Issuu on Google+

150 aniversario da publicación do libro

Campanas de Bastabales Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades e das entrañas me doio. Dóiome de dór ferida, que antes tiña vida enteira e hoxe teño media vida. Só media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De pena me consumiron. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades.


Campanas de Bastavales,

Campanas de Bastavales , cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, Elas tocan pra que rece; penso que por min chamades, E das entrañas me doio Dóiome de dor ferida, que antes tiña vida enteira i hoxe teño media vida. solo media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron as soidades viñeron... De pena me consumiron.


UN REPOLUDO GAITEIRO...

Un repoludo gaiteiro de pano sedán vestido como un principe cumprido cariñoso e falangueiro, antre os mozos o primeiro e nas suidades sin par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña as nenas hei de engañar. Sempre pola vila entraba con aquel de señorío sempre con poxante brío co tambor se acompasaba; e si na gaita sopraba, era tan doce soprar, que ben fixera en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas hei de engañar. Todas por el reloucaban todas por el se morrían, se o teñan perto, sorrían se o tiñan lonxe, choraban. ¡Mal pocado!, non coidaban que aquel seu frolear tiña costume en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña as nenas hei de engañar.

Camiño da romería debaixo dunha figueira, ¡canta meniña solteira ¡Quérote!, lle repetía..., i el coa gaita respondía por a todas emboucar pois ben fixera en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña as nenas hei de engañar. Elas louquiñas bailaban e por xunta del corrían, cegas, cegas... que non vían as espiñas que as cercaban; probes pombiñas buscaban a lus que as iba a quiemar, pois que el soupera cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña as nenas hei de engañar. ¡Nas festas , canto contento! ¡Canta risa nas fiadas! Todas, todas namoradas déranlle o seu pensamento; i él, que de amores sedento quixo a todas engañar, cando as veu dimpois chorar cantaba nas mañanciñas:


Non sexan elas toliñas non veñan ao meu tocar.

Adiós, ríos; adiós fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, Muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, Amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡adiós contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoço por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar...!


Vente, rapasa I -Vente, rapasa, vente, meniña, vente a lavar no pilón da fontiña. Vente, Minguiño, Minguiño, vente; douche si non polo demo do dente. ¡Qué auga tan limpa! ¡Qué rica frescura! Vente a lavar, que é un primor, criatura. Válganos Dios, que si auguiña n'houbera, lama este corpo mortal se volvera. Vinde a lavarvos, andá lixeiriños, a cara pirmeiro, dimpóis os peíños.

¡Ai, qué miniña! ¡Qué nena preciosa! Dempois de lavada parese unha rosa. I este miniño que teño no colo, dempóis de lavado parece un repolo. ¡Ai!, ¡que tan cuco! ¡Ai!, ¡qué santiño! Ven ós meus brazos, daréiche un biquiño. ¡Olliños de groria! ¡Cariña de meiga! ¡Apértame ben, corasón de manteiga! Corre, corre a que Antona te peite; corre, daráche unha cunca de leite. Corre, corre, a teu pai, Mariquiña, que come cebola con pan e sardiña.


II -¡Válgate Dios, que inda os figos son duros! ¡Mais qué fartiña en estando maduros! El e mais eu i a comadre de abaixo hemos de ter que alargar o refaixo. Rica figueira que Dios te bendiga, que hasme, abofé, de fartar a barriga. ¡Jei!, o dos ovos que vas de camiño, ¿cántas duciñas topache no niño? ¡Unha non máis! ¡Non me teño ca risa! Ése éche un conto que vai para a misa. Dáme acá seis, que un fricol che faría, que ó mesmo rei que envidiar lle daría. Xa que non qués, no camiño che colla vento de vira cun saco de molla.


III -¡Turra, turra, Xan, pola burra! Mira que Pedro a cadela che apurra. ¡Ai, desdichada de min que a vexo fincarche o colmillo no triste pelexo! ¡Diantre de Xan, que non corre nin toa! Ben haia, amén, que os osos che roa. ¡Churras!, ¡churras! ¡Churriñas!, ¡churras! Cas-qui-tó, que escorrenta-las burras. Pica, pica, suriña, pica, lévalle un gran ó teu filla na bica. Marcha, can, a ladrar ó palleiro, ¡sei que che agrada o demoro do cheiro! ¡Vaiche co can, que o peixiño lle gusta! Mais o teu dono o diñeiro lle custa. ¡Gachi!, ¡gachi! ¡Qué dencho de gato! ¡Cómo se farta no prebe do prato! ¡Inda reventes, larpeiro rabudo! ¡Que inda na gorxa


che aperten un nudo!

Truca, perico, no gato rebelo hastra deixalo quedar sin un pelo. Que eu, si outra vez o camiño me atranca, hei de romperlle no lombo unha tranca. ¡Malo daquel que non sabe de misa, nin entra na igrexia nin gasta camisa! ¡Ai, qué galiña saltóu no valado! ¡Sei que quer vir a comer de prestado! Isca de aí, galiña maldita, isca de aí, non me mate-la pita. Isca de aí, galiña ladrona, isca de aí para cas túa dona.


Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sin ningunha para ti. Des que te quixen, ingrato, todo acabou para min, que eras ti para min todo, miña groria e meu vivir. ¿De que, pois, te queixas, Mauro? ¿De que, pois, te queixas, di, cando sabes que morrera por te contemplar felís? Duro cravo me encravaches con ese teu maldesir, con ese teu pedir tolo que non sei que quer de min, pois dinche canto dar puden avariciosa de ti. O meu corasón che mando cunha chave para o abrir, nin eu teño mais que darche, nin ti máis que me pedir.


Has de cantar,

que saben a noces.

meniña gaiteira;

¡Que ricas que saben!

has de cantar,

¡Que feira, rapaza,

que me morro de pena.

si cantas faremos...! Festiña por fora,

Canta, meniña,

festiña por dentro.

na beira da fonte; canta,daréiche

Canta, si queres,

boliños do pote.

rapaza do demo; canta, si queres;

Canta, meniña,

daréiche un mantelo.

con brando compás, daréiche unha proia

Canta, si queres,

da pedra do lar.

na lengua que eu falo. Daréiche un mantelo.

Papiñas con leite

Daréiche un refaixo.

tamén che daréi; sopiñas con viño,

Co son da gaitiña,

torrexas con mel.

co son da pandeira, che pido que cantes,

Patacas asadas con sal e vinagre,

rapaza morena.


Co son da gaitiña,

che pido que cantes,

co son do tambor,

meniña, por Dios

Cantarte hei Galicia, teus dulces cantares , que así mo pediron na beira do mare.

Cantarte hei ,Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas .

Mimosa, soave, sentida,queixosa, encanta si ríe, conmove si chora…


VAMOS BEBENDO - Teño tres pitas brancas e un galo negro, que han de poñer bos ovos andando o tempo; i hei de vendelos caros polo xaneiro; i hei de xunta-los cartos para un mantelo; i heino de levar posto no casamento... I hei ...- Pois mira , Marica, vai por un neto, que antramentras non quitas eses cerellos , i as pitas van medrando co galo negro, para poñe-los ovos e todo aquelo do xaneiro, dos cartos i o casamento, miña prenda da ialma, ¡ vamos bebendo !


Escolma poética de

CANTARES GALLEGOS

Bibioteca LOIS TOBÍO

Curso 2012- 2013


NO 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos