Page 1

Leliadoura RAMON PIÑEIRO, PARTEIRO DA POESIA DE DIAZ CASTRO

2

ALGUNHAS ACLARACIÓNS SOBRE O ESTADO DA LINGUA GALEG A

7

DECRETO DE BILINGÜISMO, UN MAL NECESARIO ?

8

A21EG: OS ALUMNOS SON OS PROTAGONISTAS

9

A21EG no IES Poeta Díaz Castr o

10

eTwinning: Este ano, foi de consumo! !

12

Imos de viaxe a Portugal

13

Viaxe a Valencia

14

Visitas, charlas, exposicións

16

Traballos de Plástica

20

GRUPO PRÓSOPON CURSO 2008-09

22

Proxecto Comenius “Water Source of Life”

25

As Méulas, o ouro dos romanos

28

Diseño portada: Alba Losada

IES Poeta Díaz Castro

1


RAMON PIÑEIRO, PARTEIRO DA POESIA DE DIAZ CASTRO Non foi doado arrincar a Díaz Castro a decisión de recoller nun libro, parte da súa obra. Resistiuse durante moito tempo. Quén máis o animou a compartir a súa creación, foi Ramón Piñeiro, dedicado a sacar adiante a Editorial Galaxia, a comezos dos 50. Este activista cultural estaba engaiolado polo estilo literario do poeta das Terras de Parga. Por unha banda, difundiuno, entre o gran público, a través da edición de Nimbos, e por outra, contaxiou da súa querencia a poetas máis novos, dende Novoneyra ou Franco Grande, ata Claudio Rodríguez Fer, Luís González Tosar, e outras/os. Coñecéronse fisicamente no 1959, pero xa facía anos que mantiñan correspondencia. Fernández del Riego, compañeiro de angueiras, do autor homenaxeado neste ano, na Festa das Nosas Letras, quedara cativado pola lírica de Díaz Castro, que disfrutara en revistas, coma Alba, e solicitoulle para a súa Escolma, poemas que el foi sacando da súa despensa emocional, en papeis xa apagados polo paso do tempo... Prometeulle preparar un poemario para Galaxia. Pero sería Ramón Piñeiro o encargado de aguilloa-lo poeta, mesmo remitíndolle as novidades que ían publicando: Samos de Cabanillas, o Hamlet de Cunqueiro..., para que desde Madrid, puidese saborea-lo «rexurdimento», que estaban a vivir as nosas letras. Piñeiro era o director literario, entregado á recuperación de Galicia dende o celme cultural.

2

leliadoura eliadoura nº 18

Ramon piñeiro en Xermolos, 1990

Tendo en conta que Díaz Castro, se illou no seu traballo de traductor, na capital, a teima de Piñeiro é de encomiar. Coa súa paciencia e amor a Galiza, foi provocando o compromiso do poeta. Piñeiro márcalle prazos para o libro. Querían editalo despois dos de Pimentel, Guerra da Cal, Manuel Antonio. Na década dos 50, foi Novoneyra, o que lle trouxo máis información a Piñeiro do de Parga, xa que o poeta do Courel mantiña unha certa relación con el, mentres estivo na meseta. Nunha carta de Piñeiro a Fernández del Riego (9-XII-1956), reflícte esta circunstancia: “A carta que recibiche de Díaz Castro é ben interesante. Penso que non hai inconveniente en que tarde en nos mandar o libro, pois entremedias metemos o de Pimentel. Dese xeito incorporamos tres poetas valiosos. Xa coñecía o xuicio de Díaz Castro sobre Os eidos por unha carta que lle escribiu a Novoneyra, que lle enviou o libro por mandado meu” (Fernández del Riego, Un Epistolario de Ramón Piñeiro, Vigo 2000). Novoneyra estivera dúas tempadas en Madrid nestes anos, 19491951, e a comezos dos 60…


Piñeiro, non facía máis que tender pontes e lanzar cabos, para que a creatividade do poeta non se extinguise no illamento, e advirte a Fernández del Riego: “¿Por qué non lle pos unhas letras a Díaz Castro, dicíndolle que se vén no verán a Galicia, gostaríanos ter unha conversa con el?. Cómpre non o deixar de man” (18-VII1957), en Un Epistolario de Ramón Piñeiro. No verán de 1959, a prestixiosa revista Insula (nº 152) de Madrid, dedica un número dobre a nosa realidade literaria e artística, no que aparece todo o «universo» das nosas letras. Os poetas cun poema representativo: R. Cabanillas, Bouza Brey, X.M. Álvarez Blázquez, Cunqueiro, Celso Emilio, ata os máis novos: Manuel María, Novoneyra. Luz Pozo, etc. E non podía faltar a colaboración de Díaz Castro, que remite o seu «Monumento á ausencia». Ramón Piñeiro, encargado de coordinar o material para a publicación, fai unha viaxe, en xuño, a Madrid, para entregarllo a José L. Cano, e contemplou por primeira vez cos seus ollos torturados polos anos de cárcere, ao poeta: “estiven unha mañá con Díaz Castro, que por certo, é moi intelixente e moi cordial, escribía, o 13 de xuño. Axiña nos fixemos moi amigos”. Esta emoción compartiuna con Franco Grande, un dos primeiros en sentir a grandeza da poesía diazcastriana, como transmite no libro de memorias: Os anos escuros (p.176). Noutra viaxe de Piñeiro a Madrid, meses antes de publicar Nimbos, o seu autor recibiuno no traballo do Instituto de Cultura Hispánica, xunto aos irmáns González SuárezLlanos, de Sarria, estudiantes alí. Un deles, Luís, verteu ao galego a Heidegger, do que Piñeiro sería o gran traductor. O outro, Camilo, publicaría o primeiro libro de relatos curtos, o ano de Nimbos, en Galaxia, Lonxe de nós e dentro. Coñecido como Camilo Gonsar, estaba a recibir nestes anos, coma outros mozos e mozas, a forza galeguista de Piñeiro, que o animaba a editar. Foi Piñeiro, un dos persoeiros, que máis influíu na vida literaria de Díaz Castro, coma comunicador, e aguillón, para que seguise escribindo, e tamén publicando. Foi o seu enlace con Galaxia e outros escritores, así Otero Pedraio, que lle mandou o resultado da lectura de Nimbos, e este fíxolla chegar ao

poeta, o mesmo que Ramón Lugrís e o u t r o s . . . Mándalle a Madrid, todo o que aparece referido a el, e as novas da vida cultural. Abofé que non podía atopar nestas décadas, un observatorio máis certeiro da nosa realidade. Froito deste seguimento e correspondencia, era Piñeiro o que mellor atinaba na tensión vital e creativa de Díaz Castro, coma recollemos nunha carta súa, que como nun contraste, revélanos o estado de ánimo do poeta, totalmente mergullado nos compromisos familiares e profesionais. E cada volta máis lonxe da creación literaria. O ensaísta achega un trazo da súa concepción da lírica, coma un remanente do mundo interior do poeta, asfixiado no caso de Díaz Castro, polo seu traballo inxente. Temos que salientar, aquí, que o filósofo da saudade que estamos a celebrar no 2009, cadraba co noso poeta, na súa ollada á poesía. Tiñan un mesmo sentir estético. Por iso, recollemos esta glosa, porque axuda a adentrarnos na súa concepción da vida e da cultura: «A súa carta prodúxome fonda ledicia, pois vexo que sigue animado a participar no grande i entusiasta esforzo coleitivo que compre facer pra chegáremos a desplegar a persoalidade cultural de Galicia en toda a súa plenitude. A sua voz, mesmo por ser das máis puras e fondas, non debía, non podía estar ausente. Confórtanos moito o ter a seguranza de que non-o estará. Ben sei que é home de moitas angueiras. Por outra banda, a vida niste tempo noso é esixente en obrigas urxentes e deixa pouco acougo pra escoitar a voz do noso mundo interior. Con todo, meu amigo, non nos podemos deixar engulir pola enxurrada do cotián. Temos que ser algo máis que náufragos. Aló no máis íntimo do noso ser latexa sempre algo que, en lei dereita, perténcelle á comunidade espritoal da que, por nacemento, formamos parte. En cada un de nós está

IES Poeta Díaz Castro

3


acochada unha migalla de esprito total de Galicia; a cada un de nós foille confiada unha moeda singular e única do gran tesouro colectivo do noso pobo. Non podemos, sin séremos desleales con il, deixar apodrecer dentro de nós esa parte de patrimoño común que temos en depósito. No seu caso persoal a responsabilidade é meirande, porque ten moito que lle dar a Galicia. Dono dun esprito ricaz, sotil e fecundo como hai poucos. Galicia ten direito a agardar de vostede os froitos perennemente valiosos da creación espritoal. Estamos certos de que llos ofrecerá e moi ledos de podéremos servir de vehículo.

