Issuu on Google+

III SEMANA DA POESÍA Abril 2011.

Ti dicías” vivir é andar nos portos, Cantar cos mariñeiros desvairados, Bebendo ao ron da noite tristes fados De amores que non hai ou foron tortos”. Eu dicía “ vivir é cargar mortos, Fardos que mancan sempre e son pesados, Encherse dos adeuses agradados A cortar rosas murchas polos hortos”. Agora eu bbo ron nas altas horas A cantar ese fado de tristura Que pon bágoas de lume na garganta. Tí non sei se es feliz nin onde moras, Se a vida te conforta ou se che é dura, Se te seduce a morte que te espanta.

MARICA CAMPO. Incio . Lugo 1948


III SEMANA DA POESÍA

III SEMANA DA POESÍA

Abril 2011.

Abril 2011.

NORORIENTAL* Qué fontes brincarán as súas augas Para as mans do señor que as agarime Amado até a ternura da camelia E dos vales altivos que nos unen Qué lúa velará nemetras velas Da traición os acenos e as esperanza Amigo para o que florece a estrela E ese alonga o mencer polo campo do oso Voume de ti a quererte na súplica E reclamo perdón en terra allea Perdón dos que perdoan con deleite Voume de ti e si hei che ver morto Ou digo asesiñato No meu ventre se estiñan as cereixas

* A dona do señor de Cela deixa a montaña.

MARGARITA LEDO ANDIÓN.– Castro de Rei 1951


III SEMANA DA POESÍA

III SEMANA DA POESÍA

Abril 2011.

Abril 2011.

CADAVER DE MAN

ALTA CASA

Ouvea calado no cimo dun pelouro Man. O cuspe das ondas repetidas acada o dorso da lúa. Nós, Tolleitos, coa plabra nos dedos coma unha esmola Presentada. Encóllese o vento noutra rafa furiosa de incendio sen lume, Man ouvea calado. É un tributo ós delirios financieiros que tapan as novas Doutras novas nos xornais. Un agasallo inmerecido é complicidade dos silencios. Encóllese o corazón noutra rafa furiosa de incendio sen lume. Ouvea non chora No cimo dun pelouro Man: Chama por nós.

Foi alí onde vivimos, Na alta casa, e alí esperarás por min, E alí esperarás A que todo este querer teza os soños nos que irei Coller as rendas de luz do teu balcón, Petar no teu mesmo recordo –que entón será Coma un nobelo de lá, mesto e pausado-, Lamber as mans maduras de noz tenra. Sei que ti estarás Na alta casa, e mirarás No camiño que me irá achegando, recortando no solpor [final, O que asoma cando as rúas perden os pasos E rematan torpes tras a esquina Dun dos días calquera

Mira o cadáver xunguido á fe na vida, Caído na batalla sutil coa orde do mundo. Mirémolo aínda, Desde os hábitos nosos de meareantes sen fe.

XELA ARIAS.– Lugo .– 1962

HELENA DE CARLOS.– Barbantes-Cenlle.– 1964


III SEMANA DA POESÍA

III SEMANA DA POESÍA

Abril 2011.

Abril 2011.

Cantares Gallegos IV So quixera moldear as palabras Convertelas en flores de arxila que ascendesen Nas escadas do vento cara ó ceo infinito. Só quixera pulilas e facelas suaves, Convertelas en rixos néctares humanos Que saciasen a sede de todos os curiosos. Só quixera tocalas e sentilas eternas, Converterme en palabra que inundase poemas, En son de claridade ou canto de paixón. ( De crear o mar en Compostela)

.

MARTA DACOSTA.– Vigo. 1966

Cantarte hei, Galicia, Teus dulces cantares, Que así mo pediron Na beira do mare.

Que así mo mandaron, que así mo dixeron... Xa canto , meniñas. Coidá, que comenzo.

Por darlle contento, Por darlle consolo, Trocando en sonrisa Queixiñas e choros.

