Page 1


Un anaco de Sabedor铆a - obradoiros de memoria -

Obradoiros de maiores Concello de Bri贸n

2


a s Un

E

a

naco de abedoría

ste libro fixémolo co traballo diario nos obradoiros e con cousas que nos apetece compartir co resto dos compañeiros. emos moitas cousas que aportar; están na nosa memoria e non queremos que se perdan co paso do tempo. antigas que hai anos que sabemos, pero que case estaban esquecidas. Entre todos volven a nós, con recordos de xuventude que nos enchen de ledicia. Oracións que nos ensinaron as nosas nais e avoas; refráns e ditos populares que todos coñecemos,

porque xa os dicían os nosos pais e seguen sendo verdade. Tamén sabemos remedios, que xa veñen de antes, que aplicamos moitas veces aproveitando a riqueza que ten a nosa terra. odo isto e moitas máis cousas están neste libro, no que participamos todos. Está feito con moito cariño e con el lembramos un ano que pasamos xuntos.

T

T

C

3


a

divi単as


a

“UNHA NAI SEN FILLOS TEN QUE CON LEITE OS ALIMENTAR” Solución: A figueira “NUN AGRO CHEO DE VACAS VERMELLAS, VEN UNHA NEGRA E BÓTAAS TODAS FÓRA” Solución: Barredoiro das charamuscas do forno “DE BURATO EN BURATO SEMPRE CAS TRIPAS A RASTRO” Solución: A agulla e o fío “QUE COUSA COUSA É QUE CANTO MÁIS GRANDE MENOS SE VE” Solución: A escuridade [PURA ROMERO] “NO CAMPO ME CRIEI CUBIERTA DE VERDES LAZOS, E O QUE CHORA POR MIN ESTAME CORTANDO EN PEDAZOS” Solución: A cebola [JOSÉ MANUEL] “AINDA QUE TEÑO CATRO PATAS NON ME PODO MOVER, LEVO A COMIDA EN RIBA E NON A PODO COMER” Solución: A mesa “QUEN O FAI NON O USA, QUEN O MERCA NO O QUERE, E QUEN O USA NON O VÉ” Solución: O cadaleito “NON FALA E TEN BOCA, NON ANDA E TEN PÉS, SABES XA QUEN É” Solución: O pote [ROSA BARBAZÁN]

5


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

“AINDE QUE DE CRUZ NON TEN, TODOS DIN QUE CRUZ É, UNS ATÓPANA PESADA E PARA OUTROS LIXEIRA É” Solución: O matrimonio [ROSA BARBAZÁN] “DÚAS NAIS E DÚAS FILLAS VAN CUBERTAS CON TRES MANTILLAS, E CADA UNHA LEVA A SÚA” Solución: Unha nai, unha filla e unha neta. [ROSA LAMAS] “QUE COUSA COUSA É, QUE SÓ TEN UN DENTE E CHAMA POLA XENTE” Solución: A campá [FINA] “TEÑO DENTES E NON COMO, TEÑO COROA E NON SON REI” Solución: A cabeza dos allos [LOURDES CAMPAÑA] “CATRO NA CAMA, CATRO NA LAMA, DOUS PIRULÍS E UN QUE LLE ABANA” Solución: A vaca [FINA] “QUE COUSA, E COUSA, QUE BATE O CÚ NA LOUSA” Solución: O sol [ESTHER LAGO] “PELUDO POR FÓRA, PELUDO POR DENTRO, LEVANTA A PERNA E MÉTEO DENTRO” Solución: O calcetín [MANUEL BELLO]

6


a

v 7


c

antigas


a

“CHORIMA NOSA CHORIMA TAN AMARELA NO MONTE TI ES A FLOR DOS GALEGOS DOS DE ONTE O DOS DE HOXE. FLOR DO TOXO, FLOR DO TOXO, FLOR DA GALEGUIDADE AS RAÍCES SON A IALMA A CHORIMA A SAUDADE. ARRECENDES OS TOXALES NON TE QUIXECHES NA CAMA ERGUEITA, BRAVA E CEIBE COMO OS GALEGOS DE RAZA. SOMENTES A NOSA TERRA ABONA A TÚA SEMENTE CHORIMA TI SI ES NOSA FUCHELO E SERALO SEMPRE.” [ELENA] “BOTEI UN LIMÓN CORRENDO NA TÚA PORTA PAROU CANDO O LIMÓN TEN AMORES QUE FARÁ O QUE O BOTOU” [GLORIA PÉREZ] “O PAXARO DE MARÍA METE O RABO NA SILVEIRA ASÍ FAI A BOA MOZA CANDO NON TEN QUEN A QUEIRA” [GLORIA PÉREZ]

9


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

“COSTUREIRA NON A QUERO E TECELANA TAMPOUCO QUE DA MAL DORMIR NA CAMA ERGUE UN PÉ E BAIXA OUTRO” [ISIDORO] “AS VELAS FANSE DE CERA DO TRABALLO DAS ABELLAS, QUE A BUSCAN TODO O VERÁN PARA ENCHER AS COLMENAS” [ISIDORO] “QUE QUERES MARÍA, QUE QUERES MANUEL, CASTAÑAS ASADAS CON LEITE E CON MEL” [MARIA BECERRA] “AS RAPAZAS DE CASTRIZ AS RAPAZAS DE CASTRIZ NON SABEN RIPAR O LIÑO RÍPANO CO NARIZ” [MARIA BECERRA] “VIVIR NON É SO EXISTIR SINON EXISTIR E CREAR SABER GOZAR E SUFRIR E NON DORMIR SEN SOÑAR …………….DESCANSAR, É EMPEZAR A MARCHAR” [TERI]

10


a “DEANNOS O MAIO SEÑORAS E CABALEIROS E SE NON, DEANNOS DIÑEIRO”.

[ISTO CANTABA TERI CANDO ERA NENA E VIVÍA EN MUGARDOS. O 1 DE MAIO OS NENOS E NENAS POÑÍANSE GUAPOS, COLLÍAN RAMOS DE FLORES E CANTABANLLE ESTO A XENTE, E DABAN FLORES A CAMBIO DE CARTOS]

[TERI]

“SANTA MINIA DE BRIÓN DEITADA NA SÚA CAMA SE SANTA MINIA NON FORA BRIÓN NON SERÍA NADA”. [BLANDINA] “PASEI A PONTE DO PEGO NON A PASEI POR LADRÓN PASEINA POR VER AS MOZAS DE SAN FELIX DE BRIÓN”. [PABLO BECERRA] “SAN XULIÁN DA LUAÑA E UN SANTO PEQUENIÑO MOITO LLE GUSTA AS NENAS BAILAR CON EL NO MUIÑO. [PABLO BECERRA] SAN XULIÁN DA LUAÑA SANTIÑO QUE FAI CHOVER NOSA SEÑORA DE CORNANDA E A QUE LLE DA O PODER” [PABLO BECERRA]

11


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

“EU QUERÍAME CASAR PERO NON TEÑO CON QUEN MARCHEIME HASTA BOULLÓN A PEDIRLLO A SAN MIGUEL. EL NON ESTABA NA IGREXA COLLÍN OUTRA DIRECCIÓN FUN A PEDIRLLE UN MOZO A SAN FÉLIZ DE BRIÓN. ESTE NON MO QUIXO DAR E MANDOUME PARA OS ÁNXELES DÍXOME NOSA SEÑORA: EU NON SEI DE MOCEDADE. MARCHEIME A BASTAVALES FUN XUNTO A SAN XULIÁN E FÍXOME UN MOCIÑO CUNHA VARIÑA NA MAN. ESTE SI QUE SABE DESTA E DAS COUSAS DO AMOR POR ESO LLE CHAMAN TODOS O SANTO MÁIS BAILADOR.” [AURORA LAMAS] “TODAS AS IGREXAS TEÑEN A PORTA GRANDE O PONIENTE MENOS A DE BASTAVALES QUE A TEN CARA O NACIENTE.” [AURORA LAMAS] “DUAS COUSAS HAI NO MUNDO QUE NON AS PODO ENTENDER SER CURA E IR PRO INFERNO E SER MÉDICO E MORRER. [AURORA LAMAS]

12


a

“DOS HOMES QUE COÑECÍN SO ADÁN TIVO XUÍCIO CASOU CUNHA MULLER SIN NAI E VIVE NO PARAÍSO” [AURORA LAMAS] “O REI MANDOUME UNHA CARTA DENTRO DUN FIGO MADURO QUE AS MULLERES BEBAN VIÑO E OS HOMES MEXO DE BURRO.” [AURORA LAMAS] “CASACHES CUNHA NENA PENSANDO QUE TIÑA DON, TIÑA PIOLLOS DA LIBRA E PULGAS DA CUARTARÓN” [AURORA LAMAS] “BASTAVALES E A MIÑA TERRA SAN XULIÁN O MEU PATRÓN, VIVAN OS DE BASTAVALES E OS DA MIÑA COMISIÓN. ONDE VAI SAN XULIÁN ONDE VAI QUE NON O VEXO, VAI VER A SAN SALVADOR NA CAPELA DO ANEXO. O ADRO DE BASTAVALES TEN VINTECINCO ESCALEIRAS POR ONDE SUBEN AS MOZAS CASADIÑAS E SOLTEIRAS.