Ramón Piñeiro, Diaz Castro, Alfrdo Conde e Luis González Tosar conversando en Compostela, 1986

Saiba que conta na Terra con moi devotos amigos que, sin conocéreno persoalmente, estímano de todo corazón polo que representa prá nosa cultura. De agora en diante non poderá -nin queira alem que o intente- recluirse no isolamento individual. Unha rede cordial o percurará ondequeira que esteña pra lle falar da Terra e da gran empresa común que todos deberemos levar a cabo pra diñificala como lle corresponde» (Compostela, 26-V-1959). Esta comuñón e comunicación entre o filósofo e o poeta, non facía máis que intensificarse, porque para Ramón Piñeiro era o máximo. Segundo Rodríguez Fer: «chegou es-

4

leliadoura eliadoura nº 18

cribir sobre Xosé Díaz Castro -no ano 1972que era sen dúbida o mellor poeta galego entre os que hoxe viven» («A concepción da lírica na obra de Ramón Piñeiro», Coordenadas, p.38).

Nimbos 1961

A revista Alba, primeiro, e a Escolma (1955) de Fernández del Riego, despois, crearon unha grande expectativa sobre a poesía de Díaz Castro nos medios, pero foi, sobre todo, o circulo de Galaxia o que máis ía a premer ao poeta, en Madrid, para que dese máis poemas á luz. Ramón Lugrís, colaborador nos medios, e apegado á liña de Piñeiro, expresou nesta data, cal era o coñecemento que había do poeta chairego, entre os ben informados do estado das nosas letras: “Díaz Castro era para min como o seu poema “Monumento á ausencia”: un intre petrificado na lembranza; un sentimento tépedo engaiolado no breve contaito ca sua poesía nas páxinas da Escolma de Poesía Galega de Galaxia” (La Noche, 6-XI-61). O poeta ten confesado que foi unha suxerencia do prof. Carballo Calero aos directores da editorial, a que provocou a publicación de Nimbos. A correspondencia con Ramón Piñeiro deixou un rastro meridiano sobre as presións deste ao de Parga, para que dese novas ofrendas poéticas ao prelo. Sempre recoñeceu o papel de ámbolos dous e de Fernández del Riego como padriños no seu bautizo editorial. A acollida que tivo a súa poesía, creou no autor un sentido de responsabilidade, que estaba a retraelo, na decisión de dar a coñecer nova creación. Recibe moitas felicitacións por Nimbos, algunhas a través do seu correo naqueles anos, Ramón Piñeiro: «Nimbos é un libro que eu agardaba con ilusión, porque lembraba os poucos poemas de Castro que hai na Escolma, e que xa temos comentado ti e mais eu. Qué ben escribe! E cómo quence o esprito! É un poeta cheo de amor po-las cousas; cheo dun amor humán. O Novoneyra deixaba falar ás cousas «de seu», sin lles tocar. O Castro dalles contido humán sin as adulterar» (Ramón Lugris en carta a Ramón Piñeiro, en Londres 2-X-1961). No 1973, foi proposto para a Academia, a iniciativa de Carballo Calero, apoiado por García Sabell e Piñeiro, e nomeado correspondente.


Encontros no retorno a Guitiriz No treito final de ámbolos dous, atopáronse, en Compostela, sentándose varias veces arredor da mesa camilla de Xelmírez 15-4º. Pero foi en Guitiriz, na tarde do 21 de maio de 1986, cando os dous amigos fixeron un percorrido polas ultimas décadas da poesía... O poeta renovou a súa predilección pola filosofía estética de Piñeiro e a súa concepción da lírica. Foron hóspedes da casa do mestre de Guitiriz, Antón Santamarina, e estiveron acompañados polo filántropo, o Dr Enrique Santamarina, profesor da Universidade de Rutgers en EEUU, que Piñeiro visitara e tratara nas súas estadías neste país. Aquela xornada literaria rematou cunha velada, aberta a tódolos veciños, pois Ramón Piñeiro viñera a Guitiriz para falar do seu amigo, o ensaísta Celestino Fernández de la Vega, nun acto organizado por Xermolos. Díaz Castro viaxou a Compostela, e estivo con Piñeiro, na presentación do poemario de Luís González Tosar, A caneiro cheo, paseando polas rúas con Alfredo Conde e outros persoeiros. En Compostela (25-II-1988), na Aula de Cultura, Carballo Calero falou sobre a poesía de Díaz Castro, coma prologuista de Homenaxe a X.M. Díaz Castro, editado por Xermolos. Ramón Piñeiro, daquela Presidente do Consello da Cultura galega, asistiu ao acto, coa súa dona Isabel, pois colaboraba na obra. Xa escribira de Carballo Calero: «o máis autorizado crítico literario..., son os traballos máis serios e rigorosos que se teñen feito sobre a nosa literatura», en carta a Díaz Cas-

Ramón Piñeiro na homenaxe a Díaz Castro en Guitiriz no 21 do 4 de 1990

Ramon piñeiro en Xermolos, 1990

tro (29-X-1961). O derradeiro encontro dos dous escritores, xa enfermos, foi o 21 de abril de 1990, en Guitiriz, na homenaxe organizada por Xermolos, ao seu poeta. Finarían, meses despois, Ramón Piñeiro, o 28 de agosto, e Díaz Castro, o 2 de outubro. O 25 de marzo fora o pasamento de Carballo Calero. Textos de Ramón Piñeiro sobre Díaz Castro Antoxamonos en recoller esta longa cita de Ramón Piñeiro, polo tempo no que se produce, e por ser un dos primeiros xuízos completos sobre a poesía de Díaz Castro, que demostra que a súa indentificación e ata paixón por el, viña de lonxe. No extraordinario de Insula (1959), o ensaísta escribira: «Díaz Castro es un poeta poco conocido, seguramente porque no ha publicado libro alguno. Pero su acusada personalidad nos fuerza a incluirlo aquí como un poeta renovador. Desde Amado Carballo creo que nadie supo expresar mejor el paisaje gallego, por lo menos con tanta densidad. Y quizá más que el paisaje, la tierra misma de Galicia que él humaniza en sus densos poemas y convierte en pequeños mitos en los que se percibe el regusto de un amor telúrico, sereno y profundo. Poesía apasionada, panerótica, que se detiene con sereno placer en el objeto de su inspiración. La técnica no revela complicación, es fácil, abierta a la carga que el poema lleva dentro. La lirica de Díaz Castro nos revela una gran madurez y, como tantos otros grandes poetas gallegos, sabe armonizar las más genuinas sustancias gallegas con lo más

