Page 1

A RA LELIADOUR O IR RE PE

ENL/BIBLIOTECA

IS LO LE TR A

S

Nツコ 20 XUテ前 2011

G AL EG AS

20

11

IES Poeta Dテュaz Castro

1


Lois Pereiro: escribir como un xeito de loita….............…..2 Viaxe a Roma e Florencia……………............………….10 Viaxe a Astún…………………………...........…………13 No parlamento…………………………..........………...13 Intercambio con Cariño…………………..........……….14 Correlingua…………………………..........……………14 Pontevedra…………………………..........…………….15 Compostela………………………..........………………15 ARCE……………………………..........………………16 Novos talentos…………………...........……......………..17 Matemáticos hoxe…………………...........…………….18 Mulleres matemáticas…………............………...………18 O noso m……………………...........…………………...19 Matemáticas na rúa…………….............………………...19 A garda civil no insti!!...................................................................20 Entroido………………………………..........………….21 A Tropa de Trapo……………………............…………..22 Día do libro infantil e xuvenil…………............………...22 De compras no FNAC………………...........…………...23 Poesía para todos………………………............………...24 Ler, escoitar….e tamén escribir………….............………25 Compartindo contos……………………...........………..26 Caixa crítica………………………………............……..28 Premios certame literario.............................................................34 Fotos grupos……………………………............……….38 2

leliadoura eliadoura nº 20


Lois Pereiro

LOIS PEREIRO: ESCRIBIR COMA UN XEITO DE LOITA Engaioloume que lle dedicasen a Lois Pereiro, a Festa das Letras, porque descubrín que a Academia, por primeira vez, e polo tanto a sociedade, valoraba a creación daquela xente moza, a chamada Xeración do 80, coa que tiven e teño a fortuna de facer camiño, a través de Xermolos, o Festival de Pardiñas, as xuntanzas de escritores e artistas… Fronte ó escepticismo e a frialdade doutros, tiña claro, que a dedicación a Lois Pereiro ía ser un vendaval: o “Vento Lois”, na rúa. Que a súa achega ía vivirse no corazón do pobo, grazas ós recursos das artes que el mesmo arrequeceu… Por primeira vez, atopei nunha rúa un grafito dedicado a un escritor, anónimo, pero cargado de vontade: para un autor a ras de chan, compartindo a nosa vida cotiá. Unha das teimas deste poeta era liberar a poesía do circulo pechado dos especialistas e profesores, e devolvela á vida que é o seu cerne natural. A celebración das Letras Galegas deste ano é unha festa coral, comunal, non só de músicos, dramaturgos, pintores, poetas, cineastas…, tamén das “movidas” de Vigo e A Coruña, que noutrora moitos quixeron divorciar. Unha festa de todos os sentidos… A Lois gustáballe moito a música, a pintura, o cine… Fun recoñecendo que a enerxía expansiva destes meses é a que acae ben a este autor, eu mesmo fun intimidando coa súa obra e a súa loita, a través de compañeiras e compañeiros que vivían con el a súa tensión vital. Non era un escritor illado, de laboratorio ou biblioteca, vivía os latexos do seu tempo… En Monforte ou na Coruña, sentíase a súa forza creativa, na conquista de novos xeitos de expresión nas artes.

DIAZ CASTRO UN DOS SEUS POETAS PREFERIDOS Gústame vivir estas celebracións, como a Festa das Nosas Letras, dende o meu terrón, cos amigos de sempre, pois deste xeito adquiren máis orixinalidade e emoción. A primeira vez que fixen con Díaz Castro unha viaxe a Monforte, para visitar ó poeta Manuel María, faloume que nunha ocasión cadrara en Madrid cuns rapaces, e que algún era de

Monforte, moi interesado na poesía… Ata 1987, non fun capaz de pór nome a algún daqueles mozos. Naquel ano actuaba no Festival de Pardiñas, Radio Océano, e o seu líder era Xosé Manuel Pereiro. Falamos dos escritores que ían vir ó festival: o seu veciño Manuel María, Díaz Castro, Fernán-Vello… E contoume coma o seu rmán, Lois, o poeta, sentía devoción polo escritor de Guitiriz. Anos despois nunha conversa, sobre os autores galegos, Lois dicía: ”Hoxe en día sinto moito respecto por Ferrín, vai de primeiro nas miñas preferencias en canto a poesía e incluso en canto a narrativa. Tamén Cunqueiro, poucos escritores son capaces de crear os mundos como el o fixo. Despois están autores semidescoñecidos, como Díaz Castro, o poeta de Guitiriz. Cando lin o seu libro Nimbos chamoume a atención precisamente esa diferenza co resto dos poetas galegos na temática e na maneira de expresala, sobre todo na época en que foi escrito, que era como moi social. Víase nel unha preocupación moito máis estética, máis lírica. Unha anécdota ilustradora do que pode dar de sí a literatura é que cando eu estudaba en Madrid, comendo nun restaurante económico, un vello oíunos falar e dixo: “¿Sodes galegos? Eu son fulano”. Era el, Díaz Castro. Chamoume a atención que un dos poetas que eu máis admiraba estivese comendo alí, nun restaurante económico” (La Voz de Galicia, 1992). Acae ben esta confesión en Leliadoura, a publicación do Ies Díaz Castro… Os dous poetas tiñan connotacións comúns, apostaron polo noso idioma, como a lingua de comunicación e creación, cando os dous eran políglotas, pois estudiaron idiomas e traducción, e coñecían moi ben

IES Poeta Díaz Castro

3


as literaturas europeas. Ambos os dous atoparon nos bares e rúas, nos seus paseos alongados, un espazo axeitado para coller unhas notas, sempre acompañados dun caderno para escribir algo, cando lles agraciaba. Deixaron en vida pouca obra, pero fundamental, para ser grandes poetas, ata tardaron en editar en libro o que xa ían publicando en revistas. Non eran amigos de topónimos, das localizacións concretas das súas ensoñacións, pero sí sutiles comunicadores do máis fondo humanismo, onde o eu é un reflexo de autenticidade… Tamén a implicación dos dous no destino de Galicia, emana dunha paixón radical, sen sombras, non partidaria, pero sí fiel ó espírito do pobo. Eran pouco amigos dos recitais, da integración en círculos literarios, pero ficaron nas entranas da verdadeira lírica, a que provoca a emoción das/os lectores. A cotío concentramos a poesía de Díaz Castro neste verso: “a beleza feriume para sempre”. Lois Pereiro tamén se posicionou ás claras, e acreditou estar “de parte da Beleza, dos que nos sentimos na obriga de loitar, desde que o mundo é mundo, polo que sempre nos resultou moralmente xusto e evidente”.

EMOCIONOUME A SUA INTENSIDADE E CALMA Lois Pereiro, acadou manterme en vilo a través da súa traxectoria vital e creativa. Coñecino a través do seu irmán, de veciñas e veciños de Monforte, e de compañeiros comúns… Só estiven con el, unha vez, que me lembre, na presentación dun dos seus poemarios por Manuel María na Casa da Cultura, no seu berce. Emocionoume a súa intensidade e calma, a pesar das treboadas que tivo que sufrir na vida. Para él, a escrita foi un vieiro para liberarse dun mundo que lle incomodaba: «a poesía é un xeito de fuxir da barbarie”, e «a min sérveme para salvarme do meu propio espírito». Cheguei á literatura de Lois Pereiro (19581996) por camiños diferentes ó libro. Foi no Festival de Pardiñas (1987). a través da música de Radio Océano. pioneiros do rock galego máis impactante dos 80 (1984-88)… Xa coñecía ó seu líder, Josito, o irmán maior de Lois, por temas xornalisticos, e por ser o valedor do punk-rock, con aquel nome de guerra: “Johnny Rotring”. Eran uns anos prodixiosos de creatividade e imaxinación, que empurraban a alimentar espazos máxicos coma o Festival de

4

leliadoura eliadoura nº 20

Pardiñas… Josito era un referente para todas e todos nós, quizais por proximidade, tan decisivo coma Antón Reixa, máis do sur… Interpretaron “Narcisismo” de Lois… Foron varios os grupos que o musicaron: Antón Reixa, Alexandro González e Uxía Senlle que cantan “Contra a morte o amor que vai comigo”. Naquel festival, rematei no cuartel da garda civil, con Josito, despois de pasar unha edición estresante, porque apareceron uns mozos que reivindicaban o nome de Radio Océano, e rexeitaban que subise ó palco a banda que Xermolos tiña contratada. Todo quedou en papel mollado. Había debezos por protagonizar aquela movida. A nobreza de Josito, xa un mestre coa pluma, fixeron que non lle perdera a pista ó seu irmán Lois… Pero a primeira noticia que tivera deste escritor, honrado nas Letras do 2011, foi a través de Manuel María, que nunha das moitas andaduras por Monforte, ensinoume a casa onde naceran, no baixo estaba a cristaleira, a Galaica, do seu pai, onde el tamén traballou, sen deixar


Lois Pereiro

de advertirme de que os seus pais procedían do Incio, raiz de poetas coma Marica Campo…, e leito emocional, a “terra brava”, de Ánxel Fole, o gran descubridor das súas paisaxes. Lois quixo ser soterrado alí, no Viso, pois sempre mantivo unha forte ligazón coa terra dos seus avós. Nos nosos paseos demorados por Monforte, a mole tan xeométrica do Colexio dos Escolapios seguía a ser un eco das andanzas estudiantís dos irmáns Pereiro. Manuel María era máis completo que calquera enciclopedia, e ademáis axiña ofrecía enlaces que aínda rebordaban con máis información sobre calquera escritor, ou tema. Así, souben ca nai de Lois, fora mestra en Támoga, na Terra Chá… E tanto nas viaxes por Monforte, coma despois por A Coruña, Manuel María falaba ás veces da súa poesía. Os dous poetas fixeron un percorrido xeografico semellante entre as dúas cidades, pero as estéticas eran diferentes. Os dous morreron en A Coruña.

A REVISTA LOIA Dende os 15 anos, Pereiro escribe poesía. Nas postrimerías do franquismo, no 75, vai a Madrid a facer Socioloxía, por pouco tempo… Retornará despois, para estudar idiomas e formar grupo co seu irman maior, Josito, e Manolo Rivas.