Cantarte hei, Galicia, Na lengua gallega, Consolo dos males, Alivio das penas.

Con dulce alegría, Con brando compás, Ó pé das ondiñas Que veñen e van.

Buscaime, rapazas, Velliñas, mociños. Buscáime antre os robres. Buscaime antre os millos,

Mimosa, soave, Sentida, quixosa, Encanta si rie, Conmove si chora.

Dios santo premita Que aquestes cantares De alivio vos sirvan Nos vosos pesares;

Nas portas dos ricos, Nos portas dos probes, Que aquestes cantares A todos responnden.

Cal ela ningunha Tan dose que cante Soidades amargas, Sospiros amantes,

De amabre consolo, De soave contento Cal fartan de dichas Compridos deseios.

A todos, que á Virxen Axuda pedín. Porque vos console No voso sufrir;

Misteiros da tarde, Murmuxos da noite: Cantarte hei, Galicia, Na beira das fontes.

De noite, de día, Na aurora, na serra, Oirésme cantando Por montes e veigas.

Nos vosos tormentos, Nos vosos pesares. Coidá, que comenso... Meniñas, ¡Dios diante!

Que así mo pediron, Que así mo mandaron, Que cante, que cante Na lengua que eu falo.

Quen queira me chame, Quen queira me obriga; Cantar, cantaréille De noite e de día.

ROSALÍA DE CASTRO.– Santiago .-1885


III SEMANA DA POESÍA

III SEMANA DA POESÍA

Abril 2011.

Abril 2011.

ESTÁ CAENDO A FOLLA I EN MIN NACE A PRIMAVERA ¿Quen entenderá este mar vello? ¿como digo onte sendo hoxe? ¡ Como farto a miña verba do nacer que xa pasou! ¡ Como reino nas migallas onde medrei un bon día! ¿Como piso forte sendo branda? ¿ Como digo si si non está escoitando? ¿Quen entenderá este mar vello? Medro, medro e non sei onde parar. Presa xa e ceguiña no cume Lévame, Lévame ó chan a verba. Queda hoxe o chan soio Muxindo a pegada do tempo. Mesturadas terras penetran, peneiran fariña, Fariña que non fai masa. Rebélanse as ondas ós mares, Os ríos afogan a pradeira seca, Os camiños non se atopan. ¿Quen entenderá este mar vello? É outono i en min nace primaveira. ¿Quen o entenderá?

MARIA MARIÑO.– Noia.– 1907

Os nenos do grupo son salvaxes coma min. Tragamos os cristais e son o xefe indio. A tribo obedéceme Porque teño a lingua chea de cristais E como terra. Tocamos a través dos postes sen prevención, Amámonos polas tardes na cova do golpe Preto da estación onde a xente agarda con froita Para enfemos, Fuximos á praia e non imos ó colexio, Os nosos pais búscannos ata o anoitecer, Estamos afogados entre os brazos dos polvos, As nosas cabezas despeitéanse contras as rochas. Pero na casa.

( De Baleas e baleas)

LUÍSA CASTRO.– Foz, Lugo.– 1967


III SEMANA DA POESÍA

III SEMANA DA POESÍA

Abril 2011.

Abril 2011.

MOUSE

ULLA

unha flor un verso Ven, Musa, dareiche unha grada no Parnaso un socalco no Sil. Non sexas mimosa, Musa, Que nunca ben mireiche o rsotro Seica petrificaríasmo Coma a Medusas? Pero Musa, non es ti fermosa Non levas longos buches ao sol E longos brazos de neve? Non es salgada e dóce a un tempo? Non vas vir Só porque e cho pido? Mussiña, arrechégate máis, que nada sinto. Ese latexar incerto non serás ti! Ese renxedoiro na casa non será dos teus peíños! Está páxina en branco... Non será o teu puro espírito albar!

