Page 1

EQUIPO DE DINAMIZACION DA BIBLIOTECA ESCOLAR - CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES ABRIL 2018

A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do traballo. Hai un grupo de persoas solidarias que está axudando a familia. Por riba, desde que a avoa Elizabeth marchou, os domingos perderon a maxia dos contos incas e cidades perdidas que tanto lle gustaban a Noelia. Como a guerreira inca Chañan Curi Coca, a escolleita, que nunca se rende, Noelia pensa nunha nova estratexia para, chegada a hora da batalla, organizar a defensa coa axuda da súa veciña Mamá Huaco.

Conto popular. Con moitas ganas de viaxar: Once damas atrevidas camiñaron ata Fez, unha perdeuse nos contos e quedaron só dez..., pero aínda queda moita viaxe por facer.

Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa.

Esta colección está pensada para que os máis pequenos iníciense na lectura dun xeito divertido, ao mesmo tempo que traballan valores como a amizade, o traballo en equipo, a superación, a tolerancia e a xenerosidade. No máis profundo da selva, Carlos e a mona Mandy atopan unha misteriosa estatua: ¡é a Raíña Mona! Pero Carlos cae ao fondo dun pozo e Mandy pérdese.

O capitán Turbot e o seu primo François viaxan á Illa Volcán cando de súpeto..., ¡o volcán entra en erupción! Para este atrevido rescate, participarán todos os membros da Patrulla Canina..., ¡que acudirán voando nas súas novas mochilas voadoras!


EQUIPO DE DINAMIZACION DA BIBLIOTECA ESCOLAR - CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES ABRIL 2018

¿A ónde irá Oso tan ben vestido e levando unha caixa de bombóns? Masha non parará ata indagalo. Por outra parte, mentres xoga na neve, a travesa nena descobre unhas misteriosas pegadas de animais. ¿De quén serán? Oso intentará explicarllo entre xogos e risas.

O mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai vai enviala como noviza a un convento de clausura. Marcada pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas do seu destino. Na súa viaxe á procura da liberdade acabará chegando a América. Ao longo da novela asistimos á transformación da xove protagonista nunha muller que se rebela contra os prexuízos, as convencións e os costumes do seu tempo. Nunha época en que as mulleres están condenadas a un papel de submisión.

Nesta obra infantil de Perozo as nenas aprenden e comprenden que de maiores poderán ser e facer o que elas queiran.

Descubre a 25 supercientíficas que cambiaron el mundo y demostraron que ¡las chicas son de ciencias!

Un libro con historias de 100 mulleres extraordinarias do pasado e do presente, de Frida Kahlo a Serena Williams. Porque todas as nenas merecen crecer pensando que poden chegar a ser o que elas queiran.


EQUIPO DE DINAMIZACION DA BIBLIOTECA ESCOLAR - CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES ABRIL 2018 MARÍA VICTORIA MORENO

Na pequena aldea de Vilaxeada vive Minia Senín, velliña de cabelos brancos e ollos tenros. Devecendo polo agarimo dos seus veciños, chora miudiño ata que un día o seu amigo o sol cambiará a súa sorte. A través dun contiño entrañable e de gran sensibilidade, a autora mergulla nos nosos sentimentos espertando a tenrura e lembrándonos que non custa nada repartir aloumiños a esgalla.

Pequena biografía de María Victoria Moreno.

Podería pasar o día enteiro cos ollos pechados, se non fose por Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis divertida. Grazas a Uxía, Gato empeza a entender mellor o mundo.

O cataventos, un dos contos máis fermosos de María Victoria Moreno. Por culpa do fachendoso galo Don Pío, as galiñas e os paxariños son as únicas criaturas que non podem vivir en liberdade na aldea.

María foi unha mullerson cunha capacidade para adiantarse A Victoria envexa Moreno e ambición que sinte tan grandes quesorprendente o levarán á soidade máis absoluta. ao tempo que lle tocou vivir. Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unha biografía en que a vida da autora queda reflectida tal cal era: chea de elementos cotiáns mais tamén coas reviravoltas propias dunha novela. A súa procedencia estremeña e a capacidade de asumir o galego como lingua propia, a entrega constante nas aulas e o compromiso adquirido coa literatura infantil e xuvenil galega.


EQUIPO DE DINAMIZACION DA BIBLIOTECA ESCOLAR - CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES ABRIL 2018

Grazas ao coidado que a familia da autora puxo na custodia da súa obra, e ao atento traballo de Xavier Senín, gran parte deses contos mais un inédito que gardaba no seu ordenador, un dos últimos que escribiu, vén agora a luz neste libro.

Coa axuda dunha cadeliña chamada Tyla viaxamos pola vida de Xulia Muinguillón, unha das mellores artistas galegas do século XX.