Fundan a revista Loia (1975-78), a primeira en publicar os seus poemas, no 1º número. Foron grandes amigos, e aquel compañeirismo converteuse nun manancial de creación, coma acontecera, facía anos, con aqueloutros estudiantes galegos en Madrid: os “Brais Pinto” (Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño…), que tamén foron unha avanzadilla das nosas letras e artes. No seu retorno a Madrid convive coa que ía ser a súa moza moitos anos, Piedad R. Cabo, que estudiara con el en bac. Alí coñece a Menchu Lamas e Antón Patiño, curmán de Reimundo, os dous de Monforte. Animador de colectivos coma Atlántida e Rompente de Vigo, que ven de publicar o libro: Lois Pereiro. Radiografía do abismo. Xunto cos poemas de Lois, Loia publica o poema inédito: “O campo das ratas”, do desafortunado Xohán Casal, un dos iniciadores da nova narrativa galega, que escribiu en Guitiriz algun relato, nas tempadas que pasaba aquí para curarse da doenza que lle ía producir a morte moi novo. Todos colaboraron a que Loia se convertese nun ronsel da vangarda artística con forza innovadora, chegando a tiradas de 500 exemplares, fotocopiados. Lideran unha publicación rupturista, como vai

ser toda a literatura de Lois Pereiro, que non perde acontecemento naquela fervenza de concertos, exposicións, do Madrid da transición, unha movida que só tería parangón en Galicia… Nestes anos, viaxa moito en tren: Irlanda, Gran Bretaña, Chequia. Berlín…, quizais un eco dos seus anos nun Monforte, que medraba grazas ó transito ferroviario. A medida que disfrutaba destes percorridos, mergullábase na literatura e música destes países, acadando unha grande cultura…, coma suxire nestes versos en Loia:

En Leonenberg «Bid adieu, adieu, adieu. Bid adieu to girlish days» J. JOYCE (Chamber music, XI) “ABURRIDO un olor a café na indiferencia de Praga. Prumas na cabeza, verde artificial. Unha entrada excitante para un xogo final de namorados. Un tenor azul canta o turno da pasión cando cae o único inocente. Sobre o fondo exipcio a testa ladeada, de perfil”.

IES Poeta Díaz Castro

5


Publicou dous libros en vida, organizados por períodos de anos, mentres os poemas de mocidade viron a luz, o mesmo ano da súa morte, da man do seu irmán, en Poemas para unha loia, e foron unha inflexión na nosa literatura: o sinal doutra estética. Son 26 composicións dos anos 70, nos que xa se esbozaba un dos celmes da súa obra: o amor, aínda que non coa carga abismal dos 80/90… Publicados en Espiral Maior, a editorial do seu compañeiro de xeración, nado no mesmo ano 1958, Miguel A. Fernán-Vello. Manuel María, fai unha achega ó seu 3º poemario, que é un adianto do que estamos a vivir arestora, neste ano de plenitude: “A LOIA, laverca ou cotovía é un paxaro amigo do ar libre e das paisaxes montesías que canta na gloria das mañás. Os casteláns chámanlle alondra. LOIA foi unha revista minoritaria, artesanal. Entre os entón mozos que facían LOIA estaba Lois Pereiro. Por eso nós, nesta sinxela e moi sentida homenaxe, rescataremos os poemas que Lois Pereiro publicou en LOIA para ir recollendo a súa obra espallada pois cómpre ir cavilando en facer unha edición completa da súa poesía, tan orixinal e suxerente. Atrevémonos a titular este volume, breve e intenso como a rosa, Poemas para unha Loia en lembranza da revista LOIA. E tamén porque estas primeiras composicións de Lois Pereiro teñen a gracia, o asombro, a liberdade e a fermosura do canto da loia nos días da primavera cando a terra é luz e promesa. Monforte, Galiza, o mundo precisa dos poetas e da poesía para que todo vaia mellor. Porque, amamos a Monforte, a Galiza, ó universo enteiro, á vida, a Poesía e a Lois Pereiro recuperamos parte da súa mensaxe, máxica e namorada, que sempre estará en nós -e con nós- e cos que nos sucedan no tempo. A obra dun poeta non morre porque é fonte de amor e vida. Lois Pereiro, foi un poeta auténtico. Precisámolo. A cidade de Monforte, onde el naceu e que tanto amou, non anda sobrada de Poesía e de poetas, tamén o precisa. Faille falta a súa palabra verdadeira, estremecida e irrenunciable para que lle axude a abrir os seus ollos, dunha vez para sempre, á luz, á esperanza e á beleza”. Na Festa das Letras, as propostas de Manuel María son realidade, xa contamos coa Poesía Completa, tamén toda a súa obra (poesía e prosa), en edición bilingüe galego-castelán, e en inglés Collected Poems e Monforte eternizouno cunha rúa, e facendoo

6

leliadoura eliadoura nº 20

fillo predilecto. Axiña me enterei de que tamén él se contaxiara en Madrid (1981) con aquela devastadora colza, inxestión de aceite desnaturalizado, contaminado, que estragara a vida dunha irmá miña, nunha estadía en Segovia. Foi o outro galego, que souben que tivera a mesma desgracia…, producida polo desvío de aceite da industria, ó consumo humano. A desfeita produciu centos de mortos e enfermos, e conmoción pola desidia e corrupción que a acompañou, pola banda dos poderes. Un veleno que marcaría para sempre con trazos estarrecedores o seu corpo e espírito, cando tiña 23 anos… Xa sen forzas, adquire unha rixidez, que non pode nin vestirse el só… Foi unha tortura lenta e dorosa, para el e para a familia e amigos, que naquel momento estaban entregados a levar adiante tantos soños e iniciativas utópicas. Pero Lois sempre lle fixo fronte ó mal. Aínda que ten poucas referencias ás nosas letras, expresou querenza por Manuel Antonio, que morreu novo, e só escribiu un libro arrequecendo o galego. A Manuel María escoiteille, varias veces, que a súa poesía máis intimista semellaba a de Rosalía. Xosé L. Calvo, autor de O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, con C. Gegúndez, nunha entrevista en Galicia Hoxe, comparao con Díaz Castro: “Lois Pereiro é un poeta tremendamente valente, utiliza un discurso que cando libera a súa voz en «Loia» no ano 75, deixa un recendo a algo novo. É unha novidade porque vai contra o que se estaba a facer nese momento. A de Lois é unha poesía marxinal, no bo sentido da palabra. Para nós é un poeta esencialmente romántico, un poeta do eu, onde abrolla o sentimento e a liberdade absoluta do poeta. Nós identificamos a Lois Pereiro como un poeta romántico na liña de Keats, Bernhard, Hörderlin... fundamentada nunha lírica da liberdade absoluta, de expresar un sentimento moi profundo que botamos un pouco de menos na actualidade. E tamén da Rosalía, de Manuel Antonio ou de Xosé María Díaz Castro. A súa orixinalidade vén dada polas súas lecturas de literatura anglosaxoa e xermánica”.


Lois Pereiro

A XERACION DOS 80

Non puido coa rehabilitación que tiña que sufrir en Madrid, onde se aflixe coa dor de tanta xente aqueixada polo mesmo mal… Deixa a capital e tantos soños. Instalase en A Coruña, vivindo cos seus irmáns: Josito e Inés… Fai dobraxes e traducións de series para a tele galega, e partilla producións audiovisuais. Vive a dinámica cultural máis comprometida, e presentase ó Certame do Facho, que gaña no 1982. Integrouse na xeración daquelas e daqueles autores relacionados con esta cidade, nacidos arredor do 58: Do amor e desamor, que editaron dous volumes (1984/1985), nos que publicou 13 e 8 poemas respectivamente… Pilar Pallarés, Miguel A. Fernán Vello, Xulio L. Valcárcel, Lino Braxe, Miguel Mato Fondo, Xavier Seoane, Manuel Rivas… Non é un grupo estanco. Lois tiña unha estética propia, e a pesares da súa independencia, atopou nesta fronte unha canle propicia, pois cadaquén seguía o seu roteiro. Apostaban por un individualismo estético, transmisor dos sentimentos máis persoais: o erotismo, un sentido telúrico do país, novas formas de expresión… Pero renovaron o mundo cultural co seu sentido rupturista. O seu irmán ten dito del, foi «un punk calado, irónico e amable, un dandy esguío entre quen son agora o núcleo duro da creación poética galega. Eran amigos seus, pero sempre preferiu frecuentar os labirintos da vida aos círculos literarios». Xa nos seus anos de mocidade viviu a tope aquel furor xuvenil contra a uniformidade e a superficialidade. Prefería o método asembleario, máis ácrata, que o sistema máis ríxido da militancia dun partido. O mesmo debate daqueles anos na Asociación Xermolos, e nun sector da mocidade, en xeral. Cando íamos a Monforte a pegar carteis do festival, reviviamos aquelas encrucilladas que tamén nos afectaban á mocidade de Guitiriz, e sentimos as néboas e a paisanaxe da chaira de Lemos, tal como se podían vivir nos Remorsos de Lois: “A néboa en

Monforte fumadora de opio/ é a nai de siluetas furtivas/ e saúdo ó perigo que brilla/ na face escura dos teus soños/ a verquer nas veas a bágoa fatal./ E triste non dorme no fondo dos ollos/ medrando no reflexo eterno/ dos corpos afogados profecías/ cando baño a navalla destas artes/ no sangue doutro drama que se acolle/ no refuxio da túa arte máis lene/ coma unha man esférica que acepta./ «Eu son un deus sensual»/ e cando cae o sol/ fustrigo á beleza no mesmo cabalo”. (Poemas, 1981/1991) Nas viaxes a Europa, Lois Pereiro fixera coma unha inmersión no xeito de ser punk, que nos fixo matinar a algúns organizadores do Festival de Pardiñas, nesta filosofía, que daquela identificamos con él. Foi de agradecer a súa achega, naquel momento da asociación, fronte á ramplonería que tiñamos que escoitar e aturar, nos aledaños do festival, cando se facía presente a cultura punk, máis urbana e europea, ca que adoitabamos vivir a cotío por estes lares. O festival era tamén a punta de lanza, a avanzadilla das vangardas, naqueles anos. Viviamos na nosa carne e no noso espírito, a distancia coa que moitos ollaban os versos de Lois Pereiro, considerandoo só coma un autor transgresor, do mesmo xeito que sinalaban Pardiñas coma un encontro “underground” de punkis, “hippis”, no sentido no que desenvolviamos o festival, afastados das redes e mercados comerciais, buscando a liberdade de creación e expresión… Lois era un home moi libre, e refugaba a opresión, viñese de donde viñese. Urxía á disconformidade. El sempre estaba do lado dos vencidos, dos que sufrían, estivesen onde estivesen: “se as vítimas de antes pretenden ser verdugos á súa vez, ¿de que parte que non sexa a das novas vítimas, dos novos vencidos doutras guerras, podemos estar xa?”.

