__MAIN_TEXT__

Page 1

Día da Muller MULLERES EXPLORADORAS E VIAXEIRAS IES Monte das Moas Marzo 2019


PENÉLOPE Declara o Oráculo: “ Que a banda do solpor é mar de mortos, Incerta, última luz, non terás medo. Que ramas de loureiro erguen rapazas.

Que cor malva se decide o acio. Que acades disas Patrias a vendima. Que amaine o vento, beberás o viño. Que sereas sen voz a vela embaten. Que un sumario de xerfa polos cons. Así falou Penélope: Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto novelo e tanta historia? EU TAMÉN NAVEGAR” Xoana Torres

Grazas a todas as colaboradoras que ao longo de 5 anos veñen participando neste proxecto. Cinco anos reivindicando o traballo das mulleres, en todos os ámbitos, visualizando biografías e creacións, e compartindo os seus logros coas novas xeracións. Este ano exploradoras e viaxeiras que racharon cos fíos que as ataban ás convencións da época, mulleres que, como a nova Penélope de Xohana Torres, decidiron que “Existe a maxia e pode ser de todos”


AMELIA EARHART (1897-1935) Aviadora estadounidense

A

melia naceu en Kansas, en 1897 e xa de pequena amosou

unha in-

queda personalidade; puxéronlle o alcume de “Meeley” .

Cando tiña 10 anos o seu pai levouna á Feira Estatal, onde lle ensinou os modelos de aeroplanos que alí se expoñían, pero Amelia non se interesou demasiado e dixo que eran aparellos vellos con cables e máis nada.

Amelia ata que tivo 12 anos, foi educada xunto coa súa irmá, na casa pola nai e unha titora. Máis tarde foi a unha escola pública. Cando empezou a Primeira Guerra Mundial no ano 1914, Amelia e a súa irmá apuntáronse voluntarias como enfermeiras en Canadá, para atender aos pilotos feridos da guerra. Foron a un campo aéreo, onde Amelia se interesou polos avións, e máis tarde despois de realizar un voo, decidiu que quería ser piloto. En 1922 conseguiu un récord: voou a 4.267 metros de altura, e un ano despois, en 1923 xa tiña a licenza de piloto. A partir de 1927 comezou a facerse moi coñecida, investiu diñeiro para construír unha pista de aterraxe, vendía avións e animaba a outras mulleres a interesarse por pilotar. Recoñecíana como unha das mellores pilotos de Estados Unidos.

Haydée Estévez Barcala

En 1928 ofrecéronlle ser a primeira muller que cruzaría o océano Atlántico e aceptou. En 1931 casou con George Putnam, un publicista, e en 1935 Amelia decidiu facer unha viaxe ao redor do mundo. O 20 de maio de 1937 inicia o que sería a súa última aventura. O 2 de xullo, mentres Amelia ía cara ao seu seguinte destino, mandou unha mensaxe comunicando por radio que o combustible do seu avión se esgotaba, e máis tarde desapareceu.

A pesar de que participaron na súa busca 9 barcos e 66 avións , nunca apareceu.

Un dos libros que Amelia escribiu sobre as súas viaxes


JEANNE BARET (Jean Baré) (1740-1807) Botánica francesa, foi a primeira muller en navegar arredor do mundo.

J

eanne

viviu os seus primeiros anos nunha granxa, converteuse en

institutriz do fillo do viúvo Dr. Philibert Commerson (famoso naturalista). Con el estudou botánica e participou na preparación dos herbarios. En 1766, Jeanne embarcou como asistente deste botánico (Philibert Commerson) na primeira circunnavegación francesa do mundo, na que se realizou un catálogo de especies de todo o planeta, expedición baixo o mando de Louis Antoine de Bouganinville. Naturalmente, na época e na armada francesa, non estaba permitida a presenza de mulleres... e Jeanne Baret transformarse en Jean Baré!! Helena Conde Rodríguez

