Page 1

Nubes de evoluci贸n e a canci贸n que nos cambiou


A miña canción Escoller unha canción que cambiara a miña vida esixe un retroceso no tempo. E escoller unha soa canción esixe un traballo de selección bastante difícil. E se se é coma min, que cada canción me recorda un momento, auméntase a dificultade. Penso que unha boa canción ten unha dobre historia: a primeira, é a que conta a propia letra da canción, o momento e o motivo polo cal se escribiu; e unha segunda, referida á historia que ti fas con esa canción, quen cha ensinou, onde estabas, que pasou nese intre. Polo tanto podería dar moitos títulos que son particularmente especiais. Neste caso, algo que cambiou a miña vida e me axudou a saír dunha situación difícil psicoloxicamente foi o baloncesto. Axudoume a non pensar nos problemas e saír, aínda que non fora máis que por hora e media que duraban os adestramentos, desa rutina na que estaba mergullada. Sempre me gustou moito este deporte e dende pequena sempre estiven cun balón de baloncesto nas mans, pero as circunstancias fixeron que parara de xogar. “O equipo progresou no seu xogo e eu quedei atrás”, foi o primeiro que pensei o día que volvín. Pouco a pouco funme integrando e aínda que os resultados a nivel de liga non foron bos, os “resultados” psicolóxicos foran todo o contrario, ata o punto se sentir que ese ano conseguira unha familia. No campo da música, e de elixir unha canción, continuamos coas dificultades porque esta está presente en todo momento: nas vitorias, no autobús e incluso no meu primeiro ano fixérase a proposta de facer un disco para logo vender e conseguir algo de diñeiro no que cada un dos membros do equipo poñía unha canción. No segundo ano (no que cambiei de equipo porque eu era júnior. Xoguei coas sénior) os desprazamentos eran máis longos, xa non só percorriamos A Mariña, senón a Galicia norte na furgoneta das escolas que nos escoitou cantar sen parar durante todos os traxectos o estilo de cancións que a min máis me gustan: as que se cantan nunha sesión vermú polas festas. Tíñamos todo o repertorio. Despois de facer o repaso por estes dous anos, podo dicir que lle debo moito ao baloncesto, non só porque, como todos sabemos, facer deporte é bo, senón porque, eu que non son precisamente unha xogadora que destaque, experimentei cambios moi positivos. Crecín como persoa, ambos equipos me ensinaron algo e de cada un tomei cousas diferentes. Fíxome coincidir con xente que noutras circunstancias non tería coñecido nunca e que agora ocupa un lugar na miña vida. Un lugar que neste momento me costa moitísimo asimilar como sería sen eles. Para resumir todos estes sentimentos nunca canción, vou escoller a canción coa que creo que empecei a sentir que formaba parte deste deporte, unha canción que coñecín grazas ao motor do equipo e probablemente á persoa da que máis aprendín a todos os niveis. Recolle o espírito que realmente ten o equipo: pódese ser o que se queira. Fai que me acorde de cada un dos membros de Molou e a razón pola que continuei unha tempada máis, no meu caso xunto a un novo equipo. A canción é de The Script ft. will.i.am, e titúlase Hall of Fame. Canción, https://www.youtube.com/watch?v=mk48xRzuNvA&feature=kp e un vídeo realizado o ano pasado : https://www.youtube.com/watch?v=DPNu8o97mkY María Taboada Pena, 1º BAC