13


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

BASTAVALES TODO TEN BASTAVALES TODO TEN BOAS MAZÁNS BOAS PERAS E BOAS MOZAS TAMÉN. AS MOZAS DE BASTAVALES MOI ESPABILADAS SON PARA CANTAR E BAILAR E TIRAR POLO LEGÓN” [AURORA LAMAS] “O CONCELLO DE BRIÓN CONCELLO DE BO VIVIR TEN UNHA ROSA NA ENTRADA E UN CARAVEL Ó SAIR.” [AURORA LAMAS] “AS MULLERES CANDO PAREN ACÓRDANSE DE SAN RAMÓN PERO NON SE ACORDARON DO SANTO CANDO ESTABAN NA FUNCIÓN” [PILAR TURNES] “HEICHE FACER UNHA PONTE CON TONIÑAS DE LIMÓN PARA QUE PASEN OS MOZOS DOS ÁNXELES PARA BRIÓN” [PILAR TURNES] “OS DE BRIÓN SON BOS MOZOS OS DE MARÍN MARIÑEIROS OS DE OURENSE AFIADORES E OS DE NOIA ZAPATEIROS” [PILAR TURNES]

14


a “SANTA MINIA VEU DE CÁDIZ DESEMBARCOU EN PADRÓN E AGORA VEU PARA A CAPELA DE SAN FÉLIX DE BRIÓN” [PILAR TURNES] “MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA, COMO A MIÑA NAI NINGUNHA QUE ME QUENTABA A CARIÑA COA CALORIÑA DA SÚA” [ADELINA] “NA BEIRA DUNHA PONTE PÚXEME A CHORAR AS PENAS E A AUGA ME DICÍA NON AS FAGAS, NON AS TEMAS” [LOLA OTERO] “SE QUERES QUE O CARRO CANTE MÓLLALLE O EIXE NO RÍO, DESPOIS CO EIXE MOLLADO CANTARÁ COMA UN ASUBÍO” [PURA ROMERO] “O CARBALLO DA REVOLTA TEN AS FOLLAS REVIRADAS, QUE LLAS REVIROU O AIRE UNHA MAÑÁN DE XEADA” [PURA ROMERO]

15


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

“AI ROSIÑA, ROSIÑA NON REGES MÁIS A ROSEIRA ESTA NOITE VAI CHOVER ROSA MOLLADA NON CHEIRA” [LOLA OTERO] “A FONTE DE VILAR NON HAI FONTE COMA ELA SAE A RAPE DO CHAN E PÓDESE BEBER NELA” [ROSA BARBAZÁN] “EU BEN VIN ESTA-LO CUCO NA CIMA DUN AMENEIRO CUNHA SUBELA NA MAN APRENDENDO A ZAPATEIRO” [ROSA BARBAZÁN] “MAIO LONGO, MAIO LONGO FUCHES CURTO PARA MIN VEXO CONTIGO A MIÑA DICHA VOLVEU CONTIGO A FUXIR” [ESPERANZA SOUTO] “DENDE SANTIAGO A PADRÓN, CUN CHOVE QUE ERA A RAIAR DESCALCIÑA SIN COMER E SIN ALMORZAR. POLO CAMIÑO ATOPABA RICAS COUSAS QUE MERCAR, E AINDA QUE GAÑAS TIÑA DELAS NON TIÑA PARA AS PAGAR. NAS MESAS ARRECENDÍA A COUSAS DE BON GUSTAR

16


a

MAIS O QUE NON TEN DIÑEIRO SIN ELAS TEN QUE PASAR. FUN CHEGANDO Á MIÑA CASA TODA RENDIDA DE ANDAR NON TIÑA NELA FRANGULLA CON QUE POIDERA CEAR. FUN Á CASA DUN VECIÑO QUE TIÑA TODO A FARTAR, PEDINLLE UN POUCO DE BROA E NON MO QUIXO EMPRESTAR. AS BÁGOAS ME CAÍAN QUE ME FORA AVERGOÑAR VOLVINME A MIÑA CASIÑA ALUMADA DO LUAR” [ESPERANZA SOUTO] “VINDO DA FEIRA VIN UNHA NENA, VIÑA DO MONTE DE TRABALLAR, ELA GUSTOUME E PEDINLLE UN BICO, PERO ELA NON MO QUIXO DAR” [ESPERANZA SOUTO] “O PRIMEIRO DO AMOR SON OS BICOS O SEGUNDO PELLIZCOS PEQUENOS O TERCEIRO MOI ARRIMADIÑOS E O CUARTO SONCHE OS NENOS” [ESPERANZA SOUTO] “CATRO COUSAS QUERE O AMO DO CRIADO QUE O SIRVE, TARDE Á CAMA E ÉRGUERSE CEDO COMER POUCO E NON SER TRISTE. DESGRACIADOS DOS QUE SIRVEN

17


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

E POBRES DOS QUE SERVIMOS, QUE AÍNDA QUE MOITO TRABALLAMOS SEMPRE NOS DIN QUE DORMIMOS. MIÑA NAI DOS TRABALLOS PARA QUEN TRABALLO EU, TRABALLO E MATO O MEU CORPO E NON TEÑO NADA MEU” [MANUEL BLANCO] “FLORES DE OURO MARELIÑAS NON AS HAI COMA AS DOS TOXOS CRIOUNAS DIOS ENTRE AS PIÑAS PRA LIBRALAS DOS ANTOXOS” [TERI ROCA] “AS DE CANTAR, MENIÑA GAITEIRA AS DE CANTAR QUE MORRO DE PENA, CANTA MENIÑA NA LEIRA DA FONTE, CANTA, DAREICHE BOLIÑOS DO POTE, PAPIÑAS CON LEITE TAMÉN CHE DAREI SOPIÑAS CON VIÑO E TORRIXAS CON MEL. CO SON DA GAITIÑA, CO SON DA PANDEIRA CHE PIDO QUE CANTES RAPAZA MORENA. O MEU CORAZON CHE MANDO, CUNHA CHAVE PARA ABRIR, NIN EU TEÑO MÁIS QUE DARCHE NIN TI MÁIS QUE ME PEDIR. DIOS BENDIGA TODO NENA RAPAZA DIOS TE BENDIGA XA QUE TE DOU TAN GRACIOSA XA QUE TE DEU TAN FEITIÑA.

18


a

CO SON DA GAITIÑA CON SON DO TAMBOR CHE PIDO QUE CANTES NENIÑA POR DIOS” [ ESPERANZA SOUTO] “EICHE DE REGALAR UNHA FLOR DE CIRIDONIA, PARA QUE DE MIN TE ACORDES E ME TEÑAS NA MEMORIA” [LOLA OTERO] “A RAIZ DO TOXO VEDE E MOI MALA DE ARRANCAR OS AMORES PRIMERIOS SON MOI MALOS DE OLVIDAR” [MANUEL BELLO] “QUE ALTA VAI A LÚA O LUCEIRO A ACOMPAÑA QUE TRISTE QUEDA O HOME CANDA A MULLER O ENGAÑA” [MANUEL BELLO] “FUN ÁS CEREIXAS A UN PINO MOI CERCA DE BASTAVALES, VEU A DONA DAS CEBOLAS NO ME ROUBES OS TOMANTES” [DIGNA VILLAVERDE] “PRENDE SALGUEIRIÑO, PRENDE PRENDE NA FONTE SEREIRA TAMÉN OS MEUS OLLOS PRENDEN NA CARIÑA DUNHA NENA” [CARMEN CAJUSO]

19


d r itos e

efrรกns


a

“MITADE DA MOZA ESTÁ NA TENDA” [MARINA] “POUCO E MALO, COMO A CAGADA DO DIABLO” [MARINA] “XENTE DE NOIA CAMPANAS DE PAU TOCAN A MISA CUN CORNO E VAN A OILA CUN CESTO” [PILAR TURNES] “O QUE COME E CANTA O SENTIDO LLE FALTA” [DOMI] “HOME QUE FÍA, MULLER QUE ASUBÍA GALIÑA QUE CANTA COMO CAPÓN NA MIÑA CASA NON” [ROSA LAMAS] “A MULLER QUE NON COME CANDA O MARIDO, OU HA DE COMER OU XA TEN COMIDO” [ROSA LAMAS] “SOGRA E NORA, UNHA NA CASA E OUTRA FÓRA” [ROSA LAMAS] “A PLANTA DA RUDA, TODOS OS MALES CURA” [MARIA BECERRA] “CUNHA INFUSIÓN DE ORTIGA, PÁSANCHE OS DOLORES DE BARRIGA” [MARIA BECERRA]

21


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

“COA MANZANILLA , O TEU PELO BRILLA” [MARIA BECERRA] “E BOA A LIÑAZA, PARA A PERNA QUE SE MAZA” [MARIA BECERRA] “CO MEL DA MAÍA, SE NON CAGAS DE NOITE CAGAS DE DÍA” [MARIA BECERRA] “FILLO ERES, PAI SERÁS ASÍ COMO O FAGAS, ASÍ O TERÁS” [DOMI] “DE BEN NACIDO É SER AGRADECIDO” [FINA] “A CABRA DE CHEA, DA COS CORNOS NO CÚ” [LOLA OTERO] “NON HAI SÁBADO SIN SOL, NIN DOMINGO SEN AMORES” [FINA] “A LÚA TEN DÚAS CARAS O MESMO QUE QUEN EU SEI A LÚA SAE DE NOITE O SOL Ó AMENCER” [FLORA] “CANDO A LÚA RECOLLE A AUGA, ESTÁ NO CRECENTE CANDO ESTÁ COS CORNO PARA ABAIXO, VACÍA O CALDEIRO, E ESTÁ NO DEVALANTE” [MARINA]

22


a

“MENTRES A LÚA NON QUINTA, NON PINTA” (NOS 5 PRIMEIROS DÍAS DE CRECENTE, AÍNDA SE PODE PLANTAR, PORQUE TEN POUCA FORZA) [ROSA LAMAS] “AS PATACAS NA LÚA DE XANEIRO VAN NO CESTO E VEÑEN NO CALDEIRO” [LOURDES CAMPAÑA] “CA LÚA DE XANEIRO, VESE A AUGA NO REGUEIRO” [CARMEN FERNÁNDEZ]