IES Poeta Díaz Castro

5


Contraportada de Xermolos anunciano unha charla de Ramón Piñeiro no antigo instituto de Guititriz

moderno de la época. Esta poesía de Díaz Castro es profundamente gallega por el espiritu que la informa y totalmente universal por la altura y la verdad que encierra». Emoción contida e agradecida foi a reacción de Díaz Castro aos comentarios laudatorios que tódolos escritores lle estaban dedicando en cartas privadas, e a traveso dos medios de comunicación. E compartiu co amigo Piñeiro esta sorpresa: «comprendo, respondelle o coordinador de Galaxia, que, por razón da tua sinceridade intima, sintas unha certa confusión ó comprobares que a xente ve na túa poesía de «Nimbos», o que tí arelas acadar na túa poesía futura. Esa liña de radical sinceridade que a xente percibiu no teu primeiro libro seguirá resprandecendo no resto da tua poesía» (Compostela, 20-X-1961). Unha densa capa de silencio envolveu ao poeta, despois da publicación de Nimbos. O seu amigo Ramón Piñeiro, que non se cansaba de animalo para que mantivese a comunicación creativa, escribialle; «Estás moi calado. Estás moi arredado. Semella asombroso que non teñas máis obra galega que a xa publicada. ¿Qué ocurre para que sexa posible tanto mutismo?» (Compostela, 3-X-1974).

6

leliadoura eliadoura nº 18

Cando morreu Celso Emilio Ferreiro, Díaz Castro sentiu un mazazo na súa sensibilidade e escribiu a Piñeiro para poñerse a súa disposición sí había algún tipo de homenaxe, e o «filósofo da saudade» contestoulle: «certamente que levei sorpresa ao recibir a tua carta, non por que te supuxera morto para os amigos, para a poesía e para Galicia, como ti dis, senón por estar adoitado ao teu silencio. Realmente eu teño preguntado moitas veces por ti e sempre fun sabendo que estabas vivo, pero respetei o teu silencio» (Santiago, 16-IX-1979). «A nosa poesía sofreu recentemente tres baixas importantes: Cabanillas, Pimentel e Aquilino. Está agora nun intre de necesaria renovación. A aparición de libros como «Nimbos» enche o noso espirito de leda e íntima confianza. Danos a plena certeza de contáremos con unha voz poética fonda, orixinal, plena de intimidade humán e, sobre todo, esencialmente verdadeira. A nosa fe de devotos da poesía galega revoa darredor de ti. Sabemos que podes e queres arrequecer sustancialmente o tesouro espritoal do noso patrimonio lírico. Os poetas novos están entusiasmados con «Nimbos» (nunha carta de Ramon Piñeiro en Compostela, 8-X-61). No libro Homenaxe, publicado por Xermolos, Ramón Piñeiro escribiu: “Mesmo persoalmente era cáseque un descoñecido fora do ámbito dos familiares, veciños e amigos… E, con todo e con eso, as tres ou catro ducias de poemas incluídos no libro ou esparexidos nas revistas mantiveron sempre viva e aureolada de prestixio a presencia do poeta. Descoñecíase a persoa, pero admirabase ó poeta.. Ora, tendo estado persoalmente alonxado do noso mundo literario, e poéticamente centrado noutros horizontes, non deixa de ser un tanto sorprendente que as tres ou catro ducias de poemas galegos del coñecidos arraigaran entre nós con forza dabondo para manter ó longo do tempo a invariable e prestixiosa presencia do poeta Díaz Castro na agra aberta da nosa poesía. A explicación non pode ser outra que a profunda autenticidade galega dos poemas mesmos” (p.82). Alfonso Blanco Torrado


ALGUNHAS ACLARACIÓNS SOBRE O ESTADO DA LINGUA GALEGA Desde que se iniciou a democracia a situación do idioma vai estar definida polo marco xurídicolegal que emana da Constitución Española, do Estatuto de Autonomía e das Leis do Parlamento de Galicia. Imos lembrar algúns artigos que sustentan dito marco legal. • O galego e o castelán son linguas oficiais de Galicia (art.3-1 e 3-2 da Constitución e art. 5-2 do Estatuto). • A lingua propia de Galicia é o galego (art. 5-1 do Estatuto e art. 1 da Lei de Normalización Lingüística). Aclaración: o castelán é lingua oficial pero non é a propia de Galicia; tamén en Tanzania o inglés é lingua oficial pero, desde logo, non é a propia dese país. • Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento (art. 5-3 do Estatuto e art. 2 e 3 da Lei de Normalización). • As autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino (art. 12 e 13 da Lei de Normalización). Cómpre lembrar que a Lei de Normalización Lingüística foi promulgada polo Goberno do PP que presidía o señor Fernández Albor e aprobada por unanimidade de todos os grupos parlamentarios no ano 1983. No ano 2004 apróbase un novo Plan Xeral de Normalización Lingüística, que recolle que como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego.

Este Plan de Normalización tamén foi aprobado por unanimidade polo Parlamento galego tendo o PP a maioría absoluta, co voto favorable do señor Núñez Feijóo como parlamentario e vicepresidente da Xunta nese momento. Coa finalidade de poñelo en marcha, no ano 2007 publícase o Decreto que regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo que, debido ó cambio de goberno na Xunta, correspondeulle promulgalo ó bipartito (máis concretamente ó PSOE, pois a Consellería de Educación e a Secretaría de Política Lingüística estaban no seu poder). Curiosamente, aínda que o Decreto se sustenta no Plan Xeral de Normalización do 2004 e desenvólveo no ámbito do ensino, o PP votou en contra. Contra este Decreto a Asociación Gallega para la Libertad del Idioma (AGLI) presentou un recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e que foi desestimado por entender dito Tribunal que non se aprecia ningunha discriminación co castelán porque non se exclúe o uso do castelán como lingua cooficial. Ademais recoñece que a Administración educativa non pode abdicar da obriga que o Estatuto de Autonomía lle impón de pretender normalizar o uso do galego. Tamén lembra que ó final da ensinanza obrigatoria se ten que garantir a igualdade de competencia lingüística nos dous idiomas oficiais. Por outra parte di que os pais non teñen dereito a elexir a lingua en que os seus fillos reciben a educación (moi recentemente tamén apoiado polo Parlamento Europeo), e lembra que o Decreto é congruente cos obxectivos marcados no Plan de Normalización do 2004. En canto ó uso do galego no ensino, segundo o recente Mapa Sociolingüístico de Galicia elaborado pola Real Academia Galega, só o 17% das clases de primaria e o 30% das cla-

IES Poeta Díaz Castro

7


ses de secundaria son dispensadas maioritariamente en galego, polo que non se está a cumprir a nivel xeral nin sequera os mínimo legais do Decreto do 95 (que suporía dar 1/3 da docencia en galego) e menos o do 2007 (o 50%). Dicimos a nivel xeral porque ben sabemos que nalgúns centros escolares, sobre todo das vilas, a porcentaxe de uso do galego pode ser superior pero noutros, especialmente nas cidades, soe ser moi baixa. Proba disto é que os alumnos que teñen como lingua materna o galego, na escola falan castelán, especialmente nas cidades. Polo tanto a escola está a ser un medio castelanizador. O Mapa Sociolingüístico de Galicia tamén recolle que desde 1992 ata 2004, en tan só 12 anos, a porcentaxe de persoas que utilizan o galego habitualmente pasou do 61% ó 39%, é dicir, o galego, a lingua propia de Galicia, deixou de ser a lingua de uso maioritario. En canto ás perspectivas de futuro pode ser revelador que o monolingüísmo en galego descende drasticamente entre os rapaces novos, de feito entre 15 e 24 anos fálano só o 16%, mentres que as persoas entre 45 e 54 anos falan só galego o 30%. Aínda que actualmente está bastante asumido o galego como lingua oficial e entrou en novos ámbitos de uso, sen embargo, estase a dar unha preocupante ruptura na transmisión interxeracional, é decir, moitos pais galego-falantes fálanlles ós seus fillos en castelán e mesmo empeza a darse este fenómeno no medio rural. Debido a este retroceso que se está a dar entre as xeracións máis novas, algúns lingüistas opinan que, de seguir así, o galego desaparecerá como lingua viva nuns 30 anos. Con estes datos resulta sorprendente falar da imposición lingüística do galego cando se trata da lingua propia e por enriba está baixo ameaza de extinción. A lingua é o patrimonio cultural máis importante que temos e como tal non se pode usar con intereses partidistas nin pode ser motivo de confrontación entre os cidadáns, sobre todo tendo en conta o momento tan delicado polo que está a pasar. Todo o mundo entende que non se pode utilizar con fins partidistas a muralla de Lugo ou a catedral de Santiago e se algún destes monumentos emblemáticos estivese a piques de derrubarse, ninguén aceptaría que os gobernantes non fixesen o posible por salvalos e darlles a importancia que se merecen. 8