Durante tres anos de travesía (1766-1769) disfrazada de home, encubriu a súa condición feminina, axudou a recoller máis de 6 000 mostras de especies vexetais dos lugares que visitaron: Brasil, Tahití , ou as illas de Madagascar e Mauricio. En Tahití foi descuberta e obrigada a desembarcar na illa Mauricio co botánico Commerson, onde casaron. Alí morreu el en 1773. En Francia o rei Luís XV describiuna como unha “muller extraordinaria” e recoñeceu os seus méritos coma asistente do botánico, concedéndolle unha renda vitalicia. A pesar de tantas contribucións científicas, durante séculos o seu traballo non foi recoñecido e foi só lembrada coma a “amante” de Commerson. Por fin, no 2010, a publicación da escritora Glynis Ridley Th eDiscovery of Jeanne Baret (O descubrimento de Jeanne Baret), colocou a Jeanne Baret no mundo coma científica, botánica e coma a primeira muller en circunnavegar o mundo. .

Buganvilla Percorrido Jeanne Baret

No século XXI, acaban de dedicarlle unha nova especie descoberta en Sudamérica: Solanum baretiae


BERYL MARKHAM (1902-1986) Aviadora

B

eryl Markham naceu en Inglaterra pero viviu durante moitos anos

en Quenia, onde se trasladara a súa familia para explotar unha granxa nun territorio que naquel momento era a colonia inglesa de África Oriental Británica. Desde moi nova deu mostra dun carácter impetuoso, aventureiro, inconformista e con afeccións nada convencionais para unha muller da súa época. Tivo unha intensa vida amorosa e casou tres veces.

A Historia lémbraa como aviadora, pois foi a primeira muller que cruzou o Atlántico soa de Leste a Oeste e a primeira persoa en voar desde Inglaterra a Norteamérica sen facer escalas, polo que o seu nome figura entre as pioneiras da aviación. Co seu avión, The Messenger, un modelo Vega Gull de catro asentos e cun único motor, engalou o 4 de setembro de 1936 de Abingdon-on-Thames (Inglaterra) e despois de realizar un voo de vinte horas, o aparato tivo problemas co combustible debido á conxelación dos tanques e estrelouse en Beline Cove (Nova Escocia, Canadá). Purificación Paíno Rodríguez

Tras vivir varios anos en Estados Unidos, regresou a Kenia, converténdose na adestradora de cabalos máis exitosa do país, finou en Nairobi en 1986. Ela mesma narrou as súas aventuras no libro de memorias titulado West with the Night publicado en 1942 e sobre ela escribíronse varias estudos, destacando a biografía realizada por Errol Trzebinski en 1993. A Unión Astronómica Internacional puxo o nome de Markham ao impacto dun cráter no planeta Venus.

Ruta da viaxe de Beryl

Crónica das súas experiencias en Kenia


MARÍA JESÚS LAGO REY(CHUS LAGO) (Vigo, Pontevedra 25 decembro 1964) Alpinista

D

ende nena goza da montaña nas aforas de Vigo, e axiña realiza

saídas internacionais (aos Pireneos, aos Andes, a Quenia ou ao Himalaia). En 1997 logra o seu primeiro oitomil, o Cho Oiu. Ao ano seguinte tenta conquistar o Everest, sen conseguilo, pero volve probar sorte en 1999, desta volta con éxito. En 2006 o seu obxectivo foi cruzar Groenlandia a pé (esquiando e en zorra), de oeste a leste, seguindo a ruta de Merab Khabazi polo Círculo Polar Ártico. Porén, por problemas técnicos ten que abandonar o intento.

En xaneiro de 2009 converteuse na primeira española en alcanzar o Polo Sur tras 59 días de travesía en solitario a través da Antártida. A experiencia gravada con unha cámara que levaba consigo, era relatada pola súa curmá nun blog. Recibiu Premios : Premio Viaje del año SGE 1999, e outras distincións: Medella Castelao 2000; Viguesa Distinguida 2000. Narrou as súas experiencias deportivas en diversos artigos e en dous libros:  Everest, fuera de la Tierra (Monografía) (2001) Edicions Lea  Una mujer en la cumbre (Monografía) (2004) Plaza & Janés Editores  Sobre huellas de gigantes (Monografía) (2016) Edición: Aguilar

Conchi Fernández Munín

Actualmente, con outras mulleres, está inmersa nun proxecto: “Compromiso coa Terra, 1.000 quilómetros de xeo”, co que pretende concienciar sobre o cambio climático e a vontade e compromiso das mulleres, que xa as levou a Laponia no 2016; a ser a primeira expedición feminina no mundo en atravesar con esquís o casquete polar de Barnes, na illa de Baffin (Canadá) en 2017. E no 2019 prepara a ”Expedición Baikal “ na rexión de Siberia.