OS PRIMEIROS LIBROS Foi Paco Macías (Ed. Positivas), o editor dos dous libros publicados en vida: Poemas, 1981/ 1991 e Poesía ultima de amor e enfermidade 1992-1995, e agora de Conversa ultramarina un dos catro póstumos, o que me agasallou co primeiro, nunha visita a Guitiriz, nos comezos dos 90. Lembro con que entusiasmo me falou daquela primicia, o libro co que Macías e Suso de Toro comenzaban a súa colleita. Falamos de vagar daquela “opera prima”, e tamén da revista “Anima+l”, coa que viñeron a dar lume ó debate. Macías apostou naquela hora por proxectos innovadores e arriscados, para os

IES Poeta Díaz Castro

7


editores que adoitaban medír e seleccionar todo con criterios comerciais… Cómpre agradecerlle que dese a Lois a posibilidade de editar en libros as escollas, que o mesmo poeta elaborou, xa que para moitas/os foi o primeiro contacto con él. En Poemas recolleu todos os que escribrira despois de Loia, en Dorna, Luzes, Trilateral… Estaba a abrirse unha nova canle de creación, empurrada pola imaxinación. Autores innovadores coma Lois non tiñan doado publicar. Un poemario variado, porque son versos de 10 anos. Tamén encarta nel, o guión televisivo “Que é Galicia?”, programado o 25-VII-1988, onde transmite coas 27 letras do abecedario as palabras e ideas chave do seu sentido de Galicia: «ledicia do espacio circundante», «conciencia Céltica do Cosmos» , «eterno Estrañamento do espírito»; «kilowatios por terra asulagada», «A Terra é o principio»…, «Poesía. Patria. Paixón». Asistín a súa presentación en Monforte, a única vez que estiven con Lois Pereiro, bis a bis… Manuel María e Saleta, a súa dona, tiñan o costume, que ela aínda mantén, de agasallarme cun libro cando viñan ó Festival de Pardiñas, e trouxéronme o segundo de Lois: Poesía ultima, un salouco de catro anos… É a súa visión da vida, na que conviven dor e amor, luces e sombras, naquela circunstacia que estaba a vivir de loita contra a morte, cando as forzas xa eran minimas: «...esta vez non haberá resurrección/ e o futuro é por forza alleo a min». Pero mantén a súa elegancia. É a imaxe («o espello da elegancia dediante dos meus ollos»), que reflicte unha persoalidade timida, pero valente na experimentación de novas linguaxes. De 1992 a 1994 son uns poemas con moita tensión, este ano sofre un empeoramento na enfermidade, e dende este momento a recuperación é ostensible grazas ó amor e á escrita, para librarse da morte. Escribe arreo, entre visitas ó hospital e o agarimo dos seus, despois de baixar ós infernos do mal: Poesía ultima, Modesta proposición, Conversa ultramarina…

8

leliadoura eliadoura nº 20

Dende a superficie dun novo e imprevisto salvamento Sería a luz que me alagaba os ollos da vida roubada á morte veciña pero todos me apalpaban incrédulos colléndome das mans. Todos aqueles que me amaran morto amábanme máis vivo. Abríranse dúas portas en direccións opostas e escollín a que se abría cara á vida co sol entrando a eito polas fiestras. Tería que reanudarme e regresar á miña propia vida sen contaxiarme outra vez de min mesmo. Retocaría o guión e mudaría outra vez de personaxe retomando a perdida aprendizaxe. 1994 foi decisivo e apostou pola vida, sen perder: “esa necesidade de sentirme molesto e radical”, como emana en Poesía ultima, a proclama neste tempo lúcido, no que declara a súa aposta politicosocial, contra todo tipo de opresión, así “Amor e sangue en Chiapas”:

“Ando á procura dunha ollada súa que me confirme a fé que teño nela e avanzo a cegas coa maior firmeza noutra rebelión xusta que interna nunha urxente existencia de certezas para este corazón rebelde e zapatista obrigado a loitar polo evidente cunha serea furia antiga e sabia. Desde o amor que resiste ó que reprime con ela por compaña como antes ou eu só ben armado de nostalxias deixareime invadir de sangue maia para que retorne á súa propia terra ou consiga vivir outras mil vidas en loita contra o mundo se é preciso crebándolle o pescozo e desviando á historia do seu curso xunto coas mesmas víctimas de sempre”.


Lois Pereiro

O poeta consideraba que estes dous poemarios mostraban xa, a súa vontade de estilo. O ultimo é coma un testamento poético do seu xeito de concebir a vida. Aínda que se mantivo á marxe dos cenáculos, polo seu carácter libertario, foi firme nos seus plantexamentos sociais e literarios… Non milita en ningunha organización nin se adscribe a ningún dogma, pero non se desentende, pola contra, vive con radicalidade. E as propostas que fai nacen da xenerosidade ética, sen impor nada, buscando o ben de todos, e convidando a facer a todos o mesmo... Si Paco Macías non publica o seu segundo libro, xa!, Lois non asistiría en vida ó seu parto. O editor volveu a ser providencial na súa traxectoria, coma sería co inédito Conversa ultramarina,… Macías agradece este diario: “para desmitificar a imaxe de Lois Pereiro e para mellorala: son cartas de amor pero tamén textos que deixan traslucir un home combativo, un home que case se quere converter nun guerrilleiro”. Segue comprometendose en iniciativas socioculturais que están a inxectar nova seiva no tecido cultural, e integrase na redacción da revista La Naval (1984), transmisora do atlantismo, onde teoriza sobre o seu proxecto vital: “O vicio é coma un luxo para quen coñece os ósos do fracaso e o doce veleno do pesimismo…”. Atrapado en viaxes arriscadas, loitaba contra aquela voráxene, sobre todo no treito final, escribindo, creando…, así, na revista Luzes de Galiza, que funda Lino Braxe, que nola achega a Guitiriz, recén saída do forno. Dirixida por Manolo Rivas e coordinada por Antón Baamonde, Xavier Seoane e Xulio Valcárcel… É aquí onde ve a luz primeira, xa no 96, nº 27: «Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia», a aposta política de Lois Pereiro contra toda a ignominia. Critica a omnipotencia dos poderes que asoballan e acosan a liberdade que é o centro do seu compromiso. Josito encartaríaa en Poemas para unha loia. No 1996, xa postrado pola enfermidade seguía loitando contra vento e marea, coma reflicte.

Manuel María en El Correo Gallego: “Lois Pereiro: amor e dor” (19-I.1996), uns días antes do seu recital no Bar Moka de A Coruña. Xa en maio, non puido coa hepatite, con tanta medicina que inxerira contra a colza, que o deixou sen defensas, o que lle impediu controlar a sida, que tamen lle afectaba dende 1994… No outono do 95 escribiu “Corredor de fondo perde o alento”, o penúltimo poema, antes do epitafio en Poesía última, e para un escritor que organizou con atención todo o libro, este posto ten a súa intención: “Fuxindo dunha vida inzada de renuncias/ da súa liturxia obesa e oleosa,/ mediocre nos seus comunais fracasos,/ bágoas de xelo, indignación contida/ non deu chegado a tempo de exercer/ a súa rebelión,/ nin de levar a cabo/ a súa vinganza definitiva/ contra un mundo inxusto, homicida, e cruel/ pola inutilidade da súa propia vida/ solitario, enfermo e fatigado,/ a morte anticipouse e chegou antes”. Mentres, seguiamos lendo outros libros de Pereiro, mestre tamén na prosa: artigos, novela, ensaio…, coma os oito capítulos da novela: Naufragos do paradiso, publicados en Luzes de Galiza, agora en Galaxia, mostrando ser un gran coñecedor dos sentimentos humanos, a pesares de comenzar a esbozala con 20 anos. Bernal suxirenos ó mesmo autor en varias situacións ante a vida e a norte.

““A INDIFERENZA MATA” Foi un dos berros máis clarificadores da traxectoria de Lois Pereiro, escoitados neste mes das nosas letras, mesmo nas pancartas que convertiron as ruas nun clamor reivindicativo, na liña do manifesto “Modesta preposición”. Foi un profeta dos tempos que veñen…, un adiantado doutro libro que está nestes días nas mesiñas de moitas e moitos de nós: “Indignádevos” de S. Hessel, non só pola súa brevidade intensa e emocional, nin polos destinatarios máis ben mozos/as, senón porque cadra coa mesma linguaxe e ollada do ensaista de Monforte; a loita contra a inercia, a frivolidade e o tedio, nunha sociedade cada volta máis adormecida na indiferenza… Fixémonos, senon, nesta proclama de Lois Pereiro:

Canto peores sexan os tempos que “Canto vivamos, máis falsa será esa inxenuidade, menos inocente a indiferencia, e máis cómprice non comprometerse”.

IES Poeta Díaz Castro

9


Os dous pensadores están na liña de apostar pola mocidade, coma impulsora da revolución necesaria, non por cuestión de idade, senon de coraxe… Outra mostra da actualidade da súa obra. Con este poeta, está a rescatarse aquela linguaxe crítica e irada que el viviu na frescura das vangardas de comezos dos 80 en A Coruña, Vigo, etc., coma suxeríu en Modesta proposición, agora publicada en Xerais. Foi unha fenda radical no sistema establecido, que aínda hoxe oprime as conciencias e sensibilidades máis lucidas, fronte ó monolitismo ideolóxico, o pensamento único, que se quere impor dende os mercados financieiros globais que moven os fíos dos poderes pseudodemocraticos dun xeito sibilino. O poeta proclama unha solidariedade universal, centrada na súa Terra, e denuncia a falla de fidelidade a Galicia de moitos momentos da súa historia, berrando: “A nosa indiferencia alimentará o proceso de autoxenocidio que vivimos”. E bota unha ollada a nosa historia de resignación, atisbando unha reacción: “Tantos séculos de Ofensas e Olvido crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da historia vai xenerar no Orgullo deste pobo apacible o destrutivo Osíxeno do Odio...”. As súas viaxes a Irlanda, Escocia, a Bretaña francesa…, axudaron a descubrirlle a cara atlántica de Galicia. Ficando no seu sentido telúrico, urxe con paixón a lealdade co país. Esta fidelidade demostrouna na reivindicación do idioma.

