Page 1

LELIADOURA

n o c a ie t f

s e tr o c e r

IES Poeta Díaz Castro

1


CONTIDOS

Valentín Paz Andrade Que a comida sexa Voluntariossolidarios Aprender fora do insti Polo mundo adiante Entroidonoinsti Semana da ciencia O sol a nosa estrela Despedida de 2º de BAC Día da muller traballadora Díadosnamorados Compramoslibrospara biblo Rap en Guitiriz Taller de contacontos Violencia de xénero Día da paz Compartindocontos O samaín A mi a lexión Literatura e matemáticas Certamen literario Mochila viaxeira Portuguéssimples Letras galegas no mercado Propostas das lectoras Premios certema literario Grupos

2

leliadoura eliadoura nº 21

2 3 6 7 12 17 18 18 19 20 22 23 24 24 25 25 26 27 28 28 29 29 29 30 32 38 40


VALENTÍNPAZ ANDRADADE o Día das Letras Galegas 2012 está dedicado a Valentín Paz Andrade. Aquí tedes unha pequena biografia Valentín Paz Andrade nado en Lérez (Pontevedra) o 23 de abril de 1898 e morto enVigo (Pontevedra) o 19 de maio de 1987 foi un xurista, político galeguista e escritor español en lingua galega e española. Licenciado en Dereito no ano 1921 pola Universidade de Santiago de Compostela, o seu interese pola literatura comenzou grazas á influencia do seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade, quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra. Durante a súa etapa formativa iniciouse no movemento galeguista, participando na II Asemblea Nacionalista de Santiago de Compostela no 1919, e sendo colaborador do xornal Gaceta de Galiza. Era director do xornal galeguista Galicia entre 1922 y 1926 cando foi pechado pola ditadura de Primo de Rivera. Á caída desta, presidiu o Grupo Autonomista Galego en 1930, que constituía o núcleo do galeguismo. Foi candidato ás Cortes Constituintes de 1931 pola Candidatura Galeguista, xunto a Castelao e Ramón Cabanillas, sen éxito (posiblemente debido ás irregularidades, fundamentalmente en beneficio do Partido Radical). Ademais, colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galiza presentado polo Seminario de Estudos Galegos en 1931 e publicou diversos artículos políticos en “El Pueblo Gallego”. Iniciada a Guerra Civil, axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas e defendeu a outros das condeas que lles foran impostas. Posteriormente, foi desterrado a Verín, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Villanueva de la Serena (Badaxoz). Ao longo da sua vida, e debido aos seus artículos e á sua vinculación política, foi detido en diversas ocasións. Foi director da revista Industrias Pesqueras no ano 1942. Avogado de prestixo en Vigo,

foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova, que converteu na primeira compañía armadora europea de buques conxeladores, e da que foi vicepresidente en 1960. Traballou tamén como técnico da “FAO”, coa que participou en diversos congresos e seminarios, e para a que publicou o primer tratado sobre Principios da economía pesqueira en 1954. Ademais, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización para misións internacionais en Sudamérica. Nesta época seguiu colaborando en “El Pueblo Gallego” e publicou diversos artículos en “Faro de Vigo” e “La Noche”, firmados cos seudónimos “M.”, “Xan Quinto” e “Mareiro”. A partir de 1945 organizou a tertulia do café Alameda, en Vigo, onde se reunía con intelectuais e artistas como Carlos Maside, Laxeiro, Prego de Oliver, Fernández del Riego e os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros. De novo en política, formou parte da Xunta Democrática, da Comisión de «los Diez» e da Plataforma de Organizaciones Democráticas, e foi elixido senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Galega nas eleccións de 1977. Nas eleccións de 1979 repetiu candidatura, pero esta vez sen éxito. No ano 2012 se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Sara Losada Losada. 2º ESO-

IES Poeta Díaz Castro

3


QUE A COMIDA SEXA O TEU ALIMENTO E O ALIMENTO A TÚA MEDICINA. (Hipócrates) Traballo sobre nutrición dos alumnos de 3º PDC

Alumnado de PDC facendo o traballo

PROCEDEMENTO 1-.Estudamos as enfermidades asociadas á mala nutrición. 2-.Buscamos as calorías que necesita o noso corpo cada día en función do sexo, peso, estatura, idade e actividade. 3. Buscamos as calorías que hai en cen gramos de cada alimento. 4. Cada alumno preparou unha dieta personalizada para cada día da semana tendo en conta que: a) Hai que beber 2 litros de auga ao día b) Débese comer: Cinco porcións de froitas e verduras diarias. Proteínas: 15%; Graxas: 25%; H.carbono: 60% b) Débense facer cinco comidas ao día: Almorzo - media mañá: 25% dás calorías diarias Comida: 35% das calorías diarias Merenda: 10% das calorías diarias Cea: 30% das calorías diarias c) Hai que facer exercicio todos os días aproximadamente durante unha hora

4

leliadoura eliadoura nº 21


ALGUNHASENFERMIDADES ASOCIADA A UNHA MALA DIETA Beriberi Éé unha enfermidade producida por carencia de vitamina B(tiamina), presenta dous cadros clínicos distintos: un en nenos acabados de nacer de nais con deficiencia en vital

Escorbuto E unha avitaminosis producida pola deficiencia de vitamina C. Era común nos mariños que subsistían con axudas nas que non figuraban froita fresca nin hortalizas, foi recoñecida hai máis de dous séculos polo médico naval británico James Lind, que a previña ou curaba engadindo cítricos á dieta.

Anemia perniciosa Diminución do número de glóbulos vermellos en sangue. Falta de vitamina Bs 12; Bs9. Corríxese con inxestión de carne, ovos, leite e verduras de folla verde. Anemia ferropénica: A anemia ferropénica ou ferropriva, corresponde á máis común das anemias, e prodúcese por deficiencia de ferro. Trastornos inmunolóxicos. Debemos comer ovos, peixe, carne, lentellas, leite e grelos.

Obesidade Exceso de graxa corporal (incremento do peso do corpo). Causas: herdanza xenética, comportamento nervioso, maior inxestión de calorías que o corpo gasta, menor actividade física.

Bulimia A persoa sofre episodios de enchentes compulsivas, seguidos dun gran sentimento de culpabilidade e sensación de perdida de control.

Cirrose Enfermidade crónica de fígado. As causas da cirrose, poden ser «moitas»: Consumo excesivo de alcohol, virus de hepatite B, hepatite C e hepatite D.... Os síntomas da enfermidade: impotencia, falta de apetito, cansazo, perda de peso, debilidade, inchazo abdominal, alteracións na menstruación. Estrinximento: Falta de movemento regular dos intestinos.

Falta de fibra. Se corrixe comendo peras, qiwi, e cereais integrais etc.

Diabete É unha desorde do metabolismo, o proceso que converte o alimento en energía. A insulina é o factor máis importante deste proceso. Causas: non se produce ou produce pouca insulina, as células do corpo non responden á insulina que produce.

Xeroftalmia Desecamento do globo ocular.Falta de viaminaA.Visceras, xema de ovo e aceite de oliva. Hemeralotopía: Problemas de visión en situacións de pouca luz. Sensibilidade ás infeccións, falta de vitamina A.

Bocio Aumento do tamaño da Tiroide. Falta de iodo. Síntoma gran tamaño do colo, compresión dá a traquea. Tratamento cirúrxico.

Osteoporose Ten moitas causas. Unha delas é o cesamento da produción de estróxenos despois da menopausa. Síntoma: fraxilidade e Rotura de ósos. Tratamento inxestión de calcio e subministración externa de estróxenos.

Hipercolesterolemia É la presencia de niveis elevados de colesterol no sangue. É un desaxuste metabólico que pode ser secundario a moitas enfermidades e pode contribuir a moitas formas de enfermeidade, especialmente cardiovascular.

Hipertensión arterial: É unha enfermeidade crónica caracterizada por un incremento continuo das cifras de presión sanguínea nas arterias. Gota: (Chamada enfermidade de reis) É unha enfermidade producida polo depósito de cristais microscópicos de ácido úrico nas articulacións, provocando a súa inflamación dolorosa. Pódese previr evitando o abuso de certos alimentos (fundamentalmente vísceras, mariscos, carnes vermellas, espárragos) e a inxestión de alcohol.

Pelagra Causada principalmente por unha deficiencia alimentaria de niacina, asóciase en xeral cunha dieta básica de millo.A enfermidade está caracterizada por «as Tres D»: dermatite, diarrea e demencia.

IES Poeta Díaz Castro

5


Cancro: É un crecemento tisular producido pola proliferación continua de células anormais con capacidade de invasión e destrución doutros t e c i d o s . . O cancro non é unha enfermidade contaxiosa. PREVENCIÓN DO CANCRO

Non fumar Evitar expoñerse ao sol por tempo prolongado (especialmente persoas de pel branca ou sensible). Manter unha axeitada hixiene xenital. Controlar o consumo de bebidas alcohólicas. Evitar os excesos de bebidas.

UNHA DIETA SANA

6

leliadoura eliadoura nº 21


Proxecto de voluntariado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz Así é cómo nos facemos chamar. O noso proxecto xurde dende unha titoría do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz a comezos de ano . A este proxecto uníronselle co paso do tempo máis persoas, ata alcanzar un número moi elevado, o que supón unha gran satisfacción, tanto para os solidarios como para os beneficiados. O noso traballo consiste en recaudar todo tipo de material que nós non adoitamos botar en falta, e podemos conseguir fácilmente para outras persóas que sí o necesitan. Para isto, poñémonos en contacto con diversas asociacións: Padre Rubinos, Vicente Ferrer, Cáritas, Cruz Vermella, Save

voluntariosolidariospoetadiazcastro. blogspot.com. Posúe toda a información necesaria para a orientación dos interesados. No noso panel informativo situado na entrada do instituto podedes seguir o noso traballo. Este proxecto está a resultar todo un éxito, non só polas nosas pequenas contribucións senon tamén, e sobretodo, por sentirnos solidarios co mundo. Agradecemos a todos o voso interese e colaboración.

