Page 1


Biblioteca A3P BANDA DESEÑADA No XXIV Salón Internacional do Cómic de Barcelona os debuxantes galegos leváronse tres importantes galardóns, que distinguen a traxectoria prolífica do autor máis recoñecido, Miguelanxo Prado, o talento dun dos creadores con maior proxección, David Rubín, e o traballo en equipo do colectivo Polaqia, plasmado no fanzine Barsowia. Barsowia é unha publicación de historietas en lingua galega e portuguesa que xa foi nomeada na anterior edición. Nace tralos títulos Mmmh!! (Polaqia 2001) Alter ego e Patricia (Polaqia 2002) presentando a unión do máis selecto da nova xeración da banda deseñada galega. Autores na súa maioría menores de trinta anos que están a revolucionar o panorama das viñetas galegas. Barsowia contén historias inéditas dun verdadeiro “dream team” formado por: Manel Cráneo, Miguel Porto, Diego Blanco, David Rubín, Víctor Rivas, Sergio e Hugo Covelo, Brais Rodríguez, Roque Romero, Bernal, Anxo Cuba, Alberto Guitián e Kike Benlloch. O pasado 9 de abril entregáronse os premios da XII edición do Certame de BD de Arteixo. Nesta edición, Xulia Vicente fíxose co segundo premio por “Anécdota dun cereal”. A nosa máis cordial NORABOA Por outra parte tamén no mes de abril e organizado polo Concello de Cambre, o alumnado de 2º de ESO acudiu a realizar un taller de cómic impartido por Manel Cráneo, integrante do Colectivo Polaqia.

Taller impartido por Manel Craneo

Para saber máis podedes consultar: http://www.ficomic.com/ORIGINAL/saloncomic2006/ fotos.html http://www.redegalega.org/polaqia/2006/index.htm http://www.guiadelcomic.com/autores/prado.htm http://www.culturagalega.org/bd/ficha.php? xenero=Revista%20ou%20comicbook&id=4&busca=Certame%20de%20Arteixo

Xulia Vicente e Manel Cráneo

Colectivo Polaqia

Anécdota duns cereais  

Xulia Vicente