23


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

“AMIGOS QUE LOITAN POR UN CODELO, OU A FAME E MOITA OU O QUERER POUCO” [ROSA BARBAZÁN] “UN CATARRO MAL CURADO, QUEDA SEMPRE GRAVADO” [ROSA BARBAZÁN] “SE BEBES PARA OLVIDAR, PAGA ANTES DE EMPEZAR” [ROSA BARBAZÁN] “XANEIRO, OVEIRO” [DORINDA] “POR SAN BLAS, A CIGOÑA VERÁS” [DORINDA] “POR SAN XOAN, A SARDIÑA MOLLA O PAN” [LOURDES NÚÑEZ] “VAITE DE AHÍ FEBREIRIÑO CURTO, QUE SI DURARAS MÁIS CATRO, NON QUEDARA NIN CAN NIN GATO” [CHONCHA] “NON HAI MAL QUE DURE CEN ANOS, NIN CORPO QUE O RESISTA” [JUSTA] “MANS QUE NON DADES, QUE ESPERADES” [FINA] “NOVEMBRO, DICHOSO MES, QUE COMENZA CON SANTOS E TERMINA CON SAN ANDRÉS” [BLANDINA]

24


a

v 25


r libros

ecomendados


a JUSTA , UNHA DAS NOSA COMPAÑEIRAS, A QUE LLE GUSTA MOITO LER, FIXO UNHA RECOMPILACIÓN DOS LIBROS QUE MÁIS LLE GUSTARON, PARA QUE NOS ANIMEMOS CON ALGÚN DELES. -VIENTO DEL ESTE, VIENTO DEL OESTE DO AUTOR PEARL S. BUCK

CONTA A HISTORIA DE KWEI-LAN, UNHA MOZA DE FAMILIA NOBRE, Á QUE CASAN CUN RICO QUE O PRINCIPIO NON A QUERE, XA QUE FOI EDUCADO DE FORMA OCCIDENTAL E NEGA CALQUERA TIPO DE NORMAS DE TIPO ANCESTRAL. -TRAVESURAS DE LA NIÑA MALA DO AUTOR MARIO VARGAS LLOSA

CONTA A HISTORIA DE RICARDO, UN MOZO NACIDO EN LIMA. O SEU SOÑO É VIVIR EN PARÍS E CONSÍGUEO. PERO O REECONTRO CUN AMOR ADOLESCENTE ARRASTRARAO FÓRA DO SEU PEQUENO MUNDO. TESTEMUÑA DE ÉPOCAS CONVULSAS E FLORECENTES EN CIDADES COMO LONDRES, PARÍS, TOKIO OU MADRID. -FLOR DEL DESIERTO DA AUTORA WARIS DIRIE E UNHA AUTOBIOGRAFÍA, WARIS NACIDA EN SOMALIA NUNHA FAMILIA DE PASTORES NÓMADES, CONVERTEUSE NUNHA DAS MODELOS MÁIS SOLICITADAS DO MOMENTO. CÓNTANOS AS SÚA INFANCIA E ADOLESCENCIA, CON TODAS AS CALAMIDADES QUE TIVO QUE PASAR ATA CHEGAR A SER MODELO. -ICARO DO AUTOR ALBERTO VÁZQUEZ-FIGUEROA ESTA E UNHA HISTORIA DIFÍCIL DE CRER, PERO BASEADA EN FEITOS REAIS. O PROTAGONISTA E JIMMIE ÁNGEL, PILOTO DE AVIACIÓN E HEROE DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL, FOI O MELLOR AVIADOR NA SÚA ÉPOCA. O SEU AFÁN AVENTUREIRO LEVOUNO A GUAYANA VENEZALANA EN BUSCA DE OURO, E ALÍ DESCUBRIU UN DOS SITIOS MÁIS BONITO DO MUNDO QUE LEVA O SEU NOME: “EL SALTO DEL ÁNGEL”.

27


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

-VIAJE A LA ALCARRIA DO AUTOR CAMILO JOSÉ CELA DENDE MADRID CHEGA EN TREN E RECORRE A COMARCA ANDANDO. MÍRAA Ó PASAR, E FALA CON PEPITA SÁNCHEZ. DORME NO PARADOR, LÉVAO EN CARRO FÉLIX. ADMIRA AS RUÍNAS QUE QUEDARON DA GUERRA. VISITA OS XARDÍNS DA FÁBRICA E FALA CON PORTILLO… -LOS PAZOS DE ULLOA DA AUTORA EMILIA PARDO BAZÁN ESTA NOVELA CÓNTANOS O IMPACTO QUE PRODUCE A CHEGADA DE JULIÁN, MOZO SACERDOTE, ÓS PAZOS DE ULLOA, ONDE EL SEÑOR MARQUÉS VIVE UNA VIDA SEMISALVAXE EN COMPAÑÍA DOS SEUS SUPOSTOS SERVIDORES. -FORTUNATA Y JACINTA DO AUTOR BENITO PÉREZ GALDÓS ESTA NOVELA AMBIENTADA EN MADRID ENTRE O 1869 E O 1876, RECOLLE A HISTORIA DE JACINTA, A MULLER LEGAL E DE FORTUNATA, A AMANTE, DO HERDEIRO JUANITO SANTA CRUZ; REFLEXA TAMÉN OS CONFLITOS SOCIAIS DA ÉPOCA.

v 28


a

29


n

arraci贸ns


a A ROMERÍA DE SANTA MINIA HAI 50 ANOS: IR A SANTA MINIA ERA UNHA GRAN ALEGRÍA IBAS POLA MAÑAN E BOTABAS TODO O DÍA. NA VISPERA DE SANTA MINIA OS RAPACES NON DORMÍAN PENSANDO NA FESTA QUE TIÑAN O OUTRO DÍA. A ROMERÍA DE SANTA MINIA ERA UNHA FESTA MOI SONADA O QUE VIÑA UNHA VEZ XA NUNCA MÁIS FALTABA. LEVÁBASE A COMIDA CADA UN O QUE PODÍA MERCÁBANSE AS ROSQUILLAS E O QUE TIÑA FAME COMÍA. CHEGABA A HORA DO XANTAR E TODOS Ó REDOR DA CESTA POIS ERA O MOMENTO MÁIS IMPORTANTE DA FESTA. COMIAMOS TODOS XUNTOS COMO UNHA GRAN FAMILIA CHULAS, TOSTADAS, CHOURIZOS E ALGO DE CARNE FRÍA.

31


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

DESPOIS POLA TARDE Ó REMATE DO XANTAR DÁBASE UN PASEO PARA A COMIDA ESCAREILLAR. ACHEGÁBANSEN AS XITANAS PEDINDO UNHA LIMOSNA BOTÁBANCHE A BOAVENTURA E XA QUEDABAS COMPOSTA. PARA VISITAR Á SANTA TODOS SE AMONTOABAN QUERÍAN PASAR TODOS XUNTOS E ATA ALGÚNS SE DESMAIABAN. OS ROMEIROS QUE VIÑAN DE LONXE VIÑAN NO COCHE DE LIÑA E OS DE MÁIS PRETO NUN CABALO, O QUE O TIÑA. CANDO OS DE LONXE MARCHABAN OS DE PRETO VIÑAN PARA O DÍA SE ESTIVESE A XENTE TODA EN BRIÓN NON SE COLLÍA. NESTA ROMERÍA MOITOS RECORDAMOS OS RETRATOS DA MINUTA QUE AÍNDA HOXE CONSERVAMOS. HABÍA UN RETRATISTA Ó LADO DA CAPELA E FACÍACHE UNHA FOTO QUE DABA XENIO VELA.

32


a

HABÍA UN TEATRILLO CUN PALLASO NA ENTRADA QUE DECÍA “PASEN, PASEN” QUE NON COSTABA CASE NADA. HABÍA MOITAS TÓMBOLAS, ROSQUILLEIRAS E CHIRINGUITOS ONDE OS PEQUERRECHOS MERCABAN OS PETARDOS E OS PITOS. E DEPOIS Ó OUTRO DÍA OS RAPACES A TOCAR PARECÍAN CAPADORES QUE VIÑAN Á ALDEA A CAPAR. HABÍA UNS ESPELLOS QUE NELES TE DESFIGURABAS E COA RISA QUE CHE DABA ATA POR TI TE MEXABAS. AGORA CAMBIOU TODO COMO LEMBRARÁ MOITA XENTE POIS ESTABA BARRIGA VERDE QUE MORRÍA DE REPENTE. CANDO VOLTABAS PARA A CASA SENTÍAS MOITA MORRIÑA PORQUE DEIXABAS ATRÁS A ROMERÍA DE SANTA MINIA. ASÍ REMATA ESTA HISTORIA PEQUENIÑA DE COMO ERA HAI 50 ANOS A ROMERÍA DE SANTA MINIA. [ISOLINO]

33


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

A VIDA DE ROSA NA PARROQUIA DE VICESO ALDEA DE VILAR SI QUERES VER A ROSA ALÍ ACOSTUMA ESTAR. NON ME GUSTA MOITO A ALDEA NON É DO MEU AGRADO AI….! SI VIVIRA EN SANTIAGO PERO NUNCA DEI CHEGADO. XA ME GUSTARÍA O TREMO OU QUIZAIS O ALQUEIDÓN PERO CONFORMAREIME CAS ACTIVIDADES DE BRIÓN. PASO A SEMANA BEN CON ESTA OPORTUNIDADE SI ESTIVERA NA CASA COMERIAME A ANSIEDADE. [ROSA BARBAZÁN]

34


a AS ACTIVIDADES NO NOSO CONCELLO O CONCELLO QUE NÓS TEMOS NON SEI DE ONDE SACA O DIÑEIRO PORQUE DE TODOS OS QUE HAI ARREDOR EL SEMPRE É O PIONEIRO. TEMOS MOITAS ACTIVIDADES PASÁMOLO DE MARABILLA É A MELLOR COUSA PARA OS MAIORES QUE PODEMOS TER HOXE EN DÍA. DENDE O 8 DE FEBREIRO TEMOS UNHA PROFE NOVA, QUE LLE CHAMAN HELENA ELA ESFÓRZASE Ó MÁXIMO PARA QUE A CLASE SEXA AMENA. O PRIMEIRO DÍA DE CLASE ESTABA UN POUCO NERVIOSA E A MIN NON ME EXTRAÑA NADA XA QUE A AVISARON NA VISPERA E NON ESTABA PREPARADA PERO ELA SAIU ADIANTE PORQUE “A CABEZA NON PARA”. NOS COMO BOS ALUMNOS TRATAMOS DE AXUDALA PARA QUE TODO MARCHE BEN E NON PAGUE A NOVATADA.