Grupo de voluntarias solidarias

VOLUNTARIOS SOLIDARIOS

the Children, Comercio Xusto… Segundo imos recibindo a información sobre o que necesita cada unha destas asociacións, comezamos a anunciar que é o que se precisa, e animamos a todos a participar. Mantemos un mesmo proxecto durante un ou dous meses aproximadamente, e, unha vez conseguido todo o material proposto, enviámolo por correo á asociación correspondente. Para recopilar todo o material, temos unha aula na que gardamos toda a información e donativos, e onde resolveremos as vosas dúbidas con respecto ao tema; é o chamado “Almacén Solidario”. Tamén podedes visitar o noso blog na Internet :

IES Poeta Díaz Castro

7


Como todos os anos fixemos moitas visitas. Exposicións, teatro, fábricas, museos, outras vilas e cidades.. Outra forma de aprender e pasalo ben. Aquí tedes algunhas

Visita a ALCOA O 18 de novembro de 2011 os alumnos e as alumnasde3ºE.S.O.eosde«BioloxíaeXeoloxía» e os de «Física e Química» de 4º E.S.O. acompañadosporRamónErias,CatalinaRomero e Ana Mª Sánchez.fixeron unha visita a ALCOA

Compostela O alumnado de 4º de E.S.O. e 1º de BAC foron a Compostela nunha actividade organizada polos departamentos de Lengua Española e Historia.

Na cidade da «cultura»

Alí asistiron, no Colexio «La Salle» á representación da obra teatral «Don Juan». Despois os alumnos de 4º foron ó Museo do Pobo e os de 1º de BAC estiveron nunha estupenda exposición de pintura barroca. Xa pola tarde realizamos unha visita guiada pola Cidade da Cultura. Xulio en plena faena

Alí, explicáronnos todo o proceso de obtención de aluminio primario e elaborado (moldes, latas, papel para alimentación...) desde que chega a terra rica en bauxita (óxido de aluminio).Participamos no proxecto de «Plantar 10 millóns de árbores» de Alcoa para conservación do medio ambiente. Con tal motivo Xulio Oliveira, de 4º E.S.O., en representación de todos plantou un magnolio. Logo fixemos unha visita ao CFE AGROFORESTAL «PEDRO MURIAS», preto de Ribadeo. Explícáronnos o tipo de actividades e estudos que se densenvolven no centro, vimos cultivos ecolóxicos, a aula de lácteos onde fan diferentes tipos de queixo,... e tamén vimos a súa estación meteorolóxica (controlan a velocidade do aire, temperaturas...)

8

leliadoura eliadoura nº 21

Lugo Romano O 23 de marzo o alumnado de 1º de ESO estivo en Lugo nunha actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia .

Excursións

Aprendendo fora do insti


Partinaxe sobre xeo.

Organizada polo departamento de Filosofía, o martes día 24 de xaneiro, o alumnado de 1º curso do bacharelato realizou unha viaxe á cidade de A Coruña .

No Coliseo da Coruña poidemos de novo probar as nosas habilidades sobre o xeo, e voltar todos enteiros. A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física

Excursións

A Coruña

Descansado na Domus

Eentre outras actividades, visitaron a Casa do Home, a DOMUS, acompañadosas pola profesora Dª. Olga Aguiar e o profesor D. Alfredo Torres.

Sotavento

Que lindo osiño

Pontevedra O alumnado de 3º ESO desprazouse o día 10 de abril a Pontevedra para participar na actividade programada polo Departamento de Xeografía e Historia no marco do Proxecto Terra.

Algúns o pasaron moi ben

Os alumnos de terceiro da ESO visitaron o parque eólico experimental de Sotavento nunha actividae organizada polo departamento

de Tecnoloxía.

Estivemos no Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Despois fixemos un

IES Poeta Díaz Castro

percorridoa guiado polo casco vello.

9


Excursións

Xogos populares

O 14 de marzo, organizado polo departamento de Latín, o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3º de ESO, 4º de ESO e foi a Lugo para asistir a unha representación de Teatro Clásico.

Acompañado polas profesoras Olga Aguiar e María Miragaya, o alumnado de 2º de ESO foi ó Museo de Xogos Tradicionais de A Capela. Despois puideron practicar os xogos cos pequenos do colexio Mosteiro de Caaveiro de A Capela. Parece que aínda temos moito que practicar se queremos estar a súa altura.

Correlingua 2012 Como v?n sendo tradicional en maio, acudimos, o d?a 8, a Lugo, os alumnos de 4?ESO, para celebrar, xunto cos outros institutos da comarca, unha carreira en defensa da nosa lingua. Este ano o lema era «Galego, todo o que buscas».O mal tempo non nos desanimou, incluso, acabou po??ndose do noso lado, pois puidemos facer a maior parte do percorrido sen abrir os paraugas. Chamounos a atenci?n a gran cantidade de pancartas elaboradas polo alumnado, moi imaxinativas e vistosas...tam?n n?s contribu?mos a crear esta paisaxe colorista coa do noso instituto.

10

Teatro clasico

leliadoura eliadoura nº 21

Comezamos a excursión bastante tranquilos. Despois de hora e media en autobús aproximadamente , chegamos ao auditorio Gustavo Freire onde tivemos que esperar un pouquiño todos xuntos. Logo entramos ao teatro e acomodámonos nas espléndidas butacas que había, ¡mesmo a algún lle entrou o sono!. Non tardou en dar comezo a primeira representación: MEDEA, foi un pouco aburrida pero non estivo mal. Hai que ter en conta que se trataba dunha traxedia na que os actores realizaron un amplo papel ¡menuda cabeza teñen para memorizar todo iso!. Ao rematar a obra dirixímonos ata o centro comercial As termas no que os profes nos deron tempo libre para comer, comprar, xogar... Pola tarde volvemos ao auditorio e vimos una pura obra de teatro: MILES GLORIOSUS (O soldado fanfarrón), na que todo o mundo riu bastante cos personaxes. Xa de volta viñamos bastante cansospero dende logo que mereceu a pena ir. E o máis importante foi que nos portamos moi ben e os profes non nos botaron ningunha bronca. Óscar Hermida Pico. 3º


Excursións

Concerto en compostela DoTostón Musical á DegustaciónArtística

Impresionantes, impresionados, degullados pola velocidade dos dedos vertixinosos. Aprendimos que calquera peza musical de grande envergadura, require que lle adiquedes algo de tempo. Esa música que se cociña e consume rápidamente como rosquillas, pode acabar dando ardor de estómago. ¡Ah! e sempre antes dun concerto non olvidedes ir o “escusado” facer un pisiño. Somos do mellorciño ¿va que sí?.

DiasdeRadio

O pasado 3 de maio os alumnos de 1º de ESO realizaron unha vista a Santiago co obxectivo de realizarvariasgravaciónsradiofónicasnosestudos da Facultade de Periodismo da USC. ¡Menudo tostón! dixemos a primeira vez que sucedeu. Estivemos un mes enteiriño vendo, escoitando, analizando,veña e veña ahí vai outra vez, o Concerto para clarinete nº 2 op 74 de Weber, interpretado por Han Kim. Pensabamos que a profesora de música, estaba xa toliña de todo. Pero o final...case lle collemos algo de gustiño, vamos que saíamos da aula tarareando o temiña. Cando xa escoitabamos a Weber como se fose a cadena 100 no autobús de camiño a casa, cruzóuselle que escoitasemos a L. E Larsson...este compositor suizo e que nin viña no libro de texto!...e veña...vendo, escoitando, analizando o Concertino nº 7 , op 45 para para trombón e orquesta de corda. Total que fixemonos uns entendidos que nin che conto. Bueno... por fin unha proposta como é debido....¡Imonos ó Auditorio de Galicia! (Martes 17 de Abril)...para ver, escoitar, analizar e vivir a actuación en directo de dous xóvenos solistas galegos interpretando estas pezas. A primeira vez que íamos a un concerto deste tipo, e alí estivemos, en primeira fila, para ver con detalle, como os instrumentos solistas de vento, botaban a súa auguiña a través do tubo que caía mollando o escenario como resultado do grande esforzo de expresión e capacidade respiratoria.

Silencio, gravando

As gravacións, que en breve serán emitidas en Radio Principal de Vilalba, foron o resultado dun traballo de varias semanas na realización e adaptación de guións radiofónicos a partir de diferentes relatos literarios. Moitos destes arquivos poden ser escoitados na web do instituto, www.edu.xunta.es/centros/ iesdiazcastro/category/6/85 A visita foi completada cun itinerario polo Museo do Cabildo, e a exposición Mirar y pensar Balenciaga. Fotografías de Outumuro, -na sede de Novacaixagalicia-, sobre a obra deste deseñador.

IES Poeta Díaz Castro

11


Excursións

Viaxe a Celanova O martes día 8 de maio os alumnos de 3º de ESO e PDC fomos visitar Celanova, berce de poetas como Curros e Celso Emilio . Unha vez alí visitamos a casa dos poetas, a que un día foi a casa familiar de Curros Enríquez. Alí, entre outros obxectos persoais, vimos unha coroa de loureiro en prata co que o homenaxearon na Coruña no ano 1904, tamén vimos a primeira bandeira de Galicia que se puxo enriba do cadaleito de Curros Enríquez cando o trouxeron da Habana onde morreu, as súas gafas persoais... Máis tarde visitamos o mosteiro de San Rosendo, vimos por dentro a igrexa de arte barroca que tiña as dimensións dunha catedral, tamén se conservan uns retablos enormes bañados en pan de ouro, ensináronnos as reliquias de san Rosendo (a metade dun corazón, o cráneo, o fémur, etc).Tamén nos fixamos no órgano, que é considerado o mellor de Galicia e o terceiro de España. Saímos ó exterior e vimos unha capela mozárabe, única en Galicia e a máis pequena de España, que foi feita para que rezasen a nai de San Rosendo e a súa irmá. Pola tarde visitamos a biblioteca do mosteiro que se atopa nunha parte do mesmo que actualmente está adicada a instituto, e na época franquista foi unha cadea. Alí estivo preso Celso Emilio Ferreiro onde escribiu Longa noite de pedra. Tamén lemos na praza maior-diante do

Vilanova dos Infantes

mosteiro- uns poemas de Curros, e na biblioteca e na praza do millo- diante da taberna do Galo- poemas de Celso Emilio Ferreiro do que este ano se celebra o centenario do seu nacemento . Posteriormente saímos cara Vilanova dos Infantes. Logo, fomos ata a casa de Don Adolfo, o párroco da vila, que nos ensinou a Virxe do Cristal e contounos como se cre que foi a aparición desta Virxe.Tamén puidemos dar unha volta por alí e achegámonos á torre de Vilanova na que os rapaces que quixeron puideron subir á torre e observar as marabillosas vistas desde alí.E xa por último á volta, en Ourense, acercámonos ata as Burgas, nas que puidemos comprobar como saía a auga a 67 graos (por certo, a auga ulía bastante mal). Animamos ós vindeiros alumnos a que asistan a esta excursión, aínda que se incremente o prezo debido ós recortes en educación ... Alumnos 3º PDC

Compostela 2 O mércores 24 o alumnado de 2º de ESO foi a competela nunha actividade organizada polo DepartamentodeXeografíaeHistoria a maña aproveitouse para coñecer mellor a catedral, dende a cripta ata a cuberta. Pola tarde os fixemos un recorrido pola cidade. Organizados en grupos de catro e axudados cun plano, os alumnos tiveron localizar e chegar a diferentes puntos e edificios destacados da cidade vella. O único malo foi que fixo demasiado calor.

