Page 1

LELIADOURA

Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote... IES Poeta Díaz Castro

1


CONTIDOS Vidal Bolaño A lus do mundo Misterioso mundo da gravación Intercambio con Friol Viaxe a Roma Contos matemáticos Voluntario solidarios Entroido Días de radio Despedida 2º BAC Pintura Concurso de Coca-cola Música de Fondo Zinabou Mercamos libros para Biblo Tolerancia/Taller poesía 14defebreiro/Taller de rap Samaín Día do libro: compartindo contos Letras galegas no mercado Fonoteca/concerto zanfonas Correlingua Propostas das lectoras Grupos

2

leliadoura eliadoura nº 22

2 11 12 13 14 15 16 18 20 21 24 25 26 28 29 30 31 32 33 36 38 40 41 47


“Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas”.

Vidal Bolaño.

CELEBRAMOS UN HOME DO TEATRO: ROBERTO VIDAL BOLAÑO, DENDE GUITIRIZ Neste ano a Real Academia Galega escolleu un home do teatro para celebrar as letras. Un xénero literario marxinado nas políticas culturais, pero sempre presente na literatura e nas iniciativas do pobo. Acertaron escollendo a Roberto Vidal Bolaño (RVB en diante) porque é o dramaturgo máis significativo: director, actor, empresario, creador, autor, iluminador, escenógrafo…, e un señor da palabra. Valoraba moito o xeito de utilizala, promocionando esteticamente a lingua máis popular a unha categoría literaria, sen merma da orixinalidade. Gustaba de escoitar ás persoas nas tabernas e na rúa, e recoller delas a súa sabedoría e fala. Ten dito: “ás veces digo en alto o que todos falamos en baixo”. Para este escritor a lingua do actor é fundamental e caracterizao máis ca indumentaria. Estamos a lembrar a RVB, que supuxo un antes e un despois no universo dramático. O 15 de setembro, no Paseo dos Soños, en Vilalba, felicitei a Margarita Ledo por propoñer na Academia a RVB para a Festa das Nosas Letras, pola súa coraxe para inventar o noso teatro. Falamos de El Ideal Gallego, nos 70, cando Roberto facía crítica teatral, e eu escribía algo. Xa naquelas crónicas descubrimos un revolucionario para as artes. Só falei con el nun par de ocasións, e percibín que decidira converter a escea nunha actividade profesional, que dignificase a súa presenza na cultura, actívala para que fose o que tiña que ser nun país normalizado, coma diría Manuel María. Coñecino no 1977, cando preparamos a representación en Guitiriz de Amor e crime de Juan el Pantera, polo grupo Antroido que el fundara e dirixía. Empatamos doado, falando das nosas raíces, en vilas próximas da Costa da Morte. Atopei nel puntos comúns de referencia: vivía o teatro coma un xeito de comunicar as súas inquedanzas xuvenís, como tamén estábamos a sentir naquela nacente Xermolos.

El tamén colaborara coa asociación cultural máis senlleira de Compostela, O Galo, en cine e teatro: Lupa e Obradoiro… Dende novo afrontou unha tensa elección: dedicarse ó cine ou ó teatro. Xermolos tamén naceu cun debate entre constituirse cineclub ou asociación cultural, por non poder alugar o salón de cine de Guitiriz, apostamos por esta outra visualización, escollendo coma un dos seus eixes o teatro. Falei con RVB de todas estas inquedanzas, el arrequecia todo o que fose unha iniciativa cultural fiel ó pobo. Foi o padriño do xermolo teatral na nosa asociación. Na representación que fixo en Guitiriz aprendín coma non esquecía nada do relacionado coa escea, ata dun xeito obsesivo tiña todo presente, antes e na hora do espectáculo, e sempre a prol do público que el introducía na función coma o persoaxe máis importante. RVB naceu en Compostela no 1950, e ós 15 anos estrease nos escearios, coma autor e actor. Traballa dende os 12 anos en varios empregos, e apuntase nas Xuventudes Obreiras de Acción Católica moi comprometidas, antifranquistas, afastadas da liña da igrexa oficial, que lle encargaron unha obra para celebrar o “Día do Aprendiz”, que escribiu con talento creativo, O xogadeiro (1965), convidando á solidariedade da clase obreira. Aquí fica a súa militancia sindical e política a prol dos traballadores, e xa asoma o seu sentido rebelde contra os desmáns da inxustiza. O mundo é un pano, e en outubro do 83, en Sada, Xermolos foi convidado a intervir con Adega, a Asociación de Veciños O Castiñeiriño de Santiago e a Xoc, nun foro sobre “Facer Pobo”. Alí os de Xermolos aprendimos do compromiso da Xoc coa xustiza en Galicia na ditadura. RVB principia construindo teatro escolar, o mesmo eido que está a cultivarse en Guitiriz, polos mesmos anos, co mestre Antón

IES Poeta Díaz Castro

3


Santamarina, mesmo no Salón de Cine. Pero, a obra de RVB apunta xa á revolución que el está a achegar. Polo 1965, moitos autores rachan co teatro anterior, co que tamén se facía aquí, influidos polas novas técnicas vangardistas, afastandose do realismo costumista, ata remarcalo co esperpento e o sarcasmo, coma imos ver dende o seu primeiro drama publicado: Laudamuco señor de ningures, ata o derradeiro representado polo seu autor: Animaliños, ó xeito de Bertold Brech, un dos seus autores preferidos… Traza persoaxes con ideas definidas, que viven os conflictos con decisión, sen crebar o fío da historia que conta… Fai teatro, valorando o vestiario, os recursos musicais e plásticos, a iluminación, etc. É un mestre do universo dramático e domina as técnicas que revitalizan a representación, non quere aproveitarse do camiño máis trillado para chegar ó publico, busca o máis complicado si con isto gaña en comunicación. Os seus principios acusan xa o carácter de RVB, de buscar e investigar en todo o que lle preocupaba, fornecendose dunha grande bagaxe de coñecementos. Naquela Compostela que ás veces se tornaba demasiado escura pola influencia dos poderes: o clero, etc., él lanza chispas de luz e aire fresco dando voz ós marxinados e ós máis febles. Para o descubridor do teatro, a literatura e as artes poden ser unha arma para o poder dominante nas ditaduras, ou unha saída para a liberación do noso pobo pola que el está a apostar. A mocidade que daquela daba alento a Xermolos, tamén disfrutaba preparando con rigor todos os elementos que remarcan a acción do teatro, convertíndoo nunha denuncia da ignominia, etc. RVB foi un autodidata que simultaneaba o traballo, dende os 12 anos, coa formación en todas as artes: literatura, cine, plástica…, sempre apostando pola cultura nacional. Sabía ca palabra non era inocente, porén converteuna nunha loita contra todo alleamento dende o país que estaba a vivir. O nome do grupo Teatro do Aquí é un síntoma da súa creación, un afondar na realidade que está a tripar, un altofalante contra as feridas dos máis febles para comunicalas ó público, e abofé que acerta, porque a pesares da súa aposta ousada na estética e politica, sempre encheu os salóns de teatro, reflectindo as luces e sombras de Galicia. Outro piar no que fica o seu teatro é o convite a tratar os problemas co compromiso sociopolítico dende o autogoberno. Despois

4

leliadoura eliadoura nº 22

de presentalos, o autor apunta solucións dende a análise da realidade. Coñecedor da identidade humana, vivida nas persoas máis machucadas, descubre e defende a súa dignidade con radicalidade…, ata ofrecendo unha resposta coma colectivo, adiantandose ás actuais revoltas do 15M.

O TEATRO EN GUITIRIZ, ANTES DA REVOLUCIÓN DE VIDAL BOLAÑO Ata a aposta revolucionaria de RVB, o teatro, achegouse a Guitiriz por distintas vías, coma recurso e ferramenta para o curso escolar e catequético da parroquia, e a través de representacións de obras clásicas da literatura española por compañías de fóra, ó abeiro do Balneario, nunha rota marcada polos escearios sempre fixos de Lugo, Guitiriz, Betanzos e A Coruña. E tamén o ambulante en carromatos, ás veces de maxiares, que facían espectáculo con mil artimañas

ANTES DA GUERRA CIVIL Antes da guerra, a vila balnearia foi lugar de

encontro dalgun artista que viña veranear. No mundo do teatro salientar a Tomás Ares Pena (A Coruña 1908-1977), alcumado Xan das Bolas, actor e humorista dende os anos 30, montaba veladas coa mocidade daquí e de fóra. Despois da guerra, xa en Madrid, centrase no cine con Salomé (1940), e uns 200 filmes máis. Na televisión salientar Cronicas de un pueblo con F. Fernán Gómez. Daquela había dous locais para estas

propostas de lecer, salóns de baile. Un no

Curro Vello, no Mesón ou parada de viandantes, no que se constituira unha sociedade que por unha cota permitía participar no baile mensual con orquestra, e nas festas amenizadas cos discos do establecemento. Noutro salón, rexentado por un zapateiro (Avenida de Lugo nº 54), animaban os bailes cun organillo, coma un piano con manivela, cunhas 20 pezas programadas cunha especie de cravos nun rodillo, que a medida que cambiaba o cilindro ía agasallando á concurrencia con música variada Fixose teatro de salón, aínda que abundaba ó aire libre: a cabra danzando, os saltimbanquis, húngaras bailando ó son da trompeta. Feirantes, algúns de etnia xitana, que montaban na vila o espectáculo, mesmo cine mudo, que eles narraban co seu acento, e ás veces tamén aproveitaban baixos baleiros,


garaxes, etc. No 1935 chegou a Guitiriz un crego moi activo, Gabriel Pita da Veiga que animaba a catequese con representacións teatrais. Foi unha revolución na parroquia pola súa capacidade de movilización da mocidade, organizada nos movementos de Acción Católica. No 1938 destinarono a Vilalba, pero a súa sementeira seguía abrollando. O salón do zapateiro pechou, pero o do Mesón foi administrado pola familia Rivera, despois de ser requisado na guerra para acuartelamento da Falanxe. O Salón Rivera foi esceario de teatro na postguerra. Na guerra, sanitarios do Balneario, convertido en Hospital para soldados feridos na fronte, ensaiaban ás mozas de A. C. e o que recadaban era para mercar artigos para o novo uso do establecemento. Eran pezas cómicas, sen compromiso nin arte… Tamén era un medio de adoutrinamento conservador dende o ámbito relixioso. O grupo era acotio de mulleres, e cando a obra esixía papeis masculinos eran elas as que vestían a roupa axeitada e os representaban. Despois da guerra sería un veterinario afincado na vila o que as ensaiaría.

DESPOIS DA GUERRA Xa na postguerra todo cambiou, o teatro converteuse nun artigo custoso pola crise, pero tamén as compañías facían máis esforzo para que as súas saídas fosen rendables. Guitiriz estaba na rota propicia para ver teatro procedente da zona dominada polo novo réxime, e na ditadura puideron ver: “Don Juan Tenorio” de Zorrilla ou “Marianela” (adaptación dos Alvarez Quintero da novela de Perez Galdós), ás veces en carteleira toda unha semana. Nestes anos mesturabase a comedia, proclive ás gargalladas, e o teatro moralizante para transmitir os sinais do nacionalcatolicismo, e dramatizábanse sentimentos, valores... Por desgracia, a ditadura coa censura impedía a creación libre e todo foi decaendo, a non ser en espazos eclesiais con representacións baleiras de contido, con só interese comercial. Ata que se fixo o cine na Rúa da Estación, no 1941, a iniciativa de Inocencio Tomé. Antes de adaptalo para as proxecións, dende o 1935 foi utilizado para variedades, as que facían na Acción Católica, despois de levar das casas cadeiras e bancos para sentarse naquelas alongadas

sesións. Nesta miseria cultural, o ensaio e escenificación eran un golpe de entusiasmo para a mocidade e as familias. Podemos caracterizar este teatro dunha escenografía realista, buscando o divertimento coas técnicas de sempre, manexando persoaxes, situacións, linguaxe, circunstancias. Nisto non se notou a creba da guerra. No teatro que facían na parroquia, cómpre Fabiola. 1947 remarcar o tonoRepresentación existencialista de escenificando os conflictos. Así, na postguerra houbo duas obras que impactaron en Guitiriz: Fabiola (polo 47) de Carmen Nuñez, representada polas mozas, nun salón de cine ateigado de público e coas autoridades á fronte. Un drama ambientado na Roma de Diocleciano, no que unha escrava converte ó cristianismo a Fabiola, unha rica patricia, e Genoveva de Brabante, que achegou a Guitiriz unha compañía ambulante, despois de escenificala en Baamonde, nos 60. Era a adaptación dramática da lenda medieval da muller denunciada falsamente polo pretendiente rexeitado, condenada a morte e perdoada polos verdugos vivindo varios anos nunha cova, coidada por unha cebra. RVB principiara a súa andadura na escea, adolescente, na rama comprometida da A.C., a Xoc, nun ambiente escolar, pero nun clima de militancia cristiá, diferente ó teatro desta Acción Católica de Guitiriz. A primeira obra de RVB era un alegato á prol do proletariado, o daquí era moi sensibleiro e alleo á loita por unha sociedade igualitaria. O noso dramaturgo cun espírito liberador, xa se posicionara cos que estaban a sufrir a ditadura.

