Issuu on Google+

GUÍA DE LECTURAS

BO BO NADAL NADAL


INFANTIL TÍTULO: Que tal, vexetal! Alimentos con sentimento. AUTORES: Saxton Freymann e Joost Elffers EDITORIAL: Linteo Resulta realmente abraiante o resultado: os vexetais son quen de expresar todas as emocións. Un bo libro para xogar cos máis peques.

TÍTULO: Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis AUTOR: Chema Heras EDITORIAL: Kalandraka

É un atípico conto de Nadal, que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial.

TÍTULO: Mamá ILUSTRADORA: Mariana Ruíz TRADUCIÓN: Manuela Rodríguez EDITORIAL: Kalandraka

Un canto universal ao amor e á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean ata a nai Terra.

TÍTULO: Toc-Toc AUTOR: Pablo Díaz EDITORIAL: Galaxia Libro-disco. Pura diversión musical, con ilustraciones de Nuria Díaz.


INFANTIL TÍTULO: Grúfalo AUTORES: Julia Donaldson Axel Scheffler EDITORIAL: Patasdepeixe. Fálanos dun animal inventado por un ratiño pillabán. Para escachar coa risa!

Colección TOM english readers AUROR: Lisbet Slegers EDITORIAL: Edelvives As aventuras de Tom que tanto lles gustan aos pequenos agora en inglés.

TÍTULO:Os Bolechas fan unha banda AUTOR: Pepe carreiro EDITORIAL: Bolanda Da música tradicional ao rap a pasar polo pop. O primeiro libro-disco dos irmáns máis coñecidos polos nenos galegos. Da man de dez grupos da terra: Pandeiromus, O Sonoro Maxín,Novedades Carminha… divertidísimo!!


1º CICLO TÍTULO: El regalo AUTOR: O`Henry (Willian Sidney Porter) EDITORIAL: SM Un artístico álbum ilustrado para todas as idades. Della tiña só un dólar e oitenta e sete centavos para mercarlle o agasallo de Jim e ao día seguinte era Nadal.

TÍTULO: Cartas que veñen e van. AUTORA: Susa Herrera. Mamá Cabra EDITORIAL: Galaxia Un divertidísimo libro disco da colección Sonárbore.

TÍTULO: Cat and mouse AUTORA: Stéphane Husar EDITORIAL: Anaya Cat and mouse falan en inglés por iso, mentras te divirtes coas súas historias aprenderás inglés tamén. Ademáis co CD poderás escoitar os diálogos e o vocabulario. Anímate a repetir as frases!


1º CICLO TÍTULO: Demo de dente! AUTOR: Pep Bruno e Amrei Friedler EDITORIAL: OQO Unha serie de propostas divertidas, imaxinativas e un tanto surrealistas, que non garantes que o dente acabe caendo pero si gargalladas.

TÍTULO: As dúas casas de Alicia AUTORA: Christelle Vallat EDITORIAL: Baía Edicións Os país de Alicia sepáranse, a nena procura o seu sitio nesta nova situación…

TÍTULO: Chocolates. AUTOR: Varios autores EDITORIAL: Ouvirmos. Da colección Cociña infantil e familiar. Para lamber os dedos!

TÍTULO: Catuxa quere saber. AUTORA: Concha Blanco EDITORIAL: Everest Os lentes de catuxa que nun principio aparentaban ser un problema….


2º CICLO TÍTULO: Cada cuadro con su cuento AUTOR: J. Ramón Brotons EDITORIAL: Anaya Un percorrido ao longo de diferentes cadros que forman parte dla historia da pintura, pasando por artistas como Leonardo da Vinci, Van Gogh, Kandinsky, Dalí ou Picasso, cos que o lector achegarase ao mundo da arte. TÍTULO: Desde unha estrela distante. AUTOR: Agustín Fdez Paz EDITORIAL: Xerais. Outra das xeniais historias de Agustín Fdez Paz…

TÍTULO: O raposo e a mestra. AUTOR: Manuel Rivas EDITORIAL: Xerais O raposo Pindo ten un poder é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna…

TÍTULO: Inventario ilustrado dos mares. AUTOR: Virginie Aladjidi EDITORIAL: Factoría K de libros.

TÍTULO: Swinging Christmas AUTOR: Benjamin Lacombe EDITORIAL: Edelvives. Un maravilloso álbum ilustrado con Cd . Robin ten 9 anos e vive nun sitio onde nunca pasa nada ata que coñece ao vello Bernard que lle abrirá as portas a un mundo apaixoante de Jass e libros.