COMA O SEU TESTAMENTO: “Conversa ultramarina” Conversa ultramarina é o diario mecanografado que escribiu en marzo/ xuño de 1995, cando tiña 37 anos, xa enfermo. Hospitalizado, loita con furia e tesón contra a morte. Xa superara a súa dependencia da heroína, estaba a vivir o punto álxido da súa creación. Son as cartas que conservaba a súa destinataria e compañeira, Piedad R. Cabo, daquela en San Francisco. Teñen un aire de despedida, pero sempre agarrado á vida que segue a fluir, por iso

10

leliadoura eliadoura nº 20

captamos nestas misivas un sentido do máis alén, a través da súa palabra, da que sabía que era inmorrente. E isto é o que engaiola nun escritor. Sen abandonar a ironía: “O humor será o que nunca perderei: Nin a paus!, vai introducindonos nas súas viaxes polo máis fondo do seu ser, onde alternan espazos luminosos e outros máis escuros, pero gaña a súa reacción contra as infamias. Nesta declaración de intencións, a luz gaña ó escepticismo, asemella que a claridade das mariñas coruñesas filtróuse nas néboas de Monforte. A pesares do seu natural máis ben calado, sen perder a súa elegancia, fala ás claras nesta conversa de todo o que lle preocupa. Neste texto comunica as súas preferencias: música, cine, arrecendos das cidades que visita, as e os escritores que lle axudan a facer camiño, coma Bernhard, ó que dedicou “A elexía a un espírito irmán” en Poemas, o que provocou o artigo do seu amigo na vida e nas artes, Manolo Rivas: “La poesía de un gallego contagiado de Thomas Bernhard” (El País 9/I/93)… Suliñamos este autor austriaco, coma mostra da cultura universal que rezuma Pereiro, pois concentra na súa poesía os sentimentos máis persoais: a dor, o escepticismo fronte ás solucións políticas máis inhumanas, as teimas individuais fronte ó doctrinarismo, afastandose dos temas máis tecnocraticos, sen esquecer o sufrimento do mundo. Bernhard internado, enfermo nun hospital uns tres anos, escribiu textos que son un eco do labirinto existencial polo que tamén pasou Lois Pereiro: “Quería vivir, e todo o demáis non significaba nada. Vivir e vivir a miña vida, coma quixera e tanto tempo como quixera. Entre dous camiños posibles, decidira nesa noite, no instante decisivo, polo camiño da vida. Si cedese un só instante nesa vontade miña, non viviría nin unha hora. Dependía de min seguir respirando ou non. O camiño da morte sería doado. O camiño da vida ten igualmente a vantaxe da libre determinación. Non o perdín todo, seguín tendoo todo”. (O Alento, 1978). Os dous camiños e os dous mundos de Lois Pereiro: “Tristemente convivo coa túa ausencia/ sobrevivo á distancia que nos nega/ mentres bordeo a fronteira entre dous mundos/ sen decidir cal deles pode darme/ a calma que me esixo para amarte/ sen sufrir pola túa indiferencia/ a miña retirada preventiva”.

Alfonso Blanco Torrado


viaxes

VIAXE A ROMA E FLORENCIA Os alumnos de 1º de BAC acompañados por María Miragaya e Olga Aguiar viaxaron a Italia. Ademais de coñecer as maribillas artísticas de Roma e Florencia disfurtaron doutros aspectos non menos interesantes da vida cultura italiana. Esta é a visión de Claudia Na capela Pizzi, de Brunelleschi

Antes da nosa saída de Guitiriz, ás 5:30 da mañá e a maioría sen durmir, non podíamos evitar estar nerviosos: para algúns de nós era o primeiro viaxe en avión ou ao estranxeiro, outros xa probaran o ano pasado coa viaxe a Londres, pero todos en común compartíamos o desexo de disfrutar da nosa esperada viaxe de fin de curso. Saímos en avión de Santiago ás 7, e despois de facer escala en Madrid, ao fin chegamos a Roma ás 11:30 aprox. Despois de trasladarnos ao hotel e instalarnos, fixemos o noso

primeiro paseo por Roma na busca dun sitio no que comer. A maioría de nós, por ser o primeiro día e non coñecer os arredores, comimos no McDonald’s da Piazza da Republica, pero este xa nos pareceu especial en comparación cos de aquí, xa que había moitas cosas descoñecidas que comer (uns batidos de tiramisú, capuccino e chocolate riquísimos). Despois de volvernos reunir todos coas profesoras, comezamos a nosa visita polas zonas de interese romanas.

IES Poeta Díaz Castro

11


sensación fantástica. Cando acabamos alí achegámonos ao Campidoglio, e logo da comida (onde coñecimos a un italiano simpatiquísimo) fumos visitar o Panteón, que tiña un burato no teito polo que entraba a auga, e a Piazza Navona, onde nos “atopamos” co presidente de Chile. De novo volvimos ao hotel moi cansados e mollados. O último día da nosa estancia en Roma foi o turno do Vaticano. Madrugamos moito e collimos o metro para achegarnos primeiro aos Museos Vaticanos, onde vimos a preciosa Capilla Sistina e as súas famosas pinturas, así como momias exipcias e esculturas de dioses romanos, e despois á Basílica de

No coliseo de Roma

Durante a nosa estancia en Roma non parou de chover, o que non impedíu que visitásemos todos os monumentos importantes e todas as cousas que sempre vimos nas películas. No noso primeiro día alí, visitamos o Quirinale, aunque uns gardas non nos deixaron achegarnos moito; a Fontana de Trevi, a cal nos encantou a todos e onde tiramos a nosa moeda esperando que se cumpliran os nosos desexos; a Piazza de Spagna, onde había un montón de xente a pesar da choiva; e a vía Condotti, a rúa na que se atopan todas as tendas de diseñadores como Dolce & Gabbana ou Versace. Por mor da choiva, tivemos que volver ao hotel no bus urbano, no cal fumos moi moi apretados pero ríndonos moito. Pola noite ceamos no restaurante que estaba enfronte do hotel, como faríamos todos os días, e no que a pasta e a pizza estaban riquísimas. O segundo día, aínda cansados pola viaxe, fixemos a nosa visita ao Coliseum e ao Foro Romano: foi impresionante atoparse de pronto con algo tan grandísimo como era aquelo, e unha vez dentro, estar onde no seu tempo loitaban os gladiadores e as fieras, foi unha

12

leliadoura eliadoura nº 20

San Pedro, a cal era descomunal e tiña unha cúpula dende a que puidemos ver toda a cidade. Como fin da nosa visita á capital de Italia, visitamos o Trastevere, o típico barrio italiano, onde puidemos probar un roliño de masa de pizza cruda recheo de Nutella, que estaba delicioso. Ao día seguinte pola mañá depedímonos do hotel e collimos o bus hacia Florencia. Despois dunha sestiña no bus chegamos á cidade, máis ou menos ás 14:00, e instalámonos no hotel, o cal nos encantou porque era moi moderno e tiña un código para entrar nas habitacións sen necesidade de chave. Cando acabamos de comer nun sitio cercano, collimos o bus e achegámonos a contemplar a catedral. No momento no que apareceu ante os nosos ollos quedamos impresionados: era grandísima, en


viaxes verde e branco e cuns debuxos preciosos na fachada. Cando a vimos por dentro ó día seguinte descubrimos que non tiña nada especial, pero o exterior era extraordinario. Tamén alí subimos ao campanario e puidemos observar Florencia na súa totalidade. O último día da nosa viaxe espertamos e empezamos a facer visitas moi cedo. A primeira parada foi na Piazza da Repubblica, a cal aparece na película “Luna Nueva” e onde atopamos unha réplica do David de Miguel Angel. Despois visitamos o Palazzo Pitti, onde puidemos admirar múltiples cadros de pintores famosos como Botticelli ou Velázquez. Cando saímos do palacio, fixemos unhas compriñas nas tendas de recordos próximas e, nas proximidades do Ponte Vecchio, unha ponte completamente chea de xoierías e que se desploma na película “El Perfume”, dispuxémonos a colgar moitas de nós o noso candado, coma nos libros de Federico Moccia. Máis tarde, cando rematamos de xantar nun sitio no que nos puxeron catro macarróns por prato, reunímonos coas profesoras e visitamos o interior da catedral, onde o máis salientable era a cúpula de Brunelleschi, e a Santa Croce. Esta era unha igrexa comple-

tamente chea de tumbas, entre elas a de Miguel Angel, Dante (despois visitamos a súa casa) ou Galileo Galilei. Cando acabamos as nosas visitas e tivemos o tempo libre dirixímonos ao hotel: algúns fixeron unhas compras para a viaxe do día seguinte e foron descansar, mentres que outros preferiron saír para coñecer o ambiente nocturno da cidade. As noites no hotel, tanto en Roma coma en Florencia, foron sempre divertidas: íamos dunha habitación a outra e incluso organizamos un pequeno campionato de tute.

O sábado erguímonos moi cedo e collimos o bus en dirección ao aeroporto de Roma, onde embarcamos no avión que nos levaría de volta a Galicia. Esta viaxe, a pesar de que ao longo da nosa vida puidamos volver a Italia, foi única e irrepetible. Por primeira e, seguramente, última vez, pasamos unha semana todos x u n t o s , coñecéndonos mellor despois de toda a vida xuntos no instituto, e aprendimos a entendernos uns a outros como grupo. Xa nos pasou, como se fose en realidade un soño, a viaxe de 1º de Bacharelato que levamos esperando tanto anos, pero de seguro que por moitos que pasen non a esqueceremos. Caudia Miragaya

IES Poeta Díaz Castro

13


Viaxe a Astun: Como todos os anos o departamento de Educación física organizou a viaxe á neve. Esta vez e Astún no pirineo aragonés Alá foron 25 alumnos e alumnas acompañados por Alfredo, María Miragaya e a nosa conserxe. Facer fixo frío pero non foi problema, esquiar, patinar no xeo da pista olímpica de Jaca divertirse moito. Repetirase

Algúns prefiren subir o máois alto

Na pista olímpica de Jaca

No parlamento Alumnado de 1º de BAC visitaron o parlamento de Galicia,onde poideron coñecer de primeira man o seu funcionamento. No parlamento non todo e diversión, parece

14

leliadoura eliadoura nº 20


viaxes

INTERCAMBIO CON CARIÑO Un inverno enteiro...carta vai, carta vén...alumnos de 3º, adolescencia, curiosidade, outro espazo. Por fin, chegou o día. No bar, uns pinchos para darlles a benvida, tamén algo de beber. Indecisión, un pouco de vergonza...? A toma de contacto é sempre dura a pesar dos tempos compartidos de papel. Gústalles o noso insti...iso nos din. Despois, o balneario, o xantar, un partidiño e un paseo polo río ata os muíños...A xornada foi completa e soubo a pouco. Despedímonos con “Cariño”, pero só por quince días. Agárdannos aló.

Correlingua Como todos os anos os de Guitiriz fixéronse ver no Correlingua.

Coñecendo o entorno

Alumnos de 3º de PDC analizaron a agua do Rio Pardiñas despois da saída de Outono de Proxecto Rios

IES Poeta Díaz Castro

15


Pontevedra O 26 de abril o Departamento de Sociais en colaboración co COAG, dentro do Proxecto Terra, organizou unha viaxe a Pontevedra para os alumnos de 3º ESO.

Iniciamo-la viaxe diante do Pavillón Municipal onde nos esperaba a guía, fixemos un pequeno percorrido pola zona universitaria e nos encamiñamos cara a finca de Lourizán que foi propiedade de Montero Ríos , hoxe reconvertida en centro de formación e investigación forestal, onde poidemos ver diferentes especies de árbores e plantas . Dende alí nos diriximos o casco vello da cidade, onde percorrimos as rúas e prazas máis representativas. Pola tarde visitamos o Museo Provincial terminando a nosa visita no que será o novo edificio de dito museo, xa terminado pero aínda sen ocupar

Compostela Os alumnos de 2º da ESO fixeron unha vista a Compostela organizada polo Departamento de Ciencias Sociais.