Cruzando o casquete polar

No Everest


DELIA J. ACKELEY (1869–1970) Exploradora

D

elia Akeley, intrépida exploradora nada en 1875, rompeu clichés na

súa época e lanzouse a percorrer o continente africano en solitario, sen guías, demostrando ao mundo que unha muller só dependía do seu valor para completar calquera fazaña.

Apodada Mickie, filla de emigrantes irlandeses, naceu en Beaver Dam, Wisconsin (EEUU). Fuxiu da casa sendo adolescente e pouco despois casou cun barbeiro do que se divorciaría para casar novamente cun taxidermista e inventor, Carl Akeley, co que viaxaría a África en varias expedicións para recoller mostras de elefantes para o Museo de Historia Natural Americano. En Kenya demostraría moita bravura ao salvar ao seu home dunha morte segura tras ser alcanzado por un enorme espécime de elefante macho. Ao voltar a Nova York, en 1920, o matrimonio pasou por certos problemas ata que se divorciou en 1923. Delia continuou entón viaxando sol por África ao fronte das súas propias expedicións nas que se concentrou en estudar certas tribos, como a dos pigmeos. Loly Mosquera Quevedo

Foi unha das primeiras occidentais en explorar o deserto entre Kenia e Etiopía e o río Tana nunha canoa remontándoo dende o Océano Índico. Viviu tamén varios meses cos pigmeos do Bosque Ituru en Zaire. Morreu en 1970 á idade de 100 anos.

Relato autobiográfico das exploracións de Delia na “Áfica salvaxe”

Principal zona de exploración de Delia


EXERIA

E

(Galicia, século IV) Viaxeira e escritora

xeria, Egeria, Echeria ou tamén chamada Eteria, foi unha mu-

ller da Idade Antiga coñecida pola súa obra Itinerarium Egeriae, na que narra unha viaxe a Terra Santa.

Parece que naceu na Gallaecia, «nas ribeiras máis afastadas do océano occidental», segundo documentos do século IV, outros autores defenden que na Aquitania francesa. Rosalía Ferreiro García

Foi considerada por uns parente da primeira muller de Teodosio o Grande, por outros como a parella de Prisciliano. Procedente dunha familia acomodada, gozou de plena autonomía para tomar as súas propias decisións. A súa obra Itinerarium Egeriae narra a viaxe que realizou ao Oriente Próximo entre os anos 381 e 384, polo que é considerada como primeira escritora hispana en lingua latina. Dentro do grupo -nutrido para a época- de mulleres que no século IV realizaban peregrinacións a Terra Santa, Exeria destacou por escribir un minucioso relato no que describe o itinerario da súa viaxe e as súas impresións e que pasou á historia como o primeiro libro de viaxes galego. Viaxou dende o sur de Galia (hoxe Francia) ata Mesopotamia e Siria. Dende o norte da península Itálica cruzou en barco o mar Adriático. Sábese que chegou a Constantinopla no ano 381. De aí partiu a Xerusalén. De Xerusalén cara ao Exipto no ano 382, visitou Alexandría, Tebas, o mar Vermello e o Sinaí; Antioquía, Edesa, Mesopotamia o río Éufrates e Siria desde onde regresou vía Constantinopla. Non hai constancia da data, do lugar, nin das circunstancias da súa morte. En 2009 a Xunta de Galicia deulle o seu nome a unha aplicación informática para facilitar a linguaxe non sexista, Exeria.net En 2018 foi proposta pola Universidade de Vigo para nomear un dos seus edificios.

