Issuu on Google+

XosĂŠ Neira Vilas


BIOGRAFÍA Xosé Neira Vilas nace en 1928 na aldea de Gres, Vila de Cruces no seo dunha familia labrega na que vive os seus primeiros anos de infancia e adolescencia . Nela reparte o tempo entre a escola e os labores do campo , e dá os seus primeiros pasos no seu camiño de formación autodidacta. Interésase pola lectura e el mesmo se encarga de pedir diversos libros a editoriais de Barcelona .


Sendo un mozo entra a traballar nas oficinas nun aserradero local e estuda Comercio por correspondencia , pero a situación socio-económica da Galicia rural da posguerra lévano a emprender o camiño da emigración e así en 1949 chega a Bos Aires.


Na capital arxentina traballa nos máis diferentes oficios e paralelamente realiza estudos de comercio, música, xornalismo e literatura. Alí relaciónase con outros galegos preocupados pola situación de Galicia como Seoane, Suárez Picallo, Lorenzo Varela e entra en contacto cos autores europeos do momento.


Toma conciencia da problemática da súa terra e loitará a prol da cultura galega participando na fundación das Mocedades Galleguistas con outros mozos emigrantes e estudantes arxentinos de orixe galega.


En 1957 casa coa escritora cubana, Anisia Miranda, funda a editorial Follas Novas para difundir o libro galego en AmĂŠrica.


Trasládase en 1961 coa súa dona a Cuba onde desempeña diversos cargos dentro da Administración cubana e a súa presenza activa no mundo cultural será constante, continuando asimesmo co seu labor literario e de investigación sobre a presenza da emigración galega en América ademais de crear a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia das Ciencias de Cuba, departamento que se encargará entre outras cousas, de ensinar lingua e literatura galegas.


En 1972 comezan as sĂşas viaxes a Galicia para recibir diversas homenaxes ou para participar en eventos de carĂĄcter cultural, ata que volve definitivamente en 1994 despois dunha longa ausencia da sĂşa Galicia natal.


Na actualidade preside a Fundación Cultural Xosé Neira Vilas, sita na casa do Romano, casa herdada de seus pais e na que está instalada ademais unha Biblioteca Pública, un Museo Etnográfico e unha Sala de Exposicións e Concertos.


AUTOR POLIFACÉTICO

Ó longo da súa vida desenvolveu múltiples tarefas : escritor , poeta, tradutor, ensaísta, colaborador en prensa e revistas culturais , periodista literario, codirector de xornais, investigador,conferenciante, funcionario, e na actualidade director da súa Fundación.


Premios e distincións

A súa traxectoria , tanto humana como literaria, fíxoo merecedor de numerosos premios e distincións como a Medalla Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas ,o premio da Crítica Española e Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, ademais de Fillo adoptivo co Concello de Boqueixón.


Obra literaria Ademais de incansable loitador pola cultura galega, no panorama literario galego, Xosé Neira Vilas, constitúe unha figura senlleira, única . Como poeta destaca cos seus poemarios : Doce cancións galegas Dende Lonxe Inquedo latexar Cantarelas e contos prá xente miúda ademais de poemas publicados en revistas ou volumes colectivos.


Obra literaria

En canto á súa obra narrativa , é segundo os críticos representante do denominado realismo crítico. A súa aportación está conformada por novelas e libros de relatos que transcorren en Galicia ou América e protagonizadas por nenos ou adultos .


Obra literaria As súas obras caracterízanse pola presenza constante do mundo rural galego de posguerra , dominado pola miseria e no que os protagonistas manteñen unha conflitiva relación co medio debido á situación de opresión que padecen. Os temas sobre os que reflexiona son a emigración, a explotación que sofren as clases máis humildes, o caciquismo ou a incomprensión que sofren os nenos, o conflito lingüístico na escola, a violencia, a marxinación, a represión , situacións miserenta da Galicia rural, a inxustiza, o atraso ideolóxico e cultural ...


Obra literaria Entre as mostras literarias do escritor temos : Memorias dun neno labrego , Cartas a Lelo e Aqueles anos de Moncho, tres novelas de protagonista infantil ambientadas en Galicia. Memorias dun neno labrego, unha novela autobiográfica que desde a óptica dun neno , Balbino, conta a súa vida mergullado nun mundo pechado , nunha aldea do interior de Galicia. Cartas a Lelo está conformado por vinte cartas que Toño, por mediación de Balbino, escribe a Lelo, emigrante no Brasil. En Aqueles anos de Moncho narra acontecementos do tempo arrepiante da guerra civil, nun escenario campesiño , con homes dominados polo medo.


Obra literaria Outras das súas novelas ambientadas en Galicia teñen un protagonista adulto como en: Xente no rodicio, colección de relatos nos que o autor segue explorando a vida campesiña, con protagonista adulto que sitúan a acción en Galicia. Querido Tomás móstranos a confesión dunha mestra nas terras do Ulla e do Deza que queda na aldea resignada mentres Tomás se ve obrigado a emigrar a América. É unha historia amorosa crebada pola emigración, polas estruturas socioeconómicas e polos sucesos políticos do pasado. A muller de ferro , colección de 23 narracións curtas reflexo da vida labrega .


Obra literaria Outro dos grupos está conformado polas novelas localizadas en América que desenvolven como temática : a realidade socioeconómica dos emigrantes , das que destacamos : Camiño bretemoso, novela -testemuña do home que emigra da aldea de vellas casas e leva unha existencia anguriante en Bos Aires e no sur arxentino. Historia de emigrantes, colección de contos nos que atopamos os conflitos dos distintos protagonistas na adaptación ó medio , neste caso Bos Aires , a loita pola supervivencia , as súas frustracións, a saudade... Remuíño de sombras , novela na que o noso autor emprega un protagonista colectivo: os emigrantes galegos mallados polo éxodo e pola historia.


Obra literaria

Debemos lembrar que tamĂŠn ĂŠ autor de narrativa para nenos da que temos mostras en Espantallo amigo, O cabaliĂąo de buxo , A marela Taravela, Contos vellos pra rapaces novos.


Obra literaria

Outro exemplo da súa ampla produción son os libros de semblanzas : Pan, Lar, Nai que contén unha serie de lembranzas ordenadas arredor a figura materna e que constitúe unha homenaxe a todas as nais galegas.


Cómpre sinalar a súa enorme capacidade para transmitir sentimentos e emocións coa descrición dos seus personaxes, espazos e accións que os fan cribles , cercanos e reais.


Así no relato O delito de Tomás , cando o neno ansía un xoguete que non ten e as súas bágoas evocan a súa tristeza e impotencia diante dos enredos dos nenos de Torres : Aos fillos de Torres chovíanlles xoguetes. Canciños peludos, bonecos, avións , carabinas... de todo. E cantos máis tiñan , máis esnaquizaban. Tomás arredaba coa man o pelo que lle acochaba a testa, e quedábase pampo, mirando todo aquelo desde a cancela, coa cabeciña torta, choscando un ollo con saudade. Ás veces, en cada fazula relucíalle unha bágoa, que atallaba coa lingua. E nada máis.



Xosé Neira Vilas