Page 2

En 2007 recibiu o XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O carteiro de Bagdad. O seu protagonista é un neno iraquiano chamado Abdulwahiad.

Marcos Calveiro

Marcos Sánchez Calveiro naceu en Vilagarcía de Arousa en 1968. Vive en Vigo, onde desenvolve a súa actividade profesional como avogado.

Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari,

soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007).

Editada en galego e en castelán, tamén recibiu o Premio White Ravens en 2008. En 2008 publicou Festina lente, unha novela histórica, a primeira que publica nunha colección para adultos. Con ela conseguiu o Premio da Crítica de narrativa galega 2008, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor do ano 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego 2009.

O pintor do sombreiro de malvas, é unha novela sobre os últimos días de Van Gogh. Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil 2010.

En 2010 publicou Setteccento, outra intriga histórica que nos trae un Vivaldi en plena decadencia.

En 2010 publicou en castelán

El samurái del rey 1. El camino de Levante e El samurái del rey 2. La calavera del indio, literatura infantil-xuvenil.

En 2008 recibe o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil por

O canto dos peixes.

Marcos Calveiro  

Guía sobre a obra de Marcos Calveiro. Biblioteca CPI San Sadurniño 17 de marzo de 2014

Advertisement