Page 1

Olimpiada cultural 2008

Bases do concurso

Equipos ● ●

Para inscribirvos debedes formar un equipo de tres compañeiros como máximo. Poñédelle un nome e enchede unha folla de inscrición que atoparedes na biblioteca. Competirás nunha destas dúas categorías: • Categoría junior se estades en 1º, 2º ou 3º da ESO • Categoría genius se sodes de calquera outro curso.

O xogo ● ● ●

● ● ● ●

O xogo consta de varias probas. As instruccións de cada unha delas estará exposta no taboleiro da olimpiada situado xunto á porta da biblioteca. Cada día publicarase no taboleiro de anuncios da olimpíada unha pregunta, unha adiviña, un xogo, etc. Os equipos participantes tedes un determinado prazo para entregar a resposta, que ven indicado nas bases particulares de cada proba. Nese tempo poderedes empregar calquer servizo da biblioteca, libros, ordenadores, internet, etc. Cando remate o prazo, publicaremos a resposta no taboleiro da olimpiada. As respostas debedes presentalas nas follas que atoparedes na biblioteca e depositalas no prazo previsto nunha furna habilitada para este concurso. Cada proba ten unha puntuación indicada explícitamente. Os equipos que presentedes a resposta acertada dentro do prazo sumaredes os puntos en xogo. En caso de empate, o premio será repartido entre os equipos que acaden a mesma puntuación dentro de cada categoría.

Gañadores ● ●

O equipo gañador será o que acumule máis puntos ó remate da olimpiada. Haberá un equipo gañador para cada categoría.

O xurado ● ●

O xurado estará composto polos membros do equipo da biblioteca Se o xurado detecta calquer comportamento antideportivo, adoptará medidas, incluíndo a descualificación do equipo ou equipos implicados.


OLIMPÍADA CULTURAL

Pregunta do día Bases do xogo •

Cada día publícase unha pregunta cunha determinada puntuación que ven indicada.

Os equipos participantes tedes todo o día para contestala. Non serán admitidas respostas fora de prazo.

As respostas deben ser depositadas na furna nunha folla de resposta que atoparedes na biblioteca.

É vital que non esquezades :  

Poñer o nome do equipo e a data da pregunta na folla de resposta,. Que a folla de resposta estea asinada por algún dos membros do equipos

xa que do contrario non sumaredes puntos • Os equipos que acertedes sumaredes os puntos correspondetes, e o resto nin suma nin resta puntos.


OLIMPÍADA CULTURAL

Pista a pista Bases do xogo • Cada día publícase unha pista sobre algo ou alguén: debedes acertar de que ou de quen se trata. • O xogo ten unha duración de 5 días como máximo, de luns a venres. • O primeiro día hai 5 puntos en xogo, o segundo 4, o terceiro 3, etc.

unha soa vez

• Podedes contestar durante a semana. Se a resposta entregada é a correcta, sumades os puntos en xogo dese día. •

Se a resposta entregada non é a correcta non sumades nin restades ningún punto.

O primeiro día da semana seguinte se publicará a resposta e a puntuación correspondente.


OLIMPÍADA CULTURAL

Aposta Bases do xogo ●

Ocasionalmente publícase unha pregunta, ou unha proba adicional, chamada aposta, reservada para os máis audaces, na que os participantes arriscades parte dos vosos puntos. Os equipos que acertedes sumaredes os puntos correspondentes, e se fallades restades eses puntos; se non contestades, nin sumades nin restades. Os equipos participantes tedes 24 horas para contestala. Na folla de resposta hai reservado para esta proba.

un

apartado

Pode haber, en determinados casos, dúas categorías: • A junior, para os participantes de 1º, 2º e 3º da ESO. • A genius, para o resto.


OLIMPÍADA CULTURAL

Preguntón Bases do xogo ●

Os venres publícase unha pregunta de maior dificultade e lóxicamente de maior puntuación: O preguntón da semana. Os equipos participantes tedes ata o fin do primeiro recreo do vernes seguinte para contestala. Non serán admitidas respostas fora de prazo. Na folla de resposta hai reservado para esta proba.

un

apartado

Dado que se trata dunha proba decisiva para a puntuación final, irá indicado en cada caso a que categoría vai dirixida. Os equipos que acerten sumarán os puntos correspondentes, e o resto nin suma nin resta puntos.


OLIMPÍADA CULTURAL

o comodín Bases Bases e normas de utilización ●

Cada día podes gañar un comodín, que poderás trocar por puntos correspondentes a preguntas falladas ou non contestadas. Para gañar un comodín tedes que: • Indicarnos, xunto coa resposta da pregunta do día, o libro onde atopáchedes a resposta e a páxina concreta. • Acertar esa pregunta. Os comodíns teñen validez só durante unha semana (dende o día que o gañáchedes ata unha semana despois). Para facer uso dos comodíns gañados tedes que usar unha folla de utilización de comodín, sinalando o día da pregunta fallada ou omitida, o nome do equipo e se se trata de pregunta do día ou de preguntón. Necesítanse tantos comodíns como puntos haxa en xogo. Así, por exemplo, se fallades un preguntón de 3 puntos, necesitades 3 comodíns.

bases olimpiada  

bases do concurso

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you