A TRANSICION: 1977. CRUZANSE OS CAMIÑOS DE RVB E XERMOLOS Foi un ano trascendental para RVB, porque ó botalo do traballo do banco, por facer unha

IES Poeta Díaz Castro

5


representación estando de baixa por enfermidade, decidese a enfortecer a profesionalización do teatro con Antroido fundado no 1974. E para Xermolos porque quería reivindicar a escea deste país dunha cualidade senlleira, ninguneada na ditadura. Con perspectiva historica Xermolos quixo converter a escenificación do Grupo Antroido no 77, nunha festa, acompañandoa pola música do grupo Froito Novo de Melide, no ximnasio do colexio ateigado de xente, pois a asociación puxera autobuses gratis a todas as parroquias. A achega de RBV foi fundamental, él quedou impactado pola entrega afervoada da xente ó seu papel protagonista. É o ano no que tamén nace o grupo de teatro de Xermolos representando Asemblea Xeral de Lauro Olmo, pero sería coa segunda escenificación coa que percorrería aldeas e cidades cun espectáculo itinerante coma o que estaba a reivindicar RVB: A xustiza dun muiñeiro de Manuel Varela Buxán, editada este mesmo ano. No 1980, Xermolos non descansa, só en decembro levou esa obra a Goiriz (o 8), Gayoso (o 15), ás festas de Parga (o 26) e ó colexio de Guitiriz (o 30). Xa en xaneiro, ó Instituto de Vilalba (o 4), dous días despois a Castro de Ribeiras de Lea e o 26 en Vilaronte-Foz, máis tarde no Ferrol, Lugo… O mesmo ca RVB fixo en Antroido, Xermolos tamén crearía un Taller de Teatro, cara os 90, sito no Salón Parroquial, coordinado por Regina Polín, quen daquela agradeceu a súa participación nun obradoiro en Lugo con Roverto Cordovani, actor brasileño de recoñecido prestixio.

NORMALIZACION DO PAIS E DO TEATRO A iniciativa de RVB inzou nunha fervenza que acadou a Guitiriz con todas as temáticas: teatro lírico, histórico, etnográfico, cómico… Da man de RVB, Xermolos rachou en Guitiriz a inercia dun teatro foráneo e do que buscaba o divertimento doado, sen arte. O director, despois da representación no colexio, falou de vagar con nosoutr@s e impactounos a súa enerxía creativa, e os novos horizontes que estaba a soñar. Dende aquela, a escea de Xermolos ía ter a súa ollada na vangarda bolañesa, ata celebrar o seu distanciamento dos decorados para crear unha ambientación con novas técnicas que provocase a interacción de todos os sentidos, superando a repetición axustada ó tex-

6

leliadoura eliadoura nº 22

to que sufrían as tablas que adoitaban facerse. Para a Asociación non só era necesario crear un grupo, tamén urxía a edición de novas obras que reflectisen a problemática que preocupaba á mocidade naquela transición. E coma Vidal Bolaño, mozos, ós 15 anos, escribiron pezas sibre temas actuais, e nesta liña cadraban coa vontade de estilo do dramaturgo compostelan, quen virou totalmente a temática teatral asumindo a problemática da xente, con apostas inimaxinables antes. Na Revista Xermolos aparecen “Entre reixas” de X. M. Vazquez (nº 1 e 2, 1982), “O roubo” de Manuel Fraga López (nº 11 e 12, 1985)… Ou aproveitan a linguaxe teatral para transmitir a mensaxe dun evento, a Romaxe de Crentes galegos (82), con “A fala é camiño”, de Manuel Ramiro (nº 4 e 5, 1983). Publicar teatro foi unha teima de Xermolos, colaborando na edición de Pan e Os Irmandiños de Manuel María. Tamén nesta liña sentiu a enerxía de RBV que dende mozo artellou obras que promocionan a nosa dramaturxia,

A RENOVACIÓN DO TEATRO EN TODOS OS REXISTROS

Cando RVB funda Antroido, os grandes empresarios non apostan polos autores novos, porén el mesmo ten que coller as riendas da súa compañía para construir teatro galego. Outra eiva que ten que superar na transición, na que non se toma en serio a cultura a pesar da farsa das autonomías. RVB hai que encadralo no novo teatro “Independente”, moderno, que está a facerse en moitos pobos dende os 60/70. Co seu compromiso político a prol do país, experimentación técnica, renovación estética e temática, superaría o costumbrismo anterior cun naturalismo máis estético. Nisto é un dos máis egrexios dramaturgos europeos. RVB cultivou o teatro histórico con Rosalía de Otero Pedrayo (1985), ou a montaxe de Xelmírez ou a gloria de Compostela (1999) de Daniel Cortezón, Xermolos editou Os Irmandiños, e achegou Pedro Madruga, polo Grupo Troula (16-V-1981). RVB dedicou varias obras ó teatro infantil e á recuperación da festa na rúa, na primeira etapa da súa creación, eidos que tamén motivaron a Xermolos, que creou a sección de monicreques coa que participaron en festas con “A fala é camiño”, de Manuel Ramiro. A primeira representación foi Barriga Verde de Manuel María (8-VIII-82), un clásico. Tamén


presentaron o guiñol “Os Monicreques” de Santiago, e Tarará-chis-pum de Artello (Nadal do 78), que foi o primeiro espectáculo de teatro profesional dedicado os nen@s. Este grupo de A Coruña tiña a mesma teima ca RVB: a profesionalización, pero este arribou primeiro. .Antroido de RVB creou monicreques para: Touporroutou da lúa e o sol (1982), con 80 funcións, e outros espectáculos: Romance dos figos de ouro. Sen esquecer: Xaxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou (como trocar en rato pequecho ao meirande xigantón) do 77. Tamén apostamos polo teatro de rúa, sobre todo no Entroido. RVB dirixiu co grupo Antroido: Ruada das papas e do unto e Entroido na rúa I e II…, e investigou cin rigor a cultura nestas pezas que fican na tradición, expresada en formas parateatrais. Encheu de festa as rúas, na súa loita por recuperar o popular. O mesmo obxectivo de Xermolos: celebrala provocando a participación na rúa, coa creación colectiva: música, sermóns, vestimenta, danza… Xa no Festival de 1990 achegaron mostras deste teatro “Os Quinquilláns, e no 2002, Esmorga do Morrazo representou Comollo, unha farsa con pimenta gastronómica. Xermolos aprendeu de RVB a apreciar o teatro da nosa literatura coa súa representación de Amor e crime de Juan el Pantera de Blanco Amor, naquel 1977, fundacional e máxico para o teatro en Guitiriz, e seguiu:

nos Reis do 89: O cego de Fornelos de Varela Buxán, Viaxe ó País de Ningures de Manuel Lourenzo (1984), Pauto do demo de Anxel Fole (1986). No 2007 no nomeamento de Marica Campo coma “Chairega de Honra”, representouse o seu O Premexentes, polo Grupo «Prosopon» do IES, e ten unha grande sensibilidade cos autores chairegos, así con Xosé M. Carballo que dirixiu Os Valuros en Vaise pechar outra casa máis (1979), e Os Xubilosos de Muimenta: Unha noite de ruada (2003). Na homenaxe a Trapero Pardo recuperouse a súa zarzuela Non chores Sabeliña (1991) polo Orfeón Lucense. Adaptacións ó galego de Tagore: O carteiro do Rei, Grupo S. Estevo (1978), ou Moliere, grupo de Xermolos: O enfermo imaxinario (1989) e A boda de Esganarello pola Escola Dramática Galega (1982). Xermolos intentou centrar o teatro no Agosto Cultural, e no 88 estrea A zapateira prodixiosa de García Lorca, coa colaboración dos profesores da Coral, e no 90: ¿Pista ou Peste? de Varela Buxán. O Festival do 2013 comeza coa representación de Menciñeiros de Alvaro Cunqueiro e ten en proxecto un CD con textos cunqueirianos. Dentro do teatro etnografico, o grupo María Castaña de Lugo representou esceas da cultura labrega (1994), e no 2008 coeditamos co grupo Volta e Dálle: Pan, catro propostas arredor da malla, representada no festival. E coma antes do ano máxico 1977, en Guitiriz seguiuse facendo teatro coma recurso catequético, así no Nadal de 1996, o grupo de catequese de San Salvador achegou á Cabalgata: A estrela do nadal, e coma recurso escolar, na Festa das Letras do 83 os de FP representan: Quen é o pai do cativo?. Xermolos celebra con intensidade esta festa, integrando colectivos, así no 86, na estrea da coral e rondalla, no ximnasio de EXB, o teatro deste colexio agasallounos con O testamento do Tío Nacho de Francesc Eiximenis. A fortuna dalgún mestre amante do teatro é unha sorte para un centro, e a comezos dos 80, o Colexio de Guitiriz, puido disfrutar da dedicación de Regina Polín a esta arte. O seu labor notouse nos festivais para recadar fondos para excursións de 8º: Mambrú se fue a la guerra, canción escenificada con nen@s, o entremés Las aceitunas, Imos traer o mar a…Guitiriz, etc. No teatro do IES Díaz Castro cómpre lembrar duas etapas, a de Regina, da que remarcamos a escenificación da historia da lingua, en colaboración con Marica Campo, autora do guión. e a dos profesores Lupe Pardo e Antonio Mauriz que fundaron o Grupo Prósopon,

IES Poeta Díaz Castro

7


no 2008. Foron codirectores e coautores de O musiclown, e recibiron o premio Cidade de San Sebastián pola obra Cuarto escuro… Representaron As Nubes de Aristófanes, etc.

ENTRE A FUNDACION DE ANTROIDO (1974) E A CREACIÓN DO CDG (1984): A INVENCION DO TEATRO GALEGO Para valorar a importancia de RVB temos que analizar a súa obra, non só as representacións, tamén a escrita, uns 30 títulos…, que o converteron no dramaturgo máis senlleiro da nosa literatura. Por unha banda mantivo a conexión con autores anteriores..., e pola outra foi un revolucionario na técnica, recursos, linguaxe, temática. Despois de varias experiencias no cine e no teatro, no 74 fundan o grupo afecionado Antroido, e comeza a traballar nunha oficina bancaria. Dirixe Amor e crimes de Juan el Pantera, de Blanco-Amor, coa que vén a Guitiriz. Integrandose na Xeración Abrente, das Mostras de Ribadavia (1973-1980). Recibe o premio Abrente (1976) a Laudamuco señor de ningures, onde denuncia con enerxía as barbaridades do poder. A primeira representada con Antroido coma grupo profesional (76), e publicada coas Ledaíñas pola morte do Meco, dirixida por Eduardo Alonso, que tamén o dirixe coma actor, no 80, en Bailadela da morte ditosa, no Teatro do Estaribel, cooperativa creada por Antroido e Andrómena. No 1977 despideno do banco no que traballaba, por facer teatro nunha baixa por enfermidade, momento álxido no que toma máis conciencia da necesidade de crear unha infraestructura sólida da dramaturxia. Son anos dedicados ó teatro na rua e infantil do que xa falamos, e á Memoria de mortos e ausentes (1978)... No 1983, RVB escribe e interpreta Percival e outras historias de Méndez Ferrín, unha fervenza de todas as artes: música, imaxe, plástica, coa que transmite a súa mensaxe política, que inza en polémica e debate coma noutras estreas, sempre defendendo Galicia e os pobos oprimidos. Chegou ata 70 representacións. Non é só un teórico, promove a Asociación Profesional do Teatro Galego (1980) e o Centro Coordinador do Teatro Galego (1976). No ano da creación do Centro Dramático (1984), RVB escribe e dirixe Agasallo de sombras, a segunda montaxe do centro e a 1ª

8

leliadoura eliadoura nº 22

dun autor galego, a súa ollada desmitificadora da Rosalía lacrimoxena. A obra, fermosa e dura, converteuse noutro atranco na busca da liberdade creadora. Proxectaba un CDG, sen interferencias politicas. O que ía ser un fito na literatura, converteuse nunha fenda, e RVB foi vetado dende aquela, coa connivencia dos compañeiros de profesión. Isto afastouno da escea ata 1988, agravado pola critica razonada que RVB fai nos medios, e co monólogo: Caprice des dieux-Antollo de deuses (1985), os derradeiros saloucos de Antroido, no que denuncia o acoso que está a sufrir da Xunta e a falla de compañeirismo de parte do sector, ós que parodia. No que se presenta, co nariz vermello de pallaso que o vai definir para sempre. Este golpe de escea impactou nos círculos políticos e culturais, xerando unha persecución á súa innovación. Coa súa coherencia despiu a dobre moral da transición, denunciando a falsedade da política e da moralidade, a prol da nobreza do pobo e da igualdade, dende os máis machucados.