2º CICLO TÍTULO: Matemática mente. ¡Conviértete en un genio de las mates! AUTOR:Mike Goldsmith EDITORIAL: SM

TÍTULO: Diario de Greg 7 Diario de Nikki 5 Infalibles!

TÍTULO: Mis cuentos africanos. AUTOR: Nelson Mandela EDITORIAL: Siruela. Mandela recolleu nesta maxistral antoloxía os contos máis fermosos e antigos de África.

TÍTULO: O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas. AUTOR: Ramón Caride EDITORIAL: Xerais. Nas termas da cidade de Ourense están a ocorrer acontecementos moi estraños só o Capitán será quen de resolver o enigma…


2º CICLO TÍTULO: Dinosauros.150 animais prehistóricos de pequenos a grandes. AUTOR: Róc Olivé EDITORIAL: Baía Edicións. Algúns non eran máis grandes que unha pomba, outros eran máis longos que cinco autobuses postos un tras outro.

TÍTULO: Mi planeta. Colección: Enciclopedia increíble. EDITORIAL: Larousse.

TÍTULO: Arroyo claro, fuente serena. Antología lírica infantil. AUTOR: Juan Ramón Torregrosa. EDITORIAL: Vicens Vivens. Con esta coidada selección descubrirán o encanto da poesía.

TÍTULO: Canción de navidad. AUTOR: Charles Dickens EDITORIAL: Kalandraka. Unha elegante edición e unhas maxistrais ilustracións, un clásico de Dickens para estimular o espirito navideño.


3º CICLO TÍTULO: O refugallo. AUTORA: Paula Carballeira EDITORIAL: Xerais. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. Trata sobre a capacidade de fabulación que nos fai transformar a realidade, recreala e reinventala.

TÍTULO: Aquel neno AUTOR: Xosé neira Vilas. EDITORIAL: Embora. Son os recordos daquel neno que vive nunha aldea e conta o que alí sente, xoga, sofre…

TÍTULO: Astérix e os Pictos AUTOR: René Goscinny EDITORIAL: Xerais. Chega un novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e algún novo.

TÍTULO: Pequeña colección de insectos. AUTOR: VVAA EDITORIAL: Larousse Unha colección de insectos con láminas de gran calidade. Asombroso!


3º CICLO TÍTULO: Los peores años de mi vida 2¡Sacadme de aquí! AUTOR: James Patterson EDITORIAL: La Galera

Rafe é un alumno de sexto ao que lle pasa de todo…

TÍTULO: Cidades. AUTOR: Fran Alonso EDITORIAL: Xerais. É unha porta para que os máis novos entren na poesía.

TÍTULO: O meu maravilloso sombreiro. AUTORA: Akiko Ishihara. EDITORIAL: Edicións do Cumio Conto e CD en edición bilingüe galego/xaponés e 6 cantigas populares en Xapón coas súas correspondentes partituras. .

TÍTULO: A illa de todas as illas AUTOR: Xabier DoCampo EDITORIAL: Xerais. A aventura de tres rapaces nunha illa deserta que non ten nome…


PARA PAIS E PROFES

TÍTULO: FOCUS. Desarrollar la atención para alcanzar la excelencia AUTOR: Daniel Goleman EDITORIAL: Kairós. O autor do best-seller Inteligencia Emocional móstranos as posibilidades de cultivar a atención

Galiza é o novo disco de kepa Junkera, no que colaboran un feixe de músicos da nosa terra, como Xosé Manuel Budiño, Uxía Senlle, Bieito Romero ou Xabier Díaz, vocalista de Berrogüetto.

TÍTULO: Intres AUTOR: Manuel Fabeiro (Manolé) EDITORIAL: Toxosoutos Poemario inédito no seu conxunto no que afloran os trazos poéticos esenciais do muradán.


Panxoliña do Nadal I

Hai un vento cheo de frío apousado nos camiños. E no ar un asubío todo cheo de aloumiños. pero un vento milagreiro nascerá pol-o Nadal. Brilará coma un luceiro pra alomear o portal. II

Xa nas ponlas dun carballo nasceu un vento ventiño; ten doces versos de orballo e azas de paxariño. Ten azas de paxariño e craridades de día, que llas deu Jesús Neniño e Santa Virxe María.

Manuel María Lugo, Nadal, 1951


Guianadal13