12

leliadoura eliadoura nº 21

Descansando nos tellados da catedral


Viaxes

Polo mundo adiante Berlín

Londres

Madrid

Candanchú

MADRID

Ola amigos, somos un grupo de alumnos de 3º de eso que fomos a unha viaxe didáctica a Madrid a semana do 17 o 21 de Outubro.

Saímos do Instituto o luns 17 de Outubro pola mañanciña cedo e despois de unha longa viaxe, de sete horas, chagamos a famosa capital do noso país, o grande Madrid. Durante o martes, mércores e visitamos a Porta do Sol, o parque do Retiro, o Santiago Bernabeu, A Zarzuela, o museo do Prado e o Reina Sofia, asistimos o teatro María Guerrero para ver a obra: Yo el heredero,… Non podemos esquecer as nosas noites de conversa e os compañeiros que coñecemos de Madrid e Tarifa. Foi unha viaxe moi produtiva que imos recordar durante moito tempo. Desexamos repetir unha excursión como esta porque verdadeiramente merece a pena. Diante do Pazo Real de Madrid

IES Poeta Díaz Castro

13


Candanchú Viaxes

No mes de xaneiro o alumnado do IES Poeta Díaz Castro acompañdo María Miragaya e Alfredo Haz viaxou á estación de esquí de Candanchú, en Huesca, para disfrutar duns días entregados deporte na neve, nunha viaxe organizadapolodepartamentodeEducaciónfísica

A Viaxe A viaxe a Candanchú...todos desexabamos que chegase o día, ese día O camiño eu creo que se fixo un pouco longo tan só pola ganas que había de chegar, ver o hotel, ir esquiar...A paisaxe era moi fermosa e moi distinta á de Galicia. Non se vía unha vexetación tan verde, pero non deixaba de ser bonita... unha nova paisaxe .Pola contra,o camiño de volta á casa non durou nada porque viñamos moi a gusto cos compañeiros, contando as anécdotas recordando todos os bos momentos... Foi unha experiencia inolvidable. Paga a pena ir porque se pasa moi ben e, á parte diso, o de estar unha semana sen a nai e o pai tamén agrada, aprendes a ser responsable de ti mesmo .

OHotel“Oroel” Chegamos ao hotel xa organizados en grupos. Alí deixamos rapidamente as maletas para poder ir coller os esquís, as botas, os bastóns e o casco . Unha vez de novo no hotel, amañámonos para ir cear. Dende que acabou a cea fomos ás habitacións á espera de que viñesen Alfredo e María para que nos explicasen un pouco o programa dos seguintes días. As habitacións eran moi bonitas e

14

leliadoura eliadoura nº 21

acolledoras. Tiñamos dúas camas xemelgas e un sofá cama; tamén había cociña, pero tiñamos restrinxido o aceso ela, Tiñamos dous armarios, un baño e unha terraza dende a que viamos a rúa. O comedor do hotel era moi grande e a comida sabía moi ben e era moi variada. Xunto ao vestíbulo había unha sala con ordenador, un billar e unha televisión .

Candanchú Para todo aquel ao que lle guste esquiar,ademais de ser un lugar que conta con pistas de aprendizaxe, Candanchú pode chegar a ser unha das mellores estacións de esquí de toda España. Candanchú é una desas estacións nas que tanto podes encontrar pistas marcadas como difíciles como pistas fáciles para principiantes.A estación posúe dúas cafeterías, un comedor ,un posto de socorro, un posto para recoller os “pases”e un almacén para esquís.... A súa disposición é moi cómoda posto que case todas as pistas se distribúen arredor destas instalacións e ,cada vez que baixas una pista, podes coller un telestransportador e volver para arriba ou parar nun destes lugares. Ademais de ser unha estación grande, posto que ten arredor de 60 km de pistas. é multiusos porque alí se practican moitos deportes ademais de esquí alpino e snowboard, coma acampadas do exército, escalada e algún que outro máis… Resumindo, é una estación preciosa e moi cómoda para quen lle guste esquiar e practicar snow. Lidia Iglesias Santos e Anxo Pena Fernandez


Viaxes

LONDRES 2012

O 23 de Abril de 2012 os alumnos de 3º e 4º ESO de sección bilingüe realizamos unha viaxe con destino á cidade de Londres. Partimos de Guitiriz ese mesmo día ás 8:00h da Parque Saint James mañá cara o aeroporto de Santiago de Compostela. Tras un voo bastante relaxado seguido de outro traslado en tren chegamos por fin ó noso destino. O noso albergue durante toda a semana foi un hostal chamado Picadilly Back Papers, cuxas condicións non eran moi acolledoras; pero tampouco precisábamos de algo moito mellor xa que soamente pasábamos as horas de decanso nel. Durante toda a semana dedicámonos principalmente a facer visitas culturais alternadas con momentos de tempo libre. O luns despois de instalarnos no hostal visitamos Trafalgar Square e o Natural History Museum seguidos de un paseo polo centro da cidade. Na mañanciña do martes visitamos o Buckingham Palace, Green Park, Parliament Square, Big Ben e a xente que quixo puido montar e gozar das vistas londinienses que se aprecian dende o London Eye. Para concluír o día, pola tarde, estivemos no gran mercado de Candem, onde todo o mundo comprou algo. O mércores as visitas foron máis variadas e tamén máis ao aire libre, cómpre Proba de que estiveron en Londres e saíron do hotel dicir que xustamente foi o día que mais choveu. Antes do xantar fixemos unha visita o Museum of London. Despois fomos ao Tate Modern pasando polo Millenium Bridge seguido de un paseo polo London Bridge coas vistas da magnífica Tower Of London. Típica casa de Chelsea

O xoves, que foi o noso último día como turistas, adicámonos especialmente a visitar museos entre os que destacan: National Gallery, Holborn e sobre todo Britisn Museum. Con todo aínda nos deu tempo a dar un paseo polo mercado de Covent Garden. O venres pola mañá partimos de regreso a Oviedo e logo en autobús de Oviedo a Guitiriz, chegando ás 18:30h. Con todo e a pesar das duras horas de camiño foi unha viaxe magnífica en todos os sentidos excepto a comida que no lle gustou a case ninguén Nerea Seijas 4º ESO

IES Poeta Díaz Castro

15


Por si quedaban dúbidas, é Berlín!

O alumnado de 1º de BAC, acompañdo por Ramón e foi este ano a Berlín. Nin o frío, nin lingua nin as longuísimas caminata imperfon disfrutar desta magnífica experiencia

16

Como en calquera viaxe hai cousas interesantes e boas, pero tamén hai cousas que se poderían mellorar. En xeral, e na miña opinión foi unha boa viaxe. Vimos cousas interesantes de Berlín como por exemplo o “Muro de Berlín”, e algún que outro museo, unha exposición sobre Hitler e moitas cousas máis. Centrándome nos museos ou na arquitectura (Igrexas,museos,edificios...) é unha pena que a nosa idade non saibamos dar o valor que se merece, e darlle a importancia que de verdade ten, pero quizás cos anos cando nos lembremos, si teremos a oportunidade de recoñecer o seu valor. Con Quen é o da estatua? isto non quero dicir que foramos coa intención de non ver este tipo de cousas , e solo pensaremos en festa e máis festa. Por outra parte, o idioma non nos resultou moi difícil a hora de desenvolvernos, co pouco vocabulario que tíñamos foinos máis que suficiente. O que tamén axudou moito a que a viaxe fora para recordar, foi a compañía. Creo que hai que aproveitar os momentos xuntos, xa que non creo que cos anos cando cada un intente centrase en buscar que facer coa súa vida, teñamos moitos momentos como este, Posando nos restos do Muro así de unidos. É difícil dicir que cambiaría, pero dando por exemplo o día do martes, cambiaría a larga camiñata que demos con ese frío, pero entendo que para ver o que tiñamos que ver, era necesario. En definitiva o que máis destaco foron os momentos de risas sen darlle importancia as nosas diferenzas de personalidade, que a hora de estar tanto tempo xuntos na clase si que s notan, pero ne Berlín esquecimos calquera tipo de problemas. E falando do tema sobre si era mellor realizar esta excursión en cuarto ou en primeiro, quizás sexa mellor en cuarto, supoño que tería a oportunidade de ir máis xente. Por último creo que temos que agradecer aos profesores que nos acompañaron e tamén que nos brinden a oportunidade de esta viaxe. Creo que se debería aproveitar. Noemi Gómez Lage

leliadoura eliadoura nº 21

Viaxes

BERLIN 2012


Entroido no insti

Tivemosmúsica,mascaras,sorpresasemoita diversión

IES Poeta Díaz Castro

17


Semana da ciencia Do 7 ó 20 de novembro celebrouse a semana da ciencia Durante esa semana as institucións e de investigación abren as súas portas para que todos coñezamos onde e como se constrúe o saber científico, os científicos que o fan e os últimos avances. Trátase de achegar a ciencia ao público de todas as idades, estimular o gusto polo saber científico. Os departamentos de Física e Química e Ciencias Naturais organizaron Alumnado de 2º de BAC preparando os experimentos varias actividades para celebrar esa semana. Así os alumnos de 2º de BAC realizaron unha serie de experimentos no Hall do centro e explicaron ós máis pequenos (e ós grandes e curiosos tamén) en que consistían, para que servían etc. Claro que para facelo tan ben tiveron que currar moito antes. Estivo moi ben. Que se repita (os experimentos, claro, non os alumnos) Dende a biblioteca aportamos a nosa modesta colaboracións ás actividades organizadas polos departamentos de Física e Química, Ciencias e Matemáticas cunha mostra de libros e pelis de de contido científico