TEATRO DO AQUÍ (1992) Desde a creación e despedida do CDG ata a fundación en 1992 con Belén Quintáns de Teatro do Aquí, a escea non deixa de estar na cerna das súas actividades, pero inviste moitos esforzos no audiovisual, ata abandonar Olimpus. Ano no que codirixe Salomé de O. Wilde, co grupo Chevere no CDG. Dese mesmo ano é Días sen gloria (Premio Rafael Dieste e finalista do Premio Nacional de Literatura), unha achega ó Camiño de Santiago, na que participa como protagonista no seu estilo: a enerxía da linguaxe cinematografica e televisiva, conflictos e personaxes con trazos fortes. Acadou 42 escenificacións, con 5 actores que fan 25 papeis en ambientes marxinais. Imbuido nesta linguaxe dirixe Saxo Tenor (1993), unha produción con 19 actores, premios Álvaro Cunqueiro e Compostela, a primeira obra representada ós dous anos do parentese provocado pola desaparición de Antroido. En 1994, Roberto Vidal Bolaño recibe o Premio Camiño de Santiago por As actas escuras, nas que plantexa a investigación sobre os restos do Apóstolo, nun debate moi actual entre ciencia e relixión. Foron perseguidas e condenadas ó ostracismo, a pesares de ser premiadas coma todo o que el tocou coa creación. Editadas nun libro colectivo e representadas 15 anos despois, no CDG, que


respectaron a dinámica cinematografica que o autor lle imprimiu. Con Teatro do Aquí representaría: O desengano do prioiro (Otero Pedrayo), Oé, oé, oé! Comedia grosa para un país de sainete (Maxi Rodríguez), Anxeliños… No 1998: Rastros e A ópera de a patacón, adaptación dunha obra de Brecht, e Doentes, galardoada cos Premios María Casares, onde os pacientes deambulan por Compostela ó ser pechado o Hospital Real, nunha noite, para acobillar ó xefe do estado... Roberto utiliza oito actores para 50 personaxes. Esta obra é un sinal da súa querencia pola xeografía vital de Compostela. Na que dende a coherencia non escatima criticas ás intromisións da igrexa na vida civil, mesmo con desencontros ata despois da súa morte, cando o dean impide rodar nos tellados da catedral a versión cinematografica de Doentes (2011). Xa no 1999, o CDG estrea A burla do galo, a súa versión do “Don Xoán”, unha nova referencia ó mito de Santiago, e Mar Revolto, o secuestro do Santa María, unha encarga de colectivos de Portugal (estreada en Porto no 2001), e Rosalía adaptación da obra de Otero Pedrayo (50 representacións). Publica Integral (2002), Criaturas (2000)... Ata a súa derradeira aparición coma actor, xa cangado pola enfermidade e axudado dun caxato, en Os papalagui, director e iluminador (Premios Maruxa Villanueva e María Casares). A historia de Tuavii, xefe de tribu samoana que critica os males da civilización occidental, e xa coma director, a derradeira ía ser Animaliños: unha praga de caracois que invade a urbanización e os veciños para eliminalos, provocan máis dano ca eles (4 Premios María Casares a súa intervención no texto, iluminación, dirección e espectáculo), Unha obra sorprendente que non deixa a ninguén frio. É un estoupido de risa o que embarga ó público, pola actitude d@s urbanitas coa diversidade da natureza. Á volta de presentar a tradución ó castelán desta obra, finou o 11 de setembro do 2002, sendo soterrado en Boisaca, o cemiterio da súa cidade, no cadaleito colocaron os símbolos que definiron a Roberto, o chapeu e o nariz vermello de pallaso. No 2002 tamén se publica o monólogo (estreado no 1999) Sen ir máis lonxe, que algúns recoñeceron coma a súa derradeira manda.

CON ACHEGAS O MUNDO AUDIOVISUAL Na obra de RVB, fundense teatro e cine. Amador dos cineclubes da Compostela da súa adolescencia e mocidade, buceou nos dous mundos, coma adoitaban facer tamen moz@s de Guitiriz. Foi o inventor dun teatro galego, sen complexos, unha mágoa ca vida non lle permitise acadar a mesma plenitude no audiovisual, co que el loitou por un cine de seu, na nosa lingua... Non se pode desligar a súa concepción do cine da realización do teatro, por exemplo na fidelidade ó argumento que conta, ó que teñen que agarrarse os persoaxes, sen perderse noutros detalles, nin despistar ó publico. Moi novo debecía por ingresar na Escola de Cine de Madrid, pero o franquismo pechouna, polo que seguiu coa súa formación autodidata, vendo moito cine. No 71 iniciase no cine no Equipo Lupa con Euloxio Ruibal e outros, cando está a mergullarse na cultura popular e no parateatro, ata a creación de Antroido. Realiza no 72: Holocausto (ficción), e coma actor e axudante de dirección, o documental A procesión das mortallas... No 73 realiza duas pezas de ficción: Inqueda volta e Berros na cova. No 74 dirixe Peliqueiros (o Entroido de Laza) e Antroido do Ulla. E xa de ficción: O día que os chínfanos deixaron de zoar. Dende Antroido e ata o veto no CDG, centrouse no teatro, e nese intre volve ó audiovisual, facendo videos publicitarios e dobraxe. No 1984 participa na dirección, guión e actor en Malos tratos (TVE en Galicia). E fai unha versión para a televisión do seu texto Xubileu. Co nacemento da TVG no 1985, xurden empresas do audiovisual nas que traballa RVB, así na dobraxe de películas ao galego, mos-

IES Poeta Díaz Castro

9


trando a capacidade da nosa lingua en todos os eidos. Fai de actor, director de sala e director artístico da produtora de dobraxe CTVGalaxia, onde cadra con Antón Ja López Rodríguez de Guitiriz, protagonista das duas primeiras obras de teatro de Xermolos, compañeiro de RVB, co que se atoparía noutras xeiras, e disfrutando da festa de Compostela. Dirixe a axencia de publicidade Olympus Comunicación ata regresar ó teatro, nos 90, con Teatro do Aquí. Aínda que onde mellor se desenvolvía era na ficción, Roberto realizou vídeos industriais, “spots” para TVG, documentais. Tamén se entregou á confección dun cine galego, dende a televisión pública. Así, principia dirixindo e escribindo dende Alvaro Cunqueiro, o telefilme Novo de Parmuíde, (1987), a primeira produción de fición galega. Pero sería o 1989 un ano moi activo coma actor nas teleseries: Os outros feirantes e Brigada central. En Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, película fundacional, fai o papel de Don Xosé Luís, que puidemos visionar en Guitiriz, na Semana do Video de 1995, nunha himenaxe ó seu director, coa colaboración do Centro das Artes da Imaxe. Esta e varias edicións da Semana do Video que organiza Xermolos foron coordinadas por Manolo Espiñeira, tamén de Guitiriz, director de series como Padre Casares (Premio Mestre Mateo 2008 da Academia do Audiovisual), A vida por diante recoñecida co Premio á mellor realización, Mareas Vivas, etc, Agasallounos con programas marabillosos, metendonos con rigor e sabedoría no mundo do video e do cine. RVB foi Miguel Aguiar nos primeiros episodios de Mareas Vivas. RVB volve a Alvaro Cunqueiro, tamén no 89, como actor na serie Os outros feirantes. Neste campo foi máis actor ca director ou guionista, quizais os platós non estaban preparados para acoller a revolucion bolañá. Estivemos atentos a estes contos porque algún fai referencia ás viaxes do narrador de Mondoñedo polas Terras de Parga… No 1990 escribe e dirixe a serie Morosos varios, que non chegou a emitirse, e ó seguinte interven nas curtametraxes: O resplandor da morte, Memorias dun parado. Actua no papel de Pedro en A noiva de medianoite (1997) xunto con Laura Ponte, Ernesto Chao… No 1999, atraiame o filme A lingua das bolboretas, porque dende que lin esta novela de Manolo Rivas, sentin nela o eco dun mestre represaliado do que me falaban en Guitiriz, onde estivo pouco tempo, na pos-

10

leliadoura eliadoura nº 22

guerra, polo que a miña atención ó filme foi forte, motivado por esta pesquisa: descubrir a verdadeira identidade do ensinante protagonista, Don Gregorio. Vidal Bolano facía o papel de Boal, na adaptación que fixo Cuerda desta novela, Na dobraxe deste filme ó galego interveu un dos fundadores de Xermolos, Xosé Antón López Rodriguez, “o saxofonista”, que traballara na dobraxe con RVB en Galaxia. Nese ano tamén participa na rodaxe de Amor serrano e no 2001 como guionista e actor na serie Un Mundo de Historias (TVG), e en máis adaptacións da literatura: «Cara de Lúa», de Á. Fole, e «O noxo» de E. Blanco-Amor. A súa enfermidade terminal frustrou este proxecto que el ía dirixir. Xa no 2006 Xermolos quixo pulsar o mundo audiovisual dende o protagonismo dos veciños de Guitiriz que estan a desenvolver un papel importante nestes eidos: dirección, dobraxe, actores, son…, e xuntou na Casa das Palabras, ós mentados Antón Ja López Rodríguez e Manolo Espiñeira, E tamén a Paco Ja, técnico de son e autor de videos coma O Casón, seleccionado para a XXXV Semana de Cine de Autor a celebrar en setembro en Lugo…, e a Xosé Barato (Guitiriz 1979) actor con ducias de longas e curtametraxes: Neken, Hai que botalos, Bos días, A mariñeira. Cadea Perpetua, O Hospital, Ribadeo. 1936, Trazos, Canción sen emoción, Houston, Setembro, Campás, 18 Comidas, Retornos, Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, ou series: 4º sen ascensor, As leis de Celavella, A vida por diante, Terra de Miranda, Os Atlánticos. Padre Casares, Matalobos, Mar Libre, El secreto de Puente Viejo... Como presentador: Historias de Galicia, A miña famosa familia, e coma actor no teatro: Exercicios de estilo, Amarillo Moliere, Los figurantes, Miles Gloriosus, Maenechmi, Electra, Cada uno en su cuerpo, Cineclú, O segredo dos Hoffman. Actualmente as Semanas de Video son coordinadas por Xosé A. Cascudo, autor da obra experimental Ladaíña nº 1, guionista de A realidade máxica dirixida por María Cordero... Así mesmo colaborou en labores de crítica na revista Audiovisual Galego. E no teatro a Xunta Local de Guitiriz da loita contra o cancro está a preparar Cultura pa todos, para estreala en xuño. O grupo está formado por 14 persoas, de varias idades, baixo a coordinación de Anxo Manoel Lamelo. Alfonso Blanco Torrado

Alfonso Blanco Torrado


A LUS DO MUNDO ESTÁ EN GUTIRIZ Así se xestou o documental realizado polos alumnos do IES Poeta Díaz Castro era implicar a un grupo de

Para moitos Guitiriz é pouco máis que unha estación de servizo no quilómetro cincocentos corenta da autovía A6 que cruza Lugo. Para mín polo menos era iso. Unha parada para repostar combustible e tomar un café. Pero xa non, e agardo que para a xente que vexa este documental, tampouco. A lus do mundo. Redescubrindo ó poeta Díaz Castro é unha obra colectiva na que se concentran moitos valores, pero sobre todo dous: talento e xenerosidade. O de todos: equipo directivo, profesores, alumnos, traballadores do colexio, equipo da biblioteca... Non é que houbera portas abertas para a realización deste proxecto, é que simplemente non houbo portas.

alumnos e profesores para facer unha pequena peza que axudase a difundir a figura do poeta Xosé María Díaz Castro e reivindicar que se lle adique o Día das Letras Galegas. E con esa idea arrancamos. Os obradoiros celebrábanse un día á semana o que implicaba priorizar moi ben o traballo para que dera tempo a facelo todo sen descuidar unha parte de análise da comunicación audiovisual á que non queríamos renunciar. Non se trataba só de gravar unha película, tamén había que entender que contan as imaxes, como construímos unha narración, cal é o proceso de traballo, as habilidades sociais que nos axudan a conectar cos entrevistados, os detalles da historia que queremos destacar, o estilo, o ritmo.