leliadoura eliadoura nº 18

DECRETO DE BILINGÜISMO, UN MAL NECESARIO? En que lingua falas ti? Falar en galego non resulta aínda unha opción neutra. Igual que sucede co morfema de feminino, supón aínda a opción marcada, a que se toma conscientemente para sinalar o excepcional, o distinto, o “outro”. No supermercado do meu barrio, o outro día, unha muller proclamaba sen pudor o seu orgullo de non entender nin saber falar “el gallego” nunha exaltación inconsciente, pero sublime, da ignorancia que, non obstante, xamais se aplicaría para o castelán. Dise que a escolla dun ou doutro idioma é libre, como se se tratase simplemente dunha elección individual, e que co recoñecemento estatutario é máis ca suficiente. Porén, cómpre recordar que só é posible escoller libremente desde a sabedoría, pero, sobre todo, desde o verdadeiro recoñecemento e igualdade. Como podemos explicar que moitos de nós, galegofalantes que temos o privilexio de manexarnos ben nos dous idiomas, e por tanto superado o obstáculo do coñecemento da lingua, nos sintamos máis cómodos nos espacios protexidos? Seguramente cómpre cuestionar se está resolto o problema da igualdade e, se esta non é real, promover as estratexias idóneas para alcanzala. María Miragaya Pereira.


A21EG: OS ALUMNOS SON OS PROTAGONISTAS Para min, a A_21, desde o primeiro instante, foi unha actividade moi interesante. Recordo perfectamente que a coordinadora do proxecto viñera polas clases informándonos do programa e sobre o Comité Ambiental, para que nos apuntaramos. Comentounos que decidíran meterse no proxecto porque xa era un bo momento de comprometernos co noso planeta, co noso contorno. Apuntámonos case toda a clase e formamos o Comité Ambiental máis grande de Galicia!! Durante o pasado ano participamos en varias actividades. Este ano, informáronnos de que tiñamos a ocasión de repetir nós o mesmo que fixeran os de Ponteareas: A principio de curso os alumnos do Instituto de Formación Profesional de Ponteareas viñeron para contarnos o modo en que había que identificar as árbores do patio. Iso foi o que nós fixemos, logo, nos centros de Primaria. Eu sen dúdalo (non o dubidei un momento) apunteime e puxémonos mans a obra. Empezamos facendo reunións e dividíndonos en grupos, xa que nesta actividade participaban 17 alumnos de tres cursos diferentes.

Cando nos puxemos de acordo, o grupo que se encargaba de chamar aos centros, concertou o día para ir identificar as árbores de cada un dos patios (Lagostelle e Parga) cun técnico en medio ambiente do Concello de Guitiriz. Despois de identificalas, buscamos en Internet e nas guías información sobre estas especies e finalmente fomos aos colexios SANTO ESTEVO DE PARGA e LAGOSTELLE. Buf… jaja: A verdade é que os alumnos se portaron moi ben, pero a veces facíannos unhas preguntas un tanto raras!! (Existe unha árbore que dá cartos?, É verdade que cando miras para a copa dunha árbore abres a boca?, é verdade que o ciprés foi a causa da peste?…).

Pero eso si… foi unha experiencia inolvidable xa que eu, persoalmente, sentinme profesor por un día.

Despois destes traballos preparamos todos os documentos (Presentación POWER POINT, Avaliacións, Vídeos…) e preparamos a presentación, cunha posterior proba diante dos nosos compañeiros de 4ºESO, para levar todo ben ensaiado a Pontevedra… donde o presentamos o noso proxecto ante alumnos e profesores de distintos centros de secundaria de toda Galicia. Ao final desta xornada (I Xornadas Intercentros A21EG) coñecimos que eramos, xunto co IES Neira Vilas, os premiados nesta edición. Gañamos unha estancia de tres días en Alvarella, nas Fraguas do Eume. E non teño nada máis que contar, que me sentín moi ben, e que tamén hai que dar grazas a todos os profesores que nos cederon clases, para que os que estábamos metidos no proxecto puideramos preparar a nosa exposición. Asegúrovos que, aínda que pareza mentira, pásase moi ben nestas actividades, e nestes casos comprende un aos profesores, xa que, a verdade é que se os alumnos nos che fan caso fastidia un pouco.

Bruno Pena Calvo

IES Poeta Díaz Castro

9


A21EG no IES Poeta Díaz Castro

O Programa educativo da Axenda, para nós, non consiste na creación de novas materias, nen n o desenvolvemento de actividades complexas ou exclusivamente medioambientais, en realidade, o Programa da Axenda 21, segundo o noso punto de vista, debe influir no desenvolvemento de toda a actividade do centro, impregnando da súa filosofía, cada unha das actividades que se levan a cabo. O noso centro xa se desenvolve por Programas hai tempo, todos coñecedes o Comenius, os eTwinning, a Agrupación Escolar... Así que unha parte do traballo da a21eg xa estaba feito: organizar o ensino e a aprendizaxe en proxectos de corte interdisciplinar. Para iso convén que os profesores traballen en equipo e deixen que a súa materia aporte coñecementos en actividades de caracter máis global. Pero tamén é preciso que os alumnos aprendan a traballar alén dos propios apuntamentos ou libros de texto. É por iso que a A21EG non é un programa para desenvolver en prazos curtos, todos precisamos unha reciclaxe para mellorar os nosos procesos de traballo.

10

leliadoura eliadoura nº 18

Actividades variadas que, ademais teñen unha proxección no contorno, e é que esa é outra das características da A21EG: proxectarse no propio ambiente, creando redes de colaboración con outras institucións do mesmo. Non se trata de pecharnos na actividade propia do Instituto, puramente académica, senón abrir as portas e colaborar e participar da vida cidadá no contorno, aprendendo e ensinando, cadaquén desde as súas posibilidades, pero vivindo intensamente as posibilidades que se nos ofertan.

Obradoiros de Climántica

Exposición Itinerante sobre Cambio Climático

A Axenda 21 Escolar Galega comezou a súa andaina no noso centro durante o pasado curso, e desenvolveuse durante este curso gañando en estabilidade e participación.

Durante este curso fixemos varias actividades no desenvolvemento deste programa. Recordaredes os Obradoiros de Climántica, por exemplo. As actividades de recoñecemento das especies arbóreas do noso patio, coa axuda de profesores e alumnos do CIFP A Granxa, de Ponteareas. As viaxes culturais as Médulas, para o coñecemento natural do contorno. O estudo estatístico do consumo eléctrico no Instituto durante os pasados anos. A participación no desenvolvemento da actividade dos Concellos Saudables sobre os Almorzos. A aportación de Amigos da Terra ao noso coñecemento da importancia da cooperación no coidado do Medio Ambiente. A Exposición itinerante sobre o Cambio Climático, para intuir os efectos das nosas propias accións a medio e longo prazo. Os estudos sobre o consumo e os productos propios da zona do eTwinning...


posterioridade, a calquera outra situación da vida. Tanto é así que os organizadores do concurso decidiron que os nosos alumnos resultaran os gañadores, premiados cunha viaxe ás Fragas do Eume, durante 3 días, ao remate das clases. Noraboa!!!