Mostra de material de biblioteca

O sol, a nosa estrela Oalumnosealumnasde3?e4?deESO asistiron a unha actividade impartida polo matem?tico, e astr?nomo do Observatorio •gRam?n Mar?a Aller•h Pedro Pablo Campo. A primeira parte da actividade consistiu nunha conferencia na que amosou como é a nosa estrela, desde o núcleo ata a coroa, mostrando as diferencias que hai no seu interior e a relación que estas gardan cos distintos niveis de temperatura, como e por que se produce a enerxía que se desprende, seguindo coa análise dos seus ciclos a súa relación coas labaradas, as auroras... A continuación a segunda parte da actividade foi a observación do Sol a través dun telescopio, en pequenos grupos, desde o patio

18

leliadoura eliadoura nº 21

do instituto, visualizando as manchas solares moi visibles ao estar nun período de máxima actividade solar. Recordade que non se poden facer observacións directas do disco solar, senón que se teñen que facer mirando o seu reflexo nun papel o cartolina, polo risco de queimar a retina dos nosos ollos.


Despedida 2º BAC

Algofaríanesteschicosparaquehouberatantadespedida. Non é porque tiveramos gañas de desfacernos deles. En fin todo acaba. O último día de clase o alumnado de 2º de BAC tivo unha sorpresa moi especial. Os seus compañeiros dos cursosinferiorespreparáronllesunhadespedidasonora: música, aplausos, palabras fermosas e algunha que outra lagrimiña. Estimados compañeiros de 2º de bac: Ante a proximidade da vosa marcha definitiva deste instituto para iniciar outra etapa da vosa vida, os vosos compañeiros non queremos deixar pasar a ocasión de despedirnos de vós, pero sobre todo de felicitarvos por ter superado con éxito este longo camiño dunha maneira tan exemplar. Para nós, alumnos de 1º, que chegamos de novo a esta Os protagonistas, agradecidos viaxe que vós acabades de rematar, fostes un exemplo a seguir, uns bos compañeiros aos que imos votar de menos; porque aínda que só compartimos un curso, chegounos para ver que mereceu a pena coñecervos. Esperamos que todos nós sexamos capaces de chegar a onde estades vós co mesmo éxito! Non queremos dicirvos adeus, senón ata logo, porque seguro que algún día nos volveremos a atopar e, aínda que non sexa así, sempre imos recordar a eses excelentes compañeiros que un día tivemos cando chegamos de novatos a este instituto. Nora boa por esta etapa superada, que teñades moita sorte de aquí en diante, que sexades moi felices e sobre todo sabede que deixades este instituto, mais non se vos vai esquecer. E lembrade, como di a canción, que sodes libres para conseguir o que vos propoñades e cumprir os vosos desexos. Unha aperta Despedida organizada polos compañeiros

IES Poeta Díaz Castro

19


O venres 25 celebramos o acto de despedida dunha nova promoción de bacharelato. Ó acto acudiron os alumnos e alumnas (todas e casi todos vestidos para a ocasión)que remataron este ano 2º de BAC as súas familias e boa parte do profesorado do centro. Houbo discursos, tempo para o recordo dos anos, esperamos queestupendos,pasadosnoinstituto,etaméntempoparaasrisas(moiboasas,porcerto)paramoitasfotos. En fin esperamos que lles vaia moi ben na súa nova etapa e que alí por onde vaian deixen tan bo recordo como o que deixan entre os seus compañeiros e profesores, ATA SEMPRE

Daniel, Ángela, Andrea, e Queila a cargo da presentación

A nosa directora fai entrega das orlas

Ó final, despois de tantos esforzos e tensións... noraboa

20

leliadoura eliadoura nº 21


foi Mary Wollstonecraft.

A represión romántica

Aexposición“MulleresnaHistoria”docolectivo 8 de Marzo do IES A Pontepedriña consta de 60 paneis explicativos que abranguen as primeiras revindicacións feministas durante a Ilustración, ata as numerosas mulleres que no século XXI loitan desde moi diversos ámbitos por construír unha sociedade máis xusta. O 8 de marzo En 1910, nunha conferencia de mulleres socialistas, Clara Zetkinpropuxo a celebración dun Día Internacional da Muller. A partir dese momento, ese día celebrouse en diferentes datas e lugares. O día 23 de febreiro de 1917 as traballadoras de Petrogrado botábanse ás rúas en demanda de Pan, paz e república: era o comezo da Revolución Rusa. Anos máis tarde, Lenin, recoñecendo o papel das mulleres na Revolución, declarou o 8 de Marzo Día da Muller Traballadora.

Tomaron partido en contra da escravitude dende o primeiro momento. Ese foi o caso das irmás Grimké. Tamén loitaron polos seus dereitos laborais Flora Tristáne Louise Michel. Participaron, ademais, nas principais vagas revolucionarias que percorreron Europa, como Mariana Pinedana revolución española de 1820 ou Louise Otto Petersna alemana de 1848.

As cousas de Biblo

O día da muller traballadora

As mulleres socialistas Ao comezos do século XX mulleres como Clara Zetkin, Alexandra Kollontaie Rosa Luxemburgosalientaron na defensa dos dereitos políticos, sociais e económicos.

As mulleres en España A Constitución republicana de 1931, recoñece o dereito ao voto e á participación política das mulleres: Clara Campoamor, Dolores Ibárruri “Pasionaria”, son algunhas das pioneiras na política española. Durante a Guerra Civil e o franquismo, destacan Enriqueta Otero Isabel Ríos.

As precursoras As mulleres foron protagonistas principais da vaga revolucionaria que percorreu Francia de 1789 a 1795, nas que destacaron Lacombe, Mericourte, sobre todo, Olympe de Gouges, que reclamaron para a muller os mesmos dereitos que para os homes. A figura máis senlleira

IES Poeta Díaz Castro

21


Nabibliotecacelebramoso8demarzoconlibros. Na mostra Palabras de muller sacamos fora da biblioteca libros de escritoras. Non foi doado, pois case non temos sitio onde poñelos.

As últimas conquistas Na década dos setenta aínda queda un gran reto: eliminar a desigualdade salarial e reducir as enormes taxas de pobreza e marxinación que afectan sobre todo ás mulleres. Na actualidade, grazas ao esforzo do movemento feminista, a muller está presente na educación e na ciencia, no ámbito político e no mundo laboral. Destacadas mulleres contemporáneas: Indira Gandhi no ano 1966 foi elixida Xefa do Goberno da India. Rosa Louise Parks nos Estados Unidos, loitou contra o racismo. Benazir Bhutto foi a primeira muller elixida democraticamente para gobernar un país musulmán, Paquistán. Shirin Ebadi avogada e activista polos dereitos humanos iraniana, Rigoberta Menchú activista dos dereitos humanos de Guatemala. No 1992 recibiu o Premio Nobel da Paz. Aung San Suu Kyi é a figura emblemática da oposición birmana contra a ditadura militar. No 1991 recibiu o PremioNobel da Paz. Arundhati Roy Nacida na India, é hoxe unha das figuras clave no activismo pola paz e o medio ambiente no seu país e en toda Asia.

Conclusión O meu recoñecemento e gratitude a todas estas mulleres que tanto loitaron por conseguir uns dereitos de igualdade entre homes e mulleres e por querer darnos unha vida máis xusta. SARA CAMPOS GONZÁLEZ

22

Palabras de muller

leliadoura eliadoura nº 21

1º ESO A

Mostra de material da biblioteca

Yolanda Castaño O 15 de marzo estivo con nos Yolanda Castaño para falarnos de poesía. A charla resultou moi amena, contounos moitas cousas da poesía e os poetas galegos contemporáneos. Ademais podemos disfrutar dunha fermosa seleción de poemas.

Yolanda Castaño recitando poesía

As cousas de Biblo

A Constitución monárquica de 1978 establece a igualdade de dereitos, sendo neste momento cando as mulleres adquiren unha maior presenza no eido político, científico, educativo e laboral. Outras mulleres españolas dignas de mención son tamén Mariana Pineda Muñoz, Concepción Arenal Ponte, Emilia Pardo Bazán…


Celebramos o día dos namorados con moito amor e poesía. Enchemos abiblioteca de corazónscargadosde amor,e para osnososlectoresun libroe unha flor.Nohall do centro fixemos unha mostra cos mellores libros de amor, por se alguén necesita inspiración. Tamén tivemos cancións dedicadas. Os carteiros do amor repartiron cartas e maís cartas con poemas. Esperemos que ninguén quedase sen o seu poema. Algunhas nin tempo tiveron para ler todas as cartas que recibiron. Que sorte, por algo será. En fin TOO MUCH LOVE

As cousas de Biblo

Dia dos namorados

Os buzóns do amor quedaron pequenos Mostra de material da biblioteca

Flores e libros para quen todas e todos

Carteiras repartindo poemas

De quen será!

IES Poeta Díaz Castro

23


As cousas de Biblo

Compramos libros para Biblo

Grupo de boas lectras diante de Fundación Caixa Galicia. Por que non hai rapaces

O pobre Biblo quédase sempre moi so durante as vacacións de Nadal. Como é moi bo lector xa debe ter aburridos os libros da biblioteca. Así que este ano decidimos facerlle un agasallo. Estivemos de novo no FNAC para voltar cargadiños de novidades. Ó final non sei si Biblo quedou moi contento pois os libros voaron axiña da biblioteca. Non creo que lle importara moito, xa terá tempo de sobra para lelos despois. Seguro que prefire que os leades vos. Aquí tedes unha imaxes de como foi a cousa.