O proxecto enmarcábase nas actividades dun programa da Consellería de Educación dirixido a acadar a excelencia e para o cal, o centro presentou unha proposta para celebrar este obradoiro de documental. A idea

IES Poeta Díaz Castro

11


Marica Campo

E comezamos polo guión, claro. As ideas chovían. Había un traballo previo co aula de música que se quería empregar e unha sinopse que incluía entrevistas, enquisas, ficción... ¿E por riba con cancións interpretadas? Imposible, pensei. Pero o traballo foi fluíndo e os rapaces cada vez implicábanse máis. Gravaron nas súas casas cos teléfonos móbiles, produciron as entrevistas, prepararon os sets de gravación, fixeron as preguntas, gravaron recursos de imaxe, abordaron á xente para as enquisas, apoiaron todo o plan de gravación e amoldáronse a un proceso de traballo online que nos facilitou operatividade. A nosa pequena película xa estaba en marcha, pero faltaban por sumar as cancións e iso preocupábame, era moi complicado que todo tivese un sentido, que formase parte do mesmo proxecto. Parvadas.

A música resultou ser a luz deste documental, unha luz que se proxecta sobre os versos de Díaz Castro colocándolles o mesmo nimbo que el puxo coas súas palabras sobre as cousas que lle rodeaban, aquí en Guitiriz onde creceu. Porque a poesía vive aquí. Nas paisaxes, nas árbores, nas fontes... e nos nenos e non tan nenos que canturrean Penélope polos pasillos e aínda atopan nos poemas de Díaz Castro frases conmovedoras como os primeiros versos de Esmeralda que se saben do tirón: “Herba pequerrechiña que con medo sorrís...”. Eles teñen moi claro que o poeta que dá nome ó seu colexio merece un Día das Letras Galegas. Eu agora tamén, e penso que calquera que vexa este documental pensará o mesmo, aínda que na película non se diga abertamente xa que non pretende ser unha pancarta se non unha experiencia.

Alfonso Blanco

Así foi polo menos para todos os que participamos do documental e agardamos que esa mesma experiencia a teñan todos os que o vexan, que podan rirse, reflexionar e emocionarse como fixo o equipo da película. Tamén que sirva para descubrirlles Díaz Castro e Guitiriz, onde se agocha un talento inspirador que eu nunca sentira tomando esos cafés con vistas á autovía. Agora xa sei que a poesía non so se atopa, hai que buscala, e por iso pido café para levar e tómoo nos Sete Muíños, a carón do río. So tiven que cambiar de desvío na A6 e alí estaba, a lus do mundo. Gracias Guitiriz. Por Cristina de la Torre

12

leliadoura eliadoura nº 22


MISTERIOSO VIAXE O MUNDO DA GRAVACIÓN SONORA O curso avanza sutilmente o seu esvaecemento .T odo o que estivemos .Todo traballando estes meses, atopa a súa vía de escape, na gravación da banda sonora orixinal e inédita, da música do documental, que mostrará ó mundo a Xosé María Díaz Castro o poeta que da nome o noso instituto.

Os alumnos que forman parte da parte de produción e realización, traballan duro dirixidos por Cristina de la Torre de Passenyvean Vídeos -Comunicación Ideas. Os alumnos que forman a plantilla sonora destas pezas, afinan as guitarras e templan a voz con Sandra a profesora de música. Expectantes... esperamos a chegada de Pablo, o sonidista que se ocupará desta gravación; músico, compositor e vocalista do grupo coruñés “Misterioso Viaxe Holanda”. O pasado mércores 8 de maio, o salón de actos converteuse nun estudio de gravación sonora; micros, cables, mesas, conexións jack, e todo... sen perder tempo.. como verdadeiros profesionais. ¡ A traballar!, claqueta e gravando. Tres poemas de Díaz Cas-

tro, forman parte desta B.S.O, un clásico no instituto, “Penélope,” que vai mellorando ano a ano , máis dúas pezas inéditas, os poemas “Coma un río” e “ A noite é necesaria”, toda a música interpretada por alumnos de 3º e 4º da E.S.O e composta pola profesora de música Sandra. Tres pezas orixinais e diferentes. “Como un río” é un tema que combina de forma creativa, a interpretación rapeada a cargo de David Gómez, alumno de primeiro de Bach e a participación coral dos terceiros da ESO. David encargouse de crear tres novas estrofas a este poema, nelas debuxa con palabras, sentimentos que enriquecen de forma inigualable o texto do poeta. O coro é interpretado polos 32 alumnos de 3º da E.S.O e 17 guitarras de 4ª A e 4º P.D.C, na sección da corda. Destaca a interpretación dos solistas nas guitarras, Brais e Xurxo, que afrontaron as súas intervencións con precisión e moita profesionalidade. O tema “A noite é necesaria” foi composto por Sandra o pasado venres dez de maio, en só 6 días...”¡kualitecuá!”.. xa se estaba gravando coa participación dos alumnos de 4º A, o que demostra a eficiencia e o bo traballo de equipo levado a cabo polos músicos...Foi un pracer...isto non o imos esquecer nunca.

IES Poeta Díaz Castro

13


Intercambio con Friol Hai uns meses recibimos a visita dun grupo de alumnas e alumnos do CPI Dr. LÓPEZ SUÁREZ de Friol. Sorprendéronnos cuns sorprendentes e divertidísimos monólogos e a estupenda interpretación musical a cargo dun grupo de pandereteiras.

Nos quixemos devolver a visita. O martes 21 de maio, un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO do noso instituto, desprazáronse a Friol. Os alumnos de 4º de Friol fixeron de guías polo seu centro. Os alumnos de música de Guitiriz interpretaron na biblioteca preciosas pezas musicais: tres poemas de Díaz Castro, “Penélope,” “Coma un río” e “ A noite é necesaria”, compostos pola profesora de música Sandra. Despois un grupo de alumnas de 4º realizou unha divertida presentación matemática. A Presentación titulada «O sabor das matemáticas» mostra unha serie de pratos, ¡ricos, ricos, ricos...!, cuxa base son as matemáticas e un dos que máis

14

leliadoura eliadoura nº 22

impacto foi o titulado «O camiño de Santiago» que mostra os conceptos de superficie cilíndrica, representado por unha salchicha, o concepto estatístico da nube de puntos representado polas estrelas que mostran o camiño cara a Santiago, a descontinuidade representada polos «puntos» illados que ben poderían ser unha alegoría das etapas para chegar a meta final. Outras diapositivas mostran diferentes aspectos culinarios que están reflectidos en superficies e conceptos matemáticos coa súa respectiva fórmula.

A xornada rematou coa representación teatral de «A serpe da cova» na torre de San Paio onde visitaron o Museo Etnográfico Provincial. Nesta xornada de convivencia, compartiron experiencias e uns e outros amosaron parte das actividades que en cada centro se desenvolven. Esperemos que isto teña futuro!


Viaxe a Roma O alumnado de 4º de ESO e Primeiro de BAC estivo en Italia acompañados por María Miragaya e Julio González

Saímos do instituto pola mañá cedo e collemos o avión as 16:20 en Lisboa. Unha gran experiencia. Chegamos a Roma as 20:30 e rapidamente probamos as primeiras pizzas. Despois fomos dar un paseo e tiramos unha moeda á Fontana di Trevi. O primeiro día visitamos varios monumentos acompañados dunha guía, entre eles o Coliseum. E pola tarde visitamos e desgustamos a pasta do Trastévere. Volvemos ao hotel coa lingua de fóra de tanto andar. O sábado visitamos o Campo de Fiore de camiño ao Vaticano. Alí visitamos os museos Vaticanos, a Capela Sixtina e a cúpula de San Pietro, as vistas eran fermosas. Cando voltamos ao hotel viñamos cos pés arrastro. O domingo partimos cara Florencia, onde o primeiro bonito que vimos foi o recepcionista do hotel, que pronto nos despedimos del para ir ver o Duomo, e a hora de comer timáronnos 6€ por una botella de auga. Pola tarde visitamos a Plaza de Miguel Ángel e voltamos ao hotel dando un relaxado paseo. Ao día seguinte fomos cunha guía ver distintos monumentos. Tivemos a tarde libre para facer compras. Despois de visitamos un palacio cunhas vistas preciosas de Florencia. O último día visitamos o Palacio Piti. Despois dun xantar rápido, voltamos a fume de carozo ao hotel para non perder o bus. Con gran tristeza por abandonar este fermoso país, tomamos o avión cara Lisboa. Pasamos a noite no bus e chegamos a nos aterra ás 9:00. Mª Elena Combo Vilas 4º ESO Manuela Campo Prado

4º ESO IES Poeta Díaz Castro

15


Coidar as cousas ten a súa recompensa

Como premio polo coidado con que usaron a súa aula durante o pasado curso 2011-2012, os alumnos/as que nese curso estiveron no grupo 1º de ESO A, foron agasaiados cunha unha pequena excursión a A Coruña o martes día 23 de outubro de 2012. Entre outras cousas poideron emular ós Picapiedra, amosando as súas habilidades nos bolos. Foron acompañados pola súa titora o no curso anterior a profesora de inglés Manu Balsa.

Contos matemáticos O venres 26 de outubro do 2012, estivo no noso instituto Julio Rodríguez Taboada, presidente de AGAPEMA, Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática. Impartíu unha charla baseada no seu libro «Contos Xeométricos» do que é autor xunto coa súa dona Teresa Fernández . Julio tamén forma parte do grupo de profesores e profesoras do Proxecto ESTALMAT Galicia. A súa intervención tivo dúas partes ben diferenciadas, o conto sobre mosaicos, que se desenvolve no plano e o conto sobre os poliedros que transcorre no espazo. Durante toda a conferencia o alumnado puido intervir con respostas a situacións que lles propoñía e tamén facendo preguntas que foron xurdindo ao longo de toda a conferencia. Durante case hora e media estivemos disfrutando e aprendendo matemáticas, partindo dos 3 polígonos regulares que se crían especiais por poder formar mosaicos a diferenza dos que non podían, sendo os representantes destes últimos os pentágonos que decidiron

16

leliadoura eliadoura nº 22

emigrar a outras terras onde si puidesen formar colonias, o que conseguiron cando deixaron de vivir no plano e accederon ao espazo tridimensional para xuntarse creando os dodecaedros... pero a historia é máis longa. Na segunda lectura dos “Contos Xeométricos” apréciase a crítica social á nosa sociedade seguindo a tradición doutros autores como Abott no seu libro “Planilandia” ou J J Millás e Forges na obra “Números pares, impares e idiotas”. Estas tres obras son un reflexo de cómo desde as matemáticas se pode artellar una visión social e construtiva analizando clichés e levándonos á reflexión dos nosos costumes.


VOLUNTARIOS SOLIDARIOS ’12-’13 Este ano os voluntarios solidarios tampouco descansamos. Durante todo o curso levamos a cabo moitos proxectos, nos cales de seguro que ti tamén participaches.