35


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

UN DÍA POR SEMANA VOU Ó BALNEARIO, XA ME GUSTARIA IR SI POIDESE A DIARIO. DÚAS VECES POR SEMANA TRABALLO NO ORDENADOR HAI QUEN O FAI MOI BEN PERO EU SON O PEOR, E A CULPA É MIÑA QUE NON É DO PROFESOR. ESTE CHÁMASE ANTONIO E QUE BO PROFESOR TEMOS, NON SABE O BEN QUE NOS CAE E O MOITO QUE O QUEREMOS, O DÍA QUE EL NÓS MARCHE SERÁ MOITO O QUE PERDEREMOS PERO NUNCA ESQUECEREMOS O QUE CON EL APRENDEMOS. TAMÉN FACEMOS TEATRO DISFRUTAMOS UN MONTÓN E QUERO QUE ISTO SIGA MOITOS ANOS EN BRIÓN. HAI MÁIS ACTIVIDADES MEMORIA, XIMNASIA, MANUALIDADES E PILATES E CADA QUINCE DÍAS TAMEN TEMOS BAILE GRATIS.

36


a

QUE MÁIS PODEMOS PEDIRLLE A ESTE NOSO CONCELLO XA OUTROS QUIXERAN TER A METADE DO QUE NOS TEMOS E SI ESTEO A ASÍ SERÁ QUE O MERECEMOS. SE TEMOS TODO ISTO QUE MÁIS PODEMOS PEDIR DARLLE AS GRACIAS Ó CONCELLO E ESTE A NÓS POR ASISTIR. [ISOLINO]

37


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

AS TORRES DE ALTAMIRA SON UNHA VECIÑA DAS TORRES DE ALTAMIRA, ONDE HAI UN CASTELO EN RUÍNAS. ESTOU MOI ORGULLOSA DE VIVIR NESTA ALDEA, PORQUE É MOI BONITA; HAI UNHAS CASAS DE PEDRA RESTAURADAS QUE SON UNHA MARABILLA. É UNHA DAS ALDEAS DO CONCELLO MÁIS VISITADAS, PORQUE, NON SEI SE O SABEDES, PERO É A CAPITAL DE BRIÓN, POR ISO A REVISTA DO CONCELLO SE CHAMA ALTAMIRA. CANDO BAIXO A BRIÓN DINME: “VEÑEN AS DE ALÁ ARRIBA…” E EU DÍGOLLE, QUE XA QUIXERAN ELES VIVIR NUN SITIO TAN FERMOSO, COMO AS TORRES DE ALTAMIRA. [ERMITAS CASTRO]

38


a BASTAVALES ROSALÍA DE CASTRO INMORTALIZOU ESTA TERRA GRAZAS Ó SEU COÑECIDO POEMA “CAMPANAS DE BASTAVALES”, RECOLLIDO EN CANTARES GALLEGOS (1863). EN BASTAVALES TEMOS UN FERMOSO CONXUNTO ARQUITECTÓNICO FORMADO POLA IGREXA PARROQUIAL, A CAPELA DA VIRXE DO CARME, A CASA REITORAL, A ESCOLA VELLA, A FONTE DO CARMEN, O CALVARIO, UNHA FERMOSA ESCALINATA E DÚAS PÍAS. DENDE O MIRADOIRO NATURAL VESE TODA A PARROQUIA E BOA PARTE DO VAL DE AMAÍA. A IGREXA DE SAN XULIÁN DE BASTAVALES, QUE FOI LEVANTADO SOBRE UN TEMPLO ANTERIOR DE ESTILO ROMÁNICO, E DE PLANTA EN CRUZ LATINA, CON NAVE E CAPELAS LATERAIS CUBERTAS CON BÓVEDA DE CANÓN. A TORRE EXTERIOR É DE CONSTRUCIÓN POSTERIOR. O RETABLO MAIOR ATRIBÚESE Ó TALLER DO ESCULTOR MÁIS IMPORTANTE DO NOSO NEOCLASICISMO, XOSÉ FERREIRO. A CAPELA DA NOSA SEÑORA DO CARMEN (SÉCULO XVII) ESTÁ CONSTRUÍDA NA ANTERIOR IGREXA. É UN DOS PRIMEIROS SANTUARIOS GALEGOS DEDICADO A ESTA ADVOCACIÓN MARIANA. Ó SEU LADO ENCÓNTRASE A FONTE DO CARMEN, CONSTRUÍDA NO ANO 1869 GRAZAS ÓS VECIÑOS EMIGRADOS A CUBA. PRATO DA IGREXA ENCÓNTRASE O CRUCEIRO DE BEMIL (SÉCULO XVIII); É UN DOS PRIMEIROS DE GALICIA EN REPRESENTAR Á VIRXE DO CARMEN. O CASTRO DE BECA OU CASTRO LUPARIO ENCÓNTRASE ENTRE AS PARROQUIAS DE BASTAVALES E RIBASAR (ROIS). A LENDA XACOBEA SITÚA NESTE CASTRO A RESIDENCIA DA RAÍÑA LUPA; RECENTEMENTE FOI DECLARADO BEN DE INTERESE CULTURAL.

39


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

A PONTE DOS MOUROS OU PARADELA ENCONTRASE PRETO DO CASTRO LUPARIO SOBRE O RÍO TINTO. PONTE DUN SOLO OLLO QUE ALGÚNS DATAN DA ÉPOCA ROMANA E OUTROS DO MEDIEVO. UNHA DAS PEZAS MÁIS ANTIGAS DE BRIÓN, É UNHA TALLA CHAMADA SANTO ARANDEL (SÉCULO XI) ENCONTRADA EN BECA, HOXE ESTÁ NO MUSEO DO POBO GALEGO. [JOSÉ FERNÁNDEZ]

40


a COUSAS DUN TEMPO PASADO CANDO ERA UN RAPAZ O NOSO CAMPO TODO ERA PATACAS, MILLO E MÁIS CENTEO. AGORA TODO É SILVAS E HERBA QUE XA METE MEDO VELO. GRACIAS ÓS NOSOS VELLOS QUE MOITO LEVAN TRABALLADO QUE DIOS OS TEÑA EN DESCANSO POLAS MOITAS QUE PASARON. TIÑAN SETE OU OITO FILLOS E O GOBERNO NON LLE DABA NIN UNHA SOA PESETA POR ISO DIGO EU QUE PASARON MOITA MISERIA. EU TEÑO 83 ANOS E TAMEN PASEI POR MOITAS IBA DESCALZO PARA ESCOLA CUNHA AGÜIÑA FERVIDA E UNHAS FRANGULLAS DE BROA E TURRA JOSÉ PARA ESCOLA! E O QUE ERA LABRADOR COMÍA CALDO E BROA E AINDA NON COMÍA MOITA POR VENDER UNS FERRADOS DE MILLO PARA COMPRARES OUTRAS COUSAS.

41


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

E VIÑA UN DIA DE FESTA FACÍAS UNHA POTA DE CALDO E UNHA POUQUIÑA CARNE ASADA E NON HABÍA MÁIS NADA E AGORA NON QUEREMOS MÁIS QUE LAMBOIRADAS. PARÍA UNHA MULLER MATABAN UNHA GALIÑA E DÁBANLLE AQUELA SUSTANCIA PARA QUENTARLLE A BARRIGA E TAN BEN LLA QUENTABA QUE Ó POUQUIÑO TEMPO XA VOLVÍA ESTAR PREÑADA. QUEIRA DIOS QUE ESTE TEMPO NON CAMBIE QUE SI CHEGA A CAMBIAR MOITAS TEMOS QUE PASAR. [JOSÉ CASTRO VELLO]

42


a

CRISE, MOCIDADE E XUBILADOS ESTAMOS ATRAVESANDO UNHA CRISE MALA DE SUPERAR QUE PARA CHEGAR A FIN DE MES HAI MOITO QUE CALCULAR. COMO ESTO SIGA ASÍ NON SEI QUE VAI PASAR OS CARTOS NON CHEGAN A NADA E A XENTE BÓTASE A ROUBAR. PORQUE A MAIORÍA DOS MOZOS NON TEÑEN UN PATACÓN E QUEREN CARTOS A MOREAS PARA DROGAS E BOTELLÓN. HAI MOITA XUVENTUDE NO PARO HAI MOITA XUVENTUDE PARADA PERO AÍNDA HAI MOITA MÁIS QUE NON QUERE FACER NADA. SÓ PENSAN EN COMER E ANDAR DE CARALLADA E VOLTAR PARA A CASA ALÁ POLA MADRUGADA. PARA O OUTRO DÍA QUEREN DURMIR PORQUE A XENTE ESTÁ CANSADA POLO TANTO NON MOLESTES PORQUE ENSEGUIDA SE ENFADAN.