A primeira hora fixemos unha breve pero interesante visita á Cidade da Cultura. Sorprendeunos a arquitectura e tamén que case non houbera ninguén nuns edificios tan enorme. Tivemos tentacións de subir polos tellados pero… Despois marchamos á catedral. O contraste foi tremendo. Aquí si que puidemos subir polos tellado e foi estupendo. A guía deunos unha longa e interesante explicación que seguimos con bastante atención. A pena foi que non puidemos ver o Pórtico da Gloria, que estaba en obras (e a Berenguela, e a casa da Congaa e … ) Pola tarde fíxemos un recorrido pola cidade vella e xa está, de volta para casa. Non estivo mal

16

leliadoura eliadoura nº 20

No tellado da catedral seguibndo atentamente as explicacións Na Cidade da Cultura?


viaxes

PROGRAMA ARCE

Na baía de Cádiz

En novembro recibimos no noso instituto ós alumnos do IES El Espinillo de Madrid e do CPR Campiña de Tarifa de Cádiz. Esta visita forma parte do programa Arce no que participamos os tres centros e que ten como lema “A auga: tópico de estudio”. Do 10 ó 13 de maio un grupo de alumnos de 3º de ESO de Guitiriz viaxaron a Tarifa onde coñeceron

Compañeiros de Madrid e Tarifa na ría de Viveiro

a zona e tamén realizaron distintas actividades relacionadas co programa Arce. Nos meses de outubro e novembro do próximo curso realizarase a visita ó centro de Madrid para completar as actividades do programa. Ata aquí chegamos!

IES Poeta Díaz Castro

17


Novos talentos No Castro de viladonga

Na praia das Catedrais

En Tarifa con moito calor

18

leliadoura eliadoura nº 20

No IES Poeta Díaz Castro estamos de noraboa pois temos unha nova promesa literaria: Mª Elena Combo Vilas de 2 º da ESO-B que resultou gañadora do segundo premio provincial do Concurso Novos Talentos organizado por Coca-Cola co relato curto “O misterioso ladrón de Vilacruces”. O premio foille entregado nunha gala celebrada no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela o 27 de maio de 2011.

Noraboa, Elena!!!


Matemáticas

Matemáticos hoxe O mércores 27 de outubro estivo con nos o profesor Juan Manuel Viaño Rey, catedrático de matemática aplicada na Facultade de Matemáticas da USC. Desenvolveu a conferencia “Matemáticos hoxe”, dirixida aos alumnos de 4º de ESO e Bacharelato,

A opinión xeral foi que a conferencia resultou amena polos guiños que a longo dela foi facendo para que os alumnos participasen de xeito espontáneo.

As mulleres matemáticas O xoves 17 de marzo, e co gallo da celebración atrasada do “Día da Muller Traballadora” a profesora Matilde Ríos Fachal.

Mostrounos como as matemáticas, en particular as desenvolvidas en Galicia, están inmersas en todo o que nos rodea desde os móbiles, as claves “paswords” que se utilizan para restrinxir o uso de acceso ás nosas contas de internet ou das tarxetas de crédito, ata a predición do tempo que se fai ut lizando o super ordenador “Finisterrae” instalado no campus universitario da USC en Santiago, ata estudos matemáticos para proxectos industriais como a fabricación de volantes de automóbiles ou estudos para mellorar a saúde bucodental das persoas, mediante a colocación das “estreliñas” que reposicionan a situación dos dentes nas mandíbulas. Por outra banda desmentiu a crenza de que os matemáticos teñen como única saída ser profesores, nestes momentos máis do 50% dos novos matemáticos teñen a súa saída profesional no mundo das empresas, como por exemplo a banca.

Impartiu a conferencia, dirixida aos cursos de 4º de ESO e BAC, titulada “As mulleres nas matemáticas”, na que nos mostrou parte da vida e obra de moitas das mulleres que axudaron ao progreso das matemáticas ao longo da historia. Dos moitos momentos interesantes destacou a loita que tiveron que realizar para poder aprender, e ensinar, dado os prexuízos que nos seus tempos había na sociedade referentes as posibilidades das mulleres nos estudos, fundamentalmente nos estudos universitarios. Destacou a importancia dos traballos de dúas mulleres galegas: María Antonia Ferrín Moreiras e María Wonenburger.

IES Poeta Díaz Castro

19


O noso m Matemáticas na rúa 2

Os alumnos do PCPI do noso instituto están a participar na actividade “O noso m2” , dentro dun programa conxunto etwinning-A21

Como ven sendo habitual, as alumnas e alumnos do noso instituto viaxan a Lugo no mes de maio para participar na actividade “Matemáticas na rúa” que o Concello da cidade realiza por mor da celebración do “Día das matemáticas” nas datas próximas ao 12 de maio, que é o día sinalado, pois conmemórase o nacemento do profesor Pedro Puig Adam nesa data do ano 1900.

Neste programa participan tamén o CEIP VIRXE DO PORTAL de Sobrado dos Monxes, onde está Susana Vázquez Regueiro; EBI Praia da Vitória das Illas Azores onde están as compañeiras Rosa Medeiros e Paula Matos, tamén desde Illa Terceira no EB 1,2,3/JI Francisco Ornelas da Câmara participa a compañeira Paula Sousa, no instituto Mihriban Emin Gunel IOO de Turquía colabora a compañeira Yesim DOGAN, e en Francia desde o seu centro participa a compañeira Gimbert Clélia. O proxecto consiste en utilizar o metro cadrado como referente do bo estado do medio ambiente no noso instituto, para conseguilo os alumnos do PCPI fixeron un estudo da superficie de uso común tanto exterior como interior. Esa superficie repartiuse entre o número total de alumnos do instituto e fixéronse parcelas de medida proporcionalmente ao número de alumnos de cada aula. A partir do 24 de febreiro o proxecto ponse en marcha, de xeito que cada curso vixiará a súa parcela, axudando ao resto dos compañeiros a mantela limpa. O metro cadrado salirá polo instituto de forma sorpresiva e coa cámara de fotos como testigo levantará acta do bo ou mal estado da limpeza en todo o recinto escolar.

20

leliadoura eliadoura nº 20

Esta actividade desde o ano 2009 está incluída no “Banco de Actividades” das “Cidades Educadoras” organización mundial a que pertence a cidade de Lugo, e que a distinguiu por ser unha aposta innovadora no eido da educación e a súa integración na cidade como elemento educador. Este ano participaron dous grupos sendo un total de 32 alumnos e alumnas de toda a ESO compartindo a nosa andaina polo centro de Lugo xunto con outros 19 grupos que representaban a centros educativos do resto da provincia, incluído un instituto das Pontes. Este anos ademais de puzzles,, tangrams, pentaminós, engadíronse actividades relacionadas coa práctica das medidas de obxectos habituais e outra na que puntuaba a capacidade que tiñamos de descubrir as matemáticas que nos rodean. Pola tarde despois do xantar na Palloza tivemos sesión de matemaxia a cargo do profesor Manuel Pazos, “Coque”, que durante máis dunha hora estivo mostrando a capacidade das matemáticas para engaiolar a todos os espectadores, incluído ao Alcalde de Lugo, e a súa Concelleira de Educación. Este ano non houbo premios para os nosos participantes, pero o importante era participar e divertirse desfrutando do día soleado polas rúas de Lugo.


A Garda Civil no Poeta Díaz Castro! Hai uns días tivemos o centro ocupado pola Garda Civil.

A iniciativa do concello a Garda civil realizou un exhibición dos diferentes medio cos que contan para realizar o seu traballo. Ó acto acudiron a alcaldesa, o subdelegado do goberno na provincia e varios mandos da Garda Civil. Tivemos de todo, lanchas e traxes de submarinista (faltou o mar), helicóptero, rescates de alta montaña, probas alcoholemia (non houbo ningún positivo), etc. Compartimos ese día cos pequenos dos colexios de Guitiriz, Parga e Begonte que non se quixeron perder o espectáculo. Pese a cantidade de rapaces e rapazas que xuntamos ese día, o ruído das sirenas, do helicóptero e demais, todo desenvilveuse con total orde, como podedes ver nas fotos, baixo a atenta mirada da autoridade. Os rapaces e os maiores o pasaron en grande.

IES Poeta Díaz Castro

21


Entroido no insti

Un pequeno descanso

Segundo premio

Primeiro premio do concurso de disfraces

Unha vez máis celebramos o entroido coas Irmandades do Falo, e non o pasamos mal, non. Houbo disfraces, música, baile… e moita diversión

22

leliadoura eliadoura nº 20


Biblioteca

A Tropa de Trapo Xustiño antes do Nadal estiveron con nos a Tropa de Trapo. Ademais de cautivarnos coas súas historias amosáronnos o fermoso que pode ser un conto ben contado. Despois tivemos un pequeno taller para aprender nos tamén a contar historias Para os que puidestes gozar dos contos de Tropa de Trapo.

Alumno de 1º no taller de contos

O venres 1 celebramos por adiantado o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Na Hora de Ler, ese día en todas as aulas do centro os alumnos leron o Manifesto pola lectura da escritora estoniana Aino P ervik. Pervik. T a m é n aproveitamos para ler e comentar o conto de Hans C h r i s t i a n Anderser O traxe novo do Emperador Emperador..

Actuación da Tropa de Trapo

Tedes unha pequena mostra do que fixemos en

Día do Libro Infantil e Xuvenil

http://biblodiazcastro.blogspot.com/2011/ 01/tropa-de-trapo.html Iciar, María e Fátima lendo o manifesto

IES Poeta Díaz Castro

23


De Compras no FNAC A mercar libros para a nosa biblioteca! Biblio andaba algo aburrido pois di que xa leu todos os libros da biblioteca e quere máis. Nos sei si será certo, a min paréceme moito ler, pero, claro, el está todo o día alí metido. Se cadra hai algúns libros que no lle interesan, que lle parecen aburridos, moi gordos…como a case todos, vaia.

Como case sempre son os profes os que mercan os libros esta vez decidimos facer algo distinto, a ver si así Biblio atopa algo diferente e máis ó seu gusto. Esta vez foron so alumnos os que mercaron os libros. É ala fomos cun selecto grupo dos nosos mellores e máis asiduos lectores. No FNAC vimos moitas

cousas e moi interesantes. Despois de dar volta e voltas, de coller un libro, cambialo por outro, coller outra vez o primeiro, consultar cunha compañeira, votar a deixalo, etc. fixemos a nosa selección. Logo xuntámonos un rato na cafetería do librería e cada un ensinou ó resto os libros escollidos e explicou o por que da súa elección. Tras pasar pola caixa (iso sempre é o peor) saímos coas nosas bolsas ben cargadas de aventuras, paixóns, dramas, celos, batallas, viaxes, peixes, amor, etc. cheíños e satifeitos. Esperamos que Biblio quede contento, pois entre tanta variedade seguro que atopa algo do seu gusto. Antes de volver a Guitiriz visitamos a biblioteca González Garcés. A visita foi interesante xa que a biblioteca e impresionante, pero resultou un pouco aburrida. Esperábamos algo máis activo. En fin. Chegamos ó insti e deixamos os libros na biblioteca. Seguro que Biblio pasou unha noite e n t r e t i d a . . Gracias á biblioteca do IES de Vios pola idea

24

leliadoura eliadoura nº 20


Biblioteca

Poesía para todos Lectura de poemas

Poesía por correo

Ler poesía tamén é divertido. Polo menos non parece que estean aburridos os nosos compañeiros. Podes probar, mal non fai

Non hai desculpa, na biblioteca puxemos a disposición do alumnado e profesorado unha chea de poesía. Houbo poesía para todos e algúns e sobre todo algunhas recibiron montóns de cartas. Que sorte!