O pasado Nadal creamos un banco de alimentos para once familias que o precisaban de Guitiriz, recollemos roupa e material infantil para unha meniña de só 5 meses cuxos pais están en paro e colocamos un posto no hall do instituto para a venta de produtos de Comercio Xusto. O diñeiro que se recadou delas recollemos móbiles usados que se reciclarán para fabricar outros novos, e na outra confeccionamos marca páxinas o máis orixinais posible que logo vendemos. O diñeiro recadado será destinado á asociación Save the Children, que está axudando humanitariamente na rexión do Sahel. Cabe dicir que todos estes proxectos foron un verdadeiro éxito. Os voluntarios estamos moi agradecidos a todos aqueles que aportastes o voso gran de area. O ano próximo continuaremos a nosa labor, que esperemos se estenda máis aló do instituto. neste último foi parar directamente a quenes fixeron o produto. Tamén organizamos unha campaña de recollida de roupa usada que se vendeu a unha empresa téxtil. Acadamos 1800 quilos!!! O diñeiro recadado foi destinado directamente a axudas para o pobo saharaui. Ao longo da segunda avaliación puxémonos de novo en contacto coa Asociación Padre Rubinos da Coruña, e aportámoslles cepillos de dentes, pasta dentífrica e coitelas de afeitado. Durante a última avaliación levamos a cabo dúas campañas: nunha

IES Poeta Díaz Castro

17


Encontros en 2º ESO Ao longo deste curso, os alumnos de 2º da ESO do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz tivemos varias visitas de distintas persoas que nos viñeron a falar do seu traballo. Tivemos a sorte de contactar con eles para que nos contaran curiosidades e aspectos interesantes dos seus empregos, dos que aprendemos moito. A estas persoas elaborámoslles un Curriculum Vitae que despois lles entregamos, e fixémoslles unhas preguntas. Como mostra do noso agradecemento por vir a darnos as charlas agasallámolos cun pequeno detalle. Primeiro veu un veterinario, Alfonso Subiza; logo un comercial, Pablo Torres; seguidamente un practicante de aquí do pobo, Xoán M. Arias; e, por último, un encargado de finanzas que traballaba para unha petroleira e que nos ensinou técnicas variadas para entrevistas de traballo, Pedro Blesa. Estas visitas parecéronnos moi interesantes e unha boa forma de aprender con vistas a un futuro sobre a profesión que poidamos querer exercer.

SARA CAMPOS GONZÁLEZ 2º ESO B

CIENCIAS PRÁCTICAS O venres 16 de novembro, acompañados/as polos/as profesores/as Ramón Erias vilas e Ana Sánchez, un grupo de alumnos/as de diversos cursos desprazaronse a Vigo, onde visitaron o museo do mar e a escola técnica superior de enxeñería de minas da universidade de Vigo.

18

leliadoura eliadoura nº 22


ENTROIDO

Xa vedes, outra vez o insti cheo de xente rara

IES Poeta DĂ­az Castro

19


COMPOSTELA

MATEMÁTICAS E ROMÁNICO

Sexa como sexa ó final acabamos subidos no tellado. O noso é estar nas nubes, ou cerca. En todo caso calquera desculpa e boa para gozar do Compostela, da catedral e da estupenda visita ós tellado.

Alumnos de 4º PDC e 1º BAC

Organizada polo DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS do IES Poeta Díaz Castro, o luns día 29 de abril, o alumnado de 4º de ESO, 4º de PDC e 1º de BAC fixo unha visita a Santiago de Compostela na que desenvolverán diversas actividades relacionadas coas Matemáticas e coa Historia. Como non podía ser doutra forma, despois das mates rematamos nos tellados

Outros nos tellados

Alumnos de 4º ESO

Os alumnos de 2º de ESO tamén estiveron en Compostela e, como non, subiron ós tellados da Catedral. Despois fixeron un recorrido pola cidade. Algúns lograron completalo nun tempo record, localizar todos os edificios propostos e algún máis. Outros estiveron algo desorientados ou demasiado entretidos noutros asuntos. En fin, que se fixo algo curto. A actividade estivo organizada polo Departamento de Xeografía e Historia.

20

leliadoura eliadoura nº 22


Dias de Radio O alumnado de 1º de e.s.o., xunto co grupo de diversificación curricular de 3º de e.s.o. gravaron un programa de radio na facultade de periodismo de santiago de compostela. aproveitaron o resto do día para coñecer mellor compostela e subiron os tellados da catedral. A actividade estivo organizada polo departamento de lingua castelá e literatura

O día 14 de marzo os alumnos de primeiro da ESO fomos grabar ao estudio de radio da Facultade de Periodismo da Universidade de Santiago de Compostela. Para ir a grabar eses contos tivemos que adicar tres meses aproximadamente a preparalos. Primeiro, dividímonos en grupos. Despois a partir dun texto elaboramos ou adaptamos un conto e repartímonos os personaxes. Pasamos as clases de lingua castelá practicando e grabandonos contando as historias. Máis tarde, buscamos e introducimos efectos de son, cós que fixemos nós unha gravación final. Despois de facer todo iso fomos a Santiago de Compostela a facer a gravación definiti-

va, a que sairía pola radio. O estudio de gravación era unha enorme sala na que había unha mesa con varios cascos e varios micrófonos, cada un coa súa cadeira para poder sentarnos. Así mesmo había unha zona destinada a bancadas para que o público ou as persoas que estaban esperando o seu turno puideran sentarse. Tamén había unha cabina, á que tiñas que acceder por outra porta, e onde se colocaba o técnico, que era o que nos daba a entrada e a saída e o que mesturaba os sons. Cando nos sentamos, xa para gravar o texto definitivo íamos oíndo polos cascos como quedaría o conto unha vez rematado, xa con todos os efectos e a música de fondo. Tíñamos que estar moi atentos ao que nos dicía o técnico para así poder seguir a historia e que saíra todo ben, cun gran resultado final. Tamén tiñamos que ter moito coidado de que nin se oíra a nosa respiración para que no conto non ruído exterior. Foi unha experiencia que, aínda que implicou moito traballo, foi moi recomendable e a todos gustounos moito, tanto ir a gravar a un estudio de radio ou saír nesta. Marta Vázquez Gómez, 1ºESO B

IES Poeta Díaz Castro

21


Despedida 2º BAC... O venres 24 de maio despedimos a unha nova promoción de bacharelato. A celebración acudiron os alumnos de “º de BAC, as súas familias e amigos e unha boa parte dos profesores que os acompañaron e guiaron neste longo camiño. Durante o acto, presentado por Julia e Sergio, tivemos tempo para recordar algúns dos bos momentos pasados nestes anos (os malos xa están esquecidos). En nome dos profesores falou o seu titor neste último curso, Santiago, e representando ó alumnado, Noemí, Inma e Marta, cun emotivo discurso que reproducimos a continuación. Os vosos compañeiros e todo o profesorado vos desexamos a mellor das sortes nesta nova etapa. Animo e a por todas!!

22

leliadoura eliadoura nº 22


O malo que teñen as cousas boas é que non sei como o fan, pero saben voar. De repente atópaste diante dun folio en branco esperando emocionar a uns cantos corazóns que te levan acompañando durante 6 largos anos, e que voan como si outubro tivese complexo de cerca. Intentas recordar algún que outro segredo gardado polas esquinas, ou acudir a algúns segundos que deixamos perdidos para de vez en cando atopalos. Chegan recordos, os que van deixando lugares de cando pasan os días e de cando pasa a xente. A verdade é que o nosa xeración caracterízase por ser difícil de levar, por seguir demasiado os nosos camiños e non atender a indicacións doutros, pero da mesma maneira caracterizármonos por saber salvarnos mutuamente. Pode que discutamos máis do normal, pode que moitas veces non nos entendamos, pero tamén teño a certeza de que cada un deixa o seu anaquiño de maxia. Entre nós atopamos amigos, atopamos simplemente compañeiros, ou incluso atopamos o amor. Mais quero pensar que nun futuro olvidaremos todos os malos entendidos que puideramos ter e recordaremos cun sorriso a aquelas persoas coas que compartimos centos de horas nunha das mellores etapas da nosa vida. É o momento de botar a vista atrás e apreciar que somos fortes, somos daquelas persoas capaces de ganarlle a batalla máis dura o inverno e darnos conta de que non era para tanto. Que cando apertou o frío, sempre contamos con algún de nós para apertarnos a man, axudándonos a perder o medo a ter medo. Sei que despois de tanto cambiar, seguiremos sendo os mesmos, e que despois de camiñar, moitas veces volveremos sempre o mesmo sitio. E un os nosos sitios sempre estará aquí Pois agora, a punto de cruzar a porta de entrada por última vez, o baúl de cada un de nós desborda eses recordos que fomos acumulando durante estes seis anos, é o momento no que recordamos o primeiro día de clase e os nervios que recorrían o noso corpo, recordamos cada fin de curso e esa alegría de empezar o verán ao igual que recordamos o amargo sabor de cada setembro, sen darnos conta recordamos todos e cada un dos momentos entre estas paredes, e entón decatámonos de que imos acabar botando de menos o que un día botamos de máis e por suposto a razón desta melancolía responde a unha soa causa, vos, sabedes que un grazas se vos queda demasiado corto pero igualmente grazas por cada un deses momentos con pase directo aos nosos corazóns. A vida regálanos unha nova etapa para escribir coma se fose un libro, pero non vos preocupedes polo futuro. Ou si, pero debedes saber que preocuparse é tan efectivo como levantarte unha postila día tras día e pretender non ter a marca da ferida tempo despois. Recordade que de nada sirve a riqueza nos bolsillos se hai pobreza na cabeza, e facede todos os días algo que vos asuste. Cantade. Non xoguedes cos sentimentos dos demais, nin permitades que ninguén xogue cos vosos. Tomádevos a vida con calma, unhas veces vamos ganar e outras perder, e ó

IES Poeta Díaz Castro

23


final sempre se compite contra un mesmo. Recordade que mentres vós mesmos vaiades decidindo, todo vai ben. Tede máis proxectos que recordos, pois din que é a única maneira de manterse mozo. E sobre todo, intentade dedicarvos a algo do que non queirades xubilarvos nunca. Facer o que che gusta é liberdade, pero que che guste o que fas é a verdadeira felicidade. Cando eramos nenos preguntábannos que queríamos ser de maiores, e contestábamos cousas como: Astronauta, bailarina, princesa, veterinario... Tempo despois volveron a preguntárnolo, e as nosas ideas xa tiraban cara futbolista, deseñadora de moda, ou incluso éstrela de rock. Agora que «somos maiores» é o momento de tomar decisións, todos queren saber unha resposta seria. A única resposta que podo aportar é a seguinte: quen narices o sabe? Creceremos, formaremos familias, casarémonos, divorciarémonos... Pero moitas veces seguiremos tendo os mesmos problemas que ós 15 anos e seguiremos tropezando. Non é o momento de tomar decisións rápidas, estamos no momento de cometer erros, de subir ó tren equivocado

e extraviarse, perderse para rematar atopándose a un mesmo, de recordar que despois dun parénteses, escribir outro parágrafo tamén é bonito... De licenciarse en filosofía porque é imposible facer carreira nela. De cambiar de idea e de volver a cambiar, porque nada nesta vida é permanente. Agora que os nosos camiños se separan, só quero dicirvos que cometades todos os erros que poidades, porque estes acaban converténdose en leccións e algún día cando nos pregunten que queremos ser, non teremos que adiviñalo ou dubidar, senón que o saberemos. Dicía John Lennon: «Cando eu tiña 5 anos, miña mai sempre me dicía que a felicidade é a clave para a vida. Cando fun ó colexio, preguntáronme que quería ser cando fose maior. Escribín «feliz». Dixéronme que eu non entendía a pregunta. Díxenlles que eles Inma e Marta non entendían a vida”

24

leliadoura eliadoura nº 22


Aquí tedes algúns dos traballos realizados polos alumnos de Técnicas grafico-plásticas de segundo de BAC

PINTURA

Inma Veiga

Laura López

Julia Saavedra

IES Poeta Díaz Castro

25


CONCURSO DE COCA-COLA Un ano máís un grupo de alumnas (que pasa cos rapaces, non saben escribir?)do IES Poeta Díaz Castro participaron no concurso de relatos de de Coca-cola

Coca-Cola, aínda que é una empresa de produción de bebidas tan coñecidas como a Coca-Cola ( a típica bebida desta empresa), a Fanta,as bebidas isotónicas como o Acuarius ou o Powerade,as bebidas que dan moita enerxía como o Burn, as gaseosas como Schuss, e outras moitas bebidas que se fixeron co paso dos anos; ,pese a iso tamén se dedica a outras moitas cousas. Unha das súas iniciativas é a realización de dous concursos anuais que buscan descubrir novos talentos xuvenís. Estes concursos consisten en facer un relato curto na categoría xuvenil ( 2ºESO) ou facer un vídeo-relato tamén da mesma categoría. Nós, seguindo a tradición deste instituto desde hai algúns anos, participamos no concurso de relatos en Galego. Con esta experiencia empezamos no IES, onde fixemos as primerias prácticas e onde elaboramos unha serie de relatos inspirados nalgunha frase, (esta deberíase incluír en calquera lugar do conto) e afortunadamente Eva Fernández de 2ºA,Adrián Campello de 2ºA,Jesús Roca de 2ºA,TaniaCampellode 2ºB,Sara Campos de 2ºB, Sandra Calvo de 2ºB , Noemi Carro de 2ºB e eu,Sabela Salgueiro de 2ºB, fomos elixidos para ir representar ao Díaz Castro á Coruña ao Colexio Liceo La Paz. Alí, separáronnos por aulas, en total catro, e distribuironnos por orden alfabético.A inspiración que nos deron foi uns versos de Rosalía de Castro de seu poemario “Cantares Ga-

26

leliadoura eliadoura nº 22

llegos”; o motivo, o seu 150 aniversario. Contabamos con 2 horas para liberar a n o s a imaxinación e realizar o noso mellor conto baseándonos nos versos de Rosalía. Cando remat a m o s dirixímonos fóra do colexio e alí falamos un anaco ata atoparnos co profesor. Falabamos dos contos que fixeramos naquelas aulas e aínda que os versos eran os mesmos para todos, o conto de cada un era moi diferente ao do outro. Esta experiencia foi moi emocionante, e recoméndolla a todos os nenos ou nenas ós que lles guste facer contos, xa que é unha boa maneira de liberar o teu interior. Tamén nos queda a todos clara unha cousa, ese 19 de abril de 2013 na Coruña foi inolvidable. Sabela Salgueiro


MUSICA DE FONDO O alumnado de música fíxese oir e ver ó longo do curso Que siga así

Día da Música 22 de Novembro Xuntanza Espontánea en Re mayor.