Porén, o máis salientable cremos que é o establecemento de novas formas de traballo, como foi a “formación entre iguais”, isto é, a formación que os alumnos maiores fixeron cos máis pequenos, en actividades concretas, como as de Climántica, no propio centro, ou a que caracterizou a actividade “Os alumnos son os protagonistas” na que representantes dos nosos alumnos de 4º de ESO, e 1º e 2º de BACH impartiron unha clase para a identificación arbórea aos alumnos de 5º e 6º de Primaria dos centros, tamén A21EG, da zona: Parga e Lagostelle. Esta experiencia foi, logo, contada durante as Xornadas para Alumnado A21EG, en Pontevedra, onde os compañeiros fixeron un bo traballo de representación do Instituto, cunha forma de contar a actividade precisa, pero simpática, que fixo que a audiencia quedara impresionada co seu bo facer. Estas actividades demostraron que as aprendizaxes que se fan nunha actividade tan multidisciplinar serven para a capacitación en moitas facetas da nosa formación. De feito, superan as puntuais aprendizaxes por materias. Non cabe dúbida: enfrontarse á preparación dunha clase, saír airosos da mesma, e resultar, a maiores, moi ben parados na avaliación externa, supón unha formación que transcende a realización de exercicios de calquera materia, pois é unha formación global e aplicable, con

Actividade de formación entre iguais no CEIP Lagostelle.

Obradoiro sobre Cooperación

Desde a Coordinación da 21EG, só resta agradecer a participación de todos: dos profesores implicados, por aportarnos os coñecementos que eles teñen; dos alumnos que se involucraron en actividades multidisciplinares, que, seguro, son máis complicadas de resolver; dos profesores que, non estando directamente implicados, facilitaron as nosas xuntanzas e a nosa participación permitindo licencias temporais, e ata modificando as súas temporalizacións; das Institucións da zona, que nos permitiron participar da vida cidadá con máis coñecemento da mesma; do Servizo de Desenvolvemento Sostible, que nos aportou medios formativos, económicos e, sobre todo, grandes doses de ánimo para continuar na empresa. Grazas a todos!

Para saber máis: www.iesguitiriz.org/proxectos (entrada Axenda 21) Susana Vázquez Regueiro

IES Poeta Díaz Castro

11


eTwinning: Este ano, foi de consumo!! Durante este curso, os alumnos de PT do Instituto estiveron desenvolvendo outro proxecto eTwinning para estudar as características do consumo na vila, enfocado, sobre todo ao plano alimentario. O proxecto europeo desenvolveuse, igual que o pasado ano, con alumnos da ESCOLA BÁSICA FRANCISCO ORNELAS DE CÂMARA, en Terceira, Azores, durante os meses que van de Outubro a Xuño. Entre as actividades desenvolvidas, estiveron as visitas aos comercios da zona, igual que ao mercado dos mércores, onde fixeron recollidas de datos como prezos e orixe dos produtos, para logo facer un estudo estatístico comparativo cos compañeiros portugueses. Tamén traballaron con receitas de cociña, para descubrir a importancia da alimentación saudable, cos IMC e ata se fixo un estudo das etiquetas e códigos de barras dos produtos de uso habitual. Durante o proceso, tivemos ocasión de coñecer

12

leliadoura eliadoura nº 18

Alumnos portugueses cos que estivemos a traballar.

os pormenores da Hostelería e da importancia das regras á mesa... Para todas as actividades contamos co apoio do Concello e do Balneario de Guitiriz. Moitos aspectos poderían ser salientados á hora de avaliar o proceso, pero, sen dúbida, os máis importantes son: O

feito de facer un proxecto interdisciplinar de estudo, centrado no propio contorno, o que axuda á valoración do propio... iso é fundamental para considerar este programa como un dos desenvolvidos dentro da Axenda 21 Escolar de Galicia, que tamén está presente neste centro educativo A implicación do alumnado en actividades innovadoras, sobre todo ao ter en conta o máis próximo para o seu estudo. A achega de coñecementos en forma de capacidades, especialmente no que ao emprego das TIC se refire, xa que todo o proceso se desenvolveu na rede. A vinculación entre o afectivo e


Imos de viaxe a Portugal Alumnos durante una visita ao Mercado dos Mércores

a aprendizaxe, que se traduce por unha maior implicación do profesorado e alumnado no desenvolvemento do coñecemento e da valoración persoal do contorno e das propias capacidades. Houbo dous momentos importantes durante este curso, neste sentido, xa que os proxectos eTwinning do pasado ano, que foran premiados cos respectivos Selos de Calidade do Ministerio de Educación, acadaron, no mes de Xaneiro de 2009, un dos dez Premios Nacionais eTwinning. Durante o mes de Abril, ademais, recibiron a máxima distinción ao otorgárselles os dous Selos de Calidade Europeos eTwinning. É por iso que, despois de dous cursos de traballo compartido, os alumnos galegos e portugueses, estean desexosos de coñecerse persoalmente, de superar as barreiras da Internet, e compartir, tamén, actividades de lecer e paseos... no país veciño... e é por iso que está planificada unha viaxe cultural de fin de curso para todos eles a Lisboa e O Porto, durante o mes de xuño... Serán días festivos, para pór un final feliz a unha colaboración intensa, educativa e, sobre todo,

Para saber máis: http://www.iesguitiriz.org/proxectos (entrada en eTwinning Guitiriz Azores)

Susana Vázquez Regueiro

A partir do día 14 de xuño iremos a Portugal de viaxe de fin de proxecto eTwinning. Alí vamos coñecer aos nosos compañeiros de traballo, cos que levamos xa dous cursos contactando por Internet. Os nosos compañeiros portugueses van facer tamén unha viaxe longa, porque eles viven nas Ilhas Açores, concretamente na Ilha Terceira. Eles viaxarán en avión e autobús, nós en autobús e tren. Durante este curso fixemos moitas actividades xuntos, podédelas ver na nosa páxina web (www.iesguitiriz.org/proxectos, entrando en eTwinning Guitiriz Azores). A nosa visita vai ser a Lisboa, primeiro, onde veremos o Parque das Nações, o Oceanario e o Zoolóxico. Asistiremos a un espectáculo con golfiños, que alí son moi habituais. Tamén iremos a O Porto, ata alí iremos cos nosos compañeiros en autobús, todos xuntos, e ademais da cidade, imos ver a Casa da Música, na Fundación Serralves, onde imos facer algunha actividade que, polo de agora, é sorpresa. Polas noites imos cear de dar unha volta cos profesores que nos acompañan, e iremos durmir a un albergue todos xuntos. Cremos que será unha experiencia divertida. Cristian Andón. Irene Castro, Alejandro Castro, José M. Dobén, Alex Roca, Iván López