43


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

POIS HOXE EN DÍA É UN CASO NINGUÉN QUERE AGUANTAR NIN CASE OS FILLOS ÓS PAIS E MENOS NORA OU CUÑADA. O FUTURO DOS MAIORES NESTA NOSA TRISTE VIDA SERÁ ACABAR NUN DESES CENTROS DE DÍA. E SE TES MOITOS PECADOS TERÁS DE PENITENCIA ACABAR OS TEUS DÍAS METIDO NUNHA RESIDENCIA E TEREMOS QUE LEVALO CON RESIGNACIÓN E PACIENCIA. EU PÍDOLLE Á XUVENTUDE QUE FAGA EXAMEN DE CONCIENCIA PARA QUE COS MAIORES TEÑAN MÁIS PACIENCIA. TAMÉN LLES PIDO POR ÚLTIMO QUE SE MIREN ÓS ESPELLOS PORQUE SE NON MORREN DE NOVOS TAMÉN ELES HAN DE SER VELLOS. [ISOLINO]

44


a

NATUREZA NO CONCELLO DE BRIÓN HAI CINCO ANOS QUE VIVO EN BRIÓN, EN CHAVE DE CARBALLO, E TODOS OS DÍAS SON UNHA GRAN EXPECTACIÓN. REFÍROME Á NATUREZA, ESTAMOS RODEADOS DUNHA PAISAXE EXCEPCIONAL, CHEA DE VIDA, DE SONS E COR; REALMENTE MARABILLOSO. CREO QUE NON NOS DAMOS CONTA DA SORTE QUE TEMOS DE RESIDIR NESTE CONCELLO. NA PRIMAVERA UN ESTOUPIDO DE COR CUBRE OS MONTES; VERDES, AMARELOS, AZUIS, BRANCOS E VERMELLOS. O SON DA AUGA TRANSCORRE POLOS REGUEIROS, RÍOS E FERVENZAS. O PIAR DOS PAXAROS NAS PARADAS NUPCIAIS E COS SEUS PÍOS QUE NOS ANUNCIAN QUE A VIDA COMEZA DE NOVO. DE SÚPETO, ENCONTRÁMONOS NO VERÁN; OS DÍAS SON LONGOS, O SOL RESPLANDECENTE, O CEO AZUL E VAI MOITA CALOR. PERO TEMOS OS NOSOS MONTES, QUE NOS DELEITAN CAS SÚAS SOMBRAS E O SEU FRESCOR. BORDEANDO O RÍO SAR RODEADOS DE PIÑEIROS, CASTIÑEIROS, CARBALLOS E OUTRAS ESPECIES QUE NOS BRINDAN A SÚA SOMBRA; O MESMO TEMPO, VEMOS ALGÚN QUE OUTRO PATO QUE BAIXA POLO RÍO. CHEGAMOS Ó OUTONO, ALGUNHAS ÁRBORES PERDEN A SÚAS FOLLAS, E O CHAN CONVÉRTESE NUNHA ALFOMBRA DE TONS VERMELLOS, CASTAÑOS E BEIGE. AS AVES COMEZAN A EMIGRAR, DESCUBRIMOS ALGÚNS ESQUÍOS BUSCANDO ALIMENTO E CHAMANDO A NOSA ATENCIÓN, PROTESTANDO POLA NOSA INTROMISIÓN. TAMÉN A NATUREZA NOS REGALA UNHA GRAN VARIEDADE DE SETAS, QUE SON UNHA DELICIA; OS OURIZOS DAS CASTAÑAS OFRÉCENOS O SEU FROITO; SEN ESQUECERNOS DAS PREZADAS LANDRAS. DE VEZ EN CANDO ATOPÁMONOS CON ALGÚN XABARÍN QUE ESCAPA CANDO NOS VE. QUE SABIA É A NATUREZA QUE TANTO NOS DA, E NÓS TEMOS QUE CORRESPONDERLLE MANTENDO LIMPOS OS NOSOS MONTES E RÍOS.

45


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

CHEGA O INVERNO, OS MONTES ESTÁN SILENCIOSOS, O FRÍO DÉIXASE SENTIR, AS AVES VAN EMIGRANDO A OUTROS LUGARES MÁIS CÁLIDOS, E AS DEMAIS ESPECIES RESGÁRDANSE NOS SEUS ACOCHOS. CAE A NEVE, A XEADA , AS CHOIVAS E O VENTO VISÍTANNOS A COTÍO. BOTAMOS DE MENOS O BO TEMPO, PERO ANÍMANOS A BOA COMIDA EN COMPAÑA DOS NOSOS SERES QUERIDOS. A MIÑA MÁIS SINCERA ADMIRACIÓN PARA O CONCELLO DE BRIÓN. [LOLI VARELA]

46


a

O FENÓMENO DE CORNANDA O DÍA 5 DE NOVEMBRO PORQUE A NATUREZA MANDA APARECEU UN FENÓMENO NA PARROQUIA DE CORNANDA. É UNHA COUSA MOI RARA E DIFÍCIL DE CRER PERO FOI MOITA A XENTE QUE ALÍ O FOI A VER. E UN FURACO NA TERRA FEITO POR UNHA EXPLOSIÓN MOITOS OPINARON QUE ERA UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN. ALGÚNS ATRÉVENSE A DICIR QUE FOI ALGÚN EXTRATERRESTE A VER COMO LLO EXPLICAN AGORA ÓS NENOS E ÓS MESTRES. TAMÉN HAI QUEN DI QUE SON COUSAS DO INVERNO E OUTROS OPINAN QUE E O PRINCIPIO DO INFERNO. SON COUSAS QUE PASAN AQUÍ NESTA NOSA VIDA PERO O QUE SI E CERTO E QUE ALGO CAEU DE ARRIBA.

47


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

PERO SI E VERDADE E O DIGO CON CERTEZA QUE TIVERON MOITA SORTE NON LLES CAER NA CABEZA. AS MULLERES DE CORNANDA XUNTO COS SEUS MARIDOS ESTÁN ORGULLOSOS DEL COMO SE O TIVESEN PARIDO. [ISOLINO]

48


a

O PRATO DE MADEIRA ÉRASE UNHA VEZ UNHA FAMILIA FORMADA POR UN MATRIMONIO, CUN FILLO DE NOVE ANOS E O AVÓ. HABÍA UNHA BOA HARMONÍA ENTRE ELES. O PAI E A NAI TRABALLABAN PARA SACAR ADIANTE A CASA E OS DOUS ATENDÍAN AS TAREFAS DO FOGAR. O RAPAZ ÍA A ESCOLA, ERA BO ESTUDANTE E INTELIXENTE; CANDO NON ESTABA NA CLASE, XOGABA COS SEUS AMIGOS, COMO CALQUERA NENO. O AVÓ XA ERA ANCIÁN; PASARA A SÚA VIDA TRABALLANDO DE SOL A SOL CAS SÚAS MANS, E POR MOI CANSADO QUE ESTIVERA NUNCA DEIXOU DE LEVAR COMIDA E BENESTAR A SÚA FAMILIA. PERO TANTO TRABALLO, FIXO QUE CO PASO DO TEMPO AS SÚAS MANS TREMERAN. A PESAR DOS SEUS ESFORZOS, A MIÚDO CAÍANLLE AS COUSAS DAS MANS E AS VECES FACÍANSE ANACOS Ó DAR CONTRA O CHAN. DURANTE AS COMIDAS, NUNHA ACERTABA LEVAR A CULLER Á BOCA E O SEU CONTIDO CAIA SOBRE O MANTEL. PARA EVITALO, PROCURABA ACHEGAR O PRATO, PERO ESTE A COTÍO CAÍA Ó CHAN E ROMPÍA EN MIL ANACOS. E ASÍ UN DÍA TRAS OUTRO. ISTO SABÍALLE MOI MAL E PEDÍA PERDÓN CANDO LLE PASABAN ESTES CONTRATEMPOS; GUSTARÍALLE CONSERVAR O VIGOR QUE TIÑA CANDO ERA NOVO. A NAI, QUE ERA A SÚA FILLA, DISIMULABA TANTO COMO LLE ERA POSIBLE PARA NON AVERGOÑALO. DICÍALLE: “NON TE PREOCUPES, ISO PÓDELLE PASAR A CALQUERA”, MENTRES LLE ACARICIABA SUAVEMENTE AS MANS E RECOLLÍA OS ANACOS DO CHAN TAN DISCRETAMENTE COMO PODÍA. PERO O PAI, O SEU XENRO, NON TIÑA OS MESMOS SENTIMENTOS. ESTABA MOI MOLESTO POLOS TREMORES DO AVÓ. TOMOU UNHA DECISIÓN QUE SORPRENDEU E CONTRARIOU Ó RESTO DA FAMILIA: DENDE AQUEL DÍA, O AVÓ COMERÍA APARTADO DA MESA FAMILIAR E USARÍA UN PRATO DE MADEIRA; ASÍ, NIN MANCHARÍA OS MANTEIS NIN ROMPERÍA A VAIXELA.

49


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

DENDE ENTÓN O AVÓ COMÍA E CEABA NUN CURRUCHO DO COMEDOR CO SEU PRATO DE MADEIRA. MOVÍA SUAVEMENTE A CABEZA CON RESIGNACIÓN E DE CANDO EN VEZ LIMPABA ALGUNHA BAGOA QUE LLE CAIA POLAS MEIXELAS; ERA MOI DURO ACEPTAR AQUELA HUMILLACIÓN. DURANTE AS COMIDAS HABÍA UN SILENCIO FRÍO, INCOMODO; DESAPARECERAN AS CONVERSAS TRANQUILAS E OS SORRISOS. PASARON UNHAS CANTAS SEMANAS. E UNHA TARDE, CANDO O XENRO VOLVEU A SÚA CASA, ATOPOU O SEU FILLO FACENDO UNHA MISTERIOSA TAREFA: O RAPAZ TRABALLABA CON AFÁN UN CACHO DE MADEIRA CUN COITELO DE COCIÑA. ÍA SACANDO LABRAS CON MOITO COIDADO COMO UN HÁBIL MESTRE ARTESÁN. O PAI MIROUNO UNS INTRES E, CHEO DE CURIOSIDADE, PREGUNTOULLE: -“ QUE ESTÁS FACENDO, FILLO, TAN CONCENTRADO? E UNHA MANUALIDADE QUE CHE MANDARON NA ESCOLA?.” -“NON PAPÁ”- RESPONDEU O NENO -“QUIZAIS É UN REGALO PARA MAMÁ?”- INSISTIU O PAI. -“TAMPOUCO É UN REGALO”- CONTESTOU O RAPAZ SEN LEVANTAR OS OLLOS. -“ENTÓN, PÓDESME EXPLICAR DE QUE SE TRATA?.” -“CLARO QUE SI, PAPÁ. ESTOUCHE FACENDO UN PRATO DE MADEIRA PARA CANDO SEXAS VELLO E CHE TREMEN AS MANS.” E ASÍ FOI COMO O HOME APRENDEU A LECCIÓN E, DENDE ENTÓN, O AVÓ VOLVEU A SENTARSE A MESA CON TODA A FAMILIA. (SELECCIÓN DUN CONTO POPULAR) [ESTHER LAGO]