Peregrinaxe de Exeria

Libro sobre a peregrinación de Exeria


GERTRUDE BELL (1868-1926) Raíña do deserto, construtora de Iraq

G

ertrude Lowthian Bell naceu en 1868 no seo dunha das familias

máis acaudaladas da Inglaterra vitoriana. Graduada con honra en Historia na Universidade de Oxford (foi a primeira muller en conseguir un doutorado nesa institución) e tras rexeitar a vida convencional da muller daquela época, viaxou a Persia (actual Irán) en 1891 e dedicouse a percorrer Mesopotamia estudando profundamente a cultura persa.

De regreso a Inglaterra publica “Persian Pictures” e unha tradución da poesía do escritor Hafiz do século XV. Como non podía adaptarse a encorsetada vida da sociedade vitoriana, decide regresar a Oriente. En 1899 viaxa a Xerusalén onde se establece. Percorreu países como o actual Israel, Palestina, Siria, Xordania e Arabia retratando a vida dos lugares pero sempre captando e estudando a súa esencia.

Entre 1909 e 1910 preparou unha expedición que partindo de Alepo (Siria) chegou ata Bagdad. En 1913 sae de Damasco cunha caravana de 20 camelos para atravesar o deserto de Arabia. Cando estalou a I Guerra Mundial, o seu coñecemento da cultura local, os seus contactos así como os mapas elaborados por ela, convertérona nunha importante colaboradora dos servizos secretos británicos.

Anxos Fuciños Calle

En 1921 participou na Conferencia do Cairo , como conselleira de Winston Churchill, ministro das Colonias, para sinalar as fronteiras dos novos estados: Iraq, Kuwait, e Transxordania.

Asentada definitivamente en Bagdad, onde realizaba escavacións arqueolóxicas, morreu o 12 de xullo de 1926.

As fronteiras de Asia trala conferencia do Cairo

Impresións de Gertrude Bell sobre Arabia En Qubba en Duris, Líbano


GRACE MARGUERITE HAY DRUMMOND-HAY (1895-1946) Xornalista e viaxeira

G

race

Marguerite Lethbridge (Liverpool, 1895 – Nova York 1946), periodista británica, primeira muller en viaxar arredor do mundo por aire, en dirixible. Contribuíu ao coñecemento xeral das experiencias aéreas escribindo artigos nos principais periódicos de Estados Unidos, entre 1920 e 1930.

Filla de Sidney Thomas Lethbridge e Grace Emily. En 1920 casou con Sir Robert Hay Drummond-Hay (case 50 anos máis vello) , quedou viúva aos 31 anos. Foi unha recoñecida xornalista que escribía para The Chicago Herald and Examiner, editado por Hearst Press; viaxou no primeiro voo transatlántico de pasaxeiros civís en dirixible, formando parte da tripulación en 1928. En 1929 Lady Drummond-Hay, foi a única muller pasaxeira no voo do Graf Zeppelin LZ 127 o primeiro dirixible en dar a volta ao mundo. A nave engalou en Lakehurst, Nueva Jersey, e voltou ao mesmo lugar, despois dalgunhas paradas 21 días máis tarde.

Reme Martínez Vázquez

Lady Drummond-Hay foi unha xornalista moi coñecida e respectada na súa época. Viaxou a zonas de guerra como Abisinia (Etiopía) e foi correspondente estranxeira en Manchuria (China). Durante la Segunda Guerra mundial, Lady Drummond-Hay e o seu compañeiro Karl H. von Wiegand foron internados nun campo de prisioneros xaponés en Manila, Filipinas, liberada en 1945, moi enferma, morre en Nova York. Ao seu enterro asistiron moitas personalidades notables. Despois desta época foi esquecida. Un documental australiano : The Airships: Ship of Dreams, producido en 2004, incluía imáxes súas, e en 2009 apareceu un semidocumental holandés : Farewell (Despedida), dirixido por Ditteke Mensink e documentado por Gerard Nijssen. Co título Around The World by Zeppelin, que se retransmitiu no Reino Unido, en 2010.

Percorrido da primeira volta ao mundo no Graf Zeppelin Lady Marguerite subindo ao dirixible


M

MARY HENRIETTA KINGSLEY (1862-1900) Escritora e viaxeira

ary Henrietta era filla do médico e escritor inglés especializado en

libros de viaxes George Kingsley.