Os músicos de 3º da ESO templaran os seus instrumentos de vento, memorizaban notas e pasaxes de última hora... as guitarras de 4º punteaban para ir sacando os nervios fora e quentar os dedos para chegar a facer os novos acordes estudados. As tres voces solistas, uniríanse por primeira vez nunha única voz para expresar a mensaxe de esta peza tradicional...”Ancares” . A verdade... e que non sabíamos si seríamos capaces de comezar e rematar xuntos en condicións, xa que era un 1º ensaio para todos, pero sendo ou non crentes,... está claro que a patrona da música Sta Icía, intercedeu por nós e ...velaí tedes o resultado final.

Taller PRÁCTICO DE CORD A e CORDA reparacións varias. O grupo de 4º do P.D.C son verdadeiros manitas da reparación instrumental e recambio de cordas...encargáronse de poñer os instrumentos ó día, con eficacia e precisión técnica, afinación e sutileza, para que todo funcione correctamente na aula Xesús Bal e Gay, de maneira que non xurdan problemas inesperados, nos vindeiros concertos e gravacións do músicos do centro, no mes de Maio. Grazas a todos eles pola súa dedicación e paciencia. As cousas non se fan solas, sempre hai alguén detrás traballando.

IES Poeta Díaz Castro

27


“O impacto da crúa sonoridade sonoridade” Xoves 25 de Abril, o destino deparounos a inesperada asistencia ó “Concerto para violonchelo” do austríaco Friedrich Gulda (13002000), e dicimos inesperada, xa que habíamos quedado fora do grupo de centros admitidos...pero vendo o riquiños que somos e o moito que traballamos os músicos do centro...cambiaron de opinión e fixeron un oco o mesmo día que gravaba a radio galega. Gulda, levounos con este concerto, a unha viaxe única e organizadamente tola, polas harmonías renacentistas da guitarra, o mundo dos clásicos, as estruturas académicas de Mozart e a paixón solitaria e aterradora

28

leliadoura eliadoura nº 22

de Beethoven. E si isto parecía pouco, vivimos esta mestura coas expresións jazzísticas da primeira metade do século XX. Algúns quedamos impactados pola sonoridade instrumental crúa, que desgarra o oído, acostumado as construcións plástico-numéricas dos discos compactos. Músicos do centro, sorprendidos pola capacidade técnica dos metais e os ventos madeira, que nos levaron do estrondo militar, circense e de desfile as atmosferas máis sutís, fixéronos esquecer, que non tiñamos diante a clásica plantilla orquestal de corda fretada. O magnífico destino, topounos enfronte coa arrolladora forza técnica, controlada e expresiva do solista alemán Thomas Piel. Con todas estas casualidades, fomos durante un tempo, os seres máis afortunados do mundo, pensando nas horas que o violonchelista, levaba estudados eses vertixinosos pasaxes que vimos na partitura e que nos parecían na clase humanamente intocables,... pois alí estaban sonando para nós. Por certo, un intérprete, nunca da tanto no escenario, si non fose consciente de que tiña alí a un público plenamente entregado. Grazas a todos por este momento.


ZINABOU dra alí. A muller nixeriana amosounos a outra cara da súa relixión e todo o que esta conleva. Ese lado no que son as propias mulleres as defensoras de levar pano, as que aceptan a servidume, tal e como eu o vexo desde lonxe; unha dedicación absoluta á familia para nada cuestionable na meirande parte das casas. ZINABOU optou, apoiada por un seo familiar pouco común, por coller o camiño tan pouco aberto ao xénero feminino: estudar. Estudar

No marco do PROXECTO MULLERES E DESENVOLVEMENTO NA ÁFRICA SUBSAHARIANA, o dia 22 de maio, mércores, tivo lugar no noso instituto un coloquio organizado polo departamento de Ciencias Sociais, e pola profesora deste departamento, María José Fernández Gallego.

A mestura de dúas culturas, dúas formas de vivir e de pensar na mesma habitación resultoume canto menos reveladora. Contrariamente a aquilo que eu tiña pensado, ZINABOU non fixo máis ca mostrarnos a súa conformidade con moitas das doutrinas importantes en Níxer, país do que ela nos falou dende o coñecemento de quen nace e me-

sabendo que as posibilidades de exercer son tan escasas como a comida en época de seca, nun país no que as chuvias só aparecen nun trimestre ao ano e a fame azouta en moitos fogares. ZINABOU contounos a dificultade que supón estudar en Níxer, as dificultades sociais, xeográficas e económicas que hai que superar e, se con algo me quedo, é coas súas palabras, mentres lle ensinabamos as instalacións do noso IES, cheas de abraio e pedíndonos, case rogándonos, que aproveitásemos todo aquilo que nin ella nin os seus fillos poden desfrutar. Amanda 1º BAC

IES Poeta Díaz Castro

29


MERCAMOS LIBROS PARA BIBLIO

As cousas de Biblo

Un ano máis fomos a mercar libros para Biblo. Estivemos no Fnac, onde, despois de dar moitas voltas e pensar moito nos usuarios da nosa biblioteca mercamos unha chea de aventuras, amores, rupturas traumáticas, algún seres fantásticos e, como non, algún que outro crime. Cando rematamos fomos a fundación Barrié onde fixemos un divertido interesante taller de arquitectura. Despois de ver a estupenda exposición e atender as explicacións, poidemos experimentar e probarnos como arquitectos- Aínda que pola foto parece que algunhas o fixeron moi mal e acabaron entre rellas o certo e que nos felicitaron polo traballo e a boa actitude do alumnado. Podedes ver máis en http://biblodiazcastro.blogspot.com.es/search/label/Fna

30

leliadoura eliadoura nº 22


TOLERANCIA.

As cousas de Biblo

O 16 de novembro celebramos o sia internacional para a tolerancia. Como somos moi orixinais o fixemos con libros (raro na biblioteca)

Parece unha palabra con pouca aceptación. Dende logo non queremos que digan de nos que somos intolerantes, pero si din que somos moi tolerantes parece que… non sei, que somos débiles, brandos, que se pode facer de nos un pandeiro? Que entendemos por tolerancia? Se cadra estes fragmentos da Declaración de Principios sobre la Tolerancia da Unesco do 16 de novembro de 1995 axúdanos a saír de dudas «A tolerancia é o respecto, a aceptación e o aprecio da riqueza infinita das culturas do noso mundo, das nosas formas de expresión e medios, de ser humanos. Foméntarna o coñecemento, a apertura de ideas, a comunicación e a liberdade de conciencia. A tolerancia é a harmonía na diferenza. Non só é un deber moral, senón unha obriga política. A tolerancia é a virtude que fai posible a paz e que contribúe á substitución da cultura de guerra pola cultura de paz. A tolerancia non é concesión, condescendencia nin indulxencia. Ante todo, a tolerancia é o recoñecemento dos dereitos hu-

manos universais e das liberdades fundamentais dos demais. En ningún caso pode utilizarse para xustificar o quebrantamento destes valores fundamentai Practicar a tolerancia non significa renunciar ás conviccións persoais nin as temperar. (…) Significa aceptar o feito de que os seres humanos, naturalmente caracterizados pola diversidade do seu aspecto, a súa situación, a súa forma de expresarse, o seu comportamento e os seus valores, teñen dereito a vivir en paz e a ser como son.

OBRADOIRO DE POESÍA Pechamos o mes de abril coa inestimable visita de Dores Tembrás, filóloga e escritora galega, para adentrarnos na cociña da escritura e argallar nas entrañas da palabra, das palabras pequeniñas e cotiás, explorando as súas potencialidades emotivas, esas que as conectan co noso mundo máis íntimo e que transforman a realidade na «nosa» realidade, a máis persoal, a intransferible, nunha realidade única. Con Dores Tembrás viaxamos ao mundo do sensible, ao mundo da creación poética. Unha experiencia moi interesante co alumnado de 1º e 2º da ESO que, entre outras cousas, permitiunos recordar que a «inspiración» só nos asalta cando estamos traballando.

IES Poeta Díaz Castro

31


AMOR!! Na biblio andamos moi preocupados e ocupados con isto do amor. E non so o 14 de febreiro. Cada catorce de novembro a biblioteca énchese de corazóns cargados de amor e por suposto, libros con máis amor aínda. Outro ano máis repartimos libros, flores e cartas de amos. Nin os máis duros puideron resistir a tentación

Taller de rap O nove de abril o alumnado de 4º de ESO.asistiu a un taller de rap con Garcia, do colectivo dios ke te crew. Despois de contarnos algo da historia do Hip Hop estivemos traballando con letras e ritmoso a Ó final sairon algunhas cousas feitiñas.

32

leliadoura eliadoura nº 22

As cousas de Biblo

14 DE FEBREIRO


SAMAÍN NO IES

O 1 de novembro pode pasar de todo. Que un grupo de zombis invada o instituto, que arañas, morcegos e paxaros de mala sombra ocupen a biblioteca, ou que algúns perdan a cabaza, digo a cabeza. Todo iso non impide que algúns, un tanto recreos, iso si, sigan indo á biblioteca.

As cousas de Biblo

Ó natural son moito máis monstruosos

Na biblio non discriminamos á xente pola súa pinta

O equipo da biblio traballando

IES Poeta Díaz Castro

33


DIA DO LIBRO O día 3 de abril acudimos, como nos anos anteriores, ós colexios de Lagostelle, Parga e A Castellana para celebrar o día do libro.

2º 1nfantil º 1º ESO

As cousas de Biblo

Case 100 alumnos do insti (case o 70% do alumnado de secundaria) prestáronse a compartir un rato de lectura e diversión cos pequenos de infantil e primeiro ciclo de primaria. Na biblioteca estamos moi satisfeitos da resposta do noso alumnado e do seu traballo. Durante a semana anterior estivemos, con moita ilusión, preparando as lecturas, ensaiando en casa e en clase. A xornada foi estupenda; grandes e pequenos disfrutaron xuntos da lectura. Uns días antes escribimos unhas cartas a cada un dos pequenos lectores para contarlles o que íamos facer. ´despois duns día recibimos a súas respostas. Aquí tedes unha pequena mostrta do que fixemos e do que fixeron os pequenos.