IES Poeta Díaz Castro

25


Ler , escoitar... A inicios deste curso un grupo de alumnas e algún alumno de 1º e 2º da ESO participaron no concurso Ler e escoitar”.

O concurso foi convocado pola Consellería de educación co obxectivo de impulsar a lectura. Os participantes tiveron que ler en voz alta dous textos, un elixido por eles e outro elixido polo xurado. Non levamos ningún premio, pero cremos que todos o fixeron moi ben. Podedes velo vos mesmos vos mesmos no blog da biblioteca http://biblodiazcastro.blogspot.com/ p/ler-en-alto.html

...e tamén escribir No certame literario celebrado con motivo do Día das Letras Galegas presentáronse 50 traballos en prosa e verso. Os concursantes realizaron as suas composicións partindo dun versos de Loi Pereiro Non quero ocultarlle algo sobre min que non sabería nunca con certeza se eu non llo dixese. Poesía última de amor e enfermedade

Participantes nos concursos

26

leliadoura eliadoura nº 20


Biblioteca

Compartido contos Despois da boa resposta que tivo a principios de curso a convocatoria do concurso “Ler e escoitar” decidimos compartir o pracer da a lectura en alto con novos e futuros lectores. Contamos 34 alumnas e un alumnos dispostas a ir ós colexios a compartir contos cos máis pequenos. Nos puxemos en contacto cos colexios de Guitiriz, Parga e A Castellana que acolleron ben a iniciativa. Tivemos que formar varios grupos para cubrir os tres colexios da zona e os diferentes niveis de infantil e primaria nos que se realizarían as lecturas. Cada grupo escolleu dous ou tres contos e prepararon as lecturas usando o seu tempo libre, os recreos, e tamén algunhas clase.... O dia acordado montamos no auto bús e nos repartimos polos colexios, onde xa estaba todo preparado para recibirnos. Cremos que o resultado da experiencia foi moi positivo para todos. Cada grupo tivo primeiro que organizarse, repartirse os textos, papeis, realizar unha lectura en alto en grupo intentando transmitir a emoción, a gracia, a tensión, a tristeza ... do texto. Tivemos

Contando contos no colexio de guitiriz

diante un público moi esixente pero creo que saímos airosos, superamos a vergoña inicial e o pasamos ben. Cremos que os pequenos tamén. En fin quedamos bastante satisfeitos da experiencia e dispostos a repetir. Si queredes ver máis consultar h t t p : / / biblodiazcastro.blogspot.com/2011/05/ compartindo-lecturas-ii.html

Os pequenos seguiron os contos con atención

IES Poeta Díaz Castro

27


Ana e Lucia lendo o seu conto e Parga

28

leliadoura eliadoura nยบ 20

Inma e Rebeca no colexio de Parga


Biblioteca

Caixa Crítica Quen di que non se le? As alumnas, e algún rapaz tamén, do IES Poeta Díaz Castro len e con criterio. Aquí tedes algunha recomendacións feitas por elas Título: ¡Ojalá no hubiera números! Autor: Esteban Serrano Marugán Editorial: Nivola.

É un libro moi divertido e que demostra a importancia dos números. O protagonista é un rapaz que odia as mates e que un día, canso de que non lle saísen as contas, desexou que ogallá non existisen. Esa mensaxe chegou ao mundo das mates, gobernado por Pitágoras. Este matemático dixo que habia que darlle un escarmento ao neno para que se dese conta da importancia dos números e das mates. Este, consistiría en deixar ao mundo sen números a partir desa mesma noite e iso foi o que fixo... Como sería un mundo sen números? Se o les, verás cómo podería ser neste fascinante libro María Pérez Ferreiro 1º ESO B

Título: El ladrón del rayo Autor:: Rick Riordan Editorial:: Salamandra

Animaría a que lesen este libro aqueles aos que lles guste a aventura e sobre todo a ficción. Pois este libro trata dun semideus (heroe) chamado Percy Jackson, ao que se lle encomenda a misión de recuperar o “ Rayo MaestrodeZeus”. Sei cando un libro me gusta: se ao lelo parece que na miña cabeza se está proxectando unha película. Isto foi o que me pasou co libro “El ladrón del rayo”. Así pois, invítovos a que leades este libro, porque estou case segura de que a algúns ou a moitos de vós vaivos encantar. Aos que xa teñan lido “El ladrón del rayo”

recomendaríalles que seguisen lendo toda a colección; pois polo menos a min deixoume coas ganas de descubrir o final da historia que Percy e os seus compañeiros están vivindo. Respecto a “El mar de los monstruos”, pareceume unha historia moi interesante. Pois Percy, seguindo o seu impulsivo carácter, embárcase nunha nova aventura con Annabeth e o seu novo amigo para salvar a Grover e o campamento, que se encontra en grave perigo. A causa: un traidor que se fixo pasar por amigo de Percy e de todos os do campamento. Andrea Balsa1º ESO A

Título:: Cartas de inverno ernandez P az Autor:: Agustín F Fernandez Paz erais Editorial:: X Xerais

Este libro conta a historia de dous rapaces, Xabier e Adrián ,que un día quedaron nun bar e viron un anuncio dunha casa en venda... este poñía que estaba embruxada. Xabier fíxolle a proposta de que Adrián comprase a casa e así foi.A Adrián espéranlle asombrosos e t r e p i d a n t e s misterios.Se queredes saber máis sobre este libro lédeo.Se nos dous primeiros capítulos non vos gusta, é normal, pero despois xa vos engancha, xa veredes. Julián Arias Rio 1º ESO

IES Poeta Díaz Castro

29


Cartas de inverno é un libro, sobre todo, de misterio e ten tamén algunhas partes nas que se demostra a verdadeira amizade entre dous rapaces que permanecen xuntos ata a morte. Convidámosvos a que leades este conto porque a verdade é que merece a pena e, bem, logo xa nos contaredes que vos pareceu e se vos gustou tanto coma a nós. María Perez e Iciar Villar 1º ESO

Título: El castillo de Lora Autor: José María Mendiola Editorial: Bruño Stanislao herda o castelo de Lora e ten que marchar de California para volver á súa Inglaterra natal. O testamenteiro infórmao de que no testamento do seu tío avó pon que ten que vivir en Lora polo menos 6 meses ao año e que non pode vender a propiedade. Cando viu por primeira vez o castelo quedou abraiado Ao seu encontro veu Matías, o administrador, que lle ensinou as 57 habitaciones e lle comunicou que en todas había unha fantasma do seu último inquilino. Stanislao pediulle a Matías que lle contase a historia do castelo. Comezou dicíndolle que había moitos anos o castelo fora un mosteiro. Á noite seguinte contoulle a historia da fantasma dos páramos. Á noite seguinte a do noivado de sir Walter. Outro día Stanislao atopou un estraño aparello que contaba fantasmas e Matías contoulle a historia de Adam e o seu contafantasmas. Tamén lle contou a do hipo de sir Percibald. Un día que anunciaba treboada, Stanislao foi dar un paseo no cabalo e a tormenta desorientouno. Pero atopou unha casa de madeira e dispúxose a entrar. Dentro había unha rapaza chorando e a súa xemelga acoitelada na cama… Quen son? Que fará Stanislao? Se o queres saber, le o libro! Tania Forja Pena 1º ESO A

30

leliadoura eliadoura nº 20

Título: As Bruxas Autor:: Roald Dahl, Editorial:: Alfaguara Este libro resultoume moi adictivo desde o principio ata o final. Cada páxina que les impúlsate a ler a seguinte. Lese moi rápido e é moi fácil de entender. É a historia dun neno que vive cos seus pais en Inglaterra. Un bo día deciden ir visitar á súa avoa a Noruega. Polo camiño morren os pais e el debe quedar a vivir coa avoa. Ela é quen lle explica qué son e cómo son as bruxas. Como o rapaz ten que retomar os seus estudos, regresan a Inglaterra, pero como a avoa enferma, vense na obriga de marchar de vacacións a un lugar illado. Un día, cando estaba xogando cos seus ratos, métese sen querer nunha reunión de bruxas. Nela a gran bruxa quere converter en ratos a todos os nenos do mundo. Primeiro converte ao protagonista e a outro neno chamado Bruno. Eles serán os encargados de solucionar o problema coa axuda da avoa. Se queres saber qué pasa, pásate pola biblioteca e colle o libro. Carlos López de 2º ESO A

Título:: El niño con el pijama de rayas Autor:: John Boyne Editorial:: Salamandra

A través dos ollos de dous nenos e a súa inocencia, poderedes pescudar a fustrigación e exterminio final que padeceron a maior parte dos xudeus europeos a mans da Alemaña nazi. Ti descubrirás a verdade, con todo, eles non o conseguiron. Dous nenos, unha alambrada e un pixama de raias: tres elementos cos que este libro che levará a vivir un episodio tráxico dun suceso que nunca debeu ocorrer: o Holocausto LÉDEO! GUSTARAVOS MOITÍSIMO! Icíar Villar Sánchez 1º ESO


Biblioteca

Título: A tres metros sobre el cielo ederico Moccia Autor:: F Federico Editorial:: Planeta

É un libro baseado na historia de amor de dous adolescentes totalmente diferentes. Acaban mantendo unha relación amorosa, pero todo acaba en nada debido ás diferenzas entre ambos. Como todos los libros deste escritor italiano, resulta divertido, entretido, sentimental (sempre acabas meténdote no papel dalgún dos protagonistas). O seu tema principal é o amor: Babi ,a primeira vista, cre que Step nunca podería ser o amor da súa vida, a primera impresión que ten del non é moi boa e creo que a moitas de nós tampouco nos chamaría a atención, pero en realidade é un rapaz coma outro calquera (un pouco prepotente, pero no fondo ten bo corazón). A Step sucédelle todo o contrario, desde o momento en que a ve pensa que é a súa moza ideal. Ao final acaban por manorarse e comparten eses sentimientos durante un tempo, pero iso acabará por romperse debido ás diferenzas de carácter que existen entre eles. Se queredes coñecer as marabillosas, fracasadas e divertidas historias entre eles, non hai nada mellor que ler o libro! Nerea Seijas

Título:: El príncipe de la niebla Autor:: Carlos Zafón

Ruiz

El príncipe de la niebla conta os estraños sucesos que vive a familia Corver, concretamente Max, ao trasladarse ao novo fogar. Estes e s t r a ñ o s acontecementos están relacionados coa familia que antes ocupaba esa casa, os Fleishman. Eu recoméndoo porque, ademais do misterio, trata temas como o amor e a aventura. Toda esta mestura fai que sexa un magnífico libro.