Naceu en Londres o 13 de outubro de 1862 e, tras a morte de seus pais decidiu emprender unha viaxe de exploración por África, coa finalidade de recompilar o material necesario para o libro que comezara seu pai sobre a cultura das poboacións africanas. En agosto de 1893 desembarcou en Freetown (Serra Leoa), onde conseguiu un tradutor e un equipo de portadores que a acompañasen na súa aventura. Continuou viaxe por Costa de Ouro e Golfo de Guinea e remontou o río Níxer ata chegar ao norte de Angola. Pouco despois organizou unha nova viaxe pola actual Nixeria e Guinea Ecuatorial. Convertida en comerciante da compañía Hatton and Cookson para conseguir financiamento, remontou o río Ogowe en canoa, sendo a primeira europea en visitar remotas terras de Gabón e Congo, coñecer a tribo caníbal dos fang e ascender ao cumio máis elevado do África occidental, o monte Camerún, de 4.400 m., fazaña que lle deu unha enorme fama.

A diferenza doutros viaxeiros e exploradores, viaxaba vestida como se estivese en Inglaterra, co seu paraugas negro, longas saias, tupidas medias de la e sombreiro, segundo a moda vitoriana do momento. Tania García Otero

O seu libro Viaxes por África occidental, publicado en 1897, converteuse nun best-seller inmediato e mesmo fixo unha lectura pública del na Royal Geographical Society. En 1899 viaxou ao sur de África para traballar como periodista e enfermeira de prisioneiros durante a Guerra dos Boer, pero contraeu as febres tifoideas e faleceu o 3 de xuño de 1900. Seguindo as súas propias indicacións, o seu corpo foi depositado no mar e recibiu un funeral con honores.

Publicacións de Mary Kingsley sobre as súas viaxes Mapa das viaxes de Mary Kingsley


I

ISABEL BARRETO (1565-1612) Almiranta e expedicionaria

sabel

Barreto naceu na cidade de Pontevedra no seu dunha familia de orixe portuguesa vinculada con América pois o seu avó, Francisco Barreto, fora gobernador das Indias portuguesas.

Sendo unha nena trasladouse coa súa familia ao Vicerreinado de Perú, onde coñeceu ao adiantado Álvaro de Mendaña, con quen casou en Lima en 1585.

O navegante e explorador Álvaro de Mendaña, organizador de varias expedicións polo océano Pacífico, o 9 de abril de 1595 iniciou unha expedición que partiu de Perú e na que se embarcaron varias mulleres (situación nada habitual) entre elas a súa propia esposa. A frota descubriu o arquipélago das illas Marquesas e chegou ao das Salomón, pero nas de Santa Cruz enfermou de malaria Álvaro de Mendaña, falecendo o 18 de outubro. Antes de morrer nomeou a Isabel gobernadora en terra e ao irmán desta, Lorenzo Barreto, almirante da expedición, pero a morte deste poucos días máis tarde levou a que Isabel se fixese cargo da expedición como “adelantada del mar Océano.” Patricia Muñoz Pérez

Deste modo, Isabel Barreto converteuse na primeira e única muller almiranta da historia da Armada española pois, tras a morte do seu marido, Álvaro de Mendaña, púxose ao mando da tripulación do galeón Santa Isabel, formada por 378 mariñeiros españois e portugueses e unhas 90 persoas máis entre mulleres e nenos. Tras numerosas dificultades, chegaron á baía de Manila, nas Filipinas, o 11 de febreiro de 1596. A almiranta galega casou con Fernando de Castro, o seu segundo marido, en Filipinas, e ambos organizaron unha expedición en 1597 que se dirixiu primeiro cara a México e logo a Arxentina. Isabel faleceu o 3 de setembro de 1612 en Castrovirreina (Perú).

Publicacións sobre a historia da almiranta Mapas das expedicións de Isabel


I

ISABEL ZENDAL (1773-?) Enfermeira e viaxeira

sabel

Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México) foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña.

Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Javier Balmis.

