Page 1

Lecturas recomendadas para 3º4º de primaria: bibliomrivero

O monstro dos Ancares Editorial: Galaxia Núñez, Toño Conto que afonda nas lendas populares, sen descoidar o humor e o lirismo. En plena serra dos Ancares viviu unha vez, hai moitos anos, un temible monstro de sete cabezas que sementaba o medo entre todos os habitantes das montañas. O señor do castelo de Navia de Suarna chegou a perder tres dos seis fillos, mortos polo monstro. De aí que xurase vinganza. Por iso ofreceu a man da súa filla máis fermosa a quen conseguise derrotar o terrible monstro.

Piratas, bruxas e outros amigos Editorial: Galaxia Ameixeiro, Daniel Piratas, bruxas, princesas e demais compañeiros de fatigas camiñan polas páxinas deste libro entoando unha canción. Ou dicindo un poema, que é outra maneira de cantar. Atrévete a sumarte a esta singular tripulación. Leva áncoras e déixate mergullar nesta serie de historias contadas con moito sentido do humor e da poesía. E non pares de te divertir nin un só minuto

Espantallo amigo Editorial: Galaxia Neira Vilas, Xosé Hai homes coma espantallos e espantallos coma homes. O protagonista desta obra ten un corazón de pexego, morno e bo coma os seus feitos. Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos melros, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos cun vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esquelete con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e acaba por vestilo cunha chaqueta e uns pantalóns remendados. Ata lle mete dúas cereixas nos ollos e un pexego no sitio do corazón. Así naceu Espantallo.

2º ciclo  

Lecturas para o verán segundo ciclo