34

leliadoura eliadoura nº 22


IES Poeta Díaz Castro

35

3º 1nfantil º 2º ESO

As cousas de Biblo 1º 1nfantil º 1º ESO


36

leliadoura eliadoura nº 22

As cousas de Biblo

2º Primaria 2º ESO

1º Primariaº 3º ESO


As cousas de Biblo

Dende os coles recibimos algunhas cartas, moitos debuxos e un precioso libro feito con debuxos e textos dos pequenos de último ano de infantil. Para nos foi unha grande satisfacción recibir todo este material e sobre todo comprobar, a través del, que os pequenos o pasaron ben cos contos e que, coa axuda das súas profesoras, foron aínda máis aló. Anímanos a repetir, (lecturas, non curso). Con todo isto fixemos unha mostra na biblioteca

IES Poeta Díaz Castro

37


LETRAS GALEGAS NO MERCADO

Alumnos do instituto e o colexio leron poemas de Xosé María Diaz Castro, Marica Campo, Manuel María,Rafa Villar, Eva Vaiga, Darío Xohan Cabana, Pilar Pallarés, etc. A parte musical correu a cargo de alumnos da Escola de música de concello, que inter-

38

leliadoura eliadoura nº 22

pretaron tres pezas tradicionais, e de alumnos de música do instituto, que interpretaron tres poemas de Xosé María Díaz Castro: “PENÉLOPE” de, “Coma un Río”, e “A noite é...”, pertencentes o poemario NIMBOS. A música dos poemas está composta pola profesora do centro Sandra Tenreiro, pensada en todo momento para ser interpretada por alumnos de esta etapa educativa na que xa teñen conceptos básicos de harmonía e uso da voz para poder levalos a cabo. A lectura de poemas por parte dos rapaces dos centros, o son da Banda de Gaitas un Trío de frauta e dúas guitarras da Escola Municipal, xunto coa interpretación de poe-

As cousas de Biblo

Para conmemorar o día das Letras galegas volvemos, outra vez, ó mercado de Guitiriz a ler poemas, cantalos, tocar música e sobre todo compartir este día con todos os veciños da vila. Pero ademais este ano quixemos facer este acto máis cercan ó pobo convidando a participación ó colexio de Lagostelle e a Escola de Música de Guitiriz.


As cousas de Biblo

mas musicais inéditos interpretados polos alumnos, resultan un programa orixinal e completo para conmemorar este día. Os pequenos do colexio o fixeron especialmente ben, vese que detrás hai moito traballo. A interpretación musical que foi estupenda. Esixiu un importante esforzo por parte dos alumnos e a súa profesora que esperamos quedara releixado na súa actuación A conexión establecida entre literatura e música a través de este proxecto, é fabulosa. Os rapaces vense na obriga de ler os poemas e somerxese neles para acadar a interpretación desexada, poñen os seus coñecementos musicais o servizo da palabra.

Favoreceuse o desenvolvemento da sensibilidade artística nun campo moito máis amplo que a propia música soa podería acadar, abríndose as portas a unha expresión artística diferente para os alumnos e enriquecedora, xa que nalgúns casos xa eles mesmos póñense a compoñer ideas novas que non contaban ter na súa cabeza. Con esta celebración estreitamos a nosas colaboracións co colexio, iniciadas xa coa actividades de “Compartindo Contos” e a escola de música do concello. Esperamos para ó ano a participación doutros colexios da zona. Nuns día esperamos ter un vídeo coas imaxes do acto. Que poderedes ver no blog da biblioteca De momento podedes

ver algunha fotos

IES Poeta Díaz Castro

39


Relatos e testemuños falan de palabras conxeladas no xeo, que ao quentarse coas mans se convertían en sons,...de libros que dándolles corda e colocando unha agulla no capítulo desexado, o lían en voz alta... Estamos ante a viaxe sonora, ata o mundo do Vinilo. O sono de gravar música, ven de lonxe. Nos o descubrimos da man do alumnado de 4º ESO de música, que fixeron unha boa investigación sobre a evolución dos diferentes métodos de gravación sonora. O seu traballo quedou plasmado nunha exposición de carteis. Na biblioteca completamos o seu traballo cunha mostra de vinilos. Durante dúas semanas convertemos a biblioteca nunha fonoteca. Nos recreos os alumnos puideron escoitar os discos. Non imos dicir cal foi o máis solicitado

Zanfonas

J.M. Grandío, Manuel Vizcaino, Pablo Pintor ensináronnos o proceso de construción das zanfonas, de feito as zanfonas que utilizaron no concerto construíronas eles. Tamén falaron da historia déaste peculiar instrumento e finalizaron coa mostra de diferentes «xoguetes musicais» construídos con materiais de uso común.

40

leliadoura eliadoura nº 22

As cousas de Biblo

Fonoteca na biblioteca


CORRELINGUA

As cousas de Biblo

Co lema “o galego, a chave do mundo” celebrouse este ano o xa tradicional CORRELINGUA. Un ano máis acudimos á cita, xunto con outros moitos colexios e institutos da provincia, para reivindicar o dereito á existencia como galegos cunha lingua propia á que convén mimar. Pasámolo moi ben, a mágoa foi ter que voltar cando a festa comezaba a animarse...Por suposto, levamos a nosa pancarta...que xa vai tendo algo de historia!

Novas tecnoloxías na biblio Pensando no duro traballo de mover libros dun lado para outro os alumnos de PCPI fixeron un magnífico carro, ou carromato ,onde podemos cargar ducias e ducias de libros. As espaldas dos encargados da biblioteca o agradecen

IES Poeta Díaz Castro

41


PROPOSTAS DAS LECTORAS

Se non sabes que ler este verán aquí tes algunhas ideas. Seguro que hai algo para ti

Michael Berg é un rapaz de quince anos, un día ao regresar á casa do colexio encóntrase mal e empeza a vomitar. Rapidamente acode a axudalo unha muller; Hanna, que é revisora de tranvía e ten trinta e seis anos. Inician unha relación amorosa en segredo. O rapaz era moi mal estudante e Hanna dille que se non estuda se deixarán de ver, así que non llo pensa dúas veces e se pon a estudar todos os días despois de vela. Os seus encontros comezan con Michael lendo en alto un anaco de diferentes libros. Durante varias semanas seguiron coas súas relacións sexuais e as súas lecturas apaixonadas ata que un día a muller desaparece sen deixar rastro. Sete anos despois Michael é un estudante de Dereito e acode ao xuízo contra cinco mulleres acusadas de crimes de guerra nazis, especialmente dun incendio acontecido nunha igrexa onde no interior estaban uns feixóns do campo de concentración do que eran gardiás. Entre esas mulleres estaba Hanna pola cal xa só sentía cariño debido á súa desaparición anos antes. Oito anos despois de que Hanna entrase no cárcere o rapaz decide gravarlle fitas léndolle libros de Schiller, Goethe, Tolstói... Para a súa sorpresa a muller respóndelle cunha pequena carta, aprendera a escribir. Seguiron así dez anos máis, o enviáballe as fitas e ela respondíalle con curtas cartas. Un día lle directora do centro penitenciario dille que con 18 anos de cárcere van poñer a Hanna en liberdade por boa conduta. Nesta obra aparecen moi poucos personaxes, destacan Michael e Hanna. O personaxe que máis me gustou foi Michael

42

leliadoura eliadoura nº 22

que na primeira parte se mostra como un rapaz inocente, tolamente namorado dunha muller 21 anos maior e que é capaz de facer calquera cousa para compracela. Logo despois duns anos xa é un home maduro capaz de axudar en todo o posible unha persoa á cal tiña na súa adolescencia moito cariño, a persoa que lle cambiou a vida. Gústame a faceta que desempeña Michael en toda a obra. Lucía Roca4º A

TÍTULO: Los juegos del hambre AUTORA: Suzanne Collins

Os xogos da fame é un reality espectáculo no que participan doce rapaces e doce rapazas. Para gañar téñense que matar entre eles e o último que quede será o gañador. Nesta ocasión participará Katniss, unha rapaza pobre, orfa de pai e que tivo que manter a súa nai e a súa irmá dende a morte do seu proxenitor. O outro participante é Peeta, o fillo do panadeiro e cun avida moito máis doado que o de Katniss. Os dous pertencen ao distrito 11, o distrito da minaría. Gustoume moito este libro porque é moi entretido e aditivo. Ademais, enténdese moi ben e non é moi rolo.

TITULO: Sinnsajo AUTORA: Suzanne Collins

Última entrega de Los xogos da fame. O final da aventura xa chega. Katniss tense que enfrontar ás situacións máis difíciles da súa vida e, ademais, debe asumir unha gran responsabilidade para axudar aos seus. Terá que obedecer ordes, cousa que non lle gusta nada. Este libro gustoume moito porque te somerxe na aventura e sentes que non po-

As cousas de Biblo

TÍTULO: El lector AUTOR: Bernhard Schlink


des parar de ler. Ademais, a escritora xoga coa intriga, xa que nunca sabes o que vai pasar. É un libro doado de entender e rápido de ler, pero antes de lelo, eu recoméndovos ler os dous anteriores desta saga para comprender a historia. Elena Combo Vilas, 4º ESO A

TITULO: Fue un beso tonto AUTORA: Megan Maxwell

Dúas udas policías namóranse de dous médicos de alto prestixio: Clara e Óscar; Olga e Alex. Así empeza esta historia. Decisións difíciles, operativos con moito risco, leas amorosas, responsabilidades inesperadas, iso e moito máis é o que poderemos encontrar neste libro. Raquel Hortas Ferreiro 3º ESO

As cousas de Biblo

TITULO: O único que queda é o amor AUTOR: Agustín Fernández Paz

Este libro recolle un conxunto de dez relatos nos cales o amor é o protagonista principal A miña favorita foi ‘ Un radiante silencio ‘, historia na que un libreiro se enamora dunha clienta e trata de dicirllo mediante os libros que ela frecuenta, onde vai deixando diferentes poemas. Pero, por causas do destino, ela vaise sen saber quen era o seu pretendente, e quen sabe se algún día se volverían a atopar. Como ésta, tódalas historias son intrigantes, seguro que vos enganchan. Eva Fernández Paderne – 2º ESO A

TÍTULO: El trono de fuego AUTOR: Rick Riordan

Este libro trata sobre as historias de dous irmáns, Carter e Sadie, que son os descendentes dunha familia do faraón de Exipto. Eles tratarán de resucitar ao deus Ra para que lles axude a impedir que o deus do caos, Apofis, se libere da

súa gaiola e remate co mundo. Pero terán varios problemas e para sabelos terás que ler o libro. Yaiza Freire Pereira 3º ESO B

TÍTULO:La sombra de la serpiente AUTOR: Rick Riordan

Aventuras, guerras, leas amorosos...eso e moito máis é o que poderás encontrar no terceiro libro desta saga na que sadie e Carter, ademais de ter que ocuparse da súa vida persoal, terán que derrotar a Apofis, o deus do caos, se queren salvar o mundo e restablecer a paz. O que máis me gustou do libro foi a relación entre Sadie, Anubis (o deus da morte) e Walt, e tamén a que hai entre Carter e Zia. Raqel Hortas Ferreiro 3º ESO A

TÍTULO:Perdona si te llamo amor AUTOR: Federico Moccia

Álex e Niki coñécense a través dun accidente de tráfico. Ao principio a Álex non lle facía moita graza Niki porque, cada vez que estaba con ela, se metía nalgunha lea. Non sabía que Niki ía traer tamén a solución a algún dos seus problemas e amor ao seu corazón enganado. Espero que vos guste!