Yaiza e Andrea elexindo libros

Laura e Claudia explicando a súa selección

24

leliadoura eliadoura nº 21

Iris, Helena e Lucía

Yaiza e Andrea elexindo libros


As cousas de Biblo

Rap en Gutiriz O EDL e a biblioteca organizaron un taller de RAP guiado por Marmelada de RE. Os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO que participaron no taller prepararon as letras coas profesoras de lingua e música (gracias María, Mónica e Sandra). Por grupos ou de un en un presentaron as súas rimas e case todos (algúns deulles vergonza e outros non tiveron tempo) puideron gravar a súas propostas. Non sei si sairá algunha estrela disto, pero escoitamos cousas que non estaban nada mal. A experiencia resultou moi interesante, rimamos, aprendimos algo sobre como se fai unha gravación, descubrimos capacidades ocultas dalgúns e o pasamos moi ben. No blog da biblioteca pódese ver un pouquiño do que fixemos.

Uns estiveron moi serios e concentrados...

Algúns tardaron en coller o ritmo

Taller de contacontos Outro ano máis estivo con nos a Tropa de Trapo traballando co alumnado de 1º de ESO. Outros... esperando inspiración do ceo

IES Poeta Díaz Castro

25


O25denovembrofoideclarado“DíaInternacionalda Eliminación da Violencia contra a Muller” pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1999.

Colocando o panel contra a violencia machista

Na biblioteca organizamos unha mostra con libros e pelis que dalgunha forma tratan o asunto da violencia de xénero. Os alumnos de 1º ESO realizaron dous estupendos paneis denunciando os comportamentos machistas e os tópicos sobre a mulleres. Tamén pasouse un cuestionario a todo o alumnado para reflexionar sobre os violencia sexista, a inexplicable tolerancia ante estes comportamentos, etc. Durante os recreo proxectamoos unha serie de vídeos, canción e presentacións sobre o tema. En fin pequenas cousiñas que esperemos que servan para algo Non queremos que...

DÍA DA PAZ E A NON VIOLECIA

O 30 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Paz e o Día escolar da Non-Violencia. Biblio celebrouno con libros e pelis

26

leliadoura eliadoura nº 21

As cousas de Biblo

Violenciadexénero


Outro ano máis celebramos o día do libro compartindo contos e lecturas cos pequenos dos colexios de Lagostelle, Parga e A Castellana. Alí nos presentamso cargadiños de ilusión e historias. Durante a semana anterior preparamos as ben lecturas tendo en conta que diante teríamos un público experto nesto de escoitar contos. Nos colexios organizamos ós pequenos, coa axuda dos seus mestres, en grupos de tres de xeito que cada un dos lectores foi pasando por diferentes grupos e lendo o seu conto. Cremos que non resultou mal e que foi unha boa experiencia para todos, grandes e pequenos

Tania ten moito conto que contar

Que o pasou millor? Ester ou os pequenos

Tamara moi no seu papel

As cousas de Biblo

Compartindo contos

IES Poeta Díaz Castro

27


As cousas de Biblo

O Samaín

Samain na biblioteca

OSamaínéunhafestaquesevencelebrandodende tempo inmemorial. Ao rematar outubro os nosos antepasadosfacíanestafestaparacelebrarofindo veráneocomezodoinverno,easídarlleabenvida ao Aninovo. Nestas datas almacenaban provisións para o inverno e sacrificaban animais, para así poder ter sustento durante este período de frío e mal tempo, no que as colleitas non chegaban e os animais escaseaban. Nesta noite, os espíritos dos defuntos de cada familia regresaban ás súas casas, por iso a xente acendía fogueiras nos campos e camiños para que os espíritos puidesen guiarse e atopar o camiño de volta ao fogar. Esta era unha noite moi especial , xa que os vivos podían comunicarse cos mortos. Máis tarde, os pobos de orixe celta recollen esta tradición. Eles, para mostrarlle o camiño aos espíritos, baleiraban nabos e metíanlles dentro carbón ardendo, e deste xeito iluminaban os camiños(de aquí provén a famosa tradición de baleirar e iluminar as cabazas, que seguimos conservando hoxe en día). Tamén lles deixaban comida e provisións para que se puidesen ir mantendo despois dun ano enteiro sen probar bocado Despois dun tempo, o Samaín cristianizouse no Día de todos os Santos , que tamén seguimos conmemorando actualmente. Esta festa relixiosa trasladouse ás Américas e alí converteuse nunha festa divertida e especial, que máis tarde regresou a nós como unha festa pagá na que é propio disfrazarse de xeito terrorífico, meter medo e xogar coa memoria dos espíritos. Esta festa tamén é coñecida como Halloween. Eva Fernández Paderne. 1º ESO

Noraboa Eva pola tua cabaza (e o teu traballo)

28

leliadoura eliadoura nº 21

Este ano tomamos precaucións. É que hai algúns que non poden deixar de ler nin despois de mortos. Por nos estupendo. O problema é que nesta noite queda todo revolto, cheo de babas, arañas… e logo hai que limpialo. Pero este ano estabamos ben armados cunha boa colección de cabazas.

Polo menos desta volta non fixeron moito rebumbio e incluso deixaron unha selección das súa lecturas preferidas. Todas noxentas, “nejras”, sanguentas… xa se sabe como son (os mortos, claro) Así acaban os que mangan libros e non os len

Parece que algún deu a nota. Xa vedes que estes non se andan con chiquitas. Son un pouco duros, pero non lles fata razón. Mangar un libro nunha biblioteca e algo estúpido (para que o vas mangar se podes levalo prestado), pero deixalo sin ler… iso é inadmisible. Que sirva de exemplo


As cousas de Biblo

A min a lexión

O venres 11 de maio tivemos unha de romanos.

Os da asociación CAETRA de lugo estiveron no insti para explicarnos e demostrarnos como funcionaba o exército romano e darnos a coñecer o traballo de reconstrución histórica que realizan. A charla foi moi entretida e tivemos ocasión de coñecer moitas cousas sobre os romanos e o seu exército que no vemos en clase. Na biblioteca aproveitamos para facer unha mostra cos libros, que son moitos, que temos sobre o tema. Manolito, recordando os seus tempos de lexionarios, decidiu quedarse facendo garda, para que non desapareza ningún.

Literatura e matemáticas

O xoves 18 de abril estivo con nós o profesor do IES MonelosdaCoruña,GonzaloTemperán,parafalarde “Matemáticas e literatura”, ao alumnado de 1º e 2º da ESO.

Descubriulles novos libros relacionados coas matemáticas, moitos dos cales xa están na nosa biblioteca e na exposición que, con motivo desta visita, colocamos no vestíbulo. Incidiu no auxe que están a ter os contidos matemáticos nos “best sellers”, e citou entre outros, “O código da Vinci”, “Ángeles y demonios” de Dan Brow, “Todo bajo el cielo” da escritora Matilde Asensi e, non podían faltar, “El asesinato del profesor de matemáticas”, “Alicia no país das marabillas” e “A través do espello” de Lewis Carrol. Ao tempo que falaba dos libros propuxo actividades. Coas viaxes de Gulliver tocou investigar as proporcións en superficies e nos volumes; con “Todo bajo el cielo” traballáaronse as permutacións;, con “Drácula” e a saga do crepúsculo investigouse as potencias de dous. Ao remate houbo un tempo para preguntas

IES Poeta Díaz Castro

29


Depois da charla sobre literatura e matemáticas quixemos saber algo máis sobre o tema e sobre o traballo do profesor Temperán MATEMÁTICAS

Que é o que máis lle gusta das matemáticas? O seu carácter rigoroso, exacto e sobre todo, a súa beleza. Que programas utiliza para o ensino das matemáticas na clase? Por desgraza, o meu centro non se caracteriza pola dotación en medios informáticos; pero cando se pode utilizo as follas de cálculo, as plataformas Descartes e Geogebra, e outros programas de tipo gráfico. Pensa que as matemáticas están en todos os ámbitos da vida?. Por que? Por suposto, na Natureza hai unha lóxica natural; e isto irá incrementándose cos avances nas tecnoloxías da información: estas necesitan lóxica matemática e algoritmos para desenvolvelas. Que son para vostede as matemáticas? Para min as matemáticas son unha paixón, forman parte da miña vida.

LITERATURA Como se lle ocorreu a idea de unir a literatura e as matemáticas? Aínda que a verdade é unha xuntanza interesante. Gústame moito ler, e leo bastante, cando o traballo mo permite. Nas diferentes lecturas van aparecendo situacións e temáticas que teñen que ver coas matemáticas, por iso tratas de darlle explicación e contalas aos meus alumnos. Cal é o seu xénero literario preferido e que libro, en concreto, lle gustou máis? Gústanme as novelas de aventuras, de misterio, policíacas… Son un adicto da novelas suecas: Henning

30

leliadoura eliadoura nº 21

Mankel, Camilla Läckberg…, pero tamén as españolas: Matilde Asensi, Julia Navarro, Javier Sierra… Que libro de lectura matemática nos aconsella para 1º e 2º da ESO? Pois nos vos aconsello un senón un cesto deles: Apín capón zapún amanicano, Cuentas con cuentos, Ernesto, el aprendiz de matemago, Alucina con las mates, El señor del cero, Malditas matemáticas, Póngame un kilo de matemáticas…

TETRACTIS Quen fai o periódico, e que o u t r o s proxectos realizou? Ben, eu fago o deseño e a maquetación, pero participan alumnos, compañeiros… Tamén organizamos o Certame de Matmonólogos ( este año xa foi a 5ª edición), un Concurso de esopías (comentarios, poemas… onde as palabras seguen as cifras de ?), participamos na Feira Matemática (pertenzo a Comisión organizadora), facemos exposicións… De onde sacan a información para facer todas as publicacións? Cos anos de docencia vas aprendendo cada vez más cousas e iso da ideas para investigar, profundizar e planear outras máis… Cando decidiu fundar o xornal e como foi a idea? Tetractis, en particular, fundouse en outubro de 2006, cando eu cheguei ao IES Monelos; pero no centro anterior (IES Ramón Otero Pedrayo-A Coruña), xa editabamos outro co nome de DOUSPIERRE, que comezou no ano