50


a

PARRAFEO DE DÚAS AMIGAS ANDREA: CANTO TEMPO HAI QUE NO TE VEXO CARMIÑA, QUE GUAPA ESTÁS! CARMIÑA: OUTRO TANTO DIGO EU, QUE NON SEI ONDE ANDAS METIDA. ANDREA: NA CASA, TRABALLANDO O REDOR DOS BICHIÑOS MIÚDOS E REMEXENDO NA TERRA. CARMIÑA: PERO, TI NON ESTAS XUBILADA? ANDREA: ESTOU, PERO ALGO HAI QUE FACER PORQUE A CASA NON CHE TRAEN NADA. CARMIÑA: HAI QUE FACER ALGO? BUENO, XE FIXERAS COMA MIN A VIDA SERÍACHE MAIS DOADA. ANDREA: E LOGO TI QUE FAS? CARMIÑA: PERO TI NON ESTAS NO CONCELLO? EU ESTOU INDO AS ACTIVIDADES A BRIÓN. ANDREA: EH… QUE É ISO?. CARMIÑA: AS ACTIVIDADES SON MOITAS: TALLER DE MEMORIA, XIMNASIA, INFORMÁTICA, TEATRO, PANDEIRETA E MOITAS MAIS, …..E OS DOMINGOS O BAILE. TODO ISTO EN BRIÓN, NO POLIVALENTE. ANDREA: AI… QUE ME DIS?...QUE É O POLIVALENTE?. CARMIÑA: É UN SITIO PREPARADO PARA ESTAS ACTIVIDADES, E ADEMAIS SI CHE APETECE PODES TOMAR UN CAFÉ, PORQUE HAI BAR. ANDREA: VAIA CODIO!! DÉIXASME APARVADA CON TODO O QUE ME CONTAS. CARMIÑA: O QUE OES. ESTÁ TODO PREPARADO PARA OS DA TERCEIRA IDADE. FOI O MELLOR QUE PUIDO VIR. PASAN AS SE-

51


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

MANAS E NIN TE DAS CONTA. TANTO É QUE TE ESQUECES DE IR Ó MÉDICO E ESTAR ENFERMA. ANDREA: QUE ME DIS!? CARMIÑA: ÉCHE ASÍ. AGORA DEIXA A TÚAS TAREFAS DA CASA E MARCHA A BRIÓN A ANOTARTE, PARA MELLORAR A TÚA CALIDADE DE VIDA. ANDREA: E ONDE HAI QUE ANOTARSE?. CARMIÑA: EN BRIÓN, NO POLIVALENTE. ANDREA: E ONDE QUEDA ISO?. CARMIÑA: TI SABES ONDE ESTABA O VELLO CUARTEL DA GARDA CIVIL?. ANDREA: SI QUE SEI. CARMIÑA: POIS AGORA ESTÁ AÍ O POLIVALENTE, E AÍ E ONDE HAI TODAS ESAS COUSAS. ANDREA: ARRENEGADO SEXA O DEMO!, PERO EU NON VIVO NO MUNDO. CARMIÑA: VIVES MULLER VIVES, ISO SI O TEU XEITO. HAI QUE ESPERTAR ANDREA E DIVERTIRSE UN POUCO ANTES DE QUE SEXA TARDE. ANDREA: DIVERTIRSE SI, PERO OS CARTOS FAN FALTA E DA UN GUSTO VER OS BILLETES QUE NON VEXAS. CARMIÑA: OS CARTOS HAI QUE TER OS NECESARIOS PARA VIVIR, PERO O DE EMPETALOS E LEVALOS Ó BANCO É UNHA PARVADA. NON OÍCHES SE NON DICIR QUE AGORA MOITOS GÁRDANNOS NA CASA E ENTÉRRANOS NA CORTE PARA QUE NON LLOS ROUBEN. ANDREA: E LOGO NO BANCO NON ESTÁN SEGUROS? CARMIÑA: EU DÍGOCHE O QUE OIO. ANDREA: DÉIXASME ABRAIADA, UI, UI, UI.

52


a

CARMIÑA: DEIXA DE DARLLE VOLTAS O CONTO E EMPEZA A VIVIR A VIDA QUE O DIA MENOS PENSADO APARÉCECHE ALGO MALO E AXIÑA ESTAS NO CALDEIRO, E OS QUE VEÑEN ATRÁS GOZAN DO QUE TI DEIXES. ANDREA: CASE QUE TES UN CHISCO DE RAZÓN. VOUCHE FACER CASO. CARMIÑA: ASÍ ME GUSTA QUE VOLVAS Á XUVENTUDE CANDO TES SETENTA ANOS. ANDREA: AI MAMAÍÑA!, PERO AGORA EU NON SEI BAILAR NIN ESCRIBIR E TEÑO MOITAS FALTAS. ESQUECINO TODO. CARMIÑA: NON DIGAS PARVADAS. O QUE EMPECES E COÑEZAS OS PROFESORES, XA VERÁS COMO TE SENTES MOI A GUSTO. SON TAN BUENIÑOS CON NÓS!. COA XENTE NOVA DA GUSTO ESTAR. ANDREA: XA VEXO, XA ME PARECÍA A MIN QUE ALGO DIFERENTE FACÍAS. VÍATE TODA PEITEADA, CHEA DE ANEIS, COAS UÑAS PINTADAS E ATA TES AS MANS FINAS, QUE AS MIÑAS PARECEN CAROLOS. CARMIÑA: NOS ESPERES MAIS E BÓTATE A BRIÓN. DENTRO DE POUCO XA TEREMOS OUTRA CONVERSA DE CÓMO CHE FORON AS COUSAS. [ROSA BARBAZÁN]

53


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

TEUS FILLOS TEUS FILLOS NO SON TEUS FILLOS, SON FILLOS E FILLAS DA VIDA, DESEXOSA DE SI MESMA. NON VEÑEN DE TI, SE NON A TRAVÉS DE TI E AÍNDA QUE ESTEAN CONTIGO, NON CHE PERTENCEN. PODES DARLLE O TEU AMOR, PERO NON OS TEUS PENSAMENTOS, POIS ELES TEÑEN OS SEUS PROPIOS. PODES ABRIGAR OS SEUS CORPOS, PERO NON AS SÚAS ÁNIMAS, PORQUE ELAS VIVEN NA CASA DO MAÑÁ. QUE NON PODES VISITAR, NIN SEQUERA EN SOÑOS. PODES ESFORZARTE EN SER COMO ELES, PERO NON PROCURES FACELOS SEMELLANTES A TI. PORQUE A VIDA NON RETROCEDE, NIN SE DETÉN NO PASADO. TI ES O ARCO DO CAL TEUS FILLOS COMO FRECHAS VIVAS SON LANZADOS. DEIXA QUE A INCLINACIÓN, NA TÚA MAN DE ARQUEIRO, SEXA PARA A FELICIDADE. (SELECCIÓN DUN TEXTO DE KAHLIL GIBRAN) [ESTHER LAGO]

v 54


a

55


o

raci贸ns


a CON DIOS ME DEITO CON DIOS ME DEITO CON DIOS ME LEVANTO COA VIRXEN MARÍA E O ESPÍRITU SANTO. DIOS ME CUBRA CO SEU MANTO CO SEU MANTO DE COR QUE BEN CUBERTIÑA FOR NON TEREI MEDO NIN TEMOR NIN A BRUXA NIN A MEIGA NIN A COUSA COMO ELA FOR. [ÉLIDA]

57


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

ORACIÓN DOS VENRES XOVES SANTO, XOVES SANTO TRES DÍAS ANTES DE PASCUA CANDO Ó REDOR DO MUNDO POLOS SEUS DISCÍPULOS CHAMABA. OS CHAMABA DUN EN UN DE DOUS EN DOUS SE XUNTABAN E CANDO OS TIÑA XUNTOS RESPONDEULLES UNHA PALABRA. CAL DE VÓS, MEUS DISCÍPULOS MORRERÁ POR MIN MAÑÁ? MIRAN UNS PARA OS OUTROS NINGÚN LLE RESPONDEU SO SAN XOÁN BAUTISTA PREDICADOR DAS MONTAÑAS EU POR VOS, POR VOS MEU DEUS MORREREI POR VOS MAÑÁ. CALA XOÁN E XOANIÑO CALA XOÁN DA MIÑA ÁNIMA QUE ESTAS RÚAS DE AMARGURA PARA MIN ESTÁN GARDADAS. ALÁ POLA MEDIA NOITE XESUCRISTO CAMIÑABA

58


a CUNHA CRUZ NAS SÚAS COSTAS DE MADEIRA MOI PESADA. CADA PISADA QUE DABA DE XEONLLOS SE QUEDABA CHEGANDO Ó MONTE CALVARIO TRES MARÍAS O AGARDABAN. UNHA ERA MAGDALENA OUTRA A SÚA IRMÁ MARTA OUTRA A VIRXE PURA A QUE MÁIS COMPAIXÓN LLE DABA. UNHA OS PÉS LLE LIMPABA OUTRA LLE LIMPABA A CARA OUTRA A SANGUE RECOLLÍA QUE XESUCRISTO DERRAMABA. A SANGUE QUE LLE CAÍA CAÍA EN CÁLIZ SAGRADO O HOME QUE O BEBERA SERÍA BENAVENTURADO. O QUE NESTE MUNDO FOI REI E NO OUTRO REI COROADO O QUE ESTA ORACIÓN DIGA TODOS OS VENRES DO ANO SACA UNHA ÁNIMA DE PENA A SÚA DO GRAN PECADO.

59


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

O QUE A SABE NON A DÍ O QUE A OE NON A APRENDE O DÍA DO GRAN XUÍZO VERÁS QUE CONTA LLE TEN. ESCALEIRIÑAS DO CEO ARQUIÑAS DA ETERNIDADE O QUE NESTE MUNDO FOI REI NO OUTRO REINARÁ CO GRAN PODER DE DEUS E DA VIRXEN MARÍA UN PADRINUESTRO E UN AVEMARÍA [ÉLIDA] PADRENUESTRO PEQUENIÑO PADRENUESTRO PEQUENIÑO LÉVAME POLO BO CAMIÑO. ALÁ FUN, ALÁ CHEGEI TRES MARÍAS ENCONTREI PREGUNTANDO POR XESÚS. XESÚS ESTABA NA CRUZ NA CRUZ E NO ALTAR CO PEITO A SANGRAR TENTE MAGDALENA TENTE NON O VAIAS A LASTIMAR.