Naceu nunha familia de labregos pobres pero aprendeu a ler e escribir na escola da parroquia sendo a única nena que ía ás clases. Cando a súa nai morreu de varíola tiña 13 anos, e marchou á Coruña a servir. O 31 de xullo de 1793 naceu o seu fillo Benito. Isabel con 20 anos comezou a traballar no Hospital de Caridade da Coruña, que fora fundado por Teresa Herrera, primeiro de axudante e despois de reitora. Isabel Zendal deixou o seu posto no hospicio para facerse cargo dos rapaces que o 30 de novembro de 1803 dende o porto da Coruña formaron parte da expedición que levaría a vacina da varíola a América con 37 persoas na corveta María Pita. A vacina debía ser levada por nenos que non tiveran padecido a enfermidade e pasada dun a outro cada 9 ou 10 días. Entre estes estaba o seu propio fillo, Benito Vélez, de nove anos. A expedición chegou a Santa Cruz de Tenerife, onde pasan un mes vacinando, e saíu de Canarias o 6 de xaneiro de 1804, chegando a Puerto Rico o 9 de febreiro.

Leli Villamil Míguez

O 7 de febreiro de 1805 o grupo saíu rumbo a Filipinas con 26 nenos mexicanos entre os que está o fillo de Isabel, chegando a Manila o 15 de abril. O 14 de agosto de 1809 a expedición volveu a Acapulco, pero Isabel quedou na Nova España, en Puebla, co seu fillo, e xa non volverían a España.

Mapas da expedición Balmis

Corveta María Pita onde viaxaba a expedición da varíola


ISABELLA BIRD

I

(1831-1904) A viaxeira de Asia

sabella Lucy Bird naceu o 15 de outubro de 1831 en Boroughbridge

Hall, en Yorkshire. Foi educada coa irmá pola súa nai, debido aos numerosos traslados obrigados polo traballo do pai.

Aos dezaoito anos tívose que someter a unha intervención cirúrxica por unha lesión nas costas. Múdanse a Escocia e empeza a escribir, redactando para unha revista local a experiencia da súa estancia nesa cidade. Debido a un empeoramento da saúde, retoma as viaxes atravesando Canadá e EEUU. En 1858 deixa a súa vida como viaxeira e escritora polo repentino falecemento do seu pai e da súa nai no ano 1866, e polos problemas de saúde. Tempo máis tarde, púxose en marcha rumbo a Melbourne e terminou nas Illas Sándwich, onde estivo vivindo durante seis meses. En 1875 publicou o seu novo libro titulado O arquipélago hawaiano e en 1878 puxo rumbo a Xapón, desde alí foise a Exipto e máis tarde a Inglaterra. Nese mesmo ano a súa irmá desaparece, e ela decide casar cun doutor chamado John Bishop, no ano 1881.

Noemí Puga Vidal

Cinco anos despois queda viúva e soa. Nese momento decide que debe axudar aos máis necesitados e viaxa á India como enfermeira onde fundou un hospital que levaba o nome do seu marido e outro en recordo á súa irmá. Antes de volver á súa casa viaxou por Persia e Kurdistán onde escribiu outro libro: Viaxes por Persia e Kurdistán. Polas súas magníficas e numerosas viaxes converteuse na primeira muller en ser aceptada na tradicionalista e inamovible Real Sociedade Xeográfica de Londres.

Seguiu e seguiu viaxando ata que en 1900 organizou a súa última viaxe a Tánxer. Morreu o 7 de Outubro de 1904.

Ruta de Isabella pola conca do río Yangzé, o máis longo de Asia

Algunhas das numerosísimas publicacións sobre as súas viaxes


M

MARY LIVINGSTONE (1821-1862) Misioneira

ary

naceu en Sudáfrica e faleceu en Nozambique, polo que a maior parte da súa vida transcorreu no continente africano. Era filla dun misioneiro escocés e en 1845 casou con outro misioneiro e un dos máis coñecidos exploradores de África, David Livingstone.