IES Poeta Díaz Castro

13


Viaxe a Valencia O día 30 de marzo os alumnos de 1º de BAC marchamos de excursión de fin de curso a Valencia. Eperábannos unha morea de cousas naquela gran cidade: visitas, festas, saídas... ademais tivemos a oportunidade de facer esta viaxe co instituto da Fonsagrada, e foi unha experiencia que nos gustaría repetir a maioría de nos. O luns día 30 saímos de Guitiriz sobre as 22:30 da noite,comezabamos unha longa viaxe en bus para chegar á cidade que tiñamos por destino,Valencia. Pero a verdade e que non se fixo tan longa como esperabamos porque iamos vendo películas,falando uns cos outros e mesmo durmimos moito.Chegamos a Valencia sobre as 12 do mediodía do martes 31.Estabamos algo cansos e o primeiro que fixemos foi pegarnos unha boa ducha e logo comemos no hotel. O hotel, de 4 estrelas, non tiña ningunha queixa e tiña incluso piscina exterior, que, por certo, non puidemos aproveitar polo mal tempo (non chovía pero facía frío),piscina interior, saunas e ximnasio... Pola tarde,a pesar de que os alumnos non queriamos, aos profesores antollóuselles facer

14

leliadoura eliadoura nº 18

unha visita ao centro de Gandía, polo que non quedou máis remedio que obedecer e andar toda a tarde por Gandía. Retornamos sobre as 7 da tarde ao hotel,e deixáronnos tempo libre ata a hora de cear,todos os días ceabamos no hotel, a verdade é que se comía moi ben.Logo os alumnos non quixemos saír a pesar de que os profesores nos deixaban. O mércores día 1 tocaba madrugar, había que levantarse ás 7:30,esperábanos un longo día na cidade das artes e das ciencias.Tan pronto chegamos a este marabilloso lugar todos quedamos impresionados con só ver a estrutura do edificio porque chamaba a atención. Ao longo da mañá deixáronnos andar ao noso aire por dentro deste edificio para poder disfrutar do que aquí se expoñía,e ademais á maioría gustounos porque podíamos tocar,ver...Ese mesmo día pola tarde fomos visitar a “marabillosa” albufeira,a verdade é que creo que a ningún de nós nos entusiasmou moito,pero antes de visitar a albufeira leváronnos ver unha das praias máis famosas, a praia da Malva Rosa, unha praia enorme e fermosísima. Arredor das sete regresamos ao hotel,como a maioría dos días,e por suposto despois de cear había un pouquiño de festa nas habitacións,pero nunca nos chamaron a atención por facer ruído. O xoves día 2,tocaba volver a madrugar,este día iamos visitar o Oceanografic pola mañá e pola tarde fomos disfrutar dunha película no Hemisferic que se titulaba “Los Alpes” e que nos gustou moito a todos. No Oceanografic puidemos observar diversas clases de peixes e a mediodía fomos


ver un espectáculo de delfíns ao aire libre e todos quedamos impresionados co que son capaces a facer estes animais. O venres día 3,como todos os días, tivemos que madrugar;esperábanos unha mañá bastante cansada e aburrida,xa que tocaba aguantar a guía,e ademais non era unha guía calquera,porque de Valencia explicounos bastantes cousas pero creo que aínda nos explicou máis cousas sobre os seus fillos,era bastante “cansina” e encima nós non lle faciamos caso e dicíanos que eramos uns apáticos,pero eu creo que ata as profesoras quedaron cansas dela.Pola tarde visitamos o museo de arte moderno IVAM e o museo fallero no que puidemos ver as fallas de anos anteriores e a verdade é que son impresionantes. Logo, o condutor ofreceuse a levarnos por uns pequenos pobos que eran preciosos,un deles era Guadalest,un pobo costento cerca de Valencia,no que había poucos habitantes,moitas tendas de recordos,e algún que outro bar, logo fomos a Calpe,outro pobo cerca de Valencia no que puidemos ver o piñón de Ifast,unha auténti-

ca preciosidade. Xa ao fin da tarde regresamos ao hotel para darnos unha ducha e saír a dar unha pequena volta por Gandía,pero a verdade é que non había moito ambiente. O sábado,día 4,pasamos toda a mañá en Terra Mítica,fomos a Atalaya Park,a única parte de terra mítica que estaba aberta e comemos alí, pola tarde fixemos unha pequena visita a Benidorm pero xa non baixamos do bus porque o único que ten que ver son edificios horrorosos,a praia e unha morea de excursións do inserso,así que regresamos cedo ao hotel porque ,ademais, xa tocaba facer as maletas de volta para volver á nosa terra, anque non a botabamos nada de menos. O domingo día 5, viaxe de volta a Galicia que non se nos fixo nada longo porque viñemos vendo películas,cantando,contando chistes....paramos a comer en Madrid e chegamos a Guitiriz arredor das dez da noite. Viñamos apenados porque queriamos quedar aló.

Durante a excursión coñecemos moita xente,sobre todo no hotel, porque había xente doutros institutos e doutros lugares como Meira, Cadiz... As profesoras portáronse moi ben con nós e nós con elas tamén, o condutor era unha persoa espléndida, non facía máis que meterse con nós pero pasámolo xenial con el e cos profesores e os alumnos da Fonsagrada, persoas excelentes coas que disfrutamos moitísimo durante toda a viaxe e dos que por suposto nunca nos imos esquecer. Foi unha viaxe estupenda e que a todos nós nos gustaría repetir.

IES Poeta Díaz Castro

15


Celanova Arqueólogos por un día

As excursións son sempre interesantes, pero esta non o foi menos. Non paramos en todo o día, estivemos na casa de Curros agora restaurada e centro cultural de Celanova, vimos a casa na que naceu Celso Emilio Ferreiro e o mosteiro no que estivo encerrado durante a guerra civil, a case catedral tan criticada por Curros na súa poesía cívica e o lugar dos milagres da súa Virxe do Cristal, visitamos as aldeas que el nos fixo coñecer. Tamén subimos a un castro e a unha torre medieval…Foi un estupendo paseo pola nosa literatura, pola nosa historia.

16

leliadoura eliadoura nº 18

Alumnos de primeiro da ESO fixemos un taller de arquoloxia no castro-museo de Viladonga.


Halloween??? Non. SAMAHÍN. Correlingua 2009 Baixo o lema “EN GALEGO! PÁSAO” convocouse este ano o CORRELINGUA, esa carreira ou, máis ben, esa camiñata que invita aos estudantes de toda Galicia a festexar e reivindicar o dereito de falar en galego cando así se desexe, libremente, sen problemas.

Nós fomos a Lugo, os alumnos de 4º da ESO, acompañados por algúns profesores. O tempo non nos axudou demasiado, incluso pillamos unha boa molleira, pero non importa, sempre é agradable dar un paseo por riba da Muralla. Pasámolo ben.

Non todo vén de América…Puidese ser que esa festa das cabazas tan celebrada nos últimos anos teña as súas orixes na vella Europa e que fose levada ao outro lado do

Atlántico polos primeiros colonizadores ingleses…alguén se anima a investigalo? Polo si ou polo non, nós decidimos celebralo este ano montando unha exposición de cabazas decoradas polos alumnos e unha exposición de r e l a t o s relacionados con esta antiquísima tradición.

IES Poeta Díaz Castro

17


Charla con Carme Blanco. Este ano decidimos celebrar o Día Internacional da Muller en compañía de Carme Blanco, un verdadeiro referente intelectual por ter dedicada boa parte da súa vida a tres grandes amores, como ela mesma os ten definido no limiar de LITER A T U R A GALEGA DA MULLER -un dos seus ensaios: GALICIA, A MULLER E A LITERATURA. Nesta ocasión interesábanos especialmente a súa faceta feminista, porque ela é unha muller moi consciente da problemática que implica este feito de ser muller…e neste sentido, demostrou sempre unha grande lucidez e un gran compromiso, sensible e solidaria sempre co movemento de liberación da muller, co feminismo. LITERATURA GALEGA DA MULLER.-1991 ESCRITORAS GALEGAS.-1992 LIBROS DE MULLERES.-1994 O CONTRADISCURSO DAS MULLERES.-1995 NAIS, DAMAS, PROSTITUTAS E FEIRANTAS.1995 MULLERES E INDEPENDENCIA.-1995 ALBA DE MULLERES.-2003 SEXO E LUGAR.-2006 Son títulos que contribúen a crear unha senda libertaria nas interrelacións de poder, muller, sexo, cultura e literatura.

