Page 1

Utiliza curiosas metáforas e xogos ligüísticos, cheos de encanto, frescura e sinxeleza que dotan aos seus poemas de gran musicalidade.

GLORIA FUERTES

Na súa poesía defendeu a igualdade entre mulleres e homes, o pacifísmo e a defensa do medio ambiente. Divertida, irónica, disparatada, tenra, afectiva, sinxela, solidaria, sinceira e sempre espontánea. Reclamou os dereitos das mulleres empezando polo dereito a ler, a escribir, a traballar ou a ser poeta. Numerosos poemas seus deixan constancia da desigualdade de xénero na súa época e constitúen unha forma de loitar contra os límites impostos. Morre en Madrid o día 27 de novembro de 1998

http://www.bibliopontelugo.blogspot.com

UNHA DAS GRANDES POETAS ESPAÑOLAS DO SÉCULO XX

http://www.bibliopontelugo.blogspot.com


GLORIA FUERTES naceu no barrio de Lavapiés, en Madrid, o 28 de xullo de 1917 nunha familia moi humilde. Encantáballe contar historias a quen se lle poñía diante. Aos tres anos xa sabía ler e aos cinco xa escribe e ilustra os seus propios contos e poemas. A súa familia non entendía a súa afección pola poesía e os deportes. Ela era moi valente, porque sempre se atreveu a dicir e a facer todo o que pensaba. Durante a guerra civil coñece de primeira man a fame e a morte. A guerra deixa nela unha profunda pegada que se verá reflectida na súa poesía. Era pacifista. A súa personalidade era moi moderna para a época na que vivía, era feminista. Foi a primeira muller en levar falda pantalón e percorrer Madrid en bicicleta, xogar ao fútbol, ao baloncesto e ao hockey. Escribe poesía, colabora en revistas e traballa en diversas oficinas

Faise bibliotecaria, estuda inglés. Despois traballou como bibliotecaria no Instituto Internacional de Madrid De 1961 a 1963 vaise a Estados Unidos a dar clases na Universidade. Cando regresa, imparte clases de español a americanos e segue escribindo. Nos anos 70 colabora activamente en diversos programas infantis da TVE que a convirten na poeta dos nenos e das nenas. Nos anos 80 dedícase a numerosas actividades: lecturas, presentacións, radio, entrevistas, xornais, visitas a colexios, pregóns, viaxes, etc. Sempre escribindo e publicando tanto para público infantil como para adultos. Títulos como: Cangura para todo, Don pato e don pito, El camello cojito, El hada acaramelada, La oca loca, Coleta la poeta....e moitísimos máis. Pacifista cen por cen, utilizou a palabra como arma contra as guerras, outros dramas e dolores humanos. Na súa obra trata temas como o amor, o dolor, a morte, a soidade.

Gloria fuertes  

Gloria Fuertes, unha das grandes poetas españolas do século XX

Gloria fuertes  

Gloria Fuertes, unha das grandes poetas españolas do século XX

Advertisement