Trala invasión de Holanda, a familia Frank ocultouse da Gestapo nunha bufarda anexa ao edificio onde o pai de Anne tiña as súas oficinas. Alí permaneceu recluída dende xuño de 1942 ata agosto de 1944, data na que os seus membros foron retidos e enviados a campos de concentración. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Anne, unha nena de trece anos, escribiu o seu estremecedor Diario: un testemuño único sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Anne e os seus acompañantes.

A través da aventura de Martín, un adolescente que vive no rural do século XV, viaxamos ao contexto da Baixa Idade Media en Galicia e descubrimos as famosas Revoltas Irmandiñas, polas que os campesiños galegos derrocaron máis de 140 fortalezas en Galicia nunha loita contra o poder establecido e os abusos dos señores feudais.

Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificacmente ilustrada a toda cor.


EQUIPO DE DINAMIZACION DA BIBLIOTECA ESCOLAR - CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES ABRIL 2018

A Mesa pola Normalización Linguística ofrece materiais para o público infantil e xuvenil en galego. Editou o póster xigante para colorear País das Letras. Acompáñase dun despregábel con información para que mentres pinten busquen as escritoras, escritores e personaxes literarias do País das Letras. Este material ten como obxectivos divulgar a cultura, historia e a lingua de Galiza.

Brinquedos e cantigas de nanar para nenos.

Os contos de Mala Malona, que continuamos agora cunha nova aventura, son contos de dez frases con letra ben grande onde se contan historias circulares, nas que Mala Malona é o comezo e o remate. Son sempre un canto á liberdade, que se centra nesta ocasión no amor e no respecto á natureza.

Xogando a romper o coñecido, este «conto por teléfono» ofrécenos unha sorprendente visión da clásica Carapuchiña.

Unha ducia de cancións divertidas, pegadizas e inspiradas nas ondas herztianas conforman a grella de programación dunha emisora comunitaria onde "o falar non ten cancelas"


EQUIPO DE DINAMIZACION DA BIBLIOTECA ESCOLAR - CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES ABRIL 2018 Afíxenme a ver aquel cofre antigo abandonado nun lugar inaccesible e empecei a enchelo cos soños do meu bisavó. Que podería ocorrer se erguésemos a tapa? Escaparían os soños voando? Así, cando chegou o momento decisivo de abrilo, sorprendeume ver no seu interior un montón de poemas escritos sobre cortizas de bido. Serían realmente os soños do bisavó encantados en forma de versos? Grazas a eles puiden descubrir o recuncho reservado para as miñas ilusións. Le este libro e intenta encontrar o lugar ideal para as túas.

Contando e rimando do un ao dez van sumándose personaxes e acontecementos a este singular libro dos números; tamén en orde inversa para que o protagonista poida seguir lendo o seu libro.

Do A ao Z, un simpático alfabeto cunha familia de crocodilos que pasean, xogan, cociñan e fan moitas máis cousas... Rimas e humor para gozar das letras.

Dende xaneiro a decembro, un divertido (e saboroso) poema ilustrado por cada mes do ano: dende patinar sobre xeo ata viaxar polo mundo, pasando por converterse en árbore de Nadal. “Sopa de polo con arroz” é un singular almanaque cun poema para cada mes. Os seus saborosos versos alimentan a imaxinación e revitalizan o sentido do humor.

para cada mes.


EQUIPO DE DINAMIZACION DA BIBLIOTECA ESCOLAR - CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES ABRIL 2018

Tanto me ten!, dicía Miguel, un neno moi impertinente que a piques estivo de ser devorado por un león. Menos mal que aprendeu a lección. Unha lectura con rima, ensinanza e humor.

Entón, ao comezo, ningún ser vivo habitaba a Terra. Era un lugar ruidoso e moi cálido. Os volcáns expulsaban gases asfixiantes e océanos de lava borboteaban por todas partes. Ata que un día, no escuro e profundo océano… ocurriu algo sorprendente. Un libro sobre a evolución da vida no noso planeta que recorre 4.000 millóms de anos de historia con brillantes explicacións e magníficas ilustracións para nenos.

Recorre o planeta, retrocede no tempo ata a Terra primitiva, descobre as ramas da árbore da vida, os distintos ecosistemas, cómo funciona o clima, e fai un percorrido polas marabillas do mundo.

Esta mañá sucedeu unha catástrofe. Faltou unha galiña á chamada da mañá. Isto significa unha grande conmoción nel galiñeiro. Hai que facer o que sexa para atopala. Pero. ¿Cómo organizarse?

Novidades biblioteca abril 2018  

Últimas incorporacións á biblioteca de Lulu

Novidades biblioteca abril 2018  

Últimas incorporacións á biblioteca de Lulu

Advertisement