Issuu on Google+


O MONSTRO, REI DO ESCONDITE O meu avó contábame historias sobre un lago de Escocia, no que vivía unha especie de monstro que nunca saía, pero había xente vella que dicía que o vira, pois ben, o meu avó dice que o viu nunha ocasión e que tiña un corpo de serpe rematado nunha enorme cabeza cos ollos moi saltóns, pero so o viu un momento e dixo que foi ao atardecer e eu créoo.

Xoel Abelairas Piñeiro 6º


O COCHE FANTASMA Érase unha vez un coche diseñado en España. Tiña neóns, un alerón e lamias brancas. Un día abandoárono e oxidouse. Pero unha noite de lúa chea ás doce, cobrou vida. Foi a un taller e arreglouse. Á mañá seguinte empezou a vingarse de todos os humanos. Todos corrían para que non os atropelase e así segue e seguirá sempre a lenda.

Bran Fernández García 6º


UN CAN E UN TIQUISMIQUIS NO ESPAZO Sucedeu unha vez que un can chamado Rambo foi á lúa. Cando o cohete despegou, Rambo mareouse e vomitou enriba do astronauta que era un tiquismiquis. O astronauta cando viu o vómito enriba, desmaiouse. Para que espertara tiveron que tirarlle un caldeiro de auga fría. Cando espertou estivo a punto de tirar a Rambo ao espazo, menos mal que se enganchou á súa perna. Lucía Castro Ignacio 6º


O EXTRATERRESTRE E MAIS EU Había unha vez un extraterrestre verde. Gustáballe saltar de planeta en planeta e un día caeu á Terra. Chamábase Epidemia e chegou a unha casa, que era xustamente a miña. Entrou no garaxe e deixouno cheo de babas. Eu entrei ao garaxe e, ao oír un son, mirei atentamente e encontreino. El miroume, eu mireino, presentámonos e fomos amigos. P.D. Baboume Judith Ansedes Martínez 6º


O ENIGMA Na antiga Grecia un guerreiro desexa salvar ao seu pobo dunha malvada estatua con cabeza de muller, corpo de león e no lombo dúas ás. Tiña un enigma que ninguén conseguía resolver e o que non acertaba era devorado. Entón un día o guerreiro subiu ao monte e a estatua preguntou: Que é o que tén catro patas ao mencer, dúas ao mediodía e tres ao anoitecer? O guerreiro respondeu e acertou, o home. Deste xeito liberou ao seu pobo. Alejandro Paz Álvarez 6º


OS REPOLOS DA HORTA Un día cando fun buscar repolos á horta sentín un ruido moi raro. Cando tiña os repolos no portaequipaxes da bici, volvino sentir e baixei da bici. Busquei entre as follas e non encontrei nada. Volvín montar e vin saltar un repolo, cando o fun coller vin que o que facía o ruido era un rato. Os veciños que me viron escacháronse de risa. ¡Que vergoña! Lucía Sarceda Rodríguez 6º


O MEU TÍO EN SATURNO O meu tío é astronauta. Foi a Saturno nun cohete. Viu a un extraterrestre con trenzas e díxolle que fora tomar unha “fanta” á súa casa. Logo encontrou a un canguro espacial e empezou a boxear e fíxolle:”Piripipí”. Despois encontrou a un extraterrestre bébedo que bebía augardente e guisqui e fíxolle:”Porropopó”. O meu tío flipaba e ao rematar a viaxe dixo que a próxima vez iría a Xúpiter. Laura Vázquez Neira 6º


O CERVO Un día dous rapaces foron a un circuíto a facer unha carreira. Ao chegar viron que non había ninguén. Pensaron que se equivocaran pero o que pasou foi que un cervo entrara no circuito e todos estaban intentando botalo. Despois de moito tempo perseguíndoo, alguén descubriu que o cervo tivera dúas crías. Tiveron que deixalos medrar e despois marcharon. Miguel Villanueva García 6º


PERDIDO NUNHA ILLA As mans revolvíanse, o meu corpo tremaba, un medo intenso cubríame os pensamentos. Estaba perdido no medio dunha illa coas pernas feridas, os meus brazos paralizados. Era terrible. Nese momento unha choiva intensa comezou a caer. A miña cabeza mirou ao fronte e viu un barco pesqueiro. O barco recolleume. Toda a miña angustia rematou nese mismo instante. Alejandro López Pena 6º


O MEU CAN Estaba estremecida e morrendo de medo dos ruidos que oía. Estaba todo escuro e non vía nada. Como era de noite, empezaba a ter sono, e non podía durmir. Ao final, durminme. Pola mañá pensei: ¡Qué noite de medo pasei! E non puiden recordar se fora unha persoa o un animal quen me dera ese gran susto. Ao día seguinte observei que o meu can estaba rouco. Noelia Muñiz López 6º


O PESADELO O outro día vinme de súpeto na boca dun home. Caín e caín e atopeime enriba dun ril, despois andei polo seu fígado. Non sabía que facer, pero ¿como ía saír dalí?. Busquei a maneira pero non podía, seguía, seguía e seguía pero non atopaba a saída. De repente funme elevando e subín e subín e subín e cando non o esperaba saín disparado polo nariz do home.¡Guau! ¡Que pesadelo acabo de ter!. Alejandro González Varela 6º


UNHA RAPAZA CHAMADA JUDITH Había unha vez unha rapaza chamada Judith que estaba moi triste porque as rapazas que ela cría que eran as súas amigas traizoárona e desde aquel día aprendeu a non confiar nas supostas amigas. Judith era boa, guapa, moi amigable e de bonitos ollos azuis. Agora vai ir ao instituto e quizais consiga unha verdadeira amiga que non a traizoe, que a queira, que a valore e ela poida recuperar a confianza na amizade. Luisa Fernanda Castro López 6º


O MEU CUMPRE Estamos no día 1 abril. Nada máis e nada menos que quince días faltan para o meu cumpreanos. Todo comeza un dezaseis de abril de 1997, nazo eu. Dous días despois leváronme para a casa, deitáronme e chorei e chorei… despois empecei a andar e a falar, logo a sumar e a restar. Tan axiña pasou todo que dentro de dous meses xa vou para o instituto. Adrián Corral Campos 6º


NAS NUBES Unha calurosa tarde de verán, na aburrida clase de matemáticas que era sobre os polígonos, notei que a miña cabeza caía enriba da mesa. Logo vin unha luz. Era o espazo. ¡Estaba no espazo entre a lúa e as estrelas! E de súpeto unha voz faloume e díxome: E ti que fas aiquí? Mmmm… pois a verdade e que non teño nin idea. Pois, ¡encantada de coñecerte! Nese mesmo momento a profe berrou: ¡Paula esperta! Paula Abuín Nadela 6º


FIN


Relatos curtos