As cousas de Biblo

Entrevista a Gonzalo Temperán


As cousas de Biblo

2000 (Ano Mundial das Matemáticas) e do que se chegaron a publicar 54 números. Desde o principio tivo apoios con esta iniciativa ou tivo moito que loitar para levala adiante? Non tiven moitos problemas, porque xa tiña experiencia do boletín anterior; así que xa viña todo rodado e realmente, editar un boletín coma este, costa moi pouco. O título chámanos moito a atención, de onde xurde, ou que significa? É un nome pitagórico. Sabedes que a Escola Pitagórica doulle moita importancia aos números, dábanlle significado e propiedades. Falaron dos triangulares, cadrados, pentagonais, amigos, perfectos… Tetractis é o cuarto número triangular e tan propiedade que nel están comprendidas todas as dimensións: punto, recta, plano e espazo (10 = 4+3+2+1). Os membros da Escola Pitagórica prometían obediencia ao Mestre e o cumprimento das normas xurando pola SAGRADA TETRACTIS. Como se reparte o periódico ao alumnado? O periódico repártese e lese nas clases. Pero tamén se envía por correo electrónico a toda persoa que o solicita. (Envíase a unhas 600 persoas)

Tetractis tamén é lido polos profesores? Si, entre as persoas ás que se envía figura o claustro de profesores, colegas de matemáticas, alumnado do IES Monelos, exalumnos que están na Universidade… O xornal, cando empezou a ser un blog? O 30 de novembro de 2009, cunha entrada dedicada á convocatoria do Canguro Matemático. Agora sumamos unhas 360 entradas. Cales son os obxectivos do xornal? Dar a coñecer a actualidade no campo da matemática e as actividades que se desenvolven desde o noso departamento, desenvolver actividades que non se poden realizar na aula, divulgar os conceptos matemáticos que aparecen na vida cotiá, publicar os traballos do alumnado que acaden un certo nivel, mostrar o aspecto máis lúdico das matemáticas. Buscar respostas ás preguntas deste tipo: “¿E isto para que serve?”. Conseguir, no centro, un clima que favoreza o interese polas matemáticas. Qué cursos poden colaborar co xornal? En realidade, todos poderían participar na elaboración de Tetractis. Varían dun curso a outro, pero os alumnos de 1º Bacharelato son os que máis participan e a súa colaboración puntúa na avaliación da materia.

Portugués Simples O alumnado de 3º, 4º de ESO 1º e 2º de BAC asistiu a un curso OPS (O Português Simples) impartido pola AGAL (Associaçom galega da limgua) O curso, basicamente, consistiu en mostrar de xeito práctico os moitos aspectos comúns ou de proximidade entre galego e portugués que fan que poidamos entender esta lingua sen ningún tipo de problema a partir da nosa; ofrecer un pequeno estudo do lugar que ocupa no mundo a lusofonía desmontando o tópico de que «o galego non serve máis que para andar pola casa», vinculando tamén este feito, ás posibilidades laborais que se abren co coñecemento destas linguas...

IES Poeta Díaz Castro

31


Letras galegas no mercado Este ano celebramos as letras galegas no mercado. Si, si, no mercado. O mércores 16, día de mercado en Guitiriz, armámonos con gaitas, bombo, tambor, guitarras, bafles, cables, mesa de mezclas, cadeiras, unha chea de poesía e moi pouca vergonza e nos plantamos no medio da feira. Así mentres uns pregoaban as virtudes de polos, ovos, camisetas baratiñas etc. nos regalamos poesía e música. Poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Marica Campo, Álvaro Cunqueiro e Xosé María Diaz Castro, leídos por alumnas e alumnos 2º de ESO a e de 4º. Podedes velo no blog daa biblio Letica de 2º ESO

Ademais. un grupo formado por rapazas e rapaces de 3º de ESO e 4º de P.D.C (Voces:Yaiza, Tamara.Violín: Sandra. Guitarras: Oscar, Alejandro, Sandro, Irene e Alberto) e dirixidos pola profesora Sanda Tenreiro interpretaron “Chove en Santiago” un poema en galego de Garcia Lorca (non traducido, escrito por el en galego) con música de Alberto Gambino e Penélope un poema de Xosé María Diaz Castro con música de Sandra Tenreiro.

Por suposto non faltou o son da gaita cun estupendo cuarteto formado por alumnos de 1º de ESO Sheila, Alex, Agustín e Alberto Lucía Sanmartín lendo a Cunqueiro

32

leliadoura eliadoura nº 21

As cousas de Biblo

Andrea lendo un poema


As cousas de Biblo

PROPOSTASDAS LECTORAS

Si non sabes que ler este verán aquí tes algunhas ideas. Seguro que hai algo para ti TITULO: Diario de Sofía desde el cuarto de baño AUTORr: Rose Cooper Creo que este libro estaría ben para os de 1º da ESO xa que a protagonista está nese curso e quizais se senten máis identificados que me sentín eu. Sofía ten un blog de conto na páxina do instituto na que fala das cousas que lles pasan aos seus compañeiros pero sempre sen poñer o seu nome senón as iniciais xa que o blog está vixiado de preto por un Orofesor. Os contos son os seguintes: os romances de Mia, quen é o alumno coa nai embarazada, entre outros. Para decatarse dos contos colle a súa libreta e escóndese no cuarto de baño de rapazas onde escoita conversacións secretas. Ademais Sofía ten que aguantar que a súa nai, que está de substituta no seu instituto, a chame a berros polos corredores. Se queres saber o todo o que ten que aguantar Sofía e decatarte dos contos do seu instituto tes que ler este libro. Tania Forja Pena 2º ESO A

TÍTULO: Palabras de caramelo AUTOR: Gonzalo Moure Este conto trata dun neno xordomudo chamado Kori. Kori non ten amigos e vai a un colexio especial. Ten tres irmáns máis ,dous pequenos e unha maior. Un día o tío de Kori ensinoulle a este unha camela que estaba embarazada. Pasados algúns días Kori foi visitar a camela e ese mesmo día nacera un

cameliño ao que Kori pensou que se podía chamar Caramelo porque movía os beizos como se estivera mastigando un. Dende aquela Caramelo converteuse no mellor amigo de Kori. Todos os días Kori ía visitar a Caramelo e sabía o que dicía aquel cameliño. Kori pediulle a súa profesora que lle aprendera a ler e a escribir para poderlle ler e recitar os poemas a Caramelo. Un día o tío de Kori ía sacrificar a Caramelo e cando se enterou Kori escapou con Caramelo moi lonxe. Ao día seguinte a familia de Kori ao ver que este non estaba foron en busca deles e atopáronos durmindo debaixo dunha árbore. Máis tarde o tío de Kori sacrificou a Caramelo e Kori foi a recitar un poema coa dor que sentía nese momento. Kori fíxose maior e puido escoitar utilizando un audiófono e tamén logrou falar coa axuda da súa profesora. Tania Campello Saá 1 Eso A

TÍTULO: El curioso incidente del pero a media noche AUTOR: Mark Haddon Gustoume esta novela porque é moi diferente a todas. Cristophen, o protagonista, dende un principio ten un misterio por descubrir: o asasinato de Wellington. Este can pertence á familia Shears, coa que a familia do protagonista vai estar moi enlazada. Pero

IES Poeta Díaz Castro

33


Nerea Seijas Roca de 4º de ESO

Título: La voz dormida Autora: Dulce Chacón Elvira, a máis valente e á vez principal protagonista desta historia, é a rapaza que máis pasos ten que dar e enfrontar durante a súa vida. A súa irmá Hortensia está detida na prisión de Vendas por apoiar ao Partido Comunista do que o seu marido, don Fernando, formaba parte xunto co futuro marido de Elvirita, o Chaqueta Negra. Hortensia foi condenada a pena de morte, pero antes deixou de si un froito, Tensi, a súa filla, a máis prezada de todas. O pai de Tensi cae morto en Outeiro Umbría. En cambio, Chaqueta Negra é levado a prisión, pero liberado tras a morte do Papa. Casa con Elvirita e vanse a Córdoba. Pero e... Tensi? Lede o libro para sabelo. Nerea Seijas Roca de 4º de ESO Esta obra, ambientada en plena guerra civil española, conta a historia dunhas mulleres encarceradas na madrileña prisión de Ventas e a súa loita e a dos seus familiares por defendelas a elas e aos seus ideais políticos. Este libro gustoume moito e recomendo a súa lectura a todo o mundo xa que nos fará achegarnos e entender máis a vida á que tiveron que facer fronte os nosos avós ou bisavós. Amanda Isabel García Lorenzo, 4º ESO

34

leliadoura eliadoura nº 21

TÍTULO: Moncho e Dríar Dríar.. AUTORA: María García Yáñez. Este libro cóntanos como todos pese a ser moi diferentes, podemos ser amigos. Esta mesma ensinanza é a que nos quere transmitir a autora a través de Moncho, un mozo do ano 2000, e Dríar, un mozo do ano 5000. Dríar ve a Moncho nunha grabación e decide montar nunha nave do tempo para coñecelo;queda con el porque se sinte mellor rodeado de xente que nun mundo no que as máquinas predominan a sociedade e non hai sentimentos. Paréceme unha bonita historia de amizade. Eva Fernández Paderne. 1º ESO A

TÍTULO: O Principiño AUTOR: Antoine de Saint-Exupéry Ola, quérovos falar do libro»O Principiño». Este relato trata dun neno, o Principiño, que lle vai contando a historia da súa longa viaxe polos planetas do espazo a un señor que non tiña a mesma imaxinación que de pequeno tivera e que en principio so quería arranxar o seu avión. Na a miña opinión o que fai o Principiño e devolverlle toda aquela imaxinación perdida. É unha historia bonita que nos demostra que a imaxinación non ten barreiras e menos para un neno pequeno. Sabela Salgueiro Garcia de 1º ESO

TÍTULO: Dúas bágoas por Máquina AUTORA: Fina Casalderrey Este libro cóntanos a relación tan entrañable que hai entre un canciño chamado Máquina e a súa dona, Xusta. Ao pasar os anos, a familia da nena decide desfacerse do can, sen que ela o saiba, motivo polo que Xusta

As cousas de Biblo

ao longo do seu proceso como detective, a xeito de imitación de Sherlock Holmes, vaise encontrar con máis nós,que vai ter que desatar ao longo da novela. Se tedes o desexo de coñecer tanto a relación entre ambas as dúas familias coma os novos casos aos que se antepón, o meu consello é: lede o libro.