18

leliadoura eliadoura nº 18

Cita con Anxo Fariña Antes do Nadal, visitounos ANXO FARIÑA. É o autor dos libros xuvenís O S M E G ATO X O S, protagonizados por unha panda de rapaces aventureiros que non a c o u g a n . Falounos da súa propia aventura como escritor porque nos dixo que, sobre todo, el é debuxante ou ilustrador, e que cos Megatoxos experimentou unha nova forma de comunicarse. Igualmente, tivemos a oportunidade de velo debuxar en vivo e en directo. Todo un pracer!


Os cantosde X.M. Rivera Para conmemorar as LETRAS GALEGAS, dedicadas este ano ao ilustre pensador RAMÓN PIÑEIRO, tivemos a sorte de contar coa colaboración de Xosé Manuel Rivera García, autor da exposición de caricaturas sobre pedra que aínda se pode ver nos corredores do noso instituto. “Con esta exposición preténdese recoller a historia do Día das Letras Galegas, unha efeméride que se c e l e b r a continuadamente cada 17 de maio desde 1963. Son 47 as personalidades homenaxeadas. A silueta de todas elas está plasmada en rocha viva pola mao creativa dun operario. A historia do idioma galego está moi directamente relacionada coa das pedras. Expostas ás inclemencias do tempo, resisten as máis extremas temperaturas duramente anos e anos. Con elas os canteiros do país levantaron modestas casiñas e nobres pazos no corazón de cidades e vilas e nos millares de aldeas e lugares sementados por toda a xeografía galega…” Estas palabras, recollidas do folleto que acompaña a exposición, reflexan o que nós tamén vemos.

Visita a Ferrol. Os alumnos de 3·º da ESO coñeceron Ferrol e a súa ría nunha visita organizada polo Proxecto Terra e o departamento de xeografía e historia

Magosto Un novembro sen Magosto é coma un porco sen San Martiño…así que, coma todos os anos, puxemos castañas ao lume e disfrutamos d u n h a saborosa e morna xornada. As castañas, pequenas p e r o larpeiras, estiveron no seu p u n t o exacto de asadura.

IES Poeta Díaz Castro

19


Traballos de Plástica Estes son algúns dos traballos que se fixeron durante o curso nas clases de Ed. Plástica e de Debuxo Artístico, en 3º e 4º de E.S.O. e 2º de BAC. Como podedes ver, na súa confección empréganse técnicas e materiais diferentes, como os lápices de cores, a colaxe, os rotuladores, programas de tratamento de fotos dixitais..., que serviron para elaborar autorretratos, fotomontaxes, deseñar unha páxina web ou construír pezas en perspectiva axonométrica, entre outros. Se vos apetece ver máis traballos e outras imaxes e cousas de interés, podedes atopalas na sección de DEPARTAMENTOS > DEBUXO, na páxina web do instituto, no seguinte enlace: http://www .iesguitiriz.org/dep_debuxo http://www.iesguitiriz.org/dep_debuxo Esperamos que vos gusten!

Mónica García 3º

Guillermo Blanco 3º

20

leliadoura eliadoura nº 18

Andrea Rofriguez

Angela -hoces

Vanesa Roca, 3º


ESTEANÍA bERGANTIÑOS 4

Alicia Iglrsias 3º

Daniel Oliveira 3º

Itxaso Varela 4º

Francisco Sámchez 4º

Alba Losada, 4º

Alba Losada, 4º

Carlos Buján

IES Poeta Díaz Castro

21


GRUPO PRÓSOPON CURSO 2008-09 O soldado farfallán Este ano fixemos o grande esforzo de facer dúas montaxes: Nubes, e O soldado farfallán. A primeira é obra do autor grego Aristófanes (s. V a. C.) e critica a filosofía socrática antiga. A segunda é obra do autor latino Plauto (s. III a.C.) e critica un dos tipos humanos máis comúns: o do farfallán que cre que todas as mulleres están tolas por el.

Con ambas as dúas participamos no Festival de Teatro Juvenil Grecolatino organizado no Auditorio Gustavo Freire de Lugo pola Delegación Galega da SEEC (Sociedad Española de Estudios Clásicos) en colaboración co concello de Lugo. O día 11 de marzo representamos Nubes pola mañá e O soldado farfallán pola tarde. Tivemos en total máis de 1400 espectadores chegados de toda Galicia e mesmo de Asturias. O día 23 de abril representamos Nubes no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, invitados por dita institución. Tivemos aproximadamente uns 100 espectadores, universitarias/os e mesmo profesores/as. Grupo de teatro Prósopon

22

leliadoura eliadoura nº 18

Dende o grupo Prósopon queremos tamén vos ofrecer un comentario didáctico sobre O soldado farfallán, para que aprendades un pouco de teatro latino antigo. O comentario orientarémolo cara ás clases sociais da antiga Roma. Segundo o papel do soldado Pirgopolinices pódese deducir que estes, os soldados, eran os que mandaban, pois posuían escravos e un aire de superioridade. Crían que podían conseguir o que querían a base do seu poder persoal na escala social. Na vida doméstica pódese observar como os homes tiñan o poder, nalgúns casos estaban sometidos o poder doutro, e as mulleres eran sometidas os mandamentos dos homes. Os escravos non gozaban de liberdade nin posuían dereitos, eran sometidos aos desexos dos soldados, os cales gozaban de plena liberdade. Dentro desta obra, a trampa tendida ao soldado farfallán manifesta a burla cara aos poderosos, e tamén se podería aplicar hoxe en día. Joana Iglesias López Iria Villares González 1 BAC HUMANIDADES


ACROTELEUCIA A nosa experiencia dende detrás do Acroteleucia é unha cortesana que tenta escenario (I) seducir a Pirgopolinices, o soldado farfallán. O grupo de 1º BAC B de Humanidades estivemos axudando a facer os decorados de “El Soldado fanfarrón” o tamén chamado “O soldado farfallán”.

Como todos os anos, a montaxe do grupo de teatro PRÓSOPON formou parte da lista de actividades do centro, e eu formei parte desta experiencia na nova obra levada a cabo “O Soldado Farfallán” dándolle vida a Acroteleucia, unha cortesana que tenta seducir a Pirgopolinices, o soldado farfallán. Dende principios de curso, o traballo levado a cabo é constante, horas de ensayos en recreos e tardes supoñen un esforzo para procurar conseguir o mellor resultado, esforzo que se vé recompensado coa desposta dos espectadores. A pesar do traballo os ensaios son unha boa maneira de pasar tempo cos compañeiros, rir e aprender uns de outros. O 11 de marzo fomos ao Festival de Teatro Juvenil Grecolatino celebrado en Lugo no Gustavo Freire (representamos dúas obras, “As Nubes”, de Aristófanes e “O Soldado Farfallán”, de Plauto) e vimos a experiencia de actuación fronte a numerosos alumnos de diversos puntos de Galicia e Asturias, dos cales recibimos polo xeral boas críticas. Momentos antes de cada actuación os nervos e tensións están a flor de pel, pero unha vez se sae ao escenario, procuramos ofrecer o mellor de cada quen para transmitir a aprendizaxe, o entretemento e diversión que esta experiencia aporta, a todas e cada unha das persoas que se senten nunca butaca. Iria Villares González 1ºBAC B ds

Neses decorados están incluidos as estruturas da casa, sillas,o carro do soldado, etc… O día 11 de Marzo o grupo Prosopón foi actuar ao auditorio Gustavo Freire en Lugo. Interpretaron dúas obras: O soldado farfallán, de Plauto e As nubes, de Aristófanes. Pola maña interpretaron as nubes; obra na que a xente quedou moi contenta e nos mesmas como espectadores gustounos moito. Cando rematou esta obra, estivemos invita-

dos a comer nun restaurante cercano pola S.E.E.C ( Sociedade Española de Estudos Clásicos). Tratáronnos moi ben e a comida foi do noso agrado. Descansamos durante unha media hora e volvimos ao auditorio para preparar o decorado da segunda obra.Na segunda obra o auditorio aínda estaba máis cheo, e os espectadores estaban máis activos nesta. A xente realmente quedou moi satisfeita de ver esta obra. Rocío Pumares Guerrero Joana Iglesias López Alba Penas Calvo

IES Poeta Díaz Castro

23


A nosa experiencia dende detrás do escenario (II) Durante a segunda avaliación, os compoñentes do grupo de teatro Prosopón levamos a cabo a preparación dunha obra latina que levou como titulo “ O SOLDADO FARFALLÁN” de Plauto.