Chasing Cars-Snow Patrol A miña elección é unha canción da banda de rock Snow Patrol. Nela fálase, na miña opinión, dunha parella. El invítaa a ela a que esqueza os demais e o que podan pensar, a que só se quede con el para esquecer o mundo un momento e poder estar a soas, sen que ninguén os cuestione. All that I am All that I ever was Is here in your perfect eyes, they're all I can see I don't know where Confused about how as well Just know that these things will never change for us at all If I lay here If I just lay here Would you lie with me and just forget the world? Esta é a parte que máis me gusta da canción, porque é cando expresa o seguro que está dos seus sentimentos. O refrán desta canción é a terceira estrofa que está arriba, na que lle pregunta á rapaza se esquecería o mundo por el. A primeira vez que a oín foi na miña serie favorita, Anatomía de Grey, a partir diso comecei a escoitala e, a pesar do paso do tempo, ségueme gustando coma o primeiro día. Sempre que me sinto estresada ou simplemente quero relaxarme, poño esta canción, cando preciso un momento tranquilo ou cando me apetece bailar os meus pensamentos van sempre cara ela. Podería dicir que gran parte do meu día está influenciado pola letra de Snow Patrol pero non só iso, ademais, síntome identificada moitas veces co que nos quere dicir. Escollo esta letra por todo iso e máis por todos os bos momentos que pasei con ela de fondo e por todos os que, seguro, pasarei, por todos os recordos que garda e por como con escoitala me imaxino ao momento no corredor dun hospital en Seattle. Sara Muíña Ramil, 3ºB


EL RUIDO DE DAVID BISBAL A primeira vez que escoitei esta canción, tiña uns dez anos, estabamos vendo o Luar unha noite de venres na que o convidado era David Bisbal, a min sempre me gustou moito este cantante pola súa maneira de expresar o que el quería nas súas composicións. Nisto entrou para o escenari, e comezou a cantar EL RUIDO e a min esa canción chegoume dunha maneira moi especial porque eu sempre desexei ter un irmán que me axudara a facer trasnadas, emocioneime. Cando eu cumprín once anos, todo o mundo sabía que para min Bisbal era único e entre os meus avós e tíos decidiron que como regalo me podían levar a un concerto del que había en Santiago uns tres días despois; tíñano todo planeado. Lémbroo coma se fora onte, o 7 de agosto, pola tardiña meus país dixéronme que me vestira que iamos a un lugar. Eu morría coa curiosidade pois non sabía a onde nos dirixíamos, pero naquel momento tamén chegaron os meus tíos e eu despreocupeime. Marchamos da casa e despois de case dúas horas de camiño chegaramos a Santiago, pero non sabía ó que iamos , claro; despois tiveron que dicirme a verdade porque eu non paraba e facíame insoportable. O mellor aínda estaba por vir, cando comezou o concerto serían ó redor das once da noite e despois dunhas cantas cancións el dixo que tiña que falar cunha pequena, a cal choraba cunha canción del. Nós estabamos sentados na primeira ringleira de butacas e nisto que me sinalou e alá fun eu. Estivemos falando un anaquiño, fíxome unhas cantas preguntas e despois el cantou a canción que para min aínda hoxe é moi especial. Eu, coma facía sempre, chorei , ao acabar preguntoume o porqué de que eu me emocionase e conteille que era pola falta dun irmán, el díxome que el tamén se emocionaba cando lembraba a súa filla, mentres cantaba esa canción. Esas palabras fixeron eco en min e dende aquela escoito esa canción cada vez que voto en falta a un irmán a quen contarlle as cousas.

María Díaz Pardo, 3ºA


Welcome to my life (Simple Plan) Esta canción (Welcome to my life de Simple Plan) cambioume a vida. Non en grandes detalles. Só na maneira de ver as cousas ó meu redor. Pode ser que as cousas ás veces sexan difíciles, pero sempre vai a haber alguén que sinta o mesmo que sentes ti, te apoie e che axude a “tirar para diante”. Máis que cambiarme a vida axudoume a comprender que non era a única persoa que se sentía abandonada, fóra da sociedade, que non se sentía a gusto consigo mesma... Tamén me fixo darme conta de algo imprescindible para a vida: todo importa. Os pequenos detalles son os que che fan ver a realidade. Unha amiga que fai un esforzo por axudarche a ser feliz, un amigo que te acompaña a un sitio ó que non quere só para verte sorrir... Eses pequenos detalles que fan ver que a vida é marabillosa se a compartes coas persoas axeitadas. Pero tamén hai detalles que che fan ver todo o contrario, que te fan sentir mal: como unhas malas palabras nun mal día ou un insulto cando xa non te atopas ben. Moitas veces na vida sentes que ninguén te entende, que estás só, ferido, que es insignificante comparado con outros... Pero esta canción (igual que outras como Boulevard of Broken Dreams de Green Day) poden ser o desencadeante para que vexas que hai xente que te quere, ás veces dunha forma estraña, pero sincera e se preocupa por ti. Por iso mesmo penso que non é unha soa canción a que che fai cambiar a vida ou a maneira de pensar, é a persoa á que che recorda cada vez que a escoitas ou o momento que che ven á mente cando a cantas. En definitiva, a felicidade que che provoca rememorar a canción, oíla na radio ou, simplemente, ler a letra nun caderno. Do you ever feel like breaking down? Do you ever feel out of place? Like somehow you just don't belong And no one understands you. Do you ever want to run away? Do you lock yourself in your room? With the radio on turned up so loud That no one hears you screaming. No you don't know what it's like When nothing feels alright You don't know what it's like To be like me To be hurt, to feel lost. To be left out in the dark. To be kicked when you're down. To feel like you've been pushed around…