ESTÍBALIZ ESPINOSA.– A Coruña. 1974

D’este val deleitoso n’un recuncho Loucuras d’outro tempo recordando, As horas docemente vou pasando, Sin sentir que se van pra non volver. E, libre d’a farándula d’as vilas, Qu’á mais d’unha cabeza henche de vento Deijo ahora corre-l-o pensamento, Vagar n’o campo que me veu nacer. Por eso, ô pé d’os freijos e ameneiros, Adistraeme ouservar como marchando. Mil remuiños d’espuma levantando, O río fachedolo vai ô mar, Ou, n’as herbas sentada d’a pradeira, Como as ráns garrulean nà úa orèla E o escaliño cai, que n’a sedèla, Morde o ancelo e rebrinca pra escapar. ¡Ulliña! ¿quén te veu que , namorado D?a hermosura qu’ encerras non quedase E suidades, ¡coitado! Non levase No seu peito o adios cando che dou? Ti meliño pra todos atesouras; Ti ô triste non negas un consolo Ès naiciña amorosa, e n’ o teu c’olo Sempre alivio o pesar sempre atopou. [.....]

AVELINA VALLADARES.- A Estrada.– 1925


III SEMANA DA POESÍA

III SEMANA DA POESÍA

Abril 2011.

Abril 2011.

VOGAN DORNAS LIXEIRAS Vogan dornas lixeiras. Un inocente mar Tatexan por infindos vougos de vaguedades. A presencia mariña das aves flota ingrávida Onda os corpos espidos das bañistas na tarde. Son corpos que irradiantes rouban fulgor ó día. Corpos fluentes. Seda calcinada brillando No lene vagarío das docísimas brisas. Ondas que van e veñen abrazan esas formas. A beleza nacendo dos corpos desvestidos. Invasoras escumas. Secretas mans as tactan, Mentres cantan á vida. Ós tenros desafíos.

Musa que non te amosas! Estoume enfadando. Acender velas E ofrendar versos votivos De nada serve Altísima Musa raíña No teu inacadable trono celeste. Desisto. Irei apañar patacas Ou seica un posto no Estado Tanto é o caso que me fas. Asi que Querida Musa de muselina Vai ouvir misa Ou senta na mesa Marcha onda mussolinis Oi mestura coa masa Nun mísero museo, Musa, que sempre me amolas E non te me amosas.

Car je m’amuse moi-meme Matinando nas musarañas Nos muscívoros mustélidos Que xogan ou mus Ou musgando no musgo Canda as músicas con fusas De nover cornaMusas Que esas si, Habelas, hailas.

PURA VÁZQUEZ.– Ourense. 1918

ESTÍBALIZ ESPINOSA.– A Coruña. 1974


III SEMANA DA POESÍA

III SEMANA DA POESÍA

Abril 2011.

Abril 2011.

AGOSTO

VISITA AO BOSCO

Agosto. Pasa a choiva devorando horizontes. Esfiáñase a tarde nos carreiros. Chove. Batalla o sol coa auga Sen ganas. O meu cuarto, no que dorme o siléncio. Sombras, corvos, un libro nunha esquina. AgardoOs bruídos da aldea tecen a súa nostálxia No solpor extrañado. ¡ Ouh señardade, Soidade que atravesas o tempo e asulagas, Agosto de invernía, ouh puñal de tristeza, Corazón meu ferido!

A Cinsenta, Brancaneves,ças bruxas, Caperucita Os cabritiños e o lobo Todos a presa camiñan. Van por os boscos cantando, Choutan, berran, corren, brincan. Os ananos fan a rolda Mais pequeniña. Brancaneves na madrastra, E nas peinetas e as fintas. A Cincenta no zapato Perdido, na carrouciña, No príncipe que a percura… Os cabritos, na cabrita…

( De entre lusco e fusco) Os boscos están de festa Con tan xentiles visitas. O vento, as frores, os arbres Poñen ledas as sonrisas… (¿e si o lobo se casara Coa nena Caperucita?)

PILAR PALLARÉS.– Culleredo. 1957

PURA VÁZQUEZ.— Ourense 1918


Poesías