60


a

QUE ESTAS SON AS 5 CHAGAS QUE POR NÓS HA DE PASAR. FUNME POR ALÍ ADIANTE CON TRES HORAS DE SERÁN ENCONTREI A VIRXE PURA CON UN RAMALLIÑO NA MAN. EU PEDINLLE UNHA FOLLIÑA E ELA DOUME UN CORDÓN QUE LLE DABA 7 VOLTAS DO REDOR DO CORAZÓN. SAN FRANCISCO QUE ERA FRAILE BENDÍCEME ESTE CORDÓN QUE MO DEU A VIRXE PURA MADRE DA CONCEPCIÓN. [ÉLIDA]

61


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

SEÑOR MIO XESUCRISTO, DONO DO MEU CORAZÓN SEÑOR MIO XESUCRISTO DONO DO MEU CORAZÓN PERDÓAME OS MEUS PECADOS QUE BEN SABES OS QUE SON. DIME A PENITENCIA BÓTAME A ABSOLUCIÓN QUE SI MORRO ESTA NOITE ME SIRVA DE CONFESIÓN. [ÉLIDA]

v 62


a

63


r

eceitas


a

BISCOITO DAS CARMELITAS -3 VASOS DE AZUCRE

-1 VASO DE PASAS (SIN PEPITAS)

-1 SOBRE DE ROYAL

-1 VASO DE ACEITE DE XIRASOL

-4 VASOS DE FARIÑA

-1 VASO DE NOCES (PICADAS)

-1 MAZÁN (EN PEDACIÑOS)

-4 OVOS

-2 VASOS DE LEITE

PREPARACIÓN: 1º) SEPARAR AS CLARAS DAS XEMAS 2º) NUN BOL MESTURAR AS XEMAS E O AZUCRE , ENGADIR O LEITE E O ACEITE. BATER BEN TODO. 3º) PASAR (CUN COADOR) A FARIÑA E O ROYAL. 4º) ENGADIR, POUCO A POUCO NA MESTURA, REMOVENDO BEN (PÓDESE USAR A BATIDORA) 5º) ENGADIR AS NOCES E AS PASAS (ESTAS PÓDENSE EMBORRACHAR NALGÚN LICOR) 6º) BATER AS CLARAS A PUNTO DE NEVE, E ENGADILAS CON COIDADO A MESTURA (CON CULLER DE PAO E MOVEMENTOS ENVOLVENTES) 7º) BOTAR NUNHA TARTEIRA (ENFARIÑADA E CON MANTEIGA), E METER NO FORNO A LUME MEDIO (170º) DURANTE 45 MINUTOS APROXIMADAMENTE ATA QUE Ó PINCHALO CUN PAIÑO ESTE SAIA LIMPO. [ESPERANZA SOUTO]

65


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

BISCOITO DE CENOURAS -250 GRS. DE CENOURAS

-1 SOBRE DE “ROYAL”

-1 VASO DE ACEITE DE XIRASOL

-RELADURAS DUN LIMÓN

-1 VASO E MEDIO DE AZUCRE -2 VASOS DE FARIÑA -3 OVOS

PREPARACION: 1º) PICAR AS CENOURAS 2º) MESTURAR TODOS OS INGREDENTES, POUCO A POUCO. COCELO A LUME MEDIO DURANTE 40 MINUTOS APROXIMADAMENTE (TEN QUE SAIR O PAÍÑO LIMPO) [CONCHA]

66


a

CARPACCIO DE POLBO E ORELLA -POLBO -ORELLA -SAL, PIMENTÓN E ACEITEDE DE OLIVA VIRXE

PREPARACION: 1º) COCER O POLBO E A ORELLA. 2º) CORTAR TODO EN PEDAZOS 3º) CA AXUDA DUN PLÁSTICO DE COCIÑA, ENRROLAR COMO SI FOSE MORTADELA, ALTERNANDO POLBO E ORELLA, APRETANDO BEN PARA QUE NON QUEDE AIRE, PICANDO DE CANDO EN CANDO, E UTILIZANDO MÁIS PLÁSTICO, QUE SE PON UN ENCIMA DO OUTRO. ESTA OPERACIÓN REPETÍMOLA VARIAS VECES. 4º) METER NA NEVEIRA MEDIO DÍA 5º) CORTAR REBANDAS MOI FINAS, E COLOCALAS NUN PLATO. ADEREZAR CON SAL GROSA, PIMENTÓN E ACEITE DE OLIVA. [PABLO BECERRA]

67


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

FLAN DE QUEIXO -5 OVOS -1 LATA DE LEITE CONDENSADA -1 LATA DE LEITE EVAPORADA -1 TARRINA GRANDE DE QUEIXO TIPO PHILADELPHIA

PREPARACION: 1º) CARAMELÍZASE UN MOLDE 2º) MESTURAR TODOS OS INGREDIENTES E BOTAR NO MOLDE. POÑER A BAÑO MARÍA 1 HORA APROXIMADAMENTE. [ESTHER LAGO]

68


a

LICOR CAFÉ

-1 L DE AUGARDENTE (MELLOR CON POUCA GRADUACIÓN) -1/2 KG CAFÉ EN GRÁN

-2 CULLARADAS DE AUGA -1 CULLER DE VIÑO BRANCO

-325 GRS. AZUCRE BRANCO -75 GRS. AZUCRE DE CANA

PREPARACION: 1º) PONSE A MACERAR O CAFÉ DENTRO DA AUGARDENTE (60 DÍAS). VAISE PROBANDO CADA 15 DÍAS ATA QUE ESTE DO NOSO GUSTO. 2º) QUÍTANSE OS GRANS DE CAFÉ E TRASÉGASE. 3º) FAISE UN XAROPE CA AUGA, O VIÑO E O AZUCRE. 4º) BÓTASE NA AUGARDENTE E DEIXASE REPOUSAR 4 DÍAS. [LOLI]

69


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

LICOR DE TOXO -1 L AUGARDENTE

-1 NOZ MOSCADA

-400 GRS. DE FLOR DE TOXO

-3 CRAVOS

-425 GRS. DE AZUCRE BRANCO

-1 CULLER DE XENXIBRE (EN PÓ)

-75 GRS. DE AZUCRE DE CANA

-5 CULLERADAS DE AUGA

-1 BARRA DE CANELA

PREPARACION: 1º) MESTÚRASE A AUGARDENTE CA FLOR DO TOXO, ENGÁDENDELLE A CANELA, A NOZ MOSCADA, OS CRAVOS E O XENXIBRE. 2º) PREPÁRASE UN XAROPE CO AZUCRE E A AUGA, QUE SE BOTA NA MESTURA DA AUGARDENTE. 3º) DÉIXASE MACERAR 60 DÍAS. CANDO PASAN, CÓLASE E APRÉTANSE AS FLORES. VÓLVESE A PASAR POR UN COADOR E GASAS ESTÉRILES. EMBOTÉLLASE E DEIXASE 30 DÍAS, NUN LUGAR OSCURO E SECO.

[LOLI]

70


a

MENÚ ORIXINAL MENÚ PARA FACER DUN DÍA COTIDIÁN UN DÍA DIFERENTE: 1º) TEMPURA DE VERDURIÑAS 2º) POLBO CON QUEIXO DO PAÍS SOBREMESA: PEDRAS DE SANTIAGO CON CREMA DE AUGARDENTE TEMPURA DE VERDURIÑAS INGREDENTES: -CENOURAS -XUDÍAS -CALABACÍN -ESPÁRRAGOS VERDES -PEMENTO VERDE E ROXO PREPARACIÓN: 1º) CORTAR AS VERDURAS EN TIRAS 2º) FACER UNHA PASTA: CON DOUS VASOS DE AUGA MOI FRÍA, DOUS DE FARIÑA DE TRIGO E UN POUCO DE SAL 3º) REBOZAR AS VERDURAS NA PREPARACIÓN ANTERIOR 4º) FRITIR EN ACEITE MOI QUENTE SERVIR ACOMPAÑADO DE ENSALADA, E ESPOLVOREALO CON SÉSAMO.

71


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

POLBO GRATINADO CON QUEIXO DO PAÍS 1º) NUN PRATO POÑER O POLBO COCIDO CORTADO EN REBANDAS. 2º) POÑER POR RIBA UNHOS TROZOS DE QUEIXO TIPO ARZÚA OU TETILLA, E METER A GRATINAR NO FORNO, HASTA QUE O QEIXO ESTE DERRETIDO. 3º) ALIÑAR CON: SAL GORDA, ACEITE DO BO E PIMENTÓN. PEDRAS DE SANTIAGO -ALMENDOAS -CHOCOLATE CON LEITE 1º) TORRAR NO FORNO AS AMÉNDOAS 2º) FUNDIR O CHOCOLATE, A BAÑO MARÍA 3º) MESTURAR TODO, SACANDO CUNHA CULLER 3 AMENDOAS DE CADA VEZ. COLOCÁMOAS EN MONTÓNS ENRIBA DUN PAPEL DE FORNO. DEIXAR ENFRIAR PARA QUE SE ENDUREZA O CHOCOLATE.