Nós como alumnas e espectadoras, levamos a cabo a decoración desta. Traballamos de pintoras, tomamos medidas para facer o carro e as casas, pintamos o material usado para a decoración e ademais tamén botamos unha man no tratado da roupa. O día da actuación no auditorio “Gustavo Freire” de Lugo, axudamos coa montaxe e fixemos de espectadores. Pola maña representaron a obra das “NUBES” de Aristofánes, esta obra e moi graciosa e

gustounos moito. Despois cando acabaron de representala fumos comer, a comida estaba ben, menos o primeiro plato que non nos gustou. Pola tarde representaron a obra

do”SOLDADO FARFALLÁN” que quedamos impresionados, xa que era unha comedia coa que nos rimos moito.

Tamara Vázquez Prieto Eva Lameiro Souto 24

leliadoura eliadoura nº 18


Proxecto Comenius “Water Source of Life” Este curso rematou o proxectos Comenius, que levaba por título “Water Source of Life”, no que participaba o centro. Foron dous encontros os que se realizaron, un a finais de Novembro en Bélxica e o último a principios de Marzo en Guitiriz.

Geel, Bélxica (20-26 Novembro de 2008) Ao encontro de Bélxica acudiu unicamente un alumno de Guitiriz: David Gómez Quintián (3º ESO B) acompañado de dous profesores: Tono Frade e Jose García. Aparte de facer as presentacións dos estudos sobre o consumo de auga e as análises dos ríos locais, que se fixo ao día seguinte de chegar, houbo tempo para visitar, coñecer e descubrir. Dicirvos que os nosos compañeiros de proxecto se sorprenderon moito do barata que é a auga en Galicia. A nós, o moito que respectan as regras, e o concienciados que están en xeral co problema da escaseza da auga.

En canto as actividades comúns, visitamos Bruxelas, onde os alumnos fixeron un xogo de busca para ir descubrindo a cidade. O luns visitamos o “Hidrodoe”, un museo interactivo da auga, pola maña mentres que polo serán os profes preferimos practicar patinaxe sobre o xeo ou polo menos intentalo (Tono tivo un éxito máis que aceptable). David estivo gozando da piscina cos s e u s compañeiros. Tras un derradeiro día no instituto de Geel, no que se preparou a última reunión, e visitamos un hospicio histórico, volvemos a Guitiriz con toda a ilusión para preparar o último encontro.

IES Poeta Díaz Castro

25


Guitiriz, España (5-11 de Marzo 2009) Os nosos hóspedes chegaron o xoves día 5 e ao día seguinte tiveron unha axenda ben apertada. Foron recibidos no Concello, visitaron o Balneario e para rematar a maña fixemos as presentación dos traballos que traía cada centro.

Esta vez os estudos tiñan que ver cos hábitos de consumo de auga e enerxía en cada país, e unha comparación final de tódolos países que corría ao noso cargo. Ademais, presentáronse outros traballos extra sobre o tema, como un vídeo documental traído polos alumnos alemáns, unhas fichas e trípticos preparados polos alumnos gregos e un xogo de preguntas, tipo Trivial, feito polos alumnos belgas. Os días seguintes foron de visitas: o sábado a A Coruña, nunha visita guiada comentada por Tono, o domingo a Santiago onde foi o

26

leliadoura eliadoura nº 18

profesor Jorge Calle o que nos instruíu sobre os edificios históricos do Casco Vello. E o luns fíxose unha visita ás rías baixas, visitando O Grove, o museo da salga e facendo unha viaxe en barco pola ría. Para o martes quedou a derradeira reunión para obter conclusións e a comida de despedida (agasallo do instituto) no que Marica Campo leu o poema que escribiu especialmente para este proxecto Comenius, poema que foi lido en tres idiomas diferentes, e que resultou ser un dos momentos máis emotivos do proxecto, segundo nos confesaron varios participantes.


Nota do coordinador: Con este encontro en Guitiriz remata o proxecto ideado e comezado por José Armesto. Baixo o meu punto de vista non trouxo máis ca vantaxes ao IES e a practicamente a todos os que participaron nel. Proba desto é que todos os participantes repetirían a experiencia e aconsellarían a calquera que tomaran parte en experiencias deste estilo. Como saberedes eu cheguei co traballo xa comezado e tentei adaptarme o máis rapidamente posible. Quero agradecer especialmente o traballo de Jorge Calle e Tono Frade sen o cal non sería

posible levar a bo final este Comenius. E por suposto agradecer o traballo de tódolo/as que axudastes (Montse, Begonia, Ana,

Sandra, Christopher, Olga, Santi, os dos coches, e calquera do que me poda esquecer… Grazas!)

IES Poeta Díaz Castro

27


As Méulas, o ouro dos romanos O alumnado de 1º da E.S.O visitamos o dia 19 de maio o Parque Natural das Médulas, situado en Ponferrada na provincia de León.

Ali explicáronnos que As Medulas fora a mina máis importante de todo o imperio romano. A mina non era moi rica en ouro se non que era bastante pobre, pero abastecía as necesidades dos cidadàns romanos. As Médulas son un Paisaxe Cultural, resultado da intervención romana nun territorio o largo dos séculos e dos cambios experimentados neste territorio ata a actualidade. A importancia, sen embargo, vai más aló dos monumentais restos da minería de ouro romana, xa que é o producto dos cambios históricos de todo tipo que esa explotación e dominación implicaron. A paisaxe cambiou moito dende que os romanos abandonaron a mina. Agora o seu aspecto è moi montañoso, e as montañas teñen unha cor

28

leliadoura eliadoura nº 18

vermella-alaranxada que as identifica. Os encargados do Parque coidan de que os sendeiros que levan a parte alta da montaña estean perfectamente coidados. Para contar a nosa experiencia na no parque leonés, comezaremos por dicir o moito que nos gustaron as covas. Visitamos dúas galerías que non poideran acabar de e que polo tanto adquirirán unha forma peculiar. Logo de visitarmos as ditas covas fomos a un mirador que se atopaba na parte alta do Parque Natural. Costounos subir pois era unha pendente considerable. Pero iso di mereceu a pena, xa que as vistas dende ali eran totalmente alucinantes. Despois dun merecido descanso entramos nunha galería subterránea, na que algúns preferiron queadar fora. A entrada a cova foi alucinante, apenas había luz e facía frío. Á saída desta todos regresamos o autobús para xantar e despois dun merecido tempo de descanso marchamos rumbo a Guitiriz. Foi unha viaxe moi bonita e apaixoante, que esperamos se repitan moitas coma ésta xa que o pasamos moi ben e podemos compartir un día xuntos. Amanda e Nerea 1ºE.S.O

Leliadoura 18  

Revista de instituto

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you