Nubes en Evolución (Andrea Maceiras) Noelia Cartoy Pacín, 1ºBAC


OS MEUS RECORDOS REFLECTIDOS NUNHA CANCIÓN

PERO A TU LADO do grupo Os Secretos ESTRIBILLO

Ayúdame y te habré ayudado, que hoy he soñado en otra vida, en otro mundo, pero a tu lado.

Cando cheguei a España unha das primeiras cancións que escoitei e que me quedou grabada na mente foi ´´Pero a tu lado``. Salín de Marruecos aos cinco anos e con lágrimas nos ollos. A pesar da miña curta idade dinme conta de que iamos a enfrontarnos a unha nova vida e que atrás meus pais, meus irmáns e eu mesmo deixabamos as nosas raíces. Ao escoitar esta canción vin que nela se reflectía a nosa situación. A súa música melancólica e a súa letra triste e doce á vez, fixo naquel entón e agora mesmo traerme á memoria os momentos da partida do noso país e a incertidume do que sería o futuro meu e da miña familia a partir daquel momento. Non obstante hoxe cando a escoito fágoo con outro optimismo. Farid Trih, 3ºB


A miña canción

Abuelo mírame, mira como he crecido, sigo siendo tu niña, sigo tu camino, todo lo que tengo te lo debo a ti. Abuelo mírame, escucha mi canción, vengo a darte mil besos y mi corazón. Cando era pequena miña nai tiña no seu coche unha cinta na que saían un montón de cancións de moitos tipos diversos e eu pedíalle unha e outra vez que me puxera esta canción da que nin sequera sei o título. Tamén esta canción a cantei na miña primeira comunión cambiándolle o de “ p or avó ” por avoa homenaxeándoa. Acórdome de pasar tardes sentada nos xeonllos de meu avó cantándolle a versión orixinal e el cantándoa comigo. El sempre me dixo que eu ía para cantante, que me deixara da bioloxía mariña que o meu eran os escenarios. O problema é que a min dame pánico cantar en público! Irene Pardo Cela, 3ºA


La tortura de Shakira Para min unha das cancións que me gusta máis é a de La tortura, xa que por unha parte me fixo aprender ou recoñecer dotes que tiña como bailarina, sempre que había algunha festa téñenme dito que bailaba pero non foi ata escoitar esta canción que me din conta de que unha das mellores cantantes e bailarinas ao mesmo tempo era esta artistaza da cal aprendín e aprenderei. Iso de que unha canción che cambia a vida é algo subrrealista para min. Dende o meu punto de vista, unha canción pódeche recordar certos momentos e persoas ,pero non cambiarche a vida. Un dato moi importante referente a este tema é que con esta canción meus primos, miñas irmás e eu fixemos un baile cando eramos pequenos ,moi común en nós. Convídovos a escoitala aquí: http://www.youtube.com/watch?v=Dsp_8Lm1eSk http://www.youtube.com/watch?v=jtaBd9p0PVo

Alba Rivas Cabanas, 1ºBAC


A miña canción

Paseo polas pedras que Cunqueiro pisou. Camiño polas rúas que Pulpeiro chorou.

Apuro o meu paso, repenican as campás. Aláganse os meus oídos. É o meu berce, meu maná.