TÍTULO:Todas las chicas besan con los ojos cerrados AUTOR: Enric Pardo

Este libro fala de Álex, o típico treinteañero que non se aferra a ningunha rapaza, pero entón coñece a Natalia. Pero Álex non se conforma con ela e remata cunha gran lista de rapazas... Este libro gustoume moito pero cabe dicir que non está recomendado para todas as idades. Tania Forja Pena 3º ESO

IES Poeta Díaz Castro

43


Este libro trata dunha rapaza, Darina, que ten que salvar ao seu mozo Phoenix de ir ou inferno. Gustoume moito este libro porque é unha bonita historia de amor e superación, xa que para ela é moi duro xa que lle doe ver como ou seu amor se vai. Yaiza Freire Pereira 3º ESO

TÍTULO: La espada y la rosa AUTOR: Antonio Martínez Menchén

Este é un libro recomendable e interesante para adquirir algúns coñecementos sobre a Idade Media e para achegarnos a algunhas formas de vida daquela época; ademais parte da historia desenvólvese no Camiño de Santiago. Na obra tamén hai misterio en torno á orixe dos dous protagonistas, Moisés e Gilberto, e aventuras. Sara Campos González 2ºESO B

TÍTULO: Cruzada en “jeans” AUTORA :Thea Beckman

Este libro cóntanos a historia de Dolf, un rapaz do S. XXI que é teletransportado ao ano 1212. Alí vese inmerso nunha cruzada infantil na que vive aventuras inesquecibles e descobre verdadeiros valores que na súa vida real non vivía, entre vos que destaca amizade e lealtade. Para sobrevivir todos teñen que coidar de todos, colaborar e ser solidarios. Paréceme moi recomendable porque ademais de estar ambientada na Idade Media e tratar diversos aspectos sobre esta época, se expresan claramente valores, hoxe en día menosprezados, como a lealtade ou amizade dun xeito moi especial.Recomendo este libro porque descubriredes outra época coma se fósedes ou propio personaxe. Eva Fernández Paderne – 2º ESO A

44

leliadoura eliadoura nº 22

TÍTULO: Las pelirrojas traen mala suerte AUTOR: Manuel L. Alonso

A verdade é que empecei a ler este libro polo título xa que me pareceu orixinal. Trata sobre as aventuras duns adolescentes que están de «ocupas» dunha vella fábrica, pero un rubio do que se namora o protagonista oculta algo que lles levará a vivir numerosas aventuras. aventuras.Recomendo este libro porque descubriredes outra época coma se fósedes ou propio personaxe. María Pérez Ferreiro 3º ESO B

TÍTULO: Oksa Pollock y el descubrimiento de Edefia AUTORA: Anne Plichota y Cendrine Wolf

Oksa cre que é unha rapaza normal, como moitos outros pero non é así. Ela é a nova «Magnífica», a que ten a chave para volver a Edefia. Pero descubrir a quen é non vai a ser un camiño de rosas xa que non todos van ser amigos. Terase que enfrontar a grandes perigos e inimigos, pero contará coa axuda de amigos e familia para loitar. Aconséllovos que leades este libro se o que vos gusta son as aventuras e os misterios. Raquel Hortas Ferreiro 3º ESO A

TÍTULO:El joven templario-El guardián del Santo Grial AUTOR: Michael P. Spradlin É o primeiro libro dunha triloxía. Baséase na vida dun rapaz, Tristán, que pasa de monxe a ser escudeiro dun famoso cabaleiro templario, Sir Thomas. Gustoume moito porque é de aventura e tamén trata o misterio da verdadeira orixe do mozo Tristán. Andrea Balsa Díaz 3º ESO A

As cousas de Biblo

TITULO: Cuatro almas (parte 4-Phoenix) AUTORA: Edin Maguire


TÍTULO: El diario rojo de Carlota AUTORA: Gemma Lienas

Eu aconséllolles ler este libro a todas as rapazas que máis ou menos teñen a miña idade, xa que trata temas moi interesantes para nós. Ademais no libro encontrarás unha historia de amor moi divertida pero tamén algo triste, pero se qeréis saber máis dela teredes que ler o libro. Raquel Hortas Ferreiro 3º ESO A Este libro é bastante axeitado para a nosa idade. A xente que non o le e realmente quere lelo para facerse unha idea sobre o sexo, que o faga e que lle de igual o que digan. Trata sobre a historia dun rapaz e unha rapaza que nos contan a súa primeira vez e o que saben sobre sexo. Ldia Iglesias Santos 3º ESO A

As cousas de Biblo

TÍTULO: Donde los árboles cantan AUTORA: Laura Gallego

Este libro conta a historia de Viana, unha doncela que xa tiña a vida perfectamente planeada pero que, debido á invasión dos bárbaros das estepas no reino onde vive, cambia totalmente. O seu pai morre na batalla e o seu namorado traizóaa. Viana terá que aprender a valerse por si soa. Tania Forja Pena 3º ESO A

TÍTULO: Memorias de una geisha AUTOR: Arthur Golden

Este libro gustoume moito. A cultura xaponesa paréceme moi interesante e ao lelo descubrín cousas e costumes que non coñecía. A historia de Sayuri é sorprendente, é vendida de nena e convértese en gueixa por obriga. A historia parece moi realista e está moi ben escrita. Noelia González Arias 4º A

TITULO: El capitán Alatriste AUTORES: Carlota e Arturo Pérez-Reverte

Diego Alatriste é un soldado que participou nos Tercios de Flandes en época de Felipe IV, xunto co seu inseparable amigo Lope de Balboa. Este último morre en guerra e Alatriste debe coidar do seu fillo, Íñigo de Balboa, quen xunto a Francisco de Quevedo, entre outros, se encargarán de salvarlle a vida máis dunha vez por algunha conta pendente co temido inquisidor fray Emilio Bocanegra. É un libro cheo de aventuras e acción, ideal para coñecer a vida na España do século XVII. Aínda que cada personaxe me parece interesante pola súa faceta no libro, o que máis me gustou sen dúbida foi Francisco de Quevedo. Era un home que non tiña medo a proclamar todas as súas ideas e descontentos coa nobreza, e criticaba a Felipe IV en moitos dos seus poemas e sonetos, por iso a miúdo estaba encarcelado. Hai moitos momentos que me gustan do libro, pero os dous que máis destacaría serían estes: No capítulo ‘El portillo de las ánimas’, cando Íñigo de Balboa sae na defensa do capitán e dispara a un dos atacantes, xa que me parece un acto de valentía moi emocionante pola reacción seca pero no fondo agradecida do capitán, máis tratándose dun neno de 13 anos quen lle salvou a vida. E tamén ao final do libro, no último capítulo ‘El sello y la carta’, xa que se ve cómo finalmente a valía e o coraxe de Diego Alatriste son recompensados ata polos altos cargos, a quen lles sería máis cómodo desprecialo e ignoralo coma se non pasase nada. É unha obra moi recomendable, aínda que quizais para maior idade, xa que pese a ter un argumento non moi complicado, algunhas expresións ou ironías que se usan non son fáciles de captar para os 13 anos, dende o meu punto de vista. Pero é un libro sobre todo moi interesante polo ben que retrata a época. Eva Fernández Paderne, 2º A

IES Poeta Díaz Castro

45


A obra transcorre en 1935, nun pobo do sur de Estados Unidos, en Alabama. A historia cóntase dende o punto de vista un nena deas anos, Scout, irmá menor de Jeremy. Orfos de nai e fillos de Atticus, un avogado. Unha noite pídenlle a Atticus que defenda o caso dun home negro, Tom Robinson, que era acusado de violar unha moza branca chamada Mayella Ewell. O avogado acepta sen ter en conta en que situación pon a súa familia que empeza a sufrir as consecuencias do acto que cometeu o seu pai, non xulgado como algo malo na actualidade, pero si naqueles tempos onde o ambiente era moi racista. Toda a xente do pobo vira as costas á familia e fala do tema dicindo que Tom era culpable xa só por ser de cor negra. Atticus segue loitando por defender os seus principios e por facer xustiza. O personaxe máis interesante e importante paréceme o pai dos nenos, Atticus. Podemos ver ao longo da novela como Atticus é un pai exemplar que chora en silencio a ausencia da súa muller, de bo corazón, un bo avogado que non abandona os seus principios e un cidadán honesto, á vez dunha persoa pacífica e tolerante, afastado do ambiente racista que se respiraba nos Estados Unidos nos primeiros anos do século pasado. A obra foi escrita no comezo dunha década que revolucionou as relacións sociais do país grazas ao xurdimento do movemento dos dereitos civís. Unha batalla contra a discriminación racial e polo voto afroamericano nos estados do sur dende metade da década dos 50, pero cobrou relevancia nacional con sentadas, protestas, marchas e líderes como Martin Luther King a mediados dos 60. O libro apareceu cando aínda había moitos tabús e ideas contrarias dunha maioría branca que coñecía o que pasaba no sur do país, onde o linchamento de negros chegou a ser unha afección, e convivían con iso. Lucía Roca 4º A

46

leliadoura eliadoura nº 22

TÍTULO: Llamando a las puertas del cielo AUTOR: Jordi Sierra i Fabra

É un libro onde se mostra realmente como é a vida no terceiro mundo, en concreto, na India. Neste libro unha rapaza, estudante de Medicina, viaxa a un país coa intención de achegar o seu granito de area para mellorar o mundo. É filla dun recoñecido cirurxián plástico de Barcelona, polo que provén dunha familia adiñeirada. Isto sorprende, porque xeralmente a xente rica non vive estas experiencias. Na India, Silvia, que é a protagonista, coñece dúas historias moi distintas: a de Leo, outro cooperante, e a de Mahendra, un príncipe viúvo. Tamén vive o amor da doutora Roca e o doutor Ginner e aclara os seus sentimentos por Arturo, o seu noivo. Mª Elena Combo Vilas, 4º ESO

Título: Danny Danny,, o campión do mundo Autor: Roald Dahl

Danny é un neno que vive feliz con seu pai, aínda que perdera a súa nai cando tan só tiña catro meses e a súa situación económica non era moi boa, pois viven humildemente nunha vella caravana xitana detrás da súa gasolineira na que ademais reparaban motores de coches. Unha noite vai descubrir o gran segredo de seu pai: que é un cazador furtivo de faisáns na fraga do señor Hazell. Este é un personaxe que non desperta grandes simpatías entre os habitantes do pobo. Para Danny seu pai é o mellor do mundo e entre os dous vai haber unha gran complicidade. Sara Campos 2º ESO

As cousas de Biblo

TÍTULO: Matar a un ruiseñor AUTORA: Harper Lee


TÍTULO: Una luz en la marisma AUTOR: Javier Alfaya

Gustoume moito, porque se ve o esforzo que fai o protagonista polo vagabundo, xa que todos lle botan a culpa e el sabe que non foi. Tras unha enfermidade pulmonar non lle deixaban saír de casa e pero non fixo caso...una das veces era de noite, tivo que camiñar moito e arriscou... podendo poñerse malo, pero logrouno e demostrou o que quería. Lidia Iglesias Santos. 3º ESO A

As cousas de Biblo

TÍTULO: Posdata: te quiero AUTORA: Cecilia Ahern

Recomendaría este libro a todas aquelas persoas que lles gustasen as novelas románticas. Posdata: quéroche trata dunha parella de casados, Gerry e Holly, que tras sete anos de matrimonio a súa unión se rompre pola morte del debido a un tumor cerebral. Holly afronta este suceso, pero non está soa xa que Gerry antes de morrer lle deixa unha serie de cartas que ela vai lendo mes a mes. Tania Forja Pena de 3º ESO

Título: A Pomba e o Degolado Autor: Fina Casalderrey

Este libro trata a historia de André, un rapaz que leva tres anos no instituto e que pasou por moitos problemas. Unicamente se sente ben na compaña do seu avó Guillerme, da súa amiga Halima e cando chatea coa súa amiga cibernética “Pomba”. Nesta novela aparecen reflectidos temas da vida real: o acoso escolar, as drogas, a separación dos pais, a inmigración, a enfermidade e morte, as amizades cibernéticas... Por toda esta te-

mática actual e pola idade do seu protagonista, un adolescente coma nós, fai que a lectura do libro sexa amena, de fácil comprensión, do noso interese e que unha páxina nos pida outra. Recoméndovolo!!! Sara Campos 2º ESO

TÍTULO: Reencontro AUTOR: Fred Ulhman

A obra transcorre dende febreiro de 1932 e finaliza trinta anos despois, ocupa todo o período da II Guerra Mundial. Móstrase á perfección como foi a forte implantación do réxime nazi en Alemaña e como se viron obrigados algúns xudeus a exiliar facía outros países fuxindo da gran represión exercida pola ditadura de Hitler. Na obra vese como o nazismo foi capaz de desestruturar tanto familias coma grandes amizades. Móstrase con gran lucidez o nacemento do nazismo, a suba de Hitler ao poder, como o ve o pobo alemán... Neste libro, Reencontro, o título déixanos cun enigma que non podemos resolver ata o final da obra. Como dixo Ana Blasfuemia no seu blog, «é na última frase onde se ve a intensidade e a grandeza deste libro, que fai que o peches cun suspiro e un xesto de, que gran libro acabo de ler, mentres depositas o libro ao teu lado como querendo afastalo para reter as sensacións que nos provocou. « Cando se acaba de ler e se pecha a tapa é entón cando nos decatamos de cal é o sentido que teñen os acontecementos deste relato. É un libro que se pode ler nun par de días así podendo gozalo plenamente todo o que o autor quere transmitirnos. Lucía Roca, 4º ESO

IES Poeta Díaz Castro

47


DE COPAS

1ยบ ESO B

48

leliadoura eliadoura nยบ 22

1ยบ ESO A


2º ESO A

2º ESO B IES Poeta Díaz Castro

49


3ยบ ESO A

3ยบ ESO B 50

leliadoura eliadoura nยบ 22


4º ESO A

1º BAC IES Poeta Díaz Castro

51


2ยบ BAC

52

leliadoura eliadoura nยบ 22

3ยบ ESO


4º ESO

IES Poeta Díaz Castro

53


54

leliadoura eliadoura nยบ 22

Leliadoura 22  

Revista escolar IES Poeta dáiz Castro Guitiriz

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you