Page 1

Diario de Sofía desde el cuarto de baño de chicas Autor: Rose Cooper Editorial: Alfaguara, 2011 Sofía ingresou no Instituto, e proponse escribir nun caderno cos contos que xorden no Instituto: quen está por quen no amor, quen son as súas mellores amigas para sempre, quen os peores chapóns, etc Recetas de lluvia y de azúcar Autor: Eva Manzano Ilustrador: Mónica Gutiérrez Serna Editorial: Thule, 2010 Baixo a forma dun caderno de receitas, proponse un repaso ás emocións máis habituais, esas que nos poden asaltar en calquera momento, permitindo así recoñecelas e comprendelas mellor. Cando petan na porta pola noite Autor : Xabier Puente Docampo Editor : Xerais Son historias que nos fan lembrar medos que criamos esquecidos: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan.

Noutra dimensión Autor: Marica Campo Editorial: Galaxia, 2011 Unha historia chea de maxia, misterio e de moitas aventuras fantásticas escrita por unha autora que, dende hai ben tempo, goza dos favores dos que saben apreciar a boa literatura. Terás que ler o libro se queres saber todo o que agocha dentro Reckless. Carne de pedra Autor: Cornelia Funke Editorial: Xerais, 2010 Unha nova saga de imaxinación, intriga, aventuras, emocións. Magníficamente narrada, como é habitual na autora de Corazón de tinta. Un espello no despacho do seu pai desaparecido, é a porta que Jacob franquea para acceder a un mundo tenebroso habitado polos seres fantásticos dos contos de fadas…. Título: La Casa del Ángel de la Guarda. Un refugio para niñas judías Escritora: Kathy Clark Editorial: Bambú No ano 1944, en plena Segunda Guerra Mundial, a Alemaña nazi de Hitler invadiu Hungría Os xudeus son tratados como animais e exterminados en campos de concentración.

Hojas de hierba Autor:Walt Whitman Editorila: alianza ¡Quitad los cerrojos de las puertas! ¡Quitad las puertas mismas de sus quicios! Quien degrada a otro me degrada a mí, y todo lo que hace o dice vuelve a la postre a mi Los conquistadores de los mares Escritor: Catherine Loizeau Editorial: Combel Descobre como eran os barcos fenicios, chineses, viquingos...; os instrumentos de navegación, coñece as máis importantes expedicións comerciais ou científicas, as principais batallas marítimas... Descobre a diferenza entre un pirata e un corsario.

El silencio se mueve Escritor: Fernando Marías Editorial: SM Suxestiva e enxeñosa estrutura narrativa que combina novela, web, blog, cómic, liña telefónica e guión cinematográfico, para unha historia tan intigante como inesperada.


El testamento de John Silver Autor : Josep Vallverdu Editor : La Galera, 2007 John Silver, o pirata da muleta, fuxiu cunha parte do botín encontrado na illa do tesouro. E non se soubo nada máis. Iso din, pero en realidade John Silver viviu durante bastantes máis anos facéndose pasar por un señor e intentando conservar o seu patrimonio. Mellor si xa coñeces a Illa do Tesouro de Stevenson La noche más oscura Escritor: Ana Alcolea Editorial: Anaya Valeria e a súa nai pasarán uns días xuntas de vacacións nun solitario faro en Noruega. Alí Valeria fará un novo amigo, fillo do propietario do faro. A través dos seus sonos descubrirá unha historia acontecida durante a ocupación nazi nese lugar Investigación en el paraíso Autor: René Pétillon Editorial: Norma Cómic de estilo clásico, ben contado e aderezado con humor para relatar unha historia hilarante e satírica que provoca o sorriso sen deixar de facer pensar.

Deitado na praia… Viaxando no tren… Esperando ó avión… Ese día de chuvia… Cando tes ganas de… Sempre hai tempo para un libro!!! Biblioteca Diaz Castro http://biblodiazcastro. blogspot.com/

Mitología Americana. Mitos y leyendas del Nuevo Mundo Escritor: Samuel Feijóo (editor) Editorial: Siruela O Grande Espírito dos indios do noroeste de América ,a creación da Terra, do día e da noite, as mitoloxías dos indios do Chaco arxentino, do norte de Brasil, dos navajos ou os cherokee... estes e máis mitos, contos e lendas da mitoloxía americana recóllense neste libro, que propón unha interesante e exhaustiva investigación.

O home que era xoves Autor: G.B Chesterton Editorial 2.0 O ritmo trepidante que caracteriza á trama e o uso de técnicas narrativas tan singulares como a propia historia, próximas a referentes da ficción social actual como as series Lost ou Heroes, son claves dunha novela que ocupa por méritos propios un lugar destacado na literatura universal. La noche estrellada Autor:Jimmy Liao Editorial: Barbara Fiore Utilizando como fío condutor o cadro A noite estrelada de Vincent Van Gogh Jimmy Liao embárcanos no periplo fantástico da nosa protagonista. Cada páxina deste libro é unha pequena obra mestra Ana Frank: la biografía gráfica Autor/es: Sid Jacobson, Ernie Colón Editorial: Norma Sid Jacobson e Ernie Colón traballan con cartas, fotos e outros documentos cedidos polo museo de Ana Frank en Ámsterdam, para ofrecernos unha versión que vai máis alá da reflectida no diario desta pequena que viviu en primeira persoa o terrible drama do Holocausto Nazi.

Libros para o verán  

Recomendacións de lecturas para nenos e familias

Libros para o verán  

Recomendacións de lecturas para nenos e familias