Título:: La magia más poderosa abreti Autor:: Carlo F Fabreti Editorial:: Alfaguara

Recomendo este libro aos rapaces e rapazas amigos da maxia, a fantasía e os ananos. Este libro conta a historia de oito ananos e Brancaneves, pero a partir de aquí non vos poderei contar máis porque se non vaime dar a tentación de contarvos toda a historia que contan no libro. Agora contareivos a todos e todas o que máis e menos me gustou: lo que máis me gustou deste libro foi o final xa que a maxia máis poderosa non é a que nosoutros coñecemos senón outra cousa máis importante. O que menos me gustou non foi nada xa que o libro está realmente ben. Anímovos a que leades este libro e a que o desfrutedes o máximo posible Gabriel Arias Rodríguez 2º ESO

Título:: Orgullo y Prejuicio Autora:: Jane Austen Editorial:: Destino

A protagonista desta historia é Elizabeth Bennet, a segunda das cinco fillas dos señores Bennet.É unha atractiva muller de vinte anos e é a favorita de seu pai, de quen herdou a intelixencia e o enxeño. Fitzwilliam Darcy é o coprotagonista desta novela. É un home intelixente, rico e tímido, pero aparenta ser arrogante e orgulloso cos estraños. Non obtante, baixo esa fachada

Tamara García Andón 3º ESO

IES Poeta Díaz Castro

31


agocha un interior honesto e bo. Ao principio da novela considera que Elizabeth é socialmente inferior a el e que non é merecente das súas intencións, pero descobre que, a pesar do seu orgullo, non é capaz de negar os seus sentimientos por Elizabeth. A súa primeira proposición é rexeitada debido ao seu orgullo e ao prexuízo que Elizabeth ten contra el. A tía de Darcy, Lady Catherine, visita inesperadamente a Elizabeth cuando o seu sobriño se encontra en Londres como medio de presión para que o abandone. curiosamente este feito une a Elizabeth e a Darcy fortemente. Ao regresar Darcy de Londres, dáse conta de que os sentimentos de Elizabeth cara a el cambiaran, polo que lle propón matrimonio por segunda vez...Aceptará Elizabeth? Por que cambia de opinión? Se les o libro, descubriralo.

Cómo o amor está por riba de todo e de todos, aínda que fuxamos del e intentemos enganarnos a nós mesmos. Esta novela ten un argumento moi pouco común, o protagonista namórase dunha rapaza mentres ela está en coma. Cando o dan todo por perdido, el insiste e ela consegue saír deste estado, pero a súa familia pídelle que marche para non interromper na vida dela. El accede, pero cando regresa o destino volve a unilos e os acontecementos sucédense. Incito a todo o mundo a que lea este libro, que a min persoalmente me chamou moito a atención.

Título:: Un burka por amor Autor:: Reyes Monforte emas de hoy Editorial:: T Temas

Este libro encantoume porque é de misterio e terror e non podes parar de ler, xa que pouco a pouco vas descubrindo todos os segredos que vai revelando o famoso detective Sherlock Holmes e o seu fiel axudante, Watson. A novela ten un ambiente sinistro e intrigante perfecto para envolverte na historia. O único problema é que ao final te confundes un poco con algún dos nomes dos personaxes.

A vida dunha muller, e máis se é española, no medio dun país como Afganistán non é fácil. Alí as mulleres son obrigadas a saír á rúa só en compañía dun home e sempre co “burka”, o que dificulta moito a súa mobilidade. A protagonista desta historia real viuse obrigada a pasar os primeros anos da vida dos seus fillos nun país como Afganistan, rodeada dunha cultura que ela non compartía e que non quería inculcar aos seus fillos, tivo que afacerse a un nivel de vida precario ao que ela non estaba acostumada e soportar continuas humillacións por parte da súa sogra. Reyes Monforte recolle o testemuño de María Galera, atrapada en Afganistán. Este é un deses libros que todo o mundo debería ler para concienciarse de cómo son e cómo se comportan outras sociedades con culturas moi diferentes, e o que pode chegar a custar adaptarse a elas.

Julián Arias Rio 1º ESO

Amanda García Lorenzo 3º da ESO

Yaiza Prieto Segura de 3º ESO-

Título:: El perro de los Baskerville Autor:: Arthur Conan Doyle Editorial:: Almadraba

32

olver a verte Título: V Volver Autor: Marc Levy Editoriañ: Roca

leliadoura eliadoura nº 20


Biblioteca

Título:: Rebella eidner Autor:: JJ.. W Weidner Editorial:: Moontena O libro de Rebella gustoume realmente. Anque non é como os libros que acostumo ler, xa que non conta non ten argumento nin conta unha historia nin nada polo estilo, recomendo a todos, e en especial a todas as chicas, que o lean. O libro é como un “dicionario” un tanto diferente, porque non explica o significado das palabras, senón o significado das cousas coas que convivimos día a día e das cousas que nos preocupan nesta idade, como o sexo, os cambios no físico e as relacións que temos co resto da xente da nosa idade. Gustoume moito encontrar algo así na biblioteca, algo feito especialmente para nosoutr@s. Claudia Miragaya 1º BAC

Título:: Rubí erstin Gier Autor:: K Kerstin Editorial:: Montena

RUBÍ, escrito por Kerstin Gier, narra a historia dunha nena chamada Gwendolyne ,que ao longo da narración descobre que ten un don especial para viaxar ao pasado. Este libro está cheo de misterios, pero penso que ten unha intriga mal resolta, anque poida deberse a que este libro ten unha continuación que sae en febreiro, chamado “ZAFIRO”. A escena que máis me gustou foi cando Gwendolyne sufriu a primeira viaxe ao pasado. Recomendo este libro porque me enganchou desde a primera páxina e é fácil de ler, aínda que poida resultar algo lioso cos nombres. É unha mestura poi bonita de misterio e romance. Sara Losada Losada 1º ESO

Título:: Las crónicas de Narnia. El caballo y el muchacho Autor:: C.S.Lewis Editorial:: Destino

Si vos gustan os libros de aventuras este é o que tedes que ler!! Trata dun rapaz chamado Shasta que vive unha aventura cun cabalo parlante con destino a Narnia. Durante o camiño encóntranse cunha tarkina chamada Aravis e o seu cabalo parlante, Hwin. Todos teñen ganas de volver ao seu fogar, Narnia. Pero polo camiño xorden problemas : a Shasta confúndeno cun príncipe e sen querer escoita o plan de fuxida de Tashbaan dos reis de Narnia; Aravis encóntrase cunha vella amiga e escóitanlle que se vai producir unha batalla contra Archenland e Narnia. Shasta, Aravis e os cabalos parlantes teñen que comunicárllelo aos reis, pero a Aravis e aos cabalos atácaos un león e ten que continuar só Shasta. CONSEGUIRÁ CHEGAR ATA O REI? Hai que deixarse embarcar nesta aventura para coñecer o seu final. Anímate a lelo. Tania Forja Pena 1º ESO A

Título:: Todo por una chica Autor:: Nick Hornby Editorial:: Anagrama

É un libro que eu vos aconsellaría ler xa que a historia de Sam, un rapaz cuxa vida foi demasiado difícil para ser un adolescente máis ou menos da miña idade, quizáis un pouco maior, está contada desde un punto de vista da vida real, con certas partes que parecen estrañas, pero estou segura de que non só el o fai. Anque a historia se desenvolve noutro lugar (Londres), no noso tamén podería suceder o mesmo. Todas estas cousas saberédelas se ledes o libro, pero unha delas é fácil de intuír, xa que é un tema de actualidade e maioritariamente non desexada en rapazas adolescentes... Nerea Seijas Roca 3º da ESO

IES Poeta Díaz Castro

33


Título:: La casa de los espejos Colección:: Ulysses Moore Editorial:: Montena

Este libro gustoume porque ten partes de medo e de misterio, recomendaría lelo porque é moi entretido e divertido. Trata de tres nenos: Jason, Julia e Rick. Jason e Julia son dous xemelgos que veñen de Londres porque seus pais compraron a casa de Villa Argo a Néstor, o xadineiro, a quen os antigos donos Ulysses e Penélope Moore deixaran a cargo da casa e de encontrar alguén que protexese o segredo das portas do tempo e de Kilmore Cove. Un día, casualmente, detrás dun armario descubriron unha porta e catro chaves para abrirla. Cuando pasaron a través dela, apareceron noutra parte do mundo:EXIPTO. Alí atoparon un mapa que marcaba onde estaban todas as puertas do tempo; pero cando saíron, Oblivia Newton e o seu servente Manfred quitáronllo. Así, Oblivia descubriu que había unha porta na Casa de los Espejos e, como era súa, mandou derribala ata que… Leticia Paz Paz 1º ESO A

Título:: La suma de los días Autor:: Isabel Allende Editorial:: Areté

Unha vez máis Isabel Allende mergúllanos na maxia das súas historias coma se fósemos un personaxe máis dentro delas. O libro La suma de los días narra, ao detalle, todas as experiencias que vive Isabel desde o momento que a súa filla Paula morre, deixándoa soa cos seus sentimentos. Este libro debería ser lido por todo o mundo xa que a autora fai unha análise profudo dos seus sentimentos, algo moi interesante desde o punto de vista humano e, tamén, literario. Ademais, como xa dixen, narra as experiencias vividas tras a morte dun ser querido, algo ao que todos podémonos enfrontar ao longo do noso camiño pola vida. Lucía Roca 2º ESO A

34

leliadoura eliadoura nº 20

Título:: O señor Ibrahin e as flores do Corán Autor:: Eric-Emmanuel Schimitt Editorial:: Kalandraka Nesta novela escoitamos o latexar dos corazóns por riba de calquera outro valor...será precisamente a forza deste latexo a táboa de salvación destes dous personaxes verdadeiramente entrañables Club de Lectura