Mary acompañou ao seu marido nas expedicións, soportando as dificultades extremas destas viaxes de exploración dunhas terras descoñecidas para os europeos, con innumerables perigos. Pero a súa vida quedou eclipsada pola fama do seu home. No entanto, as súas propias accións como viaxeira na descoñecida África son únicas. Durante cinco anos traballou e ensinou en Kolobeng, sendo a única muller branca na estación misioneira máis remota da Sociedade Misioneira de Londres. Foi a primeira muller branca en cruzar o Kalahari, en dúas ocasións, e foi tamén a primeira muller branca en chegar ao río Chobe, no val do Zambeze.

Ana Romero Masiá

Especialmente duras foron as dúas expedicións que atravesaron o tórrido deserto de Kalahari (1849 e 1850) durante as que naceron dous dos seis fillos do matrimonio. En 1858 proxectaba acompañar ao seu marido na expedición para avanzar no coñecemento do río Zambeze, pero quedou de novo preñada e tivo que abandonala. Máis tarde volveu a incorporarse a unha nova viaxe pero enfermou de malaria e faleceu pouco despois en Chupanga, un remoto distrito de Mozambique, na beira do Zambeze, en abril de 1862. Livingstone ten numerosos puntos de referencia que honran o seu nome e unha tumba de heroe na abadía de Westminster. María tiña unicamente unha solitaria tumba no cemiterio dunha misión que foi destruída durante a guerra civil de Mozambique. Porén, sen a súa presenza, influencia, experiencia e conexión familiares, as primeiras expedicións do que son agora as nacións de Sudáfrica, Botswana e Zambia ben puideron rematar en fracaso.

Mapa do traxecto das expedicións abordadas por David Livingston, nas que Mary participou. Mary, o seu home o Dr. Livingston e catro dos seu fillos, algún nacidos durante as expedicións


M

MENCÍA CALDERÓN OCAMPO (1514-1564) Expedicionaria

encía Calderón naceu en Medellín (Badaxoz) e casou con Juan

de Sanabria, tamén de Medellín, a quen o monarca Carlos I concedera o cargo de adiantado para a provincia americana de Río da Prata.

Sanabria asumiu o compromiso de organizar unha expedición na que se enrolasen cen parellas con fillos e 250 solteiros para que se establecesen naquelas terras coa finalidade de consolidar as propiedades reais na costa atlántica de América do Sur que estaban sendo constantemente atacadas polos portugueses. Pero a fatalidade fixo que Sanabria falecese pouco antes da súa partida. O fillo Diego, de 18 anos, herdou os dereitos e obrigas que o monarca concedera a seu pai e a expedición partiu de Sevilla o 9 abril de 1550. A tripulación estaba formada por unhas 300 persoas, das que 50 eran mulleres, algunhas casadas que ían a encontrarse cos seus maridos e outras solteiras para casar alí con españois, para mellorar o sangue da poboación, altamente mestizada.

Entre as mulleres estaban a viúva de Sanabria, Mencía, e as tres fillas do matrimonio. Grazas á memoria que da viaxe fixo Hans Staden, coñecemos as múltiples dificultades polas que tivo que pasar a expedición ata chegar ao seu destino: terribles tempestades, ataques de corsarios franceses, naufraxios, revoltas a bordo, fames, loitas contra os antropófagos tamoios e contra as enfermidades… A boa disposición de ánimo e sensato criterio de Mencía, titora da expedición, foi fundamental para que se puidese alcanzar o destino: chegar a Asunción (Paraguai) o 4 de maio de 1556, seis anos despois do seu inicio.

María Lorenzo Bartolomé

Varias novelas e unha serie de televisión lembran a incrible aventura dun grupo de mulleres que conseguiron sobrevivir garzas ao valor e consellos de Mencía Calderón.

Mapa do itinerario realizado por Mencía

Novelas nas que se relata o periplo levado a cabo por Mencía Calderón e os seus acompañantes


Biblioteca do IES Monte das Moas Marzo 2019

Profile for Bibliomontemoas

Mulleres 2019  

Honenaxe a mulleres exploradoras e viaxeiras no IES Monte das Moas

Mulleres 2019  

Honenaxe a mulleres exploradoras e viaxeiras no IES Monte das Moas

Advertisement