que lle permitan ter un desenvolvemento físico saudable.  105


MUNA / 5º ~ 6º

Polo tanto, estes programas aportan beneficios moi importantes a estes rapaces e rapazas como a mellora da súa saúde, unha alimentación máis

variada,

o

coñecemento

doutra

cultura

e

outro

idioma,

o

establecemento de relacións de amizade e de vínculos afectivos coas familias de acollida, entre outros. Logo desta reflexión sobre os problemas do pobo saharaui, esperamos espertar a solidariedade dos que nos escoitades para contribuír, na medida do posible, a que estes nenos e nenas coma nós, sexan máis felices. Por certo, invitámosvos a ler este libro “Muna” escrito con moita tenrura por Beatriz Berrocal e ilustrado fermosamente por Claudia Legnazzi.

106


RUMORES / 5º ~ 6º

CORREN RUMORES de que hai una pantasma no baño. CORREN RUMORES de que hai xente na escola que non coñece a palabra "estudar". CORREN RUMORES de que van montar no recreo un club de debuxo. CORREN RUMORES de que hai un neno en 6º que non cumple as normas. CORREN RUMORES de que este ano non van saír tantos balóns voando. CORREN RUMORES de que alguén, cando se ri moito, ponse vermello. CORREN RUMORES de que a alguén de 5º e 6º, ás noites, una fantasma lle rouba os deberes. CORREN RUMORES de que hai xente de 5º e 6º moi faladora. CORREN RUMORES de que as fadas cantan no patio polas noites. CORREN RUMORES de que os que marchan para a ESO algunha bágoa van botar.

107


AUTOBIOGRAFÍAS / 5º ~ 6º

En Albacete, un buen día, mi mamá me dio la vida.

Jugaba mucho y reía, rebosaba de alegría.

Me gustan los animales y las mascotas virtuales.

Del colegio, yo prefiero jugar con los compañeros.

De mayor seré doctora, guitarrista o traductora.

Ya no tengo nada que decir, así que me quedo aquí. (Erika – 5º)

108


AUTOBIOGRAFÍAS / 5º ~ 6º

En Pontevedra eu nacín pero alí non vivín.

De pequena xoguei e de maior estudei.

Me gusta patinar, mais non esvarar.

Me gusta aprender anque, ás veces, me costa entender.

Aínda non sei que serei de maior pero espero ser a mellor

E xa que me coñecedes agora me valoraredes. (Sara – 5º)

109


AUTOBIOGRAFÍAS / 5º ~ 6º

O 25 de maio é o meu día, foi cando coñecín a vida.

De pequeño xogaba un montón con coche, moto e camión.

Debuxaba cans e gatos pero parecían garabatos.

Na escola moito aprendín, non era nada tontín.

De mayor quero ser investigador pero nada de ser fumador.

Espero chegar ás miñas metas e non estrelarme como os cometas. (Víctor – 6º)

110


TABLAS / 5º ~ 6º

CALENDARIO TEMPADA DE FROITAS FROITAS

I

II

III

IV

V

VI

VII

VIII

IX

X

XI

XII

Albaricoque Breva Caqui Cereixa Ciruela Frambuesa Fresa Fresón Granada Figo Kiwi Limón Mandarina Mazá Melocotón Melón Marmelo Laranxa Nectarina Níspero Paraguaia Pera Plátano Sandía Uva Aguacate Pomelo (Tania e Francisco) 111


PASATEMPOS / 5ยบ ~ 6ยบ

112


PASATEMPOS / 5ยบ ~ 6ยบ

113


CARTAS / RAQUEL

Ola colexio !

Pasou un novo ano académico, noutro centro, con outro profesorado e alumnado. É todo moi novo : temos novas materias, novo ambiente, novos amigos e compañeiros… Pero, sobre todo, non hai a mesma familiaridade entre profesores e alumnos, supoño que por ser un centro unhas cen veces máis grande… Creo lembrar que había cincuenta e tantos profesores e uns seiscentos alumnos! Pero non me custou nada adaptarme, aínda que hai cousas que non existen no instituto e que boto en falta. Por exemplo, é horrible ter un profesor para cada materia. Tardas, polo menos, dous meses en aprender todos os nomes… ou que non se realicen tantos traballos de procura en equipo. Pero claro que tamén ten cousas positivas, como o patio, que hai un campo de fútbol e outro de baloncesto, é decir : é o dobre que o do voso centro! Ou tamén a cafetería, que fan uns bocadillos de tortilla verdadeiramente apetitosos. Espero que o colexio C.E.I.P “A Carballeira” de Lourizán permita a moitos máis nenos aprender durante moitos máis anos. Non dubidedes en verme todos os festivais de Nadal! Un bico e ata sempre!

