Issuu on Google+

A PARTIR DE 16 ANOS

O PERFUME. Patrick Süskind. Sotelo Branco No século XVIII, durante o reinado do Rei Sol, naceu en París Jean-Baptiste Grenouille, o nariz máis prodixioso da historia. Grenouille non descansará ata converterse, en primeiro lugar, no mellor perfumista da súa época; e máis adiante, na procura do Gran Perfume, do perfume absoluto, e non dubidará en recorrer ao asasinato en serie das máis fermosas rapazas para tirarlles o segredo do seu atractivo, aquilo que as volve irresistibles: o seu recendo persoal.

Guia de lectura

SAMAIN

O CAN DOS BASKERVILE. A. Conan Doyle. Ed Xerais. O can dos Baskerville é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ao feito criminal vén sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron presentando.

Normalizacion e COLECCIÓN GOSTGIRL. Tonya Hurley. Ed Alfaguara. Charlotte Usher séntese practicamente invisible ata que un día o é de verdade. Peor aínda: está morta. E todo por culpa dun osito de goma. Pero a morte non impide que Charlotte siga co seu plan. Todo o contrario, vólvese moito máis creativa e fará calquera cousa por conseguir o seu obxectivo: ser popular para seducir o rapaz que ama.

BIBLIOTECA ESCOLAR Ies cabo ortegal (cariño)

www.ortegalendo.blogspot.com


A partir de 12 anos AIRE NEGRO. Agustín Fnez Paz. Ed Xerais. Cando o doutor Moldes comeza a traballar nunha clínica psiquiátrica, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que pasa o día enteiro escribindo de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún ignorado naufraxio. O doutor conseguirá que Laura volva recordar todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía adiviñar que, deste xeito, estábanlle abrindo a porta a unha realidade terrible que os deixaría marcados para sempre.

CANDO PETAN POLA NOITE. Xabier P. Docampo. Ed Xerais. Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...

A PANTASMA DE CANTERVILLE. Oscar Wilde. Ed Xerais. Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que cometía un grande erro porque a casa estaba enmeigada. O propio Lord Canterville sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma lles aparecera aos seus familiares, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor dos ruídos que se sentían no corredor da biblioteca. Isto non amedrentou o embaixador, que consideraba que a pantasma e os mobles non eran máis ca unha parte do lote que quería mercar.

AS BRUXAS. Roald Dahl. Ed. Xerais narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel. Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar. E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos.

A PARTIR DE 14 ANOS A SOMBRA CAZADORA. Suso de Toro. Ed. Xerais.Un comunicador, grande estrela da televisión, consegue, por medio dun complexo proceso informático, reduplicar a súa imaxe para poder aparecer en varios programas ao mesmo tempo. A súa imaxe dobre vai apoderándose pouco a pouco de todo e acaba intentando destruílo a el e a toda a súa familia. Para fuxir deste perigo, o presentador trasládase a vivir a unha casa completamente illada do mundo exterior. Morto este, os seus dous fillos, especialmente Clara, loitarán por ter unha existencia propia, sen depender da imaxe. CONTOS DE NEBOA. Ánxel Fole. Ed. Galaxia.Dezaoito contos nos que o mestre do relato centra as súas historias nas cidades e vilas galegas. Nos contos conflúen a tradición do conto popular coa modernización e renovación do xénero. O autor manexa maxistralmente a fala coloquial, conservando todo o seu sentido do humor e engadindo pingadelas de misterio que manteñen o interese da lectura até o remate. En Contos da néboa, publicado por primeira vez en 1973, presenta como novidade o escenario no que se desenvolven as narracións, que pasa a ser urbano fronte ao mundo do campo ao que Fole consagra anteriores entregas narrativas. O misterio chega ás cidades, que se fan protagonistas destas narracións nas que a brétema pare pantasmas e o demo anda polas rúas. ROMASANTA, Alfredo Conde. Sotelo Blanco. Memorias incertas do hombre lobo, preséntanos as memorias apócrifas de Manuel Blanco Romasanta, un asasino en serie galego indultado pola raíña Isabel II de Borbón logo dun complicado proceso iniciado en Allariz no ano 1853, proceso no que desempeñaron un importante papel os medios de comunicación da época, que, a través dunha campaña de prensa de repercusións internacionais, trataron de convencer a opinión pública da condición de licántropo do inculpado. A partir de entón, a figura do chamado Home Lobo de Allariz ten sido amplamente tratada na literatura e no cine. Todas as versións dos feitos existentes ata o día de hoxe coincidían en presentarnos un vendedor ambulante, vítima da superstición e da ignorancia, que asasinaba as súas vítimas sen ser consciente dos seus actos. Porén, a reconstrución dos feitos que atopamos nestas memorias é completamente diferente. As xentes do común, xunto coa clase médica e o corpo togado galego, bautizaron no seu día a Romasanta como o Sacaúntos, o Home do Saco e mesmo o Sacamanteigas, pero nunca se referiron a el como o Home Lobo, posibilidade pola que non se chegaron a inclinar en ningún momento.

PEL DE LOBO. Xoxé Miranda. Ed. Xerais. Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontárase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume.


BIBLIOTECA SAMAIN