Recoméndovos ler este libro porque é moi interesante no que encontraras entre outras cousas distintas culturas e distintas formas de vida. Trata dun neno chamado Moisés que vive con seu pai que é un amargado que non ten muller porque esta os abandonou cando Moisés era pequeno. O rapaz faise amigo dun tendeiro musulmán ao que lle conta a súa vida. Pasado un tempo ao rapaz abandónao o seu pai. Pero Moisés decidido a crer que no no abandonaran 2 veces decide seguir coa súa vida como se non pasara nada. Ata que un día lle dan a noticia de que... Que lle pasará a Moisés? Ahhh! Se o queredes saber lede este libro que seguro que vos gusta. Tania Forja Pena 1º ESO Esta preciosa historia conta a amizade entre Moisés , un neno xudeu que vive en París con seu pai despois de que sua nai se fora da casa e I brahim un señor árabe que traballa nunha tenda de ultramarinos. Por razóns inexplicables , o pai de Moisés tirouse as vías do tren e morreu e o señor Ibrahim adoptou ao neno que daquela tiña 11 anos. Viaxaron ata o lugar natal do señor Ibrahim donde morreu deixando todas as súas pertenzas a Moisés, inclusive o seu Corán que tiña dentro duas flores. José Pardo Cazón e Cintia Iglesias García 1º ESO


Taballos premiados no certame literarios do día das letras galegas MOITAS PREGUNTAS E NINGUNHA RESPOSTA autora: ALDARA PRADO MARTÍNEZ modalidade: poesía nivel: 1 (2º ESO)

A ÚLTIMA OPORTUNIDADE Autoría: CLAUDIA MIRAGAYA PÉREZ modalidade: POESÍA nivel: 2 (1ºBAC)

Non quero ocultarlle algo sobre min que non sabería nunca con certeza se eu non llo dixese. Ao mellor non me entendería. Se non sei nin como empezou, que lle podería contar? É moi difícil de explicar o que intento demostrar. Eu son unha especie de misterio sen resolver. Necesito que alguén me atope e me poida comprender. Só te vin unha vez e me intentaches entender. Nada che quero ocultar pero o que che quero dicir é tan difícil de expresar... Cando quedo durmido, logo non son capaz de espertar.

Non quero ocultarlle algo sobre min que non sabería nunca con certeza se eu non llo dixese. Non quero ocultarlle máis que por el morro, que sen el non son eu e que só por el vivo. Non quero ocultarlle que o son da súa voz me guía cara a felicidade e que a luz do seu sorrriso ilumina a miña escuridade. Non quero ocultarlle que sempre o amei, e por medo e covardía, as miñas posibilidades esgotei. Agora que non lle oculto nada unha cousa lle quero pedir: agora que a morte me espera, que sempre se lembre de min.

Acórdome de cando te vin e sinto que necesito volver a comezar.

IES Poeta Díaz Castro

35


A VIDA COMO EU QUERO Autora: REBECA LOSADA modalidade: relato curto nivel: 2 (4º ESO) “Somentes intentaba conseguir deixar na terra algo de min que me sobrevivise sabendo que debería ter sabido...deixo todos os meus libros, os que me axudaron a ser mellor persoa e ter os coñecementos que teño sobre a vida, ao meu sobriño que sempre quixen coma a un fillo e que acollín na miña casa sempre que o necesitou. Espero que lles deas o mesmo valor que eu ll dei ao longo do tempo, e teño por seguro que o farás antes ou despois. Poderás pensar que vou facer eu cuns libros? ou e amin só me deixa isto?, pero decataraste da importancia que terán para ti.” Esta é a parte do testamento do meu tío Xosé Antón que vai dirixida a min. Teño diante todo ese feixe de libros dos que supostamente teño que aprender moito. Pero a miña pregunta é: Que carallo debo facer? Lelos? Non os queimo por respecto ao meu tío, que en paz descanse, pero sigo sen entender nada. -Domingo! Baixa cear! -berrou a miña nai-. Ao chegar á cociña todo estaba en completo silencio. Ninguén se atrevía a rompelo, pero eu preguntei: -Que está a pasar? Todos me miraron e sentinme incómodo. -Como que qué está a pasar !? -dixo miña nai, fóra de si-. Morreu o tío e estás tan tranquilo !? Pobre del, oxalá non o saiba! -Que queres que che diga? El estaba moi enfermo. É moito mellor así, que polo menos non sofre. -Como podes dicir iso !? -Dígoche as cousas como son, gústenche ou non. -Fóra! Vaite! -Mira, mamá, eu xa sei que che afecta moito a morte do teu irmán, pero pensa que el está nunha vida mellor á que todos chegaremos algún día. Agora non se pode facer nada. Vaite deitar un pouco, seguro que che vén ben, anda -e deille un bico na meixela-.e Miña nai retirouse para o cuarto e quedamos eu, meu pai e miña irmá. -A mamá vaise volver tola -dixo miña irmá-. -Branca, non digas esas cousas...xa sabes o que lle quería e queriamos todos...-dixo meu pai-. -Xa, pero tampouco é para poñerse así. Agora mesmo, se morre Domingo, eu non boto unha bágoa. -Que parva es! -díxenlle eu, amolado-Bueno logo. Botarei unha se es feliz así, non te preocupes. -Basta xa! Comede e calade! -berrou meu pai, que tamén se lle notaba que 36

leliadoura eliadoura nº 20


estaba algo afectado polo sucedido. Ao rematar de cear subín ao meu cuarto. Alí estaban os libros. Mireinos durante media hora ata que decidín coller o primeiro. Non tiña título. “Fai da vida o que a ti che guste e así será”. Iso era o que poñía ao principio, na primeira páxina. E seguín lendo, e a verdade é que moito non entendía. -Domingo! Domingo! Baixa decontado! -Corre, Domingo! Axuda! -Deus santo! Branca, aguanta...! Cando cheguei, a palleira estaba en chamas. -Colle caldeiros de auga! Rápido! -díxome o meu veciño Ramón. Quedei paralizado. Por que berraban por Branca? Onde estaba ella? Estaba no medio do incendio? Ou estaría no seu cuarto e non quería baixar a axudar a extinguir o lume? Branca? Branca? Onde estás, Branca? -Meu Deus! A miña filla! Por que me pasa isto a min? Por que !? Non pode ser...Non pode ser certo! Isto non pode estar a pasar! -dicía meu pai-. Toda a xente berraba e choraba e eu non sabía por qué. -Síntoo moito, rapaz. Era unha nena moi boa e moi lista que seguramente chegase lonxe -díxome o meu veciño Breixo. -Que quere dicir con iso? Miroume con cara triste, deume unha palmada no ombro e foise. A semana seguinte foi moi dura. Miña nai non saía do cuarto e meu pai non falaba. Eu non sabía qué dicir nin qué pensar. Só me preguntaba: por que pasa todo isto? Por que a min e á miña familia? -! -díxenme a min mesmoO outro día tiña letra !!...Non podía ser...como era posible??? Entón decateime da frase que aparecía na primeira folla o outro día: “Fai da vida o que a ti che guste e así será”...E comecei a escribir como quería que fose a miña vida e así foi. -Domingo! Baixa cear! Baixei e alí estaban todos... -Queres moito ou pouco? -preguntoume miña nai-. -Nin moito nin pouco -contestei-. -Onde está Branca?-preguntou meu pai-. -Está no seu cuarto.Agora baixa -contestou miña nai. E de alí a un pouco baixou. -Branca? Quedei sorprendido. Non podía ser certo. Era Branca. -Si, é Branca, quen se non? -dixo meu pai-. -Deixa de facer o parvo e ponte a comer..-dixo miña nai-. Por fin entendín o que quería dicir o meu tío. No libro escribira que quería que todo volvese ser coma antes, sen que morrese Branca e fosemos felices... E así foi.

IES Poeta Díaz Castro

37


CARTA PARA OS “MEUS NETOS”” autora: LUCÍA ROCA IGLESIAS modalidade: relato curto nivel: 1 (2º ESO) “Non quero ocultarlle algo sobre min que non sabería nunca con certeza se eu non llo dixese”, estas son unhas das poucas palabras que recordo daquel día, polo 1928, no que decidín contarlle toda a verdade a Luisa. A nosa historia comezou un día nas festas da nosa vila. Ela era a muller máis fermosa da orquestra. Tiña uns longos cabelos louros que eran semellantes aos raios do sol, os seus verdes ollos reflectían a súa felicidade, os seus beizos eran finos e rosados mentres que o seu nariz era lixeiramente achatado...en fin, era unha muller perfecta, a que todo home desexaría ter. Eu senteime a desfrutar da súa música nun cruceiro que estaba a carón do palco onde ela bailaba con moita efusividade. Estaba de permiso durante todo o verán xa que traballaba no exército. Cando xa era hora de ir xantar e acabou de tocar a orquestra funme ata o aparcadoiro a buscar o meu vehículo. De súpeto, espetouse contra min a muller, á que lle caeron os dous instrumentos musicais que non coñecía e que levaba nas mans. Despois de desculparme por aquel acto de torpeza, presentámonos. Díxome que se chamaba Luísa, que nome tan perfectamente elixido para ella... xa que tanto o nome como a muller eran perfectos. Inviteina a vir á miña e ela aceptou encantada. Estivemos falando durante horas e horas. Fixémonos moi amigos, quedabamos todos os días para xantar, ir ao lago “Chumbo”, camiñar,... Aqueles tres meses foron os máis felices da miña vida, con noites apaixoantes e días divertidos. O día antes de irme outra vez para o exército foi moi triste e doloroso. Luísa e mais eu choramos como descosidos, recordamos vellos días, divertímonos e prometemos esperarnos ,para casar, ata o verán seguinte. Mentres que estaba no exército, en Afganistán, non podiamos enviarnos cartas nin falar por teléfono. Non tiñamos ningún tipo de contacto con Galicia. Por fin, cando xa pasaron os meses e chegou o verán, xa podía volver ó meu pobo e casarme. Ao baixar do avión collín un taxi ata chegar diante da casa de Luísa. Chamei á porta e saíu a recibir me a súa irmá cunha noticia: “Luísa morreu pouco despois de irte ti, por cancro”. Aquelas palabras abríronme as portas da tristeza, naquel momento, caeume o mundo enriba. Chorando, fun á súa tumba acompañado da súa irmá e díxenlle: “ámote”. Súa irmá preguntoume que por qué llo dicía agora e eu respondinlle: “non quero ocultarlle algo sobre min que non sabería nunca con certeza se eu non llo dixese”. Así acaba a miña historia que pouco a pouco acarei esquecendo xa que teño alzeimer. Un bico “meus netos”

38

leliadoura eliadoura nº 20


2º ESO B 2º ESO A

1º ESO A

1º ESO B IES Poeta Díaz Castro

39


3ยบ ESO B

3ยบ ESO A

4ยบ ESO

40

leliadoura eliadoura nยบ 20


1º de BAC 2º de BAC B

2º de BAC A

IES Poeta Díaz Castro

41


ENL/BIBLIOTECA

BIBLIOTECA “Poeta Díaz Castro” Boletín das argalladas da vosa biblioteca

42

leliadoura eliadoura nº 20

LELIADOURA Nº 20  

Revista do IES Poeta Diaz Castro de Guitiriz editada polo ENL e a Biblioteca diaz Castro

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you