Raquel

114


CARTAS / HUGO

Hola, son Hugo Soliño.

Cando me dixeron de facer esta carta non dubidei en facela, porque quero exponer as miñas experiencias con vós. Bueno, quero empezar dicindo como eu me sentía cando se acabou o colexio e ía transcorrendo o verán. Ao rematar o curso sentíame bastante triste por deixar atrás a miña segunda casa, e tiña medo polo que dicían do instituto, pero ao longo do verán quería que comezara xa e coñecer a máis xente, aunque admito que estaba bastante nervioso por se tiña a mala sorte de que non me tocara ninguén da miña clase de sexto, pero ao final tocaronme bastantes da miña clase, cousa que me alegrou moito. Faime moita gracia cando empezou o curso, algunhas persoas de primeiras caéronme mal e despois de coñecelos fixéronse algúns os meus mellores amigos. Quero dicir aos que van ir para o instituto que non teñan medo de nada, non é para tanto; douvos un consello, non fagades caso da xente que fale mal de el, porque eu antes pensaba que era como un “inferno”, pero creédeme que non o é. Pola miña parte sigo botando de menos ao colexio en xeral, e quero dar un abrazo aos profesores deste gran colexio por axudarme tanto durante o meu paso por el. E en especial á profe que nos aguantou durante anos, un forte abrazo, Xulia. Non teño máis que dicir, que espero que vos axude esta carta e que vos sirva para afrontar o mellor posible un novo paso nas vosas vidas. Hugo

115


CARTAS / UNS PAIS AGRADECIDOS

Sempre soubemos que este día chegaría, o día de despedirse para encararnos ao futuro, pero este último ano démonos conta con máis intensidade e vivímolo doutro xeito, ou polo menos na miña casa onde se chora desde principios de curso porque non nos queremos ir. Estamos tan aferrados ao cariño que se nos deu nesta Carballeira que custa despedirse, custa moito. Agora que chegamos ao fin do camiño estamos satisfeitos de ter escollido este cole, foi a mellor elección que pudemos facer pola nosa pequena. Estamos moi agradecidos, non hai palabras de agradecemento suficientes para o labor que se fai na Carballeira, tanto por parte dos mestres como por parte dos pais e nais que loitan pola supervivencia deste cole. Cando se fala dun ensino de calidade o noso colexio é un exemplo claro do que se pode facer con poucos recursos pero con un equipo con vocación e volcado ao cen por cen no seu traballo, facendo unha excelente labor educativa pero tamén cunha calidade humana sen igual. Dou grazas a todos sen excepción, recordando tamén aos que xa non están, ou non puderon estar este ano por algunha forza maior. Grazas, grazas e mil grazas. Foi un privilexio poder formar parte deste colexio por un tempo, estaredes sempre nos recordos dos nosos nenos. É moi difícil dicir adeus, pero hai que seguir adiante, nunca vos esqueceremos e levarémosvos no corazón.

Carballeira para sempre. Carballeira forever.

Uns pais superagradecidos

116


OFERTA EDUCATIVA Instalacións novas * Plan Madruga * Comedor * Transporte escolar (zona Nordeste) * Actividades extraescolares (tardes) * Clases de reforzo polas tardes (Plan PROA) * Ambiente familiar e trato personalizado * Educación Infantil desde os 3 anos * Inglés desde os 3 anos * Orientación educativa * Educación en valores * Educación viaria * Animación á lectura * Proxecto Documental Integrado * Opcións ensinanza relixiosa * Novas Tecnoloxías * Pizarras dixitais, ordenadores e proxectores nas aulas * Proxecto Abalar en 5º e 6º de Primaria (ordenador persoal para cada alumno) * Proxecto E-DIXGAL (libros dixitais) * Aula de Informática * Aula de Música * Biblioteca (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, mochilas viaxeiras, contacontos, certamen literarios…) * Ximnasio * Revista Escolar * Museo etnográfico * Saídas educativas * Actividades complementarias (proxectos, charlas educativas, festivais, celebracións…) * Instalacións adaptadas para minusválidos (ascensor, rampas de acceso, duchas e baños adaptados) Lugar de A Camboa, nº 10, LOURIZÁN, 36910, PONTEVEDRA Teléfono/FAX: 886 15 15 74 Páxina WEB: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipacarballeira E-Mail: ceip.carballeira@edu.xunta.es

Nº 26 – ANO XXV – XUÑO 2016

Revista escolar 2016  

Xornal escolar 2016 do CEIP A Carballeira de Lourizán (Ponteevdra)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you