Page 1

A cabaza é unha planta herbácea , da mesma familia que a sandía , o melón ou o cogombro. Contén no seu interior numerosas sementes , que conteñen una polpa branca e comestible. Trátase dunha planta que precisa de moito terreo para medrar , pois medra estendéndose de maneira horizontal. No proceso da sementeira non se necesita moita auga , aínda que o chan debe estar fresco, ser profundo e estar ben estercado. A colleita lévase a cabo a finais de outubro , de 3 a 5 meses despois da sementeira e realízase de forma manual.

TIPOS DE CABAZAS Hainas de verán e de inverno . Dentro das de verán , destacamos : Verrugosa , utilizada fundamentalmente para as verrugas da pel. Espagueti , pola súa forma alongada. Viñateira, usada como recipiente para gardar líquidos. Entre as de inverno , destacamos : Cabaza belota , presentan una pel verde escura ou branca . Cabaza de cidra, en forma de pera grande.


Cabaza de cabelo de anxo , a súa polpa emprégase para o famoso doce de cabelo de anxo

USOS DA CABAZA Fundamentalmente empréganse como alimento tanto para persoas como animais. Tamén ten algún usos medicinais , polo importante aporte de vitamina A, B e C e algún minerais , como potasio , ferro, cobalto , zinc e calcio. Tampouco podemos esquecer o emprego como adorno para a festa do Samaín , que tradicionalmente celébrase o 1 de novembro . Na cultura celta o día 1 de novembro indicaba o comezo do ano ou estación escura ( inverno ) . A palabra Samaín significa remate do verán .

PARA FACER NA COCIÑA Chulas de cabaza Ingredientes: 300 g de cabaza cocida e triturada 240 cl de leite , 2 ovos 200g de azucre , 1 copiña de anís , 16 g de levadura , 500 g de fariña Preparación : Cocer a cabaza , triturar e gardar.Nunha cunca grande verter os ovos , batelos e engadir o leite e a cabaza . Mesturar todo . Por outro lado , mesturar a levadura , a fariña e o azucre .


Engadir a mestura fariñenta pouco a pouco e sen parar de remexer para obter una masa uniforme . Nuna tixola quentamos aceite e imos botando boliñas de masa cunha culler ata que se vexan douradas por todas as caras. Facemos una pasta con azucre e canela e rebozamos as chulas.

Queike de cabaza Ingredientes : 250 g de cabaza crúa e limpa 200g de azucre 3 ovos 70 g de aceite 250 g de fariña 1 sobre de fermento Preparación : - Partimos a cabaza en dados pequenos e poñémola a cocer ao vapor Cando está ben cocida, machucámola cun garfo e mesturámola co azucre - Á mestura anterior , engadímoslle os ovos, a fariña , o aceite e o fermento - Mesturamos todo ben , poñémolo nun molde e metémolo no forno prequentado, a una de temperatura de 180º uns 30 minutos.

Crema de cabaciña Ingredientes :


Dúas cabaciñas Una cebola Dous tomates pelados Un pouco de aceite de oliva para dourar a cebola Dúas patacas peladas Un pouqiño de leite Ou un queixiño en porcións Una presiña de sal Elaboración : - Dourar a cabola no aceite e engadir os tomates picados , remexendo. - Deixar uns minutos . - Engadir as cabaciñas e as patacas cortadas en toriños non moi grosos. - Salgar e remecer . Engadir un pouquiño de leite . - Cubrir todo isto e un vaso máis con auga . - De se facer na ola rápida , está en 5 minutos .Quítase do fogo e bátese.

Biscoito de cabaza

Ingredientes : 250 g de cabaza asada e limpa 1 culleriña de bicarbonato 70 ml de aceite de oliva


250 g de azucre 250 g de fariña 3 ovos Preparación : - Asamos a cabaza a fogo lento . Mentres engraxamos un molde e acendemos o forno a 180 º . - Mesturamos a cabaza asada con azucre coa axuda dun garfo. - Engadimos os ovos , o aceite , o bicarbonato e , por último fariña. - Batemos todo ata formar una pasta. - Botámola sobre o mode , entre 15 e 20 minutos. - Pasado o tempo , sacámola do forno e , unha vez frío , desmoldamos e comemos . Que aproveite!

CANTIGAS , ADIVIÑAS, DITOS E REFRÁNS Ditos • Se a criada vai á praza, que traia de todo menos cabaza • Cabeza que non fala, dígolle cabaza. • Cabaza , cabaza ; cada un para a súa casa. • A cabaza e o queixo , sempre ao peso. • Non hai un burro calvo nin una cabaza con pelo. • Que se foi , que se veu , que se cabazas , que se pepino. Refráns


• En Xoves Santo as miñas cabazas pranto, pero a vella que o sabía , xa nacidas as tiña.

• Cabazas coloridas , en outono recollidas. • Cabaza que non ten viño, non é cabaza nin cabaciño. • A cabaza e o casar , todo é acertar.

Adiviñas • Hortaliza alaranxada que che dan por non saber nada. • Verduras odiadas por todos os estudantes • Que cousa cousiña é que para adiviña na boca ten o pé

Conxuro

Ratos e pedras, sapos e tebras. A Samaín irás a festa celebrar


as casta単as asar as cabazas pintar para as bruxas asustar.

As cabazas  

Tempo de outono e cabazas

Advertisement