Recollo os soniños que cantan os meus sentidos. Converso cos amigos sobre os contos dos veciños.

Subo e baixo costas, non me canso de camiñar. Escoito ríos, fontes encantame o seu falar...

Elexín esta pequena canción porque nela afonda un dos meus sentimentos máis ínti-

E busco as palabras que acerten a expresar como é este lugar que a tantos fai amar.

Vexo troulas, xente artista, muiñeiros e zoqueiros, camiñantes sen destino, mozos, vellos, picariños.

Sempre Mondoñedo, sempre sempre, Mondoñedo, sempre Mondoñedo, sempre, sempre; Mondoñedo.

Sempre Mondoñedo, sempre sempre, Mondoñedo, sempre Mondoñedo, sempre, sempre; Modoñedo.

mos, o amor, piaxón, cariño... como o queiras nomear. Gústame que me pregunten: E ti de onde es? Eu sempre respondo con moito prestixio: Eu son de Mondoñedo! Encántame poder dicir que me sinto moi orgullosa da miña terra, da

terra da Paula; que un día deixou sen cristais a toda a vila de Mondoñedo co seu son enxordecedor. Encántame poder dicir que para min este lugar é o mellor do mundo porque nel afondan todos os meus bos e malos recordos, moitos bos que non deben ser esquecidos e os malos tampouco, xa que me serviron para aprender que se caes hai que erguerse e tirar para diante. Viva Mondoñedo! Tamara Rodríguez, 4ºESO


“ I f you never try you ’ ll never know. ” Se nunca o intentas, nunca o saberás Esta cita pertence á canción Fix You ( Repararte ) , de Coldplay.

Recórdame que non hai que ter medo a fallar e que todo se pode conseguir, que todos merecemos unha oportunidade de demostrar canto valemos. Axúdame a decidirme a probar cousas novas, a arriscarme e perder o medo; faime intentar ser mellor cada día e superarme. Se non o intento nunca saberei se son capaz de facelo e sempre me quedará a dúbida, porque non podo perder algo que nunca tiven, pero si a oportunidade de telo. Carmen Pavón Souto, 2ºA


Who you are – Jessie J Describo en especial a miña parte favorita que di, e que significa: Don't lose who you are

Non perdas quen eres,

In the blur of the stars

pola confusión das estrelas,

Seeing is deceiving

ver é enganoso,

Dreaming is believing

soñar é crer.

It's okay not to be okay

Está ben non estar ben,

Sometimes it's hard

algunhas veces é difícil

To follow your heart

seguir o teu corazón.

Tears don't mean you're losing Everybody's bruising Just be true to who you are

As lágrimas non significan que esteas perdendo todo o mundo está ferido, simplemente se fiel a quen ti es.

Considero que esta canción é significativa para min porque me transmite positividade, seguridade e sobre todo lealdade a un mesmo sen esquecer o que é, a que pertence ou que quere ser. Axudando así a valorar máis a nosa persoa. Eso conleva non deixar de ser quen somos ante adversidades ou dificultades de todo tipo. Transmíteme que nunca hai que deixar de loitar polos nosos soños aínda que se vexa borroso o camiño. Que querer é poder e que soñar é crer. Lucía López, 4ºB


Feo

Para este traballo escollín o tema Feo, producido por Fito y Fitipaldis, un grupo de rock español. Escollín esta canción polo tema do que trata, intentando axudar a todas aquellas persoas que non se senten ben consigo mesmas ou coa súa apariencia. Para min esta canción destaca polo seu profundo significado de que cada un debe quererse a si mesmo tal e como é. Conta que non é tan só como somos por fóra senón o guapos que nos sentimos. Para min é una crítica á sociedade actual na que se mira moito o superficial, sen prestar atención ó resto de características que constitúen a cada persoa. José Rodríguez, 4ºESO


TELEPHONE-LADY GAGA Esta canción é interpretada por Lady Gaga, e cambiou a miña vida. Eu de pequena era unha nena Hello, hello, baby, you called? I can't hear a thing

