Issuu on Google+

CLÁSICOS XUVENÍS Estimados pais e nais: J.R.R. Tolkien: El hobbit Un dos cometidos das bibliotecas dos centros de ensino é a de fomentar nos alumnos e alumnas o gusto pola lectura. Se conseguimos que os rapaces collan o hábito da lectura, estaremos contribuíndo activamente á súa formación e á súa futura felicidade. Favorecer o contacto cós libros é o primeiro paso. Por este motivo nos diriximos a vós cunha pequena selección de libros que poden servir para enganchalos a esa estupenda aventura que é a lectura. Confiamos, ademais que algunha destas recomendacións sexa tamén do voso agrado, xa que un bó libro pode gustar a xente de calquera idade. Parécenos unha boa ocasión estas datas para enviar esta pequena guía, na idea de que regalar un libro co gallo da celebración destas festas de Nadal e Reis é sempre unha boa idea.

Felices festas.

Sacado do seu comodo buraco-hobbit por Gandalf e unha banda de enanos, Bilbo atópase de súpeto no medio dunha conspiracion que pretende apoderarse do tesouro de Smaug o Magnifico, un enorme e moi perigoso dragon...

George Orwell: Rebelión en la granja Unha entretida caricatura da forza que exerce o poder sobre aqueles que o chegan a ter, unha condena da sociedade totalitaria, brillantemente pasmada nunha enxeñosa fábula de carácter alegórico. Aínda que na granja de Manor o que suceda sexa totalmente paralelo aos inicios do comunismo, esta claro que é unha crítica á avaricia que xera calquera forma de poder.

Arthur Conan Doyle: Un estudo en escarlata/ Un estudio en escarlata É nesta a primeira novela (un relato inspirado nun suceso real: a misteriosa desaparición do panadeiro alemán Urban N. Stanger en Londres) do inmortal detective Sherlock Holmes, e o doutor Watson, o seu non menos xenial narrador. O noso detective non só atopa ao asasino, senón que intúe a historia turbulenta que o motiva: a doutros asasinatos ocorridos trinta anos atrás e cuxos ecos chegan ao presente.

Jack London: A chamada da selva/ La llamada de la selva Trata sobre un can chamado Buck que vivía nunha granxa preto de San Francisco que era do xuíz Miller. Alí Buck non facía, estaba todo o día sen facer nada deitado o sol. Pero un día un home,cun xersei vermello levase a Buck e domestícao para convertelo nun can de casa. Este home ten mais cans os cales lles pega para que lle obedezan.

Susan Hinton: A lei da rúa/ La ley de la calle Sobrevivir nos suburbios dunha gran cidade esixe respectar as duras leis da rúa. Rusty James conseguiu saír adiante... pero pagou un prezo moi alto. As pequenas escaramuzas que pronto se converteron en asuntos graves, as drogas, as ameazas á volta de cada esquina, o brillo do aceiro e o cheiro do sangue, os reformatorios, tamén as festas salvaxes e as mozas.


LIBROS PARA RIR Carlos García Retuerta: Roger Ax. La divertida historia de la Humanidad Roger Ax, un mozo extraterrestre en viaxe de estudos pola Terra, cóntanos moitísimo humor a vida dos nosos antepasados: presencia a invención da roda e a construción das pirámides; é grumete de Juan Sebastián Elcano, domador de cabalos con Atila, vendedor de enciclopedias durante a Revolución Francesa... ¡Divertidísima!

Varios: La mona-risa Woody Allen, Millás, Maruja Torres, Cortázar, Elvira Lindo... Todos os relatos seleccionados teñen un denominador común: o humor.

Miguel Anxo Prado: a mansión dos Pampín Álbum de banda (cómic) deseñado arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor. Aceda sátira da especulación urbanística, moi de actualidade. Moi divertido

Forges. HISTORIAS DE AQUÍ (La Guerra Incivil) Editorial Espejo de Tinta O libro mostra o camiñar común de nosos antergos en forma de cómic, cunha base histórica indiscutible, pero sempre apoiados na visión humorística, intentando cambiar un brutal refrán, que coñece todo o mundo, polo de: “a letra con risa entra”.

Elvira Lindo: Manolito on the road Manolito regresa para contarnos unha das experiencias máis inesquecibles da súa vida. E é que o día que o seu pai díxolle: Manolito vénse comigo, un enorme mundo abriuse ante as súas lentes. A bordo do camión do seu pai, dirán adeus a Carabanchel (Alto) e lanzaranse ás estradas españolas, polas que irán deixando o inconfundible selo da casa.

Biblioteca Marqués de Suanzes


guia nadal 06