72


a LICOR-CREMA DE AUGARDENTE INGREDIENTES: -3\4 L. CAÑA BLANCA -1L LEITE -1 LATA DE LEITE CONDENSADA -1 SOBRE DE CAFÉ DESCAFEINADO -2 CULLERADAS (SOPEIRAS) DE CACAO EN POLVO PREPARACIÓN: MESTURAR TODO MOI BEN, E METER EN BOTELLAS NA NEVEIRA. COIDADO! NON DURA MOITO TEMPO. BO PROVEITO! [PABLO BECERRA]

73


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

POLBO Á MUGARDESA -1 POLBO -1 LATA DE PEMENTOS MORRÓNS -2 CEBOLAS

-1 VASO DE AGUA DE COCER O POLBO -ACEITE DE OLIVA

-1 CULLER DE PIMENTÓN

PREPARACION: 1º) COCER O POLBO, SACALO DA AUGA E POÑELO NUN ESCURRIDOR. 2º) POÑER NUNHA TIXOLA UN POUCO DE ACEITE DE OLIVA, E POCHAR AS CEBOLAS (PICADAS) 3º) CORTAR OS PIMENTOS EN TROCIÑOS, E CANDO ESTÉ COCIÑADA A CEBOLA, ENGADILOS. MISTURAR TODO, E ENGADIRLLE O VASO DA AUGA DE COCER O POLBO E A CUCHARADA DE PIMENTÓN. TEN QUE QUEDAR UNHA SALSA ESPESA. 4º) CÓRTASE O POLBO EN TROZOS PEQUENOS, E BÓTASE DENTRO DA SALSA, DÉIXASE FERVER UN POUCO, E XA ESTÁ LISTO PARA SE COMER.

[TERI]

74


a

75


r

emedios caseiros


a - PARA QUITAR O HIPO: TOMAR UNHA CUCHARADA DE AZÚCRE, DESPOIS BEBER AUGA A CHOPOS. [LOLI VARELA] - PARA AS INFECCIÓN E INFLAMACIÓNS NA BOCA: ENXUGAR CON AUGA DE ORTIGAS COCIDA. TAMÉN E BO AUGA TEMPLADA CON SAL. [LOLI VARELA] - PARA OS MORATÓNS: VINAGRE CON SAL, NUN PAÑO DE ALGODÓN. [LOLA OTERO] -PARA O DOR DE OIDOS: RUDA FRITA EN ACEITE, EMPAPANSE DOUS ALGODÓNS E MÉTENSE NAS ORELLAS, TEMPLADIÑOS” [DIGNA VILLAVERDE] -PARA BAIXAR O COLESTEROL: PEREJIL [LOLI VARELA] -PARA A TOS: FERVER MANZANILLA, LIMÓN E CEBOLA, BOTARLLE MEL E DEIXALO REPOUSAR UN DÍA, COLALO E TOMALO POUCO A POUCO. [FINA] -PARA A INFECCION DE ORINA: INFUSIÓN DE LOUREIRO O LEVANTARSE. [DORINDA] -PARA A DIXESTIÓN: HERBALUISA. QUE SE RECOLLE NO CUARTO MENGUANTE DO MES DE AGOSTO. [ESPERANZA] -PARA A INSOLACIÓN: ENCHESE UNHA BOTELLA DE AUGA, TÁPASELLE A BOCA CUN PANO, E CON MOITO COIDADO SE LLE

77


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

DA A VOLTA E SE PON ENRRIBA DA CABEZA. [JUSTA] -PARA AS INFLAMACIÓNS NA PEL: AUGA CON SAL , SI SE PODE MELLOR A AUGA DO MAR. [CHITA] -PARA MATAR OS PIOLLOS: AMONÍACO DISOLTO EN AUGA, TAMÉN ELIMINA AS LIENDRES. [LOLI VARELA] -CANDO TE PICAS CON ORTIGAS: COLLER “MENTRASTES” (MENTA BRAVA) E FROTAR A ZONA AFECTADA POLAS ORTIGAS. ESTA PLANTA ATÓPASE POR TODAS PARTES, PERO ACOSTUMA A MEDRAR PERTO DAS ORTIGAS. [LOLA OTERO] -PARA CURAR CATARROS E INFECCIÓNS RESPIRATORIAS: COCER MALVA MÁIS SALVADO, FACER UNHA PASTA, E APLICAR EN FORMA DE CATAPLASMA. [ADELINA] -PARA OS FORÚNCULOS: FERVER YENTÉN (TAMÉN SE CHAMA CHANTADA) , FAI QUE MADUREN E SAIAN. [ADELINA] -PARA MELLORAR A CIRCULACIÓN: COMER ALLOS (MELLOR CRUDOS) [TERI] -PARA A TOS: REMOLACHA CORTADA EN RODAXAS FINAS CON AZÚCAR, BÓTASELLE AUGA E DEIXASE REPOUSAR. DEBEMOS BEBER A AUGA. [TERI]

78


a

-PARA CONCILIAR MELLOR O SOÑO: INFUSIÓN DE FLOR DE NARANXO. [TERI] -PARA AS VERRUGA: APLICAR LEITE DE FIGOS. [MANOLO BLANCO] -PARA A TOS: INFUSIÓN DE ROMERO CON MEL. [FINA] -PARA FACILITAR A DIXESTIÓN: INFUSIÓN DE MACELA, MELISA E ANÍS ESTRELADO (DESPOIS DE COMER) [ELENA] -PARA AS PICADURAS DOS INSECTOS: A CIRIDONIA, PARTÍMOLA E SOLTA UNHA PINTURA NARANXA QUE TEN PROPIEDADES ANTIINFLAMATORIAS. [LOLA OTERO] -PLANTAS DE ACCIÓN INSECTICIDA: ALLO: EFICAZ CONTRA OS ÁCAROS, OS PULGÓNS E A MOSCA DA CEBOLA. MACERACIÓN DE 100GRS. DE ALLO PELADO E PICADO EN 2 CULLERADAS DE ACEITE DE LIÑO; O DÍA SEGUINTE ENGADIR 1L. DE AUGA, REMOVER E FILTRAR. DILUIR O 5%. ORTIGA: CONTRA OS ÁCAROS AMARILLOS E ROXOS. INFUSIÓN EN FRÍO DE FOLLAS FRESCAS E RAÍCES TROCEADAS, A RAZÓN DE 800GRS. EN 10L. DE AUGA, DURANTE 2 DÍAS; PULVERIZAR DILUIDA O 10% [MANUEL BLANCO]

79


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

-PLANTAS REPULSIVAS PARA OS INSECTOS:

LAVANDA: FAI FUXIR A MULTITUDE DE INSECTOS.

ALBAHACA: FAI FUXIR A MOSCAS E MOSQUITOS.

RUDA: CONTRA OS RATOS DE CAMPO, GATOS E MOSCAS. [MANUEL BLANCO]

- PARA SABER SI O POLBO ESTÁ BEN COCIDO: PÍNCHASE CUN “PALILLO”, SI ENTRA XA ESTÁ. [TERI] - PARA COMBATER O OLOR DO PESCADO FRITO: BOTAR UN TROZO DE MAZÁ NA TIXOLA. [JOSE FERNÁNDEZ] - PARA COMBATIR O OLOR DA COLIFLOR: POÑER UN TROZO DE PAN NA AUGA DA COCIÓN. [TERI] - PARA LIMPAR TAPICES E ALFOMBRAS: UTILIZAR VINAGRE DE MAZÁ. [TERI] - PARA DESGRASAR AS COMIDAS: BOTARLLE ZUME DE LIMÓN Ó FINAL DA COCIÓN. [TERI] - PARA COMBATIR OS MALOS OLORES DA NEVEIRA: METER UNHA TAZA DE CAFÉ (XA FEITO). [TERI] - PARA QUE AS FLORES NOS FLOREIROS DUREN MÁIS: BOTARLLE UNHAS GOTAS DE LEXIVIA NA AUGA. [TERI] - PARA QUITAR AS MANCHAS DE VIÑO TINTO DOS MANTEIS:

80


a

FREGALO CON LIMÓN NO MOMENTO. [TERI] - PARA OS MALOS OLORES NO BAÑO: ENCENDER UN MISTO. [JUSTA] - PARA LIMPAR CRISTAL: MESTURAR AUGA CON ALCOHOL. [JUSTA] - PARA MONTAR AS CLARAS A PUNTO DE NEVE: BOTARLLES UN POUCO DE SAL, E QUEDARÁN MÁIS CONSISTENTES. [LOLI] - PARA LIMPIAR A PRATA: USAR BICARBONATO HUMEDECIDO EN AUGA, DESPOIS ACLARAR E SECAR. [LOLI] - PARA LIMPAR A NEVEIRA POR DENTRO: USAR BICARBONATO CON AUGA TEMPLADA. [LOLI] - PARA QUE O ARROZ QUEDE SOLTO: BOTARLLE UN POUCO DE ZUME DE LIMÓN POR ENCIMA E REMEXELO CON UN GARFO. [LOLI] - PARA SACAR O OLOR A ALLO DAS MÁNS: PASAR OS DEDOS POLA FOLLA DUN COITELO. [ÉLIDA] -PARA LIMPAR A PRATA: FREGAR CON PASTA DE DENTES, E ACLARAR CON AUGA ABUNDANTE. DAR BRILLO CUN PANO. TAMÉN SE PODE USAR MIGA DE PAN. [LOLA] -PARA QUE OS ARMARIOS DEN BO OLOR E ADEMÁIS PROTEXER

81


Un anaco de Sabedoría - obradoiros de memoria -

AS PRENDAS DE PEL: METER BOLSIÑAS DE TEA CON BOLAS DE EUCALIPTO, FOLLAS DE LOUREIRO E FLOR DE LAVANDA. [LOLI] -PARA QUE A CARNE OU AS LURAS SE COZAN AXIÑA, CANDO SON UN POUCO DUROS: METER UNHA CORTIZA DENTRO DA POTA. [ESTHER LAGO] -PARA QUE AS PATACAS COCIDAS OU GUISADAS NON SE DESFAGAN: BOTAR UN CHORRO DE VINAGRE NA AUGA DE COCER. [ESTHER LAGO] -PARA QUE NON BAIXEN OS BISCOITOS CANDO OS SACAMOS DO FORNO: TAPALOS INMEDIATAMENTE CUN PANO. [ESTHER LAGO]

82


Obradoiros de maiores Concello de Bri贸n


Un anaco de sabedoría  

Os veciños participantes nos obradoiros da memoria participaron nun libriño que recolle adiviñas, cantigas, refráns, receitas, oracións, rem...