As cousas de Biblo

padecerá un gran sufrimento. Esta novela é moi tenra e emotiva; nela reflíctese a lealdade e fidelidade de Máquina á familia, o que fará que Xusta o leve sempre no seu corazón, e mesmo lle servirá para decidir o seu futuro.

TÍTULO: Vida y destino AUTOR: Vassili Grossman

Sara Campos González de 1º ESO

TÍTULO: A filla do ladrón de bicicletas AUTORA: Teresa González Costa Serafina e mais a súa bicicleta Celerífera van ser as protagonistas desta historia. É filla dun ladrón de bicicletas que a vai deixar ao coidado da tía Perfecta, muller, pola contra, moi imperfecta polos seus actos. Ten dous bos amigos cos que comparte bos momentos: Milo e Elías, e a súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera. Neste libro pódese apreciar o verdadeiro valor da amizade, o dano que poden causar as calumnias, a importancia da constancia e do esforzo… Sara Campos González 1º ESO A

TÍTULO: La mecánica del corazón :Mathias Malzieu AUTOR:Mathias É un libro bastante orixinal, sobre todo no seu asombroso aínda que macabro comezo. Despois, simplemente é unha triste historia de amor na que se reflicten problemas de discriminación ás persoas minusválidas ou diferentes. Eu recomendo esta historia de amor por ser máis orixinal que por exemplo as de Federico Moccia, que se repite libro tras libro.

Isabel Buján Aparici 4º ESO

Unha das mellores novelas escritas sobre a Segunda Guerra Mundial, unha obra mestra, unha historia intensa e humana na que a parte do compoñente histórico, destaca pola profundidade e a gran sensibilidade coa que se describe aos personaxes, recollendo as virtudes e miserias destes, así como o sentimento colectivo dunha época. O heroísmo dos soldados rusos, a brutalidade dos nazis e a crítica ao totalitarismo de Stalin son os principios teóricos que impregnan a obra. O autor denuncia as consecuencias ?s que este sistema chegou, privando as persoas dos seus dereitos e someténdoas a humillacións de toda clase. Grossman cóntanos as verdades ocultas e realza as visibles, realiza un berro pola vida e pola liberdade de todos. É un libro difícil de ler, unha obra extensa e complexa, en canto ao número de personaxes e historias entrelazadas, pero creo que en xeral pode ser gozada por todo tipo de lectores aínda que tamén é verdade que é un gran libro para grandes lectores. Realmente paga a pena lela. De nota daríalle un 9 xa que a pesar da gran dificultade que tiven para comprender a obra e o extensa que se me fixo polas súas 1112 páxinas, trata uns valores e unhas ideas que realmente, como xa mencionei, paga a pena lelas. Lucía Roca Iglesias, de 3º ESO

TÍTULO: As crónicas de Narnia o león, a bruxa e o armario. AUTOR: C.S.Lewis Este libro trata sobre catro irmáns que se embarcan nunha aventura tras irse do seu país natal por culpa da guerra. Os nenos

IES Poeta Díaz Castro

35


pequenos, cuxos pais son magos descendentes de faraóns. O libro leva ao lector a Exipto, inmísceo entre os seus deuses e lendas e faite vivir un montón de aventuras en primeira persoa. Se te gusta a ficción, a maxia, a aventura e sobre todo se te gustou o «LADRÓN DO RAIO» confía en min LE A PIRAMIDE VERMELLA! Andrea Balsa 2º ESO

Cintia Iglesias García 2º ESO A

TÍTULO: El sobrino del mago AUTOR: C.S.Lewis

Este libro relata a historia dun par de amigos, Digory e Polly, que viven a primeiro aventura no mundo onde todo é posible, Narnia. Só cuns aneis e moita coraxe, losdos amigos viven a aventura das súas vidas. Pero ademais de cono cer o belo mundo que é Narnia e ás súas fantásticas criaturas, os rapaces desencadean nesta paraxe, o que chegase a ser unha ameaza para Narnia, pero abrigo para cinco nenos inocentes. Os contidos deste relato, aínda que fantásticos parecen totalmente reais, pois aínda que relatados con sinxeleza tamén cun esmero que os fai incomparables e únicos. Dende o meu punto de vista esta historia merécese de nota un 8, aínda que para gustos cores Andrea Balsa 2º ESO

TÍTULO: La pirámide roja AUTOR: Rick Riordan Encantoume este libro o mellor, despois da colección de «O LADRÓN DO RAIO». Pola miña banda esta entrañable e máxica historia merécese de nota un enorme 10. Os protagonistas desta memorable historia son Sadie e Carter; dous irmáns separados dende

36

leliadoura eliadoura nº 21

TÍTULO: Kafka y la muñeca viajera abra ordi Sierra I F AUTOR: Jordi Fabra É unha historia moi bonita xa que a nena perde o seu boneco e Kafka, que non sabe que facer, lle di que non está perdida senón que simplemente que se foi de viaxe Pero todo complícase e manteñen unha relación a través de Brígida o boneco da nena pero ás tres semanas todo cambia... é unha historia moi tenra. Lidia Iglesias 2º ESO

TÍTULO: El home invisible .W ells AUTOR: H.G H.G.W .Wells Este libro gustoume moito porque ten moito misterio. Cada páxina que lles faiche ter ganas de ler a seguinte. Persoalmente, ou principio pareceume un pouco aburrido e a parte mais interesante é ou final, cando descóbrese toda a verdade. Recoméndolle este libro á xente que lle guste ou misterio e aos que se queiran facer invisibles, como ou protagonista desta historia. María Elena Combo Vilas de 3º ESO

As cousas de Biblo

descobren no novo casarón onde viven un armario que transporta a Narnia, un país onde sempre é inverno pero nunca nadal, neste novo lugar loitasen, farán novos amigos e sobre todo descubrirán que a maxia se existe. Ao meu persoalmente o libro encantoume porque me gustan os libros de aventuras e misterio. Recoméndoo a todos porque é un libro espectacular.


As cousas de Biblo

TÍTULO: Ghost girl, loca por amor AUTORA: Tonya Harley O terceiro libro da saga de Ghostgirl non me gustou tanto como os anteriores. É demasiado esaxerado e americano falando dos adolescentes. Ademais suceden demasiadas cousas. Charlotte e a súa clase de muertología teñen que facer un último traballo, facer de anxos gardiáns dos vivos. A Charlotte tócalle Damen e a Eric, un rapaz do que ela está namorada, tócalle Scarlet. Isto pon moi celosa a Charlotte porque ademais Petula sofre un cambio de personalidade que fai que as súas amigas se distancien e lle crea unha inimiga, Darcy. Recomendo ler este libro, sobre todo se liches os dous anteriores, porque é interesante ver como remata a historia. Noelia González Árias

TÍTULO: Vestio AUTOR: Xosé Miranda É un libro moi interesante. Nel hai amor, medo, sangue, tradicións, crenzas… É moi sinxelo de ler e sobre todo se te chega a enganchar, cousa que dubido moito que non pase, xa que con só ler a primeira frase do libro xa non te poderás desprender del, pois é tan emocionante que ata parece que ti, o que o está lendo, encóntraste na historia, aínda que non vos recomendaría que vivades nesta espeluznante historia… María Pérez Ferreiro, 2º ESO

rank, la bibliografía gráfica TÍTULO: Ana F Frank, AUTOR:: Sid Jacobson Otto Frank casou con Sara. Desa relación amorosa nacen Maet e Ana. Todos xuntos

pasan o principio da súa vida en Alemaña, lugar do que tiveron que escapar debido á expansión do nazismo, unha política que supón unha guerra dura contra os xudeus. Fóronse a Amsterdam, lugar no que vivían xunto á familia Van Pels, ata que un día foron descubertos. A posteriori foron enviados a campos de concetración como o resto dos xudeus. Esta historia marca un tráxico final para todos menos para unha persoa. Para averigüar de quen se trata hai que ler o libro. Nerea Seijas Roca de 4º de ESO

TÍTULO: Memorias dun neno labrego ilas AUTOR: Xosé Neira V Vilas Este libro trata sobre a vida dun rapaz de aldea. Balbino vive nunha aldea e os pais traballan para “o señor” que se el quere pódeos deixar sen casa e traballo. Balbino conta todo o que lle pasa nun caderno a modo de diario. Nel conta os seus amores, o súas preocupacións e todas as cousas que lle pasan. Balbino non quere que ninguén leo o seu caderno xa que lle da moita vergoña que outras persoas saiban o que pensa e o que lle pasa. A min gustoume moito este libro xa que o que conta é desde o punto dun rapaz que vive na época de meus avós e é bastante realista. Recoméndovos ler este libro porque é moi fermoso. Espero que vos guste. Tania Forja Pena 2º ESO A

TÍTULO: Atrapado na torre. ernández. AUTOR: Xoán Babarro e Ana F Fernández. Chrystyan é un neno que cre na maxia, pero non descobre o seu poder ata que Bosco, un ancián do pobo, o invita a probar se posúe poderes máxicos. Deste xeito, Chrystyan emprende unha viaxe chea de

IES Poeta Díaz Castro

37


Eva Fernández Paderne 1º ESO

TÍTULO: Diez Negritos AUTORA: Agatha Christie Unha novela apaixonante que sen dúbida marabillará aqueles aos que lles gusten as historias policíacas, de intriga e misterio. A autora conta unha serie de asasinatos que se van producindo na Isla del Negro e cuxo culpable non se desvela ata o final do libro. Recomendo este libro a todo aquel que goce coas novelas de intriga e misterio. Amanda Isabel García Lorenzo, 4º ESO