I have got no service, in the club, you see, you see Wha-Wha-What did you say, huh? You're breaking up on me Sorry, I cannot hear you, I'm kinda busy

moi pouco sociable, sen amigos que puidesen apoiarme, porque

era unha nena moi

K-kinda busy K-kinda busy Sorry, I cannot hear you I'm kinda busy

rara, que se agochaba no seu

Just a second, its my favorite song they gonna play And I cannot text you with a drink in my hand, eh? You should've made some plans with me, you knew that I was free And now you won't stop calling me, I'm kinda busy

guinte menosprezo dunha par-

Stop callin', stop callin', I don' wanna think anymore I left my head and my heart on the dance floor Stop callin', stop callin', I don't wanna talk anymore I left my head and my heart on the dance floor Stop telephonin' me (Stop telephonin' me) I'm busy (I'm busy) Stop telephonin' me (Stop telephonin' me) Call all you want, but theres no one home And you're not gonna reach my telephone 'Cause I'm out in the club and I'm sippin' that bubb' And you're not gonna reach my telephone.

propio mundo e non permitía a ninguén entrar nel, co consete da clase que se acabarían convertendo

nos

“ g raciosos ” .

Burlábanse

ademais do meu pelo, do pequena que era, dos meus ollos saltóns e das miñas pecas. Segundo

fun

crecendo,

aprendín a relacionarme coa xente que me rodeaba e ser un pouco máis aberta, a coñecer xente, o que implicou que deixase de lado a miña gran timidez e me atrevese a falar-

lle. Pareceume que ao final o conseguira e ao chegar aos últimos cursos do colexio tiña un montón de amigos novos. Pero iso non fixo que parasen as críticas e aínda seguen, pero madurei e son máis que todo iso. O que nos primeiros anos de instituto me fixo perder a vergoña foi esta canción, coa súa melodía repetitiva e unha letra divertida. Fíxome perder a vergoña de ter que cantar en público e foi moi gratificante, porque ía bailando esta canción pola rúa independentemente do que puidesen dicir de min. Supoño que tamén escoitar á gran Lady Gaga, coas súas excentricidades, me axudou bastante a comprender que cada un ten que estar contento co que ten edebe valorarse a sí mesmo. Nunca me marcou tanto unha canción coma esta.

Aurora Rodríguez, 1ºBAC


O himno galego A canción que me cambiou a vida foi o himno galego de Eduardo Pondal, que musicou Pascual Veiga. Esta canción cambioume a vida porque a tiven que estudar no colexio cando era máis pequeno e ten unha letra un pouco difícil, polo que me custou entendela. Pero o feito de aprendela foi unha superación, entón cada vez que a escoito fai que me sinta ben e poida lograr todo o que me propoña. Gústame tamén porque me recorda a Mondoñedo, inmediatamente penso na casa que hatitou Pascual Veiga e as veces que o escoitei cantado polo coro. Faime sentir ben porque me recorda a Galicia. Eduardo Pondal fala de Galicia como a “ costa verdecente ” e ten toda a razón. A primeria parte é a que máis me gusta: “ Q ue din os rumorosos na costra verdecente ao raio transparente do prácido luar. que din as altas copas de escuro arume arpado…” Fala dos piñeiros que cantan ao son do aire. Pero o mellor de todo é o ben que me fai sentir cando o escoito. Armando González Méndez, 3ºB


A MIÑA CANCIÓN “ M ás de cien palabras, más de cien motivos para no cortarse de un tajo las venas, más de cien pupilas donde vernos vivos, más de cien mentiras que valen la pena. ”

A pesar de que non teño unha canción preferida, gustaríame falar de “ Más de cien mentiras ” de Joaquín Sabina. Este tema di que na vida non só debemos preocuparnos polas cousas malas, porque hai razóns abondas para desfrutala, motivos, como o simple luxo de non ter fame, polo que este tema axúdanos a ser optimistas e a pensar nas cousas boas. Se te encontras mal, pensas nela e automaticamente nas razóns para vivir. Antonio Cendán Gaute, 4ºB

Nubes de evolución  

Traballos elaborados no club de lectura e inspirados no libro Nubes de evolución de Andrea Maceiras

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you