TÍTULO: El Gato Negr Negro oe AUTOR: E A. P Poe El Gato Negro é un libro de historias de terror que che poñerán os pelos de punta e sentirás o terror. Hai asasinatos e asasinos, presos en celas, presos do medo, tolos que están cordos, mortos que están vivos, obsesos dos dentes, se lestes ben obsesos dos dentes, se les a historia de Berenice entenderalo, e moitas máis cousas... Persoalmente encantoume (unhas historias máis que outras) , máis do que me esperaba, xa que non me gustan especialmente as historias de terror . Tania Forja Pena 2º ESO A

38

leliadoura eliadoura nº 21

TÍTULO: Noche de viernes abra AUTOR: Jordi Sierra i F Fabra Este libro non só lle gustoume senón que tamén pareceume moi interesante xa que o feito de que os cinco mozos teñan unha situación familiar distinta lle dá matices de intriga que che impulsa a seguir lendo. Ademais o tema principal que se trata no libro, as drogas, é algo que desafortunadamente temos moi presente no día a día. Marta Freire Vázquez de 1º de BAC

TÍTULO: Cos pés no aire ernández P az AUTOR:: Agustín F Fernández Paz Daniel é unha persoa diferente á maioría, pois ten o poder de elevarse polo aire con só desexalo intensamente. Pero acabará descubrindo que tamén hai máis persoas que posúen esta calidade tan estraña. No libro reflíctese o difícil que é vivir nunha sociedade na que un é diferente do que se considera normal, que non se debe perder a autoestima e tamén que se compartes os teus problemas con outras persoas poderán axudarche. Sara Campos González 1º ESO A

TÍTULO: Noutra dimensió dimensión AUTORA: Marica Campo Nesta historia atoparás de todo, dende maxia e misterios ata aventuras. Para que vos enganchedes vouvos a contar a primeira frase do libro que di así: “Debo comezar explicando como me convertín en vento. Eu era un neno e chamábame Cidre. Non, eu chamábame eu” Espero tervos enganchado e recoméndovos este libro! María Fernández Ferreiro 2º ESO

As cousas de Biblo

aventuras e perigos, ata que finalmente consegue o seu propósito: ser un mago. Este é un libro que nos amosa como o noso esforzo e maxia interior poden levarnos moi lonxe, ata cumprir os nosos soños.


CERTAME LITERARIO LETRASGALEGAS

ConmotivododíadasletrasglegasoENDLeabibliotecaorganizaronuncertameliterario.Presentáronse dez traballos de poesía e 35 traballos en prosa. Estes son os gañadores

1º Premio poesía Sabela García, 1º ESO A MIÑA ÁRBORE VELLA Árbore vella que estás aquí coas pólas de aceiro, o corazón de rubí, dime, canto tempo levas aquí? Agochas sen saber paxaros de cores que agochan á súa vez cantares doutras rexións. Flores de mel, follas de chocolate e vermes escondidos de diamantes de oito quilates.

2º Premio poesía Oscar Novo, 1º ESO O BARCO

Meu pai ten un barco e chámase «o arco». Eu son novato e cando subo ao barco póñome coma un pato. Subín un gato e moi bo porque atopou un rato. Corre que te mato!! Tocoume estar en estribor

Como é que te atopas triste? É que non ves o que tes? A brisa cálida ou fría do monte, o atardecer de onte. Aves migratorias que se agochan en ti buscando alguén que non lles ensine como vivir, só te teñen a ti! Tes presenzas escuras que te levan á amargura, agoiros, un mal presentimento, que che chegaron ata o momento. Quérete moito, non o esquezas, porque se ninguén te quere, ninguén vale a pena.

pero alí facía moita calor. Mareábame, agarreime a unha corda e vomitei pola borda. Pola noite, comida mariñeira había para cear, sabía tan mal que me puxen a saltar, e o gato por levarme a contraria púxose a bailar...

IES Poeta Díaz Castro

39


1º Premio prosa Lucía Roca 3º ESO Sempre, para os tres Domingo, 9 de abril de 1970 Ola papá, que tal che vai todo pola América?Xa hai máis de tres anos que te fuches e aínda non souben nada de ti. Non te apures por contestarme, comprendo que andas a traballar moito para poder volver a Galicia con cartos e así poder comprar máis vacas, as catro que temos agora xa van moi vellas e non dan moito leite. Nós estamos coma sempre, como xa che contei nas mil cartas que che enviei das que non obtiven resposta. A mamá segue enferma por aquel catarro de peito que lle impide levantarse da cama. Eu ando a traballar moi duro nas terras do patrón para así poder darlle de comer a mamá, aínda que desgraciadamente só sexa un cacho de pan duro. Papá, sinto non poder ir á escola, pero non teño tempo, sei que cando regreses vasme rifar, pero espero que me comprendas. As malas linguas do pobo din que na América xa tes unha nova familia, con dous meniños e todo. Eu sei que é mentira, xa que ti a nós tesnos moito agarimo. Outra xente tamén di que morriches na viaxe en barco dende Fisterra a Arxentina. Non quero pensar que ningunha destas faladurías son verdade, xa que pensar en ti, aló onde te atopes nestes intres, faime ser mellor persoa, traballar máis cada día só coa ilusión de que algún día regreses cabo de nós e mamá volva a recuperar o seu fermoso sorriso. Só quero que volvamos ser unha familiar feliz e recorda o que nos dixeches antes de marchar: “Alá onde esteamos, a un quilómetro ou a mil, a lúa vai ser a mesma, vai estar aí sempre, para os tres”. Un bico. A túa filla Ana. Lucía Roca Iglesias, 3º ESO

2º Premio prosa Amanda García 4º ESO 14 de febreiro de 1958 -Corre Leonardo, corre. Corre tanto como poidas, non te pares ata que o fagan primeiro as túas pernas. Corre, e non mires nunca atrás. E recorda ti xa non eres Leonardo, a partir de agora eres Manuel. Corre. Quero... 21 de xaneiro de 2011 -Precisa algo máis , señor? -Non ,Matilde, pode vostede retirarse. E Matilde pechou a porta, deixando tras de si unha habitación chea de recordos. E aquel ancián en cadeira de rodas que vivía por e para aquela estancia. Dende pola mañá cedo refuxiábase alí e pasaba horas mirando as paredes, cheas de retratos de cando el era novo. A Matilde tamén lle gustaba moito estar alí, sentíase protexida. Foron moitas as tardes que pasaba co señor Manuel mirando aquelas fotos, “son todas moi bonitas” dicíalle a muller ao ancián cando este se afanaba tanto en que alguén lle recoñecera o seu tesouro máis preciado. Aínda así había algo que Matilde non sabía e que preguntaba ao señor cada vez que tiña oportunidade. Nesas fotos, que convertían a habitación do señor Manuel nun “collage supervintage”, como lle soía dicir a súa neta, saía unha muller fermosísima. Unha rapaza cunha mirada transparente e un sorriso embaucador que acaparaba toda a atención de Matilde. Pero cada intento que esta facía por coñecer algo sobre esa muller topábase de fronte coa seriedade e rotundidade na negativa de Manuel.

40

leliadoura eliadoura nº 21


Como cada luns, don Manuel recibeu a visita de Xerardo, o farmacéutico da vila e íntimo amigo do señor. Pero, este luns, Xerardo non viña só, traia un rapaz novo con el. En canto Matilde o mirou aos ollos un arrefrío invadiulle o corpo. A mesma, a mesma mirada que a muller da foto, os mesmos ollos transparentes e profundos. A visita do farmacéutico mantiña a Manuel ocupado toda a tarde, pero esta vez apenas estiveron dentro da casa unha hora. Matilde non acostumaba a facer preguntas , pero esta vez viuse na obriga de preguntar ao señor pola curta visita de Xerardo. A resposta foi clara e contundente: “Non quero que Xerardo poña o pé dentro da miña casa de aquí en diante”. Dende aquela visita a saúde de don Manuel empeorou e o 16 de maio de 2011 faleceu. Foi un enterro multitudianrio, pero a atención de Matilde centrouse nos acompañantes de Xerardo. Unha anciá arrugada pero fermosísima, e o xoven que aquel luns acompañara ao farmacéutico na súa última visista a Villa Aurea. Como se soe dicir “pasou o día e pasou a romería” e Matilde voltu á casa na que estivera traballando os últimos dez anos. Dedicou unha semana a limpar e remodelar a casa. Todo, agás a habitación na que pasaba as horas don Manuel. Non entrara alí dende o día que o atopou morto, sentado na súa cadeira e agarrado a foto daquela muller. Decidiu non tocar un ápice daquela estancia e así o faría. Disto xa hai dous anos, e por iso o descubrimento que fixo Matilde hai unhas semanas é digno de mención. Entre as vaixelas do comedor de Villa Aurea don Manuel deixou unha carta a súa muller de confianza na que confesaba o seguinte: “Perdoa, perdoádeme todos. A ti sobre todo, Matilde, perdoa por terte enganada tantos anos.Non me foi fácil marchar. Marchar sen mirar atrás, como ela me dixo, e abandoar así a miña vida. Fun egoísta, recoñézoo, mais os tempos eran distintos e eu valía demasiado. Namoreime dela con dezaseis anos, quíxena, máis que a ninguén, e pagueina cara. Arrisqueino todo por ela, e ela dábamo todo. Fomos felices, certo é que durante pouco tempo, pero hoxe podo dicir que valeu a pena. Despois fíxome marchar, pensaba que era o mellor e o meu amor non me deixaba rebatila. Pero non me arrepinto, non, porque a miña infelicidade foi a súa ledicia. Grazas Xerardo, grazas por deixarme morrer despois de ver o meu fillo. Grazas Matilde, por non preguntar máis do que debías”. Leonardo

Amanda García Lorenzo 4º ESO

PCPI IES Poeta Díaz Castro

41


1ยบ ESO A

1ยบ ESO B

42

leliadoura eliadoura nยบ 21


2º ESO A

2º ESO B IES Poeta Díaz Castro

43


3ยบESO

44

leliadoura eliadoura nยบ 21

4ยบESO


1ºBAC

2ºBAC IES Poeta Díaz Castro

45


BIBLIOTECA “Poeta Díaz Castro” Boletín das argalladas da vosa biblioteca

46

leliadoura eliadoura nº 21 .

Leliadoura 2012  

Revista do EDNL e Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you